BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA. X lexislatura Número de abril de 2018

Documentos relacionados
NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

...DON MANUEL JOSÉ DÍAZ SÁNCHEZ, secretario xeral do pleno do excelentísimo Concello da Coruña.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Concello de Redondela GAC-7: Ría de Vigo-A Guarda

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

...DON MANUEL JOSÉ DÍAZ SÁNCHEZ, Secretario General del Pleno del Excelentísimo Ayuntamiento de A Coruña.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Por todo isto, esta consellería,

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

laboral. de seguridae e saude

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE TURISMO E CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

Dª. OLGA ALONSO SUÁREZ, CONCELLEIRA-SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE VIGO

PROGRAMA DE BOLSAS HIGH SCHOOL UN ANO ACADÉMICO NOS ESTADOS UNIDOS

Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública

JOSÉ RIESGO BOLUDA, SECRETARIO XERAL DO PLENO DO CONCELLO DE VIGO,

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

30 junio - 2 julio de xuno - 2 xullo IV MONOGRÁFICO FORESTAL INTERNACIONAL PARA EL SUR DE EUROPA

A Lei da Dependencia. Cara onde imos?

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

Sistema de Indicadores. da Sociedade da Información de Galicia: Servizos públicos da administración electrónica

No exercicio 2015, recibíronse nesta Dirección xeral tramitáronse un total de 413 queixas. A súa desagregación por departamentos é a seguinte:

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

Duración: 9 horas Datas: 8, 15 e 22 de xuño Horario: Lugar de impartición: Campus de Vigo OBXECTIVOS XERAIS

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

Ordenanzas fiscais Páxina 1

A Vicesecretaría Xeral, dependente da Secretaría Xeral da Presidencia.

DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 5 de xullo de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

centros especiais de emprego CONSELLERÍA DE TRABALLO Dirección Xeral de Relacións Laborais

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Servizo de Guía Laboral

GRUPOS DE REFERENCIA COMPETITIVA

MODIFICACION PUNTUAL NUM.13 DO PXOM, NO AMBITO DEFINIDO NA AOD A-4-76 A SEARA, CONCELLO DE VIGO

Comisión Galega de Bioética

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

viaxes especializada que realice a súa actividade a través de internet.

CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA Memoria de actividades. Curso 2007/08

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS 09,30 h.- O vicepresidente da Xunta,, Alfonso Rueda, o presidente do TXSG, Migu

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

CONVENO DE COLABORACIÓN ENTRE A FEDERACIÓN GALEGA DE SURF, O CONCELLO DE E O CLUB

CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS DE COMEDOR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ESCOLA GALEGA DE SAÚDE PARA CIDADÁNS. Edición bilingüe

CURSOS DO CONTRATO PROGRAMA AUTONÓMICO (PF 2013/000007) DE UGACOTA

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

As retribucións percibidas polos traballadores/as contratados/as estarán axustadas á disponibilidade orzamentaria.

PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE CREA A COMISIÓN INTERDEPARTAMENTAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

Decreto 303/2009, do 21 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

AXENDA INSTITUCIONAL DE ALTOS CARGOS DA XUNTA DE GALICIA PARA HOXE, XOVES, 11 DE MAIO DE 2017 SAN CAETANO

A CARTA DE PRESENTACIÓN

Fundamentos de Administración e Xestión

Decreto 364/1995, de 10 de marzo, que aproba o regulamento xeral de ingreso na administración.

DOG Núm. 131 Venres, 8 de xullo de 2011 Páx

RESOLVO: Artigo 1. Obxecto

REGAPE AUTOPROTECCIÓN. Plaforma web para la gestión de planes de autoprotección.

Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega

Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas

ESTADO DE TRAMITACIÓN HUMANIZACIÓNS 2012

INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL PARA GALICIA

Edificio Administrativo de San Caetano,s/n SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria ordinaria de 2012

ANTEPROXECTO DE LEI POLO QUE SE MODIFICA A LEI 8/2008, DO 10 DE XULLO, DE SAÚDE DE GALICIA.

Facturación electrónica

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 408 VIII lexislatura 11 de febreiro de 2011

Proxecto TÍTULO IV XESTIÓN ORZAMENTARIA. Lei I

Expediente: D.3.Q/14584/15. Santiago de Compostela, 22 de outubro de Sr. Reitor:

VOTO POR CORREO - ELECCIÓNS SINDICAIS 2015

Información pública e rendemento de contas

REXISTRO DE CERTIFICADOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES.

XESTUR PLATAFORMAS LOXÍSTICAS

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

CURSO MONOGRÁFICO ESTADO ACTUAL E FUTURO DO URBANISMO ESPAÑOL

REGULAMENTO ORGÁNICO DO GOBERNO E DA ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

CULTURA, TURISMO, XUVENTUDE E PROMOCIÓN DA LINGUA

CONCELLARÍA DE DEPORTE

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

Transcripción:

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA X lexislatura Número 298 30 de abril de 2018

SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2. Propostas de normas 1.1.2.1.6. Proposicións de lei para presentar perante o Congreso dos Deputados Rexeitamento da toma en consideración ı 26808 (10/PPLC-000009) Proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, formulada polo G. P. do Bloque Nacionalista Galego, de modificación da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, para o impulso da electricidade como un ben público e de garantía no seu acceso 96408 ı 27973 (10/PPLC-000010) Proposición de lei, para a súa remisión ao Congreso dos Deputados, de modificación do Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social 96408 1.3. Procedementos de control e impulso 1.3.5. Mocións Rexeitamento da iniciativa ı 29390 (10/MOC-000082) Solla Fernández, Eva Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa prestación da atención sanitaria polo Sergas na Área de Xestión Sanitaria da Coruña (Moción a consecuencia da Interpelación nº 28365, publicada no BOPG nº 284, do 27.3.2018, e debatida na sesión plenaria do 10.4.2018) 96408 ı 29398 (10/MOC-000083) Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa perda de poder adquisitivo das pensións (Moción a consecuencia da Interpelación nº 27661, publicada no BOPG nº 280, do 21.3.2018, e debatida na sesión plenaria do 10.4.2018) 96409 ı 29421 (10/MOC-000084) Prado Cores, María Montserrat 96402

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas deficiencias existentes nos servizos de urxencias dos centros hospitalarios do Sergas. (Moción a consecuencia da Interpelación nº 28372, publicada no BOPG nº 284, do 27.03.2018, e debatida na sesión plenaria do 10.04.2018) 96409 1.3.6. Proposicións non de lei 1.3.6.1. Proposicións non de lei en Pleno Aprobación sen modificacións ı 22812 (10/PNP-001678) Grupo Parlamentario Popular de Galicia López Crespo, Carlos Enrique e sete deputados/as máis Sobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia do Plan estratéxico da conserva, horizonte 2020, así como o inicio, en colaboración co sector, da elaboración e redacción do Plan estratéxico do conxelado, co horizonte en 2025 96409 Aprobación con modificacións ı 28519 (10/PNP-002062) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Rodríguez Arias, Marta e oito deputados/as máis Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da posta en marcha, en coordinación coas comunidades autónomas e os concellos, da tarxeta social universal 96410 Aprobación por unanimidade sen modificacións ı 28162 (10/PNP-002023) Villares Naveira, Luis Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para solicitar do Goberno central a modificación das bases das convocatorias dos organismos autónomos adscritos ao Sistema nacional de saúde para garantir a inclusión de cláusulas de non-discriminación polo exercicio de dereitos laborais por razón de maternidade e a revisión de procedementos administrativos firmes e non firmes onde se puidera ter dado unha situación de discriminación 96410 Rexeitamento da iniciativa ı 24309 (10/PNP-001759) Cal Ogando, Marcos e Sánchez García, Antón Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa suba das tarifas das peaxes da AP-9 prevista para o ano 2018 con motivo das obras de ampliación da autoestrada na ponte de Rande 96411 96403

ı 26168 (10/PNP-001846) Pierres López, María Luisa e catro deputados/as máis Sobre a posta en marcha polo Goberno galego das actuacións necesarias para acadar, antes do remate de 2018, a gratuidade do transporte público regular de viaxeiros por estrada competencia da comunidade autónoma para as persoas mozas, en condicións semellantes, cando menos, ás da Tarxeta Xente Nova 96411 ı 27429 (10/PNP-001959) Álvarez Martínez, Luis Manuel e dous deputados/as máis Sobre a presentación polo Goberno galego no Parlamento de Galicia, antes do remate do primeiro período de sesións de 2018, dun informe respecto da aplicación, durante o curso 2016-2017, do I Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia, así como das modificacións necesarias para a consecución dos seus obxectivos 96411 ı 28139 (10/PNP-002021) Prado Cores, María Montserrat e cinco deputados/as máis Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para incrementar a contía do Fondo extraordinario, perceptores subsidios e pensións non contributivas, e solicitar do Goberno central o incremento das pensións non contributivas ata a contía equivalente ao salario mínimo interprofesional 96412 ı 28925 (10/PNP-002096) Sobre a solicitude polo Goberno galego da mediación e arbitraxe do Consello Galego de Relacións Laborais na negociación entre a Xunta de Galicia e o comité de folga do persoal da Administración de xustiza 96412 1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión COMISIóN 5ª, SANIDADE, POLíTICA SOCIAL E EMPREGO Retirada iniciativa en comisión ı 27358 (10/PNC-002117) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e oito deputados/as máis Sobre as demandas que debe realizar a Xunta de Galicia no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde en relación coa posibilidade de inclusión das novas tecnoloxías de control da diabetes mellitus na carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde 96412 Aprobación por unanimidade con modificacións ı 18697 (10/PNC-001516) Vázquez Verao, Paula e Villares Naveira, Luis 96404

Sobre a creación pola Xunta de Galicia dun consello galego da infancia e a adolescencia como organismo participativo nas políticas publicas do Goberno galego e as actuacións que debe levar a cabo ao respecto, así como no fomento do desenvolvemento da participación da infancia e da adolescencia nos consellos locais, de acordo coa Fegamp, con especial atención á participación en igualdade de condicións dos nenos con diversidade funcional 96413 Aprobación por unanimidade sen modificacións ı 27154 (10/PNC-002097) Solla Fernández, Eva Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para resolver as deficiencias estruturais e as carencias de persoal existentes no centro de saúde de Pazos de Borbén 96413 Rexeitamento da iniciativa ı 8621 (10/PNC-000908) Prado Cores, María Montserrat e cinco deputados/as máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de evitar o peche de camas e a derivación de doentes á sanidade privada, durante os meses de verán, nos centros hospitalarios do Sergas 96414 ı 28476 (10/PNC-002242) Bará Torres, Xosé Luís e cinco deputados/as máis Sobre a dotación polo Goberno galego no ano 2018 das infraestruturas e dos medios humanos e materiais necesarios para a residencia de persoas maiores de Campolongo, en Pontevedra, para corrixir as deficiencias existentes e mellorar a atención ás persoas usuarias 96414 ı 28714 (10/PNC-002264) Torrado Quintela, Julio e dous deputados/as máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas carencias e deficiencias que presentan en materia de infraestruturas e dotación de persoal os centros de atención primaria da comarca do Condado-Paradanta, e, en particular, o centro de saúde de Ponteareas 96414 ı 28724 (10/PNC-002265) Vilán Lorenzo, Patricia e tres deputados/as máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia, en coordinación co Comité de Empresa da Consellería de Política Social, en relación coa Residencia de Maiores de Pontevedra 96415 96405

COMISIóN 6ª, INDUSTRIA, ENERxíA, COMERCIO E TURISMO Aprobación por unanimidade con modificacións ı 27969 (10/PNC-002177) Casal Vidal, Francisco e dous deputados/as máis Sobre o desenvolvemento polo Goberno galego, a través da Axencia de Turismo de Galicia, dun proxecto para o estudo e a posta en marcha de plantacións de frondosas autóctonas nas marxes do Camiño de Santiago, así como as actuacións que debe levar a cabo ao respecto 96415 Rexeitamento da iniciativa ı 25554 (10/PNC-001975) Losada Álvarez, Abel Fermín e dous deputados/as máis Sobre a actuación que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa repercusión na factura eléctrica da cidadanía dos suplementos territoriais polos tributos medioambientais propios da Comunidade Autónoma 96416 ı 27222 (10/PNC-002106) Pérez Seco, José Manuel e tres deputados/as máis Sobre o arranxo polo Goberno galego das deficiencias detectadas no Camiño de Santiago ao seu paso polo concello de Monforte de Lemos 96416 ı 27962 (10/PNC-002174) Presas Bergantiños, Noa e cinco deputados/as máis Sobre a remisión pola Xunta de Galicia aos grupos parlamentarios dun informe desagregado respecto das axudas e subvencións concedidas, así como dos convenios de colaboración subscritos con diversas empresas do sector da automoción, desde o ano 2009 96416 ı 27985 (10/PNC-002183) Casal Vidal, Francisco Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para o control polo Estado da xestión da rede de distribución de electricidade 96416 2. Elección e composición do Parlamento, réxime e goberno interior, organización e funcionamento 2.2. Composición do Parlamento e dos seus órganos 2.2.7. Composición das ponencias Designación da Ponencia que se encargará de redactar o proxecto de ditame da Comisión. 96417 96406

2.2.9. Composición dos grupos parlamentarios Acordo da Mesa do Parlamento do 26 de abril de 2018, polo que se toma coñecemento da solicitude de integración no G.P. de En Marea do deputado D. Xoán Hermida González 96417 96407

1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2. Propostas de normas 1.1.2.1.6. Proposicións de lei para presentar perante o Congreso dos Deputados O Pleno do Parlamento, na sesión do 24 de abril de 2018, adoptou os seguintes acordos: Rexeitamento da toma en consideración - 26808 (10/PPLC-000009) Proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, formulada polo G. P. do Bloque Nacionalista Galego, de modificación da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, para o impulso da electricidade como un ben público e de garantía no seu acceso BOPG nº 268, do 28.02.2018 Sometida a votación, obtense o resultado de 31 votos a favor, 36 votos en contra e ningunha abstención, polo que non se toma en consideración. - 27973 (10/PPLC-000010) Proposición de lei, para a súa remisión ao Congreso dos Deputados, de modificación do Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social BOPG nº 279, do 20.03.2018 Sometida a votación, obtense o resultado de 31 votos a favor, 38 votos en contra e ningunha abstención, polo que non se toma en consideración. 1.3. Procedementos de control e impulso 1.3.5. Mocións Rexeitamento da iniciativa - 29390 (10/MOC-000082) Solla Fernández, Eva Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa prestación da atención sanitaria polo Sergas na Área de Xestión Sanitaria da Coruña (Moción a consecuencia da Interpelación nº 28365, publicada no BOPG nº 284, do 27.3.2018, e debatida na sesión plenaria do 10.4.2018) BOPG nº 293, do 18.04.2018 Sométese a votación e resulta rexeitada por 29 votos a favor, 36 votos en contra e ningunha abstención. 96408

- 29398 (10/MOC-000083) Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa perda de poder adquisitivo das pensións (Moción a consecuencia da Interpelación nº 27661, publicada no BOPG nº 280, do 21.3.2018, e debatida na sesión plenaria do 10.4.2018) BOPG nº 293, do 18.04.2018 Sométese a votación por puntos e o resultado é o seguinte: Punto 3º: rexeitado por 22 votos a favor, 36 votos en contra e 6 abstencións. Resto dos puntos: rexeitados por 29 votos a favor, 36 votos en contra e ningunha abstención. - 29421 (10/MOC-000084) Prado Cores, María Montserrat Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas deficiencias existentes nos servizos de urxencias dos centros hospitalarios do Sergas. (Moción a consecuencia da Interpelación nº 28372, publicada no BOPG nº 284, do 27.03.2018, e debatida na sesión plenaria do 10.04.2018) BOPG nº 293, do 18.04.2018 Sométese a votación e resulta rexeitada por 28 votos a favor, 36 votos en contra e ningunha abstención. 1.3.6. Proposicións non de lei 1.3.6.1. Proposicións non de lei en Pleno Aprobación sen modificacións - 22812 (10/PNP-001678) Grupo Parlamentario Popular de Galicia López Crespo, Carlos Enrique e sete deputados/as máis Sobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia do Plan estratéxico da conserva, horizonte 2020, así como o inicio, en colaboración co sector, da elaboración e redacción do Plan estratéxico do conxelado, co horizonte en 2025 BOPG nº 247, do 25.01.2018 Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 38 votos a favor, 11 votos en contra e 19 abstencións. O texto aprobado é o seguinte: «O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a desenvolver o Plan estratéxico da conserva, horizonte 2020, que recolla as liñas principais para asegurar a competitividade e viabilidade do noso 96409

sector cara ao futuro, así como a iniciar, da man do sector, a elaboración e redacción do Plan estratéxico do conxelado, co horizonte posto en 2025 e centrando os obxectivos da competitividade deste eido produtivo para determinar as oportunidades que se abren neste sector e fortalecer as liñas de traballo que permitan a expansión da produción e a obtención de maior valor engadido para os nosos produtos». Aprobación con modificacións - 28519 (10/PNP-002062) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Rodríguez Arias, Marta e oito deputados/as máis Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da posta en marcha, en coordinación coas comunidades autónomas e os concellos, da tarxeta social universal BOPG nº 287, do 04.04.2018 Sométese a votación e resulta aprobada, con modificacións respecto do texto orixinal, por 51 votos a favor, 17 votos en contra e ningunha abstención. O texto aprobado é o seguinte: «O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para: 1. Demandar a inmediata posta en marcha da tarxeta social de carácter universal, en coordinación coas comunidades autónomas e os concellos no marco das súas competencias, a fin de que os cidadáns e cidadás poidan beneficiarse, coa maior brevidade, das vantaxes inherentes a ela. 2. A tarxeta social configurarase como instrumento técnico básico de transparencia e coordinación, que permitirá recoller o conxunto da información relevante, co obxectivo de facilitar e axilizar as xestións necesarias.» Aprobación por unanimidade sen modificacións - 28162 (10/PNP-002023) Villares Naveira, Luis Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para solicitar do Goberno central a modificación das bases das convocatorias dos organismos autónomos adscritos ao Sistema nacional de saúde para garantir a inclusión de cláusulas de non- discriminación polo exercicio de dereitos laborais por razón de maternidade e a revisión de procedementos administrativos firmes e non firmes onde se puidera ter dado unha situación de discriminación BOPG nº 284, do 27.03.2018 Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 68 deputados e deputadas presentes O texto aprobado é o seguinte: 96410

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta a dirixirse ao Goberno central para: 1. Modificar as bases das convocatorias dos organismos autónomos adscritos ao Sistema nacional de saúde para garantir que se inclúan nas bases de contratación, dos concursos públicos e bolsas de investigación, cláusulas de non-discriminación polo exercicio dos dereitos laborais recoñecidos legalmente por razón de maternidade, de igual forma que se fai xa actualmente no Espazo Europeo. 2. Iniciar procesos de revisión de procedementos administrativos firmes onde se producisen esta clase de discriminacións para revogar de oficio as situacións xurídicas individualizadas nas que xa se teña vulnerado, como no caso de María de la Fuente, o dereito á igualdade polo simple exercicio dos dereitos laborais no período de valoración curricular. 3. Recoñecer, en procedementos administrativos ou xudiciais non firmes, a situación de discriminación producida e recoñecer as pretensións de tratamento.» Rexeitamento da iniciativa - 24309 (10/PNP-001759) Cal Ogando, Marcos e Sánchez García, Antón Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa suba das tarifas das peaxes da AP-9 prevista para o ano 2018 con motivo das obras de ampliación da autoestrada na ponte de Rande BOPG nº 255, do 07.02.2018 Sométese a votación e resulta rexeitada por 30 votos a favor, 38 votos en contra e ningunha abstención. - 26168 (10/PNP-001846) Pierres López, María Luisa e catro deputados/as máis Sobre a posta en marcha polo Goberno galego das actuacións necesarias para acadar, antes do remate de 2018, a gratuidade do transporte público regular de viaxeiros por estrada competencia da comunidade autónoma para as persoas mozas, en condicións semellantes, cando menos, ás da Tarxeta Xente Nova BOPG nº 264, do 21.02.2018 Sométese a votación e resulta rexeitada por 30 votos a favor, 38 votos en contra e ningunha abstención. - 27429 (10/PNP-001959) Álvarez Martínez, Luis Manuel e dous deputados/as máis Sobre a presentación polo Goberno galego no Parlamento de Galicia, antes do remate do primeiro período de sesións de 2018, dun informe respecto da aplicación, durante o curso 2016-2017, do I 96411

Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia, así como das modificacións necesarias para a consecución dos seus obxectivos BOPG nº 276, do 14.03.2018 Sométese a votación e resulta rexeitada por 30 votos a favor, 38 votos en contra e ningunha abstención. - 28139 (10/PNP-002021) Prado Cores, María Montserrat e cinco deputados/as máis Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para incrementar a contía do Fondo extraordinario, perceptores subsidios e pensións non contributivas, e solicitar do Goberno central o incremento das pensións non contributivas ata a contía equivalente ao salario mínimo interprofesional BOPG nº 284, do 27.03.2018 Sométese a votación por puntos e o resultado é o seguinte: Punto 1: rexeitado por 30 por votos a favor, 37 votos en contra e ningunha abstención. Punto 2: rexeitado por 30 votos a favor, 38 votos en contra e ninguna abstención. - 28925 (10/PNP-002096) Sobre a solicitude polo Goberno galego da mediación e arbitraxe do Consello Galego de Relacións Laborais na negociación entre a Xunta de Galicia e o comité de folga do persoal da Administración de xustiza BOPG nº 289, do 11.04.2018 Sométese a votación e resulta rexeitada por 30 votos a favor, 38 votos en contra e ningunha abstención. Santiago de Compostela, 26 de abril de 2018 Miguel Ángel Santalices Vieira Presidente 1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión COMISIóN 5ª, SANIDADE, POLíTICA SOCIAL E EMPREGO A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 26 de abril de 2018, adoptou os seguintes acordos: Retirada iniciativa en comisión - 27358 (10/PNC-002117) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e oito deputados/as máis 96412

Sobre as demandas que debe realizar a Xunta de Galicia no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde en relación coa posibilidade de inclusión das novas tecnoloxías de control da diabetes mellitus na carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde BOPG nº 276, do 14.03.2018 Aprobación por unanimidade con modificacións - 18697 (10/PNC-001516) Vázquez Verao, Paula e Villares Naveira, Luis Sobre a creación pola Xunta de Galicia dun consello galego da infancia e a adolescencia como organismo participativo nas políticas publicas do Goberno galego e as actuacións que debe levar a cabo ao respecto, así como no fomento do desenvolvemento da participación da infancia e da adolescencia nos consellos locais, de acordo coa Fegamp, con especial atención á participación en igualdade de condicións dos nenos con diversidade funcional BOPG nº 194, do 17.10.2017 Sométese a votación a transacción coa emenda do G. P. Popular de Galicia, doc. núm. 27036, e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes. O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte: «O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a: 1. Crear o Consello Galego da Infancia e a Adolescencia, como órgano participativo que canalice e represente a opinión e a experiencia dos nenos e nenas galegos. 2. Crear, no primeiro semestre de 2018, o Observatorio Galego da Familia e da Infancia, como órgano colexiado de carácter asesor e de apoio, análise, investigación, estudo e proposta de actuacións en materia de familia e de infancia. 3. Que tanto no Observatorio coma no Consello se teñan en conta as seguintes liñas de traballo, sendo prioritaria a promoción da participación infantil: a igualdade de xénero, a situación da pobreza en Galicia e no mundo e a preocupación polo medio ambiente. 4. Fomentar o desenvolvemento da participación da infancia e a adolescencia en consellos locais, de acordo coa Fegamp, prestando especial interese ao fomento da participación de nenos e nenas con diversidade funcional en igualdade de condicións.» Aprobación por unanimidade sen modificacións - 27154 (10/PNC-002097) Solla Fernández, Eva Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para resolver as deficiencias estruturais e as carencias de persoal existentes no centro de saúde de Pazos de Borbén BOPG nº 272, do 07.03.2018 96413

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes. O texto aprobado é o seguinte: «O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a: Dotar do persoal necesario o centro de saúde de Pazos de Borbén para poder atender de xeito eficaz a demanda da poboación. Realizar as obras de reforma e ampliación necesarias para adaptar o centro de saúde.» Rexeitamento da iniciativa - 8621 (10/PNC-000908) Prado Cores, María Montserrat e cinco deputados/as máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de evitar o peche de camas e a derivación de doentes á sanidade privada, durante os meses de verán, nos centros hospitalarios do Sergas BOPG nº 112, do 10.05.2017 Sométese a votación xunto coas emendas dos GG. PP. dos Socialistas de Galicia e de En Marea, docs. núm. 30006 e núm. 30008, respectivamente, e resulta rexeitada por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións. - 28476 (10/PNC-002242) Bará Torres, Xosé Luís e cinco deputados/as máis Sobre a dotación polo Goberno galego no ano 2018 das infraestruturas e dos medios humanos e materiais necesarios para a residencia de persoas maiores de Campolongo, en Pontevedra, para corrixir as deficiencias existentes e mellorar a atención ás persoas usuarias BOPG nº 287, do 04.04.2018 Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións. - 28714 (10/PNC-002264) Torrado Quintela, Julio e dous deputados/as máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas carencias e deficiencias que presentan en materia de infraestruturas e dotación de persoal os centros de atención primaria da comarca do Condado-Paradanta, e, en particular, o centro de saúde de Ponteareas BOPG nº 289, do 11.04.2018 Sométese a votación xunto coa emenda do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, doc. núm. 30059, e resulta rexeitada por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións. 96414

- 28724 (10/PNC-002265) Vilán Lorenzo, Patricia e tres deputados/as máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia, en coordinación co Comité de Empresa da Consellería de Política Social, en relación coa Residencia de Maiores de Pontevedra BOPG nº 289, do 11.04.2018 Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións. Santiago de Compostela, 26 de abril de 2018 Eva Solla Fernández Vicepresidenta 2ª COMISIóN 6ª, INDUSTRIA, ENERxíA, COMERCIO E TURISMO A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 26 de abril de 2018, adoptou os seguintes acordos: Aprobación por unanimidade con modificacións - 27969 (10/PNC-002177) Casal Vidal, Francisco e dous deputados/as máis Sobre o desenvolvemento polo Goberno galego, a través da Axencia de Turismo de Galicia, dun proxecto para o estudo e a posta en marcha de plantacións de frondosas autóctonas nas marxes do Camiño de Santiago, así como as actuacións que debe levar a cabo ao respecto BOPG nº 280, do 21.03.2018 Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes. O texto aprobado é o seguinte: «O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a: 1. Desenvolver, a través da Axencia de Turismo de Galicia, un proxecto para estudar e poñer en marcha plantacións de frondosas autóctonas nas marxes do Camiño de Santiago. 2. Implicar neste proxecto a toda a industria forestal de Galicia, escolas forestais universitarias, centros educativos das zonas polas que discorre o Camiño, asociacións de defensa da natureza, etc. 3. Desenvolver pezas didácticas sobre cultura e patrimonio forestal destinadas aos peregrinos, así como información sobre as especies e ecosistemas que rodean o Camiño de Santiago.» 96415

Rexeitamento da iniciativa - 25554 (10/PNC-001975) Losada Álvarez, Abel Fermín e dous deputados/as máis Sobre a actuación que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa repercusión na factura eléctrica da cidadanía dos suplementos territoriais polos tributos medioambientais propios da Comunidade Autónoma BOPG nº 260, do 14.02.2018 Sométese a votación e resulta rexeitada por 4 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións. - 27222 (10/PNC-002106) Pérez Seco, José Manuel e tres deputados/as máis Sobre o arranxo polo Goberno galego das deficiencias detectadas no Camiño de Santiago ao seu paso polo concello de Monforte de Lemos BOPG nº 276, do 14.03.2018 Sométese a votación e resulta rexeitada por 4 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións. - 27962 (10/PNC-002174) Presas Bergantiños, Noa e cinco deputados/as máis Sobre a remisión pola Xunta de Galicia aos grupos parlamentarios dun informe desagregado respecto das axudas e subvencións concedidas, así como dos convenios de colaboración subscritos con diversas empresas do sector da automoción, desde o ano 2009 BOPG nº 280, do 21.03.2018 Sométese a votación e resulta rexeitada por 4 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións. - 27985 (10/PNC-002183) Casal Vidal, Francisco Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para o control polo Estado da xestión da rede de distribución de electricidade BOPG nº 280, do 21.03.2018 Sométese a votación e resulta rexeitada por 4 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións. Santiago de Compostela, 26 de abril de 2018 Eva Solla Fernández Vicepresidenta 2ª 96416

2. Elección e composición do Parlamento, réxime e goberno interior, organización e funcionamento 2.2. Composición do Parlamento e dos seus órganos 2.2.7. Composición das ponencias Designación da Ponencia que se encargará de redactar o proxecto de ditame da Comisión A Comisión especial de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan Forestal de Galicia, avaliando a experiencia acumulada dende 2006 e, especificamente, a extraordinaria vaga de lumes que vén de sufrir Galicia en outubro de 2017, na súa sesión do día 27 de abril de 2018, adoptou o seguinte acordo: Designación da Ponencia que se encargará de redactar o proxecto de ditame da Comisión. - 20218 (10/SCNP-000008) G. P. Popular de Galicia (P): Don José González Vázquez (titular) Don Silvestre José Balseiros Guinarte (suplente) G. P. de En Marea (EM): Don David Rodríguez Estévez (titular) Dona Paula Quinteiro Araujo (suplente) G. P. dos Socialistas de Galicia (S): Don Xaquín Fernández Leiceaga (titular) Don José Antonio Quiroga Díaz (suplente) G. P. do Bloque Nacionalista Galego (BNG): Don José Luis Rivas Cruz (titular) Don Xosé Luis Bará Torres (suplente) Santiago de Compostela, 27 de abril de 2018 Eva Solla Fernández Vicepresidenta 2ª 2.2.9. Composición dos grupos parlamentarios Acordo da Mesa do Parlamento do 26 de abril de 2018, polo que se toma coñecemento da solicitude de integración no G.P. de En Marea do deputado D. xoán Hermida González A Mesa do Parlamento, na reunión do 26 de abril de 2018, vista a solicitude do deputado de integrarse no G. P. de En Marea (doc. núm. 30061) e tendo en conta a aceptación do seu portavoz (doc. 96417

núm. 30060), conforme o disposto no artigo 25 do Regulamento do Parlamento de Galicia tomou coñecemento da referida incorporación. Santiago de Compostela, 26 de abril de 2018 Miguel Ángel Santalices Vieira Presidente 96418

ESTRUTURA DO BOLETíN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA 1. PROCEDEMENTOS PARLAMENTARIOS 1.1. PROCEDEMENTOS DE NATUREZA NORMATIVA 1.1.1. NORMAS APROBADAS 1.1.2. PROPOSTAS DE NORMAS 1.2. PROCEDEMENTOS ESPECIAIS DE CARÁCTER INSTITUCIONAL 1.2.1. INVESTIDURA 1.2.2. MOCIÓN DE CENSURA 1.2.3. CUESTIÓN DE CONFIANZA 1.3. PROCEDEMENTOS DE CONTROL E IMPULSO 1.3.1. CONTROL SOBRE AS DISPOSICIÓNS DA XUNTA CON FORZA DE LEI 1.3.2. COMUNICACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA 1.3.3. EXAME DE PROGRAMAS E PLANS 1.3.4. ACORDOS, RESOLUCIÓNS OU PROPOSTAS DE COMISIÓNS ESPECIAIS OU DE INVESTIGACIÓN 1.3.5. MOCIÓNS 1.3.6. PROPOSICIÓNS NON DE LEI 1.3.7. OUTRAS PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN E ACORDOS 1.3.8. PROCEDEMENTOS DE CONTROL ECONÓMICO E ORZAMENTARIO 1.4. PROCEDEMENTOS DE INFORMACIÓN 1.4.1. INFORMACIÓNS REMITIDAS POLA XUNTA DE GALICIA 1.4.2. SOLICITUDES DE COMPARECENCIA 1.4.3. INTERPELACIÓNS 1.4.4. PREGUNTAS 1.4.5. RESPOSTAS A PREGUNTAS 1.4.6. SOLICITUDES DE DATOS, INFORMES E DOCUMENTOS DE DEPUTADOS E DE COMISIÓNS 1.4.7. RECONVERSIÓNS POR FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE SESIÓNS 1.5. PROCEDEMENTOS RELATIVOS A OUTRAS INSTITUCIÓNS E ÓRGANOS 1.6. PROCEDEMENTOS DE ELECCIÓN, DESIGNACIÓN E PROPOSTA DE NOMEAMENTO 1.7. PROCEDEMENTOS RELATIVOS AO DEREITO DE PETICIÓN 2. ELECCIóN E COMPOSICIóN DO PARLAMENTO, RÉxIME E GOBERNO INTERIOR, ORGANIZACIóN E FUNCIONAMENTO 2.1. ELECCIÓN DO PARLAMENTO 2.2. COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO E DOS SEUS ÓRGANOS 2.3. RÉXIME E GOBERNO INTERIOR 2.4. ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO PARLAMENTO 3. ADMINISTRACIóN DO PARLAMENTO DE GALICIA 4. INFORMACIóNS E CORRECCIóNS DE ERROS 4.1. INFORMACIÓNS 4.2. CORRECCIóNS DE ERROS 96419

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Edición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia. Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25 Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727