BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Documentos relacionados
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1349

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2011 Páx

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Guía de procedementos e servizos

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

N o 177 L Mércores, 13 de setembro de 2006 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

INSTRUCCIÓN DA SECRETARÍA XERAL 2/2004 SOBRE A DECLARACIÓN DE INTERESES DOS ALTOS CARGOS DA USC

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Os novos desafíos do DLE

Emprego público. Artigo x. Modificación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

JAM JOSE ANTONIO MONTERO RODRÍGUEZ

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

INFORME DE LEGALIDADE SOBRE O PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA OFICINA XUDICIAL EN GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

PROCEDEMENTO P-PRL 17

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO BANCO DE ESPAÑA

Lei 8/1994, do 30 de decembro, de creación do Instituto Galego de Consumo

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

6.978 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 84 L Mércores, 3 de maio de 2006

III.5.2. OE 2: Reforzo da capacidade institucional e financeira de Galicia

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A SELECCIÓN, TRANSFERENCIA DA CUSTODIA E O ACCESO AOS DOCUMENTOS

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4712

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Decreto 405/2001, do 29 de novembro, polo que se regula o Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia.

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

Orixe: Dirección Xeral da División de Recursos Humanos do Sergas.

ORZAMENTO 2018 Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O PARLAMENTO DE GALICIA E O INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA).

DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS (E.O.I)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

B o l e t í n M a r z o A P E G a l i c i a

DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx

NORMATIVA DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL CON CARGO A ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN (I+D+i)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais

6/06. Ditame. Lei do libro e da lectura. sobre o anteproxecto de. de Galicia APROBADO POLO PLENO O 7 DE XUÑO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

9.644 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 109 Venres, 5 de xuño de 2009

REGULAMENTO DE COLABORACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS DESTA UNIVERSIDADE EN CURSOS E CONVENIOS DE INVESTIGACIÓN

Normativa xeral Páxina 1

Programa Anual de actividades culturais e de promoción das ensinanzas do CMUS Profesional de Música de Vigo

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5494

ANEXO TEMARIO PROBA OPOSICIÓN

REGULAMENTO DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGOA DE COMPOSTELA

ACORDAN Capítulo I Réxime de prestación de servizos

Xerencia VERSIÓN A

Decreto 303/2009, do 21 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

Transcripción:

Suplemento en lingua galega ao núm. 77 Sábado 29 de marzo de 2014 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE FACENDA E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS 3371 Real decreto 214/2014, do 28 de marzo, polo que se modifica o Regulamento da Lei 23/1982, do 16 de xuño, reguladora do patrimonio nacional, aprobado polo Real decreto 496/1987, do 18 de marzo. O Consello de Administración do Patrimonio Nacional é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica e capacidade de obrar que depende organicamente da Presidencia do Goberno, a través do Ministerio da Presidencia, e cuxos fins comprenden a xestión e administración dos bens e dereitos que conforman o patrimonio nacional. O seu réxime xurídico establéceno a Lei 23/1982, do 16 de xuño, reguladora do patrimonio nacional, e o Real decreto 496/1987, do 18 de marzo, polo que se aprobou o regulamento da mencionada lei, modificado polo Real decreto 600/2011, do 29 de abril. Este regulamento que agora se modifica conta, como antecedentes máis inmediatos, coa Orde do 4 de abril de 1942, pola que se aproba o Regulamento do Consello de Administración do Patrimonio Nacional, e o Real decreto 1412/1986, do 28 de xuño, polo que se determina a estrutura orgánica da Xerencia do Patrimonio Nacional; os cales foron derrogados coa súa entrada en vigor. A modificación que realiza este real decreto ten como finalidade primordial adaptar a estrutura organizativa do Consello de Administración do Patrimonio Nacional a unha situación definida pola preparación e próxima apertura do Museo das Coleccións Reais (prevista para o ano 2016), que comporta a necesidade de revisar a política de xestión das ditas coleccións e a adecuación da entidade aos requirimentos de diversa natureza que a preparación do museo implica. Así, a necesidade de realizar unha xestión integral dos bens mobles de carácter histórico-artístico que constitúen as corenta e unha coleccións reais, así como a futura apertura do Museo das Coleccións Reais no complexo do Palacio Real como expoñente estable da excelencia e máxima relevancia dos fondos que compoñen as coleccións citadas, fai que cumpra modificar de novo o Real decreto 496/1987, co fin de dotar o Consello de Administración do Patrimonio Nacional da estrutura adecuada para a dita xestión. Esta modificación, que afecta o capítulo III do título VI, establece unha nova redacción dos artigos 80 a 84, suprime o contido do artigo 85 e establece unha disposición adicional única. En concreto, a nova redacción do artigo 80 unifica e actualiza a redacción dada aos artigos 80 e 81 polo Real decreto 600/2011, do 29 de abril, da que cabe destacar o mantemento de catro direccións dependentes do conselleiro xerente, de entre as que desaparecen a Dirección de Bens Histórico-Artísticos e a Dirección de Imaxe, Promoción e Desenvolvemento, que son substituídas pola Dirección das Coleccións Reais e a Dirección de Inmobles e Medio Natural. No que se refire ao novo contido do artigo 81, este pasa a recoller as competencias da Dirección de Administración e Medios, á cal se lle atribúen novas funcións como consecuencia da desaparición da Dirección de Imaxe, Promoción e Desenvolvemento. Por outro lado, o artigo 82 recolle, coa súa nova redacción, as competencias da Dirección das Coleccións Reais que, ademais da xestión do conxunto dos bens mobles histórico-artísticos do patrimonio nacional, será responsable da dirección científica e técnica, así como da xestión do Museo das Coleccións Reais. Coa modificación do artigo 83 establécense as competencias da nova Dirección de Inmobles e Medio Natural, que pasa a ser responsable da xestión de todos os inmobles e espazos naturais adscritos ao patrimonio nacional.

Suplemento en lingua galega ao núm. 77 Sábado 29 de marzo de 2014 Sec. I. Páx. 2 En canto á nova redacción do artigo 84, actualiza as competencias da Dirección de Actos Oficiais e Culturais, que ve ampliadas as súas funcións debido á desaparición da Dirección de Imaxe, Promoción e Desenvolvemento, motivo polo que tamén se suprime o contido do artigo 85. Finalmente, a disposición adicional única fai referencia ao persoal directivo. Os titulares das direccións terán a consideración de persoal directivo, de acordo co disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e serán desempeñados por persoal funcionario de carreira pertencente aos corpos ou escalas do subgrupo A1, aínda que, excepcionalmente, os postos de traballo dos titulares das direccións de Coleccións Reais, de Inmobles e Medio Natural e da Dirección de Actos Oficiais e Culturais poderán ser ocupados por persoal laboral mediante contrato laboral especial de alta dirección. O Consello de Administración de Patrimonio Nacional emitiu informe favorable sobre este real decreto o 21 de maio de 2013. Na súa virtude, por iniciativa da vicepresidenta do Goberno e ministra da Presidencia, por proposta do ministro de Facenda e Administracións Públicas, de acordo co Consello de Estado, e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 28 de marzo de 2014, DISPOÑO: Artigo único. Modificación do Regulamento da Lei 23/1982, do 16 de xuño, reguladora do patrimonio nacional, aprobado polo Real decreto 496/1987, do 18 de marzo. O Regulamento da Lei 23/1982, do 16 de xuño, reguladora do patrimonio nacional, aprobado polo Real decreto 496/1987, do 18 de marzo, na súa redacción dada polo Real decreto 600/2011, do 29 de abril, queda modificado nos seguintes termos: Un. O artigo 80 queda redactado do seguinte modo: «1. O Consello de Administración do Patrimonio Nacional estrutúrase nos seguintes órganos, todos eles organicamente asimilados ao nivel de subdirección xeral, dependentes do conselleiro xerente: a) Dirección de Administración e Medios. b) Dirección das Coleccións Reais. c) Dirección de Inmobles e Medio Natural. d) Dirección de Actos Oficiais e Culturais. 2. Ademais, para a xestión ordinaria dos bens e dereitos do patrimonio nacional, establécense delegacións nos reais sitios de La Almudaina, Aranjuez, El Pardo, San Ildefonso, San Jerónimo de Yuste e San Lorenzo del Escorial, así como unha delegación para os reais padroados. 3. As funcións de dirección, coordinación e control inmediato das direccións e delegacións referidas nos números anteriores serán exercidas polo conselleiro xerente, baixo a superior dirección do Consello de Administración do Patrimonio Nacional e do seu presidente. 4. Están adscritos á Xerencia do Patrimonio Nacional, coas funcións que lles atribúen as disposicións vixentes e sen prexuízo da súa dependencia dos ministerios de Xustiza e de Facenda e Administracións Públicas, respectivamente, os seguintes órganos, con nivel orgánico de subdirección xeral: a) a Avogacía do Estado e b) a Intervención Delegada da Intervención Xeral da Administración do Estado.»

Suplemento en lingua galega ao núm. 77 Sábado 29 de marzo de 2014 Sec. I. Páx. 3 Dous. O artigo 81 queda redactado da seguinte forma: «1. Corresponde á Dirección de Administración e Medios o exercicio das a) A planificación, desenvolvemento e xestión dos recursos humanos, a formación e a acción social, a dirección da negociación colectiva e o servizo de prevención de riscos laborais. b) A preparación do anteproxecto de orzamento do Consello de Administración do Patrimonio Nacional, a tramitación das súas modificacións e o seguimento da súa execución, así como as mesmas funcións respecto aos orzamentos dos reais padroados. c) A xestión económica e financeira de ingresos e gastos do Consello de Administración do Patrimonio Nacional, así como a tramitación dos contratos, de acordo co texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro. d) A planificación e execución de plans en materia de tecnoloxías da información e da comunicación, a coordinación de tales actuacións, así como a elaboración e actualización do rexistro de bens e recursos informáticos. e) A elaboración e actualización permanente do inventario xeral, así como a tramitación dos expedientes de afectación e desafectación dos bens e dereitos que forman parte do patrimonio nacional e a preparación das correspondentes propostas. f) A actualización permanente do rexistro dos bens mobles que non teñan carácter histórico-artístico, así como dos demais bens e dereitos que non correspondan a outro rexistro do patrimonio nacional. g) O réxime interior dos servizos xerais, a xestión das subministracións e a dirección e coordinación dos servizos de información, rexistro e documentación. h) O deseño e desenvolvemento da estratexia de comunicación, difusión e promoción do patrimonio nacional, para o cumprimento dos fins e obxectivos que prevé a súa lei reguladora. i) O deseño e desenvolvemento da estratexia comercial, así como a xestión de patrocinios ou contribucións de mecenado cultural. j) A coordinación da atención ao visitante nos museos do patrimonio nacional. k) A realización de calquera outra actuación que lle encomende o conselleiro xerente e que non estea atribuída a outras direccións, dentro do ámbito do presente regulamento e de acordo coa normativa aplicable. 2. Corresponde ao responsable da Dirección de Administración e Medios a suplencia do conselleiro xerente nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.» Tres. O artigo 82 queda redactado da seguinte forma: «1. Corresponde á Dirección das Coleccións Reais o exercicio das seguintes competencias: a) A xestión integral dos bens mobles de carácter histórico-artístico que constitúen as coleccións reais, as bibliotecas reais e os arquivos históricos adscritos ao patrimonio nacional, así como a actualización permanente do inventario dos ditos bens. b) A dirección científica, técnica e de xestión do Museo das Coleccións Reais. c) A conservación e restauración dos bens contidos na letra a). d) A investigación histórica, artística e cultural de todos os bens integrantes do patrimonio nacional e a catalogación e documentación dos bens contidos na letra a). e) A presentación e exposición pública dos bens contidos na letra a). f) A dirección e programación das exposicións temporais.

Suplemento en lingua galega ao núm. 77 Sábado 29 de marzo de 2014 Sec. I. Páx. 4 g) A xestión dos préstamos para exposicións e os depósitos de obras solicitados por outras institucións. h) A dirección científica e coordinación dos proxectos de investigación e as publicacións de contido histórico e artístico sobre as coleccións reais e os reais sitios. i) A elaboración dos contidos científicos, educativos e de difusión de carácter histórico e artístico relacionados coas coleccións reais e os reais sitios. j) A proposta de adquisición de bens mobles, fondos documentais e fondos bibliográficos de interese histórico ou artístico. 2. A Dirección das Coleccións Reais leva indisolublemente unida a Dirección do Museo das Coleccións Reais. Por isto, o responsable desta dirección poderá utilizar, indistintamente, os cargos de director das Coleccións Reais e director do Museo das Coleccións Reais.» Catro. O artigo 83 queda redactado da seguinte forma: «Corresponde á Dirección de Inmobles e Medio Natural o exercicio das a) A rehabilitación, restauración e mellora, así como actuacións de conservación e mantemento de bens inmobles. b) A conservación, restauración e exposición ao público de elementos pictóricos ou escultóricos incorporados a edificios ou situados en parques e xardíns, en coordinación coa Dirección das Coleccións Reais. c) A conservación, a execución de proxectos científicos e a mellora dos xardíns, parques, montes e fauna, así como a xestión dos espazos naturais, de conformidade cos plans de protección ambiental aprobados polo Goberno, por proposta do Consello de Administración do Patrimonio Nacional. d) A explotación comercial de inmobles. e) A actualización permanente do inventario e a administración e xestión dos bens inmobles integrados no patrimonio nacional.» Cinco. O artigo 84 queda redactado da seguinte forma: «Corresponde á Dirección de Actos Oficiais e Culturais o exercicio das a) A planificación, organización operativa e desenvolvemento dos actos oficiais e programas culturais de Patrimonio Nacional, así como a coordinación dos distintos órganos e unidades do organismo e outras institucións intervenientes para a celebración de actos de carácter institucional no ámbito das competencias do Patrimonio Nacional. b) A supervisión dos espazos dos palacios reais e demais inmobles xestionados por Patrimonio Nacional expostos ao público. c) A xestión de espazos para eventos públicos e privados. d) A custodia e mantemento dos bens en uso para os actos oficiais e culturais ao servizo da súa execución.» Seis. O artigo 85 queda suprimido. Sete. Engádese unha disposición adicional única co seguinte texto: «Os titulares dos postos recollidos no artigo 80.1 terán a consideración de persoal directivo, de acordo co disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público. Os ditos postos de traballo serán desempeñados por persoal funcionario de carreira pertencente aos corpos ou escalas do subgrupo A1.

Suplemento en lingua galega ao núm. 77 Sábado 29 de marzo de 2014 Sec. I. Páx. 5 Non obstante, excepcionalmente, os postos de traballo dos titulares das direccións de Coleccións Reais, de Inmobles e Medio Natural e da Dirección de Actos Oficiais e Culturais poderán ser ocupados por persoal laboral mediante contrato laboral especial de alta dirección.» Disposición adicional única. Supresión de unidades orgánicas. Quedan suprimidas as seguintes unidades: 1. Dirección de Conservación de Bens Histórico-Artísticos. 2. Dirección de Imaxe, Promoción e Desenvolvemento. Disposición derradeira única. Entrada en vigor. O presente real decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado». Dado en Madrid o 28 de marzo de 2014. JUAN CARLOS R. O ministro de Facenda e Administracións Públicas, CRISTÓBAL MONTORO ROMERO http://www.boe.es BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO D. L.: M-1/1958 - ISSN: 0212-033X