NORMATIVA DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL CON CARGO A ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN (I+D+i)

Documentos relacionados
REGULAMENTO DE COLABORACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS DESTA UNIVERSIDADE EN CURSOS E CONVENIOS DE INVESTIGACIÓN

A Axencia Galega de Innovación

NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

NORMAS PARA A TRAMITACIÓN DA INCORPORACIÓN DE PERSOAL CON CARGO A PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN - PROGRAMAS - SUBVENCIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

PROPOSTA DO COMITÉ DE EMPRESA DE PONTEVEDRA DA CARREIRA PROFESIONAL PARA O PAS LABORAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Programa I. Promoción do emprego autónomo (TR341J)

CLAUSULADO DA ENCOMENDA

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

NORMATIVA REGULADORA DOS CONCURSOS DE ACCESO AOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS E DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

REGULAMENTO DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGOA DE COMPOSTELA

PROXECTO DE REGULAMENTO DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA DE CAMBIO DE GRUPO

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5699

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1349

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

REGULAMENTO DAS FIGURAS HONORÍFICAS DE PROFESOR E INVESTIGADOR AD HONOREM DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A SELECCIÓN, TRANSFERENCIA DA CUSTODIA E O ACCESO AOS DOCUMENTOS

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS DE ARTE E SUPERIORES DE DESEÑO (EART)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA A ACTUACIÓN DE AXENCIAS DE COLOCACIÓN

H CONSELLERíA DE SANIDADE

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

ADAPTACIÓN POR BLOQUE: CON 60 CRÉDITOS SUPERADOS Diplomatura en Ciencias Empresariais Campus de Lugo (971P01) Código. Carácter. Créditos.

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

BASES DA CONVOCATORIA

Normativa xeral Páxina 1

DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

ACORDAN Capítulo I Réxime de prestación de servizos

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

En Santiago de Compostela, once de xaneiro de dous mil trece REUNIDOS

PROCEDEMENTO P-PRL 17

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS (E.O.I)

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE INTERCENTROS XUNTA DE GALICIA DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

NORMATIVA DE CENTROS DE APOIO Á INVESTIGACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO VICERREITORÍA DE INVESTIGACIÓN

Estrada vella de Madrid 160. Tel: Fax:

MODELO DE CONVENIO DE ADHESIÓN

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

Actividades formativas desenvolvidas polo CAFI

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

V I C E P R E S I D E N C I A

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

CONCELLO DE BEGONTE 1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

B o l e t í n M a r z o A P E G a l i c i a

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO ANO 2018 PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS Á INVESTIGACIÓN

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

ANÁLISE DAS CARGAS DE TRABALLO: ESTUDO PILOTO

MÁSTER EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA PLAN DE COORDINACIÓN DOCENTE INFORME DE ACCIÓNS ACADÉMICAS E DE COORDINACIÓN VERTICAL E HORIZONTAL EMPRENDIDAS

Durante o ano 2006 continuouse coa política de estabilización do profesorado iniciada co desbloqueo da redacción da transitoria 3ª dos Estatutos.

NOTA INFORMATIVA SOBRE A CAPACIDADE FINANCEIRA DOS MEDIADORES DE SEGUROS

Guía para a coordinación do Grao en Ciencias do Mar

REGULAMENTO DE REXIME INTERNO DA ASOCIACION CLUSTER ALIMENTARIO DE GALICIA

DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2011 Páx

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

NORMATIVA DE CONCESIÓN DE LICENZAS POR SABÁTICO (Aprobada por acordo do Consello de Goberno do 5 de xuño de 2015)

CRITERIOS DE XESTIÓN DE LISTAS DE AGARDA E DE PROVISIÓN DE POSTOS

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

AUTONOMÍA PARA A VIDA MEDIDAS ALTERNATIVAS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A. Obxecto. B. Alcance. Sinatura. Elaborado por. Revisado por. Aprobado por. Servizo de Prevención de Riscos Laborais

LABORATORIOS COOPERATIVOS. Subvencións

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECIMIENTO.

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

BASES DO PROCESO SELECCIÓN DOS ALUMNOS-TRABALLADORES PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO LABORA XOVEN 2017 CONCELLO DE VILAGARCIA

Transcripción:

NORMATIVA DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL CON CARGO A ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN (I+D+i) PRESENTACIÓN Os Estatutos da Universidade de Vigo fixan, no artigo 2, coma un dos fins prioritarios da institución: O fomento da procura de novos coñecementos e a transferencia destes á sociedade, a creación artística e o desenvolvemento científico e tecnolóxico e a avaliación dos seus resultados, tanto no que atinxe á investigación básica como á aplicada. Estas actividades realízanse, maioritariamente, por medio da obtención de recursos das diferentes administracións públicas, ou pola colaboración con empresas no marco establecido polo artigo 83 da Lei Orgánica de Universidades. Para a realización destas actividades é frecuente que a universidade teña que contratar persoal específico para a execución dos proxectos, contratacións estas que se realizan segundo o previsto no artigo 48 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades (LOU), modificada pola Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril, que determina que as universidades poderán contratar persoal investigador, técnico ou outro persoal, a través de contratos de traballo por obra ou servizo determinado, para o desenvolvemento de proxectos de investigación científica ou técnica. Pola súa banda, a Lei 14/2011, do 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación (LCTI), no artigo 20, dispón que as modalidades de contrato de traballo específicas do persoal investigador (contrato predoutoral, contrato de acceso ao Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación e contrato de investigador/a distinguido/a, as poderán utilizar as universidades públicas cando sexan perceptoras de fondos cuxo destino inclúa a contratación de persoal investigador ou para o desenvolvemento dos seus programas propios de I+D+i, ademais daquelas outras modalidades de contrato de traballo establecidas polo Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo. Dado o número de contratos que a universidade ven realizando para poder responder ás demandas xeradas polos proxectos e actividades contratadas de I+D que se executan faise preciso contar cunha normativa que regule estas contratacións e que se adapte ás circunstancias propias da institución. 1.- ÁMBITO A presente normativa será de aplicación a todo o persoal que sexa contratado con cargo a fondos económicos procedentes de: a) Axudas e subvencións para a realización de proxectos específicos de I+D+i, acadadas nas correspondentes convocatorias competitivas dos planes e programas públicos de I+D+i, ou en xeral convocatorias públicas que teñan como destinatarios as universidades e centros de investigación universitarios. b) As relacións de colaboración que se establecen entre as universidades e outras entidades públicas ou privadas que posibilita a Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro de Universidades (LOU), modificada pola Lei Orgánica 4/2007, do 12 de abril.

c) Dos convenios de colaboración aos que se refire o artigo 34 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación (LCTI). d) Calquera outra vía de financiación non incluída nas anteriores e que permita a contratación de persoal. 2.- CATEGORÍAS DE CONTRATACIÓN. O persoal ao que se refire á presente normativa será contratado nunha das seguintes categorías, para o que deberá estar en posesión da titulacións especificadas. a) Área de investigación. 1. Investigador/a. Requirirase a titulación de doutor/a. 2. Investigador/a en formación. Requirirase estar en posesión dunha titulación que dea acceso aos programas de doutoramento. b) Área de apoio técnico á investigación 1. Técnico/a superior de apoio á investigación. Requirirase estar en posesión dunha titulación universitaria de nivel 2 ou superior segundo o Marco Español de Cualificación Superior (MECES). 2. Técnico/a de apoio á investigación. Requirirase estar en posesión dunha titulación de educación superior do nivel 1 segundo o MECES, ou titulación de educación secundaria. c) Área de apoio á xestión da investigación 1. Técnico/a administrativo/a. Requirirase estar en posesión dunha titulación de educación superior de nivel 2 ou superior segundo o Marco Español de Cualificación para a Educación Superior (MECES). 2. Axudante administrativo/a. Requirirase estar en posesión, cando menos, dunha titulación de educación superior de nivel 1 segundo o MECES, ou titulación de educación secundaria. Con carácter excepcional poderase propoñer a contratación de persoal con niveis educativos non encadrados no Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior. 3.- FUNCIÓNS A REALIZAR POLAS CATEGORÍAS DE CONTRATACIÓN Investigador/a. Son as persoas que, no marco da actividade de investigación na que son contratadas temporalmente, realizan tarefas de investigación entendidas como o traballo creativo realizado de forma sistemática para incrementar o volume de coñecementos, incluídos os relativos ao ser 2

humano, a cultura e a sociedade, e o seu uso para crear novas aplicacións, a súa transferencia e divulgación. O contrato de traballo terá como finalidade contribuír á creación e ao avance do coñecemento mediante a formulación de teorías ou a modificación das existentes empregando, na práctica, os coñecementos, técnicas e procedementos adquiridos na súa especialización. Realizarán ademais aqueles traballos afíns relacionados coa súa categoría e especialización que lles sexan encomendados polo/a responsable da actividade con cargo á que foi contratado/a, e dentro do obxecto do seu contrato. de calidade e de prevención de riscos laborais, de equipos e de materiais empregados no desempeño da súa actividade. 2.- Investigador/a en formación Son as persoas contratadas temporalmente con cargo a actividades de investigación nas que a realización dos traballos que se lles encomenden polo/a responsable da mesma deba estar vinculada co desenvolvemento da súa tese de doutoramento e contribuír ao seu proceso formativo como investigadores/as co obxecto de acadar a súa especialización investigadora. As súas funcións requirirán a supervisión do/a responsable da actividade de investigación con cargo á que foi contratado/a, e de ser o caso, do director/a e/ou titor/a da tese co fin de que poidan cumprir cos obxectivos do programa de doutoramento para acadar a súa especialización investigadora. de calidade e de prevención de riscos laborais, de equipos e de materiais empregados no desempeño da súa actividade. 3.- Técnico/a superior de apoio á investigación. Son aqueles traballadores/as contratados/as temporalmente con cargo a actividades de investigación para realizar labores especializadas de carácter técnico e asistencial contempladas no desenvolvemento da mesma. As súas funcións, que deberán corresponderse coa súa especialización e co obxecto do seu contrato de traballo, estarán relacionadas co apoio na planificación, elaboración, execución e avaliación técnica de procesos e protocolos de investigación ou de innovación asociados aos requirimentos da actividade á que se vincula o contrato. Realizarán ademais aqueles traballos afíns relacionados coa súa categoría e especialización que lles sexan encomendados polo/a responsable da actividade con cargo á que foi contratado/a, e dentro do obxecto do seu contrato. Calquera actividade que requira algunha acreditación e/ou especialización figurará nos requisitos do contrato de traballo. de calidade e de prevención de riscos laborais, de equipos e de materiais empregados no desempeño da súa actividade. 4.-Técnico/a de apoio á investigación 3

É aquel persoal contratado temporalmente con cargo a actividades de investigación que vai realizar funcións de apoio e asistencia na investigación que esixan o coñecemento dun conxunto de técnicas necesarias e que requiran unha capacitación profesional. As súas funcións, responsabilidades e ámbito de especialización do posto, deberán ser definidas nos criterios de contratación; e realizarán os traballos que lle sexan asignados polo/a responsable da actividade con cargo á que foi contratado/a, e colaborarán, de ser o caso, cos técnicos superiores no desenvolvemento das súas funcións. de calidade e de prevención de riscos laborais, de equipos, procesos, e de materiais empregados no desempeño da súa actividade. 5. Técnico/a administrativo/a É o persoal contratado temporalmente con cargo a actividades de investigación que realizan funcións de apoio á xestión administrativa e/ou económica e de promoción de I+D+i. As funcións e responsabilidades do posto estarán relacionadas co apoio na planificación, execución e avaliación técnica de procedementos e/ou protocolos de xestión e administración de investigación, transferencia e promoción de resultados asociados á actividade á que se vincula o contrato. Realizarán ademais aqueles traballos afíns relacionados coa súa categoría e especialización que lles sexan encomendados polo/a responsable da actividade con cargo á que foi contratado/a, e dentro do obxecto do seu contrato. Deberán cumprir as disposicións de aplicación en materia de prevención de riscos laborais. 6. Axudante administrativo/a Son aqueles/as traballadores/as contratados/as temporalmente con cargo a actividades de investigación que realizan función de apoio administrativo. As súas funcións consistirán na realización de tarefas administrativas e de xestión básicas para o que deberán manexar ferramentas ofimáticas e os programas de xestión necesarios para o desenvolvemento da actividade de investigación. Ademais realizarán todos aqueles traballos administrativos afíns relacionados coa súa categoría que lles sexan encomendados polo/a responsable da actividade con cargo á que foi contratado/a e, de ser o caso, polos/as técnicos/as superiores, dentro do obxecto do seu contrato. Deberán cumprir as disposicións de aplicación en materia de prevención de riscos laborais. 4. RETRIBUCIÓNS E GASTOS ASOCIADOS Á CONTRATACIÓN As retribucións brutas mínimas anuais por categoría laboral son: CATEGORÍA RETRIBUCIÓN Investigador/a 24.000 Investigador/a en Formación 15.000 Técnico/a superior de apoio á investigación/ 20.475 4

Técnico/a administrativo/a Técnico/a de apoio á investigación/ 15.000 Axudante administrativo/a Outras categorías fora do MECES 10.500 O custe dos salarios será a suma das retribucións brutas anuais, os gastos sociais a cargo da empresa e a indemnización que corresponda por fin de contrato. O/a investigador/a principal ou grupo de investigación que promova a contratación deberá facerse cargo de todos os gastos derivados da contratación do persoal, en especial aqueles que teñan que ver coa dotación aos traballadores dos equipos de protección individual precisos para a realización do seu traballo que sexan prescritos polos servizos de prevención da Universidade de Vigo. O disposto sobre retribucións non será de aplicación para os contratos formalizados ao abeiro de convocatorias de axudas/subvencións nas que se establezan cláusulas e retribucións específicas. 5. AXUDAS DE CUSTO E LOCOMOCIÓN Cando correspondan, as axudas de custo e locomoción do persoal contratado aboaranse de acordo co recollido no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo (BOE do 30 de maio), ou na normativa que o substitúa. As categorías de: Investigador/a, Investigador/a en formación, Técnico/a superior de apoio á investigación e Técnico/a administrativo/a, terá a consideración de Grupo 2. As de Axudante de apoio á investigación e Axudante administrativo/a, terán a consideración de Grupo 3. 6. CONDICIÓNS MÍNIMAS DE CONTRATACIÓN. O persoal contratado ao abeiro desta normativa terá os dereitos fixados polo Estatuto Básico do Empregado Público que sexan de aplicación ao persoal contratado en réxime laboral. 7.- XORNADA SEMANAL A xornada completa semanal aplicable ao persoal contratado ao abeiro desta normativa será de 37,5 horas semanais. A dedicación semanal mínima non será inferior a 15 horas semanais, salvo contratacións realizadas para cubrir reducións de xornada concedidas ao abeiro da normativa laboral vixente de aplicación. 8.-PROCESOS DE SELECCIÓN O persoal ao que sexa de aplicación esta normativa será contratado mediante procesos selectivos de carácter público nos que se garantirán os principios de igualdade, mérito e capacidade no acceso aos postos de traballo ofertados. 5

Naqueles casos nos que os contratos sexan de curta duración, ou sexa precisa a incorporación do persoal de forma urxente, arbitraranse as medidas necesarias para axilizar a contratación do persoal preciso. Os grupos de investigación poderán solicitar a convocatoria de lista de agarda para cubrir as necesidades de persoal que podan xurdir. 9. DERROGACIÓN A aprobación da presente normativa derroga cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto nesta. 10.- ENTRADA EN VIGOR Esta normativa entrará en vigor aos catro meses da súa aprobación polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo. DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA Os contratos vixentes á data de entrada en vigor da presente normativa non se verán afectados pola mesma. DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA Durante os doce meses seguintes á entrada en vigor da presente normativa os contratos aos que se fai referencia no paragrafo segundo do artigo 8 poderán ter un máximo de 6 meses de duración. DISPOSICIÓN ADICIONAL Facúltase á Vicerreitoría con competencias nas materias de Investigación e Transferencia de Coñecemento e á Xerencia da Universidade de Vigo para desenvolver os procedementos e ditar as instrucións precisas para aplicar o disposto nesta normativa, en especial o referente ao deseño dos procedementos para levar a cabo os procesos de selección así como asignar as responsabilidades administrativas da súa xestión á unidade que corresponda. 6