LINGUA GALEGA E LITERATURA 2015/2016 2º BACHARELATO

Documentos relacionados
CONTIDOS MÍNIMOS 2º CICLO LINGUA

1º exame, 3ª avaliación

Circular informativa

LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE (LGSA)

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Guía docente Título superior de deseño

Decreto 7/1999 que regula o funcionamento dos Centros Públicos Integrados artigo 24.g Orde do 15 de xuño do 2009,artigo 9 punto 4

Nébeda. Club de lectura e encontros literarios

TRABALLANDO COA PUBLICIDADE NA AULA GUIA DIDÁCTICA

COMERCIO ELECTRÓNICO GUÍA DIDÁCTICA

TRABALLANDO COA PUBLICIDADE NA AULA GUIA DIDÁCTICA

LITERATURA GALEGA CONTEMPORÁNEA: NARRATIVA

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

Instituto de Educación Secundaria Leixa. Bacharelatos Ciclos formativos de Artes Gráficas e Sanidade

DATOS IDENTIFICATIVOS 2015/16. Asignatura Técnicas de Comunicación e de Promoción Turísticas Código 662G01005

DECRETO NÚMERO DO 09/05/2013

INICIACIÓN Á LINGUA PORTUGUESA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Mestrado Interuniversitario Política lingüística e planificación da lingua galega. Universidades da Coruña, Santiago e Vigo

Convocatoria ordinaria de 2012

- Probas escritas ou orais %

PROGRAMA FORMATIVO Módulo de creación de empresas

Curso Traballo Social e Demencias

Programación Específica de Frauta da Sección Bilingüe

PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

1º exame, 2ª avaliación

Recuperación de Lengua de 1º de ESO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CURSO ELABORADO POR: Gabriel Prada. REVISADO POR: Departamento de Lingua. APROBADO POR: Dirección

Debuxo Artístico. Bloque de materias específicas. Introdución

AS COMPETENCIAS PROFESIONAIS DOCENTES. Modelo competencial da Rede de Formación

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

ASIGNATURA DE CIENCIAS APLICADAS Á ACTIVIDADE PROFESIONAL 4º ESO CURSO 16-17

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

CURSO DE GALEGO Libro do profesor. Nivel. Marco europeo común de referencia para as linguas. Galego

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

ANÁLISE DAS CARGAS DE TRABALLO: ESTUDO PILOTO

Fundamentos de Administración e Xestión

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

Servizo de Guía Laboral

ACTIVIDADES MÓDULO II

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior Curso 2017

Obradoiros. de Verán 2017

RESUMEN INFORMATIVO PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2015 /2016

Duración: 9 horas Datas: 8, 15 e 22 de xuño Horario: Lugar de impartición: Campus de Vigo OBXECTIVOS XERAIS

Proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade XUÑO 2017 DESEÑO OPCIÓN A

s_profesionais_comarcais_2011.pdf

Aula de Galego 2. Edita Xunta de Galicia consellería de educación e ordenación universitaria secretaría Xeral de Política lingüística

ASIGNATURA DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 1º ESO CURSO 16-17

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA ESCOLMA DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Curso COTSG. Casos Prácticos nos Servizos Sociais Comunitarios: Por que cambian as persoas?

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

1. TEXTO NARRATIVO acontecementos personaxes espazo tempo historia argumento relato trama discurso tema

PRUEBA EXTRAORDINARIA DE SEPTIEMBRE LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA 1º ESO

RESUMO DA PROGRAMACIÓN PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES 1º ESO. CURSO 2015/16

GUÍA BREVE SOBRE LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA DE 2º DE BACHARELATO

Actividades Formativas

INTRODUCIÓN... 2 PERSOAS DESTINATARIAS DO PLAN DE FORMACIÓN:... 3 INFORMACIÓN ADICIONAL:... 3 CURSO 1: TRABALLAR A PARENTALIDADE POSITIVA...

Unidade 1. Primaria Ciencias da Natureza 1 Programación

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

Meditación de atención plena no proceso de ensino-aprendizaxe (Campus de Ourense)

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS PARA A DIRECCIÓN DE TESES DE DOUTORAMENTO

TEORÍA SINTÁCTICA 2º ESO. A frase defínese coma unha agrupación de palabras con sentido pero sen verbo.

AFONDAMENTO EN INGLÉS

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

LINGUA CASTELÁ E LINGUA GALEGA 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. A) Obxectivos xerais do curso (temporalizados por avaliacións)

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

*A vida na idade media: O feudalismo, Os gremios, O comercio, a moeda, os castelos, a cultura cabaleiresca

DEPARTAMENTO DE LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA CURSO ESCOLAR APRENDIZAJES IMPRESCINDIBLES NIVEL 2º ESO

TEORÍA SINTÁCTICA 2º ESO. A frase defínese coma unha agrupación de palabras con sentido pero sen verbo.

laboral. de seguridae e saude

Cidade da Ciencia e a Innovación 2012 IX CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

PLANES DE RECUPERACIÓN DE 1º ESO PARA SEPTIEMBRE - curso 2013/14 LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA

UNIDADE DE ATENCIÓN TEMPERÁ TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO E INTERVENCIÓN FAMILIAR MEMORIA 2014

4. Las competencias comunicativas: lingüística, socio-lingüística y pragmática. Definición, análisis de sus componentes y su gradación en niveles.

A CARTA DE PRESENTACIÓN

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

Programa docente en créditos ECTS

Denominación do Mestrado. Mestrado Universitario en Intervención Logopédica na infancia e na adolescencia. Duración en ECTS 60. Presentación breve

AS REVÁLIDAS da LOMCE Curso 15-16

2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. A) Obxetivos xerais do curso e competencias (temporalizados por avaliacións):

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

INFORMACIÓN ALUMNADO DEPARTAMENTO MATEMÁTICAS

DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx

PRESENTACIÓN DAS ACCIONS A DESENVOLVER POLO CONCELLO DE LUGO DENTRO DO PROXECTO MURALLA DIGITAL

PROGRAMA DE BOLSAS HIGH SCHOOL UN ANO ACADÉMICO NOS ESTADOS UNIDOS

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

Rocío Pérez Carmona Páginas de 2 a 3. Carmen Elena Martínez Páginas de 4 a 5. Resto de profesores Páginas 6 a 7

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, BASEADAS NO COÑECEMENTO CIENTÍFICO

Transcripción:

LINGUA GALEGA E LITERATURA 205/206 2º BACHARELATO

ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA DE LINGUA GALEGA E LITERATURA 5- OBECTIVOS DA MATERIA 2º BAC ) Comprender o contido global e particular así como a intención e propósito dos discursos orais, escritos e audiovisuais procedentes de diversos contextos comunicativos da vida social e cultural, nomeadamente, dos ámbitos público, educativo, profesional e dos medios de comunicación. 2) Expresar por escrito e oralmente o contido dunha mensaxe axustando o discurso a diferentes situacións comunicativas (especialmente ás do ámbito académico) e mantendo a coherencia, a corrección gramatical, a adecuada presentación e a utilización dos principais elementos cohesivos. 3) Desenvolver as principais técnicas de comunicación e aprendizaxe relativas á comprensión e á produción que se empregan durante a interacción oral, para lograr os fins pretendidos e atendendo aos distintos contextos. 4) Identificar os diversos tipos de textos orais, escritos e audiovisuais e reflexionar sobre a súa estrutura así como recoñecer o seu tema e a organización da información. 5) Interpretar e valorar criticamente a información e as mensaxes que emanan dos distintos discursos e utilizar con autonomía e espírito crítico as novas tecnoloxías da información e da comunicación. 6) Planificar, realizar e corrixir as propias producións de xeito que a persoa usuaria da lingua sexa un axente social no seu ámbito, contribuíndo a consolidar as distintas funcións sociais da lingua (de identidade, familiar, laboral, local, institucional, cultural e internacional). 7) Coñecer a realidade multilingüe do mundo, de Europa e do Estado español valorando positivamente a riqueza que representa e fomentar o desenvolvemento da competencia pluricultural e, en especial, o da plurilingüe. 8) Coñecer, analizar e reflexionar sobre a situación social da nosa lingua e sobre os factores e procesos que ao longo da súa historia a levaron á situación actual. 9) Analizar os diferentes usos sociais da lingua, valorar as súas variedades, superar estereotipos lingüísticos que supoñen xuízos de valor e prexuízos, en especial os referidos ás mulleres, para evitalos. 0) Recoñecer e analizar as distintas unidades da lingua e o seu funcionamento a partir dos distintos tipos de textos que se producen en contextos diferentes e cun achegamento analítico que observe a lingua partindo da globalidade para chegar ás partes mínimas. ) Apreciar e valorar a corrección e precisión formal como unha condición para que a comunicación funcione de maneira óptima. 2) Adquirir un corpus léxico importante, adecuado á intención e á situación comunicativa, almacenable a longo prazo, de fácil acceso e formalmente correcto. 3) Coñecer as características das principais etapas da literatura galega así como as correntes, xéneros, autoras e autores e obras máis representativas utilizando fontes bibliográficas axeitadas para o seu estudo.

4) Ler, comprender, analizar e xulgar con criterio obras e fragmentos representativos das diferentes épocas da literatura galega en tanto que expresión de determinadas circunstancias sociohistóricas. 5) Concienciarse de que unha lectura crítica e de calidade mellora a competencia comunicativa, xa que posibilita a formación, a información e o pracer. 6. CONTIDOS SECUENCIADOS E TEMPORALIZADOS N º UNIDADES DIDÁCTICAS TEMPORALIZACIÓN SESIÓNS/ MES Probas Avaliaci ón SOCIOLINGÜÍSTICA - TEMA : As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos. Libro de texto : Unidade - pp 0-5; Unidade 2 - pp 28-35; Unidade 3 - pp 46-53 2 SOCIOLINGÜÍSTICA - TEMA 2: Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma. Libro de texto: Unidade 5 - pp 80-85 + Unidade 6 pp. 94-99 4 SETEMBRO 4 SETEMBRO OUTUBRO 3 Fonética e fonoloxía: Libro de texto: Unidade pp 6-2 4 OUTUBRO 4 As variedades dialectais: Libro de texto: Unidade 4 pp 62-69 4 OUTUBRO 5 LITERATURA:.- A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas. Libro de texto: Unidade - pp.64-74 87 3 NOVEMBRO 6 LITERATURA: 2.- A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas. Libro de texto: Unidade - pp.74-87 7 LITERATURA: 3.- A prosa do primeiro terzo do : as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo). Libro de texto: Unidade 2- pp 88-2 8 LITERATURA: 4.- O teatro do primeiro terzo do : Irmandades, vangardas e Grupo Nós. Libro de texto: Unidade 5- pp. 263-27 + 282-283 9 EERCICIOS DE MORFOLOÍA (REVISIÓN) + COMENTARIO DE TETO 0 2 3 4 5 SOCIOLINGÜÍSTICA - TEMA 4: O galego no primeiro terzo do século : características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística. Libro de texto:unidade 6 pp. 08-3 SOCIOLINGÜÍSTICA - TEMA 5: O galego de 936 a 975: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística. Libro de texto: Unidade 7 pp.22-25 SOCIOLINGÜÍSTICA - TEMA 6: O galego a finais do século e comezos do I: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística. Libro de texto: Unidade 8 pp. 25-29 LITERATURA: 5.- A poesía entre 936 e 976: a eración do 36, a Promoción de Enlace, a eración das Festas Minervais. Libro de texto: Unidade 2- pp 22-235 + 240-24 LITERATURA: 6.- A prosa entre 936 e 976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas). Libro de texto: Unidade 4- pp 243-255 LITERATURA: 7.- A Nova Narrativa galega. Características, autores e obras representativas. Libro de texto: Unidade 4- pp 3 NOVEMBRO 3 NOVEMBRO 3 DECEMBRO 7 TODO O TRIMESTRE 4 ANEIRO 4 ANEIRO 4 FEBREIRO 3 FEBREIRO 3 FEBREIRO MARZO 3 MARZO ª 2ª

6 7 8 9 2 0 2 2 2 2 3 256-257 LITERATURA: 8.- O teatro galego entre 936 e 976: a eración dos 50 e o Grupo de Ribadavia. Libro de texto: Unidade 5- pp. 272-279 EERCICIOS DE MORFOLOÍA (REVISIÓN) + COMENTARIO DE TETO SOCIOLINGÜÍSTICA: TEMA 3.- Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización. Libro de texto: Unidade 9- pp. 38-43 LITERATURA: 9.- A literatura do exilio entre 936 e 976: poesía, prosa e teatro. (fotocopias) LITERATURA: 0- A poesía de fins do e comezos do I. Temas e autores dos 80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes. Libro de texto: Unidade 6- pp. 284-303 LITERATURA:.- A prosa de fins do e comezos do I. Temas e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes. Libro de texto: Unidade 7- pp. 30-325 LITERATURA: 2.- O teatro de fins do e comezos do I. Temas e autores dos 80 e dos 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis relevantes. Libro de texto: Unidade 8- pp. 330-337 EERCICIOS DE MORFOLOÍA (REVISIÓN) + COMENTARIO DE TETO + SINTAE 3 MARZO 7 TODO O TRIMESTRE 2 ABRIL 2 ABRIL 2 ABRIL 2 MAIO 2 MAIO 3 TODO O TRIMESTRE 3ª Nª UNIDADES DIDÁCTIC AS Tema 2 Tema 2 3 Tema 3 CONTIDOS - 2º BAC Análise de texto: o tema. A fonética e a fonoloxía: sons, fonemas e grafemas. Desviacións da norma: alteracións do vocalismo e do consonantismo. As funcións sociais da lingua. Bilingüismo, conflito e diglosia. O contacto de linguas: bilingüismo individual (competencia comunicativa, adquisición e uso) e bilingüismo social (factores demográficos, factores de status e factores de apoio institucional). Sílaba, ditongo, tritongo e hiato. Texto expositivo-argumentativo Análise de texto: A idea principal dun texto e a importancia do título. Procedementos de cohesión textual: repetición ou recorrencia, paráfrase e substitución. Segmentación e identificación dos compoñentes morfolóxicos das palabras. Léxico: definición e familias léxicas. Usos sociais da lingua. Introdución á sintaxe. Análise de texto: a estrutura do texto. Os determinantes

4 Tema 4 5 Tema 5 6 Tema 6 7 Tema 7 8 Tema 8 9 Tema 9 A acentuación. A frase. Análise de texto: o esquema. O pronome persoal. As variedades dialectais: bloques e áreas. As proposicións: avaliacións? Análise de texto: tema e título. O substantivo. O adxectivo: a comparación. Sinonimia, hiponimia, hiperonimia e cohiponimia. Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Normativización e normalización lingüística. Historia da elaboración do estándar: interferencias e desviacións da norma. Sintaxe: suxeito e predicado. Análise de texto: o resumo, Interferencias e desviacións da norma: hipergaleguismos, vulgarismos, préstamos e interferencias, lusismos, castelanismos. Sintaxe: complemento directo, complemento indirecto e dativo de solidariedade. Verbos regulares. Análise de texto : o mapa conceptual. Verbos irregulares Formais impersoais do verbo. O infinitivo conxugado. Antonimia. O galego no primeiro terzo do século : características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística. Sintaxe: Complemento circunstancial e suplemento. Tipos de morfemas e análise morfolóxica: prefixos, sufixos e familias léxicas. Análise de texto: Tema e título. Idea principal e ideas secundarias dun texto. Formación do plural. Grupos consonánticos. O galego de 936 a 975: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística. O galego de fins do século e comezos do I: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico, situación sociolingüística e marco lexislativo. Sintaxe: atributo e predicativo. Semántica e campo semántico.

0 Tema 0 Tema 2 Tema 2 Análise de texto: comentario crítico. Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización. Perífrases verbais. Sintaxe: a oración composta. As relacións semánticas: relacións de afinidade semántica, relacións de oposición semántica e relacións de xerarquía semántica. Relacións de afinidade semántica: sinonimia total, sinonimia parcial, polisemia, homonimia. Relacións de oposición semántica: termos complementarios, termos antónimos, termos inversos ou recíprocos. Relacións de xerarquía semántica: hiperonimia, hiponimia, cohiponimia. Análise de texto :Aspectos relevantes á hora de analizar as características dun texto: tipo de discurso, estilo, rexistro, tipo de enunciados, intención comunicativa, función da linguaxe, características morfosintácticas. O adverbio de tempo, as conxuncións e as preposicións. Sintaxe: As oracións coordinadas: adversativas, copulativas, disxuntivas e distributivas. Os cambios semánticos: denotación e connotación, tabú e eufemismo, os cambios semánticos. A lírica no primeiro terzo do século (900-936): As Irmandades da Fala: características, autores e obras representativas. A poesía de vangarda: características, autores e obras representativas. A prosa do primeiro terzo do século (900-936): As Irmandades e o grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo). 3 Tema 3 4 Tema 4 5 Tema 5 6 Tema 6 A lírica entre 936 e 976:: xeración de 936, xeración «ponte» ou Promoción de Enlace e xeración das Festas Minervais. A literatura do exilio entre 936 e 976: poesía, teatro e prosa. A prosa de 936 a 975: características, obras e autores. (Ánxel Fole, Neira Vilas, Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor). A Nova Narrativa Galega: características, obras e autores O teatro galego de 900 a 976: principais características, obras e autores A poesía de fins do século e comezos do I: A lírica galega dende 975 á actualidade: principais características, poetas e obras. Cambio de rumbo da poesía (975-980):. L. Méndez Ferrín (Con pólvora e magnolias), Arcadio López-Casanova, Alfonso Pexegueiro.

7 Tema 7 8 Tema 8 A promoción dos 80: principais características, tendencias, obras e autores: A década dos 90 e os inicios do século I: características, poetas, tendencias e obras. A prosa de fins do século e comezos do I. A narrativa de 975-980: principais características, obras e autores. A narrativa dos 80: características, obras e autores. A narrativa dos 90 e comezos do século I: características, obras e autores. O teatro posterior a 975: principais características, obras e autores. A eración dos 50 e o Grupo de Rivadavia. A promoción de 980: principais características, obras e autores. A xeración dos 90: principais características, obras e autores. 7. METODOLOÍA DIDÁCTICA a) Metodoloxía Lectura comprensiva, análise e comentario de textos de natureza diversa e cun nivel de dificultade adaptado aos obxectivos propios da etapa postobrigatoria. Produción de textos orais e escritos respectuosos coas regras de coherencia, cohesión, adecuación, presentación e corrección ortográfica que facilitan a comunicación lingüística. Aplicación e respecto polas normas básicas que rexen o intercambio e a interacción comunicativa. Busca, obtención, selección e integración de información procedente de fontes bibliográficas e audiovisuais proporcionadas polas bibliotecas e polas tecnoloxías da información. Valoración da nosa lingua como elemento de identidade colectiva e consideración positiva do esforzo e o compromiso individual a prol da normalización lingüística. Comprensión da literatura como manifestación artística do ser humano, como fonte de formación permanente e de satisfacción persoal. Reflexión e análise de obras e fragmentos de diversas correntes literarias do século ata a actualidade. Recoñecemento da presentación e corrección ortográfica como dúas propiedades textuais que se deben aplicar ás producións propias. Repaso de casos de ortografía dubidosa. Práctica con exercicios de gramática, morfoloxía e léxico. Adquisición de coñecementos de sociolingüística, formación e historia da lingua galega. Coñecemento da diversidade lingüística no mundo, en Europa e particularmente na Península Ibérica: linguas faladas na Península Ibérica. Territorios, usos e situación legal. O caso galego. Realización periódica de comentarios de texto na aula ou na casa. b) Materiais e recursos didácticos

Utilización do libro de texto para estudo, lectura comprensiva, comentario de textos, realización de esquemas conceptuais e realización de exercicios. Utilización de exercicios complementarios. Lectura dunha obra literaria por avaliación e realización dunha proba para avaliar a súa comprensión. Emprego do material dispoñible na biblioteca e de ordenadores e Internet. Colaboración na revista escolar e en diversas actividades e concursos que promovan a normalización lingüística. 8. CRITERIOS DE AVALIACIÓN CRITERIOS ) Interpretar diferentes tipos de discursos orais, escritos e audiovisuais e a situación na que se desenvolven, captando o sentido global, a intención e as ideas principais e secundarias. Realizar resumos, esquemas ou mapas conceptuais. 2) Participar en interaccións orais de forma activa, autónoma e con eficacia comunicativa, integrando a información obtida da consulta e selección de diversas fontes de documentación e da utilización de diferentes recursos e estratexias. Realizar producións orais planificadas, relacionadas con algún contido do currículo ou tema de actualidade e usando recursos audiovisuais, bibliográficos e das tecnoloxías da información e comunicación 3) Compoñer producións escritas planificadas sobre temas de actualidade ou curriculares, adecuadas á situación e á intención comunicativa desexada, con coherencia, cohesión e corrección ortográfica, amais dunha coidada presentación. Valorarase a presentación clara e ordenada, a corrección gramatical e o uso dun rexistro adecuado á situación comunicativa. 4) Caracterizar e identificar diferentes tipos de textos orais, escritos e audiovisuais procedentes de diversos contextos comunicativos da vida social e cultural, sobre todo, dos ámbitos científico e académico e dos medios de comunicación. Valorarase a capacidade para identificar o tema, estrutura formal e informativa e nivel de adecuación de diversos tipos de textos pertencentes a diferentes ámbitos de uso. 5) Coñecer os conceptos teóricos, as normas de uso e os procedementos lingüísticos (flexión, clasificación, análise, etc.) propios da gramática galega. Trátase de verificar o coñecemento formal e a capacidade de reflexión sobre a lingua que posúe o alumnado. 6) Utilizar sistematicamente os coñecementos lingüísticos para comprender e analizar textos alleos de distintos ámbitos sociais e para producir, compoñer e revisar textos propios e de temáticas diversas. 7) Coñecer e utilizar un caudal léxico (palabras, frases feitas, combinacións, fórmulas sociais ou elementos discursivos) apropiado e amplo que incremente non só o vocabulario receptivo senón, e sobre todo, o de tipo produtivo. 8) Diferenciar as variedades internas da lingua e identificar as interferencias lingüísticas e desviacións da norma. MÍNIM OS 9) Valorar a lingua galega e ser quen de identificar os prexuízos e estereotipos que están

ligados a ela. 0) Coñecer as causas históricas da situación actual dos usos lingüísticos en Galicia e valorala con espírito crítico e reflexivo, manexando de xeito preciso a terminoloxía sociolingüística. ) Coñecer a historia da literatura galega: as principais etapas, movementos, autores e obras. 2) Ler, analizar e comentar obras e fragmentos significativos da historia da literatura galega, utilizando os coñecementos sobre as formas literarias (xéneros, recursos literarios, versificación) e os distintos períodos, movementos e autores. Tamén se valorará a súa capacidade para consultar e manexar de forma autónoma distintas fontes de información que lle permitan interpretar textos e obras literarias. 9. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACION a) Para as avaliacións ordinarias PROCEDEMENTOS Probas escritas INSTRUMENTOS ª AVALIACIÓN -Un exame de lingua, que inclúe sociolingüística e comentario de textos. -Un exame de literatura. -Un exame ou traballo do libro de lectura: O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas -Textos de produción propia (redaccións, traballos, comentarios de texto, exposicións, etc) 2ª AVALIACIÓN --Un exame de lingua, que inclúe sociolingüística e comentario de textos. -Un exame de literatura. -Un exame ou traballo do libro de lectura: O sol de verán de Carlos Casares -Textos de produción propia (redaccións, traballos, comentarios de texto, exposicións, etc) 3ª AVALIACIÓN -Un exame de lingua, que inclúe sociolingüística e comentario de textos. -Un exame de literatura. -Un exame ou traballo do libro de lectura: Erros e tánatos de Gonzalo Navaza -Textos de produción propia (redaccións, traballos, comentarios de texto, exposicións, etc) Probas orais Traballo na aula Na aula Traballos, exercicios, elaboración de textos, exposicións orais ou escritas Comentario de textos - O alumnado non só deberá preparar os contidos incluídos no libro de texto senón que tamén pode ser materia de exame todo o material complementario que lle sexa proporcionado ó longo do curso. -Realizarase avaliación continua, de modo que o alumno poderá recuperar as partes da materia suspensas en probas posteriores. -É posible que o número de unidades das que se examinen os alumnos en cada exame varíe lixeiramente no caso de que, por algún motivo, non sigamos o ritmo previsto. -Tamén, segundo as circunstancias ou as características do alumnado, contemplamos a posibilidade de realizar outras probas sobre aspectos concretos, así como a posibilidade de ter outros libros de lectura. -Os alumnos que non superaron a materia de lingua ou literatura poderán recuperalas mediante unha proba final que se realizará no mes de xuño. -A nota final obterase a partir da media ponderada das cualificacións das tres avaliacións.

-As faltas de ortografía penalizaranse con 0,25 puntos cada unha. Dous tiles consideraranse equivalentes a unha falta. -Para aprobar a materia será necesario obter unha nota superior a un 3 sobre 0 en cada unha das partes (Lingua ou Literatura). -Se un alumno é sorprendido copiando nun exame ou control, será cualificado cun cero na citada proba que non lle será repetida. Se fose sorprendido copiando no exame final de xuño, suspenderá a materia ata setembro. b) Para a avaliación extraordinaria PROCEDEMENTO S Proba escrita INSTRUMENTOS Os alumnos que non aproben a materia no mes de xuño deberán presentarse en setembro a toda a materia. 0. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN Probas escritas ( contidos e procedementos): 90% Procurarase que os aspectos teóricos non supoñan más 30% da cualificación de cada proba. Traballos, libros de lectura, comentarios de texto... 0%. PROGRAMA DE RECUPERACION E REFORZO a) Das materias pendentes de cursos anteriores Para o alumnado que teña pendente Lingua e Literatura galegas de anos anteriores, este Departamento elaborará dúas probas a desenvolver ao longo do curso mais unha para a convocatoria de setembro co obxecto de que poidan superar a materia. Os contidos esixibles son os contidos mínimos do curso correspondente. Para a preparación dos exames o alumnado contará con, ademais do material do curso e materia correspondentes que deberá conservar, con material complementario subministrado polo seminario. Por outra banda, durante as aulas do curso de referencia realizaranse exercicios e actividades de revisión das que deberá tomar boa conta. En todo caso contará tamén co asesoramento do profesorado que durante as aulas ou fóra delas resolverá as súas dúbidas e corrixirá os exercicios prácticos que os alumnos e alumnas entreguen. Ao comezo do presente curso exporanse publicamente as datas de celebración das devanditas probas (xaneiro ou febreiro e maio). O alumnado que supere os contidos da primeira proba terá superada a materia. O alumno que supere a segunda proba terá aprobada a materia.

Para o alumnado que non supere a materia na convocatoria ordinaria, haberá un novo exame na convocatoria de Setembro. O alumnado con esta materia pendente utilizará o libro de texto correspondente. Ademais o Departamento proporcionaralle material complementario adecuado para o estudo e revisión da materia, material que entregará para a súa corrección ou ó profesor do seu grupo de referencia. É fundamental o traballo e o esforzo no grupo de referencia pois, ó tratarse dunha lingua, a aprendizaxe realizada neste será de grande utilidade para a superación da materia pendente. b) Da materia do propio curso. Avaliación continua 2. MEDIDAS DE ATENCION Á DIVERSIDADE O ensino ten que ter presente que as diferenzas que hai entre o alumnado impiden conseguir obxectivos idénticos. Polo tanto, sen renunciar á existencia de obxectivos xerais e comúns, hai que considerar a necesidade de dispor de métodos de ensino alternativos segundo a diversidade do alumnado e segundo o ritmo de aprendizaxe. Partindo do proxecto curricular, haberá que realizar as adaptacións necesarias para atender a diversidade do alumnado. Para iso hai que delimitar os obxectivos mínimos que se queren lograr co alumnado e os medios que lles permitan continuar a aprendizaxe. A realización de probas iniciais para obter unha información básica de partida pode axudar a marcar estes obxectivos. A partir dos resultados obtidos nestes as actividades e metodoloxía que seguiremos concrétase en: Propoñer actividades de aprendizaxe diferenciadas. Propoñer as mesmas actividades pero con diferente nivel de esixencia ou enfoque. Exercicios comúns (redaccións, exposicións... ) de resposta aberta aptos para distintos niveis Organizar grupos de traballo flexibles. Ampliar ou reducir contidos segundo o interese e a capacidade do alumnado. Proporcionar ó alumnado con necesidades especiais material complementario en diversos soportes para atraer a súa atención sobre a materia. Intentar minimizar neste alumnado a sensación de ser diferente dos demais procurando que se integre no grupo. 3. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E ETRAESCOLARES Elabóranse e realízanse en colaboración co coordinador de EDN as mesmas que figuran no Proxecto do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística. En todo caso, a situación económica e o número e tipo de actividades realizadas por outros Departamentos, ademais das circunstancias especiais dos grupos e cursos, darán pé ou limitarán o tipo e cantidade de actividades propostas. 4. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN LECTOR

O profesorado do Departamento cede os 5 minutos cando se lle soliciten para a posta en marcha deste e intenta desde as aulas promover a lectura en galego. Ademais, colabora nas actividades organizadas pola responsable do Plan Lector. 5. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN T.I.C. Utilizaranse as novas tecnoloxías para pescudar sobre un tema e obter información, ademais de aplicar progresivamente os medios do proxecto ABALAR Na procura de información empregaranse os medios que proporcionan as novas tecnoloxías: bibliotecas virtuais, correctores ortográficos, xornais dixitais e Internet como medio de comunicación, intercambio e difusión de información: e-mail, foros, blogs, páxinas web. 6. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA Axustaranse ás directrices deste. 7. PROGRAMA DE EDUCACION EN VALORES (TRANSVERSAL) A lectura dos textos literarios, argumentativos, expositivos, etc., que traten temas de interese socio-cultural servirá de base ó tratamento de diferentes temas transversais: a violencia, a represión cultural, a marxinación, a emigración, o sexismo, etc. Ademais escolleranse textos para traballar a comprensión lectora, a análise de texto, etc.. con contidos que permitan abordar temas transversais adecuados. 8. SISTEMA PARA A ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PREVIOS Realizaranse probas ó inicio do curso cuxos resultados indicarán a necesidade ou non de modificar a programación para adaptala ás características e coñecementos do alumnado. Será nas reunións de Departamento onde se decidirán as accións que convén por en marcha. 9. PROCEDEMENTO PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN Nas reunións de Departamento analizaranse as dificultades e as modificacións que se consideren necesarias en cada grupo e curso. Na Memoria Final do curso indicaranse os cambios que se produciron na Programacións. 20. CONSTANCIA DE INFORMACIÓN AO ALUMNADO O profesor informará ó alumnado ó inicio do curso dos criterios de avaliación, do material necesario, das normas polas que se rexerá a materia. Un extracto da programación da materia publicarase na páxina web e estará a disposición de todos na Biblioteca do Centro.