PLAN DE AUTOCONTROL SANITARIO DOS ALBERGUES AO LONGO DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO XACOBEO 2010

Documentos relacionados
MANTEMENTO SEGURO NAS PEMES: Recompilación de fichas técnicas das revisións periódicas

HIPOCLORITO SODICO: CRITERIOS DE CONTROL SANITARIO

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

PROCEDEMENTO P-PRL 17

Estrada vella de Madrid 160. Tel: Fax:

SOLICITUDE DE ALTA DE ZONA DE ABASTECEMENTO (ZA)

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

INFORME SOBRE O EPISODIO DE SECA

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECIMIENTO.

Anexo: Riscos sanitarios Área das piscinas e a súa prevención

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Os código do órgano responsable é o da Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social:

PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN N E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA. Santiago de Compostela, 31 de xaneirode 2014

INSTRUCIÓN DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS. DESINFECCIÓN, DESINSECTACIÓN E DESRATIZACIÓN Edición: 2 Data: 25/06/08 ÍNDICE. 1.

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia.

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

RESUMO EXECUTIVO IG166 AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE XESTORES DE INTERNACIONALIZACIÓN (2012)

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

Catálogo de servizos ÍNDICE DE CONTIDOS

INSTRUCIÓNS COMPLEMENTARIAS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN DO PLAN CONCERTADO 2010

Curso Traballo Social e Demencias

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS SISTEMA DE XESTIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL OHSAS 18001

Bases do concurso. Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO:

MEMORIA DESCRITIVA DAS INSTALACIÓNS E DAS ACTIVIDADES

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

A Coruña 26/09/2017. POS Adicional por maior achega provincial ( )

XORNADAS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

coñecer a tuberculose

Programa de vixilancia sanitaria de augas de consumo humano da comunidade autónoma de Galicia

NOTA INFORMATIVA SOBRE A CAPACIDADE FINANCEIRA DOS MEDIADORES DE SEGUROS

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

Primeira. Base de datos para a constitución dos grupos e, no seu caso, categorías.

1. LICENZA PARA ASUNTOS PROPIOS 3. LICENZA EXTRAORDINARIA POR NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIO/A EN PRÁCTICAS 4. LICENZA PARA FORMACIÓN E PERFECCIONAMENTO

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

Gases fluorados: certificacións persoais

Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional

Exemplar para a Administración EUROS I. Modelo

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE INTERCENTROS XUNTA DE GALICIA DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

CONVOCATORIA DE PROXECTOS DE PROGRAMAS DE RADIO OUTUBRO-DECEMBRO DE 2017 DE AMES RADIO

Criterios sanitarios da calidade das augas de consumo humano Beatriz Mora Bermúdez

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

Ordenanzas fiscais Páxina 1

CONVOCATORIA DOS V PREMIOS BIOGA

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

GUÍA PARA A PLANIFICACIÓN E REALIZACIÓN DAS ENQUISAS DE AVALIACIÓN DOCENTE DO PROFESORADO DA UNIVERSIDADE DE VIGO

N o 177 L Mércores, 13 de setembro de 2006 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

MAPA DE RECURSOS: Oficinas de Emprego, Puntos de Información Multimedia e Entidades Colaboradoras en Captación de Ofertas

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO EXP. RA 12/2008. TRANSPORTE URBANO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Normas de convivencia no centro

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

TORNEO DE NADAL CONCELLO DE VIGO 2016

A Responsabilidade Social Empresarial nas Empresas TIC de Galicia. Edición 2016

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Informe climatolóxico ano 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO ANO 2008

AUTORIZACIÓN DE ACCESO A É-SAÚDE A TERCEIRAS PERSOAS (Acceso delegado)

CÓDIGO DE CONDUTA SUBMINISTRADORES

Circular: 10/2004 Data: /4/ 2004

NORMAS XERAIS E CONVOCATORIA... 2 PROGRAMA I ASOCIACIÓNS DE COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS... 4

H CONSELLERíA DE SANIDADE

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

VIVENDAS DE USO TURÍSTICO. Abril 2016

ACORDAN Capítulo I Réxime de prestación de servizos

Ed.01 16/07/2015 Páx. 1 de 8 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

A. Obxecto. B. Alcance. Sinatura. Elaborado por. Revisado por. Aprobado por. Servizo de Prevención de Riscos Laborais

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

AUTONOMÍA PARA A VIDA MEDIDAS ALTERNATIVAS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A incapacidade temporal do persoal docente do ensino público.

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce REUNIDOS

Bases das axudas á promoción internacional de música: xiras e actuacións 2ª Convocatoria 2017

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE. EETs

Este proxecto técnico foi aprobado no Pleno do Consello Galego de Estatística do día 21 de decembro de 2012

DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5494

Bases do concurso. Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO:

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-35/2010: ROUPA INFANTIL EN OURENSE.

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

DOCUMENTO BÁSICO DE XESTIÓN INTRACENTRO DE RESIDUOS SANITARIOS

REGULAMENTO BAREMO DE ACTIVIDADES

IV CERTAME DE RELATO CURTO

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 041/2018. Correo electrónico:

Fundación Refuxio de Animais

Transcripción:

PLAN DE AUTOCONTROL SANITARIO DOS ALBERGUES AO LONGO DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO XACOBEO 2010 INTRODUCIÓN Estudos feitos por esta Consellería de Sanidade sobre a incidencia da gastroenterite aguda (GEA) en peregrinos do Camiño de Santiago mostran unha asociación entre o consumo de auga non embotellada e a posibilidade de sufrir unha GEA. Así mesmo, nos últimos anos está a constatarse un aumento da picaduras de insectos (chinches e pulgas) declaradas en establecementos e albergues do camiño. XUSTIFICACIÓN DAS ACTUACIÓNS O camiño de Santiago é unha importante ruta turística, cultural e relixiosa frecuentada por unhas 40.000 persoas, aínda que para o 2010 espérase que esta afluencia sexa maior. Debido á grande cantidade de persoas expostas aos riscos para a saúde asociados a esta actividade, faise necesario establecer sistemas de vixilancia e control eficaces para a prevención de enfermidades. ACTUACIÓNS QUE DEBERÁN DESENVOLVER OS TITULARES DOS ALBERGUES 1. Actuacións en relación co Programa de vixilancia de augas de consumo humano Consideracións previas Segundo o Real decreto 140/2003, os titulares destes establecementos deberán poñer á disposición dos seus usuarios auga apta para o consumo humano, e serán os municipios os que velarán en todo momento polo cumprimento das obrigas dos titulares dos establecementos que desenvolvan actividades comerciais ou públicas. A administración sanitaria galega vixiará e supervisará as actuacións dos xestores dos abastecementos, de acordo co Programa de vixilancia sanitaria de augas de consumo humano. Segundo esta normativa, todos os albergues deberán contar cun sistema de abastecemento de auga de consumo humano que garanta que a auga sexa apta para o consumo, polo que a auga destinada ao consumo humano deberá conter un desinfectante residual (cloro). Accións que levarán a cabo os titulares dos albergues En relación co abastecemento de auga de consumo humano, as accións son as que a continuación se indican, e resúmense no esquema que se achega no anexo I: Albergues con abastecementos propios: Deberán contar coa seguinte información: Un esquema da instalación, no que se indique o sistema de potabilización (depósito, clorador automático etc.) e as substancias empregadas no tratamento da auga. Páxina 1 de 5

Rexistros de incidencias e medidas correctoras no caso de que algún parámetro estea fóra dos límites establecidos na normativa de aplicación. Rexistros do control de desinfectante residual como mínimo quincenal, excepto entre os meses de abril a setembro que será semanal. Analíticas na rede de distribución: Analítica inicial: os parámetros que se van controlar son os dunha análise completa, cuxa frecuencia mínima será dunha analítica cada cinco anos que se comezará a contar dende o ano 2010 (e sempre que existan modificacións na rede do albergue). Analíticas de control: imos diferenciar os abastecementos dos albergues segundo a auga distribuída (se non hai contador para calcular o volume distribuído considerarase o número de prazas e multiplicarase por 100 L): o Ata 5 m 3 /día Parámetros que se van controlar: os da analítica de control de billa de consumidor [olor, sabor, color, turbidez, condutividade, ph, amonio, Escherichia coli, bacterias coliformes, e o/s parámetro/s que se sospeite que está/n presente/s na instalación interior (cobre, cromo, níquel, ferro ou chumbo)]. o Máis de 5 m 3 /día Frecuencia: entre abril e setembro, ambos os dous incluídos, unha analítica cada dous meses, e nos períodos de xaneiro a marzo e de outubro a decembro, polo menos unha analítica para cada período (NOTA: no período de xaneiro a marzo a analítica de control pode ser substituída pola analítica inicial). Parámetros que se van controlar: os da analítica de control de billa de consumidor [olor, sabor, color, turbidez, condutividade, ph, amonio, Escherichia coli, bacterias coliformes, e o/s parámetro/s que se sospeite que está/n presente/s na instalación interior (cobre, cromo, níquel, ferro, ou chumbo)]. Frecuencia: entre abril e setembro, ambos os dous incluídos, unha analítica mensual, e nos períodos de xaneiro a marzo e de outubro a decembro, polo menos unha analítica para cada período (NOTA: no período de xaneiro a marzo a analítica de control pode ser substituída pola analítica inicial). Albergues conectados a rede de abastecemento de auga de consumo público controlado. En todos os casos deberán dispoñer de rexistros do control de desinfectante residual como mínimo quincenal, excepto entre os meses de abril a setembro que será semanal. Páxina 2 de 5

Se existe depósito de almacenamento de auga no albergue, ademais: Esquema da instalación, no que se indique, no caso de ser necesario, o empregadas no tratamento de auga. Rexistros de incidencias e medidas correctoras no caso de que algún parámetro estea fóra dos límites establecidos na normativa de aplicación. Analíticas de control dentro da instalación: o Parámetros que se van controlar serán os indicados para as análises de control de billa de consumidor na rede de distribución que indica o Real decreto 140/2003 de 7 de febreiro [olor, sabor, color, turbidez, condutividade, ph, amonio, Escherichia coli, bacterias coliformes, e o/s parámetro/s que se sospeite que está/n presente/s na instalación interior (cobre, cromo, níquel, ferro, ou chumbo]. o Frecuencia: unha analítica ao cuadrimestre. 2. Actuacións en relación co Programa de prevención e control da lexionelose Consideracións previas A lexionelose é unha enfermidade infecciosa, que na súa forma máis grave preséntase como unha pneumonía. A dita enfermidade é transmitida pola bacteria Legionella, que vive e prolifera en sistemas de auga quente (normalmente á temperatura corporal), e pode chegar aos pulmóns por medio dos aerosois que se xeran nos puntos finais destes sistemas (duchas, entre outros). Que o patóxeno produza á enfermidade despois, depende do estado inmune e doutros factores que predispoñen a esas persoas. Nos albergues dos camiños, considéranse como instalacións de risco de propagar esta bacteria, os sistemas de auga quente sanitaria con duchas para os peregrinos. A probabilidade de ser fontes de infección dos ditos sistemas dependerá, entre outros, da calidade da auga que se utiliza, das características da instalación (número de duchas, de se existe depósito ou non...), do mantemento e do estado hixiénico e limpeza das instalacións. Por iso, este ano Xacobeo, dende a Consellería de Sanidade, vaise a realizar unha comprobación do estado hixiénico sanitario destas instalacións de risco, en todos os albergues de todos os camiños de Santiago, mediante visitas de inspección. Accións que levarán a cabo os titulares dos albergues Os titulares das instalacións de risco deben cumprir as condicións expresadas no Real decreto 865/2003, de 4 de xullo, e no Decreto 9/2001, de 15 de xaneiro, en relación coas operacións de mantemento hixiénico sanitario das súas instalacións. Páxina 3 de 5

Como guías de actuación para realizar estas tarefas poden ser de utilidade as guías técnicas para a prevención e control da lexionelose nas instalacións, realizadas polo Ministerio de Sanidade e Política Social e colgadas na súa páxina web: www.msc.es. Así mesmo, os titulares deben notificarlle á Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación a existencia das súas instalacións, e cubrir e remitir o anexo I do Decreto 9/2001, de 15 de xaneiro. 3. Actuacións nos albergues en relación co control de pragas A normativa sobre albergues non establece expresamente a obrigatoriedade de que estes establecementos teñan instaurado un programa de control de pragas por unha empresa autorizada. Non obstante, as actuacións da Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación dentro do Xacobeo 2010 neste eido van ser, en primeiro lugar, de tipo informativas e centraranse na existencia dun Plan integral de control de pragas no establecemento, e dunha maneira especial encamiñado contra a presenza de chinches. Realizarase unha primeira visita coincidindo coa realizada no marco das actuacións en relación cos Programas de vixilancia de augas de consumo humano e de prevención e control da lexionelose, e deixarase constancia das posibles deficiencias detectadas, tanto nas instalacións como en relación co Plan de control de pragas que posúan, pola empresa contratada para a realización dos tratamentos. Así mesmo, informaráselle ao titular do albergue das ditas deficiencias e daráselle recomendacións para a súa posible solución. Páxina 4 de 5

O albergue está conectado a unha rede de abastecemento municipal controlada? ANEXO I. ESQUEMA DE AUTOCONTROL DOS ALBERGUES AO LONGO DOS CAMIÑOS XACOBEO 2010 Ten depósito de almacenamento de auga? Auga distribuída 5 m 3 /día ou menos de 50 prazas? Esquema da instalación, no que se indique, no caso de ser necesario, o Rexistros de control cloro: Esquema da instalación, no que se indique o Esquema da instalación, no que se indique o Rexistro de incidencias e medidas correctoras, se é o caso. Rexistro de incidencias e medidas correctoras, se é o caso. Rexistro de incidencias e medidas correctoras, se é o caso. Parámetros*. Frecuencia: 1 ao cuadrimestre. *Parámetros da analítica de control na billa no consumidor: os indicados segundo o Real decreto 140/2003 do 7 de febreiro [olor, sabor, color, turbidez, condutividade, ph, amonio, Escherichia coli e bacterias coliformes e o/s parámetro/s que se sospeite que está/n presente/s na instalación interior (cobre, cromo, níquel, ferro, ou chumbo)]. ** Parámetros da analítica completa segundo o Real decreto 140/2003 do 7 de febreiro. o Analítica inicial. Parámetros**. Frecuencia: 1 cada 5 anos. (A periodicidade comeza no ano 2010). Parámetros*. Frecuencia: Abril-setembro: 1 cada 2 meses. Restantes meses: 1 ao trimestre. o Analítica inicial. Parámetros**. Frecuencia: 1 cada 5 anos. (A periodicidade comeza no ano 2010). Parámetros* Frecuencia: Abril-setembro: mensual. Restantes meses: 1 ao trimestre. Páxina 5 de 5