Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

Documentos relacionados
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx

Ley 1/2008, de 17 de abril, de creación del Colegio Profesional de Detectives Privados y Privadas de Galicia.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

1/06. Ditame. Lei de creación do colexio prof. ofesional de xoiería, x ourivería, pratería, relor. eloxería ería e xemolox. emoloxía de Galicia

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

Guía de procedementos e servizos

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

INFORME DE LEGALIDADE SOBRE O PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA OFICINA XUDICIAL EN GALICIA

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx CORRECCIÓN de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

Normativa xeral Páxina 1

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

2/16. Lei de creación do Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia D I T A M E. Ditame. sobre o anteproxecto de

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

6.978 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 84 L Mércores, 3 de maio de 2006

Ambos os comparecentes se recoñecen mutuamente plena capacidade para formalizar o presente protocolo de colaboración e, en consecuencia,

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

TÍTULO I. MEDIDAS HORIZONTALES. CAPÍTULO II. SERVICIOS PROFESIONALES.

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Os novos desafíos do DLE

DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia de Galicia (DOG do ).

REGULAMENTO DE COLABORACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS DESTA UNIVERSIDADE EN CURSOS E CONVENIOS DE INVESTIGACIÓN

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de dous mil dezasete

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Praza de Europa, 5 A 4º Polígono de Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Reclamante: Expedientes: RSCTG 0117/2017

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce REUNIDOS

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

Valorarase a puntuación obtida neste exercicio correspondente á última oposición da categoría.

DECRETO 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6322

Orde do 17 de marzo de 2004 pola que se regulan os prezos privados dos productos de difusión do Instituto Galego de Estatística.

Curso Superior de Administración electrónica

Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega

6/06. Ditame. Lei do libro e da lectura. sobre o anteproxecto de. de Galicia APROBADO POLO PLENO O 7 DE XUÑO

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

PROPOSTA DO COMITÉ DE EMPRESA DE PONTEVEDRA DA CARREIRA PROFESIONAL PARA O PAS LABORAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Expediente M5/2017 de modificación del Anexo de Subvenciones del Presupuesto 2017

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

Ordenanzas fiscais Páxina 1

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

N o 177 L Mércores, 13 de setembro de 2006 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

Decreto /, do de, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Arquivos de Galicia.

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA INSTALACION DE QUIOSCOS NA VIA PUBLICA

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

BASES DO III PREMIO UNIVERSITARIO DE COMUNICACIÓN CIENTÍFICA

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Primeira. Base de datos para a constitución dos grupos e, no seu caso, categorías.

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4712

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

DOG Núm. 133 Xoves, 14 de xullo de 2016 Páx

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 035/2018. Correo electrónico:

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

Capítulo X: EDUCACIÓN ESPECIAL ATENCIÓN Á DIVERSIDADE e ORIENTACIÓN EDUCATIVA

AGRUPACIÓN DE AVOGADOS NOVOS

III CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

Transcripción:

Diario Oficial de Galicia luns, 28 de abril de 2008 I. DISPOSICIÓNS XERAIS Número do Dog: 81 Páxina do Dog: 7.433 Data da Disposición: 17 de abril de 2008 Sección: I. DISPOSICIÓNS XERAIS Organismo: PRESIDENCIA Rango: Lei Título: Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia. Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia. Exposición de motivos. A Lei 23/1992, do 30 de xullo, de seguridade privada, que regula o ámbito de actuación e as funcións propias dos detectives privados e privadas, verbo da titulación e dos requisitos necesarios para o exercicio da actividade profesional de detective privado, exixe a habilitación previa do Ministerio de Interior, con carácter de autorización administrativa. A través do Regulamento de seguridade privada, aprobado polo Real decreto 2364/1994, do 9 de decembro (modificado parcialmente polo Real decreto 1123/2001, do 19 de outubro), que desenvolve a devandita lei, establécese o título de graduado universitario en detective privado, como diploma. Pola súa parte, a Orde do 7 de xullo de 1995, do Ministerio de Xustiza e Interior, desenvolve o citado regulamento e establece que, para os efectos de habilitación oficial para o exercicio da profesión de detective privado, o diploma ao que se refire o artigo 54.5.b) do Regulamento de seguridade privada deberá corresponder coa formación contida no punto quinto da devandita orde. En cumprimento da citada orde, a Resolución do 19 de xaneiro de 1996, da Secretaría de Estado de Interior, determina aspectos do persoal de seguridade privada.

A creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia foi solicitada pola Asociación Gallega de Detectives Privados e terá como fins esenciais a ordenación do exercicio da profesión dentro do marco legal respectivo, a súa representación e a defensa e promoción dos intereses profesionais das persoas colexiadas. De acordo co establecido no artigo 150.2 da Constitución española, a Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencias de competencias á Comunidade Autónoma galega, transfire, no marco da lexislación básica do Estado, o desenvolvemento lexislativo e a execución en materia de corporacións de dereito público representativas de intereses económicos e profesionais, co que se complementa así o ámbito competencial determinado no artigo 27.29 do Estatuto de autonomía de Galicia. A transferencia en materia de colexios oficiais ou profesionais fíxose efectiva a través do Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo, e foi asumida polo Decreto 337/1996, do 13 de setembro, da Xunta de Galicia. A Comunidade Autónoma de Galicia ditou, en virtude da devandita competencia, a Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia. De acordo co seu artigo 11 a creación de colexios profesionais, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, farase por lei do Parlamento galego. A actividade profesional de detective privado caracterízase pola importancia crecente da profesión así como pola súa especial relevancia pública, necesitada dunha protección do interese xeral, xa que é unha actividade encamiñada ao servizo da cidadanía que, ademais, está cualificada pola Lei 23/1992, como de colaboración coa seguridade pública. Existe pois un interese público en canto a actividade dos detectives privados e privadas, dentro da seguridade privada, redunda no interese social da cidadanía ao desenvolveren un labor que responde á necesidade de obtención de información da sociedade actual e que incide nos dereitos fundamentais. Coa creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia garantirase que o exercicio da profesión estea axustado ás normas e regras que aseguren tanto a eficacia coma a eventual responsabilidade en tal exercicio, e polo tanto queda así garantida a última finalidade, que é a protección dos dereitos e intereses da cidadanía. De conformidade co establecido no artigo 5.1.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, o expediente de creación do Colexio Oficial de Detectives Privados e Privadas de Galicia someteuse ao preceptivo informe deste órgano consultivo. Por todo o exposto, considérase oportuna e necesaria a creación deste colexio profesional, logo da apreciación por parte do Goberno autonómico do interese público, respecto da actividade profesional dos detectives privados e das detectives privadas na Comunidade Autónoma galega, na cal o seu exercicio

está condicionado á posesión do correspondente título, que acredita a cualificación e habilita legalmente para o seu exercicio. A lei divídese nunha exposición de motivos, en cinco artigos titulados respectivamente: obxecto, ámbito territorial e ámbito persoal, obrigatoriedade da colexiación e do uso do galego nas comunicacións, en dúas disposicións transitorias e nunha disposición derradeira. Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, promulgo en nome de El- Rei a Lei de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia. Artigo 1º.-Obxecto. Créase o Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia como corporación de dereito público. Coa constitución dos seus órganos de goberno, o colexio adquirirá personalidade xurídica de seu e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins. Artigo 2º.-Ámbito territorial. O colexio profesional desenvolverá a súa actividade no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. Artigo 3º.-Ámbito persoal. Poderanse integrar no Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia aquelas persoas que estean en posesión da correspondente habilitación do ministerio competente en materia de interior, consonte o disposto no artigo 10.1º da Lei de seguridade privada e nos artigos 52.3º e 54.5º do Real decreto 2364/1994, do 9 de decembro (modificado parcialmente polo Real decreto 1123/2001, do 19 de outubro), polo que se aproba o Regulamento de seguridade privada, desenvolvido pola Orde do 7 de xullo de 1995 do Ministerio de Xustiza e Interior. Artigo 4º.-Obrigatoriedade da colexiación. Será requisito para exercer a profesión de detective privado no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a incorporación ao Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia, cando o establecemento no que se exerza a devandita profesión radique nesta comunidade autónoma. Artigo 5º.-Do uso do galego nas comunicacións. O colexio procurará e fomentará o uso do galego en todas as súas comunicacións externas e internas, segundo o establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e na regulación da normalización lingüística.

Disposicións transitorias Primeira.-Designación da comisión xestora e aprobación dos estatutos profesionais. A Asociación Gallega de Detectives Privados designará unha comisión xestora, na cal se procurará unha representación equilibrada de mulleres e homes, que, no prazo de seis meses a partir da entrada en vigor desta lei, aprobará uns estatutos provisionais do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia. Nos citados estatutos deberase regular a convocatoria e o funcionamento da asemblea colexial constituínte, da que formarán parte todas as persoas profesionais que, consonte o disposto nesta lei, poidan adquirir a condición de colexiadas. O contido dos estatutos integrará o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, procurando a eliminación das discriminacións por mor de xénero. A convocatoria da asemblea constituínte deberase anunciar, como mínimo, con vinte días de antelación no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior difusión de Galicia. Segunda.-Aprobación definitiva dos estatutos. 1. A asemblea constituínte, no prazo de seis meses desde a aprobación dos estatutos provisionais, elaborará e aprobará os estatutos definitivos do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia, no contido dos cales se integrará o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, procurando a eliminación das discriminacións por mor de xénero, e mais elixirá os membros dos órganos colexiais de goberno, procurando unha composición equilibrada de mulleres e homes. 2. Os devanditos estatutos, logo de seren aprobados, xunto coa acta da asemblea constituínte, remitiránselle á consellaría competente en materia de colexios profesionais para os efectos da súa aprobación definitiva, logo da cualificación da súa legalidade, aprobación que será competencia do Consello da Xunta de Galicia. Publicaranse no Diario Oficial de Galicia o decreto aprobatorio e os correspondentes estatutos. Disposición derradeira Única.-Entrada en vigor. Esta lei entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, dezasete de abril de dous mil oito. Emilio Pérez Touriño

Presidente