CONVOCATORIA DE PROXECTOS DE PROGRAMAS DE RADIO OUTUBRO-DECEMBRO DE 2017 DE AMES RADIO

Documentos relacionados
CONVOCATORIA DE ACCESO AO VIVEIRO DE EMPRESAS INNOVADORAS DA UDC

REGULAMENTO DAS FIGURAS HONORÍFICAS DE PROFESOR E INVESTIGADOR AD HONOREM DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

Ambos os comparecentes se recoñecen mutuamente plena capacidade para formalizar o presente protocolo de colaboración e, en consecuencia,

PROXECTO DE REGULAMENTO DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA DE CAMBIO DE GRUPO

REGULAMENTO DE COLABORACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS DESTA UNIVERSIDADE EN CURSOS E CONVENIOS DE INVESTIGACIÓN

CONVOCATORIA DOS PROGRAMAS DE TECNIFICACIÓN E RENDEMENTO DEPORTIVO NO CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA CURSO 2012/13

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

PROGRAMA DE AXUDAS 2010: CONCELLO DE MUROS SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS

NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

VIII CERTAME DE CINEMA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

IV CERTAME DE RELATO CURTO

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

CONVOCATORIA DE PROYECTOS DE PROGRAMAS DE RADIO 2017 RADIOLAVIDE UNIVERSIDAD PABLO DE OLAVIDE

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

Concello da Pobra do Caramiñal I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro Rúa Gasset, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

BASES DO III PREMIO UNIVERSITARIO DE COMUNICACIÓN CIENTÍFICA

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

CONCELLO DE BEGONTE 1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

CONVOCATORIA E BASES DA III EDICIÓN DO PREMIO GALICIA SPIN-OFF

Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) Axencia Galega de Innovación (GAIN) Premio Galicia de Xornalismo Científico 1ª.- Características da

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA A ORGANIZACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS PARA O ANO 2017 ELECTRÓNICO

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

ENQUISA SECTORIAL ÁS EMPRESAS E ÁS INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO. 2014

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

Normativa xeral Páxina 1

Campacontos Campacontos Obxectivos Persoas destinatarias Campacontos Características dos campacontos 1 Compoñentes: 2 Extensión e temática:

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

CRIOPRESERVACIÓN DE OOCITOS PROPIOS DOCUMENTO DE CONSENTIMENTO

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

Por todo isto, esta consellería,

COMUNICACIÓN DE MODIFICACIÓN DE DATOS REXISTRAIS INSTRUCCIÓNS

Ocupada: Si Non Ocupante: Propietario Inquilino Teléfono: Ocupada: Si Non Ocupante: Propietario Inquilino Teléfono:

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE INTERCENTROS XUNTA DE GALICIA DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA

X CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS 2014

Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal. Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

MODELO DE CONVENIO DE ADHESIÓN

Os código do órgano responsable é o da Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

PROCEDEMENTO P-PRL 17

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

Guía de procedementos e servizos

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de dous mil dezasete

Criterios para elaboración da documentación

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A SELECCIÓN, TRANSFERENCIA DA CUSTODIA E O ACCESO AOS DOCUMENTOS

BASES PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN/DUNHA MONITOR/A SOCIOCULTURAL E DE TURISMO

BASES XIV CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS INNOVADORES DA USC

PROGRAMA VOLUNTARIADO VOCES DE APOIO: ILLAS CÍES PATRIMONIO DA HUMANIDADE

en Profesorado de Educación Secundaria, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas ou equivalente.

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

En Santiago de Compostela, once de xaneiro de dous mil trece REUNIDOS

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS (E.O.I)

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

LABORATORIOS COOPERATIVOS. Subvencións

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, BASEADAS NO COÑECEMENTO CIENTÍFICO

III CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

PROXECTO DE LECER NO VERAN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE. Xullo e Agosto 2012

Concello de Oza-Cesuras

PROPOSTA DO COMITÉ DE EMPRESA DE PONTEVEDRA DA CARREIRA PROFESIONAL PARA O PAS LABORAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

SOLICITUDES BOLSAS DE AXUDA DE COMEDOR CURSO ESCOLAR

Programa I. Promoción do emprego autónomo (TR341J)

ANEXO II PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME /RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

A duración da interinidade será desde o nomeamento ata o 31 de outubro do 2017.

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

RÉXIME DO SERVIZO DE EMPRESTIMO GRATUITO DE EQUIPOS INFORMÁTICOS PORTÁTILES AOS ALUMNOS/AS DO EDIFICIO XURÍDICO- EMPRESARIAL DO CAMPUS DE OURENSE

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

BASES DO PREMIO SOLIDARIO CIDADE DE FERROL 2017

NORMATIVA DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL CON CARGO A ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN (I+D+i)

2 de outubro do Casa das asociacións, Santiago de Compostela. Horario de 10:15-14:00 h. SUBVENCIONA COLABORAN. Que é o DUELO?

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

"OBRADOIROS DE INGLÉS PARA O TURISMO RURAL, TERMAL E HOSTALEIRO

INSTRUCCIÓN DA SECRETARÍA XERAL 2/2004 SOBRE A DECLARACIÓN DE INTERESES DOS ALTOS CARGOS DA USC

Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) Axencia Galega de Innovación (GAIN) Premio Galicia de Xornalismo Científico 1ª.- Características da

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ACORDA. PRIMEIRO.- Características das vivendas Número de vivendas: 8 Localización das vivendas: Poboado Mineiro de Fontao, Concello VILA DE CRUCES

I PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

Transcripción:

CONVOCATORIA DE PROXECTOS DE PROGRAMAS DE RADIO OUTUBRO-DECEMBRO DE 2017 DE AMES RADIO 1 Introdución O artigo 10 do Regulamento de organización e funcionamento da Emisora Municipal de frecuencia modulada Ames Radio do Concello de Ames (en diante Regulamento da radio ) establece que se fomentará que persoas voluntarias colaboren con Ames Radio, polos seus coñecementos e interese sobre a radio ou sobre determinados temas, para conseguir unha meirande diversidade e variedade de temas na programación da emisora. Para lle dar cumprimento, o Concello de Ames abre unha convocatoria para presentar proxectos de programas de radio para emitir entre outubro e decembro do ano 2017. 2 Condicións 1. Ames Radio poñerá a disposición o espazo físico, o equipamento técnico e o persoal técnico necesario para a gravación dos programas seleccionados nos días e horas que se determinen. 2. A emisión dos programas seleccionados farase en función da grella de programación que aprobe a Comisión Asesora de Comunicación do Concello de Ames, aínda que se procurará respectar no posible as propostas de emisión das persoas ou entidades propoñentes. 3. Cando nos proxectos vaia participar máis dunha persoa (ata un máximo total de cinco) indicarase un/ha coordinador/a responsable de garantir o bo funcionamento do proxecto e o cumprimento das condicións de emisión, así como axilizar a comunicación co persoal da emisora. 4. Todas as persoas integrantes dos proxectos seleccionados comprométense a participar das actividades de capacitación e orientación que poñerá a disposición a emisora. 5. O desenvolvemento dos programas someterase ás indicacións técnicas do persoal da emisora. 6. O traballo das persoas colaboradoras será sempre gratuíto e sen que poidan adquirir ningún tipo de dereito nin obriga, nin relación laboral ou funcional, para o cal se asinará o correspondente documento. Si poderán ser indemnizados/as polos gastos que lles ocasione o cumprimento da súa colaboración, nos termos establecidos pola norma existente para tal efecto para os empregados públicos e membros da Corporación, para o cal deberán obter previamente a correspondente autorización por parte do responsable político. 7. As persoas colaboradoras adquiren o compromiso de manter a colaboración polo tempo ou número de programas que establezan entre ambas as partes en función da convocatoria. En ningún caso, agás causa de forza maior, se poderá faltar ao compromiso sen aviso previo. En caso contrario, serán penalizadas coa imposibilidade de colaborar con Ames Radio durante o tempo que se determine. 8. A continuidade dos proxectos poderá ser avaliada logo dese período para posibilitar a súa continuidade. 9. Nos programas incluiranse os contidos publicitarios que determine Ames Radio en función dos compromisos existentes por contratación. 10. A emisora municipal non se fai responsable das consecuencias xurídicas ou de calquera outro tipo que se deriven das actuacións e opinións vertidas en programas elaborados por persoas ou grupos colaboradores. 11. O incumprimento de calquera destas condicións dará lugar ao cesamento do programa seleccionado e ao cesamento das persoas colaboradoras infractoras. 3 Destinatarios/as Poderá presentar os seus proxectos calquera persoa, asociación ou entidade de Ames.

Tamén poderán presentar proxectos en Ames Radio outras persoas, asociacións ou entidades non residentes no concello cando resulten de interese para o Concello de Ames ou estean protagonizados por persoas residentes ou nadas no municipio ou que traballen nel, así como por asociacións e colectivos do Concello. Neste caso presentará o proxecto unha persoa coordinadora que deberá ter un mínimo de 18 anos de idade. Os posibles proxectos escolares dos centros de ensino de Ames para a radio encarreiraranse mediante outros procedementos. 4 Presentación dos proxectos A presentación dos proxectos realizarase a través dos rexistros do Concello en Bertamiráns ou no Milladoiro. Deberá incluír a seguinte documentación, dirixida a Ames Radio: 1. Solicitude anexa a este convocatoria debidamente cuberta. 2. Copia dixital ou fotocopia do DNI da persoa responsable do proxecto. 3. Constancia do coñecemento por parte das persoas propoñentes dos principios de funcionamento de Ames Radio segundo o modelo que se achega. 4 Opcional: Entrega dunha demo do programa en formato mp3. Será obrigado no caso de propostas de programas que se graven fóra de Ames Radio. 5. Poderán achegarse outros documentos que se consideren pertinentes ou relevantes para a avaliación da proposta. 5 Prazo de presentación O prazo para a presentación dos proxectos comezará o 8 de xuño de 2017 e finalizará o 14 de xullo do mesmo ano. A relación dos proxectos presentados será exposta nos taboleiros oficiais do Concello e na web do Concello de Ames (www.concellodeames.gal). 6 Avaliación e aprobación de proxectos O persoal técnico da emisora emitirá un informe de avaliación para o Consello Asesor da Radio sobre os proxectos recibidos en función dos criterios. Será o Consello Asesor quen aprobe a inclusión de novos programas e colaboradores. Posteriormente será a responsable política da emisora quen faga o nomeamento oficial como colaborador ou colaboradora de Ames Radio. A cantidade dos proxectos seleccionados quedará en función das propostas recibidas e as posibilidades de emisión de Ames Radio. 7 Criterios de avaliación 1. Coherencia do proxecto coa misión, funcións e principios da emisora, recollidos no Regulamento da Radio (arts. 2-3) 2. Claridade do proxecto 3. Viabilidade do proxecto 4. Orixinalidade da proposta 5. Experiencia ou formación en radio das persoas propoñentes 6. Impacto e proxección na sociedade amesá Quedarán excluídos todos os proxectos con contido racista, sexista, xenófobo, discriminador ou que poidan facer apoloxía de actos delituosos.

8 Comunicación de proxectos seleccionados No mes de setembro a relación de proxectos seleccionados será publicada nos taboleiros oficiais do Concello e na páxina web de Ames Radio, e incluída na grella de programación. Ademais, Ames Radio contactará coas persoas responsables dos proxectos seleccionados a través do teléfono ou do enderezo de correo electrónico indicados na solicitude. 9 Alteración da grella de programación A emisión dos programas queda suxeita a posibles actividades de especial interese xeral para o Concello de Ames, que de maneira excepcional se teñan que retransmitir na mesma franxa horaria. Tal modificación seralle comunicada con antelación á persoa responsable do proxecto. O Consello Asesor de Comunicación de Ames poderá revogar a súa aprobación á colaboración cando nesta se contraríen os principios de funcionamento de Ames Radio establecidos no artigo 3.1 do Regulamento de organización e funcionamento da Emisora Municipal de frecuencia modulada Ames Radio do Concello de Ames, cuxo coñecemento por parte das persoas colaboradoras debe facerse constar canda o proxecto de programa. 10 Acreditación Ames Radio acreditará a participación e o servizo das persoas colaboradoras coa radio municipal mediante un diploma. 11 Contacto Para calquera dúbida respecto diso, póñase en contacto con Ames Radio a través do correo electrónico <radio@concellodeames.gal> ou o teléfono 981 89 04 52.

SOLICITUDE PROXECTOS PROGRAMAS AMES RADIO TÍTULO DO PROXECTO/PROGRAMA: NOME e CIF DA ASOCIACIÓN OU COLECTIVO QUE O PROPÓN (de ser o caso) DATOS DA PERSOA RESPONSABLE Nome e apelidos: NIF: Enderezo: Teléfono: Correo electrónico: Coñecementos ou experiencia en radio: DATOS DOUTRAS PERSOAS PARTICIPANTES (Nome e apelidos, DNI, enderezo postal,correo electrónico e teléfono, coñecementos ou experiencia en radio, roles no programa) 1. 2. 3. 4. DATOS DO PROGRAMA Título do programa: Obxectivos do programa: Descrición do programa: Xénero: - Cultural - Educativo - Deportivo - Social - Opinión - Musical (indicar estilo musical predominante) - Ficción - Outro (indicar): Temas específicos que abordará o programa: A quen vai dirixido: Motivacións para realizar o programa: Que achega de novo a proposta?: Lingua(s) de emisión: Necesidades técnicas (chamadas telefónicas, uso das redes sociais, invitados no estudio, premontaxes, edición, música, efectos sonoros...) Produción/gravación No estudio Ames Radio Fóra dos estudios de Ames Radio (será obrigado presentar un arquivo audio en formato MP3 de 5 minutos como máximo que amose como sería o programa) Periodicidade Semanal Quincenal Mensual Duración 30 minutos 60 minutos Día e hora de emisión suxerido (como mínimo dúas propostas): DATA SINATURA DO/A RESPONSABLE DO PROXECTO

Constancia do coñecemento por parte das persoas propoñentes dos proxectos de radio dos principios de funcionamento de Ames Radio Eu,, que presento un proxecto de programa en réxime de colaboración para Ames Radio, FAGO CONSTAR Que coñezo e entendo o Regulamento de organización e funcionamento da Emisora Municipal de frecuencia modulada Ames Radio do Concello de Ames (BOP núm. 138. do 26 de setembro de 2016). Que coñezo e entendo que o traballo das persoas colaboradoras será sempre gratuíto e sen poder adquirir ningún tipo de dereito nin obriga, nin relación laboral ou funcional co Concello de Ames. Ames, de 2017