Resolución R 3/2015 Asesoramento e mediación hipotecaria dos Concellos de Ponteareas,O Porriño e Vigo

Documentos relacionados
RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-31/2010: Tarxeta de taxista.

RESOLUCIÓN R 4/2013 NEGATIVA Á ACREDITACIÓN COMO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES " En Santiago de Compostela, a 11 de novembro de 2013.

Avda. Gonzalo Torrente Ballester, Santiago de Compostela Tfno.: Fax:

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-35/2010: ROUPA INFANTIL EN OURENSE.

Avda. Gonzalo Torrente Ballester, Santiago de Compostela Tfno.: Fax:

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO EXP. RA 12/2008. TRANSPORTE URBANO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO (Expte. RA-11/2008, TAPICERÍAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA)

Resolución R2/2016 Seguro obrigatorio de responsabilidade civil do mar

ANTECEDENTES DE FEITO

Orixe: Dirección Xeral da División de Recursos Humanos do Sergas.

Resolución R 1/ Produtores audiovisuais independentes

Resolución R 5/2015 Subministración enerxía eléctrica aos centros da Consellería de Traballo e Benestar

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-32/2010: Taller Autorizado.

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

ANTECEDENTES DE FEITO

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 035/2018. Correo electrónico:

DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx

ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN CELEBRADA POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

B o l e t í n M a r z o A P E G a l i c i a

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 041/2018. Correo electrónico:

NOTA INFORMATIVA SOBRE A CAPACIDADE FINANCEIRA DOS MEDIADORES DE SEGUROS

Reclamante: Expedientes: RSCTG 0117/2017

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

Concello de Viveiro RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO (Expte. RA-21/2009, DISTRIBUCIÓN DE GAS BUTANO EN OURENSE).

RESOLUCIÓN DO TRIBUNAL ADMINISTRATIVO DE CONTRATACIÓN PÚBLICA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Normativa xeral Páxina 1

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO ANO 2018 PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS Á INVESTIGACIÓN

DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6322

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 040/2018. Correo electrónico:

Avda. Gonzalo Torrente Ballester, Santiago de Compostela Tfno.: Fax:

- Exclusión da tributación de todas as herdanzas inferiores a

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

6.978 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 84 L Mércores, 3 de maio de 2006

Praza de Europa, 5 A 4º Polígono de Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

INFORME DE LEGALIDADE SOBRE O PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA OFICINA XUDICIAL EN GALICIA

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A SELECCIÓN, TRANSFERENCIA DA CUSTODIA E O ACCESO AOS DOCUMENTOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA FORMULARIO EXERCICIO DEREITOS ARCO

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

RESOLUCIÓN DO TRIBUNAL ADMINISTRATIVO DE CONTRATACIÓN PÚBLICA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de dous mil dezasete

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce REUNIDOS

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

Resolución R 4/2015 Contratación pública de servicios de limpieza

CONVOCATORIA DOS PROGRAMAS DE TECNIFICACIÓN E RENDEMENTO DEPORTIVO NO CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA CURSO 2012/13

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

Protocolo de actuación para a prevención de desafiuzamentos e a atención das persoas afectadas nos concellos de Santiago de Compostela, Ames e Teo

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4500

PROCEDEMENTO P-PRL 17

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.- FOLLAS PARA O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PÁX. 1 SUMARIO:

Guía de procedementos e servizos

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á PROMOCIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE CAMBADOS 2018

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

FACTURACIÓN ELECTRÓNICA OBRIGATORIA ANTE O CONCELLO DE LUGO A PARTIR DO 30 DE XANEIRO DE 2017

Convocatoria do I PREMIO INTERNACIONAL DE INVESTIGACIÓN EN INNOVACIÓN E ECONOMÍA CIRCULAR

b) Normas con arreglo ás que se desenvolve o traballo.

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

MR437A - Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS

Expediente M5/2017 de modificación del Anexo de Subvenciones del Presupuesto 2017

NUM-CONSULTA: V ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO DATA DE SAIDA: 12/05/2014 NORMATIVA:

Expediente RSCTG 0106/2017 Reclamante: P

ORZAMENTO 2018 Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN DO TRIBUNAL ADMINISTRATIVO DE CONTRATACIÓN PÚBLICA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN Expte. RA-19/2009: Hidroeléctrica Rio Couso.

REGULAMENTO DE COLABORACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS DESTA UNIVERSIDADE EN CURSOS E CONVENIOS DE INVESTIGACIÓN

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

Santiago de Compostela,... de... de... REUNIDOS

Santiago de Compostela, tres de febreiro de dous mil dezaseis

MODELO DE CONVENIO DE ADHESIÓN

PROPOSTA DO COMITÉ DE EMPRESA DE PONTEVEDRA DA CARREIRA PROFESIONAL PARA O PAS LABORAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

INFORMACIÓN AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia.

Transcripción:

Resolución R 3/2015 Asesoramento e mediación hipotecaria dos Concellos de Ponteareas,O Porriño e Vigo Pleno: D. Francisco Hernández Rodríguez, presidente D. Fernando Cachafeiro García, vocal En Santiago de Compostela, a 30 de outubro de 2015. O Consello Galego da Competencia (CGC), coa composición arriba expresada e sendo relator D. Fernando Cachafeiro Garcia, ditou a seguinte Resolución nos Expedientes acumulados S 10/2012, S 14/2012 e S 15/2012, iniciados pola Subdirección de Investigación do CGC con ocasión das denuncias interpostas por D. José-Carlos Piñeiro González contra os Concellos de Porriño, Ponteareas e Vigo, na provincia de Pontevedra, por supostas prácticas contrarias á normativa da competencia, prohibidas pola Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia (LDC). ANTECEDENTES DE FEITO 1. Coas datas 4 e 5 de xuño de 2012 tiveron entrada no Consello Galego da competencia, procedentes da Comisión Nacional de la Competencia (hoxe Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, CNMC), tres escritos asinados por D. José-Carlos Piñeiro González contra os Concellos de Porriño, Ponteareas e Vigo, na provincia de Pontevedra, nos que denunciaba supostas prácticas contrarias á normativa da competencia que, a xuízo da CNMC, correspondíanlle ao Consello Galego da Competencia, ao abeiro dos criterios de asignación de casos establecidos na Lei 1/2002, do 21 de febreiro, de coordinación das competencias do estado e das comunidades autónomas en materia de defensa da competencia. 2. En concreto, segundo o apartado 1 dos referidos escritos, substancialmente idénticos, o denunciante manifestaba: Que hemos tenido conocimiento a través de la prensa escrita de que el Alcalde del Ayuntamiento de O Porriño [Ponteareas] [Vigo] en la provincia de Pontevedra, ha constituido una unidad económica en las instalaciones del Ayuntamiento, dirigida a la gestión, asesoramiento, negociación, tramitación y de la intervención en la prestación de servicio en el mercado privado, actividades que ejerce vulnerando los derechos a la libre y leal competencia. 1

3. Recibidos os referidos escritos, a Subdirección de Investigación do CGC iniciou senllas informacións reservadas, asignándolles respectivamente os seguintes números S 10/2012 (Concello de O Porriño), S 14/2012 (Concello de Ponteareas) e S 15/2012 (Concello de Vigo), conforme ao previsto no artigo 49.2 LDC, co obxecto de esclarecer a veracidade dos feitos denunciados e a súa transcendencia xurídica. 4. Completada as respectivas informacións reservadas, con data 25 de xuño de 2015, a Subdirección de Investigación do CGC elevou ao Pleno do CGC tres propostas de non incoar expediente sancionador e de arquivar as actuacións levadas a cabo, conforme ao previsto no artigo 49.3 LDC, ao non apreciar indicios de conduta contraria á LDC. 5. O día 1 de outubro de 2015 o Pleno do Consello Galego da Competencia adoptou o acordo de acumular os tres expedientes incoados pola Subdirección de Investigación. 6. O Pleno de Consello Galego da Competencia deliberou sobre este asunto na súa reunión do 28 de outubro de 2015. FUNDAMENTOS DE DEREITO Primeiro: Competencia 7. Conforme ao artigo 3 da Lei 1/2011, do 28 de febreiro, reguladora do Consello Galego da Competencia, o Consello Galego da Competencia é o órgano competente para a aplicación executiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia, nos procedementos que teñan por obxecto as condutas previstas nos artigos 1º, 2º e 3º da devandita Lei. Segundo: Obxecto da resolución 8. O artigo 49.2 LDC prevé que ante a noticia da posible existencia dunha infracción da lexislación de competencia, a Subdirección de Investigación do CGC poda realizar unha información reservada, co fin de determinar con carácter preliminar se concorren as circunstancias que xustifiquen a incoación dun expediente sancionador, conforme ao procedemento establecido na Lei de Defensa da Competencia. 9. Verificada, no seu caso, a información reservada, o artigo 49.3 LDC prevé que o Pleno, a proposta da Subdirección Xeral de Investigación do CGC, poderá acordar a non incoación dos procedementos derivados da presunta realización das condutas prohibidas polos artigos 1, 2 e 3 LDC e o arquivo das actuacións cando considere que non existen indicios de infracción da lexislación de competencia. 2

Terceiro. Valoración da proposta de arquivo 10. A Subdirección de Investigación do CGC propón o arquivo das actuacións con fundamento nas seguintes consideracións: 1º.- Que ningún dos concellos imputados (O Porriño, Ponteareas e Vigo) participan no mercado da xestión e asesoramento hipotecario. 2º.- Que non se aportou proba ou indicios da existencia dun pacto que incorra nalgunha práctica restritiva do artigo 1 LDC. 3º.- Que non resulta fundada a acusación de infracción do artigo 2 LDC, xa que logo ningún dos tres concellos ostenta posición de dominio sobre o mercado de referencia nin sobre ningún mercado conexo. 4. Tampouco pode falarse de competencia desleal vulneradora do artigo 3 LDC, pois a escasa entidade material e territorial do asunto non permiten entender afectado o interese público nin vulnerada a competencia (RCNC de 11 Mar. 2008, S/0041/2008, Federación de Empresarios Turísticos de Lanzarote (AETUR). 5. Ningún dos tres concellos ten intención de vulnerar a normativa de defensa da competencia, senón de facilitar dende instancias públicas un apoio a particulares afectados polos desafiuzamentos hipotecarios. Debe lembrarse que os desafiuzamentos son, dende hai uns anos, vistos como un problema social, non só individual. 11. O Pleno do Consello Galego da Competencia considera que cómpre o arquivo das actuacións porque as actuacións obxecto do expediente non constitúen unha actividade económica e, por conseguinte, non entran dentro do ámbito de aplicación da Lei de Defensa da Competencia. 12. Segundo se desprende da Exposición de Motivos da Lei de Defensa da Competencia, a Lei ten por obxecto a protección da competencia efectiva entre empresas, uns dos elementos definitorios da economía de mercado, e que disciplina a actuación das empresas e reasigna os recursos produtivos en favor dos operadores e das técnicas más eficientes. Os tres artigos que conteñen as prácticas prohibidas (art. 1 condutas colusorias, art. 2 abuso de posición dominante, e art. 3 falseamento da competencia por actos desleais) aluden reiteradamente ao termo empresa ao definir as infraccións da Lei. Así pois, pódese dicir que a Lei de Defensa da Competencia, protexe unicamente a competencia entre empresas. 13. A Disposición Adicional Cuarta define o concepto de empresa nos seguintes termos: a efectos do previsto nesta Lei, enténdese por empresa calquera persoa ou entidade que exerza unha actividade económica, con independencia do estatuto xurídico de devandita entidade e do seu modo de financiamento. Así pois o feito de realizar unha actividade económica é o trazo definitorio da empresa para o Dereito de defensa da competencia. 3

14. No presente asunto, os Consello denunciados puxeron en marcha Oficinas de Información, Asesoramento e Intermediación (OFIMEH) para mediar entre os donos de inmobles con problemas de pagamento e as entidades financieinas acredoras, co fin de evitar que se chegue ao desafiuzamento de familias en situación económica precaria. En concreto, as OFIMEH pretenden asesorar as persoas con problemas económicos para buscar solucións aos impagos das cotas hipotecarias; facilitar a comunicación entre estas persoas e as entidades financeiras acredoras; e intentar mediar entre as partes para chegar a unha solución que evite a presentación de unha demanda de execución hipotecaria ou, unha vez presentada esta, colaborar co mesmo obxecto de intentar chegar a unha transacción o longo do procedemento xudicial. 15. Ao fin de prestar un mellor servizo as persoas en dificultades, os Consellos denunciados subscribiron un convenio cos Colexios de Avogados de Pontevedra e de Vigo para que algúns días á semana letrados destes colexios atenderan o público nas OFIMEH. A asistencia limítase a mediación e non alcanza a defensa procesual, e dicir, a o personamento en procesos xudiciais. Asemade, a asistencia só alcanza a persoas que estean situados no umbral de exclusión social, nos termos do Real Decreto Lei 6/2012, de 9 de marzo, ou poidan chegar a estalo, así como quen potencialmente sexan o poidan ser beneficiarios de xustiza gratuíta. Excepcionalmente, tamén poden ser beneficiarios todas aquelas persoas (...) cuxas circunstancias persoais e económicas sexan merecedoras de ser atendidas pola súa especial situación de necesidade. Cómpre sinalar, en último lugar, que os letrados adscritos o servizo teñen expresamente prohibido atender de forma privada a defensa dos intereses dos usuarios. 16. A participación dos Concellos se limita a adscribir un ou varios funcionarios ou traballadores municipais as OFIMEH para as xestións administrativas, como a recepción de usuarios e a organización das citas, e a colaborar a sufragar os gastos dos letrados participantes. No caso do Consello de Porriño, por exemplo, este destinou un funcionario a oficina e aportou 1.800 euros anuais a compensar aos letrados. 17. A vista dos feitos que acabamos de relatar, o Pleno do Consello Galego da Competencia considera que os Concellos denunciados non realizaron unha actividade económica no mercado. As actuacións denunciadas pretenden ofrecer solucións a un problema de gran relevo social como son o aumento do número de desafiuzamento de persoas en dificultades económicas como consecuencia da crise económica e financeira. Neste senso, pensamos que os concellos están a desempeñar unha función pública, no exercicio das competencias que lles atribúe o art.26.1 c) da Lei de bases de Réxime Local (art.26.1 c) o cal impide consideralos operadores económicos aos efectos de lles aplicar a Lei de Defensa da Competencia. 4

En consecuencia, o Consello Galego da Competencia coa composición recollida ao principio, vistos os preceptos citados e os demais de xeral aplicación, RESOLVEU PRIMEIRO.- Non incoar expediente sancionador e, conseguintemente, arquivar as actuacións co número de expediente R 3/2015 iniciados pola Subdirección de Investigación do CGC con ocasión das denuncias interpostas por D. José-Carlos Piñeiro González contra os Concellos de Porriño, Ponteareas e Vigo por supostas prácticas prohibidas pola Lei de defensa da competencia. Comuníquese esta Resolución á Subdirección de Investigación do Consello Galego da Competencia e notifíquese aos interesados, facéndolles saber que contra a mesma non cabe recurso algún en vía administrativa, podendo interpoñer recurso contencioso-administrativo no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde a súa notificación. 5