Informe climatolóxico outono 2017 INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2017

Documentos relacionados
Informe climatolóxico outono 2016 INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2016

Informe climatolóxico outono 2015 INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2015

Informe climatolóxico primavera 2013 INFORME CLIMATOLÓXICO PRIMAVERA 2013

Iinforme climatolóxico inverno INFORME CLIMATOLÓXICO INVERNO

INFORME CLIMATOLÓXICO

INFORME CLIMATOLÓXICO

Informe climatolóxico novembro 2017 ÍNDICE

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE MARZO DE 2016

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE OUTUBRO DE 2016

DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES...

Informe climatológico del invierno

Informe climatolóxico Mes de setembro 2010 INFORME CLIMATOLÓXICO

INFORME DE PRECIPITACIÓN EN GALICIA OS DÍAS 2/10/2010 e 3/10/2010.

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE SETEMBRO DE 2012

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE SETEMBRO DE 2013

Boletín Mensual Climatológico. Red de estaciones automáticas de la CMA Año: 2018 Mes: 4 Provincia Estación

O FENÓMENO DE CICLOXÉNESE EXPLOSIVA, QUE AFECTOU A GALICIA O PASADO VENRES, SUPEROU OS REXISTROS HISTÓRICOS DE REFACHOS DE VENTO NA NOSA COMUNIDADE

Informe climatológico febrero 2011

Informe Climatológico Mes de julio 2010 INFORME CLIMATOLÓGICO

Informe climatológico Mes de agosto 2010 INFORME CLIMATOLÓGICO

Informe climatológico Mes de septiembre de 2010 INFORME CLIMATOLÓGICO

Informe climatológico enero 2011

Maquetación: ocumodeseño

O RELEVO DE GALICI C A I

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

Os maiores e as TIC ANO 2011

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

Rachas m $)A (" ximas registradas el 8/11/2010 Racha m $)A (" xima (km/h) Xares A Veiga Cabeza de Manzaneda Manzaneda Lardeira Carballeda

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

OS ELEMENTOS DO CLIMA. Selectividade: Exercicio práctico: Mapas de temperaturas e precipitacións medias.

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

As empresas culturais en Galicia

COMENTARIO MAPA DE TEMPO EN SUPERFICIE

termodinámicos que inflúen clima de España. - Factores xeográficos: latitude, situación, influencia do mar, relevo. - Factores termodinámicos: en

Estudo das necesidades das persoas maiores de 65 anos que viven soas

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

XEOGRAFÍA DE GALICIA 1. O RELEVO DE GALICIA

ZONAS TERRITORIAIS: Municipios de zona territorial 1

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

Plan Banda Larga

Índice de Confianza do Consumidor METODOLOXÍA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE SANXENXO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. decembro 2009

Expurgo da documentación xudicial en GALICIA

DISTRIBUCIÓN POR SEXOS NOS ÓRGANOS DE GOBERNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO. Ano Unidade de Igualdade Ano

MANUAL da PÁXINA WEB DE CONSULTA DE COBERTURA Versión Móbil

MFC - Mapas Ferroviarios Comarcales

Televisión e radio en Galicia

A activación deste servizo leva moi pouco tempo e ofrece unha serie de vantaxes:

INSTRUCIÓNS XERAIS PARA A FERRAMENTA DE AXUDA A CUMPRIMENTACIÓN DE SOLICITUDES.

A Responsabilidade Social Empresarial nas Empresas TIC de Galicia. Edición 2016

Ourense e Verín 1.- PANORAMA XERAL

Manual para recibir notificacións do twitter da Axencia Local de Colocación no teu móbil.

VIII OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA La Caixa Bases

CASTIÑEIROS XAPONESES E CHINESES DO PAZO DE LOURIZÁN

CURSOS GRATUÍTOS Con prácticas en empresas e certificado de profesionalidade oficial Abre novas portas ao teu emprego

DECRETO 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

Festas laborais conforme ó establecido no Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e no Decreto 128/2011, do 30 de xuño.

O libro e a edición en Galicia (2016)

Plan Banda Larga. Lugo, xaneiro de 2015

Tema 14.- A poboación de España e de Galicia.

MANUAL DE PUBLICIDADE

INFORME OFICIAL DE CAMPAÑAS DE CALIDADE DO AIRE

XESTUR PLATAFORMAS LOXÍSTICAS

Convocatoria ordinaria de 2012

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

TEMA 1: A POBOACIÓN NO MUNDO

INFORME RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA EN PERIGO DE EXTINCIÓN

VISITA Á ZONA XEOLÓXICA DE CASTRELO, NO CONCELLO DE BURELA

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

REUNIÓN DO 28 DE MARZO DE 2017

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

REUNIÓN DO 25 DE XULLO DE

ELECTRÓNICA DIXITAL. SISTEMAS DE NUMERACIÓN.

INFORME ECONÓMICO-FINANCEIRO ORZAMENTO 2015

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

A sociedade da información. Tema 1

Datos básicos sobre a evolución do galego

Informe sobre a lingua galega na Educación infantil de 3 a 6 anos no curso 2015/16.

Guía didáctica de Poetízate realizada polo escritor e profesor Carlos Negro ( A poesía non morde

DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx

INFORME SOBRE O MERCADO LABORAL NO SECTOR DO TURISMO E A HOSTALARÍA EN GALICIA. 2011

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

XEOGRAFÍA. O ser humano transforma o medio físico en función das súas necesidades e o seu desenvolvemento tecnolóxico. (Xeografía humana)

2. A codia oceánica e a codia continental A plataforma continental galega

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

DOCUMENTOS DE TRABALLO

IV CERTAME DE RELATO CURTO

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia

TURISMO RURAL EN GALICIA. Informe anual 2016

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

Ofértanse un total de 603 prazas na modalidades de: Balnearios (opción todo incluído ) e a súa adxudicación efectúase nas xefaturas territoriais.

Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

Galicia, a primeira Comunidade en sinistralidade mortal cun índice de incidencia que duplica ao estatal

Súmate á boa xente. 2ª fase Campaña de doazón de sangue nas universidades galegas. Curso

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

CODIFICADORES CIRCUÍTOS COMBINACIONAIS

Transcripción:

INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2017

ÍNDICE 1 INTRODUCCIÓN... 2 2 BALANCE DA TEMPERATURA E PRECIPITACIÓN NO OUTONO 2017 EN GALICIA.... 3 2.1. Temperatura... 3 2.2. Precipitación... 9 3 EVOLUCIÓN HISTÓRICA DA TEMPERATURA E A PRECIPITACIÓN DE OUTONO.... 13 3.1. Temperatura... 13 3.2. Precipitación... 16 Data edición: 18/12/2017 Páxina 1 de 17

Outono moi seco e cálido. 1 INTRODUCCIÓN A continuación preséntanse unha descrición climatolóxica que caracterizou á estación de outono (setembro de 2017 a novembro de 2017). Así, analízanse os datos de temperatura e precipitación e a súa evolución no tempo considerando o período de referencia 1981-2010. As anomalías calculadas nas táboas, mapas e gráficos, e percentiles calcúlanse con respecto a este período de referencia. Para caracterizar a estación en función da temperatura considéranse os seguintes criterios: Percentil Categoría < mínimo en 1981-2010 Extremadamente frío Entre 5% e 20% Moi frío Entre 20% e 40% Frío Entre 40% e 60% Normal Entre 60% e 80% Cálido Entre 80% e 95% Moi cálido >máximo en 1981-2010 Extremadamente cálido. Táboa 0.1. Cualificación do mes en función da temperatura. Para caracterizar a estación en función da precipitación considéranse os seguintes criterios: Percentil Categoría < mínimo en 1981-2010 Extremadamente seco Entre 5% e 20% Moi seco Entre 20% e 40% Seco Entre 40% e 60% Normal Entre 60% e 80% Húmido Entre 80% e 95% Moi Húmido >máximo en 1981-2010 Extremadamente Húmido. Táboa 0.2. Cualificación do mes en función da precipitación. Se falamos de temperatura media, enténdese por anomalía a diferenza entre a temperatura media deste outono e o valor climático obtido con respecto ó período de referencia 1981-2010. Para a variable precipitación enténdese por anomalía a porcentaxe da precipitación acumulada na outono respecto do valor da media climática correspondente. Páxina 2 de 17

2 BALANCE DA TEMPERATURA E PRECIPITACIÓN NO OUTONO 2017 EN GALICIA. 2.1. Temperatura O outono de 2017 (balance dos meses de setembro, outubro e novembro) foi cálido, cunha anomalía positiva na temperatura media de +0.34 ºC. As temperaturas máximas estiveron por riba do normal resultando o outono moi cálido segundo esta variable, e as mínimas pola contra foron frías. A ausencia de incursións de aire cálido procedente de África, fixo que as temperaturas no mes de setembro deste outono non fosen moi elevadas, a pesar da posición predominante das altas presións nos Azores. Así, estiveron en xeral por debaixo do normal para esta época do ano, notándose un efecto máis acusado nas máximas que nas mínimas. A anomalía de temperatura media para a serie rexional en Galicia, foi de -0.98 ºC, cualificándose o mes como frío. Ademais este setembro destacou por ser o máis frío nos últimos 21 anos. Tras un mes de setembro frío, tivemos un mes de outubro extremadamente cálido, tan só superado polo ano 2014, cunha anomalía de +2.43 ºC. As elevadas temperaturas foron protagonistas en gran parte das xornadas do mes, durante as que en numerosos casos as altas presións quedaron moi preto da Comunidade. Foron moitas as localidades que rexistraron temperaturas máximas moi elevadas para a época do ano, superándose os 30 ºC e acadándose efemérides históricas en moitas das series da rede de estacións meteorolóxicas galegas. Hai que destacar que isto debeuse principalmente as temperaturas máximas que presentaron unha anomalía de + 4.73 ºC, o valor máis alto da serie histórica da media das temperaturas máximas da serie rexional galega. Sen embargo, as mínimas foron normais, debido en gran parte, as numerosas noites de ceo despexado e vento en calma e as significativas inversións térmicas que tiveron lugar no mes. A normalidade na temperatura volveu no mes de novembro, no que predominaron as entradas de norte que achegaron aire frío á Comunidade. As temperaturas máximas e mínimas compensáronse durante moitas xornadas totalmente anticiclónicas (principalmente na metade sur), con noites longas e moi despexadas. Así, aínda que as máximas foron elevadas na primeira quincena, as baixas temperaturas con fortes xeadas foron as protagonistas principalmente nas últimas xornadas do mes. Deste xeito, as máximas Páxina 3 de 17

presentaron unha anomalía de +0.47 ºC e as mínimas de -1.35 ºC, dando lugar a temperaturas medias no rango normal. Páxina 4 de 17

Nas táboas 1 e 2 móstranse as temperaturas máximas máis altas rexistradas na Comunidade Galega na estación de outono de 2017 para estacións situadas por debaixo e por enriba dos 1000 metros de altitude respectivamente. Nas xornadas 2, 5 e 14 e 15 do mes de outubro, rexistráronse en moitas localidades galegas temperaturas máximas moi elevadas para a época do ano. Como se pode ver nas táboas mesmo moi por encima dos 30ºC. Temperaturas máximas máis altas rexistradas no outono 2017 por debaixo dos 1000 m de altitude Data Estación Concello Provincia TA (ºC) 02/10/2017 EVEGA Leiro LEIRO Ourense 37.6 02/10/2017 Remuíño ARNOIA (A) Ourense 37.5 15/10/2017 Pedro Murias RIBADEO Lugo 35.4 02/10/2017 Cequeliños ARBO Pontevedra 35.1 15/10/2017 Foz FOZ Lugo 34.8 15/10/2017 Areas TUI Pontevedra 34.8 15/10/2017 Entenza SALCEDA DE CASELAS Pontevedra 34.7 04/10/2017 A Portela VILAMARTÍN DE VALDEORRAS Ourense 34.5 15/10/2017 Lourenzá LOURENZÁ Lugo 34.4 15/10/2017 A Granxa PONTEAREAS Pontevedra 34.3 Táboa 1: Temperaturas máximas máis altas rexistradas no outono de 2017 a altitude menor de 1000 m. Temperaturas máximas máis altas rexistradas no outono 2017 por riba dos 1000 m de altitude Data Estación Concello Provincia TA (ºC) 05/10/2017 O Invernadeiro VILARIÑO DE CONSO Ourense 31.3 05/10/2017 A Mezquita MEZQUITA (A) Ourense 29.4 02/10/2017 Xurés MUÍÑOS Ourense 28.3 05/10/2017 Corzos VEIGA (A) Ourense 27.9 14/10/2017 San Xoán de Río SAN XOÁN DE RÍO Ourense 27.5 05/10/2017 Serra do Eixe VEIGA (A) Ourense 26.8 04/10/2017 O Cebreiro PEDRAFITA DO CEBREIRO Lugo 26.2 05/10/2017 Casaio CARBALLEDA DE VALDEORRAS Ourense 26.2 04/10/2017 Ancares CERVANTES Lugo 25.3 04/10/2017 Alto do Poio PEDRAFITA DO CEBREIRO Lugo 24.1 Táboa 2: Temperaturas máximas máis altas rexistradas no outono de 2017 a altitude maior de 1000 m. Páxina 5 de 17

Nas táboas 3 e 4 móstranse as temperaturas mínimas máis baixas rexistradas na Comunidade no outono de 2017 para as estacións situadas por enriba e por debaixo dos 1000 metros de altitude, respectivamente. Neste caso, xusto as últimas xornadas do outono foron as que rexistraron as mínimas máis baixas tendo en conta as dúas altitudes. Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no outono 2017 por riba dos 1000 m de altitude Data Estación Concello Provincia 30/11/2017 Cabeza de Manzaneda MANZANEDA Ourense -6.7 30/11/2017 Corzos VEIGA (A) Ourense -6.6 30/11/2017 Xares VEIGA (A) Ourense -6.3 30/11/2017 Lardeira CARBALLEDA DE VALDEORRAS Ourense -5.7 30/11/2017 O Cebreiro PEDRAFITA DO CEBREIRO Lugo -4.7 30/11/2017 Ancares CERVANTES Lugo -4.3 30/11/2017 Alto do Poio PEDRAFITA DO CEBREIRO Lugo -4.1 27/11/2017 O Invernadeiro VILARIÑO DE CONSO Ourense -3.8 30/11/2017 Serra do Eixe VEIGA (A) Ourense -3.2 14/11/2017 A Mezquita MEZQUITA (A) Ourense -3.2 Táboa 3: Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no outono de 2017 a altitude superior a 1000m. TA (ºC) Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no outono 2017 por debaixo dos 1000 m de altitude Data Estación Concello Provincia TA (ºC) 30/11/2017 Calvos CALVOS DE RANDÍN Ourense -8.9 21/11/2017 Verín-Vilela VERÍN Ourense -7.2 30/11/2017 Baltar BALTAR Ourense -6.9 30/11/2017 Mouriscade LALÍN Pontevedra -5.7 28/11/2017 Morelle SARRIA Lugo -5.7 28/11/2017 Lanzós VILALBA Lugo -5.7 28/11/2017 Xinzo XINZO DE LIMIA Ourense -5.6 28/11/2017 Bóveda BÓVEDA Lugo -5.1 30/11/2017 Viana do Bolo VIANA DO BOLO Ourense -4.3 30/11/2017 EVEGA Leiro LEIRO Ourense -4.1 Táboa 4: Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no outono de 2017 a altitude inferior a 1000m. Páxina 6 de 17

Na figura 1 móstrase o mapa de temperatura media para o outono de 2017. En Cabeza de Manzaneda acadáronse os valores máis baixos de temperatura, con valores próximos a 7 ºC. Nas comarcas de Vigo e O Baixo Miño acadáronse os valores máis altos, por riba dos 16ºC. Figura 1: Temperatura media no outono 2017 Páxina 7 de 17

Na figura 2 pódese ver para este outono o mapa das desviacións da temperatura media respecto do valor de referencia no período 1981-2010. En xeral, tratouse dun outono cálido, cunha anomalía media, segundo os valores do mapa, de +0.9 ºC. Os rexistros máis altos de anomalía de temperatura acadáronse principalmente no leste da Comunidade e nas comarcas de Vigo e o Baixo Miño, con valores de case + 3 ºC de anomalía positiva. Os máis baixos na Comarca de Bergantiños, cunha anomalía negativa de -0.8 ºC. Figura 2: Mapa de anomalías da temperatura media no outono 2017 Páxina 8 de 17

2.2. Precipitación En conxunto, pódese cualificar este outono como moi seco, cun 64% de precipitacións por debaixo do valor climático agardado. Dende 1961 é o terceiro outono máis seco, precedido polos outonos dos anos 2007 e 1978, que foron máis secos. Setembro estivo caracterizado pola chegada de frontes atlánticas moi debilitadas debido á presencia das altas presións, deixando chuvias moi febles no terzo norte da Comunidade. A escaseza foi polo tanto máis acusada no sur e leste da provincia de Ourense onde non houbo rexistros de precipitación en moitos casos. Así, o mes cualificouse como seco na metade norte da Comunidade e moi seco na metade sur. A serie rexional de 16 estacións meteorolóxicas representativas mostrou unha anomalía dun 67 % por debaixo do normal, cualificándose o mes de setembro como seco para toda Galicia, cun precedente máis seco que foi 2011. A un setembro seco, seguiuno un mes de outubro moi seco. Caracterizado polas situacións anticiclónicas en gran parte do mes. Só houbo unha ventá temporal de 6 días (do 16 ao 21) no que as borrascas puideron afectar á Comunidade. A escaseza de chuvia tamén se reflectiu nun número de días de chuvia, moi inferior ao normal nun mes de outubro. Así, estes acadaron valores entres 3 e 6, cando deberían superar os dez en gran parte de Galicia. Neste caso, o estudo das anomalías de precipitación da serie rexional galega mostrou unha porcentaxes dun 79 % por debaixo do normal, co precedente máis seco o do ano 2007. Finalmente, o outono rematou cun mes de novembro no que houbo máis precipitación, pero ca chuvia moi concentrada en dou episodios, nos que o día 3 o 24 foron os días máis chuviosos do mes. A chuvia rexistrada non obstante foi en xeral pouco significativa, principalmente no norte da Comunidade. Así, as cantidades de chuvia representaron aproximadamente a metade da que debería caer nun mes de novembro normal. Sen embargo, nalgunhas localidades das provincias de Lugo e Ourense, houbo valores próximos aos normais. As anomalías da serie rexional mostran que a chuvia rexistrada estivo un 48 % por debaixo do normal, considerándose o mes moi seco e co precedente máis próximo o do 2015. Páxina 9 de 17

Na táboa 5 móstranse os valores máximos de precipitación acumulada rexistrados neste outono de 2017. Precipitación máxima estacional no outono 2017 Estación Concello Provincia Precipitación (L/m 2 ) Muralla LOUSAME A Coruña 299 Serra da Faladoira ORTIGUEIRA A Coruña 266 A Gándara VIMIANZO A Coruña 264 Monte Aloia TUI Pontevedra 263 Castrove POIO Pontevedra 255 Fornelos de Montes FORNELOS DE MONTES Pontevedra 253 Cespón BOIRO A Coruña 250 Lesende LOUSAME A Coruña 241 Xesteiras CUNTIS Pontevedra 240 Corrubedo RIBEIRA A Coruña 233 Táboa 5: Valores máximos de precipitación acumulada no outono de 2017. Na táboa 6 móstranse os valores mínimos de precipitación acumulada rexistrados: Precipitación mínima estacional no outono 2017 Estación Concello Provincia Precipitación (L/m 2 ) Casaio CARBALLEDA DE VALDEORRAS Ourense 61 Lardeira CARBALLEDA DE VALDEORRAS Ourense 61 Larouco LAROUCO Ourense 69 Xinzo XINZO DE LIMIA Ourense 70 As Petarelas RUBIÁ Ourense 76 Viana do Bolo VIANA DO BOLO Ourense 80 Baltar BALTAR Ourense 80 A Portela VILAMARTÍN DE VALDEORRAS Ourense 84 Verín-Vilamaior VERÍN Ourense 86 San Fiz CHANTADA Lugo 86 Táboa 6: Valores mínimos de precipitación acumulada no outono de 2017 Páxina 10 de 17

Na figura 3 móstrase a precipitación total acumulada no outono de 2017. Os valores máis altos rexistráronse principalmente nas comarcas de Ortegal e a Mariña Lucense, onde se acadaron valores próximos aos 300 L/m 2. Pero cabe destacar tamén o oeste da Comunidade, que tamén presentou valores similares de precipitación. Os valores máis baixos acadáronse principalmente na comarca de Valdeorras, na que nalgunhas localidades non se chegou a un acumulado estacional de 35 L/m 2. O valor medio de precipitación para o conxunto de Galicia, a partir dos valores do mapa, foi de 155 L/m 2. Figura 3: Mapa de precipitación acumulada no outono de 2017. Páxina 11 de 17

Na figura 4 móstrase o mapa de anomalías de precipitación en forma de porcentaxe con respecto aos valores normais (1981-2010), sendo 100% a porcentaxe que representa a normalidade. As zonas con menor precipitación, respecto ao valor climatolóxico, sitúanse na alta montaña Ourensá, con ata un 82 % menos de precipitación da agardada. Aínda nas rexións onde máis precipitación se rexistrou, as anomalías de precipitación son un 13 % inferiores ao normal. Considerando os valores do mapa da figura 4, o valor medio de anomalía de chuvia para Galicia estivo un 64 % por debaixo da precipitación normal para a estación de outono. Figura 4: Porcentaxe de precipitación acumulada con respecto á media climática no outono de 2017. Páxina 12 de 17

3 EVOLUCIÓN HISTÓRICA DA TEMPERATURA E A PRECIPITACIÓN DE OUTONO. 3.1. Temperatura A temperatura media de outono para Galicia, considerando once estacións meteorolóxicas representativas, presentou unha anomalía positiva de +0.5 ºC con respecto ao período climático de referencia 1971-2000 e de +0.3 ºC con respecto ao 1981-2010. Como resultado disto tratouse dun outono cálido tendo como referencia o período 1981-2010 segundo a táboa 0.1. Isto pódese observar na seguinte táboa: Temperatura media outono(ºc) 2017 1971-2000 1981-2010 14.8 14.3 14.5 Táboa 7: Comparación entre a temperatura media en outono e a media climática galega. Na seguinte táboa móstrase a distribución por meses da temperatura media no outono de 2017 para esta serie de referencia. Temperatura media mensual (ºC) Mes 2017 1971-2000 1981-2010 setembro 17.1 17.9 17.8 outubro 16.9 14.2 14.5 novembro 10.4 10.1 10.9 Táboa 8: Comparación entre a temperatura media mensual do outono 2017 e as medias mensuais climáticas nos períodos de referencia mostrados. Pódese dicir que, en canto á temperatura media e considerando o período de referencia 1981-2010, o mes de setembro foi moi frío, outubro extremadamente cálido e novembro normal. Na táboa 9 pódese observar a temperatura media das máximas na estación de outono e a comparación cos valores de referencia dos períodos 1971-2000 y 1981-2010. Tendo en conta os percentiles das series, as máximas deste outono poden cualificarse como moi cálidas. Páxina 13 de 17

Temperatura media das máximas en outono(ºc) 2017 1971-2000 1981-2010 20.8 19.2 19.4 Táboa 9: Comparación entre a temperatura máxima media en outono e a media climática galega. Mensualmente, setembro resultou moi frío, outubro extremadamente cálido e novembro cálido, con respecto ao período 1981-2010. Temperatura media das máximas por mes (ºC) Mes 2017 1971-2000 1981-2010 setembro 22.7 23.6 23.9 outubro 24.1 19.0 19.3 novembro 15.5 14.9 15.0 Táboa 10: Comparación entre a temperatura máxima media mensual do outono de 2017 e as medias mensuais climáticas nos períodos de referencia mostrados. En canto ás temperaturas mínimas, o outono pódese considerar moi frío, cunha anomalía de -0.7 ºC con respecto ao período de referencia 1981-2010. Temperatura media das mínimas en outono(ºc) 2017 1971-2000 1981-2010 8.8 9.3 9.5 Táboa 11: Comparación entre a temperatura mínima media en outono e a media climática galega. A escala mensual, setembro foi moi frío, outubro normal e novembro frío, con respecto ao último período de referencia. Temperatura media das mínimas por mes (ºC) Mes 2017 1971-2000 1981-2010 setembro 11.4 12.1 12.2 outubro 9.8 9.4 9.6 novembro 5.3 6.6 6.7 Táboa 12: Comparación entre a temperatura mínima media mensual do outono de 2017 e as medias mensuais climáticas nos períodos de referencia mostrados. Páxina 14 de 17

Na figura 5 móstrase a evolución da temperatura media dos outonos dende o ano 1961 ao ano 2017. Figura 5: Evolución da temperatura media no outono para a serie rexional galega. A temperatura media do outono acadou un valor de 14.8 ºC. A anomalía da temperatura media para Galicia, obtida a partir das anomalías medias en once estacións meteorolóxicas representativas, foi de +0.34 ºC, o que fai que, segundo os criterios da táboa 0.1, poida considerarse como un outono cálido. Este é o resultado da compensación dunhas temperaturas máximas cunha anomalía de +1.33 ºC (moi cálido) e unhas mínimas de -0.66 ºC (frío). Figura 6: Evolución da anomalía da temperatura no outono no período 1961-2017. Páxina 15 de 17

3.2. Precipitación Na táboa 13 móstranse os valores medios de precipitación acumulada no outono de 2017, ademais dos valores climáticos dos períodos 1971-2000 e 1981-2010. A serie rexional constrúese a partir de dezaseis estacións meteorolóxicas representativas. Precipitación acumulada estacional (mm) 2017 1971-2000 1981-2010 146 390 417 Táboa 13: Comparación entre a precipitación acumulada no outono 2017 e os valores climáticos. A porcentaxe de precipitación neste outono foi un 63% inferior con respecto ao período de referencia 1971-2000 e un 64% inferior con respecto ao período de referencia 1981-2010. Segundo os criterios da táboa 0.2, considérase un outono moi seco con respecto ao último período. O estudo mensual da precipitación acumulada neste outono (táboa 15) mostra que setembro foi seco e outubro e novembro moi secos. Precipitación acumulada por mes (mm) Mes 2017 1971-2000 1981-2010 setembro 27 85 78 outubro 35 145 167 novembro 84 159 173 Táboa 14: Comparación entre os valores acumulados de precipitación dos meses de outono e as medias correspondentes aos períodos climáticos. Páxina 16 de 17

Na figura 7, pode verse a evolución da precipitación nos outonos desde o ano 1961 ao 2017. Figura 7: Precipitación acumulada no outono para a serie rexional galega. A chuvia media para as dezaseis estacións que compoñen a serie rexional foi de 146 L/m 2. A anomalía media das precipitacións para este outono en Galicia foi un 64 % inferior ao valor normal. Como se pode observar no gráfico, este foi o terceiro outono máis seco da serie histórica, superado polos outonos de 2007 e 1978. Figura 7: Evolución da anomalía de precipitación no outono no período 1961-2017. MeteoGalicia Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia Páxina 17 de 17