CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Documentos relacionados
ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2017/2018 ED. INFANTIL ED. PRIMARIA E.S.O.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN Y ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx CORRECCIÓN de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Guía de procedementos e servizos

DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4712

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

SOLICITUDES BOLSAS DE AXUDA DE COMEDOR CURSO ESCOLAR

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA FORMULARIO EXERCICIO DEREITOS ARCO

ANEXO II PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME /RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS DE COMEDOR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

3.- ÁREA DE INFLUENCIA E IES DE ADSCRICIÓN DO CENTRO

1. Proceso de escolarización e prazos

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1508

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Instrucións para a presentación electrónica de solicitudes do procedemento IN408A

DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA. PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS ( ) INSTRUCIÓNS PARA OS CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA CURSO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2587

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN DE BONO TAXI - ANO DATOS DO/A SOLICITANTE. 1º Apelido 2º Apelido Nome

PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á PROMOCIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE CAMBADOS 2018

Praza de Europa, 5 A 4º Polígono de Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

[Galego] [Castellano]

C O N C E L L O A G U A R D A

FACULTADE DE MATEMÁTICAS CONVOCATORIA PRÁCTICAS CURSO

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

FAMILIA NUMEROSA BONIFICACIÓN DO 90% OU 50% NO IMPOSTO DE BENS INMOBLES (IBI)

RESOLVO: Artigo 1. Obxecto

DOG Núm. 34 Viernes, 17 de febrero de 2012 Pág. 6172

en Profesorado de Educación Secundaria, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas ou equivalente.

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

MR437A - Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

ANEXO I: SOLICITUDE / SOLICITUD [ DOCUMENTO Bilingüe: Galego / Castellano] PROCEDEMENTO /PROCEDIMIENTO UNIS: PROGRAMA:

Concello de Viveiro RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

Edificio Administrativo de San Caetano,s/n SANTIAGO DE COMPOSTELA

Consellería de Economía, Emprego e Industria

DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2011 Páx CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

AXUDAS POSDOUTORAIS- XUNTA DE GALICIA 2018 PROCEDEMENTO PARA A PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Por todo isto, esta consellería,

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

Emprego público. Artigo x. Modificación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

CONCELLO DE BEGONTE 1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

CURSO ACADÉMICO 2018/2019 SOLICITUDE PARA A CONVOCATORIA DE AXUDAS AO ESTUDO CUARTO CICLO UNIVERSITARIO

Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal. Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02

DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx

Información e instrucións para realizar solicitudes web

PROXECTO DE REGULAMENTO DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA DE CAMBIO DE GRUPO

PE627A - Autorización de venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeria venda en lonxa.

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

CONVOCATORIA DE ACCESO AO VIVEIRO DE EMPRESAS INNOVADORAS DA UDC

Asistente web para a solicitude

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2016/17

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

Transcripción:

DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4558 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. O Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, foi desenvolto, no relativo ao procedemento de admisión, pola Orde do 12 de marzo de 2013. Logo da aprobación de novas disposicións normativas como a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, que reforma os artigos 84.2 e 87.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, é oportuno realizar varias adaptacións. A través da presente modificación do procedemento de admisión do alumnado trátase de dar o soporte xurídico necesario para implementar a aplicación informática «admisionalumnado» a partir do curso escolar 2017/18. Esta aplicación permitirá presentar as solicitudes e a documentación e tramitar o procedemento de forma electrónica, garantindo a tutela deste dereito da cidadanía, facilitando e axilizando a xestión por parte dos centros docentes. Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no uso das facultades conferidas na disposición derradeira primeira do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, DISPOÑO: Artigo único. Modificación da Orde do 12 de marzo de 2013 do procedemento de admisión de alumnado A Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan en-

DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4559 sinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modifícase nos termos sinalados nos números seguintes. Un. O número 2 do artigo 10 (Prioridade do alumnado procedente de centros adscritos) queda coa seguinte redacción: «2. O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I desta orde. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 1 e 15 de febreiro de cada ano. O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» e na páxina web da consellería competente en materia de educación». Dous. Introdúcense os números 3 e 4 no artigo 13 (Información ao alumnado e ás familias) coa seguinte redacción: «3. Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante». «4. A notificación electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notific@ (https://notifica.xunta.gal) realizarase con respecto aos trámites e actos propios da competencia das xefaturas territoriais, sempre que a persoa elixira esta modalidade como medio de notificación preferente». Tres. Modifícanse os números 3, 5 e 8 do artigo 14 (Solicitude de admisión) e introdúcese o número 9 no mesmo artigo coa seguinte redacción: «3. O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4560 «5. As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado. Sen prexuízo do anterior, a persoa titular da xefatura territorial poderá dispoñer que en determinadas localidades as solicitudes poidan presentarse nun único centro ou dependencia». «8. O centro educativo deberá rexistrar a solicitude na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa presentación». «9. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común». Catro. Introdúcese o artigo 14 bis coa seguinte redacción: «Artigo 14 bis. Consulta automática de datos 1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas: a) DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar. b) Domicilio fiscal. c) Renda anual per cápita da unidade familiar. d) Condición de familia numerosa. e) Discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia.

DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4561 No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos que acrediten calquera destas circunstancias. 2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos pola Administración ou polo centro docente, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes». Cinco. O artigo 16 (Documentación) queda coa seguinte redacción: «O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación: a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta. b) Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a. c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II. d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso». Seis. O número 1 do artigo 17 (Documentación cando a demanda de prazas escolares sexa superior á oferta) queda coa seguinte redacción: «1. Logo de determinar que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes de admisión, para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterios de baremo sinalada nos artigos 20 e seguintes desta orde. Non obstante, só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática segundo establece o artigo 14 bis desta orde».

DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4562 Sete. Suprímese o número 5 do artigo 23 (Acreditación e valoración do criterio da renda anual per cápita da unidade familiar) e os números 6, 7 e 8 do mesmo artigo pasan a ser 5, 6 e 7, respectivamente. Oito. O artigo 44 queda coa seguinte redacción: «Artigo 44. Escolarización de alumnado por traslado de domicilio, ou por incorporación ao sistema educativo ou acollemento familiar Nos supostos de escolarización de alumnado unha vez iniciado o curso escolar, por traslado do domicilio da unidade familiar que implique cambio de localidade, ou por incorporación ao sistema educativo, previstos no artigo 12 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, a persoa titular da xefatura territorial poderá autorizar un incremento de ata o dez por cento do número máximo de alumnos e alumnas por unidade nos centros públicos e privados concertados dunha mesma área de influencia, para atender as necesidades que se produzan. Así mesmo, poderá autorizar o devandito incremento de alumnado por unidade para atender situacións de acollemento familiar do alumno ou alumna, nos centros situados na área de influencia do domicilio familiar ou naquel en que estean escolarizados outros membros da familia». Nove. Introdúcese a disposición adicional terceira, coa seguinte redacción: «Disposición adicional terceira. Datos de carácter persoal De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación deste procedemento cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da dita consellería, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a sxt.cultura.educacion@xunta.gal».

DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4563 Dez. Introdúcese a disposición adicional cuarta, coa seguinte redacción: «Disposición adicional cuarta. Obriga dos centros de conservar as solicitudes e a documentación Os centros docentes arquivarán, nun lugar seguro que garanta a imposibilidade de acceso, as solicitudes e documentación que conteñan datos de carácter persoal, agás a documentación relativa o alumnado non admitido no procedemento ordinario que se remitirá á xefatura territorial correspondente. A documentación que non se incorpore ao expediente do alumnado deberá conservarse, como mínimo, ata que finalice o curso escolar a que corresponda a solicitude e, en caso de interposición de recursos en vía administrativa ou contencioso-administrativa, ata a súa resolución definitiva». Disposición derradeira primeira. Formularios Publícanse os novos anexos I e II da Orde do 12 de marzo de 2013 do procedemento de admisión de alumnado. Disposición derradeira segunda. Autorizacións Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todos os actos e medidas que sexan necesarias para a aplicación do previsto nesta orde. En particular, autorízase para modificar os anexos I, II e III coa finalidade da súa adaptación ao previsto na normativa vixente. Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2017 Román Rodríguez González Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4564 ANEXO I PROCEDEMENTO RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO A QUE SE ESTEA ADSCRITO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO ED550A DOCUMENTO SOLICITUDE DATOS DA/DO ALUMNA/O SOLICITANTE (1) TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA PARROQUIA LUGAR CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE TELÉFONO TELÉFONO MÓBIL CORREO ELECTRÓNICO DATA DE NACEMENTO SEXO Home Muller DATOS PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN Notifíquese a: Persoa solicitante Persoa representante Enviaranse avisos da posta á disposición da notificación ao correo electrónico e/ou teléfono móbil facilitados a seguir: TELÉFONO MÓBIL CORREO ELECTRÓNICO ELECCIÓN DO MEDIO DE NOTIFICACIÓN PREFERENTE (poderá ser cambiado en calquera momento da tramitación do procedemento) Electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notific@ (https://notifica.xunta.gal). Só se poderá acceder á notificación co certificado electrónico asociado ao NIF da persoa indicada. Postal (consignar o enderezo postal só se é distinto do indicado anteriormente). As notificacións que se practiquen en papel estarán tamén á disposición da persoa indicada anteriormente no Sistema de notificación electrónica de Galicia Notific@, para que se poida acceder ao contido das mesmas de forma voluntaria. TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA PARROQUIA LUGAR CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE DATOS DO/DA PROXENITOR/A (2) DATOS DO/DA PROXENITOR/A (2) E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (2) (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito) (1) A solicitude de reserva de praza escolar será única e presentarase no centro de orixe ou na sede electrónica a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/. (2) A solicitude deberá ser asinada polo/a proxenitor/a ou representantes legais do alumnado.

DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4565 ANEXO I (continuación) OBXECTO DA SOLICITUDE Reserva de praza, para o vindeiro curso escolar, como alumna/o do centro no nivel e curso que a seguir se detallan: EDUCACIÓN PRIMARIA Curso: 1º 2º 3º 4º 5º 6º EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA Curso: 1º 2º 3º 4º BACHARELATO Curso: 1º 2º Modalidade: Ciencias Humanidades e Ciencias Sociais Artes No caso de ser admitida/o no centro, solicita: Uso do servizo de comedor escolar (3) Uso do servizo de transporte escolar (3) SI SI NON NON A PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE DECLARA 1. Que durante o presente ano académico a/o alumna/o cursa os estudos correspondentes ao curso de (4) no centro 2. Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos. COMPROBACIÓN DE DATOS Os documentos relacionados serán obxecto de consulta electrónica automatizada. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar os devanditos documentos. DNI ou NIE do/da proxenitor/a solicitante. DENEGO E PRESENTO O DOCUMENTO DNI ou NIE do/da proxenitor/a solicitante. DNI ou NIE da persoa representante. En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia co obxecto de xestionar o presente procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a: sxt.cultura.educacion@xunta.gal. LEXISLACIÓN APLICABLE - Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (Diario Oficial de Galicia número 245, do 26 de decembro). - Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. SINATURA DO/DA PROXENITOR/A OU REPRESENTANTE LEGAL Lugar e data (3) Só no caso dos centros que ofrezan este servizo. (4) Indicar se se trata de educación infantil, educación primaria, ESO ou bacharelato. Centro educativo:, de de SINATURA DO/DA PROXENITOR/A OU REPRESENTANTE LEGAL Lugar e data, de de

DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4566 ANEXO II PROCEDEMENTO ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS CÓDIGO DO PROCEDEMENTO ED550B DOCUMENTO SOLICITUDE DATOS DA/DO ALUMNA/O SOLICITANTE (1) TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA PARROQUIA LUGAR CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE TELÉFONO TELÉFONO MÓBIL CORREO ELECTRÓNICO DATA DE NACEMENTO SEXO Home Muller DATOS PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN Notifíquese a: Persoa solicitante Persoa representante Enviaranse avisos da posta á disposición da notificación ao correo electrónico e/ou teléfono móbil facilitados a seguir: TELÉFONO MÓBIL CORREO ELECTRÓNICO ELECCIÓN DO MEDIO DE NOTIFICACIÓN PREFERENTE (poderá ser cambiado en calquera momento da tramitación do procedemento) Electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notific@ (https://notifica.xunta.gal). Só se poderá acceder á notificación co certificado electrónico asociado ao NIF da persoa indicada. Postal (consignar o enderezo postal só se é distinto do indicado anteriormente). As notificacións que se practiquen en papel estarán tamén á disposición da persoa indicada anteriormente no Sistema de notificación electrónica de Galicia Notific@, para que se poida acceder ao seu contido de forma voluntaria. TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA PARROQUIA LUGAR CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE DATOS DO/DA PROXENITOR/A (2) DATOS DO/DA PROXENITOR/A (2) E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (2) (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito) (1) A solicitude de posto escolar será única e presentarase en centro en que a/o solicitante pretende ser admitido ou na sede electrónica a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/. (2) A solicitude deberá ser asinada pola proxenitora, proxenitor ou representantes legais do alumnado. No caso de separación ou divorcio, os dous proxenitores ou titores asinarán a presente solicitude, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que se presentará coa solicitude para a súa comprobación polo centro educativo.

DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4567 ANEXO II (continuación) ENDEREZO DO CENTRO DE TRABALLO (3) DENOMINACIÓN DA EMPRESA TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA PARROQUIA LUGAR CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE OBXECTO DA SOLICITUDE Que lle sexa asignada unha praza, para o vindeiro curso escolar, como alumna/o do centro no nivel e curso que a seguir se detallan: EDUCACIÓN INFANTIL Curso: 4º 5º 6º EDUCACIÓN PRIMARIA Curso: 1º 2º 3º 4º 5º 6º EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA Curso: 1º 2º 3º 4º BACHARELATO Curso: 1º 2º Modalidade: Ciencias Humanidades e Ciencias Sociais Artes No caso de ser admitida/o no centro, solicita: Uso do servizo de comedor escolar (4) SI NON Uso do servizo de transporte escolar (4) SI NON Praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (5) SI NON No suposto de NON SER ADMITIDO/A no centro mencionado anteriormente, SOLICITA ser admitida/o por orde de prioridade nos seguintes: ORDE 2 3 4 5 6 CENTRO (3) A persoa solicitante poderá pedir que se teña en conta o domicilio familiar ou o lugar de traballo e non serán acumulables as puntuacións polos dous criterios. (4) Só no caso dos centros que ofrezan este servizo. (5) Achegarase, de darse o caso, a documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición, derivada de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación intelectual ou de trastornos graves da conduta. No caso de alegar situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais, achegarase informe dos servizos sociais oficiais competentes que acrediten as circunstancias alegadas.

DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4568 ANEXO II (continuación) CRITERIOS MARCAR Irmás/áns do solicitante matriculadas/os no centro durante o curso escolar para o cal solicita a admisión. (6) NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO CURSO Proxenitora, proxenitor ou titores traballadores do propio centro. (7) Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo. (8) (9) Renda anual per cápita da unidade familiar. (10) RENDA Nº MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR RENDA PER CÁPITA Condición de familia numerosa. Condición de familia monoparental. Concorrencia de discapacidade igual ou superior ao 33 % do/da alumno/a, proxenitor/a, titores ou algún dos seus irmáns. (11) Só bacharelato: nota media obtida no terceiro curso da ESO ou na titulación alegada. Criterio complementario establecido polo centro. Só ensino secundario obrigatorio (ESO) ou bacharelato (12) : A/o alumna/o solicitante cursa ensinanzas regradas de música ou danza. A/o alumna/o solicitante segue un programa deportivo de alto rendemento. A PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE DECLARA 1. Que durante o presente ano académico a/o alumna/o cursa os estudos correspondentes ao curso de (13) no centro 2. Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos. 3. Que os criterios marcados anteriormente son os únicos que desexa que se teñan en conta á hora de obter a puntuación correspondente para a admisión no centro solicitado. Así mesmo, comprométese a achegar a documentación necesaria para xustificar cada un dos puntos declarados, no caso de que esta sexa solicitada polo centro educativo. DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a. Certificado oficial do expediente académico. Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso. OUTRA DOCUMENTACIÓN (6) Para a consideración de irmáns/ás matriculados/as no centro, só se terán en conta os/as que vaian continuar escolarizados neste durante o curso escolar para o cal se solicita a admisión. (7) Para a consideración do criterio de proxenitora, proxenitor ou titores que traballen no centro, teranse en conta aqueles que no prazo de solicitude de admisión teñan unha relación laboral ou funcionarial no dito centro e que se prevexa que esta non vaia rematar no curso escolar para o cal se solicita a admisión. (8) Considérase como domicilio familiar o habitual de residencia da proxenitora, proxenitor ou titores do alumnado ou, de darse o caso, o das alumnas e alumnos maiores de idade ou menores emancipados se viven en domicilios distintos dos daqueles e, excepcionalmente, o daqueles familiares con que o menor efectivamente conviva. O alumnado maior de idade ou menor emancipado poderá optar, de darse o caso, por que se considere o seu domicilio ou o seu lugar de traballo. (9) A persoa solicitante poderá pedir que se teña en conta o domicilio familiar ou o lugar de traballo e non serán acumulables as puntuacións polos dous criterios. (10) Para a valoración da renda da unidade familiar, os interesados deberán facer constar na solicitude a cantidade correspondente á base impoñible no caso de declaración conxunta, ou á base impoñible de cada un dos declarantes da unidade familiar no caso de declaración individual, correspondente ao exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural en que se presenta a solicitude. Para tal efecto, constará a cantidade que resulta da suma dos recadros da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro da/das correspondente/s declaración/s do imposto sobre a renda das persoas físicas. (11) A valoración deste criterio ten unha puntuación máxima de 4 puntos. (12) O alumnado que curse simultaneamente ensinanzas regradas de música ou danza e ensinanzas de educación secundaria terá prioridade para ser admitido nos centros que impartan ensinanzas de educación secundaria que determinen as persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O mesmo tratamento aplicarase ao alumnado que siga programas deportivos de alto rendemento. (13) Indicar se se trata de educación infantil, educación primaria, ESO ou bacharelato.

DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4569 ANEXO II (continuación) COMPROBACIÓN DE DATOS Os documentos relacionados serán obxecto de consulta electrónica automatizada. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar os devanditos documentos. PROXENITOR/A (solicitante ou representante) DNI ou NIE. Domicilio fiscal e declaración do imposto sobre a renda. DENEGO E PRESENTO O DOCUMENTO MARQUE O CADRO CORRESPONDENTE PARA SINALAR AS CIRCUNSTANCIAS QUE LLE SEXAN DE APLICACIÓN Título de familia numerosa. Certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia. En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia co obxecto de xestionar o presente procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a: sxt.cultura.educacion@xunta.gal. LEXISLACIÓN APLICABLE - Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (Diario Oficial de Galicia número 245, do 26 de decembro). - Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. SINATURA DO/DA PROXENITOR/A OU REPRESENTANTE LEGAL SINATURA DO/DA PROXENITOR/A OU REPRESENTANTE LEGAL Lugar e data, de de Lugar e data, de de Centro educativo:

DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4570 ANEXO II bis COMPROBACIÓN DE DATOS DOS RESTANTES MEMBROS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA Os documentos relacionadas serán obxecto de consulta electrónica automatizada. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar os devanditos documentos. COMPROBACIÓNS NOME E APELIDOS NIF RELACIÓN DE PARENTESCO AUTORIZO CONSULTA DE DATOS DNI OU NIE AUTORIZO CONSULTA DE DATOS RENDA AUTORIZO CONSULTA DE DATOS DISCAPACIDADE SINATURA