CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE A INCORPORACIÓN AO PROGRAMA ACTIVIDADES DE CAMPAMENTOS MODALIDADE "VERDE E AZUL"

Documentos relacionados
Dereitos e deberes. Co financiamento de:

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO Rúa Fotógrafo Luis Ksado 17, of. 10 Teléf Fax VIGO - CIF G

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

BASES QUE REXERÁN NO XVII FESTIVAL DO ENTROIDO 2017 NO CONCELLO DE VALDOVIÑO

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

Información e instrucións para realizar solicitudes web

O SALARIO. O salario ou remuneración salarial é o pago que recibe en forma periódica un

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS DE COMEDOR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

Convocatoria ordinaria de 2012

NORMAS PARA A INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA

SOLICITUDE DE USO DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS Tempada 2017/2018

CODIFICADORES CIRCUÍTOS COMBINACIONAIS

CIRCULAR A todas as Delegacións (*) - Aos clubes e adestradores (*) Para a súa distribución entre todos os estamentos da súa demarcación

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROGRAMA DE BOLSAS HIGH SCHOOL UN ANO ACADÉMICO NOS ESTADOS UNIDOS

NORMATIVA SOCIAL MEDIA

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

INSTRUCCIÓNS para as EAV CON CASETA PROPIA, ESPAZO na ZONA de EXPOSICIÓN COMÚN ou SALA MULTIMEDIA do CONGRESO GALEGO DE ACCIÓN VOLUNTARIA 2009

viaxes especializada que realice a súa actividade a través de internet.

BASES PARA A SELECCIÓN DE TÉCNICOS/AS MEDIOS EN F.P. ESPECÍFICA PARA A SÚA PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA CONVOCATORIA

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

A Lei da Dependencia. Cara onde imos?

PREMIOS JULES VERNE ( ) DE ENSINO

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

Facturación electrónica

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

O servidor do centro

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

CONVENO DE COLABORACIÓN ENTRE A FEDERACIÓN GALEGA DE SURF, O CONCELLO DE E O CLUB

Por todo isto, esta consellería,

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

ÍNDICE 1 MANUAL BÁSICO 2 TONS DE CHAMADA 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION INTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION EXTERNA?

Audio e vídeo en Ardora 7

REXISTRO DE CERTIFICADOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES.

DOG Núm. 131 Venres, 8 de xullo de 2011 Páx

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE E XUVENIL DE PISTA AIRE LIBRE Ferrol, 4 de Xuño do 2017

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-35/2010: ROUPA INFANTIL EN OURENSE.

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

Bases para regular la participación ciudadana en la Cabalgata de Reyes

REXISTRO DE CLUBS E EQUIPOS DE FÚTBOL SALA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

O Real decreto 662/1997, do 12 de maio, polo que se establecen os requisitos mínimos para exerce-la

COMPLEXO HOSPITALARIO de PONTEVEDRA

(...) I. NORMAS XERAIS

Comisión Galega de Bioética

NORMATIVA DE ACEPTACIÓN DE DOAZÓNS BIBLIOGRÁFICAS

Servizo de Guía Laboral

A CARTA DE PRESENTACIÓN

Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación. Pontevedra

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PISTA AIRE LIBRE. Ferrol, 4 de Xuño do 2016

Ofértanse un total de 603 prazas na modalidades de: Balnearios (opción todo incluído ) e a súa adxudicación efectúase nas xefaturas territoriais.

6.1. Sinalización. Normas xerais

RECOMENDACIÓNS XERAIS

ANUNCIO Por resolución da Alcaldía de 30 de maio de 2012, procedeuse a aprobación das seguintes Bases:

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

REUNIÓN TÉCNICA. Arteixo-Riveira-Cedeira- 29 de abril a 1 de maio

BASES XIV CONCURSO MELLOR XORNALISTA INFANTIL E XUVENIL (CURSO )

CONDICIÓNS DO SERVIZO INTERNET MÓVIL

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

Estatística de familias numerosas 2016 Operación estatística n.º OE05

PERMISOS, LICENZAS, REDUCIÓNS DE XORNADA E EXCEDENCIAS DO PROFESORADO

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Secretaría Xeral de Política Social 2014

PASOS PARA LA AUTORIZACIÓN DE PROCEDIMIENTOS QUE REQUIERAN EXPERIMENTACIÓN ANIMAL

ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO NO PARQUE NATURAL DE PONGA, ASTURIAS.

1º exame, 3ª avaliación

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Cuestionario de Convivencia Preguntas frecuentes

CAMPAMENTO XUVENIL EN AVEIRO (Portugal)

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2008/2009

II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

DECLARACIÓN / DECLARACIÓN

As retribucións percibidas polos traballadores/as contratados/as estarán axustadas á disponibilidade orzamentaria.

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL PARA GALICIA

VIII OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA La Caixa Bases

DUBIDO SE O MEU FILLO/A TEN ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS

Manual de usuario Plug-in Word. Versión en galego Equipo de desenvolvemento

CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESTADÍAS TÉCNICAS PARA PROXECTOS DE ARTES ESCÉNICAS 2017 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

INFORMACIÓN SOBRE A UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS

ACTA DA XUNTANZA EXTRAORDINARIA DO CONSELLO PARROQUIAL DE SANTO ESTEVO DE NEGROS 23 DE SETEMBRO DE 2013

ANTEPROXECTO DE EXPLOTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO CONSISTENTE NA XESTIÓN INDIRECTA DA RESIDENCIA E CENTRO DE DÍA DA TERCEIRA IDADE

CMUS Profesional de Viveiro

Transcripción:

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE A INCORPORACIÓN AO PROGRAMA ACTIVIDADES DE CAMPAMENTOS 2011. MODALIDADE "VERDE E AZUL" 1.- Información. A actividade Verde e Azul, busca proporcionar aos mozos e mozas de fóra de Galicia un mellor coñecemento da nosa terra a través dunha actividade de campamento itinerante, residindo os participantes en dúas instalacións, unha semana na zona de interior e outra na zona de costa, permanecendo en tendas de campaña no primeiro caso e nun albergue, en habitacións compartidas, no segundo. Complemento da actividade son as prácticas deportivas variadas acordes coa instalación na que se atopen residindo en cada momento (náuticas, de natureza, distintos deportes e xogos, marcha, praia, etc.). Igualmente prográmanse actividades culturais para o coñecemento da realidade social de Galicia (charlas, proxeccións, visitas a museos ou zonas de interese cultural, etc.). Tendo en conta que en cada campamento convivirán distintas persoas de distintos países e culturas, é de grande interese que algún membro de cada grupo, traia a Galicia algunhas cousas ou informacións representativas do seu país de orixe que poidan ser utilizadas en actividades interculturais que se realizarán nos campamentos. Por exemplo poden traer algúns folletos turísticos, de información cultural, lendas tradicionais, xogos típicos, músicas, ou algún produto non perecedoiro propio do país. Este ano preveese que participarán no programa 305 mozos e mozas das comunidades galegas no exterior procedentes de Arxentina, Brasil, Costa Rica,Cuba, Chile, México, Perú, Uruguai, Venezuela, Francia e España. Precisamente a convivencia entre mozos e mozas de tan variadas procedencias demanda a mellor disposición de todos para o respecto e a integración cordial, aspecto no que esperamos que os nosos mozos e mozas do exterior sexan exemplares. Incorporación dos beneficiarios de España Os participantes incorporaranse pola súa conta á instalación inicial que lles corresponda, e que se lles indica na páxina web desta secretaría xeral e na resolución de 1

concesión, entre as 16:00 e as 18:00 horas do día de inicio da actividade (día 1 de xullo ou 17 de xullo). 2.- Réxime interno dos campamentos. Os mozos e mozas, a súa chegada a Galicia, dividiranse en grupos tendo en conta as prazas asignadas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia á Secretaría Xeral da Emigración en cada campamento, e tamén segundo os tramos de idade dos participantes. Cada un destes grupos rotará por dúas instalacións de campamento situadas en diferentes provincias galegas e permanecerán seis días consecutivos en cada unha delas. Na instalación inicial os mozos integraranse con outros procedentes de comunidades galegas do exterior, de comunidades autónomas de España e tamén con mozos galegos, cos que convivirán durante os 12 días que dura o programa. O equipo de monitores que estará a cargo deles será sempre o mesmo, rotando con eles polas distintas instalacións. O persoal está especializado na organización de actividades de tempo libre e as instalacións contan con persoal sanitario 24 horas ao día. Como é lóxico, os campamentos funcionan cun réxime interno necesario tanto para o correcto desenvolvemento da convivencia, como dos programas de actividades previstos para eles. Polo tanto, os participantes no programa procedentes do exterior incorporaranse ás actividades de campamento co mesmo réxime interno que o resto dos mozos de Galicia e doutras comunidades autónomas de España, e que será o fixado polo equipo directivo de cada instalación ou rota. Non obstante, con carácter xeral, debe coñecerse que: 2.1.- Deberán ter especial coidado coas súas pasaxes de avión mentres estean no seu poder, e cos seus pasaportes e documentación persoal, da que sería conveniente que trouxeran tamén unha fotocopia. Sempre terán a posibilidade de deixar a súa documentación e o diñeiro que non necesiten utilizar, baixo o coidado do equipo directivo do campamento. 2.2.- Con respecto o diñeiro de peto (bolsillo) que poidan traer os mozos, lémbrase que durante a súa estadía nos distintos campamentos non necesitan realizar gastos, polo que só deberán traer UNHA PEQUENA CANTIDADE, axustada á súa idade, para os gastos menores de carácter persoal e extras que poidan producirse durante a súa estadía. 2.3.- Durante os 12 días que dura o programa, non poderán abandonar as actividades para facer visitas aos seus familiares en Galicia. Terán, se é o caso, a posibilidade de visitalos cando remate o programa. Tampouco está previsto que reciban nas instalacións visitas dos seus familiares. Calquera situación excepcional será resolta por esta secretaría, e normalmente non será a favor no caso de aqueles mozos que teñan pensado prolongar a súa estadía en Galicia unha vez rematado o programa. Debe entenderse que as visitas e saídas rachan constantemente o ritmo das 2

actividades, descentran aos mozos e inciden no correcto desenvolvemento do programa. 2.4.- Debido á realización de actividades e as saídas programadas, as horas máis axeitadas para a recepción de chamadas urxentes serán das 21:00 ás 23:00 horas (horario de España). 2.5.- Non está permitido o consumo de bebidas alcohólicas e de tabaco nos campamentos. 2.6.- En principio non haberá saídas nocturnas a cafeterías, pubs ou discotecas. De haber algunha saída nocturna, sería unha excepción e sempre a criterio dos monitores responsables dos mozos. 3.- Material e equipamento recomendable. Os participantes deben traer unicamente a equipaxe axustada as datas nas que estarán en Galicia. Como equipamento necesario deben incluír roupa e calzado adecuados para unha actividade deste tipo e o clima de Galicia: algunha cazadora ou chaqueta, chuvasqueiro, calzado cómodo para camiñar, unha mochila ou bolsa pequena para excursións, toallas, chancletas para ducha, vestimenta deportiva e traxe de baño, gorro de piscina, viseira, útiles de aseo e crema protectora para o sol, bolígrafo e caderno, etc. Igualmente será preciso un saco de durmir e esterilla, para os días de permanencia nas tendas de acampada. Non se deben traer obxectos de valor pois nin a organización, nin o albergue faranse responsables deles e hai que ter en conta que nos albergues haberá moita xente e todos os espazos son comúns. Recoméndase traer na equipaxe de man unha muda de roupa en previsión de posibles atrasos na recepción das maletas ao chegar a Galicia. 4.- Cobertura sanitaria Todos os participantes neste programa teñen cobertura sanitaria de urxencia durante o desenvolvemento da actividade, a través dun convenio específico acordado entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia ou ben a traves da tarxeta sanitaria para aqueles que a teñan expedida. 5.- Permanencia en Galicia ao rematar a actividade de campamento. A duración da actividade de campamento é básica para a integración con outros mozos e mozas de distinta procedencia e para o coñecemento xeral de Galicia. 3

A experiencia pode completarse, para aqueles que teñen familia en Galicia, mediante a prolongación da súa estadía para pasar uns días de encontro e convivencia cos seus familiares. Lembrámoslle que todos os participantes que teñan previsto o seu regreso tan pronto como remate a actividade de campamento, sen posibilidade de quedar coa súa familia en Galicia, deberon facelo constar expresamente no apartado correspondente do Anexo B ou previa petición nas datas sinaladas. A secretaría tomará as medidas oportunas para asegurar o regreso ao seu lugar de residencia, acompañando aos mozos ata a súa saída en avión desde Galicia. Pola mesma razón, os mozos participantes que teñan previsto permanecer cos seus familiares en Galicia unha vez rematada a actividade de campamento, deberon así mesmo indicalo no apartado correspondente do ANEXO B ou previa petición por escrito, optando por unha quenda de regreso en todo caso orientativa, xa que a data definitiva de regreso a marca a compañía aérea encargada das viaxes para cada país. Os pais ou titores legais de todos os mozos menores de idade que teñan previsto permanecer en Galicia ao rematar o programa, deberon cubrir en todos os seus apartados e asinar, a autorización para quedarse en Galicia cos familiares indicados no ANEXO B. Estes familiares serán os que poidan retirar ao mozo ao finalizar o campamento acreditándose co seu documento de identidade na instalación final correspondente. Para suplir na recollida á persoa autorizada, o substituto debe presentar, ademais do seu documento nacional de identidade, a fotocopia do documento nacional de identidade, da persoa autorizada. As datas de retorno aos seus países fixadas polos mozos e seus pais segundo a súa petición, unha vez acordadas coa Secretaría Xeral da Emigración e coa Axencia de Viaxes SON INAMOVIBLES. As pasaxes de avión son pechadas polo que os mozos deberán tomar o voo de retorno ao seu país no mesmo aeroporto ao que chegaron, é dicir, no que figura nas súas pasaxes. Non poderán, por exemplo, abordar o avión directamente en Madrid se na súa pasaxe figura que deberán facelo en Santiago de Compostela. A recollida dos mozos e mozas menores de idade polos seus familiares autorizados terá lugar na instalación final que lles corresponda á súa quenda, obrigatoriamente entre as 9:00 e 11:00 horas do día en que remata a actividade de campamento (12 de xullo ou 28 de xullo, dependendo da quenda na que participen). Os mozos e mozas maiores de idade poderán abandonar as instalacións, nas datas e horas previstas, sen máis trámite. 6.-Cobertura sanitaria dos participantes que se quedan en Galicia ao finalizar a actividade de campamento. 1.- Por un lado, Informámoslles que o dereito á asistencia sanitaria destes mozos e mozas mantense durante un período máximo de 3 MESES a contar desde o día en que chegaron a España, pero coas seguintes limitacións: 4

1.- Só asistencia sanitaria de URXENCIA e sen dereito ás medicinas que poidan necesitar fóra do hospital. 2.- Só asistencia sanitaria en territorio do SERGAS (Servizo Galego de Saúde), é dicir, só en Galicia, non no resto de España. Os mozos e mozas que pensen permanecer máis tempo en España, unha vez rematada a súa estadía nos campamentos, deberán valorar a conveniencia de realizar un seguro privado de atención sanitaria. 2.- Por outro lado, aqueles beneficiarios que teñan expedida tarxeta sanitaria para os galegos residentes no exterior, poderán facer uso dela durante a súa estancia en Galicia e acceder a asistencia sanitaria prestada polo sistema público de saúde da Comunidade. Finalmente, para a súa información xunto con esta circular publicase tamén o cadro de quendas e instalacións, cos enderezos e teléfonos dos albergues e residencias xuvenís nas que residirán os participantes. Cada unha das quendas identifícase cunha letra (da A á H). A quenda asignada a cada participante figurará na resolución de concesión de praza. 5