RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-31/2010: Tarxeta de taxista.

Documentos relacionados
RESOLUCIÓN DE ARCHIVO Expte. RA-31/2010: Tarjeta de taxista.

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-35/2010: ROUPA INFANTIL EN OURENSE.

ANTECEDENTES DE FEITO

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO EXP. RA 12/2008. TRANSPORTE URBANO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO (Expte. RA-11/2008, TAPICERÍAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA)

RESOLUCIÓN R 4/2013 NEGATIVA Á ACREDITACIÓN COMO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES " En Santiago de Compostela, a 11 de novembro de 2013.

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-32/2010: Taller Autorizado.

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO (Expte. RA-21/2009, DISTRIBUCIÓN DE GAS BUTANO EN OURENSE).

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

Resolución R 3/2015 Asesoramento e mediación hipotecaria dos Concellos de Ponteareas,O Porriño e Vigo

RESOLUCIÓN DE ARCHIVO Expte. RA-28/2010: Textiles de Ferrol.

RESOLUCIÓN DE ARCHIVO (Expte. RA-11/2008, TAPICERÍAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA) En Santiago de Compostela, 14 de septiembre de 2008.

Resolución R2/2016 Seguro obrigatorio de responsabilidade civil do mar

Orixe: Dirección Xeral da División de Recursos Humanos do Sergas.

Praza de Europa, 5 A 4º Polígono de Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA

Avda. Gonzalo Torrente Ballester, Santiago de Compostela Tfno.: Fax:

RESOLUCIÓN Expte. RA-19/2009: Hidroeléctrica Rio Couso.

RESOLUCIÓN Expte. RA-35/2010: ROPA INFANTIL EN OURENSE.

RESOLUCIÓN DEL ARCHIVO EXP. RA 12/2008. TRANSPORTE URBANO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

ANTECEDENTES DE HECHO

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 035/2018. Correo electrónico:

RESOLUCIÓN (Expte. RA 27/2010: PRÁCTICAS AUTOESCOLAS DE VIGO)

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 041/2018. Correo electrónico:

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

RESOLUCIÓN DO TRIBUNAL ADMINISTRATIVO DE CONTRATACIÓN PÚBLICA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

NOTA INFORMATIVA SOBRE A CAPACIDADE FINANCEIRA DOS MEDIADORES DE SEGUROS

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

ANTECEDENTES DE HECHO

RESOLUCIÓN DO TRIBUNAL ADMINISTRATIVO DE CONTRATACIÓN PÚBLICA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Reclamante: Expedientes: RSCTG 0117/2017

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6322

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Sres./as Concelleiros/as da Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela:

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

- Exclusión da tributación de todas as herdanzas inferiores a

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

MODIFICACIÓN PUNTUAL DAS NSP DE MELIDE, UA4

Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia de Galicia (DOG do ).

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 040/2018. Correo electrónico:

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

INFORMACIÓN AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS

Primeira. Base de datos para a constitución dos grupos e, no seu caso, categorías.

Resolución R 1/ Produtores audiovisuais independentes

Este proxecto técnico foi aprobado no Pleno do Consello Galego de Estatística do día 21 de decembro de 2012

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-25/2009: Formación da Coruña 2.

RESOLUCIÓN Expte. RA-36/2010: Distribución gas butano en Pontevedra.

Apelidos e nome do aspirante Álvarez López Fernán 7,5 Fernández Castro Rubén 5 García Domínguez José 6 Pérez Insua Ander 6

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA FORMULARIO EXERCICIO DEREITOS ARCO

Avda. Gonzalo Torrente Ballester, Santiago de Compostela Tfno.: Fax:

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

RESOLUCIÓN Expte. RA-9 /2008, Alquiler del suelo en parques eólicos

ANTECEDENTES DE FEITO

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN CELEBRADA POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

A Coruña 26/09/2017. POS Adicional por maior achega provincial ( )

Guía de procedementos e servizos

LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECIMIENTO.

Concello de Viveiro RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

CONVOCATORIA DOS PROGRAMAS DE TECNIFICACIÓN E RENDEMENTO DEPORTIVO NO CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA CURSO 2012/13

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

PROPOSTA DO COMITÉ DE EMPRESA DE PONTEVEDRA DA CARREIRA PROFESIONAL PARA O PAS LABORAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REGULAMENTO DE COLABORACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS DESTA UNIVERSIDADE EN CURSOS E CONVENIOS DE INVESTIGACIÓN

VIVENDAS DE USO TURÍSTICO. Abril 2016

DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia.

Resolución R 5/2015 Subministración enerxía eléctrica aos centros da Consellería de Traballo e Benestar

Normativa xeral Páxina 1

RESOLUCIÓN DO TRIBUNAL ADMINISTRATIVO DE CONTRATACIÓN PÚBLICA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

B o l e t í n M a r z o A P E G a l i c i a

1. LICENZA PARA ASUNTOS PROPIOS 3. LICENZA EXTRAORDINARIA POR NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIO/A EN PRÁCTICAS 4. LICENZA PARA FORMACIÓN E PERFECCIONAMENTO

N o 177 L Mércores, 13 de setembro de 2006 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx CORRECCIÓN de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.

PROXECTO DE LECER NO VERAN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE. Xullo e Agosto 2012

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

6.978 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 84 L Mércores, 3 de maio de 2006

6/08. Lei do turismo de Galicia. Ditame. sobre o anteproxecto de APROBADO POLO PLENO O 19 DE XUÑO

ANTECEDENTES DE HECHO

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

Transcripción:

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-31/2010: Tarxeta de taxista. Pleno Sres.: D. José Antonio Varela González, Presidente D. Fernando Varela Carid, Vogal D. Alfonso Vez Pazos, Vogal En Santiago de Compostela, 28 de maio de 2010. O Pleno do Tribunal Galego de Defensa da Competencia, coa composición indicada máis arriba, e sendo relator D. Fernando Varela Carid, vogal, ditou a seguinte Resolución no Expediente RA-31/2010, Tarxeta de taxista (Expediente 4/2010, do Servizo Galego de Defensa da Competencia, en adiante SGDC), tras examinar a proposta de non incoación de procedemento e arquivo das actuacións efectuada polo SGDC, segundo escrito de 14 de abril de 2010. ANTECEDENTES DE FEITO 1.- O 1 de marzo de 2010 tivo entrada no SGDC unha denuncia de XXXX, con prácticas contrarias á competencia pola súa negativa a emitir unha tarxeta de taxista, que habilitaría ao interesado para exercer a profesión de taxista asalariado. 1

2.- Unha vez analizado o asunto, e en aplicación do disposto no artigo 49.3 da LDC, o SGDC efectuou a súa proposta de resolución a este Tribunal mediante escrito de 15 de abril 2010 consistente en non incoar procedemento sancionador e proceder ao arquivo das actuacións. 4.- O 27 de abril de 2010, o Pleno do Tribunal admitiu a trámite este asunto e nomeou relator do mesmo ao vogal D. Fernando Varela Carid. 5.- Na súa reunión de 24 de maio de 2010, o Pleno do Tribunal deliberou e ditou resolución sobre este asunto. FUNDAMENTOS DE DEREITO PRIMEIRO.- A presente Resolución dítase ao abeiro da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de Defensa da Competencia por tratarse dunha denuncia sobre feitos realizados con posterioridade á entrada en vigor desa Lei o 1 de setembro de 2007. SEGUNDO.- O apartado 3 do artigo 49 LDC establece que o Tribunal, a proposta do Servizo, poderá acordar non incoar os procedementos derivados da presunta realización de condutas prohibidas polos artigos 1, 2 e 3 LDC e ordenar o arquivo de actuacións cando considere que non hai indicios de infracción da Lei. Corresponde a este Tribunal, por tanto, neste caso, analizar a proposta efectuada polo SGDC para ver se procede aceptala e, en consecuencia, arquivar as actuacións desenvolvidas ata agora, ou, polo contrario, se procede rexeitar esa proposta por se apreciar indicios de infracción das normas de competencia. TERCEIRO.- O presente procedemento iniciouse pola denuncia de XXXX, con prácticas contrarias á competencia, consistentes, segundo o denunciante, na 2

denegación da tarxeta de taxista que permitiría ao interesado exercer a actividade de taxista asalariado. En efecto, o denunciante, despois de pasar as probas convocadas con ese obxecto, solicitou ao Concello de Vigo a emisión da referida tarxeta de taxista. Con ese permiso, o denunciante podería exercer a función de taxista por conta de terceiros mediante unha relación laboral de asalariado co propietario do taxi. Segundo informa o propio denunciante, o Concello de Vigo denegoulle a tarxeta solicitada porque na certificación da vida laboral presentada figura de alta noutra empresa, na que estaba traballando ata que comezou a súa actividade en relación co taxi. O interesado xa declarou ante o Concello que xa non traballa nesa outra empresa. A pesar diso, informa o denunciante, impídeselle traballar como taxista, o que lesiona o seu dereito fundamental ao traballo. O interesado alega que o Concello, ao denegarlle ese permiso de taxista asalariado, incorre nunha práctica contraria aos artigos 1 e 2 da Lei 15/2007, de 3 de xullo, de Defensa da Competencia, por tratarse dunha conduta colusoria e prohibida que ten por obxecto a fixación de condicións comerciais ou de servizo artigo 1 LDC-; ou dun abuso de posición de dominio ao impoñer de forma abusiva unhas condicións para poder realizar a actividade artigo 2 LDC. CUARTO.- Este Tribunal esta plenamente de acordo coa opinión do SGDC no sentido de que non se aprecian indicios de incumprimento das normas de competencia, polas seguintes razóns. O Concello de Vigo non está actuando neste caso como un operador no mercado, é dicir, non participa como axente económico na provisión do servizo de taxi na cidade de Vigo, senón como órgano regulador desa actividade en 3

cumprimento das normas que o habilitan para ese fin. Desde ese punto de vista, non pode considerarse que o Concello de Vigo chegara a acordos con outros operadores nun sentido restritivo da competencia nin que esté exercendo neste caso unha posición de dominio no mercado de provisión de servizos de taxi na cidade de Vigo. Por tanto, non se poden aplicar os artigos 1 e 2 LDC á decisión do Concello sobre a non concesión da tarxeta de taxista ao denunciante. Esa denegación da tarxeta de taxista ao denunciante é propiamente un acto administrativo que o Concello realiza en función das potestades regulamentarias que exerce sobre o mercado de provisión de servizos de taxi na cidade de Vigo, cuxo control de legalidade, en caso de discrepancias sobre a súa pertinencia ou adecuación normativa, debe ser efectuado polos tribunais da orde contencioso-administrativa e non polas autoridades de competencia. QUINTO.- Mesmo desde unha perspectiva xeral e en cumprimento dos seus obxectivos de promoción da competencia dos mercados, o Tribunal, tras examinar a denuncia presentada, non aprecia que o Concello de Vigo incorrera nunha restrición da competencia polo feito de non conceder a tarxeta de taxista a XXXX, dado que se trata dun mercado regulado con estritas normas que deben cumprirse para acceder ao mesmo. A falta de competencia na provisión de servizos de taxi radica na limitación xeral ao acceso a esa actividade, a través da concesión de licenza por parte dos concellos onde se presta o servizo, pero, en todo caso, esa falta de competencia responde a unha regulamentación específica que lle dá cobertura legal, de modo que queda excluída da aplicación das prohibicións da Lei 15/2007 de defensa da competencia, en virtude do disposto no seu artigo 4.1. Ora ben, unha vez imposta esa restrición de base -a limitación do número de operadores a través da concesión dun determinado número de licenzas de taxi- resulta claro que a concesión específica da licenza a unha determinada persoa 4

ou o outorgamento da tarxeta de taxista para o exercicio de taxista asalariado corresponde, de acordo á normativa vixente, ao concello onde se vai desenvolver a actividade. Se o concello en cuestión non actúa de modo sistematicamente discriminatorio ou de xeito máis restritivo do que as normas regulamentarias indican, circunstancias que non se aprecian no presente caso, non cabe atribuír a ese ente administrativo una conduta restritiva da competencia. SEXTO.- En definitiva, este Tribunal non aprecia indicios de incumprimento das normas de competencia en relación coa denuncia presentada por XXXX, con prácticas contrarias á competencia e concorda co SGDC que procede non incoar expediente e arquivar as actuacións realizadas ata este momento. En conclusión, vistos os preceptos citados e os demais de xeral aplicación, este Tribunal RESOLVE ÚNICO.- Confirmar a proposta do SGDC de non incoar expediente sancionador e proceder ao arquivo das actuacións referentes á denuncia de XXXX, con domicilio en Vigo (Pontevedra), contra o Concello de Vigo, por presuntas prácticas restritivas da competencia, ao non se apreciar indicios de incumprimento das normas que regulan a competencia no mercado. Comuníquese esta Resolución ao Servizo Galego de Defensa da Competencia, e notifíquese aos interesados, facendo constar que contra ela non cabe recurso algún en vía administrativa, podéndose interpoñer recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a súa notificación. 5