Palabras clave.- Incluírase un máximo de catro términos significativos do contido do traballo.

Documentos relacionados
e actuacións, introducindo a reflexión fundamentada e apoiada nos coñecementos teóricos.

apelidos da persoa autora, nome e apelidos da persoa ou persoas directoras, denominación da titulación e curso académico.

Guía docente do Traballo fin de Mestrado

Normas de presentación dos traballos

GUIÓN ORIENTATIVO PARA A CONFIGURACIÓN DO PORTAFOLIO1 GRAO DE EDUCACIÓN PRIMARIA PRACTICUM II

GUIÓN ORIENTATIVO PARA A CONFIGURACIÓN DO PORTAFOLIO1 GRAO DE EDUCACIÓN INFANTIL PRACTICUM II

GUÍA DOCENTE TRABALLO FIN DE GRAO

GUÍA DOCENTE TRABALLO FIN DE GRAO

Criterios para elaboración da documentación

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Pequena guia de acollida na Facultade

ADAPTACIÓN POR BLOQUE: CON 60 CRÉDITOS SUPERADOS Diplomatura en Ciencias Empresariais Campus de Lugo (971P01) Código. Carácter. Créditos.

Información e instrucións para realizar solicitudes web

Os méritos alegados no currículum vitae deberán ser xustificados mediante os documentos que se indican en cada caso:

Facultade de Fisioterapia REGULAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

NORMATIVA SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE DO ALUMNADO NA FACULTADE DE DEREITO

CONVOCATORIA DE ACCESO AO VIVEIRO DE EMPRESAS INNOVADORAS DA UDC

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

PROTOCOLO PARA O DESENVOLVEMENTO DO TRABALLO FIN DE ESTUDOS CURSO 18/19

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Memoria Final Pauta GT (15 páx. Máx. ou 6000 palabras)

AXUDAS POSDOUTORAIS- XUNTA DE GALICIA 2018 PROCEDEMENTO PARA A PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

MANUAL DE PUBLICIDADE

MANUAL DE PUBLICIDADE

Bases do concurso. Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO:

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, BASEADAS NO COÑECEMENTO CIENTÍFICO

PROXECTO DE REGULAMENTO DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA DE CAMBIO DE GRUPO

BASES DO III PREMIO UNIVERSITARIO DE COMUNICACIÓN CIENTÍFICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DE A OPE 2008/2009

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

Facultade de Química Avda. das Ciencias s/n Santiago de Compostela ESPAÑA

Guía docente Título superior de deseño

A. Obxecto. B. Alcance. Sinatura. Elaborado por. Revisado por. Aprobado por. Servizo de Prevención de Riscos Laborais

Campacontos Campacontos Obxectivos Persoas destinatarias Campacontos Características dos campacontos 1 Compoñentes: 2 Extensión e temática:

INFORMACIÓN AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS

Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional

Bases do concurso. Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO:

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

MEMORIA PARA O PROGRAMA CONXUNTO DE ESTUDOS OFICIAIS DO GRAO EN TURISMO E O GRAO EN XEOGRAFÍA E HISTORIA (Campus de Ourense) Aprobado en:

OBRADOIROS DE EMPREGO DE GALICIA. Manual de Identidade Corporativa

Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS

GUIÓN ORIENTATIVO PARA A CONFIGURACIÓN DO PORTAFOLIO GRAO DE EDUCACIÓN INFANTIL PRACTICUM I

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Asistente web para a solicitude

REGULAMENTO DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGOA DE COMPOSTELA

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

OBRADOIROS DE EMPREGO DE GALICIA

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

O curso ten unha duración de 150 horas teóricas e 120 horas prácticas. As horas teóricas e prácticas son obrigatorias.

REGULAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO FACULTADE DE FILOLOXÍA E TRADUCIÓN

Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural

Valorarase a puntuación obtida neste exercicio correspondente á última oposición da categoría.

Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) Axencia Galega de Innovación (GAIN) Premio Galicia de Xornalismo Científico 1ª.- Características da

III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA GALICIA, AUGA E LITERATURA PROGRAMA PRENSA-ESCUELA - VIAQUA 2016/2017

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

IV CERTAME DE RELATO CURTO

CURSO COLEXIO TIRSO DE MOLINA LINGUA GALEGA E LITERATURA 4º ESO (CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN)

BAREMO APLICABLE PARA AS LISTAS ABERTAS DE INTERINIDADES/SUBSTITUCIÓNS. Baremo para a valoración de méritos: sistema xeral de ingreso

O curso ten unha duración de 150 horas teóricas e 120 horas prácticas. As horas teóricas e prácticas son obrigatorias.

GUÍA PARA FACER BUSCAS DE NORMATIVA MINERVA

espazoabalar Guía abalarmóbil

MASTER UNIVERSITARIO EN MARKETING, CONSULTORÍA E COMUNICACIÓN POLÍTICA

Convocatoria do I PREMIO INTERNACIONAL DE INVESTIGACIÓN EN INNOVACIÓN E ECONOMÍA CIRCULAR

NORMATIVA DO TRABALLO FIN DE GRAO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN E DO DEPORTE. UNIVERSIDADE DE VIGO, CAMPUS DE PONTEVEDRA

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

É unha presentación breve, escrita e ordenada da historia profesional e. académica. O CV é o mellor instrumento de marketing co que todos

FACULTADE DE MATEMÁTICAS CONVOCATORIA PRÁCTICAS CURSO

PROCEDEMENTO P-PRL 17

COLEGIO MIRALBA PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (PAU)

Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía REGULAMENTO TRABALLO FIN DE GRAO

O servidor do centro

Uso avanzado do buscador Google

Como buscar no catálogo?

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

INSTRUCIÓNS XERAIS PARA A FERRAMENTA DE AXUDA A CUMPRIMENTACIÓN DE SOLICITUDES.

G U Í A D O A L U M N A D O

Guía para a coordinación do Grao en Ciencias do Mar

Ao mesmo tempo, pretende valorar o esforzo demostrado polos centros públicos en potenciar accións que os dinamicen.

TÉCNICAS DE TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN

REGULAMENTO PARA A DEFENSA DO TRABALLO FIN DE MÁSTER EN XESTIÓN DO PATRIMONIO ARTÍSTICO E ARQUITECTÓNICO, MUSEOS E MERCADO DA ARTE

Proba de acceso aos ciclos superiores. Estructura da Proba. Cualificación e Certificación. Exención da parte específica

1.2.- VALORACIÓN DO COÑECEMENTO DA LÍNGUA GALEGA: 5% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (5,000 PUNTOS).

REGULAMENTO DE XUÍCES,OFICIAIS E ÁRBITROS DE REGATAS A VELA FEDERACIÓN GALEGA DE VELA

Convocatoria Premios Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2018.

Convocatoria ordinaria de 2012

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

Curso Académico 2017/2018 GRAO EN QUÍMICA: TRABALLO FIN DE GRAO (TFG)

CONVOCATORIA DE PROXECTOS DE PROGRAMAS DE RADIO OUTUBRO-DECEMBRO DE 2017 DE AMES RADIO

CONCELLERÍA DE DEPORTES EVENTOS DEPORTIVOS CALENDARIO, INSTRUCIÓNS, SOLICITUDE E TRAMITACIÓN

Emprego público. Artigo x. Modificación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

BASES DO XLIII PREMIO DE POESÍA DO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE VILALBA 2017

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de dous mil dezasete

MANUAL CALCULADORA DE CUSTOS DE CONTRATOS

ORIENTACIONES PARA LA PRESENTACION DE LOS TRABAJOS ESCRITOS Según norma APA

Transcripción:

GUÍA PARA A ELABORACIÓN DO TFG (Data 19 de xuño de 2017) O Traballo Fin de Grao (TFG) é un traballo de carácter integrador que o estudantado debe desenvolver de forma individual e autónoma destinado a demostrar a adquisición de competencias vinculadas co Grao en Comercio. O TFG é unha materia do Plan de Estudos do Grado en Comercio de 6 créditos ECTS que supón unha equivalencia aproximada de 150 horas de traballo do estudantado. O TFG non é un traballo de investigación propiamente dito, aínda que a súa elaboración implique a procura e tratamento de información relevante e novedosa. O estudantado debe ser capaz de desenvolver un traballo de certa entidade no que integre os coñecementos e capacidades adquiridas. As orientacións e os enfoques do TFG poden ser múltiples entre os cales podemos identificar, sen ánimo de ser exhaustivos, algúns exemplos: estudos sectoriales, análises de viabilidade de empresas, estudos económicos de carácter xeral, estudos sobre metodoloxías aplicables á xestión da empresa e o comercio, aspectos relacionados co comercio internacional desde diferentes e diversas perspectivas ou revisión sobre o estado da cuestión de temas relacionados coa titulación. O TFG ten que ser orixinal, debendo citarse as fontes de referencia de toda aquela información que non sexa propia do autor/a. Por suposto calquera tipo de plaxio será motivo de suspenso. 2. ESTRUCTURA BÁSICA Con independencia dos contidos propios do TFG, todos deberán incluír os seguintes elementos: Título.- Nunha lingua oficial ou en inglés. Resumo.- Breve síntese do contido cunha extensión aproximada de 250 palabras redactada en galego, castelán ou inglés. Palabras clave.- Incluírase un máximo de catro términos significativos do contido do traballo.

Índice.- Situado antes do corpo principal do documento. Introdución.- Apartado de inicio destinado a contextualizar a temática do traballo. Debe servir para interesar ao lector/a sobre o tema a tratar e para facerse unha idea preliminar sobre cal é a situación de partida do tema que se analiza ou da problemática xeral na que se inscribe o traballo. Corpo.- Está constituído polos epígrafes ou apartados nos que se vai a desenvolver a temática que se estuda. En calquera caso, a información debe expoñerse de forma clara e concisa, debe ser adecuada e pertinente, non redundante ou repetitiva e por outra parte debe incluirse algunha aportación persoal. Conclusións.- É a sección final do traballo na que se remarcan as principais deducións da análise efectuada sobre a temática estudada. Bibliografía.- Recompilación das fontes bibliográficas usadas na exposición temática do traballo. A relación ordenarase alfabéticamente e debe seguir o modelo de citación A.P.A. (American Psichology Association). 3.-FORMATO O TFG debe ser conciso e concreto e neste sentido, aínda que é difícil establecer unha extensión máxima porque os enfoques e as temáticas poden ser moi variados, poderiamos considerar unha referencia razoable entre 30 e 50 páxinas na maioría dos casos aínda que sempre supeditado ás orientacións do titor. Desde un punto de vista formal requirirase certa homoxeneidade coa finalidade de que todos os traballos teñan un formato similar contribuíndo así a aclararlle o camiño ao estudantado que ten que desenvolvelo e aos tribunais avaliadores que deberán xulgalos. Con este obxectivo achégase unha GUÍA PARA A REDACCIÓN DO TFG na que se indicarán, ademais das cuestións de estilo, outras como os formatos dos ou parágrafos, o tipo de letra, o interlineado ou como deben efectuarse citas. No momento de solicitar a defensa do TFG deberase depositar na Secretaría de alumnado do Centro, unha copia impresa e outra en soporte informático.

4.- DEFENSA O Regulamento do TFG da Uvigo establece que o traballo deberá ser defendido ante un tribunal formado por tres profesores/as que exercerán as funcións de presidente/a, secretario/a e vocal. Ademais, e debido ás características dos traballos presentados así como ao número de alumnos/as matriculados/as poderanse nomear varios tribunais. O exercicio para a defensa do TFG constará de dúas partes, unha primeira na que o/a estudante fará unha exposición oral dos aspectos máis relevantes do seu traballo así como das conclusións ás que chegou. A continuación, o tribunal avaliador formulará as preguntas que considere oportunas. A duración máxima prevista para a exposición será de 15 minutos podendo empregarse soporte informático para a mesma. Unha copia da presentación deberá entregarse previamente ao presidente/a do tribunal polo menos con dous días de antelación. A cualificación outorgada polo tribunal responderá aos contidos do traballo así como a súa presentación en canto a formato, tempo, claridade, etc e suporá un 70% da nota final do alumno. O 30% restante corresponderá a cualificación outorgada polo titor/a. GUÍA PARA A REDACCIÓN DO TFG As presentes normas servirán de orientación para a redacción e edición do TFG. O traballo entregarase en formato dixital e en papel con extensión PDF. A extensión será de 30 a 50 páxinas, excluíndo bibliografía e anexos. Na portada deberá aparecer, en diferentes liñas: título do traballo, nome e apelidos do que presenta o traballo. Nome do profesor/a titor/a e data da convocatoria. No anexo I facilitarase modelo orientativo. Título do traballo, nome e apelidos do alumno ou alumna que presenta o traballo. Nome do profesor ou profesora titor/titora e data da convocatoria. No anexo I facilitarase modelo orientativo.

O título, escrito completamente en maiúsculas e en negriña, tamaño 18 puntos. Se ten un subtítulo escribirase a continuación do título, en minúscula e tamaño de 16 puntos. Despois do título deixarase un espazo en branco e colocarase o nome do autor/a e do titor/a en 14 puntos e negriña pero nunca en maiúscula (agás da primeira letra). Para a redacción do corpo do traballo suxírense as seguintes instruccións: - Interlineado: 1,5 - Márxenes: 2,5 centímetros, arriba-abaixo e esquerda-dereita. - Alineación: Xustificada. - Numeración: Todas as páxinas estarán correlativamente numeradas colocándose a numeración no extremo inferior dereito ao centro. - Citas e bibliografía: As normas que se seguirán para as citas e a bibliografía serán as de a APA( American Psichology Associatión). Epígrafes. O traballo deberase organizar en diferentes epígrafes, cuxos títulos serán numerados correlativamente a partir do 1. Cada número irá seguido dun punto, un espazo e o título tal e como se ilustra a continuación: Primeiro nivel: 12 PUNTOS NEGRIÑA MAIÚSCULAS (1. ANÁLISE DO MERCADO ) Segundo nivel: 12 puntos negriña (1.1 o entorno como ) Notas a pé de páxina: 10 puntos. Citas e bibliografía. As normas que se rexirán para as citas e a bibliografía serán as de A.P.A. Exemplos Libro completo: Dávila, T; Epstein M. J y Shelton, R (2006): La innovación que sí funciona. Cómo gestionarla, medirla y obtener beneficio real de ella. Ed. Deusto, Barcelona Capítulo do libro: Cubillo, J.M y Cerviño, J (2008): Marketing sectorial. Marketing Internacional (pp423-457). Ed. ESIC, Madrid Revista:

Bradley, R. y O`Reágain (1998): Concentración e diversificación entre PYMES con éxito en los mercados internacionales. Información Comercial Española, Nº 774, noviembre, pp. 53-63. Fontes electrónicas: O patrón básico para unha referencia electrónica é: Autor, iniciais do seu nome (ano). Título. Mes, día, ano enderezo de internet. Alexander, J., & Tate, M.A (2001). Evaluando las Fuentes Electrónicas. Consultado o 21 de agosto de 2001, Widener University, páxina web conmemorativa da biblioteca. Wolfgram: http://www2.widener.edu/wolfgram-memorial- Library/webevaluation/webeval.htm Outras informacións de interese. Se se desexa resaltar algo no texto, utilizarase sempre a letra negriña. Utilizarase a cursiva para palabras noutros idiomas. As citas literais cortas de menos de 5 líneas, van entre comillas e se son máis longas nun tipo de letra inferior, sangrado e sen comillas. Toda cita textual debe de ir acompañada do apelido do autor/a, do ano e da páxina. Sempre que resulte necesario a aclaración de calquera aspecto do texto, recomendase o uso de notas a pé de páxina. Gráficas, taboas e fotografías. Todas as táboas e gráficos estarán numerados correctamente e centraranse no corpo do texto. As táboas e os gráficos deben ter un título conciso que permita entender o seu contido. O título colocarase, despois da numeración, na parte superior da táboa ou do gráfico, e escribirase en negriña, en maiúsculas todas as letras e centrado. Debaixo de cada gráfico ou taboa citarase a fonte do mesmo. Debe incluirse en caso necesario un índice de táboas ou gráficos a continuación do índice xeral.

GRADO EN COMERCIO TRABALLO FIN DE GRAO CURSO 2013/14 TÍTULO DO TRABALLO Subtítulo do traballo Nome do autor/a Dirixido por: Nome do Titor/a Data da convocatoria