DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx

Documentos relacionados
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx CORRECCIÓN de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

Guía de procedementos e servizos

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

Gases fluorados: certificacións persoais

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4712

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

MR437A - Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx

N o 177 L Mércores, 13 de setembro de 2006 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

SOLICITUDES BOLSAS DE AXUDA DE COMEDOR CURSO ESCOLAR

PE627A - Autorización de venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeria venda en lonxa.

COMUNICACIÓN DE MODIFICACIÓN DE DATOS REXISTRAIS INSTRUCCIÓNS

DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1349

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2011 Páx

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Edificio Administrativo de San Caetano,s/n SANTIAGO DE COMPOSTELA

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

DOG Núm. 131 Venres, 8 de xullo de 2011 Páx

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

NORMAS XERAIS E CONVOCATORIA... 2 PROGRAMA I ASOCIACIÓNS DE COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS... 4

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA INSTALACION DE QUIOSCOS NA VIA PUBLICA

DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387

DIRECCIÓN PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide coa anterior) TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1508

DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLVO: Artigo 1. Obxecto

DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5494

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS. Nº 157 Xoves, 14 de agosto de 2008 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

ANEXO II PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME /RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

O Real decreto 662/1997, do 12 de maio, polo que se establecen os requisitos mínimos para exerce-la

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA A ACTUACIÓN DE AXENCIAS DE COLOCACIÓN

Decreto 405/2001, do 29 de novembro, polo que se regula o Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia.

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

1. LICENZA PARA ASUNTOS PROPIOS 3. LICENZA EXTRAORDINARIA POR NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIO/A EN PRÁCTICAS 4. LICENZA PARA FORMACIÓN E PERFECCIONAMENTO

DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7159

INFORMACIÓN AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS

ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2017/2018 ED. INFANTIL ED. PRIMARIA E.S.O.

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

DOG Núm. 189 Xoves, 3 de outubro de 2013 Páx

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO VI ANEXO Á SOLICITUDE DE PRODUCIÓN ECOLÓXICA PARA A ACTIVIDADE: MANIPULACIÓN E/OU TRANSFORMACIÓN DE PRODUTOS

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN DESTINADA AO FOMENTO DO DEPORTE FEDERADO. ANO 2017

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA FORMULARIO EXERCICIO DEREITOS ARCO

Asdo.: Lourdes Buxaderas Juega

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2587

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx

VIVENDAS DE USO TURÍSTICO. Abril 2016

Consellería de Traballo e Benestar

B o l e t í n M a r z o A P E G a l i c i a

DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx

DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx

6.978 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 84 L Mércores, 3 de maio de 2006

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Nº 127 Mércores, 1 de xullo de 2009 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Estrada vella de Madrid 160. Tel: Fax:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

AXENCIA PARA A CALIDADE DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Transcripción:

DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46250 I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE ORDE do 20 de novembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 26 de maio de 2008 pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas e se establecen as bases para a inscrición neste e o seu funcionamento na Comunidade Autónoma de Galicia. A Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior, impón determinadas limitacións aos procedementos administrativos reguladores das autorizacións outorgadas pola Administración, e promove a simplificación dos ditos procedementos, aínda que no caso da orde que agora se modifica, por tratarse dun rexistro sanitario, se manten o réxime de solicitude de inscrición. Así mesmo, coa entrada en vigor do Real decreto 830/2010, do 25 de xuño, polo que se establece a normativa reguladora da capacitación para realizar tratamentos con biocidas, é necesario adaptar a Orde do 26 de maio de 2008 pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas e se establecen as bases para a inscrición neste e o seu funcionamento na Comunidade Autónoma de Galicia, aos novos requirimentos respecto dos criterios que permitan garantir uns niveis mínimos de capacitación ás persoas que desenvolvan actividades laborais relacionadas coa aplicación dos produtos biocidas. A Orde do 26 de maio de 2008 que agora se modifica, desenvolve as previsións do artigo 25.1 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, relativo á necesidade de determinación regulamentaria dos supostos de exixencia de autorización sanitaria e de sometemento a inscrición de determinadas empresas ou produtos; do Real decreto 1054/2002, do 11 de outubro, que regula o proceso de avaliación para o rexistro, autorización e comercialización de biocidas, e da Orde SCO/3269/2006, do 13 de outubro, sobre bases para a inscrición e o funcionamento do Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas. Posteriormente, o Real decreto 830/2010, do 25 de xuño, que estableceu a normativa reguladora da capacitación para realizar tratamentos biocidas, supuxo unha modificación respecto da regulación contida no Real decreto 1054/2002 antes citado, especialmente no seu artigo 29, e na Orde SCO/3269/2006, do 13 de outubro.

DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46251 O obxectivo e finalidade esenciais da presente orde é acomodar as previsións da Orde do 26 de maio de 2008 ás modificacións introducidas polo Real decreto 830/2010, do 25 de xuño, que vimos de citar. Na Orde do 26 de maio de 2008 modifícase o artigo 6 fixando o tipo de formación específica que deberá ter tanto o responsable técnico da empresa coma o persoal que realice operacións de aplicación de biocidas. Tamén se modifica o artigo 7 da citada orde, adaptando a documentación que deberá acompañarse á solicitude de inscrición no rexistro ao establecido polo Real decreto 830/2010. Por outra banda, tamén se establece unha validez indefinida da inscrición no rexistro, e se recoñece a validez das inscricións nos rexistros doutras comunidades autónomas, así como a prórroga ata o 15 de xullo de 2016 da validez dos carnés de aplicador/manipulador/a de biocidas, se recolle a modificación do anexo II da Orde do 26 de maio de 2008, así como a derrogación dos anexos III, IV, V e VI da citada orde. En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, DISPOÑO: Artigo único. Modificación da Orde do 26 de maio de 2008 pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas e se establecen as bases para a inscrición neste e o seu funcionamento na Comunidade Autónoma de Galicia A Orde do 26 de maio de 2008 pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas e se establecen as bases para a inscrición neste e o seu funcionamento na Comunidade Autónoma de Galicia, queda modificada como segue: Un. A alínea b) do artigo 6 queda redactada do seguinte xeito: «( ) b) Persoal: o responsable técnico e o persoal que desenvolva actividades laborais relacionadas coa aplicación de biocidas, deberá posuír a capacitación necesaria de acordo coa normativa vixente ao respecto».

DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46252 Dous. O artigo 7, queda redactado do seguinte xeito: «Artigo 7. Inscrición no rexistro 1. A solicitude de inscrición dirixirase á persoa titular do órgano de dirección con competencias en materia de saúde pública da consellería competente en materia de sanidade, e axustarase ao modelo oficial que figura no anexo da Orde de 20 de novembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 26 de maio de 2008 pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas e se establecen as bases para a inscrición neste e o seu funcionamento na Comunidade Autónoma de Galicia. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. 2. Esta solicitude, unha vez cuberta pola persoa titular ou representante, irá acompañada da documentación requirida no anexo da Orde do 20 de novembro de 2013 pola que

DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46253 se modifica a Orde do 26 de maio de 2008 pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas e se establecen as bases para a inscrición neste e o seu funcionamento na Comunidade Autónoma de Galicia, segundo corresponda, se a actividade que se vai realizar é de fabricación, envasado, almacenamento, comercialización e/ou tratamentos en instalacións fixas, ou se a actividade que se vai realizar é de servizos de aplicación de biocidas, así como da seguinte documentación: a) Xustificante de pagamento de taxas. Achegarase o exemplar para a Administración da autoliquidación das taxas de inscrición, ou modificación no rexistro oficial, segundo corresponda. b) No caso de que se utilicen biocidas tóxicos ou moi tóxicos achegarase xustificante da solicitude de apertura do libro oficial de movemento de biocidas. 3. Para estes efectos, cando se trate de documentos emitidos por unha autoridade competente xa sexa en España ou noutro Estado membro da Unión Europea, non se exixirá a presentación de documentos orixinais ou copias compulsadas nin traducións xuradas, agás nos casos previstos pola normativa comunitaria, ou xustificados por motivos de orde e/ou seguridade públicas. Sen prexuízo do anterior, a autoridade competente poderá recadar doutra autoridade a confirmación da autenticidade do documento aportado». Tres. O artigo 10, queda redactado do seguinte xeito: «Artigo 10. Modificación e cancelación da inscrición 1. A inscrición no Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas da Comunidade Autónoma de Galicia terá unha validez indefinida, agás que por motivos de saúde pública ou por solicitude do/a titular, proceda a súa modificación ou cancelación. 2. O/a titular da inscrición será responsable do mantemento das condicións en que se dite a resolución de inscrición. Calquera modificación ou cambio nas ditas condicións comunicarase á xefatura territorial da consellería competente en materia de sanidade na provincia en cuxo ámbito territorial estea situada a correspondente actividade e mediante a presentación da xustificación correspondente á modificación producida. Unha vez aceptada a modificación reflectirase no rexistro e procederase a comunicar a resolución ás persoas interesadas. 3. No caso de cesamento da actividade, no prazo máximo dun mes o/a titular da inscrición deberá poñelo en coñecemento da xefatura territorial da consellería competente en

DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46254 materia de sanidade na provincia en cuxo ámbito territorial estea situada a correspondente actividade, para efectos da cancelación da súa inscrición no rexistro. 4. Ademais, poderase proceder á cancelación da inscrición nos seguintes supostos: a) Cando así o solicite o/a titular. b) Cando, en virtude de revisións de oficio ou por calquera outro medio, a autoridade competente comprobe que se produciu un incumprimento da normativa aplicable, ou que a actividade cesou definitivamente, sen prexuízo da sanción a que houbese lugar segundo o previsto no artigo 30 do Real decreto 1054/2002, do 11 de outubro». 5. A comunicación polo/a titular das modificacións ou cancelación das inscricións realizarase utilizando o modelo oficial que figura no Anexo da Orde do 20 de novembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 26 de maio de 2008 pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas e se establecen as bases para a inscrición neste e o seu funcionamento na Comunidade Autónoma de Galicia na forma e condicións establecidas no apartado dous da citada orde. Catro. O artigo 13 queda redactado do seguinte xeito: «Artigo 13. Recoñecemento doutros rexistros A inscrición dunha entidade de servizos no rexistro doutra comunidade autónoma será válida para traballar na Comunidade Autónoma de Galicia». Cinco. O artigo 14 queda redactado como segue: «Artigo 14. Réxime sancionador A fabricación, venda, distribución ou aplicación de biocidas sen solicitar e obter a regulamentaria inscrición no rexistro, sancionarase de acordo co previsto no artigo 31 do Real decreto 1054/2002, no artigo 14 do Real decreto 3349/1983, na Lei xeral de sanidade, e normativa que o substitúa». Seis. Queda sen contido o anexo II da da Orde do 26 de maio de 2008 pola que se crea o rexistro oficial de establecementos e servizos biocidas e se establecen as bases para a inscrición neste e o seu funcionamento na Comunidade Autónoma de Galicia, e substitúese polo anexo da presente orde.

DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46255 Sete. Quedan sen contido os anexos III, IV, V e VI da Orde do 26 de maio de 2008 pola que se crea o rexistro oficial de establecementos e servizos biocidas e se establecen as bases para a inscrición neste e o seu funcionamento na Comunidade Autónoma de Galicia. Disposición adicional No ámbito de aplicación dos biocidas dos tipos 2, 3, 4, 14, 18 e 19 previstos no Real decreto 830/2010, prorrógase ata o 15 de xullo de 2016 a validez dos carnés, niveis básico e cualificado, ata o momento homologados para uso ambiental e na industria alimentaria. Disposición transitoria única As disposicións contidas na presente orde serán de aplicación aos procedementos iniciados con posterioridade á data da súa entrada en vigor. Disposición derradeira primeira Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento e execución da presente orde. Disposición derradeira segunda A presente orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2013 Rocío Mosquera Álvarez Conselleira de Sanidade

DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46256 ANEXO I PROCEDEMENTO INSCRICIÓN NO REXISTRO OFICIAL DE ESTABLECEMENTOS E SERVIZOS BIOCIDAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA CÓDIGO DO PROCEDEMENTO SA659D DOCUMENTO SOLICITUDE DATOS DA PERSOA SOLICITANTE NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito) NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF ENDEREZO PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior) TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO DATOS DO ESTABLECEMENTO OU SERVIZO NOME DO ESTABLECEMENTO OU SERVIZO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO TIPO DE SOLICITUDE NOVA INSCRICIÓN RENOVACIÓN indicar o número de Rexistro: TIPO DE ACTIVIDADE 01-FABRICACIÓN 02-ENVASAMENTO GRUPOS E TIPOS DE BIOCIDAS GRUPO PRINCIPAL 1 TIPO DE PRODUTO 2: Desinfectantes TIPO DE PRODUTO 4: Desinfectantes para produtos que estean en contacto con alimentos OUTROS: 03-ALMACENAMENTO 04-COMERCIALIZACIÓN GRUPO PRINCIPAL 2 TIPO DE PRODUTO 8: Protectores da madeira MODIFICACIÓN indicar o número de Rexistro: CANCELACIÓN DA INSCRICIÓN indicar o número de Rexistro: 05-SERVIZOS DE APLICACIÓN DE BIOCIDAS CORPORATIVOS OU A TERCEIROS 06-INSTALACIÓN FIXA DE TRATAMENTO TIPO DE PRODUTO 11: Produtos empregados para a conservación da auga en sistemas de refrixeración mediante o control de organismos nocivos GRUPO PRINCIPAL 3 TIPO DE PRODUTO 14: Rodenticidas TIPO DE PRODUTO 18: Insecticidas TIPO DE PRODUTO 19: Repelentes/Atraentes

DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46257 ANEXO I (continuación) CATEGORÍA TOXICOLÓXICA MÁXIMA DOS BIOCIDAS NOCIVO TÓXICO MOI TÓXICO IDENTIFICACIÓN DOS BIOCIDAS CLASIFICACIÓN DE TOXICIDADE NOME COMERCIAL DO BIOCIDA NÚMERO DE INSCRICIÓN DO BIOCIDA NO REXISTRO OFICIAL DE BIOCIDAS TIPO DE BIOCIDA (segundo anexo V do RD 1054/2002) NOCIVO Xn TÓXICO T MOI TÓXICO T+

DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46258 ANEXO I (continuación) FORMACIÓN DO RESPONSABLE TÉCNICO E DO PERSOAL QUE DESENVOLVA ACTIVIDADES LABORAIS RELACIONADAS COA APLICACIÓN DE BIOCIDAS NOME E APELIDOS DNI TIPO DE PERSOAL (RESPONSABLE/APLICADOR) FORMACIÓN, TITULACIÓN E/OU NIVEL DE CAPACITACIÓN

DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46259 ANEXO I (continuación) DOCUMENTACIÓN QUE SE XUNTA SE A ACTIVIDADE QUE SE VAI REALIZAR É DE FABRICACIÓN, ENVASADO, ALMACENAMENTO, COMERCIALIZACIÓN E/OU TRATAMENTOS EN INSTALACIÓNS FIXAS: Acreditación da representación, se procede. Memoria técnica descritiva do establecemento e/ou instalación, referida a súa localización, características construtivas, equipamentos, maquinaria e actividade que se vai realizar. Plano das instalacións. No caso de que se apliquen biocidas clasificados como moi tóxicos, presentar xustificación de que o persoal aplicador dispón da capacitación específica necesaria de acordo coa normativa vixente ao respecto. Xustificante da solicitude de apertura do Libro oficial de movemento de biocidas, se é o caso. Xustificante de pagamento de taxas. SE A ACTIVIDADE QUE SE VAI REALIZAR É DE SERVIZOS DE APLICACIÓN DE BIOCIDAS: Acreditación da representación, se procede. Memoria técnica descritiva da actividade que se vai realizar, indicando os responsables dos tratamentos, relación de persoal operario, natureza dos tratamentos, ámbito de actuación, almacéns, instalacións, equipamentos etc. Acreditación de dispoñer dun almacén para os seus produtos, maquinaria e outros aparellos de traballo. No caso de que se apliquen biocidas clasificados como moi tóxicos, presentar xustificación de que o persoal aplicador dispón da capacitación específica necesaria de acordo coa normativa vixente ao respecto. Modelo de certificado acreditativo do tratamento biocida onde figuren: datos do titular do servizo e do contratante, data, hora e lugares de aplicación, axente que hai que combater, biocidas empregados (nome comercial, nº de rexistro e dosificación), métodos de aplicación, prazo de seguridade e medidas recomendadas, datos do aplicador e do responsable técnico con acreditación dos seus niveis de capacitación, sinatura do responsable técnico e do contratante. Xustificante da solicitude de apertura do Libro oficial de movemento de biocidas, se é o caso. Xustificante de pagamento de taxas A persoa solicitante ou representante declara baixo a súa responsabilidade que son certos os datos consignados na presente solicitude e se compromete a notificar calquera cambio que afecte de forma substancial (cambios de actividade, nos equipamentos de tratamento, nos biocidas empregados etc.) a empresa inscrita. En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude incorporaranse a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido a este centro directivo como responsable do ficheiro. LEXISLACIÓN APLICABLE Orde do 26 de maio de 2008 pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas e se establecen as bases para a inscrición neste e o seu funcionamento na Comunidade Autónoma de Galicia. Orde do 20 de novembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 26 de maio de 2008 pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas e se establecen as bases para a inscrición neste e o seu funcionamento na Comunidade Autónoma de Galicia. SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE Lugar e data Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, de de