En Ferrol, 28 de xuño de dous mil dezaseis

Documentos relacionados
Santiago de Compostela, dezanove de setembro de dous mil catorce

En Santiago de Compostela, seis de outubro de dous mil dezaseis REUNIDOS

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de dous mil dezasete

En Santiago de Compostela, a seis de outubro de dous mil dezasete REUNIDOS

En Santiago de Compostela, once de xaneiro de dous mil trece REUNIDOS

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

En Santiago de Compostela, catorce de setembro de dous mil doce REUNIDOS

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce REUNIDOS

Santiago de Compostela, nove de marzo de dous mil quince

Santiago de Compostela, tres de febreiro de dous mil dezaseis

En Santiago de Compostela, trece de abril de dous mil dez REUNIDOS

Vigo, vintetrés de marzo de dous mil quince REUNIDOS

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO,E A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA REUNIDOS

Santiago de Compostela, 26 de maio de dous mil quince REUNIDOS

En Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2017 REUNIDOS

Santiago de Compostela, dous de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

Santiago de Compostela, diecinueve de mayo de dos mil dieciséis REUNIDOS

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

Ambos os comparecentes se recoñecen mutuamente plena capacidade para formalizar o presente protocolo de colaboración e, en consecuencia,

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

III CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

Santiago de Compostela, once de setembro de dous mil dezaoito REUNIDOS

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Guía de procedementos e servizos

Santiago de Compostela, 01 de xuño de de dous mil dezaoito REUNIDOS

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

Xuntanza Seguimento Actuacións para o impulso ao Software libre en Galicia

Santiago de Compostela, de 29 de xullo de dous mil quince REUNIDOS

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

Santiago de Compostela, 24 de maio de dous mil trece REUNIDOS

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

PROPOSTA DO COMITÉ DE EMPRESA DE PONTEVEDRA DA CARREIRA PROFESIONAL PARA O PAS LABORAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

En Santiago de Compostela, a 23 de maio de dous mil dezaseis REUNIDOS

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

Normativa xeral Páxina 1

MODELO DE CONVENIO DE ADHESIÓN

Santiago de Compostela,... de... de... REUNIDOS

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O PARLAMENTO DE GALICIA E O INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA).

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

PROCEDEMENTO P-PRL 17

A Axencia Galega de Innovación

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Ribeira, 20 de maio de dous mil dezaseis REUNIDOS

De acordo co anteriormente exposto, esta dirección xeral, DISPÓN:

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

PLAN DE EMPREGO XUVENIL

B o l e t í n M a r z o A P E G a l i c i a

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

PROGRAMA FORMATIVO Módulo de creación de empresas

REGULAMENTO DAS FIGURAS HONORÍFICAS DE PROFESOR E INVESTIGADOR AD HONOREM DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Santiago de Compostela, trece de septiembre de dos mil dieciséis REUNIDOS

DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4500

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

INDUSTRIA 4.0. PROXECTO DE CAPACITACIÓN EN TECNOLOXÍAS, METODOLOXÍAS OU TÉCNICAS RELACIONADAS COA. Organiza:

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

Convocatoria ordinaria de 2012

Empresa Innovación Emprendemento. premiosconsellosocial.udc.es

NORMATIVA DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL CON CARGO A ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN (I+D+i)

Orixe: Dirección Xeral da División de Recursos Humanos do Sergas.

Os certificados de profesionalidade

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

REGULAMENTO DE COLABORACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS DESTA UNIVERSIDADE EN CURSOS E CONVENIOS DE INVESTIGACIÓN

Seminario de Planificación Empresarial

REGULAMENTO DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGOA DE COMPOSTELA

Instrucións e procedemento para racionalizar os horarios dos estudos do Grao en Dereito

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

Valorarase a puntuación obtida neste exercicio correspondente á última oposición da categoría.

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS. Nº 157 Xoves, 14 de agosto de 2008 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

COMPARECEN. Ambas as entidades recoñécense respectivamente personalidade, capacidade e competencia para outorgar este convenio, polo que

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx CORRECCIÓN de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.

ANÁLISE DAS CARGAS DE TRABALLO: ESTUDO PILOTO

Transcripción:

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios Ferrolterra para a promoción da formación profesional inicial nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal En Ferrol, 28 de xuño de dous mil dezaseis REUNIDOS Dunha parte, don Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en representación desta consellería, e de conformidade coas atribucións conferidas no artigo 34.1 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia e nos Decretos 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia e 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. E doutra, don -------------------, presidente da Asociación de Empresarios Ferrolterra, elixido na Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación de Empresarios Ferrolterra, celebrada o día once de xuño de dos mil catorce, actuando en nome e representación da mesma. Interveñen en función dos seus respectivos cargos e en exercicio das facultades que en nome das entidades que representan, teñen conferidas e,

EXPOÑEN 1. Que a Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modifica a redacción do apartado 2 do artigo 39 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e determina no seu punto 32 que a formación profesional, no sistema educativo, ten por finalidade preparar ao alumnado para a actividade nun campo profesional e facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que podan producirse ao longo da súa vida, contribuír ao seu desenvolvemento persoal e ao exercicio dunha cidadanía democrática, e permitir a súa progresión no sistema educativo e no sistema de formación para o emprego, así como a aprendizaxe ao longo da vida. Igualmente, modifícase a redacción do apartado 2 do artigo 42, que contempla que o currículo das ensinanzas de formación profesional incluirá unha fase de formación práctica nos centros de traballo, da que poderán quedar exentos quen acredite unha experiencia laboral que se corresponda cos estudos profesionais cursados. As Administracións Educativas regularán esta fase e a mencionada exención. 2. Que a Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, ten por obxecto a ordenación dun sistema integral de formación profesional, cualificación e acreditación que responda con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das diversas modalidades formativas. Con este fin créase o Sistema Nacional das Cualificacións e da Formación Profesional, e no seu marco orientaranse as accións formativas programadas e desenvolvidas en coordinación coas políticas activas de emprego e de fomento da libre circulación de traballadores. 3. Que o Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, na súa disposición adicional segunda, contempla a relación coas empresas nos seguintes aspectos: a) A consellería con competencias en materia de educación promoverá a colaboración coas empresas e entidades empresarias e, en particular, coas máis implicadas en sectores clave da economía galega e as relacionadas cos sectores emerxentes. b) Esta colaboración ten a seguinte finalidade: - Realización do módulo de formación en centros de traballo. - Impartición de módulos profesionais incluídos en títulos de formación profesional ou módulos formativos incluídos en certificados de profesionalidade nas instalacións das

empresas, nas condicións que se determine, co fin de garantir que a formación se realice cos equipamentos máis actuais. - Uso polas empresas das instalacións e do equipamento dos centros, nas condicións que se determine, sempre que non interfiran no desenvolvemento das actividades docentes. - Actualización profesional dos traballadores e as traballadoras, así como do profesorado. Esta formación poderá incluír estadías temporais do profesorado nas empresas, tanto para a formación dos seus traballadores e das súas traballadoras como para a actualización do profesorado. - A validación das accións de formación desenvolvidas nas empresas, de acordo cos requisitos que se establezan, co fin de lles facilitar aos seus traballadores e ás súas traballadoras a obtención dun título de formación profesional. - Desenvolvemento conxunto de proxectos de innovación. c) A colaboración formalizarase mediante convenio. 4. Ante o déficit emprendedor en Galicia é necesario crear as condicións para que poidan prosperar as iniciativas e as actividades emprendedoras. Neste senso o Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia Eduemprende aprobado en 2010 ten como obxectivo estratéxico a implantación na comunidade educativa desta cultura emprendedora necesaria para mellorar a competitividade das nosas empresas e a empregabilidade do alumnado galego. 5. Que as empresas deben apoiar de forma explícita a aquel alumnado que elixa a formación profesional e apoiar a súa capacitación xa dende a fase de aprendizaxe permitindo completar a formación deste alumnado no centro de traballo. 6. Que dispoñer de recursos humanos con formación e capacitación é un dos piares básicos para a xeración de emprego e crecemento da economía, e as bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal caracterizáronse por dispor de persoal altamente cualificado, o que lles permitiu desenvolver proxectos de alta complexidade e valor engadido no sector industrial. 7. Que a Asociación de Empresarios Ferrolterra acorda fomentar a través de diferentes actuacións a formación profesional inicial e o emprendemento, nas referidas bisbarras, pola súa consideración de liñas estratéxicas para o desenvolvemento empresarial e económico.

En consecuencia, as entidades asinantes, de conformidade co exposto, formalizan o presente convenio de colaboración no campo da formación e da aprendizaxe de acordo coas seguintes CLÁUSULAS Primeira. Obxecto do convenio O obxecto do presente convenio é establecer a colaboración no eido da formación profesional entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios Ferrolterra. Esta colaboración levarase a cabo nos seguintes campos de actuación: a) Establecemento dun programa de formación en centros de traballo (FCT), para o alumnado que curse formación profesional inicial e o desenvolvemento do mesmo nas instalacións das empresas pertencentes á Asociación de Empresarios Ferrolterra. b) Creación dun programa de bolsas de formación por parte da Asociación de Empresarios Ferrolterra, para o alumnado de formación profesional inicial. c) Orientación na formación e actualización do profesorado dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. d) Obtención de titulacións de formación profesional e certificados de profesionalidade por parte dos traballadores e das traballadoras das empresas pertencentes á Asociación de Empresarios Ferrolterra, dentro do Plan de recoñecemento da experiencia profesional que desenvolve a consellería. e) Impulsar un sistema de formación dual entendida como un conxunto de accións e iniciativas formativas, mixtas de emprego e formación, que teñen por obxecto a cualificación profesional do alumnado nun réxime de alternancia de actividade laboral nas empresas, que favoreza e complemente a adquisición das competencias profesionais do alumnado, coa actividade formativa recibida no centro educativo. f) Organización dun programa de visitas ás empresas pertencentes á Asociación de Empresarios Ferrolterra, dirixido ao alumnado de educación secundaria, dos centros educativos de Galicia, co fin de estimular a formación profesional de tipo técnico, sobre todo entre as alumnas. Estas visitas incluirán sesións de orientación e presentación da empresa. Segunda. Programa de formación en centros de traballo Os centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que impartan ensinanzas de formación profesional determinarán, por escrito, os/as alumnos/as que vaian

realizar o módulo de FCT nas instalacións das empresas pertencentes á Asociación de Empresarios Ferrolterra para cada curso escolar e de acordo coas estipulacións previstas neste convenio. Neste documento, determinarase o seu calendario e o seu horario, que terá que axustarse ao previsto no correspondente módulo de FCT. O centro de traballo responsabilizarase da formación do alumnado, para o que designará aos/ás titores/as responsables de cada área formativa. O centro educativo tamén designará un/ha titor/a ou titores/as que colaborarán co/a titor/a da empresa na elaboración do programa formativo e no apoio técnico ao alumnado. Cada alumno/a asistirá ao centro de traballo provisto da súa tarxeta de identificación ou D.N.I., e observará as normas do centro de traballo no tocante á puntualidade, asistencia e comportamento. A empresa correspondente poderá desistir libremente de continuar a colaboración formativa, respecto de calquera alumno/a, por incumprimento das normas, abondando para iso unha comunicación escrita ao centro escolar, oído previamente o/a titor/a do/a mesmo/a. O/A alumno/a non terá en ningún caso vinculación laboral coa empresa, non podendo establecerse entre esta e aquel/a ningunha relación contractual, nin sequera baixo as modalidades de contratos formativos, previstos no artigo 11 do Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, polo que o alumnado acollido a este convenio queda absolutamente excluído da lexislación laboral. Durante o período de prácticas concertado non se poderá formalizar ningunha modalidade de contrato de traballo entre a empresa e o/a alumno/a, mentres non se revoque expresamente o concerto de colaboración formativa entre o centro educativo e a dirección da empresa, respecto dese/a alumno/a. Os riscos por accidentes de traballo derivados da realización das prácticas, tanto se afectan ás cousas ou a terceiros coma ao propio alumno, incluídos os constitutivos de invalidez ou determinantes de morte, quedan cubertos por unha póliza de seguro colectivo adicional de carácter civil que ten subscrita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Terceira. Programa de bolsas de formación A Asociación de Empresarios Ferrolterra e as empresas a nivel particular crearán un programa de bolsas de formación para cada curso académico destinadas a favorecer a formación, a especialización e a integración do alumnado no mundo laboral. A Asociación de Empresarios Ferrolterra fixará as bases de cada convocatoria.

Cuarta. Formación e actualización do profesorado Á proposta dunha das partes implicadas poderanse organizar cursos, seminarios, estudos, etc., sobre temas referentes ás novas tecnoloxías de común interese, tanto para persoal específico das empresas pertencentes á Asociación de Empresarios Ferrolterra, dentro das súas posibilidades, como da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Para tal fin, a Asociación de Empresarios Ferrolterra colaborará, mediante o oportuno apoio técnico e loxístico, no programa de formación do profesorado e máis concretamente nas estancias en empresas por tempo definido, para o profesorado de formación profesional e segundo as necesidades de formación, previstas na convocatoria de estadías en empresas que anualmente promove a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Quinta. Recoñecemento da experiencia laboral dos/as traballadores/as das empresas pertencentes á Asociación de Empresarios Ferrolterra Dentro do Plan de recoñecemento da experiencia profesional, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria analizará coa Asociación de Empresarios Ferrolterra a posibilidade de acreditar a experiencia profesional dos/as traballadores/as das empresas pertencentes a esta asociación e convocar aquelas cualificacións profesionais vinculadas a determinados postos de traballo da mesma. Sexta. Outras colaboracións Establecemento de liñas de colaboración entre os centros que impartan ensinanzas de formación profesional e a Asociación de Empresarios Ferrolterra, para a: - Promoción do emprendemento entre o alumnado, xa sexa a través de charlas sobre as experiencias da mocidade emprendedora, como de calquera outra iniciativa. - Orientación laboral específica e cultura empresarial do sector produtivo do alumnado que realice a FCT nas empresas pertencentes á Asociación. - Difusión, promoción e xestión do proceso de adaptación ao sistema de formación profesional dual, xa sexa a través de contratos para a formación e a aprendizaxe ou mediante un réxime de bolsas, entre as empresas da Asociación. - Informar sobre a viabilidade e demanda dos novos ciclos solicitados polos centros de formación profesional. - Facilitar ao alumnado o coñecemento do tecido empresarial do contorno.

- Coordinación entre centros de formación profesional e a Asociación de Empresarios Ferrolterra, para favorecer a incorporación do alumnado dos centros ao mundo laboral e o intercambio de información oferta/demanda de emprego. - Posta en común das tendencias do mercado laboral e adecuación dos recursos aos utilizados polas empresas. Estas accións poderían desenvolverse tanto nos centros educativos como nas instalacións das empresas ou nas da asociación, segundo se considere máis conveniente en cada caso. Sétima. Recoñecemento ás empresas e asociacións comprometidas coa formación profesional Estableceranse unha serie de medidas tendentes a recoñecer o valor aportado polas empresas e asociacións que colaboran no módulo de FCT. Oitava. Comisión de seguimento Establecerase unha comisión de seguimento, control e supervisión, que se reunirá cando se considere oportuno por calquera das partes asinantes. Esta comisión estará constituída por: A. Tres representantes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. B. Tres representantes da Asociación de Empresarios Ferrolterra. C. Dun/ha funcionario/a da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que actuará como secretario/a. Novena. Vixencia do convenio O convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá unha vixencia de dous anos, podendo prorrogarse por acordo das partes mediante a addenda correspondente. Non obstante, o convenio poderá denunciarse por calquera das partes; a denuncia deberá realizarse por escrito e con dous meses de antelación á finalización do convenio. Décima. Protección de datos De conformidade co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e co Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da citada Lei orgánica, o alumnado e a asociación que por

razón das actividades formativas teñan acceso a datos de carácter persoal, non disporán dos mesmos con finalidade distinta á esixida polas accións formativas. Décimo primeira. Publicidade do convenio, transparencia e bo goberno A firma deste convenio suporá o consentimento expreso do interesado á administración para incluír e facer públicos os datos referidos ao convenio de conformidade co artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, co artigo 8 da Lei 9/2013, do 9 de decembro, (BOE 10-12-2013) de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e co Decreto 126/2006, do 20 de xullo, polo que se regula o Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia. Décimo segunda. Carácter administrativo do convenio O presente convenio de colaboración posúe carácter administrativo por razón do contido e materias sobre as que o mesmo versa, as cales ao abeiro do disposto no artigo 4 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, o exclúen do seu ámbito de aplicación, sen prexuízo da aplicación dos principios desta lei para resolver as lagoas ou dúbidas que a súa aplicación suscite. Dada a natureza administrativa deste instrumento xurídico, as controversias ou cuestións litixiosas que puideran xurdir na súa aplicación e non puidesen ser solucionadas no seo da comisión de seguimento, serán resoltas pola xurisdición contencioso-administrativa. E en proba de conformidade co exposto, ambas as partes firman o presente convenio por triplicado, no lugar e data indicados no encabezamento. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria O presidente da Asociación de Empresarios Ferrolterra Román Rodríguez González ----------------------