CONCELLO DE MUROS ANUNCIO

Documentos relacionados
Por Resolución da Alcaldía do Concello de Muros de 9 de outubro de 2018 adoptouse o seguinte acordo

ANUNCIO APROBAR AS BASES PARA A CONTRATACIÓN INTERINA DUN PROFESOR DE CANTO PARA A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DO CONCELLO DE MUROS

ANUNCIO. A Alcaldía deste Concello por Resolución do día 27 de xuño de 2018, adoptou o seguinte acordo

ANUNCIO. A Xunta de Goberno Local do Concello de Muros na sesión do día 5 de maio de 2015 adoptou o seguinte acordo

Mediante resolución da alcaldía deste concello do día 28/11/2017 adopotouse o seguinte acordo

Resultando que obra no expediente o Informe conxunto de Secretaría e de Intervención emitido o día 25 de setembro de 2017.

CONCELLO DE MUROS (A Coruña)

CONCELLO DE MUROS (A Coruña)

CONCELLO DE MUROS (A Coruña)

BASES QUE HAN DE REXER PARA A ELABORACIÓN DUNHA LISTA PARA A COBERTURA TEMPORAL DE PRAZAS DE LIMPEZA E CONSERXERÍA.

Mediante resolución da alcaldía deste concello do día 28/11/2017 adoptouse o seguinte acordo

ANUNCIO. O cometido funcional do posto versará sobre as tarefas propias da praza, consistentes na realización de funcións auxiliares administrativas.

CONCELLO DE MUROS (A Coruña)

CONCELLO DE MUROS (A Coruña)

CONCELLO DE MUROS (A Coruña)

ANUNCIO Por resolución da Alcaldía de 30 de maio de 2012, procedeuse a aprobación das seguintes Bases:

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

CONCELLO DE MUROS (A Coruña) ANUNCIO

ANUNCIO. A Xunta de Goberno Local do Concello de Muros na sesión do día 21 de abril de 2015 adoptou o seguinte acordo

BASES QUE REXERÁN O PROCESO DE CONTRATACIÓN DE 1 AUXILIAR ADMINISTRATI VO.

ANUNCIO BASES PARA A COBERTURA DUNHA PRAZA DE CONSERXE BAIXO A MODALIDADE DE FUNCIONARIADO INTERINO

Concello de Oza-Cesuras

Valorarase a puntuación obtida neste exercicio correspondente á última oposición da categoría.

BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE MONITORES PARA OS OBRADOIROS CULTURAIS DO CONCELLO DE MUROS

BASES PARA A CONTRATACIÓN CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO DE TURISMO:

Proceso selectivo para a contratación de 2 peós de servizos múltiples e 1 Auxiliar Administrativo

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

BASES PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN/DUNHA MONITOR/A SOCIOCULTURAL E DE TURISMO

ANUNCIO. A Alcaldía deste Concello por Resolución do día 23 de abril de 2018, adoptou o seguinte acordo

CONCELLO DE BEGONTE 1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

Decreto 364/1995, de 10 de marzo, que aproba o regulamento xeral de ingreso na administración.

BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, A XORNADA COMPLETA, MEDIANTE O SISTEMA DE OPOSICIÓN, DUN TRACTORISTA

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

(...) Rematada a realización do exame e realizada a corrección, o tribunal avaliador, por unanimidade dos seus membros presentes, acorda:

Pza. de España, CHANTADA Tel Fax

Concello de Viveiro RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

O contratao será a xornada completa e polo tempo que dure o permiso e as retribucións son as establecidas para o posto, 1.174,28 brutos mensuais.

Praza de Europa, 5 A 4º Polígono de Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA

b) Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

NORMATIVA SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE DO ALUMNADO NA FACULTADE DE DEREITO

PROCEDEMENTO PARA A SELECCIÓN TEMPORAL PERSOAL FACULTATIVO ESPECIALISTA DE ÁREA BASES

A Xunta de Goberno Local do Concello de Muro na sesión do día 22 de abril de 2016 adoptou o seguinte acordo

Concello de A Pobra do Caramiñal

Apelidos e nome do aspirante Álvarez López Fernán 7,5 Fernández Castro Rubén 5 García Domínguez José 6 Pérez Insua Ander 6

Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local.

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

A duración da interinidade será desde o nomeamento ata o 31 de outubro do 2017.

BASES DA CONVOCATORIA DE CONCURSO PARA A SELECCIÓN DE UN ANIMADOR CULTURAL INTERINO POR ACUMULACIÓN DE TAREFAS.

DECRETO NÚMERO DO 25/04/2014

BASES QUE REXERAN A CONTRATACIÓN DUN/HA AUXILIAR DA BIBLIOTECA, OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL E ARQUIVO.

3.1.- DENOMINACIÓN DAS PRAZAS/POSTOS/EMPREGOS: TRABALLADOR/A SOCIAL GRUPO DE ENCADRAMENTO: (Grupo 2 Seguridade Social)

Concello de Oza-Cesuras

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

2ª.- Número de Prazas: unha.

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

BASES DA CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL POR CONCURSO DUNHA PRAZA DE SOCORRISTA MUNICIPAL

1.2.- VALORACIÓN DO COÑECEMENTO DA LÍNGUA GALEGA: 5% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (5,000 PUNTOS).

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

1.1. Nacionalidade. Cúmprese este requisito nos seguintes casos:

Concello de Bueu INTERVENCIÓN

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DA FASE I DO PROCESO DE SELECCIÓN DO PERSOAL TÉCNICO DA ASOCIACIÓN COSTA DA MORTE-GDR (GDR26)

Orixe: Dirección Xeral da División de Recursos Humanos do Sergas.

CONCELLO DE NEGREIRA (A CORUÑA)

"OBRADOIROS DE INGLÉS PARA O TURISMO RURAL, TERMAL E HOSTALEIRO

(...) I. NORMAS XERAIS

Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante Miércoles, 02 de Enero de :28 - Actualizado Miércoles, 02 de Enero de :31

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO ANO 2018 PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS Á INVESTIGACIÓN

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DE A OPE 2008/2009

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

Concello de Boiro. Severino Abalo Chouza, EN CALIDADE DE SECRETARIO DESTE ÓRGANO, CERTIFICO:

BAREMO PARA A SELECCIÓN DUN/HA TRABALLADOR/A, PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E BUSCA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

CRITERIOS DE XESTIÓN DE LISTAS DE AGARDA E DE PROVISIÓN DE POSTOS

BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL PARA A XXIV EDICIÓN DA FEIRA DO VIÑO DO ROSAL

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

Guía de procedementos e servizos

1. LICENZA PARA ASUNTOS PROPIOS 3. LICENZA EXTRAORDINARIA POR NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIO/A EN PRÁCTICAS 4. LICENZA PARA FORMACIÓN E PERFECCIONAMENTO

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

CONCELLO DE BARBADÁS. RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Barbadás, 9 de marzo de 2016

BASES PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL: 1 POSTO DE TRABALLADOR/A SOCIAL

BASES PARA A CONTRATACIÓN EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL A MEDIA XORNADA DE UN/UNHA AUXILIAR DE BIBLIOTECA POR SUSTITUCIÓN DA TITULAR DA PRAZA.

A N U N C I O. Tendo en conta todo canto quedou exposto; esta Alcaldía RESOLVEU:

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

Os requisitos necesarios para poder participar no proceso de selección son:

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA.

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

DECRETO NÚMERO DO 15/12/2017

A presente convocatoria efectúase para cubrir as prazas que a continuación se atopan vacantes no cadro de persoal laboral deste Concello.

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

Primeira: Obxecto da convocatoria Segunda: Normativa aplicable. Terceira: Modalidade e duración do contrato. Cuarta: Requisitos dos aspirantes.

Concello de Monterroso

Transcripción:

CONCELLO DE MUROS ANUNCIO BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/DUNHA PROFESOR/A DE GUITARRA, DUN/DUNHA PROFESOR/A DE MÚSICA TRADICIONAL, DUN/DUNHA PROFESOR/A DE VIOLÍN, DUN/DUNHA DE CANTO, DUN/DUNHA PROFESOR/A DE MÚSICA MODERNA E DUN/DUNHA PROFESOR/A DE PERCUSIÓN DE MÚSICA MODERNA PARA A ESCOLA DE MÚSICA DO CONCELLO DE MUROS, CURSO 2018/2019. 1. Obxecto da convocatoria 1. Ten por obxecto esta convocatoria a provisión mediante contrato laboral de duración determinada por obra ao servizo a tempo completo ou parcial, dende 8 de outubro de 2018 ao 21 de xuño de 2019 dunha praza de profesor/a de guitarra, dunha de profesor/a de música tradicional, dunha de profesor/a de violín, dunha de profesor/a de canto, dunha de profesor/a de música moderna e dunha de profesor/a de percusión de música moderna, todas elas da Escola de Música do Concello de Muros mediante un procedemento de concurso-oposición. 2. O cometido funcional do posto de profesor/a de guitarra, consistirá na realización das funcións propias da praza, que serán as tarefas de impartir clases das materias Guitarra española e Música e movemento. 3.- O cometido funcional do posto profesor/a de música tradicional consistirá na realización das funcións propias da praza, que serán as tarefas de impartir clases das materias Gaita/ percusión tradicional, Música tradicional e Formación musical. 4.- O cometido funcional do posto profesor/a de violín consistirá na realización das funcións propias da praza, que serán as tarefas de impartir clases das materias Violín e Linguaxe musical. 5.- O cometido funcional do posto profesor/a de canto consistirá na realización das funcións propias da praza, que serán as tarefas de impartir clases das materias Canto. 6.- O cometido funcional do posto profesor/a de música moderna, consistirá na realización das funcións propias da praza, que serán as tarefas de impartir clases das materias Guitarra eléctrica e Baixo eléctrico. 7.- O cometido funcional do posto profesor/a de percusión de música moderna consistirá na realización das funcións propias da praza, que serán as tarefas de impartir clases das materias Batería e Percusión de música moderna. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo. 2. Características dos postos Área de subscrición: Educación Outros coñecementos: CELGA 4 ou equivalente Funcións: As funcións a desenvolver son as descritas no punto 1 destas bases

Denominación do posto: profesor/a de guitarra Xornada: completa Soldo: 1,163,54 Denominación do posto: profesor/a de música tradicional Xornada: 44% da xornada ordinaria Soldo: 548,04 Denominación do posto: profesor/a de violín Xornada: 56% da xornada ordinaria Soldo: 697,51 Denominación do posto: profesor/a de canto Xornada: 18% da xornada ordinaria Soldo: 224,21 Denominación do posto: profesor/a de Música moderna Xornada: 28% da xornada ordinaria Soldo: 348,76 Denominación do posto: profesor/a de Percusión e Música moderna Xornada: 24% da xornada ordinaria Soldo: 298,93 3. Sistema de selección O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 7 destas bases. Se o xulga oportuno, o tribunal poderá requirir á persoa aspirante que acadase maior puntuación para a realización dunha proba práctica. Para a valoración desta proba, e durante o proceso selectivo, o tribunal poderá requirir a asistencia dun técnico ou profesional capacitado. De non superarse a proba práctica, o tribunal requirirá á seguinte persoa aspirante por orde decrecente de puntuación. Unha mesma persoa pode optar a máis dunha praza. 4. Requisitos das persoas aspirantes As persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de instancias:

a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007 de 13 de abril do estatuto básico do empregado público. b) Ter cumpridos os 16 anos da idade. c) Non padecer enfermidade nin estar afectadas por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións propias do posto de traballo. d) Non ter sido separadas do servizo de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitadas, por sentenza firme, para o exercicio de funcións públicas. e) Estar en posesión do título de Grao medio de guitarra ou do Grao en maxisterio musical ou títulos superiores ou equivalentes para a praza de profesor/a de guitarra. f) Estar en posesión do título de Grao medio de gaita ou noutro instrumento de vento ou do Grao en maxisterio musical ou títulos superiores ou equivalentes para a praza de profesor/a de música tradicional. g) Estar en posesión do título de Grao medio de violín ou do Grao en maxisterio musical ou títulos superiores ou equivalentes para a praza de profesor/a de violín. h) Estar en posesión do título de Grao medio en canto ou Grao en maxisterio musical ou título equivalente ou superior para a praza de profesor/a de canto. I) Estar en posesión do título de Grao medio en maxisterio musical ou títulos superiores ou equivalentes, ou experiencia mínima de seis meses como docente de guitarra eléctrica, baixo e percusión de música moderna. 5. Forma e prazo de presentación de instancias As solicitudes para formar parte deste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida á Alcaldía, no modelo que se facilitará no Rexistro Xeral e na páxina web do Concello de Muros (www.muros.gal) (anexo II), na que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na base terceira desta convocatoria referidos a data en que remate o prazo de presentación de instancias. As solicitudes presentaranse no Rexistro (os días laborais de 9:00 a 14:00 horas) durante o prazo de cinco días naturais, que se empezarán a contar a partir do día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria das Bases no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se publicará no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web (www.muros.gal). No caso de que o último día de presentación de solicitudes fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Así mesmo, poderanse presentar na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas; neste caso, os/as concursantes deberán comunícalo, enviado copia da instancia mediante fax (981 762 257), ou enderezo electrónico (alcaldia@muros.es), durante o mesmo prazo ca o de presentación de instancias. Se, conforme a este precepto se presentan a través das oficinas de correos, deberá aparecer o selo na propia solicitude. Doutro modo, a data de anotación no Rexistro Xeral será a que se teña en conta a todos os efectos. Necesariamente xunto coa solicitude para formar parte neste proceso selectivo as persoas aspirantes deberán achegar xunto coa solicitude, inescusablemente, a seguinte documentación:

Fotocopia do DNI ou documento que legalmente o substitúa. Certificado da titulación esixida. Declaración responsable en relación cos puntos d) ao g) da base terceira (anexo II) Acreditación do nivel de coñecemento da lingua galega, de ser o caso. Coa presentación da instancia para formar parte no proceso selectivo entenderase que as persoas interesadas aceptan e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria. 6. Admisión das persoas aspirantes Rematado o prazo de presentación de instancias, o tribunal publicará a lista provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación, se é o caso, das causas da exclusión. No mesmo acto determinarase o lugar, data e hora da celebración do primeiro exercicio. Este acordo publicarase no taboleiro de edictos do Concello e será determinante para os efectos de posibles impugnacións e recursos, de conformidade co previsto na lei. Así mesmo, este acordo publicarase, a título informativo e complementario, na web municipal (www.muros.gal). As persoas excluídas dispoñen dun prazo de dous días naturais seguintes á publicación do acordo anterior, para presentar as reclamacións oportunas ou emendas de defectos, nos termos do art. 68 da Lei 39/2015. Posteriormente, a publicarase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas, que se publicará no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web municipal. No caso de non presentarse reclamacións, a lista provisional publicada terá carácter definitivo. 7. Tribunal cualificador O tribunal de selección de profesores para a Escola de Música Municipal de Muros estará composto por: PRESIDENTA: Josefa Fernández Fernández; suplente: Noelia Louro Louro SECRETARIO: José Manuel Mayo Priegue; suplente: Francisco Abeijón Núñez VOGAL: María Dolores Santos Maneiro; suplente: Inés Tajes Grille Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, comunicándoo á Alcaldía cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do réxime xurídico do sector público, así como cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria Os membros concorrentes ás sesións do tribunal e para os efectos de percepcións de asistencias clasificaranse consonte o disposto no artigo 33 do Real decreto 462/2002 sobre indemnizacións por razóns de servizo. Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando neste concorra algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 24 da Lei 40/2015, do réxime xurídico do sector público.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a presenza de polo menos de dous dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso, requírese a asistencia da Presidencia e da Secretaría ou dos/as que legalmente os/as substitúan. 8. Procedemento selectivo As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio en chamamento único mediante anuncio na páxina web e non taboleiro de anuncios do Concello, quedando decaídas no seu dereito as persoas opositoras que non compareceran a realizalo, salvo os casos debidamente xustificados e apreciados discrecionalmente polo tribunal. As persoas aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal. O procedemento selectivo será o de concurso-oposición, podendo as persoas aspirantes acadar ata un máximo de 18 puntos, e que se desenvolverá como se detalla a continuación: O tribunal publicarán todos os acordos na páxina web e no taboleiro de edictos do Concello de Muros: A. Fase de oposición, ata un máximo de 10 puntos a) Primeiro exercicio: Consistirá na contestación por escrito, nun tempo máximo de 30 minutos, dun cuestionario tipo test de 20 preguntas relacionadas co programa anexo ás bases. Este exercicio ten carácter obrigatorio e eliminatorio, a súa puntuación máxima será de 10 puntos, debendo os/as aspirantes obter un mínimo de 5 puntos para superalo. As preguntas contestadas correctamente puntuarán 0,50 puntos, mentres que as erradas restarán a puntuación en 0,25 puntos. Unicamente se publicarán as cualificacións das persoas aspirantes que superaron a proba, o que se fará mediante anuncio no taboleiro e na páxina web do Concello de Muros, dispoñendo a persoa candidata dun prazo de dous días hábiles para presentar as reclamacións que consideren oportunas. b) Segundo exercicio: En aplicación do previsto no artigo 51.2 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia respecto da acreditación do galego, aquelas persoas que non acrediten coñecementos básicos en lingua galega (CELGA 4 ou equivalente) terán unha proba de galego, que será cualificada como apto ou non apto. Aquelas persoas aspirantes que se encontren imposibilitados para realizar a proba oral, a realizarán por escrito. Quedarán exentas da realización desta proba aquelas persoas que acrediten, coa presentación da instancia, estar en posesión do CELGA 4 ou equivalente que terán a cualificación de apto

B.- Fase de concurso de méritos, ata un máximo de 8 puntos Rematada a fase de oposición realizarase a fase do concurso e serán obxecto de avaliación os seguintes méritos: A experiencia laboral na mesma categoría que deberá acreditarse conxuntamente por medio de informe de vida laboral e copia dos contratos de traballo. No caso de ter traballado nalgunha administración pública as copias dos contratos de traballo poderán ser substituídas por medio do certificado da administración contratante do tempo traballado na categoría correspondente. A experiencia laboral no Concello de Muros será acreditada polo propio concello previa declaración dos servizos prestados (anexo II) a) Experiencia profesional, ata un máximo de 6 puntos Por experiencia profesional acreditada no desempeño de postos de traballo de contido semellante ao da praza a que se opta: 0,2 puntos/mes completo ou proporcionalmente a fracción do mes. b) Formación, ata máximo 2 puntos Cursos relacionados coa actividade a desenvolver no posta de traballo, impartidos pola Administración Pública ou entidades delas dependentes ou homologados. 1. Cursos de máis de 200 horas: 1 punto 2. Cursos de máis de 100 horas: 0,75 puntos 3. Cursos de 50 a 100 horas: 0,50 puntos 4. Cursos de 15 a 49 horas: 0,25 puntos No caso de existir empate na puntuación final das persoas aspirantes, establécese, con carácter supletorio, e como criterio de prioridade a obtención da nota máis alta no primeiro exercicio de oposición, segundo a orde establecida nestas bases. Se continúa o empate, optarase polo maior tempo sen traballar da persoa aspirante que se acreditara coa vida laboral. O tribunal sinalará os/as candidatos/as que deben presentar o informe de vida laboral. 9. Resolución e creación dunha bolsa de traballo A puntuación final virá dada pola suma da puntuación obtida en todos os exercicios do proceso selectivo.

Concluído o proceso selectivo, o Tribunal publicará as puntuacións acadadas por cada unha das persoas aspirantes por orde decrecente no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web: muros.gal, propoñendo a alcaldía do Concello ás persoas preseleccionadas, establecendo un prazo de dous días naturais dende e a publicación da lista para a presentación de reclamacións. No caso de existiren estas reunirase novamente o tribunal para resolvelas. A Alcaldía, vista a proposta do tribunal, procederá á ditar a resolución correspondente ao nomeando dos candidatos propostos para cada praza. Así mesmo, co resto dos aspirantes que superaron todas as probas da oposición, aprobará, por orde decrecente, unha bolsa de traballo para cubrir posibles renuncias, outras vacantes, ou para atender necesidades imprevistas. Esta bolsa de traballo terá unha vixencia máxima de tres anos contados dente a data da súa aprobación ou ata que se realice outro proceso selectivo para mesma praza. A comunicación da selección da persoa candidata realizarase telefonicamente, deixando constancia do resultado do chamamento polo/a traballador/a que a realiza. Se a persoa candidata rexeita a contratación, ou realizadas dúas chamadas telefónicas nun intervalo mínimo de 5 horas, o aspirante non atende ao chamamento, pasará ao final da lista, agás que este rexeite sexa por ter un contrato en vigor ou estar de baixa por maternidade, paternidade ou hospitalización, en tal caso deberá acreditalo por escrito e manterase no posto da lista ata o remate da baixa ou contrato. Os integrantes da bolsa de traballo non perderán a orde de prelación que en cada momento lles corresponda, de tal maneira que se o nomeamento para a que son chamados finaliza, retornarán ao posto que novamente lles corresponda na lista. 10. Incidencias O tribunal cualificador queda facultado para resolver as dúbidas que se presenten e incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento deste proceso selectivo, en todo o non previsto nas bases, así como para a interpretación destas. A convocatoria e as súas bases e cantos actos administrativos se deriven dela e das actuacións do tribunal cualificador poderán ser impugnadas polas persoas interesadas nos casos e na forma previstos na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. 11. Normativa aplicable En todo o non previsto nestas bases, serán de aplicación ás probas selectivas as seguintes disposicións: Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora de bases de réxime local; Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril; Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por RDL 5/2015, de 30 de outubro; Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia; Lei 5/1997, de 22 de xuño, da administración local de Galicia. Serán tamén de aplicación o R.D 364/1995, de 10 de marzo, Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal administración da comunidade autónoma de Galicia; Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, e todas as demais normas de xeral aplicación para estes supostos

12. Financiamento O proxecto financiarase con recursos procedentes da Deputación Provincial da Coruña, da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, das cotas do alumnado e de fondos propios con imputación nas partidas do Orzamento municipal de 2015 - prorrogado 18-320.13100 e 18-320.16000. As retribucións dos postos de traballo quedan fixadas na cláusula 2ª destas bases, en euros brutos mensuais, por todos os conceptos, máis a indemnización por remate de contrato. 13. Recursos Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición no prazo dun mes perante o propio órgano que a ditou, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do contencioso-administrativo da Coruña. Os anteditos prazos contaranse desde o día seguinte á publicación da resolución. Si se interpón o recurso de reposición, non se poderá acudir ao contencioso-administrativo ata que o Concello resolva expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta. O prazo de que dispón o Concello para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será o de un mes contado desde a presentación do recurso. Unha vez transcorrido ese tempo sen que se ditase e notificase a resolución, entenderase desestimado o recurso de reposición para os efectos de interpoñer o contencioso-administrativo. Todo iso sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que xulgue oportuno. ANEXO I. TEMARIO COMÚN Tema 1. As tonalidades musicais. Tema 2. Os intervalos (clasificación e inverter). Tema 3. As escalas diatónicas. Tema 4. Os acordes, clases e características. Tema 5. As enharmonías, clases Tema 6. Tipos dos instrumentos, características e partes dos mesmos, relativos á modalidade da praza á que se opte (no caso de profesor/a de percusión e música moderna, serían as características de batería tipo roco).