Variación mensual do paro rexistrado por CCAA

Documentos relacionados
Evolución paro rexistrado. Outubro /Outubro

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

XORNADA TÉCNICA: IGUALDADE DE XÉNERO NO ÁMBITO LABORAL: PLANS DE IGUALDADE.

economíasocial 2.4. As fontes estatísticas empregadas para a análise da economía social son, fundamentalmente,

INFORME SOBRE AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL

% -6,55% VARIACIÓN ANUAL OUTUBRO 2016 Absoluta Relativa Dato Absoluta Relativa Dato ,23% ,62% 77.

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

Informe mensual do paro rexistrado. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xullo de 2009 PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO SALNÉS

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

INFORME SOBRE O NIEPI (NÚMERO DE INTERRUPCIÓNS EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

INFORME SOBRE O TIEPI (TEMPO DE INTERRUPCIÓN EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Informe Mensual do Paro Rexistrado:

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Informe Mensual do Paro Rexistrado:

E DAS PERSOAS RESIDENTES NO CONCELLO DA CORUÑA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE MEAÑO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. febreiro 2010

Elabora: Instituto Galego das Cualificacións Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Emprego e Formación

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Informe Mensual do Paro Rexistrado:

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE SANXENXO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. decembro 2009

Informe mensual do paro rexistrado. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. xaneiro 2010 PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO SALNÉS

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE MEAÑO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE VALGA. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. decembro 2009

Elaborado polo Gabinete Económico e coordinado pola Secretaría de Emprego

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

I. INTRODUCCIÓN E NOTAS METODOLÓXICAS... 1

Informe mensual do paro rexistrado

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Marzo Nº Var. Int. 18/17

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

Informe sobre os fogares compostos por persoas maiores de 64 anos.

A SINIESTRALIDADE NAS ESTRADAS.

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE RIBADUMIA. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. febreiro 2010

INFORME SOBRE O MERCADO LABORAL NO SECTOR DO TURISMO E A HOSTALARÍA EN GALICIA. 2011

Informe mensual do paro rexistrado

A PRECARIEDADE NO EMPREGO XUVENIL

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

ESTUDO DAS DIFERENZAS SALARIAS DOS DOCENTES SEGUNDO COMUNIDADE AUTÓNOMA DE DESTINO

O ESTADO DA POBREZA SEGUIMENTO DO INDICADOR DE RISCO DE POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL EN GALICIA

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Xullo Nº Var. Int. 17/16

Pacto Territorial de Emprego do Salnés [INFORME DE SINISTRALIDADE LABORAL]

FICHAS DOS COLECTIVOS NO MERCADO LABORAL GALEGO

Informe climatolóxico Mes de maio 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO

Tema 14.- A poboación de España e de Galicia.

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

Informe climatolóxico ano 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO ANO 2008

ES DE T A O T G Í LE 2009 S A T G AE405 IC N A A L P

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

Os maiores e as TIC ANO 2011

Observatorio Ocupacional Instituto Galego das Cualificacións Dirección Xeral de Emprego e Formación Consellería de Traballo e Benestar Xunta de

A densidade de poboación (hab./km2) é un indicador demográfico que serve para comparar o volume de poboación entre territorios.

As mulleres no Sector TIC. Ano 2017

INFORME CLIMATOLÓXICO

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

sindicato nacional de ccoo de galicia

Galicia, a primeira Comunidade en sinistralidade mortal cun índice de incidencia que duplica ao estatal

INFORME SOBRE O EPISODIO DE SECA

A regulación do emprego e o Fondo de Garantía Salarial

O 93,1% dos galegos de 16 ou máis anos manifesta estar preocupado polo medio ambiente e un 19,1% participar en actividades relacionadas

secretaría de emprego sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

Anuario de raios 2017 DATOS METEOROLÓXICOS 2017 RAIOS

Programa I. Promoción do emprego autónomo (TR341J)

1.1. Padrón Municipal de Habitantes. Avance o 1/01/07. Poboación estranxeira empadroada en Galicia, segundo nacionalidade. Ambos os sexos.

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Agosto Nº Var. Int. 17/16

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

Movementos naturais da poboación. Dinámicas demográficas actuais: movemento natural da poboación. - Movementos migratorios (1990 á actualidade)

Área Metropolitana de Vigo

Lixeiro crecemento da poboación no período , favorecido pola chegada de inmigrantes

Educación, cultura e lecer

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

TURISMO EN GALICIA. Informe avaliación datos estatísticos. Acum. Xullo 2016

Aumento dos viaxeiros e pernoitas en establecementos hoteleiros e casas de turismo rural no ano 2006

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

As empresas culturais en Galicia

DECRETO 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

Avance do informe climatolóxico outono 2014 AVANCE INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2014

SITUACIÓN SOCIO LABORAL DAS MULLERES EN GALICIA 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia A economía galega no segundo trimestre de 2013 Outubro de 2013

Datos básicos sobre a evolución do galego

Informe Semestral do Número de Afiliados: ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA

MÓDULO 1. INTEGRACIÓN LABORAL Y TENDENCIAS DEL MERCADO DE TRABAJO Volumen de contratos específicos realizados a personas con discapacidad

Informe climatolóxico Mes de xaneiro 2010 INFORME CLIMATOLÓXICO

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

statísticas en materia de economía social. 2015

PLAN DE PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DOS FACULTATIVOS ESPECIALISTAS DOS HOSPITAIS DO SERGAS

A incapacidade temporal do persoal docente do ensino público.

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia Desigualdade, desemprego e precariedade, as eivas do traballo feminino en Galicia Marzo de 2016

Estudo das necesidades das persoas maiores de 65 anos que viven soas

Gabinete Técnico-Área Económica do S.N. de CC.OO. de Galicia

I. INTRODUCCIÓN...2 II. EVOLUCIÓN DO PARO EN III. DISTRIBUCIÓN DO PARO REXISTRADO...7 IV. TAXAS DE PARO...12 CONCLUSIÓNS...15 ANEXO...

Transcripción:

1

PARO REXISTRADO Evolución do paro rexistrado Decembro pechou con 205.914 persoas paradas inscritas nas oficinas do servizo público de emprego (SEPE): 111.561 mulleres (o 54 % do paro rexistrado) e 94.353 homes. Dese total, 26.112 eran menores de 30 anos e supuñan case o 13 % do paro. Un indicador que pon de manifesto os graves desequilibrios do noso mercado laboral é o desmesurado paro de moi longa duración: o 32 % das persoas desempregadas levan buscando un posto de traballo dous ou máis anos; están nesa situación 65.374 persoas. En decembro sobe o paro rexistrado en Galicia por cuarto mes consecutivo; baixa en todas as comunidades autónomas, agás en catro: Galicia, Navarra, Cantabria e A Rioxa. Galicia encabeza a suba con 2.360 persoas máis en paro ca en novembro (ver a seguinte gráfica). Variación mensual do paro rexistrado por CCAA Galicia Navarra Cantabria A Rioxa Ceuta e Melilla Asturias Illas Baleares País Vasco Aragón Castela e León Estremadura Murcia Castela-A Mancha Canarias Comunidade Valenciana Cataluña Madrid Andalucía -39.908-562 -1.120-1.487-1.527-1.550-2.378-3.041-3.179-3.468-5.541-6.787-9.334-11.292 2.360 1.129 699 137-45.000-40.000-35.000-30.000-25.000-20.000-15.000-10.000-5.000 0 5.000 Porcentualmente, a suba do paro en Galicia (+1,16 %) foi inferior á de anos anteriores (+1,62 % en decembro de 2015 e +1,32 % en decembro de 2014). Con todo, fomos a terceira comunidade autónoma con peores resultados, por detrás de Navarra e Cantabria. Desde decembro de 2015 hai 22.894 persoas menos anotadas no paro, o que supón unha redución do 10,01 % (fronte ao descenso do 9,54 % na media estatal). Con todo, 3

aínda segue habendo 16.011 persoas máis en paro que hai oito anos (+8,43 %). Na seguinte táboa desagrégase o paro rexistrado de decembro de 2016 por sexos, idade, sector económico e tempo de busca de emprego. Faise unha comparación, en cifras absolutas e relativas, co mes de novembro de 2016 e co de decembro de 2015. PARO REXISTRADO POR SEXO, IDADE, SECTOR ECONÓMICO, PROVINCIAS E TEMPO DE BUSCA DE EMPREGO Datos absolutos mes actual Variacións Mes anterior Interanual Absoluta Relativa Absoluta Relativa Sexo Homes 94.353 3.330 3,66 % 12.471 11,67 % Mulleres 111.561 970 0,86 % 10.423 8,54 % Ambos os sexos 205.914 2.360 1,16 % 22.894 10,01 % Idade Menores de 30 anos 26.112 869 3,22 % 4.964 15,97 % De 30 a 44 anos 74.185 1.177 1,61 % 11.466 13,39 % Maiores de 44 anos 105.617 2.052 1,98 % 6.464 5,77 % Sectores Agricultura 8.305 515 6,61 % 924 10,01 % Industria 25.499 1.335 5,52 % 3.353 11,62 % Construción 23.368 1.852 8,61 % 4.773 16,96 % Servizos 132.419 914 0,69 % 12.051 8,34 % Sen emprego anterior 16.323 428 2,56 % 1.793 9,90 % Provincias A Coruña 80.556 1.282 1,62 % 9.364 10,41 % Lugo 20.299 30 0,15 % 2.397 10,56 % Ourense 22.720 36 0,16 % 2.510 9,95 % Pontevedra 82.339 1.144 1,41 % 8.623 9,48 % Tempo busca emprego Menos de 6 meses 86.019 2.745 3,30 % 7.510 8,03 % De 6 a 12 meses 24.635 161 0,65 % 4.109 14,30 % De 12 a 24 meses 29.886 19 0,06% 2.928 8,92 % Máis de 24 meses 65.374 243 0,37 % 8.347 11,32 % Na comparación mensual, a suba do paro céntrase nos homes (3.330 máis fronte a 970 paradas menos) e nas persoas de 30 ou máis anos (3.229 máis fronte a 869 menos menores de 30 anos). Por sectores, o paro rexistrado subiu na industria (1.335 persoas paradas máis ca no mes de novembro), no sector primario (515 máis) e, sobre todo, na construción (1.852 máis). A baixada do paro rexistrado no colectivo sen emprego anterior (428 persoas menos no paro) e nos servizos (914 menos) non compensaron a subida do paro nos restantes sectores. Por provincias, o paro sobe na Coruña (+1,62 %) e Pontevedra (+1,41 %) e permanece practicamente estancado en Lugo ( 0,15 %) e Ourense ( 0,16 %). Polo tempo de busca de emprego, o aumento do paro dáse mormente entre as persoas que levan menos de seis meses na procura dun posto de traballo (2.745 máis en 4

paro ca en novembro, que equivalen a un incremento do 3,30 %); no tramo que vai dun ano a dous anos non foi significativa a suba do paro (19 persoas máis) e nos restantes tramos hai menos persoas en paro ca no mes de novembro, aínda que a baixada no tramo de dous anos ou máis (paro de moi longa duración) foi bastante modesta (243 persoas menos en paro; 0,37 %). En termos anuais, o paro rexistrado segue baixando máis nos homes ca nas mulleres e, por grandes grupos de idade, retrocede en maior medida as persoas menores de 30 anos. Por sectores de actividade, o descenso prodúcese en todos eles pero, en proporción, a diminución máis significativa dáse na construción e na industria. Como é obvio, todos estes colectivos resultaron duramente prexudicados pola suba do paro durante a crise e, agora, un descenso, por modesto que sexa en cifras absolutas, ten unha incidencia significativa en cifras relativas. Ata aquí analízase a cifra de paro rexistrado pero, en realidade, o número de persoas inscritas nas oficinas do SEPE é moi superior. En decembro de 2016, ademais das 205.914 persoas que se consideraban paradas, había outras 57.888 que demandaban un emprego (é dicir, buscaban un emprego mellor, tiñan dispoñibilidade limitada ou indicaban na súa solicitude condicións especiais de traballo como, por exemplo, só a domicilio ou teletraballo). Daquela, en total, a cifra de persoas inscritas no SEPE que demandan un emprego alcanzou as 263.802 o pasado mes de decembro. Perfil das persoas desempregadas Entre as persoas que constan como paradas nas oficinas do SEPE predomina o sexo feminino: en decembro había 17.208 paradas máis que parados, son un 18 % máis de mulleres ca homes. PARO REXISTRADO POR SEXO E GRUPOS QUINQUENAIS DE IDADE. DECEMBRO DE 2016 Grupos de idade Total Homes Mulleres De 16 a 19 anos 1.709 1.014 695 De 20 a 24 anos 7.682 3.962 3.720 De 25 a 29 anos 16.721 7.887 8.834 De 30 a 34 anos 20.681 9.179 11.502 De 35 a 39 anos 26.174 10.918 15.256 De 40 a 44 anos 27.330 11.619 15.711 De 45 a 49 anos 27.961 12.680 15.281 De 50 a 54 anos 27.145 12.886 14.259 De 55 a 59 anos 28.905 14.313 14.592 De 60 a 64 anos 21.606 9.895 11.711 Total 205.914 94.353 111.561 Na distribución por grupos quinquenais de idade (cadro anterior), hai máis homes menores de 25 anos en paro ca mulleres, pero nos restantes tramos de idade elas son maioría. O tramo con máis paro feminino é o de 40 a 44 anos (15.711 paradas, o 14,1 %); nos homes, o de 55 a 59 anos (14.313 parados, o 15,2 % de desempregados). 5

O sector de actividade que concentra máis persoas en paro é o dos servizos: o 64,3 % das rexistradas no SEPE en decembro. Porén, a distribución por sexos é bastante desemellante: o 75,0 % das paradas fronte ao 51,6 % dos parados. Por rama de actividade e sexo, o maior número de paradas pertence ao comercio (18.209, o 16,3 % do total de desempregadas) e a hostalaría (18.167, o 16,3 %). No caso dos homes son a construción (21.110, o 22,4 % do total de desempregados) e a industria manufactureira (12.097, o 12,8 %). Canto á formación académica das persoas en paro, o maior número concéntrase nos niveis máis baixos. En decembro de 2016 había 86.499 persoas en paro que tiñan certificado de escolaridade (o 42,0 %) e outras 52.341 con titulación de ensino obrigatorio (o 25,4 %). No seguinte gráfico desagrégase o paro rexistrado por nivel de formación (non se reflicte o paro rexistrado de «outras titulacións», pero nesa categoría están encadradas só 123 persoas). Paro rexistrado por nivel de formación. Decembro de 2016. 100.000 90.000 86.499 80.000 70.000 60.000 50.000 52.341 40.000 30.000 20.000 29.879 16.310 20.762 10.000 0 Ata certificado de escolaridade Titulación ensinanza obrigatoria Formación profesional B.U:P/Bacharelato superior/c.o.u Titulación superior Polo tempo de duración da demanda, o maior número de parados/as encádrase nos tramos extremos. O grupo máis numeroso é o que leva buscando emprego menos de seis meses: 86.019 persoas en decembro, que supoñían o 41,7 % do total de persoas en paro. A seguir, había 65.374 persoas en paro de moi longa duración que representaban o 31,8 % do paro rexistrado. No seguinte cadro aparecen os colectivos que soportan o maior volume de desemprego no mes de decembro de 2016 e no mesmo período do ano anterior. 6

COLECTIVOS CO MAIOR VOLUME DE DESEMPREGO Paro rexistrado Decembro 2016 Decembro 2015 Sexo Muller: 54,2 % Muller: 53,3 % Grupo de idade Entre 55 e 59 anos: 14,0 % Entre 45 e 49 anos: 13,5 % Sector económico Servizos: 64,3 % Servizos: 63,1 % Actividade económica Comercio: 13,8 % Comercio: 13,8 % Estudos rematados Ata certificado escolaridade: 42,0 % Ata certificado escolaridade: 41,6 % Duración da demanda Menos de seis meses: 41,8 % Menos de seis meses: 40,9 % AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL A afiliación media á seguridade social baixa en 4.809 persoas en decembro ( 0,50 %) ata situarse a cifra total en 963.735, mentres que na media estatal subiu (+0,39 %). Pérdese afiliación por cuarto mes consecutivo en Galicia. Cómpre destacar que no mes de decembro baixou máis a afiliación á seguridade social do que se incrementou o paro rexistrado (4.809 afiliacións menos fronte a 2.360 parados e paradas máis), o que evidencia que hai persoas que perderon o seu posto de traballo pero non constan nas estatísticas do paro. Na comparación anual, a creación de emprego avanza máis devagar en Galicia que na media estatal: a afiliación media á seguridade social na nosa comunidade avanzou un 1,86 %, mentres que na media estatal fíxoo un 3,12 %. Ademais, o incremento da afiliación á seguridade social foi máis cativo que no mesmo período do ano anterior (+2,12 % en decembro de 2015). Na comparación anual tamén se comproba que o paro rexistrado segue baixando máis do que se incrementa a ocupación (22.894 persoas menos en paro fronte a tan só 17.613 afiliacións máis). Afiliación media á seguridade social. Decembro 2008-2016 1.100.000 1.050.000 1.000.000 950.000 1.054.681 1.021.126 997.774 966.895 927.383 914.626 926.482 946.122 963.735 900.000 850.000 800.000 2008/Decembro 2009/Decembro 2010/Decembro 2011/Decembro 2012/Decembro 2013/Decembro 2014/Decembro 2015/Decembro 2016/Decembro O emprego recupérase moi devagar. Hai menos dun millón de persoas afiliadas á seguridade social e aínda quedan por recuperar 90.946 ocupacións para acadar os valores de hai oito anos (ver a seguinte gráfica). 7

No mes de decembro de 2016 estaban inscritas nas oficinas do SEPE unhas 16.925 persoas paradas menos ca en decembro de 2009. Non obstante, a evolución do paro rexistrado foi moi diferente á do emprego e demóstrao este dato: en decembro de 2016, a seguridade social tiña case 57.391 persoas afiliadas menos ca sete anos antes ( 5,62 %), polo tanto, está claro que a perda de poboación activa non ten un efecto menor no descenso do desemprego. No seguinte cadro pode verse a evolución do paro rexistrado e do emprego nos meses de decembro do período 2008-2016. Paro rexistrado Afiliación media á seguridade social Parados/as Variación anual Afiliacións Variación anual Período Decembro 2008 189.903 1.054.681 Decembro 2009 222.839 17,34 % 1.021.126 3,18 % Decembro 2010 237.313 6,50 % 997.774 2,29 % Decembro 2011 258.234 8,82 % 966.895 3,09 % Decembro 2012 278.787 7,96 % 927.383 4,09 % Decembro 2013 271.063 2,77 % 914.626 1,38 % Decembro 2014 251.918 7,06 % 926.482 1,30 % Decembro 2015 228.808 9,17 % 946.122 2,12 % Decembro 2016 205.914 10,01 % 963.735 1,86 % Na seguinte táboa recóllese a afiliación media á seguridade social no mes de decembro de 2016, desagregada por réximes. Ademais, compárase coas cifras de novembro de 2016 e decembro de 2015. AFILIACIÓN MEDIA Á SEGURIDADE SOCIAL POR RÉXIMES Datos Variacións absolutos Mes anterior Interanual mes actual Absoluta Relativa Absoluta Relativa Réximes Xeral (agás agrario e fogar) 694.350 3.777 0,54 % 18.645 2,76 % Agrario 4.943 127 2,50 % 206 4,35 % Fogar 27.565 15 0,05 % 24 0,09 % Autónomos 215.572 376 0,17 % 1.687 0,78 % Mar 21.305 513 2,35 % 425 2,04 % Total 963.735 4.809 0,50 % 17.613 1,86 % En decembro había 963.735 persoas afiliadas á seguridade social en Galicia (496.646 homes e 467.088 mulleres). A distribución por réximes (ver cadro anterior) é a seguinte: 694.350 afiliacións no xeral (o 72 % do total), 215.572 autónomos e autónomas (o 22 %) e, por último, 21.305 afiliacións no réxime do mar (o 2 %). En comparación co mes de novembro de 2016, baixou a afiliación á seguridade social en todos os réximes e a caída máis intensa dáse no réxime agrario ( 2,50 %) e no do mar ( 2,35 %). Na comparación anual, continúan perdéndose afiliacións no réxime es- 8

pecial de traballadores autónomos (1.687 afiliacións menos, descende o 0,78 %). Os restantes réximes gañan ocupación. CONTRATOS REXISTRADOS O número de contratos formalizados en Galicia no 2016 continúa a tendencia ascendente dos últimos anos. Non obstante, a contratación está marcada pola precariedade: excesiva rotación no mercado laboral, elevada temporalidade, contratos temporais de moi curta duración e demasiados contratos a xornada parcial son algunhas das manifestacións da deterioración das condicións laborais. O número de contratos rexistrados nos anos 2016 e 2015 segundo a modalidade de contrato, o tipo de xornada e o sexo pode verse no seguinte cadro. CONTRATOS ACUMULADOS ATA DECEMBRO. 2015 E 2016 Contratos acumulados Ata decembro de 2016 Ata decembro de 2015 Tipo de contrato Indefinido (bonificado/non bonificado) 42.162 40.164 Indefinido persoas con discapacidade 575 508 Convertidos en indefinidos 28.486 24.167 Contratos indefinidos 71.223 64.839 Obra ou servizo 310.498 304.413 Eventual circunstancias da produción 440.925 379.299 Interinidade 93.611 92.371 Temporal persoas con discapacidade 1.310 1.160 Remuda 784 769 Xubilación parcial 1.556 1.417 Substitución xubilación 64 anos 23 17 Prácticas 6.134 5.121 Formación 3.550 11.987 Outros contratos 14.500 16.441 Contratos temporais 872.891 812.995 Total contratos 944.114 877.834 Sexo Homes 493.518 463.552 Mulleres 450.596 414.282 Tipo de xornada A tempo completo 587.912 553.224 A tempo parcial 350.658 320.491 Fixo descontinuo 5.544 4.119 En Galicia asináronse 944.114 contratos no ano 2016, son 66.280 máis ca no 2015 (+7,55 %). O maior incremento dáse nas mulleres: 36.314 contratos máis para mulleres (+8,77 %) e 29.966 para homes (+6,46 %). Porén concertáronse máis contratos con homes ca con mulleres (o 52,27 % dos rexistrados no 2016 foron asinados por homes). 9

A contratación indefinida medrou algo máis que a temporal: 9,85 % fronte ao 7,37 %. Con todo, o peso dos contratos temporais sobre o total da contratación é moi elevado e apenas baixou en relación co ano 2015: o 92,46 % dos contratos rexistrados no ano 2016 foron eventuais (esa porcentaxe era do 92,61 % no 2015). Atendendo ao sexo, a proporción de contratos temporais sobre o total foi algo máis alta nas mulleres ca nos homes: o 92,53 % fronte ao 92,39 % (ver o cadro seguinte). CONTRATOS TEMPORAIS SOBRE O TOTAL POR SEXO. ANO 2016 Modalidade Homes Mulleres Total Indefinido 37.578 33.645 71.223 Temporal 455.940 416.951 872.891 Total 493.518 450.596 944.114 (Temporal/Total)*100 92,39 % 92,53 % 92,46 % A distribución dos contratos rexistrados por sectores é a seguinte: 729.614 nos servizos (77,28 % do total de contratos), 138.255 na industria (14,64 % do total), 46.747 na construción (o 4,95 % do total) e 29.498 na agricultura (3,12 % do total). A proporción máis elevada de contratos temporais sobre o total dáse na industria: o 93,95 % dos rexistrados no sector. A seguir están os servizos (92,78 % de contratos temporais), a construción (88,58 %) e a agricultura (83,59 %). CONTRATOS TEMPORAIS SOBRE O TOTAL POR SECTORES. ANO 2016 Modalidade Agricultura Industria Construción Servizos Indefinido 4.840 8.359 5.338 52.686 Temporal 24.658 129.896 41.409 676.928 Total 29.498 138.255 46.747 729.614 (Temporal/Total)*100 83,59 % 93,95 % 88,58 % 92,78 % A contratación temporal é excesiva e moitos dos contratos que se están facendo son a xornada parcial. No ano 2016 rexistráronse 944.114 contratos, e deles, o 37,14 % foron a tempo parcial (a porcentaxe era do 36,51 % no 2015). A contratación a tempo parcial é mormente feminina: o 62,47 % dos contratos a tempo parcial rexistrados no 2016 foron para mulleres. Como se ve no seguinte cadro, o 48,61 % dos contratos asinados por mulleres foron a tempo parcial fronte ao 26,67 % no caso dos homes. CONTRATOS A TEMPO PARCIAL SOBRE O TOTAL, POR SEXO. ANO 2016 Modalidade Homes Mulleres Total Tempo parcial 131.603 219.055 350.658 Total contratos 493.518 450.596 944.114 (Tempo parcial/total)*100 26,67 % 48,61 % 37,14 % O peso crecente do tempo parcial non é exclusivo da contratación temporal porque cada vez fanse máis contratos indefinidos baixo esta modalidade. No ano 2016 rexistráronse 71.223 contratos indefinidos (só representan o 7,54 % do total dos rexistra- 10

dos) e, deles, o 31 % eran a xornada parcial. En comparación co ano anterior, medrou máis a contratación indefinida a tempo parcial que a de xornada completa (+9,63 % fronte ao 7,44 %). Contratos indefinidos por tipo de xornada 50.000 45.000 40.000 35.000 43.555 40.540 30.000 25.000 20.000 22.124 20.180 Ano 2016 Ano 2015 15.000 10.000 5.000 5.544 4.119 0 Xornada completa Xornada parcial Fixos descontinuos Ata aquí utilizamos a estatística de contratos rexistrados do SEPE; agora, como información complementaria para coñecer a duración dos contratos temporais, tómanse como referencia os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística sobre contratación, pero considerando a residencia do traballador/a, independentemente de que o contrato se rexistre dentro da nosa comunidade autónoma ou fóra dela. Collemos como referencia os anos 2016 e 2015. CONTRATOS INICIAIS. DECEMBRO DE 2015 E DE 2016 Contratos iniciais Ano 2016 Ano 2015 Menos de 1 semana 311.030 268.941 De 1 semana a 1 mes 99.414 95.114 De 1 a 6 meses 161.694 148.153 De 6 meses a 1 ano 19.231 24.422 Máis de 1 ano 3.079 2.730 Indeterminado 302.757 292.623 Total contratos temporais 897.205 831.983 Contratos Indefinidos 45.247 42.660 Total contratos iniciais 942.452 874.643 Cos datos do cadro anterior, compróbase que o 34,7 % dos contratos iniciais temporais rexistrados no 2016 tiveron unha duración inferior á semana (311.030 dun total de 897.205 temporais), porcentaxe que sobe ata o 52,3 % se o cálculo se fai sobre os contratos temporais de duración determinada. En comparación co ano 2015, os contratos que máis se incrementan son, precisamente, os que teñen unha duración inferior a sete días (+15,6 %). 11

Contrato de emprendedores O contrato de traballo por tempo indefinido de apoio a emprendedores (artigo 4 da Lei 3/2012) destaca, entre outras, polas seguintes características: poderanse realizar ata que a taxa de desemprego se sitúe por debaixo do 15 %; é para empresas que teñan menos de 50 traballadores/as; concertarase por tempo indefinido e a xornada completa ou parcial e ten un período de proba dun ano. No mes de decembro rexistráronse 631 contratos de emprendedores, 43 menos ca no mes anterior ( 6,4 %) e 273 máis ca no mes de decembro de 2015 (+76,26 %). 800 700 600 500 400 300 200 100 0 Contratos de emprendedores 680 639 577 566 583 551 521 442 464 497 475 471 473 501 505 495 392 387 407 355 358 Xaneiro 2015 Febreiro 2015 Marzo 2015 Abril 2015 Maio 2015 Xuño 2015 Xullo 2015 Agosto 2015 Setembro 2015 Outubro 2015 Novembro 2015 Decembro 2015 Xaneiro 2016 Febreiro 2016 Dos 631 contratos deste tipo rexistrados o pasado mes de decembro, 335 foron para homes (o 53 % do total) e 296 para mulleres. Por grupos de idade, 224 contratos asináronos menores de 30 anos (o 35 % do total), 372 persoas de entre 30 e 54 anos (o 59 % do total) e os restantes 35 contratos, persoas de 55 ou máis anos (o 6 % do total de contratos). 756 674 631 Marzo 2016 Abril 2016 Maio 2016 Xuño 2016 Xullo 2016 Agsoto 2016 Setembro 2016 Outubro 2016 Novembro 2016 Decembro 2016 CONCLUSIÓNS O mes de decembro pechou con 205.914 persoas inscritas nas oficinas do servizo público de emprego: 111.561 mulleres (o 54 % do paro rexistrado) e 94.353 homes. O 32 % das persoas desempregadas levan dous ou máis anos buscando un posto de traballo. En decembro o paro rexistrado baixa en todas as comunidades autónomas, agás en catro: Galicia, Navarra, Cantabria e A Rioxa. En termos absolutos, Galicia encabeza a suba do paro con 2.360 persoas paradas máis ca no mes de novembro. 12

No último mes baixou máis a afiliación á seguridade social do que se incrementou o paro rexistrado (4.809 afiliacións menos fronte a 2.360 parados e paradas máis); é dicir, hai persoas que perderon o seu posto de traballo pero que non constan nas estatísticas do paro. Habería que retroceder ata o ano 2008 para atopar unha cifra máis baixa de desemprego nun mes de decembro. Porén, a evolución do paro rexistrado é moi diferente á do emprego, e demóstrao esta comparativa: desde o mes de decembro de 2009 hai unhas 17.000 persoas menos anotadas nas listas do paro pero a seguridade social perdeu 57.391 afiliacións desde aquela ( 5,62 %), o que evidencia que a perda de poboación activa ten un efecto significativo no descenso do desemprego. A afiliación media á seguridade social evoluciona peor en Galicia ca na media estatal, tanto na comparación mensual coma na anual. No mes de decembro creouse emprego na media estatal pero en Galicia seguiuse destruíndo por cuarto mes consecutivo. Na comparación anual, imos por detrás da media estatal na creación de emprego (+1,86 % en Galicia fronte a +3,12 % na media estatal) e amais ese incremento foi máis raquítico ca no mes de decembro do ano anterior (+2,12 %). A contratación está marcada pola precariedade: excesiva rotación no mercado laboral, elevada temporalidade e demasiados contratos a xornada parcial son algunhas das manifestacións da deterioración das condicións laborais. No ano 2016 rexistráronse 944.114 contratos, e o 92,46 % deles foron temporais (92,61 % no 2015). A contratación temporal é excesiva e cada vez estanse facendo máis contratos a tempo parcial: o 37,14 % dos contratos que se asinaron durante o ano 2016 eran a xornada parcial (36,51 % no 2015). Outro trazo definitorio da contratación é a moi curta duración dos contratos: o 34,7 % dos contratos iniciais temporais rexistrados no ano 2016 tiñan unha duración inferior á semana. 13