DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx

Documentos relacionados
DOG Núm. 217 Miércoles, 13 de noviembre de 2013 Pág

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx CORRECCIÓN de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

Guía de procedementos e servizos

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4712

DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA A ACTUACIÓN DE AXENCIAS DE COLOCACIÓN

PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á PROMOCIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE CAMBADOS 2018

Consellería de Economía, Emprego e Industria

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1349

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

SERVIZO DE PREVECIÓN DE RISCOS

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA FORMULARIO EXERCICIO DEREITOS ARCO

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS. Nº 157 Xoves, 14 de agosto de 2008 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Segundo apelido Segundo apellido Outros Otros. Número Número. Primeiro apelido Primer apellido Segundo apelido Segundo apellido NIE NIE

Edificio Administrativo de San Caetano,s/n SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANEXO II PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME /RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx

SOLICITUDES BOLSAS DE AXUDA DE COMEDOR CURSO ESCOLAR

MR437A - Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

COMUNICACIÓN DE MODIFICACIÓN DE DATOS REXISTRAIS INSTRUCCIÓNS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

PROCEDEMENTO P-PRL 17

III CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

En Santiago de Compostela, once de xaneiro de dous mil trece REUNIDOS

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 34 Viernes, 17 de febrero de 2012 Pág. 6172

programas de incentivos ao autoemprego colectivo garantía xuvenil SUBVENCIÓNS 2015 BASES E CONVOCATORIA

6.978 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 84 L Mércores, 3 de maio de 2006

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5494

Normativa xeral Páxina 1

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx

INSTRUCCIÓN DA SECRETARÍA XERAL 2/2004 SOBRE A DECLARACIÓN DE INTERESES DOS ALTOS CARGOS DA USC

B o l e t í n M a r z o A P E G a l i c i a

PR460A - Subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil.

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón:

N o 177 L Mércores, 13 de setembro de 2006 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx

NORMAS XERAIS E CONVOCATORIA... 2 PROGRAMA I ASOCIACIÓNS DE COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS... 4

DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7159

ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2017/2018 ED. INFANTIL ED. PRIMARIA E.S.O.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN DESTINADA AO FOMENTO DO DEPORTE FEDERADO. ANO 2017

IN412B - Axuda do Plan Renove de Fiestras.

Ocupada: Si Non Ocupante: Propietario Inquilino Teléfono: Ocupada: Si Non Ocupante: Propietario Inquilino Teléfono:

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

en Profesorado de Educación Secundaria, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas ou equivalente.

Primeira. Base de datos para a constitución dos grupos e, no seu caso, categorías.

Gases fluorados: certificacións persoais

Orixe: Dirección Xeral da División de Recursos Humanos do Sergas.

Transcripción:

DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44150 I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR ORDE do 6 de novembro de 2013 pola que se aproban e se dá publicidade aos modelos oficiais de solicitude de autorización de persoas e entidades para desenvolver actividades de auditoría dos sistemas de prevención e de notificación sobre a concorrencia das condicións que non fan necesario recorrer á auditoría do sistema de prevención, que se presentarán na Comunidade Autónoma de Galicia. O Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo 29.1º atribúelle á Comunidade Autónoma, en concordancia co artigo 149.1º.7 da Constitución española, a competencia de execución da lexislación do Estado en materia laboral, asumindo as facultades, funcións e servizos correspondentes a este ámbito. Como normativa estatal básica, o Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, modificado polo Real decreto 337/2010, do 19 de marzo, polo que se regulan os servizos de prevención, establece no seu artigo 33 que as persoas ou entidades especializadas que pretendan desenvolver a actividade auditora do sistema de prevención deberán contar coa autorización da autoridade laboral competente do lugar onde radiquen as súas instalacións principais, logo de solicitude ante esta, nas cales se farán constar as previsións sinaladas nas alíneas a), c), d), e) e g) do artigo 23 desta disposición. O artigo 29.3º do dito real decreto establece que as empresas de ata 50 traballadores, con actividades non incluídas no anexo I, que desenvolvan as actividades preventivas con recursos propios, considerarase que cumpriron coa obriga da auditoría cando cubran e remitan á autoridade laboral competente unha notificación sobre a concorrencia das condicións que non fan necesario recorrer a esta, segundo o modelo establecido no anexo II deste regulamento. O Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, que establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar atribúe a esta consellería a competencia nas materias de emprego e relacións laborais e, a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, correspóndelle, entre outras, a execución das competencias en materia de seguridade e saúde laboral. O procedemento de autorización de persoas e entidades para desenvolver actividades de auditoría dos sistemas de prevención e o de notificación sobre a concorrencia das con-

DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44151 dicións que non fan necesario recorrer á auditoría do sistema de prevención son tramitados na Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, polo Servizo de Seguridade e Saúde Laboral dependente da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social. Por outra banda, á vista do establecido na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, así como na Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia, resulta imprescindible adaptar os modelos da solicitude e da notificación ás novas exixencias ofrecendo a posibilidade de levar a cabo a súa presentación a través de medios telemáticos, facilitando así a comunicación entre a Administración e a sociedade. Polo anteriormente exposto, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais e obtidos os informes preceptivos na tramitación, e en exercicio das atribucións conferidas polo artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, DISPOÑO: Artigo 1. Obxecto Aprobar e dar publicidade aos modelos normalizados, de solicitude de autorización de persoas e entidades para desenvolver actividades de auditoría dos sistemas de prevención así como de notificación sobre a concorrencia das condicións que non fan necesario recorrer á auditoría do sistema de prevención, que se presentarán na Comunidade Autónoma de Galicia, que se conteñen nos anexos desta orde, en virtude do establecido nos artigos 33 e 29.3º do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, modificado polo Real decreto 337/2010, do 19 de marzo, polo que se regulan os servizos de prevención. Artigo 2. Presentación 1. Os referidos modelos deberán presentarse ante o Servizo de Seguridade e Saúde Laboral, dependente da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar da Comunidade Autónoma de Galicia.

DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44152 2. Os modelos de solicitude e de notificación deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario de comunicación normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación dos formularios será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia. 3. A documentación que a persoa solicitante desexe achegar xunto cos respectivos formularios poderá presentarse electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2º da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3º do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. 4. No caso de non presentarse de forma telemática, poderase optar por presentar a solicitude ou notificación que corresponda e demais documentación que consideren axeitada en soporte papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Disposición derradeira única. Entrada en vigor Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2013 Beatriz Mato Otero Conselleira de Traballo e Benestar

DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44153 ANEXO I PROCEDEMENTO AUTORIZACIÓN DE PERSOAS FÍSICAS OU ENTIDADES ESPECIALIZADAS PARA A REALIZACIÓN DE AUDITORÍAS DO SISTEMA DE PREVENCIÓN DAS EMPRESAS TIPO DE SOLICITUDE Autorización Modificación Baixa DATOS DA PERSOA SOLICITANTE NOME/RAZÓN SOCIAL CÓDIGO DO PROCEDEMENTO TR841A NIF DOCUMENTO SOLICITUDE CÓDIGO DE COTIZACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito) NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF ENDEREZO PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior) ÁMBITO TERRITORIAL Nacional C.A. Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Outros ámbitos PREVISIÓN DA ACTIVIDADE NÚMERO DE EMPRESAS NÚMERO DE TRABALLADORES/AS DOCUMENTACIÓN QUE SE XUNTA OU DECLARA QUE ESTÁ EN PODER DA CONSELLERÍA Documentación relativa aos/ás traballadores/as Contratos (un ou varios) laborais ou mercantís Currículo vital dos/as traballadores/as Título/s universitario/s dos/as traballadores/as Título/s de prevención dos/as traballadores/as Nº de colexiado de Medicina do Traballo Copia/s de autorización de compatibilidade Certificado/s de compatibilidade horaria Concerto con expertos/as de nivel superior

DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44154 ANEXO I (continuación) Documentación relativa á empresa solicitante Copia da escritura da constitución da sociedade (copia simple mercantil) Escritura da sociedade: poderes Certificado do Rexistro Mercantil de escritura da sociedade Código de conta de cotización á Seguridade Social Descrición da actividade que se realizará en cada especialidade Compromiso de non vinculación Documentación relativa a instalacións e equipos Concertos con laboratorios químicos Concertos con laboratorios microbiolóxicos Concertos con laboratorios de hixiene industrial Facturas dos equipos técnicos e sanitarios Contratos de arrendamento das instalacións ou similar (documento de cesión etc.) Escritura/s de compravenda das instalacións Certificado de autorización do centro sanitario para Medicina do Traballo Concerto con expertos/as de nivel superior Autorizo a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social de conformidade co artigo 35 letra f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 4 da Orde do 12 de xaneiro de 2012, pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia, á consulta a documentación indicada anteriormente. Así mesmo, declaro que a devandita documentación se mantén vixente na actualidade e que non transcorreron máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que corresponde. DECLARACIÓN RESPONSABLE E COMPROMISOS O solicitante comprométese a non manter coas empresas concertadas vinculacións comerciais, financeiras ou de calquera outro tipo, distintas ás propias da súa actuación como entidade auditora, que poidan afectar a súa independencia e influír no resultado da súa actividade. Do mesmo xeito, tales persoas non poderán realizar para a mesma ou distinta empresa actividades en calidade de entidade especializada para actuar como servizo de prevención, nin manter con estas últimas vinculacións comerciais, financeiras ou de calquera outro tipo distintas das que concerte a propia auditora como empresa para desenvolver as actividades de prevención no seo desta. A persoa abaixo asinante faise responsable da veracidade dos datos consignados e da documentación que se xunta e solicita a concesión de autorización como auditor ou entidade especializada para a realización de auditorías do sistema de prevención das empresas. Así mesmo, autoriza a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social verificar os datos anteriores mediante solicitude de información por calquera medio ás administracións públicas correspondentes, de conformidade coa Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia. En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmoo/a de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido a este centro directivo como responsable do ficheiro. LEXISLACIÓN APLICABLE Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención. Orde TIN/2504/2010, do 20 de setembro de 2010 pola que se desenvolve o Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención. Orde do 6 de novembro de 2013 pola que se aproban e se dá publicidade aos modelos oficiais de solicitude de autorización de persoas e entidades para desenvolver actividades de auditoría dos sistemas de prevención e de notificación sobre a concorrencia das condicións que non fan necesario recorrer á auditoría do sistema de prevención, que se presentarán na Comunidade Autónoma de Galicia. SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE Lugar e data Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, de de

DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44155 ANEXO II PROCEDEMENTO EXENCIÓN DE AUDITORÍA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS CÓDIGO DO PROCEDEMENTO TR845A DOCUMENTO NOTIFICACIÓN DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE RAZÓN SOCIAL NIF De nova creación Xa existente CNAE 2009/ACTIVIDADE ECONÓMICA ENTIDADE XESTORA OU COLABORADORA DE ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS (AT. E EP.) CLASE DE CENTRO DE TRABALLO (OBRADOIRO, OFICINA ETC.) Nº DE TRABALLADORES/AS DATA DA ÚLTIMA AVALIACIÓN DE RISCOS REALIZADA SUPERFICIE CONSTRUÍDA EN METROS CADRADOS E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito) NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF EN CALIDADE DE DA ENTIDADE DECLARO QUE A EMPRESA A QUE REPRESENTO Cumpre as condicións establecidas no artigo 29 do Regulamento dos servizos de prevención e, en consecuencia, atendendo á documentación que presentamos, se proceda co rexistro e consideración pola autoridade laboral competente. ENDEREZO PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior) DATOS DO CENTRO DE TRABALLO Nº DE TRABALLADORES/AS RESPONSABLE DA ACTIVIDADE PREVENTIVA NO CENTRO DE TRABALLO (marcar cunha x o cadro que proceda) Empresario/a Traballador/a designado/a Servizo de prevención propio Servizo de prevención mancomunado ENDEREZO DO CENTRO DE TRABALLO

DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44156 ANEXO II (continuación) RESUMO DOS DATOS RELATIVOS Á PREVENCIÓN DE RISCOS RISCOS EXISTENTES ACTIVIDADE PREVENTIVA PROCEDENTE DOCUMENTACIÓN QUE SE XUNTA OU DECLARA QUE ESTÁ EN PODER DA CONSELLERÍA Formulario debidamente cuberto en todas as súas epígrafes. Copia da última avaliación realizada na empresa obxecto da notificación (co lugar, data, sinatura do responsable da actividade preventiva na súa empresa e, de ser o caso, selo da empresa). Copia da documentación que acredite a idoneidade do/a empresario/a para o desempeño da actividade preventiva na súa empresa. No caso da designación dun/dunha traballador/a para desenvolver a acción preventiva nesa empresa: escrito con declaración expresa da designación e copia do documento que acredite a súa cualificación en materia preventiva. Autorizo a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, de conformidade co artigo 35 letra f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e 4 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia, á consulta da documentación indicada anteriormente. Así mesmo, declaro que a devandita documentación se mantén vixente na actualidade e que non transcorreron máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que corresponde. LEXISLACIÓN APLICABLE Artigo 29 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención, modificado polo Real decreto 337/2010, do 19 de marzo. Orde TIN/2504/2010, do 20 de setembro de 2010 pola que se desenvolve o Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención. Orde do 6 de novembro de 2013 pola que se aproban e se dá publicidade aos modelos oficiais de solicitude de autorización de persoas e entidades para desenvolver actividades de auditoría dos sistemas de prevención e de notificación sobre a concorrencia das condicións que non fan necesario recorrer á auditoría do sistema de prevención, que se presentarán na Comunidade Autónoma de Galicia. SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE Lugar e data Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, de de