Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

Documentos relacionados
Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

Primeira. Base de datos para a constitución dos grupos e, no seu caso, categorías.

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

Guía de procedementos e servizos

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

Normativa xeral Páxina 1

Por todo isto, esta consellería,

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

INSTRUCCIÓN DA SECRETARÍA XERAL 2/2004 SOBRE A DECLARACIÓN DE INTERESES DOS ALTOS CARGOS DA USC

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Decreto /, do de, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Arquivos de Galicia.

Reclamante: Expedientes: RSCTG 0117/2017

REGULAMENTO DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGOA DE COMPOSTELA

NORMATIVA REGULADORA DOS CONCURSOS DE ACCESO AOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS E DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de dous mil dezasete

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

(LUGO) CAPÍTULO II. lexislativo. O Consello Local da. Igualdade loita. Artigo 2. Marco. Artigo 3. Ámbito. O ámbito. Funcións. Artigo 4.

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia.

INFORME DE LEGALIDADE SOBRE O PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA OFICINA XUDICIAL EN GALICIA

1. LICENZA PARA ASUNTOS PROPIOS 3. LICENZA EXTRAORDINARIA POR NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIO/A EN PRÁCTICAS 4. LICENZA PARA FORMACIÓN E PERFECCIONAMENTO

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

R/ Canicouva, VIGO E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Tfno e fax: ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR Renovación parcial CEIP CANICOUVA VIGO

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

6.978 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 84 L Mércores, 3 de maio de 2006

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

Santiago de Compostela, nove de marzo de dous mil quince

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 041/2018. Correo electrónico:

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO ANO 2018 PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS Á INVESTIGACIÓN

Convocatoria do I PREMIO INTERNACIONAL DE INVESTIGACIÓN EN INNOVACIÓN E ECONOMÍA CIRCULAR

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 035/2018. Correo electrónico:

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

DECRETO 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA INSTALACION DE QUIOSCOS NA VIA PUBLICA

CONSELLOS ESCOLARES DE CENTRO

Praza de Europa, 5 A 4º Polígono de Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2017/2018 ED. INFANTIL ED. PRIMARIA E.S.O.

N o 177 L Mércores, 13 de setembro de 2006 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

CONVOCATORIA DOS PROGRAMAS DE TECNIFICACIÓN E RENDEMENTO DEPORTIVO NO CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA CURSO 2012/13

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE TURISMO E CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

PE627A - Autorización de venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeria venda en lonxa.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

NUM-CONSULTA: V ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO DATA DE SAIDA: 12/05/2014 NORMATIVA:

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce REUNIDOS

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 352 VIII lexislatura 11 de novembro de 2010

Expediente RSCTG 0106/2017 Reclamante: P

AGRUPACIÓN DE AVOGADOS NOVOS

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 040/2018. Correo electrónico:

Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais

Santiago de Compostela, tres de febreiro de dous mil dezaseis

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO EXP. RA 12/2008. TRANSPORTE URBANO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

PROPOSTA DO COMITÉ DE EMPRESA DE PONTEVEDRA DA CARREIRA PROFESIONAL PARA O PAS LABORAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Concello de Viveiro RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

PROCEDEMENTO P-PRL 17

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

Transcripción:

PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE MODIFICA O DECRETO 8/2014, DO 16 DE XANEIRO, POLO QUE SE REGULAN AS CONFRARÍAS DE PESCADORES DE GALICIA E AS SÚAS FEDERACIÓNS (Previo ditame CCG) A Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, modificou o artigo 15, número 3, da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia, para eliminar un dos principais obstáculos que impedían ata o momento avanzar nos procesos de fusión de confrarías como era a perda da titularidade das concesións e autorizacións administrativas que para o exercicio das actividades de marisqueo e cultivos mariños puideran ostentar as confrarías fusionadas. Tras esta modificación, a fusión xa non dará lugar á extinción de tales concesións ou autorizacións senón á subrogación na súa titularidade por parte da nova confraría resultante da fusión, efecto que debe recollerse no artigo 64, número 2, do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, no que se regulan as consecuencias da fusión de confrarías. Tamén se modifica a letra a) do número 2 do artigo 65, co fin de adecuar o seu inciso final á nova redacción de aquel precepto legal. De igual xeito, coa finalidade de lograr unha maior claridade e coherencia interna na regulación da presidencia e da secretaría dos órganos colexiados da federación, suprímese o primeiro parágrafo do artigo 73 dado que semella diferenciar entre a presidencia e a secretaría da xunta xeral e do comité executivo, cando, de conformidade co resto do articulado, se desprende que o presidente/a e o secretario/a da federación, elixidos e destituidos pola xunta xeral, presiden as sesións e redactan a acta de ditas sesións, non só das da xunta xeral senón tamén das do comité executivo. 1

Así mesmo, para resolver as dúbidas xurdidas respecto do procedemento de provisión da secretaría nos órganos colexiados das federacións de confrarías, modifícase o artigo 75 do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, co fin de recoller expresamente no dito artigo unha remisión á regulación do procedemento de provisión da secretaría das confrarías. Por outra parte, o Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, recolle no seu capítulo IX as disposicións que rexen o procedemento electoral para a constitución ou renovación dos órganos das confrarías de pescadores e as súas federacións. Dentro destas disposicións regúlase a administración electoral, da que forma parte a xunta electoral, única para toda Galicia, contemplada no artigo 85. Na súa redacción actual, a presidencia da xunta electoral recae na persoa titular do órgano superior competente en materia de organización sectorial da consellería con competencias en materia pesca. Con posterioridade á publicación do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, aprobouse o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Mar, o que leva a necesidade de adecuar a composición da xunta electoral aos cambios derivados da nova estrutura, toda vez que nela o único órgano superior que se contempla é a propia consellería. Tendo en conta esta circunstancia, así como as funcións atribuídas á xunta electoral e a composición desta, estímase máis axeitado que a presidencia recaia na persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da consellería. Esta adecuación debe reflectirse tamén na Orde, do 29 de abril de 2014, pola que se regulan as eleccións para a renovación dos órganos reitores de confrarías de pescadores de Galicia e das súas federacións, que se modifica mediante a disposición derradeira primeira deste decreto. Na elaboración deste decreto consultouse ás federacións de confrarías de pescadores de Galicia e cumpriuse o trámite de publicación no Portal de transparencia e Goberno aberto, de conformidade co 2

establecido no artigo 9 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. De acordo cos principios de boa regulación establecidos no artigo 129 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e, en particular, os de necesidade, proporcionalidade e eficacia, esta norma contén a regulación imprescindible para atender a súa finalidade e cumprir os seus obxectivos. Igualmente cumpre co principio de seguridade xurídica ao ser coherente co resto do ordenamento xurídico. Na súa virtude, por proposta da conselleira do Mar, de acordo co Consello Consultivo, ou oído o Consello Consultivo, ou oído o Consello Consultivo e de acordo co voto particular formulado pola(s) conselleira(s) ou polo(s) conselleiro(s)..., e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día..., DISPOÑO: Artigo único. Modificación do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións O Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, queda modificado como segue: Un. A letra c) do número 2 do artigo 64 queda redactada como segue: c) A confraría resultante da fusión subrogarase na titularidade das concesións e autorizacións que ostentaban as confrarías fusionadas 3

para o exercicio das actividades de marisqueo ou cultivos mariños, debendo cumprir as condicións e prescricións da concesión ou autorización ou de calquera outra obriga esixida legal ou regulamentariamente. Dous. A letra a) do número 2 do artigo 65 queda redactada como segue: a) Suporá a perda das concesións e autorizacións administrativas para o exercicio das actividades de marisqueo e cultivos mariños que posúan, sen prexuízo do que prevexan os estatutos da confraría afectada en canto ao destino do seu patrimonio. Tres. Suprímese o primeiro parágrafo do artigo 73. Catro. O artigo 75 queda redactado da seguinte maneira: Artigo 75. Do/Da secretario/a da federación A xunta xeral da federación nomeará un/unha secretario/a quen, con voz e sen voto, redactará a acta das reunións dos órganos colexiados dela e ademais desempeñará, en relación coa federación, as funcións asignadas ao/a secretario/a das confrarías establecidas no artigo 46. Para a provisión do/a secretario/a das federacións será de aplicación o disposto no artigo 45 entendendo a remisión aos estatutos contida no dito precepto como referida aos estatutos da correspondente federación. Cinco. O artigo 85 queda redactado da seguinte maneira: 4

Artigo 85. Da xunta electoral 1. A xunta electoral terá a súa sede na Secretaría Xeral Técnica da consellería competente en materia de pesca. 2. A xunta electoral é un órgano composto por: a) Un/unha presidente/a, que será a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da consellería con competencias en materia de pesca. b) Un/unha secretario/a, que será unha persoa funcionaria que ocupe un posto co nivel mínimo de xefatura de servizo da dirección xeral con competencias en materia de organización sectorial da consellería competente en materia de pesca. c) Catro vogais: tres persoas funcionarias da secretaría xeral técnica da consellería competente en materia de pesca, máis o/a secretario/a dunha das federacións de confrarías que será designado/a pola Federación Galega de Confrarías de Pescadores, a proposta das federacións provinciais. 3. Os membros da xunta electoral serán nomeados por resolución da persoa titular da consellería competente en materia de pesca e continuarán no seu mandato ata a constitución dunha nova xunta electoral na seguinte convocatoria de eleccións. 4. A xunta electoral constituirase no prazo máximo de dous días desde a data da convocatoria ordinaria de eleccións. 5. Na composición da xunta electoral procurarase acadar unha presenza equilibrada entre homes e mulleres. Disposición derradeira primeira. Modificación da Orde, do 29 de abril de 2014, pola que se regulan as eleccións para a renovación dos órganos 5

reitores de confrarías de pescadores de Galicia e das súas federacións 1. A Orde, do 29 de abril de 2014, pola que se regulan as eleccións para a renovación dos órganos reitores de confrarías de pescadores de Galicia e das súas federacións, queda modificada como segue: Un. O artigo 3 queda redactado da seguinte maneira: Artigo 3. A xunta electoral 1. Conforme o disposto no artigo 84 do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, constituirase unha única xunta electoral para as eleccións ás confrarías de pescadores de Galicia, agrupacións sectoriais, federacións provinciais de confrarías e Federación Galega de Confrarías de Pescadores, con sede na Secretaría Xeral Técnica da consellería competente en materia de pesca. 2. A xunta electoral estará presidida pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, e a súa persoa suplente será a persoa titular da subdirección xeral con competencias en materia de organización sectorial da consellería competente en materia de pesca. 3. A xunta electoral estará integrada ademais por: a) Tres vogais que serán funcionarios/as do grupo A, subgrupo A1 ou A2, da Secretaría Xeral Técnica da consellería competente en materia de pesca. b) Un/unha vogal que será o/a secretario/a dunha das federacións de confrarías, designado/a pola Federación Galega de Confrarías de Pescadores por proposta das federacións provinciais. 6

c) Secretario/a: un/unha funcionario/a do grupo A, subgrupo A1 ou A2, que ocupe un posto co nivel mínimo de xefatura de servizo, da dirección xeral con competencias en materia de organización sectorial da consellería competente en materia de pesca. 4. Na composición da xunta electoral procurarase acadar unha presenza equilibrada entre homes e mulleres. 5. Os membros da xunta electoral e as súas persoas suplentes, que deberán cumprir os mesmos requisitos que os titulares a quen substitúan, serán nomeados por resolución da persoa titular da consellería competente en materia de pesca e continuarán no seu mandato ata a constitución dunha nova xunta electoral na seguinte convocatoria de eleccións. 6. A xunta electoral constituirase no prazo máximo de dous días desde a data da convocatoria ordinaria de eleccións, logo de convocatoria que se efectuará polo/a seu/súa secretario/a por orde do/a presidente/a. 7. A presentación de recursos administrativos contra as resolucións das comisións electorais será ante a xunta electoral. No mesmo día da presentación do recurso administrativo por calquera dos medios permitidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas deberán remitir unha copia do devandito recurso por fax ou correo electrónico á xunta electoral. O número do fax e o enderezo electrónico da xunta electoral constará na resolución pola que se convocan as eleccións. 7

Dous. O número 3 do artigo 24 queda redactado da seguinte maneira: 3. Contra o acordo de proclamación efectuado pola comisión electoral poderase interpoñer, no prazo de tres días, recurso administrativo perante a xunta electoral que resolverá nun prazo de cinco días. A presentación do recurso deberá realizarse de conformidade co previsto no número 7 do artigo 3 desta orde. Tres. O número 9 do artigo 30 queda redactado como segue: 9. Contra a proclamación de vogais da xunta directiva da agrupación poderase interpoñer, no prazo de tres días, recurso administrativo perante a xunta electoral que resolverá nun prazo de cinco días. A presentación do recurso deberá realizarse de conformidade co previsto no número 7 do artigo 3 desta orde. Catro. O número 11 do artigo 33 queda redactado como segue: 11. Contra o acordo de proclamación poderase interpoñer, no prazo de tres días, recurso administrativo perante a xunta electoral que resolverá nun prazo de cinco días. A presentación do recurso deberá realizarse de conformidade co previsto no número 7 do artigo 3 desta orde. Cinco. O número 9 do artigo 35 queda redactado da seguinte maneira: 9. Contra o acordo de proclamación do/a presidente/a da Federación Galega de Confrarías de Pescadores poderase interpoñer, no prazo de 8

tres días, recurso administrativo perante a xunta electoral que resolverá no prazo de cinco días. A presentación do recurso deberá realizarse de conformidade co previsto no número 7 do artigo 3 desta orde. 2. As previsións da Orde do 29 de abril de 2014 que son obxecto de modificación polo presente decreto poderán ser modificadas por orde da persoa titular da consellería competente en materia de pesca. Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, Alberto Núñez Feijóo Presidente Rosa María Quintana Carballo Conselleira do Mar 9