CURSOS DE FORMACIÓN PARA O PERSOAL DA REDE DE BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA

Documentos relacionados
Curso COTSG. Casos Prácticos nos Servizos Sociais Comunitarios: Por que cambian as persoas?

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

Información e instrucións para realizar solicitudes web

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

viaxes especializada que realice a súa actividade a través de internet.

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

PROGRAMA DE BOLSAS HIGH SCHOOL UN ANO ACADÉMICO NOS ESTADOS UNIDOS

DATOS IDENTIFICATIVOS 2015/16. Asignatura Técnicas de Comunicación e de Promoción Turísticas Código 662G01005

Convocatoria ordinaria de 2012

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

3ª ESCOLA DE PRIMAVERA Educación Social e cidadanía. Intervención na escola e na comunidade

INSTRUCIÓNS DE PUBLICIDADE

CONVOCATORIA DUNS CURSOS DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA O ANO 2014

REXISTRO DE CERTIFICADOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES.

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015

CURSOS DO CONTRATO PROGRAMA AUTONÓMICO (PF 2013/000007) DE UGACOTA

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

O servidor do centro

Servizo de Guía Laboral

Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL PARA GALICIA

Debuxo Artístico. Bloque de materias específicas. Introdución

LITERATURA GALEGA CONTEMPORÁNEA: NARRATIVA

Concello de Redondela GAC-7: Ría de Vigo-A Guarda

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

GUÍA DO ALUMNADO PLAN DE TELEFORMACIÓN

PREMIOS JULES VERNE ( ) DE ENSINO

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS DE COMEDOR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

REGULAMENTO PARA A ADMISIÓN E PERMANENCIA DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS NO VIVEIRO DE EMPRESAS INNOVADORAS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2008/2009

Fundamentos de Administración e Xestión

NORMATIVA SOCIAL MEDIA

Duración: 9 horas Datas: 8, 15 e 22 de xuño Horario: Lugar de impartición: Campus de Vigo OBXECTIVOS XERAIS

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

REGULAMENTO PARA A DEFENSA DO TRABALLO FIN DE MÁSTER EN XESTIÓN DO PATRIMONIO ARTÍSTICO E ARQUITECTÓNICO, MUSEOS E MERCADO DA ARTE

6.1. Sinalización. Normas xerais

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE E XUVENIL DE PISTA AIRE LIBRE Ferrol, 4 de Xuño do 2017

Son de Galicia, son Dixital CATÁLOGO DE CAPACITACIÓN DIXITAL

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

A CARTA DE PRESENTACIÓN

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

BASES XIV CONCURSO MELLOR XORNALISTA INFANTIL E XUVENIL (CURSO )

PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

DUBIDO SE O MEU FILLO/A TEN ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS

CIRCULAR A todas as Delegacións (*) - Aos clubes e adestradores (*) Para a súa distribución entre todos os estamentos da súa demarcación

RESOLUCIÓN POLA QUE SE ESTABLECEN DOUS PERIODOS DE PAGO EN PERIODO VOLUNTARIO PARA OS RECIBOS DO IBI URBANO DOS CONCELLOS DE AMES E BRIÓN

CAMILO JOSÉ CELA O CENTENARIO DUN NOBEL

A FINDE.U ABRE PORTAS AO TEU FUTURO

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

CURSO DE ORATORIA Versión setembro 2016

CENTRO SOCIAL DE OLEIROS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

BASES DOS I PREMIOS DA COMUNICACIÓN E DO MARKETING GALEGO

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PISTA AIRE LIBRE. Ferrol, 4 de Xuño do 2016

CURSO CONVOCATORIA XERAL ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

PERMISOS, LICENZAS, REDUCIÓNS DE XORNADA E EXCEDENCIAS DO PROFESORADO

Exposición GALICIAN GOURMET EXTRAVAGANZA na FEIRA SPECIALITY FINE FOOD DE LONDRES (INGLATERRA) 2 6 SETEMBRO 2017

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

NORMATIVA DE ACEPTACIÓN DE DOAZÓNS BIBLIOGRÁFICAS

EmpregoUDC ELABORACIÓN DO CURRÍCULUM VITAE. Para elaborar un bo currículo debes reflexionar sobre dúas variables:

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA OBRADOIRO DE INICIATIVA EMPRENDEDORA 3ºESO CURSO

ENTIDA D DE D S SEN ÁNIMO O DE D LU L C U R C O R 15/12/2015, A Coruña

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

SOLICITUDE DE USO DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS Tempada 2017/2018

laboral. de seguridae e saude

CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESTADÍAS TÉCNICAS PARA PROXECTOS DE ARTES ESCÉNICAS 2017 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación. Pontevedra

ANUNCIO Por resolución da Alcaldía de 30 de maio de 2012, procedeuse a aprobación das seguintes Bases:

CURSO DE XURISDICIÓN VOLUNTARIA

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR

Audio e vídeo en Ardora 7

BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS,

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

Prototipo: Como construír a miña proposta? Módulo 5

PROXECTO RPT 2008 PAS FUNCIONARIO. Página 1 de 16

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

Edificio Administrativo de San Caetano,s/n SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONCURSOS DE TRASLADOS

CONDICIÓNS DO SERVIZO INTERNET MÓVIL

MEMORIA DESCRITIVA DAS INSTALACIÓNS E DAS ACTIVIDADES

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero

Transcripción:

CURSOS DE FORMACIÓN PARA O PERSOAL DA REDE DE BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, convoca 6 cursos de formación, que se relacionan no anexo que acompaña esta convocatoria, dirixidos ao persoal bibliotecario da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Esta convocatoria farase pública a través da páxina web da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia http://rbgalicia.xunta.gal 1.- Requisitos dos participantes Poderán participar nas accións formativas convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o ano 2017 os empregados públicos e as empregadas públicas (tanto en situación de servizo activo como en excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos para cada curso) destinados na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ou nas bibliotecas de arquivos e museos xestionados por esta Consellería. 2.- Solicitudes O persoal que desexe participar nos cursos convocados debe cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, http://rbgalicia.xunta.gal sen que se admitan outros modelos de solicitude. No caso de ter que achegar documentación que acredite calquera das situacións que se contemplan nos puntos 4 e 5 da epígrafe 3 (Selección), esta deberá remitirse escaneada por correo electrónico ao seguinte enderezo, indicando o nome, apelidos e DNI na mensaxe: servizo.bibliotecas@xunta.es. 1

O prazo de presentación das solicitudes e, se é o caso, da documentación acreditativa, será de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria. As solicitudes ou a documentación acreditativa recibidas fóra deste prazo non se terán en conta. 3.- Selección Os criterios que se empregarán para a selección dos aspirantes son: 1. Que a persoa solicitante reúna os requisitos establecidos para cada curso. 2. Que exista unha relación directa entre as tarefas que realiza a persoa solicitante no desempeño do seu traballo e a materia ou materias obxecto do curso. 3. O menor número de cursos realizados pola persoa solicitante durante os dous últimos anos, dos organizados pola consellería competente en materia de bibliotecas. 4. A persoa solicitante que estea gozando ou gozase nos últimos dous anos dunha licenza de maternidade, un permiso de paternidade, unha redución da xornada ou unha excedencia para o coidado de familiares, terá dereito preferente a participar nesta oferta formativa, sempre que o acredite e cumpra os requisitos obxectivos para ser destinataria da actividade. 5. Nos cursos reservarase unha cota non inferior ao 5% para ser cuberta por parte de persoas discapacitadas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre que o acrediten e cumpran os requisitos obxectivos para ser destinatarias da actividade. 6. Na concesión dos cursos terase en conta a orde de prioridade establecida pola persoa solicitante no boletín de inscrición. 7. En situación de empate, daráselle prioridade á data de envío da solicitude. 2

8. No caso de vacantes, as prazas poderán cubrirse con persoal que preste servizo nas bibliotecas da rede e non sexa empregado público, así como con titulados universitarios en biblioteconomía e/ou documentación. 4.- Publicación das listaxes de admitidos A Secretaría Xeral de Cultura fará pública na páxina web da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia http://rbgalicia.xunta.gal unha relación provisional das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como unha listaxe de reserva. Así mesmo, publicarase con anterioridade ao comezo do curso, e a través desta mesma páxina web, a listaxe definitiva de admitidos. 5.- Obrigas No caso de que a persoa admitida non poida asistir ou realizar o curso, deberá comunicar a súa baixa cunha antelación mínima de sete días naturais antes do seu inicio. En caso contrario, non poderá participar na vindeira convocatoria de cursos do ano 2018, nin en calquera outra oferta de prazas que se realice desde a Secretaría Xeral de Cultura para o persoal bibliotecario da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia durante este ano 2017 nin en 2018. Se nos sete días anteriores ao inicio do curso, ou unha vez comezado este, a persoa admitida non puidese realizalo por causas xustificadas, debe acreditar estas documentalmente ante o servizo competente da Secretaría Xeral de Cultura. En caso contrario, non poderá participar na vindeira convocatoria de cursos do ano 2018 nin en calquera outra oferta de prazas que se realice desde a Secretaría Xeral de Cultura para o persoal bibliotecario da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia durante este ano 2017 nin en 2018. 3

A asistencia a todas as sesións dos cursos presenciais é obrigatoria. Unicamente poderá autorizarse a ausencia por causas xustificadas, que deberán acreditarse documentalmente ante o servizo competente da Secretaría Xeral de Cultura ou ante a persoa responsable do curso nun prazo máximo de 10 días, contados a partir da data na que este finalice. Esta ausencia en ningún caso poderá superar a porcentaxe de horas lectivas indicada nos criterios de avaliación dos cursos presenciais. A ausencia, aínda que xustificada, superior a esa porcentaxe do total das horas lectivas, suporá a perda do dereito á obtención do diploma. 6.- Certificados Para a expedición do certificado de aproveitamento por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o alumnado debe superar as probas que estableza o docente. Así mesmo, no caso dos cursos presenciais, o alumnado deberá asistir ás sesións de conformidade coa epígrafe 5 (Obrigas) desta convocatoria. 7.- Resolución de dúbidas En caso de dúbidas ou dificultades técnicas, os interesados poderán dirixirse por teléfono ao CAU (881 99 53 00 / 881 99 54 00) ou a través do enderezo de correo electrónico cauperiferico@xunta.es 4

ANEXO CURSO BÁSICO DE COMISARIADO DE EXPOSICIÓNS OBXECTIVOS O curso pretende dar unhas nocións básicas para facer unha pequena mostra, cos recursos gratuítos que ofrece hoxe en día a rede, pero tamén coñecer as claves para poderse enfrontar a unha exposición de dimensións maiores. O obxectivo principal é coñecer todos os pasos que se deben dar desde que se ten a idea que queremos desenvolver ata que se abren as portas da mostra- estas portas podar ser un pequeno recuncho na nosa biblioteca; unha enorme sala; unhas vitrinas nun corredor ou unha simple páxina web, todo é válido se temos claro como expresar e contar ao público a nosa exposición DESENVOLVEMENTO Duración: 15 h. Lugar e datas: Santiago de Compostela. Biblioteca de Galicia. 10 e 11 de maio de 2017 Horario: 10 de maio: 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 18.00 h. 11 de maio: 10.00 a 14.00 h. Número de prazas: 25 DESTINATARIOS Persoal das bibliotecas públicas da Rede de Bibliotecas de Galicia. 5

CONTIDOS Módulo 1. Temática e dereitos de autor: Que quero contar. Selección de material. Dereitos aos que están suxeitos os materiais. Obras libres de dereitos. Módulo 2. Título e imaxe: O meu escaparate. Escoller nome e imaxe para a exposición. Bancos de imaxes gratuítas. Módulo 3. Materiais e soporte dá mostra: Como o quero contar. Orzamento dispoñible. Elixir materiais e espazo axeitados (impresión dixital, ploteados, enmarcado, impresión en tea, impresión fotográfica, reproducións alta calidade). Tratamento de orixinais para a exhibición. Módulo 4. Transporte, seguro e montaxe: Todo en orde. Medios necesarios. Compartir recursos, exposicións compartidas entre bibliotecas. Módulo 5. Fichado dá obra: Ofrezo máis información. Claves precisas para fichar unha obra. Información para cartelas da obra. Módulo 6. Deseño gráfico: Claridade e simpleza, entendible para todos/as. Nocións básicas de tipografías, imaxes e logotipos. Páxinas web con tipografías libres de dereitos. Módulo 7. Comunicación: Presentación do meu proxecto. Comunicación aos medios: notas de prensa. Módulo 8. Visitas guiadas: Como traer a máis público. Claves sinxelas para as visitas guiadas. 6

AVALIACIÓN Traballo non presencial. Proxecto expositivo ca temática o Día do Libro. Os alumnos/as que asistan poden presentar un traballo para unha futura exposición sobre o tema que propoñemos, enviarán eses traballos por mail, e os profesores o corrixirán e recomendan cambios. A idea é que esa exposición poda levarse a cabo na súa biblioteca, o Día do Libro de 2018. DOCENTES Gemma Sesar, Historiadora da Arte e comisaria de exposicións. Fausto Isorna, Deseñador gráfico, ilustrador e comisario de exposicións. 7

PROPIEDADE INTELECTUAL E DEREITOS DE AUTOR OBXECTIVOS Ofrecer unha visión integral dos dereitos de autor, a propiedade intelectual e a lexislación actual. Dar a coñecer a xurisprudencia sobre a protección da propiedade intelectual en internet e as posibilidades de explotación. Comprender as diferentes posibilidades de licenzas que existen relacionadas coas novas tecnoloxías e coñecer o funcionamento das mesmas. Dar a coñecer recursos para o uso legal de contidos libres de dereitos. Dar unha visión da xestión práctica da propiedade intelectual en unidades de información. DESENVOLVEMENTO Duración: 12 h. Lugar e datas: Santiago de Compostela. Biblioteca de Galicia. 30 e 31 de maio 2017 Horario: 30 de maio: 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 19.00 h. 31 de maio: 10.00 a 14.00 h. Número de prazas: 25 DESTINATARIOS Persoal das bibliotecas públicas da Rede de Bibliotecas de Galicia. 8

CONTIDOS Módulo 1. Aproximación ao dereito da propiedade intelectual. Introdución: concepto, significado e alcance da propiedade intelectual. Dereitos de autor e dereitos conexos. Fontes normativas. Convenios internacionais. Normativa española. Módulo 2. Dereitos de autor. Obxecto do dereito. Suxeito do dereito. Autoría colectiva. Dereitos conexos ou afíns. Módulo 3. Contido do dereito de autor. Dereitos morais. Dereitos patrimoniais ou de explotación. Outros dereitos patrimoniais. Dereitos de remuneración. Límites aos dereitos de autor. A transmisión dos dereitos de autor. Transmisión de creacións asalariadas. Módulo 4. Xestión individual e xestión colectiva de dereitos de propiedade intelectual. Dereitos conexos ou afíns. Sistemas e mecanismos de xestión e de protección dos dereitos de autor e dos dereitos afíns. o Obrigas. o Accións e procedementos xudiciais. 9

Módulo 5. Propiedade intelectual e sociedade da información. Introdución. A axenda dixital. O Dereito de reprodución no ámbito dixital. Módulo 6. A piratería dixital de contidos protexidos. Introdución. O negocio da piratería: responsables. Resposta civil, penal administrativa ante a piratería. Módulo 7. O coñecemento libre: concepto, orixes, carácteres básicos recoñecemento normativo. Coñecemento libre / coñecemento aberto. o Os movementos do coñecemento libre. A difusión de contidos mediante licenzas públicas xerais. As licenzas Creative Commons. o Creative commons non é igual a Copyleft. o Tipos de licenzas creative Commons. o Expresión da licenza Creative Commons. As iniciativas de acceso aberto a contidos científicos, técnicos e docentes Módulo 8. O papel dos arquivos e bibliotecas no acceso á información. A LPI e as bibliotecas e os arquivos o Dereito de exposición en canto a propietarios de soportes materiais de obras do enxeño. Reprodución non lucrativa con fins de investigación e de conservación. Préstamo público. o O incumprimento español. o A modificación. 10

o O Real Decreto 624/2014. Posta a disposición a efectos de investigación mediante rede pechada e interna en terminais especializados instalados en arquivos, bibliotecas e centros asimilados. o O alcance do límite. o Abonos pola posta a disposición en terminais. O mal chamado préstamo online de contidos dixitais. o Límites legais aos contidos dixitais postos a disposición do público. o Libros electrónicos. o Unha reformulación. o Unha posible solución. Obras orfas. o Os contidos. o Algúns artigos a considerar. AVALIACIÓN Para a obtención do certificado será necesaria a superación das actividades programadas pola docente. DOCENTE María Isabel Novo Castro. Letrada da Xunta de Galicia. Asesora Xurídica de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Antonio Miño López. Letrado da Xunta de Galicia. Asesor Xurídico da Consellería de Medio Rural. 11

CÓMO EXPLORAR A FONDO UN LIBRO PARA NENOS E CÓMO DAR CONTA DISTO OBXECTIVOS Analizar os elementos que permiten valorar unha obra dirixida aos nenos. Expor estratexias de lectura profesional en función dos nosos obxectivos profesionais: seleccionar para o fondo, realizar unha guía de lectura, dirixir un club, presentar un libro. Practicar diversos métodos de comunicación da avaliación dos libros. DESENVOLVEMENTO Duración: 15 horas (12 horas presenciais e 3 de traballo persoal) Lugar e datas: 19 y 20 de xuño Santiago de Compostela. Biblioteca de Galicia. Horario: 19 de xuño: 9.30 a 14.00 h. e de 16.30 a 19.30 h. 20 de xuño: 9.30 a 14.00 h. Número de prazas: 25 DESTINATARIOS Persoal das bibliotecas públicas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. CONTIDOS Módulo 1. Elementos de análise nunha obra dirixida a nenas e nenos. En que debemos fixarnos cando analizamos unha obra narrativa, unha informativa, un poemario ou un álbum ilustrado?. Esquemas de análise para usar e tirar. A ler apréndese lendo. 12

Módulo 2. Ler como un profesional. Para realizar unha selección. Para presentar un libro. Para escribir unha recensión. Para facer unha presentación nun vídeo. Módulo 3. Prácticas de comunicación da valoración. Escribir unha recensión para valorar positivamente un libro e para criticalo. Adoptar un punto de vista. Debater sobre un libro. Argumentar e razoar en literatura. Non todo é cuestión de gustos. Presentar un libro en formato youtuber. Módulo 4. Recursos, bibliografía, blogs. Comentario dos recursos que nos facilitan o traballo. AVALIACIÓN Para a obtención do certificado será necesaria a superación das actividades programadas polo docente DOCENTE Raquel López Royo, licenciada en Filoloxía Hispánica, especialista en literatura infantil e xuvenil. Traballa na empresa de xestión cultural A Mano Cultura www.amanocultura.com relacionada co campo da lectura e a literatura infantil. Editora da editorial Los cuatro azules. www.loscuatroazules.com 13

OBXECTIVOS XESTIÓN DA COLECCIÓN NA BIBLIOTECA PÚBLICA Comprender a importancia da xestión da colección como un proceso sistemático de construción e mantemento dos fondos dunha biblioteca. Aprender a avaliar para saber cal é o punto de partida e que elementos son susceptibles de mellora. Coñecer os métodos de dimensionamento e parametrización da colección. Entender a selección como un traballo intelectual que require dunhas actitudes e capacidades. Coñecer as principais fontes de selección. Asumir a expurgación como un elemento esencial para manter unha colección actualizada, atractiva e equilibrada. Achegarse á xestión da colección nos novos ámbitos tecnolóxicos. DESENVOLVEMENTO Duración: 40 h. Lugar e datas: En liña. Aula CESGA. Do 01 ao 30 de xuño de 2017 Prazas: 25 DESTINATARIOS Persoal das bibliotecas públicas da Rede de Bibliotecas de Galicia. 14

CONTIDOS Módulo 1. Cara á xestión da colección. Xestión (ou como facer que as cousas saian segundo o planificado). Colección bibliográfica (ou o corazón da biblioteca pública). A xestión das coleccións. Módulo 2. A avaliación da colección. Por que avaliar?. Métodos para a avaliación. Módulo 3. A parametrización da colección. Cuestións metodolóxicas. Modelos para o dimensionamento e parametrización da colección. Módulo 4. A selección de materiais. Principios de selección. Elementos que interveñen na selección. Procura, localización e identificación de documentos. Módulo 5. A adquisición de materiais. Sistemas de adquisición. O proceso de adquisición. A automatización das adquisicións. Módulo 6. A expurgación de materiais. Conceptualización da expurgación. 15

Planificación. Criterios e metodoloxía. Destino dos fondos obxecto da expurgación. Avaliación da expurgación. Módulo 7. Outros aspectos da xestión da colección. Localización e promoción da colección. Recontos. A preservación. Módulo 8. Unha aproximación á xestión da colección nas novas contornas tecnolóxicas. Concepto de recurso electrónico. Tipoloxía dos recursos electrónicos. A selección e adquisición das publicacións electrónicas. A preservación. A avaliación. AVALIACIÓN Para a obtención do certificado será necesaria a superación das actividades programadas polo docente. DOCENTE Elena Sánchez Muñoz. Facultativo Superior de Bibliotecas. Servizo do Sistema de Bibliotecas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 16

COLECCIÓN LOCAL OBXECTIVOS Comprender a dimensión da colección local e a importancia da información que contén. Coñecer as principais fontes de selección e a necesidade da creación de documentos de axuda que permitan controlar o proceso. Recoñecer as peculiaridades na xestión da colección local. Asumir a preservación da colección local como parte do proceso de xestión. Achegarse aos novos ámbitos tecnolóxicos cara os que se dirixe a explotación da colección local. DESENVOLVEMENTO Duración: 35 h. Lugar e datas: En liña. Aula CESGA Do 4 ao 29 de setembro de 2016 Número de prazas: 25 DESTINATARIOS Persoal das bibliotecas públicas da Rede de Bibliotecas de Galicia. CONTIDOS Módulo 1. A Colección Local na Biblioteca Pública. Definición. Biblioteca ou sección. Establecemento dunha política de Colección Local. 17

Módulo 2. Tipoloxía documental da Colección Local: Documentos bibliográficos ao uso. Cartaces e Publicacións Menores. Un capítulo aparte. Módulo 3. A selección e adquisición dos materiais. Os Documentos de axuda e a selección. O proceso de adquisición. Módulo 4. O proceso físico e a preservación na Colección Local: O proceso físico: casuística. Labores de preservación: O material e o mobiliario de conservación. Os traballos de conservación na Biblioteca. Módulo 5. A Catalogación. As súas peculiaridades: Nivel da descrición. Elaboración de documentos auxiliares. As analíticas. O baleiramento de revistas. A asignación de materias. Módulo 6. Actividades e servizos: Servizos presenciais e non presenciais. Actividades para a difusión da colección. Módulo 7. Avaliación da colección: A importancia da avaliación cualitativa. A toma de decisións. Módulo 8. O futuro da colección local: Europeana, Hispana e Galiciana. 18

AVALIACIÓN Cuestionarios de autoavaliación, participación en foros de debate a superación das actividades programadas polo docente. DOCENTES Milagros García Pérez. Técnico de Bibliotecas, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais (A Coruña). 19

GAMIFICACIÓN EN BIBLIOTECAS OBXECTIVOS Obter un marco de referencia que inclúa os aspectos básicos necesarios para saber que é o pensamento lúdico e a gamificación. Ter unha visión clara das aplicacións da gamificación en bibliotecas: fidelizar aos usuarios. promover novos servizos. participar en eventos. aprender competencias (xogos serios). mellorar a motivación. crear unha nova narrativa sobre a biblioteca. Coñecer o proceso de deseño dun sistema gamificado eficaz e que coide a experiencia do usuario. Ver experiencias reais en bibliotecas. DESENVOLVEMENTO Duración: 30 h. Lugar e datas: En liña. Campus de Formación Permanente de SEDIC (Asociación Española de Documentación e Información). Do 11 ao 27 de outubro de 2017 Número de prazas: 30 DESTINATARIOS Persoal das bibliotecas públicas da Rede de Bibliotecas de Galicia. CONTIDOS Módulo 1: Pensamento lúdico e gamificación. 20

Introdución á gamificación. Entender os xogos. Motivación e comportamento. Módulo 2: Ferramentas da gamificación. Tipos de xogadores. Compoñentes, mecánicas e dinámicas. Módulo 3: Aplicación. Por que gamificar. Tendencias. Módulo 4: Deseño. Pasos para gamificar. Riscos. Módulo 5: Experiencias en bibliotecas. Proxectos reais. Exemplos en bibliotecas. AVALIACIÓN Avaliarase o grado de seguimento e participación dos alumnos durante o desenvolvemento do curso en liña, segundo os criterios establecidos a tal efecto polos profesores/directores. DOCENTE ANA ORDÁS GARCÍA Consultoría e deseño de proxectos de automatización de bibliotecas e xestión de grandes redes e consultoría sobre a adquisición de contidos dixitais. Especialista en tecnoloxía, ebooks e gamificación en bibliotecas. 21