PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL, COMUNICACIÓN E PARTICIPACIÓN PÚBLICA

Documentos relacionados
Reserva da Biosfera MCeTM

O potencial das Reservas de Biosfera para a Educación Ambiental Diego López Pedreira Carmen Borobio Vázquez

MESAS TEMÁTICAS DE PARTICIPACIÓN PÚBLICA PROGRAMA LEADER GDR-23 MARIÑAS-BETANZOS

CAMPAÑA DE PREVENCIÓN E CONTROL As especies exóticas invasoras nas Reservas de Biosfera de Galicia

Programa de Actividades

PERSPECTIVAS DE FUTURO PARA O TERRITORIO. Castelo de Santa Cruz 23 de novembro de 2015

PERSPECTIVAS DE FUTURO PARA O TERRITORIO. Castelo de Santa Cruz 24 de novembro de 2015

(co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente)

Xuntanza Seguimento Actuacións para o impulso ao Software libre en Galicia

(co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente)

introdución ao estudo de carnívoros

OE 1.4. Atención ao benestar social

introdución ao estudo de carnívoros

Xornadas de Capacitación para o fortalecemento de entidades galegas de Custodia do Territorio


SENSIBILIZACIÓN - CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL Entidade de Custodia do territorio

Colectivo. Manifesto. Por unha nova política para o rural galego

Concello de Redondela GAC-7: Ría de Vigo-A Guarda

Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

XORNADAS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Crecemento Azul: Maremasma, Multiaventura e Medioambiente. Cambados, 17 de xuño de 2017

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

Rúa Atalaia nº Porto do Son (A Coruña) CIF: P B Tlfno: Fax: ADHESIÓN REDE EUSUMO CONCELLO DE PORTO DO SON

FORESTAULA CURSOS ON LINE SOBRE SILVICULTURA E APROVEITAMENTOS FORESTAIS ACCIÓNS GRATUÍTAS COFINANCIADAS POLO FSE

RUTA DE QUEIXO E MEL. 2 DÍAS (2 días - 1 noite) 62 KM 4 CONCELLOS O Pino, Arzúa, Vila de Cruces, Santiso. a c

integración das TIC na práctica educativa en Galicia

Axudas concedidas 2012

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Programa INTERREG V-A España Portugal (POCTEP) Xosé Lago Comunidade de Traballo Galicia Norte de Portugal

CONVOCATORIA DOS V PREMIOS BIOGA

s_profesionais_comarcais_2011.pdf

DOSSIER Rúa República Checa 52, oficina Santiago de Compostela

Oficina de Medio Ambiente Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental

Escola no río Os ollos do Loña

Actividades formativas desenvolvidas polo CAFI

CENTRO SOCIAL DE OLEIROS

PROGRAMA FORMATIVO Módulo de creación de empresas

ÍNDICE TALENTO FEMININO NA ECONOMÍA SOCIAL DE GALICIA TRABALLADORAS. MEDRANDO socias e traballadoras ESTRUTURA DO PROGRAMA CADRO DOCENTE

De acordo co anteriormente exposto, esta dirección xeral, DISPÓN:

Visitas didácticas. Gaiás Cidade da Cultura

O ESPAZO DA VIVENDA GALEGA LUGAR DE ENCONTRO E PARTICIPACIÓN DO SECTOR

O CAMIÑO DE DOWN GALICIA

1. OBXECTIVOS DO PLAN

16:00 Rexistro de participantes/entrega de documentación.

Guía de recursos dixitais da web da UDC

introdución ao estudo de micromamíferos

MAPA DE RECURSOS: Oficinas de Emprego, Puntos de Información Multimedia e Entidades Colaboradoras en Captación de Ofertas

Campacontos Campacontos Obxectivos Persoas destinatarias Campacontos Características dos campacontos 1 Compoñentes: 2 Extensión e temática:

INFORME 2012 XUVENTUDE 2013: UNHA EXTRATEXIA PARA A MOCIDADE GALEGA III PLAN ESTRATÉXICO DE XUVENTUDE EIXES TRANSVERSAIS EIXO DE ACCIÓN 2 EMPREGO

Resumo da elaboración I PLAN DE IGUALDADE DO CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO

ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO COMARCAL DA TERRA CHÁ. GDR2

RETOS NA COMERCIALIZACIÓN E PROMOCIÓN DE PRODUTOS DO MAR

Axudas a proxectos no litoral

CULTURA E RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL Auditorio da Biblioteca de Galicia, Santiago de Compostela MAR 3 XUL

PRESENTACIÓN DAS ACCIONS A DESENVOLVER POLO CONCELLO DE LUGO DENTRO DO PROXECTO MURALLA DIGITAL

BASES DO III PREMIO UNIVERSITARIO DE COMUNICACIÓN CIENTÍFICA

Xaneiro 2010 XORNADA DE TRABALLO. Persoal Técnico PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO SALNÉS UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO

Enlaza Vigo contra a violencia de xénero

DECLARACIÓN MEDIOAMBIENTAL 2016

PROGRAMA VOLUNTARIADO VOCES DE APOIO: ILLAS CÍES PATRIMONIO DA HUMANIDADE

introdución ao estudo de micromamíferos

O punto de partida do proxecto, o Plan Nacional de Bandas de Música:

III.5.2. OE 2: Reforzo da capacidade institucional e financeira de Galicia

Programa Anual de actividades culturais e de promoción das ensinanzas do CMUS Profesional de Música de Vigo

Punto de encontro entre a oferta do sector TIC e o resto dos sectores empresariais galegos que demandan produtos e servizos TIC para mellorar a súa

AULA DE PATRIMONIO. Programa pedagóxico para escolares CURSO ACADÉMICO

Que son os orzamentos participativos da Deputación de Lugo?

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

Servizo de información, asesoramento e orientación sobre recursos e servizos dispoñibles: Apoio na xestión e tramitación de recursos

TRADICIÓN E INNOVACIÓN NA MESA

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL E DO MAR

economíasocial 2.4. As fontes estatísticas empregadas para a análise da economía social son, fundamentalmente,

CUESTIONARIO PARA O SECTOR CIENCIA-COÑECEMENTO-CREATIVO DO SECTOR SAÚDE, BENESTAR E VIDA

XESTIÓN INTEGRADA DAS ZONAS COSTEIRAS A PESCA ARTESANAL NA CONFERENCIA DAS NACIÓNS UNIDAS SOBRE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DE ENERXÍA, MEDIOAMBIENTE E SERVIZOS

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

C.-OS ELEMENTOS HUMANOS

ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE INTEGRADO HABITAT SAUDABLE FONDOS FEDER

CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DA SAÚDE, BENESTAR E VIDA

AUTISMO GALICIA celebra a súa primeira ASEMBLEA XERAL do 2018

A absorción de CO 2. no marco da xestión forestal sustentable en Galicia Xornada inaugural do proxecto Troco 2, 6 de xuño de 2018

Seminario de Planificación Empresarial

O TURISMO SOSTIBLE EN GALICIA CON ESPECIAL REFERENCIA AO SALNÉS. Mª Nava Castro Domínguez Directora de Turismo de Galicia

Plan Banda Larga

PROPOSTAS DE NOVA ESCOLA GALEGA PARA A ACCIÓN POLÍTICA MUNICIPAL NO ÁMBITO EDUCATIVO

DISTRIBUCIÓN XEOGRÁFICA- ADMINISTRATIVA DE GALICIA

ACTIVIDADES MÓDULO II

GRAO EN XEOGRAFIA E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

C.- OS FACTORES DE PRODUCIÓN (páx )

LIÑAS E RETOS DE TRABALLO ÁREA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL Concello de Santiago. Texto de Proba

En Santiago de Compostela, once de xaneiro de dous mil trece REUNIDOS

INDUSTRIA 4.0. PROXECTO DE CAPACITACIÓN EN TECNOLOXÍAS, METODOLOXÍAS OU TÉCNICAS RELACIONADAS COA. Organiza:

PROGRAMAS DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA PARA O FOMENTO DA EDUCACIÓN AMBIENTAL NA ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Plan de traballo para a elaboración do III Plan Director da Cooperación Galega ( ) Outubro-Decembro 2013

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

Programa de Cidadanía Activa: Promoción de Vida Independente

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

Fundación Refuxio de Animais

Transcripción:

RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL, COMUNICACIÓN E PARTICIPACIÓN PÚBLICA (2014-2015)

Maio 2015 PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL, COMUNICACIÓN E PARTICIPACIÓN PÚBLICA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO ELABORADO POR: Asociación Mariñas Betanzos Maio 2015 2

AGRADECEMENTOS: A todas as entidades que participaron na realización do traballo e a todas as institucións que facilitaron os datos que se lles solicitou. 3

INDICE 1. PRESENTACIÓN... 5 2. A ASOCIACIÓN MARIÑAS BETANZOS... 8 3. ENTIDADE XESTORA DA RESERVA DA BIOSFERA... 9 4. PLAN DE XESTIÓN DA RESERVA DE BIOSFERA...10 5. PROGRAMA DE EDUCACIÓN, COMUNICACIÓN E PARTICIPACIÓN PÚBLICA...12 5.1. INTRODUCIÓN... 12 5.2. OBXECTIVOS DO PROGRAMA... 12 6. REDE DE EQUIPAMENTOS DA RESERVA DA BIOSFERA...13 6.1. AULA DA NATUREZA DE CRENDES (ABEGONDO).... 13 6.2. CASA DAS ABELLAS. CENTRO DIVULGACIÓN APÍCOLA (ABEGONDO).... 14 6.3. AULA DE NATUREZA MUÍÑO VELLO (ARTEIXO).... 14 6.4. CENTRO INTERPRETACIÓN E RECEPCIÓN DE VISITANTES XACEMENTO ROMANO (CAMBRE)... 15 6.5. ECO-MUSEO COSTA DA EGOA (CARRAL)... 15 6.6. AULA DA NATUREZA DE CHELO (COIROS).... 16 6.7. AULA DA NATUREZA JUAN LAMBEYE (CULLEREDO).... 17 6.8. MUSEO DOS MUÍÑOS DE MAREA (CULLEREDO)... 17 6.9. CENTRO FORMACIÓN E INTERPRETACIÓN VALORES ETNOGRÁFICOS DO MANDEO (CURTIS).... 18 6.10. AULA DO MAR. CENTRO DE RECEPCIÓN VISITANTES COSTA DEXO-SERANTES (OLEIROS).... 18 6.11. CASTELO DE SANTA CRUZ (OLEIROS)... 19 6.12. GRANXA-ESCOLA CASA DO QUEIXO (SOBRADO)... 20 6.13. OBSERVATORIO ORNITOLÓXICO (PADERNE).... 20 6.14. OBSERVATORIO ORNITOLÓXICO (BERGONDO)... 21 6.15. PARQUE DO PASATEMPO (BETANZOS)... 21 7. ACTIVIDADES ANUAIS NA RESERVA DE BIOSFERA...22 7.1. ESPECIE DO ANO DA RESERVA DE BIOSFERA.... 22 7.2. PLANTACIÓN DE ÁRBORES NOS 17 CONCELLOS DA RESERVA DE BIOSFERA.... 23 7.3. ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DE RESERVA DE BIOSFERA... 23 7.4. SEMANA DA CUSTODIA DO TERRITORIO.... 24 7.5. MARATÓN ORNITOLÓXICA RESERVA DE BIOSFERA.... 24 7.6. ESCOLA DE NATURALISTAS.... 25 7.7. PROGRAMA DE SEGUIMENTO FENOLÓXICO.... 26 7.8. PRESENTACIÓN EN CENTROS DE ENSINANZA.... 27 4

1. PRESENTACIÓN s RESERVAS DE BIOSFERA xurden no ano 1976, no marco do programa Home e Biosfera (MaB) da UNESCO, como espazos nos que se conxuga e se traballa activamente polo equilibrio entre o desenvolvemento socioeconómico e a protección dos recursos naturais. Na actualidade, España conta con 45 Reservas de Biosfera das 621 que existen a nivel mundial, estando representados territorios con moi diversas características, desde uns cunha clara prevalencia do medio natural, a outras Reservas máis poboadas e onde se conxugan outro tipo de retos. Os obxectivos que deben perseguir as Reservas da Biosfera se fixaron na Estratexia de Sevilla aprobada na Conferencia Xeral da UNESCO do ano 1995, así como polo sucesivos Plan de Acción de Madrid (2008-2013) e Plan de Acción de Montseny (2009-2013). Entre estes obxectivos están o de utilizar as Reservas de Biosfera como modelo de ordenación do territorio e lugares de experimentación do desenvolvemento sostible, ademais de lugares de aprendizaxe para a investigación, adaptación e mitigación en relación ao cambio climático. As Reservas de Biosfera son por tanto, zonas de ecosistemas terrestres, e costeiros ou mariños, cuxa finalidade é convertirse en modelos de cómo a humanidade podería convivir coa natureza. Deste modo, as Reservas pretenden conservar e protexer o patrimonio natural e cultural propio dun determinado espazo, favorecendo o desenvolvemento socioeconómico da súa poboación local. O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita dos espazos protexidos, xa que ata o momento as zonas adicadas á conservación de especies e ecosistemas se aillaban da actividade humana, mentres nas Reservas se fomenta a participación cidadá e o seu desenvolvemento socioeconómico en respecto coa natureza. Para os territorios declarados Reserva de Biosfera ábrense unha serie de novas oportunidades, tales como: 5

Situar ó territorio no mapa mundial, pertencendo a unha rede de excelencia e de intercambio de experiencias. Dar prestixio ó territorio, ás súas empresas e ós seus produtos. Ampliar os mercados para os produtos, a través das Marcas de Calidade. Recuperar as actividades económicas tradicionais e fomentar a innovación. Incentivar e fortalecer as iniciativas ligadas ó turismo sostible. Xerar oportunidades de emprego ligadas á natureza e ó medio rural. Acadar apoio internacional, estatal e rexional para iniciativas e proxectos ligados ó desenvolvemento sostible e á conservación ambiental. Mellorar o entorno ambiental e sensibilizar sobre os recursos naturais á poboación xeral. Coñecer mellor estes territorios, os seus espazos naturais e a súa evolución. Actualmente, Galicia conta cun total de seis espazos recoñecidos como Reservas de Biosfera: Área de Allariz Xurés- Gerês. Os Ancares lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá, Terras do Miño Río Eo, Oscos e Terras do Bourón. Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo A Lei 42/2007, de 13 de decembro, de Patrimonio Natural e da Biodiversidade establece que as Reservas da Biosfera deberán contar: 1. Ordenación espacial a) Zona núcleo b) Zona tampón/protección c) Zonas de transición 2. Plan de Xestión. Programa de actuacións adaptado aos obxectivos do Programa Home e Biosfera (MaB). 3. Órgano de Xestión, responsable de aplicar o Plan de Xestión e que garante a participación dos axentes locais. 6

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, está situada ao noroeste da Comunidade Autónoma de Galicia, dentro da provincia de A Coruña e conta cunha superficie de 114.000 hectáreas terrestres. Esta Reserva, a diferenza doutras, nace da cooperación entre as distintas administracións, as organización sociais e o tecido socioeconómico do territorio. Ademais, esta Reserva de Biosfera, ten presente 49 tipos de hábitats de interese comunitario, doce dos cales son tipificados como prioritarios pola Directiva Hábitats. Dentro do territorio da Reserva existen Espazos Naturais Protexidos incluídos na Rede Natura 2000, como as Zonas de Especial Conservación (ZEC), ademais doutras pequenas áreas de interese ambiental. Dentro destas áreas, destacan o ZEC Abegondo- Cecebre, ZEC Costa da Morte, ZEC Betanzos- Mandeo e o ZEC Costa de Dexo. Figura 1.- Zonificación do territorio declarado. 7

2. A ASOCIACIÓN MARIÑAS BETANZOS A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos constitúese no ano 2008 coa finalidade de ser núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación. Ten xestionado o programa LEADER (2007-2013), dirixido a promover o desenvolvemento rural. O ámbito territorial da Asociación Mariñas Betanzos, localízase no Noroeste de Galicia, cunha extensión de 113.912 ha. e que corresponden aos municipios de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado, coincidindo co territorio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, que corresponden coas cuncas hidrográficas dos ríos Mandeo e Mero. Esta área inclúe zonas costeiras, vales litorais e serras interiores, estendéndose dende o litoral ata o límite coa provincia de Lugo, onde enlaza coa Reserva de Biosfera Terras do Miño. Ten 128 entidades asociadas, que son as que forman a Asemblea Xeral, que está organizada en Mesas Sectoriais, das que os representantes de cada mesa conforman a Xunta Directiva. Actualmente as Mesas Sectoriais están organizadas da seguinte forma: 1) Mesa do sector agrario, gandeiro e cooperativo; 2) Mesa do sector forestal e da madeira; 3) Mesa de asociacións de mulleres; 4) Mesa de asociacións xuvenís e colectivos xuvenís; 5) Mesa de asociacións deportivas, recreativas, de veciños, culturais, ANPAS; 6) Mesa de artesanía; 7) Mesa de asociacións e colectivos medioambientais ou actividades na natureza; 8) Mesa do sector de turismo e hostalería; 9) Mesa de asociacións de empresarios multisectoriais; 10) Mesa de colectivos de interese social, discapacidade e ONG s; 11) Mesa do sector institucional; 12) Mesa das administracións locais; 13) Mesa da pesca, marisqueo, acuicultura. Conta cunha poboación de 189.902 habitantes (IGE 2011) sendo a súa densidade de 166,62 habitantes/km2. 8

Figura 2.- Ubicación do territorio recoñecido como Reserva de Biosfera. 3. ENTIDADE XESTORA DA RESERVA DA BIOSFERA A entidade de xestión da Reserva de Biosfera é a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas- Betanzos, que ademais dos 17 concellos, aglutina a representantes do tecido económico e social da Reserva. Ten constituído dentro do Organigrama de Xestión, un Comité Científico e un Comité de Participación. Figura 3.- Órganos de Xestión da Reserva de Biosfera. 9

4. PLAN DE XESTIÓN DA RESERVA DE BIOSFERA Este documento é o instrumento a través do cal se enmarca a estratexia a seguir no período (2013-2017), definindo as principais liñas de acción. Nel se definen 5 grandes áreas de traballo: I. Xestión Adaptativa, Comunicación e Cooperación. Accións encamiñadas á posta en marcha dos órganos de xestión da Reserva de Biosfera; seguimento dos resultados; creación da imaxe da Reserva e divulgación dos seus valores; así como o impulso a proxectos de cooperación con outras Reservas de Biosfera e con outros territorios. II. Conservación dos recursos naturais e patrimoniais. Accións encamiñadas á conservación, recuperación, difusión e mellora dos recursos naturais e patrimoniais, fundamentalmente nas Zonas núcleo da Reserva. III. Sostibilidade do medio rural e mariño, producións e servizos. Accións para mellorar a calidade de vida da poboación, fomentando a sostibilidade e a diversificación das actividades agrogandeiras e do mar, e facilitando a incorporación de novos activos. Asemade, reforzaríanse as actividades artesanais e de calidade, a comercialización e o consumo local, creando unha Marca para produtos e servizos da Reserva que cumpran determinados requisitos. 10

IV. Ciencia e desenvolvemento de capacidades Fomentar a investigación e o coñecemento sobre os recursos Reserva de Biosfera e o seu aproveitamento sostible. da V. Entorno socioeconómico, emprego e cambio climático. Accións dirixidas a fomentar o emprego e o emprendemento sostible na Reserva, así como a Responsabilidade Social Corporativa como ferramenta de cambio, que implique ó tecido socio-económico do territorio. 11

5. PROGRAMA DE EDUCACIÓN, COMUNICACIÓN E PARTICIPACIÓN PÚBLICA 5.1. INTRODUCIÓN Con este documento preténdese impulsar o compromiso da Reserva de Biosfera coa difusión dos valores que este territorio acolle, así como dispoñer dunha ferramenta na que vertebrar actividades que se realizan no territorio da Reserva, no eido ambiental en sentido amplo. Trátase de que sexa un instrumento de participación pública, no que a poboación local interactúe, e que en definitiva, sirva para dar a coñecer a Reserva de Biosfera. 5.2. OBXECTIVOS DO PROGRAMA 1.- Integrar nun mesmo Documento actividades no eido ambiental que se ofrezan de maneira estable, polas distintas institucións e colectivos do ámbito xeográfico da Reserva. 2.- Difundir os valores da Reserva e fomentar a educación e sensibilización medioambiental nos centros educativos. 3.- Fomentar a colaboración entre axentes, establecendo un programa de actividades conxunto e coordinado. 4.- Animar á participación pública no eido da Reserva de Biosfera e establecer unha nova canle de cooperación, co fin de fomentar sinerxías e lograr un desenvolvemento socioeconómico deste territorio. 12

6. REDE DE EQUIPAMENTOS DA RESERVA DE BIOSFERA Os equipamentos de educación ambiental constitúen unha ferramenta clave para a divulgación dos valores do patrimonio natural e cultural. A Rede de equipamentos de educación ambiental presentes no territorio da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo son: 6.1. AULA DA NATUREZA DE CRENDES (ABEGONDO). Centro interactivo de educación ambiental que conta con diversos paneis interpretativos da fauna e flora do entorno natural do Encoro Abegondo- Cecebre. Ademais organiza rutas de sendeirismo guiadas. Enderezo: Lugar Vilar, 86 Crendes, Abegondo Teléfono: 981 647 909 Correo electrónico: aula.natureza@abegondo.es Horario: Sábados e domingos, de 10 a 13.30 h. Máis información: www.abegondo.es 43º15 51.77 N 8º 16 23.69 O Actividades complementarias: Roteiro pola Zona de Especial Conservación (Z.E.C.) Encoro Abegondo- Cecebre. 13

6.2. CASA DAS ABELLAS. CENTRO DIVULGACIÓN APÍCOLA (ABEGONDO). Centro de visitantes que realiza actividades relacionadas coas abellas, a ecoloxía, o medio ambiente e os produtos das abellas. Realízanse obradoiros para a elaboración de mel e cera, e conta cun parque temático exterior con colmeas de observación. Enderezo: Meangos, Abegondo Teléfono: 630 069 635 Correo electrónico: casadasabellas@gmail.com Horario: Aberto para grupos concertados, Sábados de 11 a 14 h. e de 16 a 19 h. Máis información: www.casadasabellas.com 43º13 21.33 N 8º 15 10.76 O 6.3. AULA DE NATUREZA MUÍÑO VELLO (ARTEIXO). Centro de educación ambiental que realiza actividades con fins pedagóxicos e culturais. O seu muíño, un dos máis grandes da zona, conéctase cun tramo de paseo fluvial dentro do medio rural. Enderezo: Travesía de Arteixo 309- A, Arteixo Teléfono: 981 600 009-981 647 146 Correo electrónico: educacion@arteixo.org Horario: luns a venres, de 10 a 13 h. Máis información: www.arteixo.org 43º17 59.93 N 8º 30 39.32 O 14

6.4. CENTRO INTERPRETACIÓN E RECEPCIÓN DE VISITANTES XACEMENTO ROMANO (CAMBRE). Centro que forma parte da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico. Ofrece unha explicación exhaustiva non só dos restos conservados, tamén da romanización en Galicia, co obxectivo de mostrar unha interpretación das relacións económicas, humanas e sociais da vida na época romana. Enderezo: Praza do Mosteiro, 1 Cambre Teléfono: 981 656 217 Fax: 981 675 969 Correo electrónico: museo@cambre.org Horario: luns a venres, de 11 a 14 h. e 17 a 20 h. Sábados e domingos, de 11 a 14 h. Máis información: http://www.cambre.org 43º17 30.90 N 8º 20 41.91 O 6.5. ECO-MUSEO COSTA DA EGOA (CARRAL). Constituído por catorce muíños de auga e unha central hidroeléctrica, pretende mostrar a beleza do seu entorno natural, moi ben preservado, así como a súa historia. Enderezo: Estrada N-550, Carral Teléfono: 981 672 580-981 613 520 Correoelectrónico: educacion@concellocarral.com Horario: Aberto para grupos concertados. Máis información: www.concellocarral.com 43º11 13.59 N 8º 22 05.84 O 15

Actividades complementarias: conecta coa Ruta de Sendeirismo PR-G 101. Percorrido: 13 km. (3,5 horas) Dificultade: media- baixa. Tipo de trazado: lineal e circular. Punto de inicio/fin: Igrexa de San Estevo de Paleo/Muíño da Costa da Égoa. 6.6. AULA DA NATUREZA DE CHELO (COIRÓS). Equipada cunha interesante exposición permanente sobre o río e a auga, nela pódese aprender todo sobre a fauna e flora da cunca hidrográfica, o funcionamento dos muíños ou os diferentes usos da auga. Enderezo: Chelo, Coirós Teléfono: 981 796 088 Correo electrónico: omix@coiros.es Horario: Ata o 31 de agosto, de martes a venres, de 10 a 13 h. e de 16 a 19 h., sábados e domingos de 10 a 13 h. e de 16 a 20 h. Luns e festivos pechado. Máis información: www.coiros.es 43º16 24.62 N 8º 10 28.06 O Actividades complementarias: Conecta con varias rutas de sendeirismo, coa SM. 19 (Paseo Fluvial dos Caneiros) e coa Ruta SM. 12 (Ruta do Bocelo). Información sobre as rutas en: www.riomandeo.com 16

6.7. AULA DA NATUREZA JUAN LAMBEYE (CULLEREDO). Centro de educación ambiental, que realiza visitas ao Xardín Botánico Ría do Burgo e que leva a cabo actividades medioambientais e culturais. Enderezo: Xardín Botánico do Burgo Avda. Juan Carlos s/n, Culleredo Teléfono: 981 665 597 Horario: luns a venres, de 18 a 21 h., Sábados de 11 a 13.30 h. e de 18 a 21 h. Máis información: www.culleredo.es/ 43º19 10.06 N 8º 22 20.52 O 6.8. MUSEO DOS MUÍÑOS DE MAREA (CULLEREDO). Museo que recolle todos os elementos necesarios para coñecer o mundo dos muíños de marea e o seu labor no medio rural, e introducirse nunha experiencia chea de tradición galega. 43º19 07.27 N Enderezo: Acea da Ama, O Burgo, Culleredo 8º 22 19.25 O Teléfono: 981 665 597 Horario: Aberto para grupos concertados Correo electrónico: servizosmultiples@gmail.com Máis información: www.culleredo.es 17

6.9. CENTRO FORMACIÓN E INTERPRETACIÓN VALORES ETNOGRÁFICOS DO MANDEO (CURTIS). Centro de interpretación situado no medio do bosque, que nos ensina o máis importante e destacado da etnografía que o rodea. Ademais, dende o centro existe unha ruta de sendeirismo de aproximadamente dous km. ata a aldea A Restreva. Enderezo: Acceso ao paseo fluvial, Teixeiro, Curtis. Teléfono: 981 789 589 Horario: De martes a venres, de 10 a 13 h. De 16 a 19 h., sábados e domingos de 10 a 13 h. Luns e festivos pechado. Correo electrónico: centroetnografico.teixeiro@yahoo.es 43º08 14.41 N 8º 02 20.87 O 6.10. AULA DO MAR. CENTRO DE RECEPCIÓN VISITANTES COSTA DEX O- SERANTES (OLEIROS). Antiga Casa do fareiro dedicada á recepción de visitantes que desexen coñecer o Monumento Natural Costa Dexo-Serantes, chea de paisaxes con cantis. Alberga unha exposición interpretativa permanente, distribuída en dúas salas e dous miradoiros, un laboratorio, áreas para a proxección de audiovisuais, ampla terraza e puntos de observación ornitolóxica. 43º22 59.52 N 8º 21 13.24 O 18

Enderezo: Mera, Oleiros. Teléfono: 981 630 618 Horario: Aberto para grupos concertados (máis de 10 persoas). Máis información: www.ceida.org/costadexo/index.php/centro-de-visitantes.html 6.11. CASTELO DE SANTA CRUZ (OLEIROS) Centro de referencia para a educación ambiental en Galicia. Promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido. Enderezo: Castelo de Santa Cruz, s/n. Teléfono: 981 630 618. Horario: Outubro-marzo: De luns a venres, de 9 a 14 h. Sábados de 11 a 14 h. Abril-Setembro: De luns a venres, de 10 a 14 h. e de 17 a 20 h./ Sábados de 11 a 14 h. Correo electrónico: educacion@ceida.org Máis información: www.ceida.org 43º20 54.08 N 8º 21 00.43 O 19

6.12. GRANXA-ESCOLA CASA DO QUEIXO (SOBRADO). Complexo inmerso en plena natureza formado por unha Granxa-Escola, un zoo de animais domésticos, un museo do queixo e unha fábrica de queixos, en definitiva, un espazo natural no que aprender divertíndose e saboreando os manxares autóctonos da gastronomía galega. Enderezo: Casal de Abaixo, 2 Grixalba, Sobrado dos Monxes Teléfonos: 981 195 729, 650 955 265 e 650 955 260 Correo electrónico: info@casadoqueixo.com Horario: Aberto para grupos concertados, Luns a domingo, de 10.30 a 17 h. Máis información: www.casadoqueixo.com 43º05 13.06 N 7º 58 21.25 O 6.13. OBSERVATORIO ORNITOLÓXICO (PADERNE). Lugar que permite a observación de aves na Zona de Especial Conservación Betanzos- Mandeo, dotado de paneis informativos didácticos para os visitantes, e outros de tipo técnico para os expertos. Teléfono: 981 797 001 (Concello). Apertura permanente. Máis información: www.riomandeo.com 43º18 21.99 N 8º 12 36.75 O 20

6.14. OBSERVATORIO ORNITOLÓXICO (BERGONDO). Situado a carón do Pazo de Mariñán, onde se poden contemplar as diferentes aves das marismas. Está dotado de binoculares de campo e paneis informativos didácticos para os visitantes non expertos e de tipo técnico para os expertos. 43º18 52.50 N Teléfono: 981 791 252 (Concello) Apertura permanente Máis información: www.riomandeo.com 8º 12 57.49 O 6.15. PARQUE DO PASATEMPO (BETANZOS) Parque temático que está distribuído en diferentes áreas que contan con numerosos elementos relativos á cultura universal (elementos naturais, elementos ornamentais e arquitectónicos,...). 43º16 39.61 N Enderezo: Rúa Fraga Iribarne, Betanzos. 8º 13 08.90 O Teléfono: 981 773 698 Máis información: www.betanzos.net 21

7. ACTIVIDADES ANUAIS NA RESERVA DE BIOSFERA 7.1. ESPECIE DO ANO DA RESERVA DE BIOSFERA. A Reserva da Biosfera adicará cada ano a unha especie emblemática, endémica ou en perigo de extinción presente no territorio. Trátase de difundir entre a cidadanía os valores da especie en cuestión, as súas ameazas, distribución, así como o seu hábitat. É importante destacar que non só se trata de sensibilizar, senón de que a sociedade participe e se involucre neste tipo de iniciativas ambientais. Desenvolvéranse actividades e seminarios temáticos. (Actividade coordinada co Grupo Naturalista Habitat) Figura 4.- Cartaz sobre a Especie do Ano 2014 na. 22

7.2. PLANTACIÓN DE ÁRBORES NOS 17 CONCELLOS DA RESERVA DE BIOSFERA. Data: 21 de marzo (Día da Árbore). Actividade desenvolvida en colaboración cos concellos integrantes da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Neste evento, farase fincapé na plantación de árbores autóctonas en colaboración con centros escolares do territorio. 7.3. ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DE RESERVA DE BIOSFERA Data: 28 de Maio O día 28 de maio de cada ano realízanse diversas actividades para conmemorar a data en que a Unesco declarou os 17 concellos que forman parte das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo como Reserva de Biosfera. 23

7.4. SEMANA DA CUSTODIA DO TERRITORIO. Data: Última semana de setembro. Organiza: Fundación Fragas do Mandeo e colabora Asociación Mariñas- Betanzos. Semana repleta de actividades xornadas, conferencias, voluntariado ambiental, etc., co obxectivo de sensibilizar á cidadanía e mellorar o medio natural do territorio declarado Reserva de Biosfera. 7.5. MARATÓN ORNITOLÓXICA RESERVA DE BIOSFERA. Data: mes de abril. Organiza: Grupo Naturalista Hábitat e Asociación Mariñas Betanzos. Competición por equipos cun experto ornitólogo á cabeza, na que a cada equipo se lle asigna un concello dos 17 que conforman o territorio declarado Reserva. Algúns dos obxectivos son tratar de que a sociedade coñeza dunha maneira divertida a biodiversidade presente neste espazo natural, así coma o fomento desta área como lugar de investigación, ademais de demostrar a gran riqueza natural deste territorio, confirmándose como un lugar idóneo para o turismo ornitolóxico. Máis información: www.naturalista.blogspot.com / Tlfno. 981 135 014 24

Figura 5.- Cartaz da I Maratón Ornitolóxica na. 7.6. ESCOLA DE NATURALISTAS. Organiza: Grupo Naturalista Hábitat. Actividades teórico- prácticas nas que se ensina a escoitar, ver e identificar os distintos elementos da biodiversidade galega. Organízase unha actividade mensual de formación impartida por un especialista nunha determinada área de coñecemento, con charlas e unha saída de campo. Máis información: www.naturalista.blogspot.com Tlfno. 981 135 014 25

7.7. PROGRAMA DE SEGUIMENTO FENOLÓXICO. Organiza: Red Española de Reservas de Biosfera. Programa de Educación ambiental e recollida de datos fenolóxicos sobre distintos cambios ocorridos nas especies autóctonas máis emblemáticas do territorio en relación co cambio climático a nivel global. O Programa de Seguimento Fenolóxico da Rede Española de Reservas da Biosfera consiste en realizar un seguimento continuado de especies comúns de fauna e flora nas reservas da biosfera, co fin de analizar cambios a longo prazo (adiantos ou retrasos) das datas nas que teñen lugar os diferentes feitos biolóxicos que caracterizan ás especies estudadas: migracións, floracións, reprodución, etc. O obxectivo deste Programa é avaliar, a través de estudos fenolóxicos, os efectos do cambió climático na Rede Española de Reservas da Biosfera, involucrando no seu desenvolvemento aos diferentes sectores da sociedade representados nestes espazos: xestores, profesionais, profesores, escolares, agricultores, gandeiros e público en xeral. Fomentarase a sensibilización da sociedade cara a reserva da biosfera e se fomentará a súa participación en proxectos comúns. Máis información: http://www.magrama.gob.es/es/ceneam/grupos-de-trabajo-y-seminarios/redespanola-reservas-biosfera/fenologia-cambio-climatico-reservas-biosfera.aspx 26

7.8. PRESENTACIÓN EN CENTROS DE ENSINANZA. Coa finalidade de achegar á comunidade escolar as vantaxes que supón formar parte desta Reserva de Biosfera e darlle a oportunidade de tomar parte activa dela, organízanse durante todo o ano, diversas actividades nos centros de ensino do territorio, na procura da implicación tanto do centro educativo como dos rapaces e rapazas, así como das súas familias. Figura 6.- Presentación en Centros de Ensinanza do territorio. 27