GUIA PARA CREAR E COMPLETAR UN REXISTRO EN ORCID

Documentos relacionados
Información e instrucións para realizar solicitudes web

VALIDACIÓN DE SINATURAS DIXITAIS EN DOCUMENTOS PDF

Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación. Pontevedra

Cada conta persoal ten como máximo unha caixa de correo de 300MB (150MB no caso de alumnos).

Descarga os contidos dos teus cursos e traballa cómodamente sen conexión! Que é Moodle Mobile?

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015

REXISTRO DE CERTIFICADOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES.

O servidor do centro

REXISTRO XERAL DE CONTRATISTAS DA XUNTA DE GALICIA (RXC)

Audio e vídeo en Ardora 7

Documen e to técnico

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

Manual de usuario AUTOFIRMA: INSTALACIÓN Y FUNCIONAMENTO

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

ORCID para los autores de la Universidad de Zaragoza

Guía de comprobación de requisitos e solución a problemas comúns nas Oficinas Virtuais

NORMATIVA SOCIAL MEDIA

PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA

Usuario de RefWorks Guía de inicio rápido

2. CÓMO BUSCAR EN DIALNET

ÍNDICE 1 MANUAL BÁSICO 2 TONS DE CHAMADA 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION INTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION EXTERNA?

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

Páxinas multimedia - Texto e imaxes

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

1º exame, 3ª avaliación

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

PREMIOS JULES VERNE ( ) DE ENSINO

VOTO POR CORREO - ELECCIÓNS SINDICAIS 2015

Os sistemas operativos (S. O.)

NORMATIVA DE ACEPTACIÓN DE DOAZÓNS BIBLIOGRÁFICAS

PUNTO GENERAL DE ENTRADA DE FACTURAS ELECTRÓNICAS DE LA COMUNIDAD AUTÓNOMA DE GALICIA

Cidade da Ciencia e a Innovación 2012 IX CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

CODIFICADORES CIRCUÍTOS COMBINACIONAIS

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

Convocatoria ordinaria de 2012

Guía de comprobación de requisitos e solución a problemas comúns nas Oficinas Virtuais

Como instalar un e-book protegido con DRM en tu ordenador

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

Manual de Usuario SATCAFE Sistema de Administración de datos Meteorológicos

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

Instalación Imaxe Abalar Libre v1.5

Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas

CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESTADÍAS TÉCNICAS PARA PROXECTOS DE ARTES ESCÉNICAS 2017 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

UN AMOR POR DESCUBRIR

6.1. Sinalización. Normas xerais

INSTRUCCIÓNS para as EAV CON CASETA PROPIA, ESPAZO na ZONA de EXPOSICIÓN COMÚN ou SALA MULTIMEDIA do CONGRESO GALEGO DE ACCIÓN VOLUNTARIA 2009

GUÍA PARA ESTABLECER EL ÍNDICE H DE LOS

Cómo registrarse en WOS

RefWorks 2.0 Cuaderno de ejercicios Nivel Básico. (actualizado Ene. 2012)

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

CONDICIÓNS DO SERVIZO INTERNET MÓVIL

PROMOCIÓN INTERNA P.A.S.

Edificio Administrativo de San Caetano,s/n SANTIAGO DE COMPOSTELA

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

Anexo II. DECLARACIÓN DE BENS E DEREITOS i

Prototipo: Como construír a miña proposta? Módulo 5

PUBLICAR, citar Refworks : bibliográficas

CONTASOL. Datos xerais

EmpregoUDC ELABORACIÓN DO CURRÍCULUM VITAE. Para elaborar un bo currículo debes reflexionar sobre dúas variables:

Repositorio Institucional

VIII OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA La Caixa Bases

CURSO CONVOCATORIA XERAL ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL PARA GALICIA

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

EmpregoUDC TESTS DE PERSONALIDADE QUE SON, TIPOS, QUE AVALÍAN E CONSELLOS QUE SON?

A CARTA DE PRESENTACIÓN

Información pública e rendemento de contas

Expediente: D.3.Q/14584/15. Santiago de Compostela, 22 de outubro de Sr. Reitor:

A FINDE.U ABRE PORTAS AO TEU FUTURO

Concello de Redondela GAC-7: Ría de Vigo-A Guarda

Tutorial Aplicación Web: Talented Europe para Empresas

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPC003. Código. Proba de. Matemáticas. Páxina 1 de 11

NORMATIVA DE CENTROS DE APOIO Á INVESTIGACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO VICERREITORÍA DE INVESTIGACIÓN

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

Manual de Instalación Impresora de Etiquetas AIRES. Aplicación Informática do Rexistro de Entrada e Saída da Xunta de Galicia. Elaborado por AMTEGA

SOLICITUDE DE USO DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS Tempada 2017/2018

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONCURSO DE PROYECTOS FONDECYT -POSTDOCTORADO 2016-

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

Taller para el Trabajo de Fin de Grado

WEB OF SCIENCE UNA BÚSQUEDA POR AUTOR Y LA EVALUACIÓN DE LA PRODUCCIÓN CIENTÍFICA CON MÉTRICAS DE CITAS

ENLACE CON EL SISTEMA NOI

Entrar y registrarse en Lugares de Nieve

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

7.5 Importar Publicaciones desde SCOPUS en formato BIBTEX... 43

Currículum Vitae Normalizado (CVN) y Currículum Vitae Abreviado (CVA) de la Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) en la Acción

RENDAS PERCIBIDAS POLO PARLAMENTARIO/PARLAMENTARIA 2

30 junio - 2 julio de xuno - 2 xullo IV MONOGRÁFICO FORESTAL INTERNACIONAL PARA EL SUR DE EUROPA

A proba constará de 20 cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

Manuales de Mozilla Firefox

INSTRUCIÓNS DE PUBLICIDADE

Manual de Usuario Webmail Horde

CURSOS DO CONTRATO PROGRAMA AUTONÓMICO (PF 2013/000007) DE UGACOTA

Transcripción:

GUIA PARA CREAR E COMPLETAR UN REXISTRO EN ORCID Biblioteca Universitaria da USC Data de actualización: Setembro de 2017

GUIA PARA CREAR E COMPLETAR UN REXISTRO EN ORCID QUE É ORCID?... 1 COMO REXISTRARSE E CONFIGURAR O PERFIL... 1 Datos de formación ( Educación )... 4 Afiliación institucional ( Agregar empleo )... 4 COMO ENGADIR PUBLICACIÓNS AO REXISTRO DE ORCID... 5 Importación automática... 5 Importación desde Scopus... 6 Importar desde ResearcherID... 7 Importar desde Google Scholar... 9 Importar desde CrossRef... 10 Importar desde Dialnet... 12 Importación manual... 14 COMO UTILIZAR O SEU IDENTIFICADOR ORCID... 15 COMO AUTORIZAR Á BIBLIOTECA PARA QUE XESTIONE O SEU REXISTRO... 17 Como delegar a súa conta á biblioteca... 17 Como suprimir a delegación da súa conta... 18

QUE É ORCID? ORCID (Open Researcher and Contributor ID) é unha organización internacional sen ánimo de lucro que ofrece un sistema para crear un código de identificación inequívoca dos investigadores e un espazo onde rexistrar os seus traballos. A finalidade deste identificador é asegurar a correcta identificación dos investigadores eliminando a posible confusión entre nomes iguais ou parecidos. Permite atribuír correctamente as publicacións aos autores e facilita as buscas e a avaliación da investigación. O código ORCID, composto de 16 díxitos, exprésase como unha dirección URL única que permite a vinculación con outros sistemas de identificación de autores como ResearcherID, Author ID de Scopus, Dialnet, etc. para intercambiar e/ou importar as referencias de publicacións xa indexadas. COMO REXISTRARSE E CONFIGURAR O PERFIL Calquera investigador pode darse de alta en ORCID individualmente de forma rápida e sinxela. Entre na páxina web de ORCID: http://orcid.org Na parte superior dereita pode seleccionar o idioma e, no apartado "Para investigadores", seleccionar a opción para rexistrarse e obter o código identificador 1

Cubra os datos que se solicitan no formulario Unha vez obtido o código vostede poderá editar todos os datos incluídos no seu perfil coa opción Só a información marcada como pública será visible para todo o mundo. 2

O rexistro ORCID inclúe os seguintes datos persoais: Nome publicado: debe introducir a forma preferida para a súa firma científica. En relación coa elección da firma normalizada recomendamos a consulta do seu nome no Catálogo de autores da BUSC Variantes de nome: é importante recoller todos os nomes adicionais e variantes da firma que poden figurar en diferentes sistemas de información para asegurar unha correcta identificación Palabras chave: Pode engadir as palabras chave que definan as súas liñas de investigación na lingua ou linguas que considere oportuno recomendando que unha delas sexa o inglés Sitios web: pode engadir información sobre páxinas web persoais ou o seu perfil noutras bases de datos como Dialnet, Google Scholar, etc. 3

Biografía: pode engadir unha breve información biográfica para favorecer a identificación unívoca Datos de formación ( Educación ) Pódense engadir as titulacións académicas seleccionando a institución onde se obtiveron e especificando titulación e datas. Afiliación institucional ( Agregar empleo ) Neste apartado pode indicar as diferentes institucións nas que traballa ou traballou. Debe seleccionar no despregable "Universidade de Santiago de Compostela" na forma máis sinxela para favorecer a normalización de todos os rexistros da USC. Engadir despois os datos dos Departamento, Instituto, etc. no lugar axeitado. Pode engadir máis dunha afiliación se estivo vencellado a outros organismos ou institucións 4

COMO ENGADIR PUBLICACIÓNS AO REXISTRO DE ORCID A incorporación de publicacións e traballos científicos pode facerse de forma manual ou de forma automática en caso de que estean incluídos en bases de datos como Scopus ou Web of Science. ORCID tamén permite importar referencias bibliográficas a través de ficheiros BibTex (ficheiros exportados de Google Scholar, Dialnet ou xestores de referencias bibliográficas) Importación automática A opción "Buscar y enlazar" permite seleccionar unha fonte entre os principais sistemas de información bibliográfica para importar rexistros : Scopus, ResearcherID, CrossRef, etc. 5

Importación desde Scopus Para permitir a conexión con Scopus é preciso conceder unha autorización. Unha vez autorizado o acceso realice unha busca polo nome do autor e complete o proceso cos seguintes pasos: 1) Seleccione o perfil 2) Elixa, dentro das variantes que se atopan en Scopus, o nome preferido para o perfil 3) Revise e marque as publicacións que se desexa transferir a ORCID 4) Revise os datos do perfil. Se realiza algunha modificación os cambios serán enviados a Scopus para su actualización 5) Introduza o seu correo electrónico para enviar o AuthorID de Scopus a ORCID así quedará incluído no apartado "Outras ID" do perfil de ORCID. 6) Confirme a lista de publicacións para enviar a ORCID A lista de publicacións importadas aparecerán de forma inmediata no rexistro de ORCID. Por defecto están configuradas como privadas, para facelas visibles terá que marcalas como públicas coa opción Todos. É aconsellable que as obras sexan públicas para conseguir maior visibilidade. 6

Importar desde ResearcherID Para permitir a conexión con ResearcherID hai que conceder unha autorización Unha vez en ResearcherID debe identificarse co seu correo electrónico e contrasinal Despois de confirmar a conexión entre ResearcherID e ORCID 7

deberá decidir o tipo de información que desexa intercambiar xa que a transferencia de datos pode facerse nas dúas direccións. A diferenza de Scopus, ResearcherID permite tanto importar como exportar datos: Datos do perfil: a firma preferida en ambos sistemas debe ser a mesma Publicacións de ResearcherID a ORCID Publicacións de ORCID a ResearcherID (é imprescindible que as publicacións en ORCID sexan públicas) Na seguinte pantalla poderá seleccionar as publicacións que desexa enviar a ORCID Para rematar deberá de novo autorizar o acceso desde ResearcherID a ORCID e o sistema informará sobre o éxito do envío. As referencias das súas publicacións quedan incorporadas ao seu rexistro en ORCID 8

Unha vez incorporadas as referencias, é posible definir o nivel de privacidade e determinar quen pode visualizar cada un dos rexistros. O aconsellable é que as obras sexan públicas para conseguir maior visibilidade. Importar desde Google Scholar Na páxina de Google Scholar acceda á súa conta ou perfil premendo no botón "Mis citas" Unha vez no seu perfil seleccione o/s artigo/s que desexa exportar e elixa BibTex entre as opcións para exportar que se ofrecen Despois de gardar no seu PC o ficheiro coa extensión.bib xerado desde Google Scholar deberá iniciar sesión en ORCID e no apartado "Obras" seleccionar a opción Agregar Trabajos-Enlace BibTex Na pantalla seguinte elixa "Seleccionar archivo", localice o ficheiro BibTex no seu PC e prema Abrir para envialo ao seu perfil de ORCID 9

Para finalizar debe gardar cada referencia de forma individual ou todas á vez coa opción "Save all" para incorporalas definitivamente no seu perfil de ORCID Unha vez incorporadas as referencias, é posible definir o nivel de privacidade e determinar quen pode visualizar cada un dos rexistros. O aconsellable é que as obras sexan públicas para mellorar a visibilidade. Importar desde CrossRef Dende o seu perfil de autor en ORCID, na sección "Obras" seleccione a opción "Buscar y enlazar" do apartado "Agregar Trabajos" 10

Seleccione CrossRef Metadata Search entre as diferentes bases de datos Para que a exportación de referencias sexa posible é necesario autorizar a conexión coa base de datos CrossRef executa unha busca de publicacións en función dos datos que figuran no seu perfil de ORCID (variantes de nome, afiliación institucional) pero é moi posible que os resultados inclúan traballos que non sexan propios. Refine a busca limitando os resultados por disciplina ou por publicación (revistas nas que vostede publicou). Finalmente seleccione o traballo correspondente para que sexa engadido á lista de publicacións en ORCID 11

Se o artigo xa figura no seu perfil de ORCID (como resultado de importación manual ou procedente doutras bases de datos) CrossRef informará desta circunstancia Unha vez incorporadas as referencias, é posible definir o nivel de privacidade e determinar quen pode visualizar cada un dos rexistros. O aconsellable é que as obras sexan públicas para mellorar a visibilidade. Importar desde Dialnet Acceda a Dialnet http://dialnet.unirioja.es/ e na pestana Autores busque o seu nome Seleccione os artigos que desexa importar e prema en Selección e na opción BibTex para obter un arquivo coas referencias seleccionadas. Se realiza a selección dende un ordenador externo á USC deberá estar rexistrado como usuario de Dialnet 12

Despois de gardar o ficheiro coa extensión.bib no seu PC deberá iniciar sesión en ORCID e seleccionar a opción Agregar Trabajos-Enlace BibTex Na pantalla seguinte elixa "Seleccionar archivo", localice o ficheiro BibTex no seu PC e prema Abrir para envialo ao seu perfil de ORCID Para finalizar debe gardar cada referencia de forma individual ou todas á vez coa opción "Save all" para incorporalas definitivamente no seu perfil de ORCID 13

Unha vez incorporadas as referencias, é posible definir o nivel de privacidade e determinar quen pode visualizar cada un dos rexistros. O aconsellable é que as obras sexan públicas para mellorar a visibilidade. Importación manual Cumprimente os datos do formulario que aparece elixindo a opción "Enlazar manualmente". Ao finalizar prema en Agregar a la lista e garde os cambios. A publicación quedará engadida no apartado Obras. Unha vez incorporadas as referencias, é posible definir o nivel de privacidade e determinar quen pode visualizar cada un dos rexistros. O aconsellable é que as obras sexan públicas para mellorar a visibilidade. 14

COMO UTILIZAR O SEU IDENTIFICADOR ORCID Para asegurarse a súa correcta identificación dixital, inclúa o seu identificador ORCID en calquera fluxo de traballo de investigación: nas solicitude de proxectos de investigación e outras convocatorias no CV e na firma do correo electrónico nas páxinas web persoais, redes sociais ou plataformas de tipo científico no envío de traballos para a súa publicación, pósteres científicos, achegas a congresos, etc. Facelo é moi doado, só temos que seguir os seguintes pasos: iniciar sesión no seu rexistro Orcid e facer clic en Mostrar su ID en otros sitios se queremos inserilo na nosa páxina web, copiamos e pegamos o código html 15

se queremos inserilo na firma do correo electrónico, copiamos e pegamos a imaxe que aparece debaixo de preview Tamén é posible obter unha versión do rexistro Orcid público para imprimila ou gardala, facendo clic en Print record print view. 16

COMO AUTORIZAR Á BIBLIOTECA PARA QUE XESTIONE O SEU REXISTRO Se desexa que a Biblioteca revise e actualice as publicacións que ten no seu perfil, ou incorpore toda a súa produción científica en ORCID, pode facelo vinculando a súa conta coa da Biblioteca. A delegación de contas realízana os propios investigadores, é voluntaria e temporal, e non é preciso facilitar o seu contrasinal ORCID á Biblioteca. Como delegar a súa conta á biblioteca 1. Acceda ao portal ORCID (na dirección https://orcid.org/) 2. Entre na súa conta mediante as súas claves de acceso 3. Prema na opción Configuración da conta situada no menú superior 4. Localice a opción chamada Persoas de confianza, entre as opcións de configuración que se lle ofrecen. 17

5. Utilice o buscador ingresando no cadro de busca a dirección de correo electrónico da persoa de confianza (Consulte a súa Biblioteca) 6. Prema en Agregar, no cadro emerxente, para confirmar a delegación da conta na persoa de confianza Como suprimir a delegación da súa conta Unha vez rematado por parte da Biblioteca o traballo de revisión da súa conta ORCID, vostede poderá anular a autorización delegada. Para iso, acceda á súa conta ORCID, prema na opción Configuración da conta situada no menú superior, localice no apartado Persoas de confianza o nome da Biblioteca vinculada e pulse a icona da papeleira. 18