12 Núm. 150 Martes, 2 de Julio de 2013 B.O.P de Lugo

Documentos relacionados
CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS DE COMEDOR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

Atender los gastos de transporte público del curso 2016/2017 del siguiente alumnado:

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

PREMIOS JULES VERNE ( ) DE ENSINO

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

SOLICITUDE BECAS COMEDOR CURSO Nome e apelidos: DNI: Enderezo: Teléfono: Ocupación

PERMISOS, LICENZAS, REDUCIÓNS DE XORNADA E EXCEDENCIAS DO PROFESORADO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 5 de xullo de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

Por todo isto, esta consellería,

CONCELLARÍA DE DEPORTE

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Edificio Administrativo de San Caetano,s/n SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONCURSOS DE TRASLADOS

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ADMINISTRACIÓN LOCAL PROVINCIAL DEPUTACIÓN PROVINCIAL. Subvencións

As retribucións percibidas polos traballadores/as contratados/as estarán axustadas á disponibilidade orzamentaria.

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

Dª. OLGA ALONSO SUÁREZ, CONCELLEIRA-SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE VIGO

Decreto 364/1995, de 10 de marzo, que aproba o regulamento xeral de ingreso na administración.

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

A través da presente convocatoria, a Concellaría de Educación proponse a consecución dos seguintes obxectivos:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Información e instrucións para realizar solicitudes web

RESOLUCIÓN POLA QUE SE ESTABLECEN DOUS PERIODOS DE PAGO EN PERIODO VOLUNTARIO PARA OS RECIBOS DO IBI URBANO DOS CONCELLOS DE AMES E BRIÓN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO Por resolución da Alcaldía de 30 de maio de 2012, procedeuse a aprobación das seguintes Bases:

Ordenanzas fiscais Páxina 1

S U M A R I O ADMINISTRACIÓN DEL ESTADO. MINISTERIO DEL INTERIOR Subdelegación del Gobierno en Pontevedra... 2

DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4670

Anexo II. DECLARACIÓN DE BENS E DEREITOS i

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

CURSO CONVOCATORIA XERAL ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

RESOLVO: Artigo 1. Obxecto

BASES Y CONVOCATORIA DE AYUDAS PARA LA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO Y MATERIAL DIDÁCTICO PARA EL CURSO ESCOLAR

ORZAMENTOS XERAIS DA XUNTA DE GALICIA 2010 ORZAMENTO DE EXPLOTACIÓN SOCIEDADES 412 E 499

VOTO POR CORREO - ELECCIÓNS SINDICAIS 2015

Información xeral Campamentos de Verán do Concello de Ames

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2008/2009

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO ADMINISTRACIÓN LOCAL A CORUÑA

Ayuntamiento de Aínsa-Sobrarbe

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE BECAS AOS DEPORTISTAS TUDENSES DE ALTO NIVEL 2015

REXISTRO DE CERTIFICADOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES.

CONCELLO DE OURENSE SERVIZO DE CONTRATACIÓN

Provincia de ourense. n.º 41 sábado, 20 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

A través da presente convocatoria, a Concellaría de Educación proponse a consecución dos seguintes obxectivos:

CONCELLO DE CARBALLEDA DE AVIA C/Muñoz Calero, 3 Teléfono Fax

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015

Dicha convocatoria pretende ofrecer a las familias de Calviá un abanico mayor de posibilidades educativas para sus hijos.

DOG Núm. 159 Mércores, 24 de agosto de 2016 Páx

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Secretaría Xeral de Política Social 2014

PROGRAMA DE BOLSAS HIGH SCHOOL UN ANO ACADÉMICO NOS ESTADOS UNIDOS

d. Los que ya fuesen declarados equivalentes por otra Universidad española.

Convocatoria ordinaria de 2012

DEUTSCHE BANK: ES

O SALARIO. O salario ou remuneración salarial é o pago que recibe en forma periódica un

ESCRITO DE PETICIÓN INICIAL DE PROCEDEMENTO MONITORIO PARA A RECLAMACIÓN DE GASTOS COMÚNS DE COMUNIDADES DE PROPIETARIOS Ó XULGADO

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 74 Mércores, 1 abril D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

ORDENANZA REGULADORA DE AYUDAS A FAVOR DE FAMILIAS NUMEROSAS EN MATERIA DE COMEDOR Y ADQUISICIÓN LIBROS Y MATERIAL ESCOLAR

CONVOCATORIA DEL PLAN DE AYUDAS A FAMILIAS EN SITUACIÓN DE DESEMPLEO PARA PLAZAS DE GUARDERÍAS. CURSO 2016/2017

(...) I. NORMAS XERAIS

ORGANISMO AUTÓNOMO MUNICIPAL DE CULTURA

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

CONSELLOS ESCOLARES DE CENTRO

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

As características técnicas e ambientais de ditos produtos son as seguintes:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

ANUNCIO. O cometido funcional do posto versará sobre as tarefas propias da praza, consistentes na realización de funcións auxiliares administrativas.

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

AJUNTAMENT DE BENIFLÀ C/ Sant Jaume nº BENIFLÀ C.I.F. P H Telf Fax

PREGUNTAS MÁS FRECUENTES BASES REGULADORAS BECAS PARA EL ESTUDIO DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRADO SUPERIOR

MODELO DE DECLARACIÓN SOBRE CAUSAS DE POSIBLE INCOMPATIBILIDADE E ACTIVIDADES SUSCEPTIBLES DE PRODUCIR INGRESOS ECONÓMICOS

Ofértanse un total de 603 prazas na modalidades de: Balnearios (opción todo incluído ) e a súa adxudicación efectúase nas xefaturas territoriais.

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

ANEXO I CONVOCATORIA PARA LA CONCESIÓN DE SUBVENCIONES EN MATERIA DE AYUDAS A ESTUDIANTES QUE ESTUDIAN FUERA DE BENISSA CURS

INSTRUCCIONES PARA LA APLICACIÓN DEL PRECIO REDUCIDO EN EL SERVICIO DE COMEDOR ESCOLAR DEL C.E.I.P. RAYUELA DE VILLANUEVA DEL PARDILLO.

Proxecto TÍTULO IV XESTIÓN ORZAMENTARIA. Lei I

Xustiza Social e Coidados Servizo de Acción Social CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS COMEDOR, CURSO ESCOLAR 2017/2018

Firmante: Universidade da Coruña - Q J URL de validación: CSV: KM3KGINEIHH4HNIJ6ADDEHMV

I. Comunidad Autónoma

SOLICITUDE DE USO DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS Tempada 2017/2018

CIRCULAR A todas as Delegacións (*) - Aos clubes e adestradores (*) Para a súa distribución entre todos os estamentos da súa demarcación

COTIZACIÓN RECUPERACIÓN SALARIAL CON EFECTOS RETROACTIVOS

CONVOCATORIA DE AYUDAS PARA EL APRENDIZAJE DE EUSKERA curso 2015/16

1. Objeto de la convocatoria y crédito presupuestario

DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx

BASES PARTICULARES REGULADORAS DE LA CONVOCATORIA DE SUBVENCIONES DESTINADAS AL TRANSPORTE PARA ESTUDIOS FUERA DE LA ISLA DURANTE EL CURSO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Transcripción:

12 Núm. 150 Martes, 2 de Julio de 2013 B.O.P de Lugo cada unha, conforme o disposto no artigo 199.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 2/2010, de 25 de marzo. CUARTO.- Notifíqueselle a presente resolución ás partes interesadas coa indicación de que esta pon fin á vía administrativa e que contra ela poden interpoñer os seguintes recursos: Recurso de Reposición, con carácter potestativo, ante o mesmo órgano que ditou o acordo no prazo de UN MES (Disposición transitoria segunda, en relación cos artigos 107, 116 e 117 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común). Contra a desestimación do recurso de reposición recollida no punto primeiro, non cabe volver a interpoñer novamente o citado recurso. O recurso interposto entenderase desestimado por silencio administrativo, se non houbese resolución expresa no prazo de UN MES, e quedará aberta a porta do recurso contencioso-administrativo, que deberá formularse dentro do prazo de SEIS MESES dende a data da desestimación da resolución presunta (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa). No caso de interposición deste recurso, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que o de reposición sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta. Recurso Contencioso-Administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo (artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, segundo redacción dada pola disposición adicional décimo cuarta da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, de modificación da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial), no prazo de DOUS MESES, a contar dende o día seguinte ó da recepción da presente notificación (art. 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa). Calquera outro recurso que estime conveniente ó seu dereito. Para que conste e lle sirva de notificación ó citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino este anuncio. Lugo, 21 de xuño de 2013.- O Alcalde, P.D. O Tenente Alcalde Delegado da Area de Urbanismo (Decreto Alcaldía número 13004761), Luis Manuel Álvarez Martínez R. 2606 MONFORTE DE LEMOS Anuncio BASES E CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR COMPLEMENTARIO CURSO 2013/2014 1. OBXECTO DA CONVOCATORIA A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario durante o ano lectivo 2013/2014 destinadas ao alumnado empadroado e escolarizado nos centros do municipio nalgún dos cursos obxecto desta convocatoria. Infantil (3, 4 e 5 anos). Educación Primaria. Educación Secundaria Obrigatoria. As axudas irán destinadas ás familias con menor renda per cápita do municipio e serán compatibles con calquera outra que perciban coa mesma finalidade de outras entidades públicas ou privadas, sempre que as axudas concorrentes non superen o custe dos materiais subvencionados. 2. PERSOAS BENEFICIARIAS Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos: 1. Ser pai, nai, titor/a ou persoa encargada da garda e custodia do alumno e alumna que no ano escolar da convocatoria correspondente vaian a cursar estudos nas etapas educativas de ensinanza indicadas nesta orde, en calquera centro docente público ou concertado do Concello de Monforte de Lemos. 2. Que a renda per cápita da unidade familiar non exceda a metade da cantidade establecida polo IPREM para o ano 2013 (266,26 /mes) en cómputo anual.

13 Núm. 150 Martes, 2 de Julio de 2013 B.O.P de Lugo 3. Que a persoa solicitante así como os e as menores beneficiarios da mesma, se atopen empadroados no Concello de Monforte de Lemos no momento de presentación da solicitude. 4. Estar ó día no pago das obrigas tributarias municipais no momento de presentación da solicitude. 5. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. 3. RENDA PER CÁPITA Ós efectos destas bases reguladoras, enténdese por renda per cápita familiar, a renda anual dividida entre doce meses e o número de membros computables da unidade familiar. A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Os membros da unidade familiar que presentasen a declaración do imposto sobre a renda de 2011, para os efectos dos cálculo da renda familiar sumarán os recadros 455(base impoñible xeral) e a 465(base impoñible de aforro) da declaración. No caso de non presentar declaración do imposto sobre a renda de 2011, teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da unidade familiar, achegando a seguinte documentación: En activo: Tres últimas nóminas correspondentes ao ano 2013 e Certificación de empresa 2012. Parados: Certificación de prestacións do INEM e da Seguridade Social. Pensionistas: Certificación da pensión polo organismo competente. No obstante, cando as circunstancias económicas actuais non coicidan coa contía da declaración do IRPF no momento da presentación da solicitude da axuda, teranse en conta estas últimas, previamente xustificadas documentalmente, tanto para o cálculo da renda per cápita como para a aplicación do baremo. Achegando a seguinte documentación: En activo: Tres últimas nóminas correspondentes ao ano 2013 e Certificación de empresa 2012. Parados: Certificación de prestacións do INEM e da Seguridade Social. Pensionistas: Certificación da pensión polo organismo competente. 4. DETERMINACIÓN DA UNIDADE FAMILIAR Para os efectos previstos nesta convocatoria, considérase que conforman a unidade familiar: Nai, pai e fillos solteiros menores de 25 anos que convivan no mesmo domicilio. No caso de cambio das circuntancias conxugais, considerarase como membro computable o/a novo/a cónxuxe ou parella. Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os fillos/as que convivan con eles e que reúnan os requisitos establecidos no apartado anterior. Así mesmo, entenderase por familia monoparental a unidade familiar cando forme parte dela un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento. 5. CONTÍA E LÍMITE DAS AXUDAS As axudas que se regulan nestas bases terán carácter único e non acumulativo, de tal maneira que só poderá concederse unha axuda no mesmo ano para o mesmo concepto. O importe de cada unha das axudas será como máximo de: 100 para Educación Infantil por cada alumno. 120 para Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria por cada alumno. O importe anterior reducirase en proporción ás solicitudes presentadas que cumpran cos requisitos recollidos no punto 2, así como coas puntuacións obtidas segundo os criterios de baremación do punto 9.º 6. APLICACIÓN ORZAMENTARIA Para o financiamento destas subvencións destínase un crédito máximo de 10.000,00 euros que se imputará á aplicación 230.480.00 do orzamento de gastos do ano 2013.

14 Núm. 150 Martes, 2 de Julio de 2013 B.O.P de Lugo 7. SOLICITUDES A Concellería de Benestar Social facilitará o impreso de solicitude nas Oficinas dos Servizos Sociais Municipais sito no Edificio da Praza de Abastos Rúa Ricardo s/n e no Rexistro Xeral do Concello sito en Campo de San Antonio s/n. A documentación que deberán achegar para a solicitude será a seguinte: Modelo normalizado de solicitude de subvención (Anexo I) Fotocopia do D.N.I. ou no caso de ser estranxeiro/a, pasaporte ou tarxeta de permiso de residencia da persoa solicitante. Fotocopia do Libro de familia completo, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar. Título de Familia Numerosa. Certificado de convivencia no que o menor/es figure/n empadroado/s coa persoa solicitante. Certificado de matrícula do centro educativo do municipio onde o/a alumno/a se atopa matriculado/a.(anexo III). No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá presentarse: certificado emitido polo órgano competente do grao de discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33% ou resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente no termos de total, absoluta, gran invalidez ou documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar documentación acreditativa. Fotocopia da Declaración da Renda do ano 2011 de todos os membros da unidade familiar ou, no seu defecto, certificado emitido pola Axencia Tributaria de non estar na obriga de presentala. En caso de que algún dos membros da unidade de convivencia non esté obrigado a presentar a declaración da renda ou se aleguen circunstancias económicas especiais non coincidentes coa presentación do IRPF solicitado no punto anterior, presentarase a seguinte documentación: o En activo: Tres últimas nómina correspondentes ó ano 2013. Certificación de empresa do ano 2012. o Desempregados: Certificación do INEM conforme percibe ou non prestación por desemprego e da Seguridade Social conforme percibe ou non algún tipo de prestación. o Pensionistas: Xustificación da pensión polo organismo competente. De ser o caso, copia da sentencia de separación, divorcio, nulidade do matrimonio ou medidas paterno filiais respecto ó/á menor, xunto co convenio regulador ou, en defecto destes, declaración xurada de percibir ou non pensión alimenticia a favor de fillo/a a cargo. En caso de adopción, acollemento ou tutela, documento acreditativo emitido polo órgano competente. Certificado de estar ó correntes coas obrigas tributarias co Concello de Monforte de Lemos que se acreditará mediante certificado expedido nas Oficinas de Recaudación do Concello. 8. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES A instancia coa documentación solicitada presentarase no Rexistro Xeral do Concello, Campo de San Antonio s/n, C.P. 27400, Monforte de Lemos, Lugo, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. O prazo de presentación será de 20 días naturais dende a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello. As bases e os seus anexos estarán a disposición das persoas interesadas no Rexistro Xeral do Concello ou nas dependencias dos Servizos Sociais Municipais. De acordo co artigo 71 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e procedemento Administrativo Común, se as solicitudes presentadas non reunisen os requisitos sinalados, requirirase ás persoas interesadas para que no prazo máximo e improrrogable de dez días subsanen as anomalías advertidas, de non facelo teráselle por desistido da súa petición e arquivarase o expediente. 9. CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS E A SÚA PONDERACIÓN Para a concesión das axudas puntuarase en función dos seguintes criterios: Familia monoparental debidamente acreditada: 2 puntos As familias numerosas valorarase con Familias con 3 fillos/as: 2 puntos Familias con mais de 3 fillos/as: 4 puntos Por cada un dos membros da unidade familiar cunha discapacidade recoñecida: 2 puntos Outras circunstancias familiares debidamente acreditadas: 2 puntos. Número de membros da unidade familiar que se atope en situación de desemprego:

15 Núm. 150 Martes, 2 de Julio de 2013 B.O.P de Lugo Un membro en situación de desemprego: 2 puntos Dous ou mais membros en situación de desemprego: 5 puntos Nivel de renda per cápita familiar inferior á contía establecida: 5 puntos Unha vez realizada a valoración, e en base aos puntos acadados, o importe da subvención será o resultado de aplicar as seguintes porcentaxes: De 0 a 10 ptos... 75% do importe previsto para cada axuda por alumno e nivel educativo. Maior de 10 ptos...100% do importe previsto para cada axuda por alumno e nivel educativo. 10. VALORACIÓN DE SOLICITUDES, ÓRGANO INSTRUCTOR. Na Concellería de Benestar Social formarase unha Comisión de valoración composta pola Concelleira, dúas técnicas dos servizos sociais comunitarios e un/unha técnico/a do servizo de Intervención, que terá como función a emisión dun informe no que se concrete o resultado da valoración das solicitudes de axudas presentadas. Esta Comisión será a encargada de valorar as solicitudes e de elaborar unha proposta de resolución que será elevada ó órgano competente para a adxudicación das axudas. 11. RESOLUCIÓN A Xunta de Goberno Local, á vista da proposta da resolución definitiva, resolverá o procedemento. 12. OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS As xerais recollidas no artigo 10 da Ordenanza Xeral de Subvencións, no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 14 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e as seguintes: a) Cumprir todas as estipulacións establecidas nas bases da convocatoria. b) Responder da veracidade dos datos da solicitude. 13. FORMA E PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS. Unha vez aprobada a solicitude, a persoa beneficiaria acudirá ás Oficinas de Servizos Sociais do Concello para retirar o vale da axuda concedida. Unha vez que a persoa solicitante este en posesión do vale, poderá adquirir os libros e material escolar nos establecementos de Monforte de Lemos, a súa libre escolla e polo importe máximo que figura no documento. Se o importe do material escolar adquirido é inferior ó valor do vale, o persoal do establecemento deberá establecer na factura que emitirá o concello de Monforte de Lemos facendo constar o número de vales a contía exacta da venda; se o importe fose superior ó do vale, a diferenza será aboada polo solicitante. O concello soamente asumirá a contía establecida no vale. Os vales non poderán ser fraccionados, é dicir, o importe de cada vale só pode ser utilizado nun único establecemento. Unha vez entregado o material escolar a persoa solicitante entregará o vale asinado ó establecemento que quedará en posición do vale. A aceptación dos vales polos establecementos supón a aceptación das condicións desta convocatoria. Os establecementos deberán presentar as facturas acompañadas dos vales correspondentes no rexistro xeral do concello de Monforte de Lemos ubicado no Campo de San Antonio de Monforte de Lemos, detallando o material escolar adquirido con cada vale, debendo este, vir asinado polo solicitante e polo propio establecemento. As facturas deberán cumprir cos requisitos establecidos no Real Decreto 1619/2012 polo que se aproba o Regulamento de facturación. O prazo para presentar facturas rematará ó dia 15 de decembro de 2013. 14. CONTROL, APLICACIÓN, REVISIÓN E REINTEGRO DE SUBVENCIÓNS O departamento correspondente poderá requirirlle á persoa solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente, e tamén poderá dispor a comprobación oportuna dos datos consignados polos peticionarios.

16 Núm. 150 Martes, 2 de Julio de 2013 B.O.P de Lugo Tendo en conta que as axudas desta convocatoria responden a unha determinada situación do perceptor comprobada previamente á concesión entenderase xustificada a mesma mediante a presentación das facturas por parte dos establecementos acompañadas dos correspondentes vales. Procederá o reintegro das cantidades percibidas, así como os xuros de domora, nos casos previstos na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Subvencións de Galicia (art. 36 e 37 respectivamente), e nos seguintes casos: a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para elo ou ocultando aquelas que o impediran. b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo que fundamente a concesión da axuda e dicir ó emprego do importe recibido para finalidades distintas a adquisición de material escolar. c) Incumprimento das obrigas impostas pola administración, así como dos compromisos asumidos polos beneficiarios das axudas, sempre que afecten ou se refiran o obxecto da subvención. 15. RECURSOS Contra a resolución definitiva, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición perante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á notificación da resolución ou ben directamente o recurso contencioso - administrativo, no prazo de dous meses, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sen perxuicio de calquer outro recurso que estime procedente. DISPOSICIÓN ADICIONAL Para o non previsto nas presentes bases estarase ó disposto na ordenanza xeral reguladora da concesión de subvencións municipal e, de xeito supletorio, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de subvencións, no RD 887/2006, de 17 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Monforte de Lemos, a 20 de xuño do 2013

17 Núm. 150 Martes, 2 de Julio de 2013 B.O.P de Lugo ANEXO I ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR ANO 2013/2014 DATOS DO/DA SOLICITANTE APELIDOS E NOME ENDEREZO SOLICITUDE Nº EXPEDIENTE DNI LOCALIDADE PROVINCIA CÓDIGO POSTAL TÉLEFONO EXPÓN: Que, en calidade de pai/nai, titor legal ou representante legal, solicita unha axuda para a adquisición de material escolar para: NOME E APELIDOS DATA DE NACEMENTO CURSO DOCUMENTACIÓN QUE SE ACOMPAÑA: Fotocopia do D.N.I. ou no caso de ser estranxeiro/a, pasaporte ou tarxeta de permiso de residencia da persoa solicitante. Fotocopia do Libro de familia completo, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar. Título de Familia Numerosa. Certificado de convivencia no que o menor/es figure/n empadroado/s coa persoa solicitante. Certificado de matrícula do centro educativo do municipio onde o/a alumno/a se atopan matriculados/(anexoiii). No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá presentarse: certificado emitido polo órgano competente do grao de discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33% ou resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente no termos de total, absoluta e gran invalidez ou documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar documentación acredita<va. Fotocopia da declaración da renda do ano 2011 de todos os membros da unidade familiar ou, no seu defecto, cer<ficado emi<do pola Axencia Tributaria que avale a súa non presentación. En caso de que algún dos membros da unidade de convivencia non esté obrigado a presentar a declaración da renda ou se aleguen circunstancias económicas especiais non coincidentes coa presentación do IRPF presentarase a seguinte documentación: En activo: -Tres últimas nómina correspondentes ó ano 2013. - Certificación de empresa do ano 2012. Desempregados: Cer<ficación do INEM conforme percibe ou non prestación por desemprego e da Seguridade Social conforme percibe ou non algún tipo de prestación. Pensionistas: Xustificación da pensión polo organismo competente. De ser o caso, copia da sentencia de separación, divorcio, nulidade do matrimonio ou medidas paterno filiais respecto ó/á menor, xunto co convenio regulador ou, en defecto destes, declaración xurada de percibir ou non pensión alimenticia a favor de fillo/a a cargo. En caso de adopción, acollemento ou tutela, documento acreditativo emitido polo órgano competente. Relación detallada das subvencións solicitadas a outras entidades públicas ou privadas e concedidas para o mesmo fin:............... ANEXO II DECLARACIÓN RESPONSABLE DE CUMPRIR OS REQUISITOS PARA OBTER A CONDICIÓN DE BENEFICIARIO: Que estou ó día no pago das obrigas tributarias municipais no momento de presentación da solicitude. Que non estau incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións En..., a...de...de 2013. Asdo.: En..., a... de... de 2013 Asdo.: A presentación desta solicitude implica, aos efectos previstos na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, o consentimento do/da interesado/a para a inclusión dos seus datos no ficheiro correspondente do Concello de Monforte de Lemos, sendo tratados de forma totalmente confidencial e soamente poderán ser tratados para o estrito cumprimento das finalidades derivadas da solicitude. O/A interesado/a poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición en calquera momento nos termos previstos na lexislación vixente, ante o responsable do ficheiro, o Concello de Monforte de Lemos. SR. ALCALDE DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

18 Núm. 150 Martes, 2 de Julio de 2013 B.O.P de Lugo ANEXO III SOLICITUDE DE BECAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2013/2014 D/Dona...,en representación do colexio... de Monforte de Lemos, CERTIFICA a matrícula para o ano escolar 2013/2014 de: 1.- Nome:... 2.- Nome:... 3.- Nome:... 4.- Nome:... 5.- Nome:... En Monforte de Lemos a de 2013. Asdo.:... (Selo do colexio)