INFORME ECONÓMICO FINANCEIRO

Documentos relacionados
INFORME ECONÓMICO-FINANCEIRO ORZAMENTO 2015

INFORME ECONÓMICO-FINANCEIRO ORZAMENTO 2013

INFORME ECONÓMICO-FINANCEIRO ORZAMENTO 2011

Concello de Riveira ORZAMENTO MUNICIPAL

Asunto: Informe económico financeiro en relación á aprobación do Orzamento Xeral da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2015

Proxecto ORZAMENTO EN TERMOS DE CONTABILIDADE NACIONAL. Memoria I

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

ASUNTO: CONCERTACIÓN DE DÚAS OPERACIÓNS DE PRÉSTAMO PARA INVESTIMENTOS (PREVISTA NO ORZAMENTO DO 2010) E PARA GASTOS CORRENTES

Proxecto ORZAMENTO EN TERMOS DE CONTABILIDADE NACIONAL. Memoria I

INSTRUCIÓNS COMPLEMENTARIAS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN DO PLAN CONCERTADO 2010

DOG Núm. 151 Martes, 11 de agosto de 2015 Páx

CADRO EVOLUCIÓN DA RECADACIÓN NO IMPOSTO SOBRE A RENDA DE NON RESIDENTES

DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx

INFORME SOBRE A SITUACIÓN ECONÓMICA E FINANCEIRA VICERREITORÍA DE ECONOMÍA E FINANCIAMENTO

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2016 Páx

ORZAMENTO MEMORIA XUSTIFICATIVA DO CUSTO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

ORZAMENTOS XERAIS DA XUNTA DE GALICIA 2010 ORZAMENTO DE EXPLOTACIÓN SOCIEDADES 412 E 499

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas

Expediente M5/2017 de modificación del Anexo de Subvenciones del Presupuesto 2017

c) Por outra banda, e como non podería ser doutro xeito, prestarase especial atención aos Camiño como elemento soporte básico do fenómeno Xacobeo.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

Consellería de Innovación e Industria

CARPETA CIDADÁ concellaría delegada de informática

b) Normas con arreglo ás que se desenvolve o traballo.

DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6024

NUM-CONSULTA: V ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO DATA DE SAIDA: 12/05/2014 NORMATIVA:

LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECIMIENTO.

P O S Finalidades. Financiamento. Obxectos. Tramitación IMPORTANTES NOVIDADES

A Coruña 26/09/2017. POS Adicional por maior achega provincial ( )

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

Ordenanzas fiscais Páxina 1

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

ORZAMENTO 2018 Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia.

Medidas municipais de conciliación de promoción autonómica

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA INSTALACION DE QUIOSCOS NA VIA PUBLICA

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

CSIF sobre a Lei 1/2012 de medidas temporais e os orzamentos 2018

Ordenanzas fiscais Páxina 1

I. MEMORIA DOS ORZAMENTOS 2018 E PROGRAMA DE ACTUACIÓNSINVESTIMENTOS E FINANCIAMENTO

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

- Exclusión da tributación de todas as herdanzas inferiores a

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

NORMAS XERAIS E CONVOCATORIA... 2 PROGRAMA I ASOCIACIÓNS DE COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS... 4

Sres./as Concelleiros/as da Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela:

ORDENANZA FISCAL NÚM. 203 IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES.

Beneficiarios e materias nas que se establecerán subvencións

Fundamentos de Administración e Xestión

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

COTIZACIÓN RECUPERACIÓN SALARIAL CON EFECTOS RETROACTIVOS

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Proxecto OS ORZAMENTOS DOS ORGANISMOS AUTÓNOMOS. Memoria I

XESTIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA Xestión dos gastos financiables

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

III.5.2. OE 2: Reforzo da capacidade institucional e financeira de Galicia

JAM JOSE ANTONIO MONTERO RODRÍGUEZ

Guía de procedementos e servizos

CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO

PLENO DO EXCMO. CONCELLO.- Núm. 7 CONVOCATORIA

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

ORDENANZA FISCAL NUMERO T11. Taxa por tramitación de licencias de apertura de establecementos

IGAPE PLAN IMPULSA OURENSE 2012 (IG-100)

MEMORIA EXPLICATIVA DO PLAN DE ACCIÓN DE TURGALICIA PARA O ANO 2007.

Normativa xeral Páxina 1

Sres./as Concelleiros/as da Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela:

Artigo 48. Imposto sobre actividades de xogo (Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo)

Fecha :05 ORDE DO DÍA

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

OE 1.4. Atención ao benestar social

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

LABORATORIOS COOPERATIVOS. Subvencións

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

Programa de Cidadanía Activa: Promoción de Vida Independente

DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO ANO 2018 PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS Á INVESTIGACIÓN

Proxecto TÍTULO IV: MEDIDAS PROVISIONAIS DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA. Lei de acompañamento

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CONVENIO PARTES FIRMANTES OBXECTO DURACIÓN OBRIGAS PARA AS PARTES

Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón:

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

Ilmo. Sr. Don Xosé Daniel Piñeiro Villares, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal do Excmo. Concello de Lugo.

Actividade empresarial

INFORME OFICINA ORZAMENTARIA

Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional

MAPA DE RECURSOS: Oficinas da Seguridade Social e da Axencia Tributaria

CONSULTA PÚBLICA PROBLEMAS QUE SE PRETENDEN SOLUCIONAR COA INICIATIVA: NECESIDADE E OPORTUNIDADE DA SÚA APROBACIÓN:

Transcripción:

INFORME ECONÓMICO FINANCEIRO Concellería delegada de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico Art 168 Real Decreto Lexislativo 2/2004 Bases utilizadas nas estimacións de previsións de ingresos e operacións de crédito, así como a suficiencia dos créditos para a atención do cumprimento das obrigas esixibles e os gastos de funcionamento dos servicios e, en consecuencia, a efectiva nivelación orzamentaria Os estados de previsión de gastos e ingresos do orzamento municipal para o exercicio 2016 realizáronse segundo as seguintes consideracións asumidas polos órganos responsables da xestión municipal na estimación das previsións de ingresos e gastos: Estado de gastos: - Estados de execución Orzamentaria: estado de liquidación do orzamento do exercicio 2015. - Remisión de Propostas por parte das distintas Unidades de Xestión de Gasto relativas a programas específicos non contemplados no exercicio 2015 con incidencia cuantitativa no estado de créditos orzamentarios, xa que o criterio xeral aplicable a este proxecto de Orzamento para o 2016 foi a procura do mantemento das estimacións previsionais do exercicio pasado - Estimacións e priorización dos programas de gasto realizadas pola Concellería delegada de Economía de conformidade coa Alcaldía en función das dispoñibilidades orzamentarias e respectando os límites de establecidos na Lei 2/2012 de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira - Estado de consignación de créditos do capítulo de persoal (capítulo 1) en base ás previsións remitidas polo servicio de Persoal, con inclusión das previsións necesarias para adecuar a estrutura organizativa dos órganos directivos ás esixencias legais. - Gastos con Financiamento Afectado: comunicacións e estimacións de programas e convenios de cofinanciamento de investimentos e gastos ordinarios doutras administracións públicas. - Estimación de cobertura orzamentaria suficiente para os gastos derivados de contratos vixentes de prestacións de servizos públicos e de concesionarios de servizos públicos, con aplicación de criterios de prudencia, xa que se establecen as consignacións orzamentarias polas contías máximas estimadas, sen prexuízo das eventuais baixas derivadas da licitación de novos contratos. - Incremento do esforzo en materias de Servizos Sociais e Promoción Social, Cultura, Deportes e Educación, priorizando políticas públicas de gasto vinculadas a paliar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos efectos dunha crise xeralizada en tódolos sectores da economía e cuxo prazo 1

INTERVENCIÓN MRT/ccg Refª: Z:\GrIntervencion\ARQ COMUNS\ORZAMENTO\2016\Informe económico-financieiro 2016.doc Asunto: Informe económico-financeiro de recuperación prevese máis longo do que as esixencias da volta ás condicións do estado de benestar esixirían nunha sociedade solidaria e avanzada. Por isto, continuase de forma decidida por este goberno coas políticas activas de fomento de emprego, así como as necesarias políticas sociais que coadiven á paliar o lastre negativo das consecuencias do paro. - Obrigas derivadas da amortización das operacións de endebedamento concertadas. Cómpre resaltar a notable incidencia respecto das esixencias de consignación orzamentaria derivadas do esforzo nos últimos exercicios para diminuír a débeda neta financeira, o que determina unha menor necesidade de consignación para xuros da débeda (capitulo 3) e priorizando a execución de investimentos en función das prioridades e necesidades municipais e en función do saldo de recursos propios municipais. Estado de previsión de ingresos: - Estado de execución orzamentaria: estado de liquidacións de dereitos recoñecidos brutos durante os tres primeiros trimestres do exercicio e a súa proxección a 31/12 - Estimacións e previsións remitidas polo Servicio de Facenda Local - Comunicacións da Administración Estatal de cuantificación das participacións nos tributos estatais e o Fondo complementario - Estimacións con criterios de prudencia -en función das liquidacións coñecidasrespecto doutros ingresos non finalistas - Posibles ampliacións de feitos impoñibles de determinadas Ordenanzas que, ademais de outorgar unha maior carga de equidade tributaria para o sostemento dos gastos xerais, suporán liquidacións adicionais - Previsión de xestións conxuntas de cofinanciamento de investimentos con outras administracións públicas - Estimación de novas operacións de endebedamento para o financiamento parcial do anexo de investimentos municipais ESTIMACIÓN DE INGRESOS. As previsións de ingresos nos distintos conceptos orzamentarios baséanse en criterios de valoración razoables e verosímiles en función das evolucións das liquidacións dos últimos exercicios orzamentarios. Conceptos impositivos de titularidade municipal: A proposta de estimacións de previsión de ingresos por liquidación dos distintos impostos e taxas municipais, realízase de conformidade coas estimacións realizadas polo Servicio de Facenda Local en función da taxa de evolución 2

amosada nas últimas liquidacións, sobre a base de comportamentos similares aos verificados no presente exercicio. En primeiro lugar, convén resaltar que as previsións de ingresos de natureza tributaria baséanse nas previsións remitidas polo Servicio de Facenda Local tendo en conta o mantemento dos tipos impositivos e tarifarios para o exercicio 2016. Por tanto, e coa salvedade do condicionamento do cumprimento da expectativa de mantemento da evolución das liquidacións de contraído directo ás do presente exercicio (altas en padrón ou matrículas), as previsións axústanse ós criterios que o estado actual da execución dos distintos conceptos tributarios amosa. Convén manter as labores de actualización e tramitación de expedientes liquidados en exercicios anteriores ós efectos de evitar a súa prescrición sen prexuízo da incidencia orzamentaria que puideran ter as liquidacións de recargos legais aplicables ou das liquidacións complementarias derivadas das actividades de inspección tributaria, poñendo de manifesto obxectos impoñibles que puideran estar ocultos e que, sen dúbida, contribuirán á efectiva aplicación do criterio de equidade tributaria no reparto das cargas entre tódolos usuarios. Igualmente adóptase un criterio de prudencia nas estimacións do capítulo 2, aínda que en base a feitos como a aprobación definitiva do PXOM poda incidir no aumento das liquidacións por conceptos impositivos en base á certeza xurídica que supón a aprobación do Plan, e minorando as devolucións de ingresos por inexecución de licencias concedidas. Conceptos tributarios de natureza non impositiva e outros de titularidade municipal: En relación ó capítulo de taxas, mantense o criterio de contención nas estimacións de ingresos, en base ás proxeccións de Facenda Local para fin de exercicio. Así mesmo, ten incidencia na estimación das previsións de ingresos realizada nos conceptos de maior potencialidade recadatoria, ás tarefas xa mencionadas nos apartados anteriores relativas á intensificación e promoción da inspección tributaria que redundarán nun aumento dos índices de recadación. 3

INTERVENCIÓN MRT/ccg Refª: Z:\GrIntervencion\ARQ COMUNS\ORZAMENTO\2016\Informe económico-financieiro 2016.doc Asunto: Informe económico-financeiro Transferencias correntes e de capital que proveñen doutras administracións públicas: Pola súa banda, respecto das previsións de ingresos de transferencias correntes, cómpre analizar, pola súa relevancia cuantitativa, as estimacións da estimación da Participación nos Ingresos do Estado: as estimacións de previsións realizadas polas unidades xestoras coinciden coa remisión da información estimativa remitida polo Ministerio de Facenda, sen prexuízo da singular mención que respecto da incidencia especialmente financeira, pero tamén orzamentaria, derivada da aceptación do deferimento da devolución das liquidacións negativas da PTE dos anos 2008 e 2009, de 60 a 120 mensualidades, e o ano 2013, o que determina unha maior capacidade de gasto (pola diminución da devolución de ingresos anual). Intégrase a estimación cuantitativa das liquidacións de exercicios anteriores con criterios de prudencia respecto das informacións remitidas pola FEMP. Non obstante adoptaranse as medidas de contención correspondentes por parte das unidades xestoras -como poidan ser a inmobilización do crédito, nos termos establecidos nas Bases de execución- pola contía da previsión que non sexa efectiva. En canto á Participación nos tributos da Comunidade Autónoma, aplícanse criterios de homoxeneidade, á espera da definitiva cuantificación do que correspondería ao municipio de Lugo. Mantense as estimacións das transferencias da Xunta de Galicia en materia de servizos sociais, políticas de igualdade, educación, escolas infantís, emprego, en base ás expectativas e o acontecido no ano 2015. Alleamento de investimentos reais: No capítulo de alleamento de investimentos reais, aplícanse criterios realistas en función do escenario económico actual e as liquidacións de exercicios anteriores. En todo caso, condicionase á efectividade do crédito do investimento, que por estas fontes se financian, a súa executividade. No Anexo de Investimentos, acompáñanse as previsións de financiamento derivado de transferencias ou subvencións de capital doutras administracións, tendo a consideración de gastos con financiamento afectado e, polo tanto, a súa execución ó longo do exercicio, queda condicionada, na parte financiada con tales recursos, á súa efectividade verificada pola entrega efectiva dos recursos financeiros ou polo compromiso firme de aportación. O mencionado resulta aplicable ós créditos de investimento financiados con operacións de endebedamento. 4

Operacións financeiras a longo prazo Proponse como fonte de financiamento alleo, a concertación dunha operación de préstamo por un importe de 2.331.500 euros, para a atención das obrigas económicas que se deriven da execución de parte dos investimentos que se pretenden realizar durante o exercicio, tendo en conta o importantísimo esforzo que se realiza para o mantemento dos programas de servizos sociais e de benestar social, así como cultura, deporte ou educación, xa que debe financiarse cos recursos correntes ordinarios como consecuencia da diminución do cofinanciamento externo destes, que permitiría, no caso de terse mantido, o destino parcial dos recursos ordinarios á execución de investimentos. Para manter o ritmo de investimentos, faise necesario acudir á novas fontes de financiamento externo no exercicio 2016, sen prexuízo da posibilidade de tramitar expedientes de modificacións de previsións se os resultados das magnitudes orzamentarias o permitiran. Esta situación podería complementarse cun expediente similar sequera parcial- na execución do Orzamento do exercicio 2016, en función dos datos da liquidación e as previsións normativas establecidas na Lei 2/2012 de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira. En todo caso, resulta evidente a diminución progresiva da débeda neta financeira municipal dende hai varios exercicios, mediante a aplicación de recursos propios ó financiamento de investimentos reais, marxinado a apelación ó crédito privado. 2. ESTIMACIÓN DE GASTOS. En relación ós gastos deben destacarse as seguintes consideracións: Gastos de persoal O capítulo 1 de persoal ten como finalidade a de recoller as consignacións orzamentarias acorde coas previsións retributivas totais consideradas no Orzamento Xeral da Corporación para o ano 2016. A tales efectos, xúntase ó expediente a plantilla confeccionada polo departamento de Persoal, isto é, o Anexo de Persoal de persoal funcionario e laboral. Cómpre destacar a incorporación das actuacións necesarias para adecuación da estrutura organizativa ás esixencias legais dos órganos directivos municipais. Incremento do 1% e 50% extra 5

INTERVENCIÓN MRT/ccg Refª: Z:\GrIntervencion\ARQ COMUNS\ORZAMENTO\2016\Informe económico-financieiro 2016.doc Asunto: Informe económico-financeiro Gastos en bens correntes e servizos ordinarios de carácter recorrente Da cuantificación de créditos para a atención de operacións correntes referidas a servizos básicos, mantense o criterio de control e suficiencia coa finalidade de asegurar o crédito necesario para a cobertura orzamentaria das obrigas económicas derivadas da prestación de tales servizos polos respectivos adxudicatarios. Por outra banda, debe destacarse a intensificación do esforzo orzamentario destinado ó mantemento dos programas de natureza social aínda diminuíndo o cofinanciamento externo dos programas actuais. Dese xeito, refléxase nas aplicacións orzamentarias da Concellería de Emprego, a consignación de 1.150.000 para a posta en marcha dun Plan de Emprego 100% municipal. É importante destacar a repetición do exitoso proxecto de Orzamentos Participativos que permitirá novamente que a cidadanía lucense tome unha palabra real e participe dun xeito activo nos orzamentos da cidade. Un esforzo considerable que potenciará aínda máis o achegamento do Concello coa poboación e o maior coñecemento do seu funcionamento, algo que este goberno considera necesario para avanzar nunha maior democratización da nosa cidade. Gastos financeiros En canto o capítulo 3, de gastos financeiros, dedúcese unha diminución considerable en termos cuantitativos respecto das previsións do exercicio anterior, mantendo a senda de diminución dos últimos exercicios, como consecuencia da redución do recurso ó financiamento financeiro externo, polo que tanto a amortización anticipada como, especialmente, a diminución da débeda neta financeira, supón unha diminución de gasto de intereses financeiros. Transferencias correntes Cómpre manifestar o mantemento do compromiso acadado coas distintas asociacións, clubes e demais entidades, do mantemento do esforzo orzamentario para colaborar e promocionar as actividades de índole cultural, social, deportivas e, en xeral, fomentadoras da conciencia veciñal e participativa. Investimentos reais e Transferencias de capital 6

Neste capítulo recóllense con criterios de continuidade respecto de exercicios anteriores, as previsións orzamentarias sinaladas no Anexo de Investimentos do Orzamento entre os que destacan a previsión orzamentaria para actuacións de reurbanización e renovación de servizos nos barrios, investimentos na zona rural, demandas reiteradas como a zona de baño público, a humanización a Infanta Elena, a ampliación de Hortos Urbáns, plan de sinaliación para convertir a Lugo en zona 30, importantes obras de saneamento... Amortización da débeda Os créditos consignados nos capítulos 3 e 9 de gastos, considéranse suficientes para a atención das obrigas económicas que se deriven da amortización da débeda viva así como dos xuros que se devenguen durante o exercicio. Especial relevancia cobra a determinación do capítulo 9 de gastos orzamentarios polo que a cuantificación do crédito imputado ás distintas aplicacións orzamentarias deste capítulo de gastos se refire: a) Estimación da amortización correspondente ós créditos dispostos b) Consignación do crédito indispoñible relativo ás devolucións das liquidacións definitivas da participación nos ingresos do estado relativas ó exercicio 2008, 2009 e 2013, de modo que non poda financiar crédito para gastos de forma efectiva (por mor da aplicación do principio de orzamento bruto na estimación e liquidacións dos ingresos e a contabilización da devolución de ingresos indebidos nos termos establecidos pola IGAE) Lugo, 18 de marzo de 2016 A concelleira delegada de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico Ana Prieto Nieto 7