I. INTRODUCCIÓN...2 II. EVOLUCIÓN DO PARO EN III. DISTRIBUCIÓN DO PARO REXISTRADO...7 IV. TAXAS DE PARO...12 CONCLUSIÓNS...15 ANEXO...

Documentos relacionados
Gabinete Técnico-Área Económica do S.N. de CC.OO. de Galicia

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

Galicia, a primeira Comunidade en sinistralidade mortal cun índice de incidencia que duplica ao estatal

Tema 14.- A poboación de España e de Galicia.

centros especiais de emprego CONSELLERÍA DE TRABALLO Dirección Xeral de Relacións Laborais

Encuesta de población activa. Segundo trimestre de En el segundo trimestre de 2011 la tasa de paro se sitúa en el 16,7%

ESTADO DE TRAMITACIÓN HUMANIZACIÓNS 2012

Curso COTSG. Casos Prácticos nos Servizos Sociais Comunitarios: Por que cambian as persoas?

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

A Lei da Dependencia. Cara onde imos?

MANUAL da PÁXINA WEB DE CONSULTA DE COBERTURA Versión Móbil

Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia

INFORMACIÓN SOBRE A UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS

INFORME CLIMATOLÓXICO

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

O SALARIO. O salario ou remuneración salarial é o pago que recibe en forma periódica un

Convocatoria ordinaria de 2012

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

1º exame, 3ª avaliación

Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación. Pontevedra

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-35/2010: ROUPA INFANTIL EN OURENSE.

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

Televisión e radio en Galicia

Información e instrucións para realizar solicitudes web

Comisión Galega de Bioética

A CARTA DE PRESENTACIÓN

Expediente: D.3.Q/14584/15. Santiago de Compostela, 22 de outubro de Sr. Reitor:

CODIFICADORES CIRCUÍTOS COMBINACIONAIS

UN AMOR POR DESCUBRIR

ANTEPROXECTO DE EXPLOTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO CONSISTENTE NA XESTIÓN INDIRECTA DA RESIDENCIA E CENTRO DE DÍA DA TERCEIRA IDADE

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

ÍNDICE 1 MANUAL BÁSICO 2 TONS DE CHAMADA 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION INTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION EXTERNA?

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

A SEGURIDADE NA REDE. Tema 5

Audio e vídeo en Ardora 7

Proxecto ORZAMENTO EN TERMOS DE CONTABILIDADE NACIONAL. Memoria I

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR

Ordenanzas fiscais Páxina 1

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PISTA AIRE LIBRE. Ferrol, 4 de Xuño do 2016

PROGRAMA DE EMPREGO AUTONOMO Patricia Mouro Técnico de autoempleo

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

En el tercer trimestre de 2010 la tasa de paro se sitúa en el 14,9%

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

O servidor do centro

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Estatística de familias numerosas 2016 Operación estatística n.º OE05

Manual de usuario Plug-in Word. Versión en galego Equipo de desenvolvemento

Por todo isto, esta consellería,

O RELEVO DE GALICI C A I

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

BASES PARA A SELECCIÓN DE TÉCNICOS/AS MEDIOS EN F.P. ESPECÍFICA PARA A SÚA PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA CONVOCATORIA

RENDAS PERCIBIDAS POLO PARLAMENTARIO/PARLAMENTARIA 2

As retribucións percibidas polos traballadores/as contratados/as estarán axustadas á disponibilidade orzamentaria.

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE E XUVENIL DE PISTA AIRE LIBRE Ferrol, 4 de Xuño do 2017

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple

O libro e a edición en Galicia (2016)

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

A LINGUA GALEGA NA EDUCACIÓN INFANTIL DE GALIZA DE 3 A 6 ANOS

viaxes especializada que realice a súa actividade a través de internet.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROGRAMA OPERATIVO FSE GALICIA

MATEMÁTICAS. PRIMEIRA PARTE (Parte Común)

PROCESO PARTICIPATIVO PARA UN NOVO CONVENIO CTAG (PNC CTAG)

SOLICITUDE DE USO DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS Tempada 2017/2018

VIII OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA La Caixa Bases

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015

Duración: 9 horas Datas: 8, 15 e 22 de xuño Horario: Lugar de impartición: Campus de Vigo OBXECTIVOS XERAIS

COMO CREAR UNHA BASE DE DATOS EN BASE DE LIBREOFFICE

A Lei de Dependencia como oportunidade para a xeración de emprego

Seminarios de Formación Continua

Facturación electrónica

A FINDE.U ABRE PORTAS AO TEU FUTURO

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

RECOMENDACIÓNS XERAIS

DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx

Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

ELECTRÓNICA DIXITAL. SISTEMAS DE NUMERACIÓN.

PERMISOS, LICENZAS, REDUCIÓNS DE XORNADA E EXCEDENCIAS DO PROFESORADO

MEMORIA CLUB DE LECTURA

A sociedade da información. Tema 1

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

CIRCULAR A todas as Delegacións (*) - Aos clubes e adestradores (*) Para a súa distribución entre todos os estamentos da súa demarcación

Proposta de especificación de dominios, tipos de entidade e. Tipo de Relación

No exercicio 2015, recibíronse nesta Dirección xeral tramitáronse un total de 413 queixas. A súa desagregación por departamentos é a seguinte:

2. A codia oceánica e a codia continental A plataforma continental galega

Transcripción:

ÍNDICE I. INTRODUCCIÓN...2 II. EVOLUCIÓN DO EN 1994...3 III. DISTRIBUCIÓN DO...7 IV. TAXAS DE...12 CONCLUSIÓNS...15 ANEXO...16 O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 1

I. INTRODUCCIÓN Magnitudes que definen o paro En España, existen dúas fontes estatísticas para cuantifica-lo volume de desemprego: 1. A Enquisa de Poboación Activa (E.P.A.) Esta enquisa elabóraa trimestralmente o INE para medi-las variables básicas do mercado de traballo. Establece unha serie de criterios para defini-la poboación parada: as persoas que, na semana da enquisa, están sen traballo, buscándoo de xeito efectivo ou dispoñibles para traballar nun curto prazo. Considera así mesmo persoas paradas, as afectadas por expedientes de regulación de emprego. 2. As estatísticas do Paro Rexistrado no INEM A diferencia entre a EPA e o paro rexistrado radica en que mentres a EPA, como xa sinalamos, se trata dunha enquisa, o paro rexistrado como o seu propio nome indica, é un rexistro. É dicir, cando falamos de persoas paradas rexistradas, falamos só daquelas inscritas no INEM. Pero non tódalas persoas inscritas no INEM son consideradas paradas. A Orde de 11 de marzo de 1985 establece unha serie de criterios estatísticos para a medición do paro, considerando como paro rexistrado as demandas de emprego pendentes e excluíndo os seguintes colectivos de persoas demandantes: * Persoas ocupadas que solicitan un emprego para compatibilizalo co actual ou para melloralo. * Traballadores e traballadoras afectados por expedientes de regulación de emprego (tanto os de suspensión de contratos coma os de xornada reducida) * Persoas perceptoras de prestación por desemprego que participan en traballos de colaboración social. * Persoas demandantes de emprego conxuntural ou de xornada reducida. O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 2

* Estudiantes, demandantes, asistentes a cursos de formación ocupacional. * Outros traballadores ou traballadoras en ILT ou baixa médica, xoves cumprindo o servicio militar, solicitantes de emprego a docimilio ou no estranxeiro, traballadores e traballadoras beneficiarios do subsidio agrario, etc. Parece claro que calquera das dúas maneiras utilizadas para medi-lo paro introducen criterios restrictivos na cuantificación do mesmo e levan consigo unha infravaloración do seu volume. Para a presente análise do paro, coas limitacións anteriormente mencionadas, utilizarémo- -los datos do paro subministrados polo INEM, pois permiten un maior nivel de desagregación. II. EVOLUCIÓN DO EN 1994 A evolución do paro en Galicia, que afectou a 198.400 persoas situando a taxa de paro no 17% da poboación activa, fai do paro o principal problema da nosa economía; de aí que requira unha análise detallada. CADRO Nº 1 : EVOLUCIÓN DO ANO GALICIA ESPAÑA 1989 188.000 2.550.300 1990 179.800 2.350.000 1991 178.400 2.289.000 1992 178.500 2.259.900 1993 191.100 2.537.900 1994 198.400 2.647.000 O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 3

Tal e como se pon de manifesto no cadro anterior e contrariamente ós datos oficiais, o paro rexistrado amosa unha tendencia crecente nos últimos 6 anos, tanto en Galicia coma no conxunto do Estado. En 1989 o número de persoas paradas rexistradas nas oficinas do INEM en Galicia, ascendía a 188.000; en 1994 (6 anos máis tarde) nas oficinas do INEM galegas había rexistradas 198.400 persoas paradas. É dicir, en 1994 hai 10.400 persoas paradas máis que en 1989. A continua perda de empregos en Galicia, que se traduce no aumento do paro, pon en cuestión a recuperación efectiva da economía con respecto á creación de emprego e á diminución do paro. A diminución do desemprego en determinados meses do ano, corresponde sobre todo a factores estacionais e non ós efectos da reforma do mercado de traballo. Os efectos da reforma do mercado de traballo que si se poñen de manifesto, son a creación de emprego precario, inestable e que se destrúe rapidamente. Outro efecto da reforma é a perda de protagonismo do INEM: o efecto das axencias de colocación é a reducción de persoas que acoden ó INEM para se inscribir como paradas. O mesmo sucede coa reforma en si: a reducción de prestacións que a reforma trae consigo desincentiva o feito de rexistrarse no INEM. Se comparamos estes datos cos da EPA, que situaba o volume de paro en 212.000 persoas desempregadas ó rematar 1994 e co volume de empregos perdidos segundo esta (12.000 persoas ocupadas menos), ratificámo-la nosa apreciación de que a recuperación económica non permite reduci-lo elevado volume de desemprego. Ata aquí utilizámo-los datos da media do paro rexistrado nos últimos 12 meses. Para facer unha análise máis desagregada da composición do paro, non existen medias anuais, polo que utilizámo-los datos do 31.12.94 e de aí que, a partir de agora os datos non coincidan. Como xa sinalamos na introducción, o INEM utiliza criterios administrativos para "depurala" cifra de persoas paradas inscritas nas súas oficinas. Deste xeito, cando fala de cifra de paro refírese ás persoas con demandas pendentes o último día de mes, que ascendían en Galicia a 192.312 ó rematar 1994. Pero queda sen incluír todo o colectivo descrito anteriormente, persoas que non son consideradas paradas polo INEM e ás cales denomina "demandantes non parados". A composición deste colectivo queda reflectida no cadro inferior. O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 4

CADRO Nº 2 : PERSOAS DEMANDANTES NON PARADAS (Nº) % TRABALLAD. EVENTUAIS AGRARIOS 19 0,0 PLURIEMPREGO 916 0,9 EXP. REGULACIÓN EMPREGO 2.733 2,7 OUTRO EMPREGO 37.461 37,0 XUBILADOS E XUBILADAS 2.439 2,4 COLABORACIÓN SOCIAL 296 0,3 EMPREGO CONXUNTURAL 3.638 3,6 XORNADA REDUCIDA 8.172 8,1 ESTUDIANTES 17.173 16,9 COMPATIBILIDADE PRESTACIÓNS 7.715 7,6 OUTRAS PERSOAS NON PARADAS 20.563 20,3 TOTAL 101.125 100 Se considerámo-lo volume total de persoas paradas, é dicir, as de demandas pendentes e as consideradas "non paradas", a cifra de desemprego ascendería a 293.437 persoas paradas ó finaliza-lo ano 1994. Deste xeito, pódese apreciar claramente que a non inclusión de persoas demandantes "non paradas" actúa coma un resorte que comprime as cifras reais de paro. O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 5

O cadro número 3 dáno-la cifra de paro do 31.12.94. En Galicia a poboación parada inscrita como tal ascende a 192.312 persoas en 1994. Se a esta cifra lle engadímo-los demandantes, considerados "non parados" polo INEM, teriamos que as persoas que buscan emprego en Galicia no ano 94 ascendían a 293.437. CADRO Nº 3: PARADOS INSCRITOS NO INEM DEMANDANTES NON PARADOS TOTAL A CORUÑA 76.235 41.091 117.326 LUGO 21.943 11.520 33.463 OURENSE 23.447 11.600 35.047 PONTEVEDRA 70.687 36.914 107.601 TOTAL 192.312 101.125 293.437 Por provincias, vemos que o maior volume de paro se concentra na Coruña e Pontevedra que soportan máis dun 77% do paro galego. A Coruña é a provincia galega onde máis se sente a eiva do paro ó afectar a case 117.000 persoas. Nas provincias de Ourense e Lugo, aínda que o valor absoluto do seu volume de desemprego é menor, en valor relativo a súa importancia é maior pola súa menor poboación que traballa ou busca emprego (poboación activa) O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 6

III. DISTRIBUCIÓN DO A clasificación do paro por sectores vén dada porque o INEM clasifica as persoas paradas segundo o sector no que traballaron con anterioridade, e as que non traballaron inclúeas baixo o epígrafe "sen emprego anterior" (SEA) CADRO Nº 4: POR SECTORES % AGRICULTURA E PESCA 4.241 2,2 INDUSTRIA 38.561 20,0 CONSTRUCCIÓN 31.831 16,5 SERVICIOS 76.180 39,6 SEN EMPREGO ANTERIOR 41.499 21,5 TOTAL 192.312 100 O baixo volume de paro no sector primario (agricultura, gandería e pesca) contrasta co elevado volume de poboación activa do sector. Para ser un sector que absorve o 22% da poboación activa galega, soporta só un 2% do paro galego. Isto é debido fundamentalmente ó importante peso da agricultura neste sector. A peculiar estructura da propiedade da terra, a pouca ou nula presencia de emprego asalariado no sector ocultan situacións de paro ou subemprego que noutras circunstancias se considerarían como paro efectivo. O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 7

A industria, pola contra, absorve o 13% da poboación activa galega e soporta un elevadísimo volume de paro: 20% do galego. O sector servicios concentra o 44,4% das persoas activas galegas e soporta por iso o maior peso do desemprego en Galicia ó concentrarse no dito sector un 39,6% da poboación parada galega. Este aumento do paro no sector servicios vén condicionado tanto pola terciarización da nosa economía co paso de traballadores e traballadoras do sector primario e da industria ó sector servicios, coma porque moitos traballadores e traballadoras ingresan no mercado de traballo neste sector. Sector onde a maior parte dos contratos son temporais e de moi curta duración, o que se traduce nunha maior rotación no emprego e leva consigo "temporadas" no paro. Os datos máis preocupantes corresponden sen embargo ó sector da construcción e a colectivos de traballadores e traballadoras sen emprego anterior (S.E.A.) Na construcción están rexistradas 31.831 persoas paradas, o que supón o 16,5% do paro, para un sector que absorve só ó 11% da poboación activa galega. Hai que destacar sen embargo a negativa evolución do mercado de traballo na construcción, onde as grandes empresas están nun continuo proceso de reducción de persoal e de subcontratación de traballos a autónomos para alivia-los seus custos. Deste xeito, eventuais caídas na actividade deste sector e paralelos aumentos do paro, non aparecen recollidos polas estatísticas do INEM que só contabiliza os traballadores e traballadoras por conta allea e, polo tanto, non os autónomos e autónomas. Outro dato alarmante é o que reflecte o colectivo SEA, que ascende a 41.499 persoas en 1994. Isto supón que o 21% da poboación parada non puido atopa-lo seu primeiro emprego. É dicir, 21 de cada 100 persoas son paradas que non traballaron nunca. É un dato especialmente grave se temos en conta que se trata maioritariamente de xoves que, ademais por non teren traballado, non teñen dereito ás prestacións de desemprego. Se a isto lle engadímo-la desaparición das bolsas de Formación Ocupacional e a falta de espectativas de atopar emprego, que levan a moitos xoves a desanimarse e a non renova-las súas demandas, probablemente cabería facer unha revisión á alza sobre as cifras do paro que afectan a este colectivo. No cadro nº 5, pódese observar a pormenorización das cifras de paro por ramas de actividade. Se na análise sectorial do paro destacabámo-la súa maior incidencia nos sectores Industrial e de Servicios, agora podemos desagregar máis estes datos e ver que actividades salientan polo seu volume de desemprego: comercio, hostelería, servicios a empresas no sector Servicios, son os que concentran maior volume de paro. A elevada precarización neste sector e o fenómeno da rotación antes mencionado son os factores que determinan o nivel de desemprego nestas actividades. O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 8

Por outra parte, dentro da Industria, son a alimentación e a téxtil as actividades afectadas por maiores volumes de paro. Trátase tamén de dous sectores definidos por unha clara inestabilidade no emprego, cos efectos antes citados. CADRO Nº 5 POR RAMAS DE ACTIVIDADE EN GALICIA % AGRICULTURA 2.511 1,3 PESCA 1.730 0,8 ENERXÍA 439 0,2 QUÍMICA 3.062 1,6 METAL 9.369 4,8 OUTRA INDUSTRIA 25.691 13,3 CONSTRUCCIÓN 31.831 16,5 COMERCIO 18.527 9,6 HOSTELERÍA 13.282 6,9 TRANSPORTE 5.187 2,7 SEGUROS 829 0,4 OUTROS SERVICIOS 38.300 19,9 SEN EMPREGO ANTERIOR 41.499 21,5 TOTAL 192.312 100 O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 9

O cadro que segue ofréceno-la distribución do paro por niveis académicos: o 41% dos parados e paradas galegos non posúen nin sequera o título de EXB, mentres que outro 36% ten este título. CADRO Nº 6: POR NIVEL DE ESTUDIOS % PRIMARIOS 6.516 3,4 CERTIFICADO ESCOLAR 72.424 37,7 E.X.B. 69.397 36,1 B.U.P. 17.513 9,1 F.P. 13.567 3,2 TÍTULO MEDIO 6.249 3,2 TÍTULO SUPERIOR 6.646 3,4 TOTAL 192.312 100 Por outra parte, o feito de que exista un menor volume de paro nos niveis extremos (primarios e titulados) debe levarnos a reflexionar sobre a relación existente entre paro e nivel de cualificación. Actualmente o menor volume de creación de empregos fai que as demandas de emprego sexan maiores cás ofertas, polo que se introducen outros criterios para cubrir un posto de traballo que non só se concentran no nivel formativo. Ó mesmo tempo o proceso de precarización do noso mercado de traballo trae consigo un risco de descualificación da man de obra. O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 10

Segundo os datos ofrecidos polo cadro nº 7, o colectivo máis afectado polo paro é o situado na franxa de idade entre os 30-45 anos, na que se atopan paradas cerca de 65.000 persoas das 192.312 paradas galegas. Ó mesmo tempo podemos constatar que o 54% das persoas paradas galegas teñen máis de 30 anos, co que o xa de por si grave problema do paro galego enfróntase ó problema engadido do paro de longa duración. Xa non se trata só de persoas que buscan o seu primeiro emprego, senón de persoas que xa traballaron con anterioridade e que andan á procura dun novo traballo desde hai tempo. CADRO Nº 7: POR IDADES E SEXO IDADE HOME MULLER TOTAL % 16-24 21.359 31.234 52.593 27,3 25-29 15.245 20.801 36.046 18,7 30-45 28.650 36.146 64.796 33,7 46-55 15.358 10.034 25.392 13,2 + 55 10.039 3.446 13.485 7,0 TOTAL 90.651 101.661 192.312 100 % 47 53 - - Se analizámo-lo paro por sexos, temos que defini-lo paro como feminino pois existen 101.661 mulleres en paro fronte a 90.651 homes. Isto supón que o 53% da poboación parada son mulleres, fronte a un 47% que son homes. Esta cifra resulta especialmente grave se temos en conta que o 60% da poboación ocupada galega son homes, mentres que a ocupación feminina é moito menor e son as mulleres as que sofren o maior problema de paro. O maior volume de desemprego feminino está provocado pola crecente incorporación das mulleres ó mercado laboral e reflecte ó mesmo tempo as numerosas dificultades que estas atopan para a súa integración efectiva. O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 11

IV. TAXAS DE No cadro seguinte aparecen as taxas de paro por sectores e para o conxunto dos mesmos en Galicia. A taxa de paro calcúlase como o cociente entre o número de traballadores rexistrados como parados no INEM e a cifra de poboación activa tomada da E.P.A. CADRO Nº 8: TAXA DE POR SECTORES POBOACIÓN ACTIVA % AGRICULTURA E PESCA 4.241 251.400 1,7 INDUSTRIA 38.561 150.600 25,6 CONSTRUCCIÓN 31.831 124.800 25,5 SERVICIOS 76.180 498.000 15,3 OUTROS 41.499 - - TOTAL 192.312 1.121.100 17,1 A taxa de paro é do 17,1% para o conxunto dos sectores pero varía segundo o sector. Deste xeito a taxa de paro oscila entre o 25,6% da industria e o 1,7% do sector primario. Se temos en conta a baixa presencia do emprego asalariado na agricultura, as numerosas axudas familiares existentes (persoas que traballan sen salario regulamentado cun familiar co que conviven) e a peculiar estructura da propiedade da terra en Galicia, todo isto fai que os métodos utilizados polo INEM para clasifica-lo paro non recollan estas circunstancias. Desta peculiar estructura da agricultura galega derivan numerosas situacións de subemprego e paro encuberto, de aí que a cifra de 4.200 persoas paradas para unha poboación activa de 251.400 persoas resulte, cando menos, pouco crible. O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 12

Por iso, calculando a taxa de paro para o conxunto da economía introdúcense fortes distorsións. Para calcular unha taxa de paro máis acorde coa realidade, calcularémola sen incluí-lo sector. Utilizando este criterio a taxa de paro en Galicia, excluído o sector primario, é do 21,6% da poboación activa que representa mellor a importancia do volume de paro existente en Galicia. O cadro nº 9 reflécteno-las taxas de paro por provincias. Deste xeito podemos comprobar que son Pontevedra e A Coruña as provincias con maior incidencia de paro, pois as taxas do mesmo acadan, respectivamente, o 18,6% e o 18,3% da poboación activa. CADRO Nº 9: TAXA DE POR TERRITORIOS POBOACIÓN ACTIVA % A CORUÑA 76.235 416.400 18,3 LUGO 21.943 176.100 12,4 OURENSE 23.447 149.200 15,7 PONTEVEDRA 70.687 379.400 18,6 TOTAL 192.312 1.121.100 17,1 Por último, no cadro número 10 podemos ve-la taxa de paro por comarcas. Para calcula-la taxa de paro a nivel comarcal utilízase o dato da poboación activa do censo de poboación de 1991, ó carece-la EPA de desagregación de datos a nivel municipal. Con esta limitación podemos observar entón no dito cadro en que comarcas, dentro de cada provincia, ten maior incidencia o paro. Se antes sinalabamos que Pontevedra era a provincia cunha taxa de paro máis alta, agora podemos precisar que a comarca de Arousa (23,3% do paro) e a de Vigo (20,0%) son as máis afectadas. Na provincia da Coruña é a comarca de Ferrol (21,4%) onde hai a taxa de paro máis alta. Nesta análise cabería sinalar, por último, que ó tradicional eixo Ferrol-Coruña-Vigo caracterizado tanto polo seu peso industrial coma polo seu maior volume de desemprego, hai que sumarlle en taxas de desemprego a comarca de Ourense, onde o paro afecta xa ó 18,8% da poboación activa. O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 13

CADRO Nº 10: TAXA DE POR COMARCAS POBOACIÓ N ACTIVA TAXA DE FERROL 16.362 81.844 20,0 A CORUÑA 37.292 201.100 18,5 SANTIAGO 16.868 98.430 17,1 O BARBANZA 5.713 48.054 11,8 A MARIÑA 4.803 31.216 15,3 LEMOS 4.265 31.270 13,6 LUGO 12.875 97.935 13,1 OURENSE 20.515 114.011 18,8 VALDEORRAS 1.932 22.736 8,5 VIGO 45.442 207.096 21,9 AROUSA 10.079 43.222 23,3º PONTEVEDRA 15.166 93.990 16,1 O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 14

CONCLUSIÓNS 1. As continuas reformas do mercado de traballo non conseguen diminuí-lo elevado volume de desemprego existente en Galicia. Ademais, o paro rexistrado nas oficinas do INEM en Galicia mantén unha preocupante tendencia á alza desde 1989 ata 1994, que o sitúan preto das 200.000 persoas paradas rexistradas no último ano. 2. Este preocupante nivel de paro sitúa a taxa de paro galega no 17,1% da poboación activa. Se descontámo-lo paro do sector primario e a súa poboación activa pola distorsión que orixinan nesta porcentaxe, teremos calculada unha taxa de paro que se aproxima máis a realidade do paro galego. 3. O mantemento dun criterio restrictivo por parte do INEM supón un continuo "engrosamento" do colectivo de "persoas demandantes non paradas". O volume deste colectivo considerado non parado ascende, ó rematar 1994, a 101.125 persoas paradas. É dicir, que a cifra de paro en Galicia ó rematar 1994 acadaba xa a 293.437 galegos e galegas se consideramos a tódolos galegos que buscan emprego. 4. En canto á distribución sectorial do paro, cómpre indicar que é o sector Servicios onde existe un maior volume de paro, aínda que tamén hai que destacar que é o sector de maior poboación activa. O dato máis preocupante é o referente ó sector da Contrucción que ten a taxa de paro máis alta do conxunto de sectores ó te-lo menor volume de poboación activa. 5. Dentro destes sectores a nota común é a elevada precarización no emprego e o carácter temporal das contratacións, que supoñen un elevado grao de rotación no emprego; isto trae consigo que moitas persoas pasen varias veces polo emprego e, por conseguinte, polo paro. 6. No ano 1994 o paro ten un carácter feminino. Isto é debido tanto á continua incorporación da muller ó mercado de traballo, maior en tempos de crise, como a que a presencia da muller é maior nos sectores con maior volume de paro. GABINETE TÉCNICO-ÁREA ECONÓMICA S.N. DE CC.OO. DE GALICIA Santiago, abril de 1995 O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 15

ANEXO O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 16

CADRO Nº 1 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DE FERROL % AGRICULTURA 109 0,6 PESCA 46 0,2 ENERXÍA 26 0,1 QUÍMICA 71 0,4 METAL 1.070 6,5 OUTRA INDUSTRIA 1.431 8,7 CONSTRUCCIÓN 1.777 10,8 COMERCIO 1.474 9,0 HOSTELERÍA 886 5,4 TRANSPORTE 284 1,7 BANCA E SEGUROS 17 0,1 OUTROS SERVICIOS 3.031 18,5 SEN EMPREGO ANTERIOR 6.140 37,5 TOTAL 16.363 100 O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 17

CADRO Nº 2 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DA CORUÑA % AGRICULTURA 269 0,7 PESCA 465 1,2 ENERXÍA 73 0,1 QUÍMICA 433 1,1 METAL 1.684 0,4 OUTRA INDUSTRIA 5.490 14,7 CONSTRUCCIÓN 6.249 16,7 COMERCIO 4.146 11,1 HOSTELERÍA 2.136 5,7 TRANSPORTE 1.087 2,9 BANCA E SEGUROS 245 0,6 OUTROS SERVICIOS 8.560 29,9 SEN EMPREGO ANTERIOR 6.455 17,3 TOTAL 37.292 100 O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 18

CADRO Nº 3 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DE SANTIAGO % AGRICULTURA 200 1,1 PESCA 9 - ENERXÍA 16 - QUÍMICA 183 1,0 METAL 583 3,4 OUTRA INDUSTRIA 2.096 12,4 CONSTRUCCIÓN 3.668 21,7 COMERCIO 1.299 7,7 HOSTELERÍA 1.269 7,5 TRANSPORTE 456 2,7 BANCA E SEGUROS 46 0,2 OUTROS SERVICIOS 3.446 20,4 SEN EMPREGO ANTERIOR 3.598 21,3 TOTAL 16.868 100 O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 19

CADRO Nº 4 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DO BARBANZA % AGRICULTURA 53 0,9 PESCA 303 5,3 ENERXÍA 10 0,1 QUÍMICA 25 0,2 METAL 93 1,6 OUTRA INDUSTRIA 1.308 22,8 CONSTRUCCIÓN 810 14,1 COMERCIO 637 11,1 HOSTELERÍA 250 4,3 TRANSPORTE 208 3,6 BANCA E SEGUROS 9 0,1 OUTROS SERVICIOS 740 12,9 SEN EMPREGO ANTERIOR 1.267 22,1 TOTAL 5.713 100 O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 20

CADRO Nº 5 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DA MARIÑA % AGRICULTURA 91 1,8 PESCA 107 2,2 ENERXÍA 25 0,5 QUÍMICA 125 2,6 METAL 81 1,6 OUTRA INDUSTRIA 523 10,8 CONSTRUCCIÓN 764 15,9 COMERCIO 369 7,6 HOSTELERÍA 432 8,9 TRANSPORTE 138 2,8 BANCA E SEGUROS 22 0,4 OUTROS SERVICIOS 966 20,1 SEN EMPREGO ANTERIOR 1.160 24,1 TOTAL 4.803 100 O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 21

CADRO Nº 6 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DE LEMOS % AGRICULTURA 115 2,6 PESCA 3 - ENERXÍA 25 0,5 QUÍMICA 28 0,5 METAL 120 2,8 OUTRA INDUSTRIA 350 8,2 CONSTRUCCIÓN 1.081 25,3 COMERCIO 308 7,2 HOSTELERÍA 242 5,6 TRANSPORTE 196 4,5 BANCA E SEGUROS 5 0,1 OUTROS SERVICIOS 792 18,5 SEN EMPREGO ANTERIOR 1.000 23,4 TOTAL 4.265 100 O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 22

CADRO Nº 7 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DE LUGO % AGRICULTURA 289 2,2 PESCA 5 - ENERXÍA 81 0,6 QUÍMICA 204 1,5 METAL 316 2,4 OUTRA INDUSTRIA 1.216 9,4 CONSTRUCCIÓN 2.298 17,8 COMERCIO 1.309 10,1 HOSTELERÍA 878 6,8 TRANSPORTE 444 3,4 BANCA E SEGUROS 20 0,1 OUTROS SERVICIOS 2.977 23,1 SEN EMPREGO ANTERIOR 2.838 22,0 TOTAL 12.875 100 O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 23

CADRO Nº 8 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DE OURENSE % AGRICULTURA 579 2,6 PESCA 11 - ENERXÍA 61 0,3 QUÍMICA 242 1,1 METAL 1.196 5,5 OUTRA INDUSTRIA 2.858 13,2 CONSTRUCCIÓN 4.192 19,4 COMERCIO 2.056 9,5 HOSTELERÍA 1.494 6,9 TRANSPORTE 414 1,9 BANCA E SEGUROS 93 0,4 OUTROS SERVICIOS 4.750 22,0 SEN EMPREGO ANTERIOR 3.569 16,5 TOTAL 21.515 100 O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 24

CADRO Nº 9 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DE VALDEORRAS % AGRICULTURA 21 1,0 PESCA - - ENERXÍA 3 0,1 QUÍMICA 359 18,5 METAL 53 2,7 OUTRA INDUSTRIA 103 5,3 CONSTRUCCIÓN 500 25,8 COMERCIO 146 7,5 HOSTELERÍA 99 5,1 TRANSPORTE 38 1,9 BANCA E SEGUROS 6 0,3 OUTROS SERVICIOS 327 16,9 SEN EMPREGO ANTERIOR 277 14,3 TOTAL 1.932 100 O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 25

CADRO Nº 10 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DE VIGO % AGRICULTURA 496 1,1 PESCA 521 1,1 ENERXÍA 65 0,1 QUÍMICA 1.167 2,5 METAL 3.361 7,3 OUTRA INDUSTRIA 6.073 13,3 CONSTRUCCIÓN 5.465 12,0 COMERCIO 4.944 10,8 HOSTELERÍA 3.399 7,4 TRANSPORTE 1.324 2,9 BANCA E SEGUROS 274 0,6 OUTROS SERVICIOS 8.290 18,2 SEN EMPREGO ANTERIOR 10.063 22,1 TOTAL 45.442 100 O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 26

CADRO Nº 11 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DA AROUSA % AGRICULTURA 85 0,8 PESCA 151 1,4 ENERXÍA 18 0,1 QUÍMICA 153 1,5 METAL 401 3,9 OUTRA INDUSTRIA 2.085 20,6 CONSTRUCCIÓN 1.962 19,4 COMERCIO 590 5,8 HOSTELERÍA 963 9,5 TRANSPORTE 275 2,7 BANCA E SEGUROS 31 0,3 OUTROS SERVICIOS 1.358 13,4 SEN EMPREGO ANTERIOR 2.007 19,9 TOTAL 10.079 100 O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 27

CADRO Nº 12 POR RAMAS DE ACTIVIDADE NA COMARCA DE PONTEVEDRA % AGRICULTURA 204 1,3 PESCA 109 0,7 ENERXÍA 36 0,2 QUÍMICA 72 0,4 METAL 411 2,7 OUTRA INDUSTRIA 2.158 14,2 CONSTRUCCIÓN 3.065 20,2 COMERCIO 1.249 8,2 HOSTELERÍA 1.234 8,1 TRANSPORTE 323 2,1 BANCA E SEGUROS 61 0,4 OUTROS SERVICIOS 3.119 0,2 SEN EMPREGO ANTERIOR 3.125 20,6 TOTAL 15.166 100 O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 28

PUBLICACIóNS DO GABINETE ECONÓMICO DO S.N. DE CC.OO. DE GALICIA 1. Análise comparada do IPC Galicia-Estado 1983-1992. Outubro de 1992 2. Galicia nos Presupostos Xerais de 1993: unha análise das inversións do Estado. Novembro de 1992 3. Os despedimentos en Galicia, 1980/1992. Lexislación, evolución e custo. Decembro de 1992 4. Análise do Proxecto de Lei de Presupostos da Comunidade Autónoma para 1993. Decembro 1992 5. Análise da evolución en Galicia durante 1992 da actividade, o emprego e o paro. Febreiro 1993 6. O paro en Galicia no ano 1992. Febreiro 1993 7. O mercado de traballo en Galicia no ano 1992. Xullo 1993 8. O sector da construcción en Galicia, 1982-1992. Xullo 1993 9. Análise da actividade, a producción e o emprego 1986-1992: Galicia perde posicións. Novembro 1993 10. Evolución dos despedimentos no período 1980-1992. Un duro axuste das plantillas. Novembro 1993 11. Os expedientes de regulación de emprego en Galicia, outra vía de flexibilización dos cadros de persoal. Decembro 1993 12. Análise do proxecto de lei de presupostos da Comunidade Autónoma para 1994. Febreiro 1994 13. O mercado de traballo en Galicia, a actividade, a ocupación e o emprego. Febreiro 1994 14. O paro en Galicia no ano 1993. Marzo 1994 15. Galicia nos presupostos xerais de 1994: unha análise dos investimentos do Estado. Marzo 1994 16. Análise comparada do IPC Galicia-Estado 1983-1993. Abril 1994 17. A precarización do mercado de traballo en Galicia no ano 1993. Maio 1994 18. A contratación en Galicia no ano 1993. Maio 1994 19. Evolución do emprego e da actividade en Galicia no ano 1993. Xullo 1994 O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 29

20. O mercado de traballo en Galicia no ano 1993. Xullo 1994 21. Evolución dos contratos rexistrados no INEM en Galicia no 1º trimestre de 1994. Agosto 1994 22. Análise dos contratos formativos no 1º trimestre de 1994. Agosto 1994 23. Precarización do emprego e salarios en Galicia. Setembro 1994 24. Evolución dos contratos rexistrados no INEM en Galicia no 1º semestre de 1994. Setembro 1994. 25. Diferencias salariais Galicia/España. Outubro 1994. 26. Análise dos Presupostos Autonómicos Ano 1995. Decembro 1994. 27. A evolución da precariedade do emprego en Galicia en 1994. Marzo 1995. O EN GALICIA NO ANO 1994 PÁXINA 30