DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9198

Documentos relacionados
por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

I. Principado de Asturias

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.- FOLLAS PARA O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PÁX. 1 SUMARIO:

I. Principado de Asturias

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Praza de Europa, 5 A 4º Polígono de Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

I. Principado de Asturias

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2011 Páx CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

Concello de Viveiro RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

Guía de procedementos e servizos

DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6322

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2017/2018 ED. INFANTIL ED. PRIMARIA E.S.O.

en Profesorado de Educación Secundaria, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas ou equivalente.

MR437A - Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx

DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1349

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

1. LICENZA PARA ASUNTOS PROPIOS 3. LICENZA EXTRAORDINARIA POR NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIO/A EN PRÁCTICAS 4. LICENZA PARA FORMACIÓN E PERFECCIONAMENTO

DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx CORRECCIÓN de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Orixe: Dirección Xeral da División de Recursos Humanos do Sergas.

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

Emprego público. Artigo x. Modificación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

PE627A - Autorización de venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeria venda en lonxa.

EDITA: Xunta de Galicia Consellería de Política Social Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 035/2018. Correo electrónico:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

COMUNIDAD AUTÓNOMA DE GALICIA

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387

NEWS. 17 ao 21 de outubro FUNCIONARIOS ESTADO DOS PROCESOS SELECTIVOS - 1 -

DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx

ACORDAN Capítulo I Réxime de prestación de servizos

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4712

Consellería de Facenda

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

I N S T R U C C I Ó N S A.- PRAZOS DE CESAMENTO DO PERSOAL ADXUDICATARIO :

DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Reclamante: Expedientes: RSCTG 0117/2017

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Asdo.: Lourdes Buxaderas Juega

DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

INICIO DE ESTUDOS ESTUDOS CONVOCATORIA DATAS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

NORMA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS ÍNDICE ACTUACIÓN EN CASO DE ACCIDENTE

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO EXP. RA 12/2008. TRANSPORTE URBANO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

CRITERIOS DE XESTIÓN DE LISTAS DE AGARDA E DE PROVISIÓN DE POSTOS

BASES DO III PREMIO UNIVERSITARIO DE COMUNICACIÓN CIENTÍFICA

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4500

ANÁLISE DAS CARGAS DE TRABALLO: ESTUDO PILOTO

DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5494

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce REUNIDOS

PLAN DE PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DOS FACULTATIVOS ESPECIALISTAS DOS HOSPITAIS DO SERGAS

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

Instrucións e procedemento para racionalizar os horarios dos estudos do Grao en Dereito

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas

Transcripción:

DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9198 IV. Oposicións e concursos Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado mediante a Resolución do 19 de xuño de 2017. Visto o expediente instruído como consecuencia do concurso de traslados convocado mediante a Resolución do 19 de xuño de 2017 e a Orde JUS/646/2017 (Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial del Estado do 7 de xullo) para cubrir prazas vacantes dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, esta dirección xeral, de conformidade co disposto no título VIII da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, en virtude da redacción dada ao referido título pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, de modificación daquela, así como consonte o disposto no artigo 43 e seguintes do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, e na disposición derrogatoria única do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o dito regulamento, DISPÓN: Primeiro. Facer públicos, en anexo, os destinos que con carácter definitivo foron adxudicados aos funcionarios que participaron no concurso de traslados convocado mediante a resolución coa data mencionada anteriormente, que se corresponden cos relacionados no anexo I da resolución de convocatoria e as súas correspondentes resultas. Segundo. Excluír do concurso de traslados os funcionarios que se relacionan na web do Ministerio de Xustiza (www.mjusticia.gob.es). Terceiro. Declarar caducadas as instancias presentadas polos participantes no presente concurso que non obtiveron destino, polo que non serán tidas en conta en futuros concursos de traslados.

DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9199 Cuarto. Declarar desertas as prazas non adxudicadas no presente concurso, que serán cubertas por funcionarios de novo ingreso, salvo que por necesidades do servizo se pretendan amortizar. As ditas prazas poderanse anunciar novamente como vacantes en concurso ordinario en caso de que non se convoquen oposicións ou de que a oferta pública de emprego que corresponda non faga necesario o anuncio de todas as desertas existentes. Quinto. Para os funcionarios que estean en activo, en servizos especiais ou en excedencia voluntaria polo coidado de familiares e non reingresen en ningún dos corpos ou escalas a que se refire o presente concurso, sen que se inclúan neste punto os funcionarios que estean reingresados como provisionais, o cesamento deberase efectuar nas datas que a continuación se indican: para tramitación procesual e administrativa, o 12 de febreiro de 2018, luns; para xestión procesual e administrativa e auxilio xudicial, o 16 de febreiro de 2018, venres. Sexto. A toma de posesión do novo destino obtido por concurso producirase, para os funcionarios indicados no punto anterior, nos tres días hábiles seguintes ao do cesamento se non hai cambio de localidade do funcionario, nos oito días hábiles seguintes se implica cambio de localidade dentro da Comunidade Autónoma e nos vinte días hábiles seguintes se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, da Comunidade Autónoma de Illes Balears, da cidade de Ceuta e da cidade de Melilla, en que se producirá nun mes desde o cesamento, tanto se o posto de traballo nas illas ou nas cidades é o de orixe como se é o de destino. O prazo posesorio será retribuído pola Administración competente respecto á praza obtida en concurso. Sétimo. Se a resolución comporta reingreso ao servizo activo á Administración de xustiza nos corpos ou escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa ou de auxilio xudicial, procedente desde as situacións administrativas de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público, de excedencia voluntaria por interese particular, de excedencia voluntaria por agrupación familiar ou de suspensión de funcións, incluíndose neste punto os funcionarios que estean adscritos como provisionais, o prazo posesorio será de vinte días hábiles e deberase computar desde o día da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Este prazo posesorio non será retribuído. No caso de que os funcionarios reingresados por medio do presente concurso estean adscritos como provisionais no corpo onde reingresan ou en activo noutro corpo ou escala

DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9200 da Administración de xustiza e non queiran que se interrompa a súa relación de servizo coa Administración, bastará con que dentro do prazo posesorio de vinte días hábiles tomen posesión no novo corpo ou escala, téndoos por cesados no seu antigo destino coa data inmediatamente anterior á da súa posesión na nova praza de reingreso. Para o efecto, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderán solicitar á xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Servizo de Xustiza), ou ben á xerencia territorial de Xustiza do seu actual destino, un permiso retribuído de dous días hábiles se hai cambio de localidade, bardante naqueles casos en que teñan que se desprazar a Canarias, ás Illas Baleares ou a Ceuta e Melilla, en cuxo suposto o permiso poderá ser de ata tres días hábiles, que se deberán gozar, en calquera caso, dentro do prazo posesorio. A toma de posesión no novo destino efectuarase durante os días de permiso indicados. A comunidade autónoma competente, ou a xerencia territorial que corresponda, concederalles a excedencia de oficio no corpo ou escala de procedencia se esta se produce nun corpo ou escala ao servizo da Administración de xustiza, en cuxo destino se terán por cesados coa data anterior á da súa posesión nos corpos ou escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa ou de auxilio xudicial, co obxecto de evitar a interrupción na percepción dos seus haberes. Os funcionarios interinos que actualmente ocupen as prazas que foron adxudicadas cesarán como consecuencia da posesión dos titulares. Para a formalización dos documentos de cesamento e/ou toma de posesión, os funcionarios deberanse presentar nas sedes das xefaturas territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nos seguintes enderezos segundo a provincia onde estea radicado o órgano xudicial en que cesen ou en que obtiveron a praza adxudicada: Xefatura Territorial da Coruña, Praza de Luís Seoane, s/n, Edificio Administrativo Monelos, 15008 A Coruña.

DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9201 Delegación Territorial de Vigo, Rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar, 36201 Vigo (Pontevedra). Xefatura Territorial de Lugo, Rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo. Xefatura Territorial de Ourense, Paseo da Habana, nº 79, 32004 Ourense. Oitavo. Para o suposto de que un funcionario reingresado dos indicados no punto sétimo tome posesión antes dos días 12 ou 16 de febreiro nun órgano xudicial en que estea destinado un funcionario en activo, en servizos especiais ou en excedencia por coidado de familiares, ou un funcionario adscrito provisional que se deba trasladar ao ter obtido un posto de traballo no concurso, non se seguirá a orde de cesamento establecida no punto quinto, senón que se deberá actuar da seguinte forma: a) O funcionario reingresado tomará posesión. b) O funcionario en activo, en servizos especiais, en excedencia por coidado de familiares ou en adscrición provisional cesará o mesmo día da toma de posesión do reingresado, empezando entón a contarlle ao primeiro o prazo posesorio indicado no punto sexto. c) Se o funcionario cesado na alínea b) toma posesión nun órgano xudicial ocupado por outro que aínda non cesou, actuarase de igual modo ca nas alíneas a) e b), e así sucesivamente.

DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9202 Cando tome posesión un funcionario en activo, en servizos especiais ou en excedencia voluntaria por coidado de familiares e non cesase aínda un funcionario que deba reingresar ou que estea adscrito provisional, deberase actuar do seguinte xeito: d) O funcionario en activo, en servizos especiais ou en excedencia por coidado de familiares tomará posesión. e) O funcionario que deba reingresar ou que estea en adscrición provisional cesará o mesmo día da toma de posesión do funcionario en activo, en servizos especiais ou en excedencia por coidado de familiares, empezando entón a contarlle ao primero o prazo posesorio indicado no punto sétimo. f) Se o funcionario cesado na alínea e) toma posesión nun órgano xudicial ocupado por outro que aínda non cesou, actuarase de igual modo ca nas alíneas d) e e), e así sucesivamente. Noveno. Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Dirección Xeral de Xustiza, no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados competentes do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, segundo o disposto no artigo 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; ambos os prazos se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado. Nota aclaratoria: advírtese que o anexo, que contén os destinos que con carácter definitivo lles foron adxudicados aos funcionarios que participaron no concurso de traslados, figura na publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2018 Juan José Martín Álvarez Director xeral de Xustiza