BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Documentos relacionados
LEGISLACIÓN CONSOLIDADA

DISPONGO: Artículo 1. Objeto de la norma.

LEGISLACIÓN CONSOLIDADA. TEXTO CONSOLIDADO Última modificación: sin modificaciones

I. Comunidad Autónoma

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CRÉDITOS ECTS. Análisis ,5 1,5 1,5. Armonía Contrapunto Educación auditiva Historia de la música ,5 1,5

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

I. Disposiciones generales

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

ENSEÑANZAS ELEMENTALES DE MÚSICA


El Real Decreto, establece las especialidades del Cuerpo de Profesores de Música y Artes Escénicas vinculadas a las enseñanzas de música y de danza.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

I. Disposiciones generales

CORPO DE MESTRES. Educación especial: audición e linguaxe Lingua galega Orientación 5 2 4

DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx ANEXO VII Especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (corpo 590)

ANEXO VII. Especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (corpo 590) Código Especialidade. 001 Filosofía. 002 Grego.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

LUNS 21 MARTES 22 MÉRCORES 23 XOVES 24 VENRES 25 08:30-09:00 08:30-09:00 09:00-09:30 09:00-09:30 10:30-11:00 (JAVIER JURADO) 11:00-11:30 11:00-11:30

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Mestras e mestres. Vacantes Provisionais CXT. Adx. Provisional. Especialidade. Diferenza

MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE

ENSEÑANZAS DE MÚSICA LA NUEVA ORDENACIÓN CARACTERÍSTICAS ORGANIZACIÓN DE LAS ENSEÑANZAS DE MÚSICA ENSEÑANZAS ELEMENTALES

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I CUERPO DE CATEDRÁTICOS DE ENSEÑANZA SECUNDARIA (CÓDIGO 511) CUERPO DE PROFESORES DE ENSEÑANZA SECUNDARIA (CÓDIGO 590)

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

Se crean las especialidades del Cuerpo de Profesores de Música y Artes Escénicas que se relacionan en el Anexo I al presente Real Decreto.

N o 177 L Mércores, 13 de setembro de 2006 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

ANTECEDENTES DE HECHO

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

CURSO ASIGNATURAS CON TURNO ÚNICO DE CLASE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Propuesta Cátedras por Acceso de Música y Danza

JUNTA DE EXTREMADURA. Consejería de Educación

DATOS DO ALUMNO/A. DATOS ACADÉMICOS DO ALUMNO/A Centro no que estuda: Curso académico: Horario de saída:

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS A LAS PRUEBAS DE ACCESO CURSO 2018/2019

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

L A E N S E Ñ A N Z A O F I C I A L L O E

Total perfil. Acordeón , , , Lenguaje Musical Armonía

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

6.978 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 84 L Mércores, 3 de maio de 2006

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

- Corpo de profesores de ensino secundario (590) 001 Filosofía

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

Especialidad/materia Interinos /Titulados Superiores Día Hora Lugar. Convocatoria 2006 Titulado Superior - Todos. Convocatoria 2001 Interinos - Todos

DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2011 Páx CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Convocatoria 2006 Titulado Superior - Todos. Convocatoria 2011 Interinos - Todos. Convocatoria 2006 Titulados Superiores - Todos

ANEXO IV.b) 001 FILOSOFÍA 002 GRIEGO 003 LATÍN 004 LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA 005 GEOGRAFÍA E HISTORIA 010 FRANCÉS 011 INGLÉS 015 PORTUGUÉS

CUERPOS DE CATEDRÁTICOS (0511) Y PROFESORES DE ENSEÑANZA SECUNDARIA (0590)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Calendario de exames de setembro

Consejería de Educación

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce REUNIDOS

Departamento de Piano Acompañante. Conservatorio Superior de Música da Coruña Curso

REGULAMENTO DE COLABORACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS DESTA UNIVERSIDADE EN CURSOS E CONVENIOS DE INVESTIGACIÓN

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CUERPOS DE CATEDRÁTICOS (0511) Y PROFESORES DE ENSEÑANZA SECUNDARIA (0590)

Guía de procedementos e servizos

CUERPOS DE CATEDRÁTICOS (0511) Y PROFESORES DE ENSEÑANZA SECUNDARIA (0590)

ANEXO VI PROFESORES DE MÚSICA Y ARTES ESCÉNICAS ASIGNATURA PLANTILLA LIBRES ASIGNATURA PLANTILLA LIBRES

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1349

página 1 de 12 PLAN DE ESTUDIOS 2000 Licenciado en Historia y CC. de la Música Asignaturas y número de créditos

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL I. OFERTA FORMATIVA E PROGRAMAS

ANEXO V. RELACION DE ESPECIALIDADES PROFESORADO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA (Cuerpos 0511 y 0590) 1 de 6

ANEXO IV. RELACION DE ESPECIALIDADES PROFESORADO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA (Cuerpos 0511 y 0590)

ASIGNATURA PLANTILLA LIBRES ASIGNATURA PLANTILLA LIBRES

O vindeiros 12 e 15 de SETEMBRO procederase á elección dos horarios de MATERIA HORA AULA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO BANCO DE ESPAÑA

Programa de Educación Familiar I

DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx

ANEXO III.a) 058 Apoyo al Área de Lengua y Ciencias Sociales Apoyo al Área de Ciencias o Tecnología

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

PLAN DE FORMACIÓN DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE LUGO

Programa Anual de actividades culturais e de promoción das ensinanzas do CMUS Profesional de Música de Vigo

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

Transcripción:

Suplemento en lingua galega ao núm. 143 Sábado 15 de xuño de 2013 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE 6484 Real decreto 427/2013, do 14 de xuño, polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de catedráticos de música e artes escénicas vinculadas ás ensinanzas superiores de Música e de Danza. A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece nos seus artigos 91 ao 99 as funcións do profesorado das distintas ensinanzas que se regulan nela, así como as súas respectivas condicións de titulación e outras exixencias. A disposición adicional sétima da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, establece que a función pública docente se ordena en distintos corpos docentes, entre os cales se encontra o corpo de catedráticos de música e artes escénicas, que desempeñará as súas funcións nas ensinanzas superiores de Música e de Danza e nas de Arte Dramática. Así mesmo, a citada disposición adicional establece que o corpo de profesores de música e artes escénicas desempeñará as súas funcións nas ensinanzas elementais e profesionais de Música e de Danza, nas ensinanzas de Arte Dramática e, de ser o caso, naquelas materias das ensinanzas superiores de Música e de Danza ou da modalidade de Artes do bacharelato que se determinen. O Real decreto 1614/2009, do 26 de outubro, establece a ordenación das ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio. Os reais decretos 631/2010 e 632/2010, do 14 de maio, regulan, respectivamente, o contido das ensinanzas artísticas superiores de Música e de Danza establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio. De acordo con estes reais decretos, as administracións educativas, vista a proposta dos centros, establecerán o plan de estudos e organizarán cada unha das disciplinas establecidas nunha ou varias materias. O plan de estudos poderase completar con outras disciplinas, ademais das establecidas no dito real decreto, que se concretarán, así mesmo, en materias. Tamén se poderán establecer materias optativas. Así pois, en virtude da competencia estatal recoñecida pola Constitución española para establecer as bases do réxime xurídico das administracións públicas e o réxime estatutario dos funcionarios, para a regulación das condicións de obtención, expedición e homologación de títulos académicos e profesionais e para establecer normas básicas para o desenvolvemento do artigo 27 da Constitución, de acordo coa disposición adicional sétima da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, que lle atribúe ao Goberno a creación ou supresión das especialidades docentes dos corpos docentes, e co fin de garantir un ensino común de calidade impartido polo profesorado máis idóneo, procede establecer as especialidades docentes do corpo de catedráticos de música e artes escénicas vinculadas ás ensinanzas de Música e de Danza, que teñen ao seu cargo as ensinanzas superiores de Música e de Danza; definir a asignación de materias que deberá impartir o dito profesorado nos estudos superiores de Música e de Danza establecidos no artigo 54 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, así como establecer as materias que poden ser impartidas polo corpo de profesores de música e artes escénicas nos citados estudos. Na elaboración deste real decreto foron consultadas as comunidades autónomas a través da Conferencia Sectorial de Educación e emitiu informe o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Así mesmo, conta co informe da Comisión Superior de Persoal e co ditame do Consello Superior de Ensinanzas Artísticas. Na súa virtude, por proposta do ministro de Educación, Cultura e Deporte, coa aprobación previa do ministro de Facenda e Administracións Públicas, de acordo co Consello de Estado e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 14 de xuño de 2013,

Suplemento en lingua galega ao núm. 143 Sábado 15 de xuño de 2013 Sec. I. Páx. 2 Artigo 1. Obxecto da norma. DISPOÑO: Este real decreto ten por obxecto establecer as especialidades docentes do corpo de catedráticos de música e artes escénicas vinculadas ás ensinanzas de Música e de Danza, definir a asignación de materias que deberán impartir nos estudos superiores de música e de danza establecidos no artigo 54 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, así como establecer as materias que poden ser impartidas polo corpo de profesores de música e artes escénicas nos citados estudos. Artigo 2. Especialidades docentes do corpo de catedráticos de música e artes escénicas. As especialidades docentes do corpo de catedráticos de música e artes escénicas vinculadas ás ensinanzas superiores de Música e de Danza son as que se relacionan no anexo I. Artigo 3. Adscrición do profesorado actual. Os funcionarios do corpo de catedráticos de música e artes escénicas quedan adscritos ás especialidades a que se refire o artigo 2 do presente real decreto, de acordo coas especialidades de que fosen titulares, e segundo as correspondencias que se establecen no anexo II. Artigo 4. Asignación de materias nos estudos superiores de música e de danza establecidos no artigo 54 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Os funcionarios do corpo de catedráticos de música e artes escénicas das especialidades establecidas no presente real decreto impartirán as materias correspondentes aos estudos superiores de Música e de Danza establecidos no artigo 54 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de acordo co anexo III. Así mesmo, os funcionarios do corpo de catedráticos de música e artes escénicas das especialidades establecidas neste real decreto dirixirán o traballo que se realizará na fase final dos estudos superiores de Música a que se refire o artigo 6.3.c) do Real decreto 631/2010, do 14 de maio, polo que se regula o contido básico das ensinanzas artísticas superiores de grao en Música establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e na fase final dos estudos superiores de Danza a que se refire o artigo 6.3.d) do Real decreto 632/2010, do 14 de maio, polo que se regula o contido básico das ensinanzas artísticas superiores de grao en Danza establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Artigo 5. Atribución docente. As administracións educativas determinarán a atribución docente das disciplinas e materias específicas dos seus plans de estudos aos catedráticos das diferentes especialidades docentes. Artigo 6. Impartición de determinadas materias dos estudos superiores de Música e de Danza establecidos no artigo 54 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, polo corpo de profesores de música e artes escénicas. En aplicación do establecido na disposición adicional sétima da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, os funcionarios do corpo de profesores de música e artes escénicas impartirán, se é o caso, as materias que se determinan de acordo coa asignación establecida no anexo IV. As administracións educativas, no ámbito das súas competencias, conforme as súas necesidades e en uso da súa facultade de organización de centros

Suplemento en lingua galega ao núm. 143 Sábado 15 de xuño de 2013 Sec. I. Páx. 3 docentes, poderán determinar a atribución docente das disciplinas e materias segundo esta asignación. Disposición adicional única. Creación futura de novas especialidades. As administracións educativas que establezan nos seus currículos disciplinas e materias que poidan supor a creación de novas especialidades deberán elevar unha proposta ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para que o Goberno, logo de consulta ás comunidades autónomas, proceda, se é o caso, á súa creación. Disposición transitoria única. Antigas especialidades non adscritas ás novas. Os catedráticos das antigas especialidades para as cales non se establece ningunha correspondencia no anexo II continuarán desempeñando as mesmas funcións que tiñan asignadas no momento da aprobación do presente real decreto, sen prexuízo de que as administracións educativas, oídos os interesados, poidan atribuírlles temporalmente outras funcións, tendo en conta a formación específica de cada un deles e a súa adecuación ás necesidades docentes. Estas atribucións temporais de funcións non implicarán a adquisición de ningunha nova especialidade. Así mesmo, os catedráticos que se encontren nesta situación poderán dirixir o traballo que se realizará na fase final dos estudos superiores de Música a que se refire o artigo 6.3.c) do Real decreto 631/2010, do 14 de maio, e na fase final dos estudos superiores de Danza a que se refire o artigo 6.3.d) do Real decreto 632/2010, do 14 de maio. Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa. Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste real decreto. Disposición derradeira primeira. Título competencial. Este real decreto ten carácter básico e dítase ao abeiro do artigo 149.1. 18.º e 30.º da Constitución, que lle reserva ao Estado a competencia para establecer as bases do réxime xurídico das administracións públicas e o réxime estatutario dos funcionarios, a competencia de regulación das condicións de obtención, expedición e homologación de títulos académicos e profesionais e a competencia para establecer normas básicas para o desenvolvemento do artigo 27 da Constitución. Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor. Este real decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado». Dado en Madrid o 14 de xuño de 2013. JUAN CARLOS R. O ministro de Educación, Cultura e Deporte JOSÉ IGNACIO WERT ORTEGA

Suplemento en lingua galega ao núm. 143 Sábado 15 de xuño de 2013 Sec. I. Páx. 4 ANEXO I a) Especialidades docentes vinculadas ás ensinanzas superiores de Música Acordeón. Arpa. Baixo eléctrico. Batería de jazz. Canto flamenco. Canto. Canto de jazz. Clarinete. Clave. Composición. Composición de jazz. Concertación. Contrabaixo. Contrabaixo de jazz. Dirección de coro. Dirección de orquestra. Dulzaina. Escena lírica. Etnomusicoloxía. Fagot. Flabiol i tamborí. Flamencoloxía. Frauta de pico. Frauta travesa. Gaita. Guitarra. Guitarra eléctrica. Guitarra flamenca. Historia da música. Improvisación e acompañamento. Instrumentos de corda pulsada do Renacemento e do Barroco. Instrumentos de puga. Instrumentos de vento de jazz. Instrumentos históricos de corda fregada. Instrumentos históricos de tecla. Instrumentos históricos de vento. Lingua alemá. Lingua francesa. Lingua inglesa. Lingua italiana. Música de cámara. Musicoloxía. Óboe. Órgano. Pedagoxía. Percusión. Piano. Repertorio con piano para instrumentos. Repertorio con piano para voz. Saxofón. Teclados/piano jazz. Tecnoloxía musical. Tenora i tible. Trombón. Trompa. Trompeta. Tuba.

Suplemento en lingua galega ao núm. 143 Sábado 15 de xuño de 2013 Sec. I. Páx. 5 Txistu. Viola. Viola da gamba. Violín. Violoncello. b) Especialidades docentes vinculadas ás ensinanzas superiores de Danza Análise e práctica do repertorio do baile flamenco. Análise e práctica do repertorio da danza clásica. Análise e práctica do repertorio da danza contemporánea. Análise e práctica do repertorio da danza española. Baile flamenco. Ciencias da saúde aplicadas á danza. Composición coreográfica. Danza clásica. Danza contemporánea. Danza educativa. Danza española. Escenificación aplicada á danza. Historia da danza. Psicopedagoxía e xestión educativa. Tecnoloxías aplicadas á danza. c) Especialidades docentes vinculadas ás ensinanzas de Música e de Danza Produción e xestión de música e artes escénicas. ANEXO II Adscrición das antigas especialidades ás novas especialidades a) Especialidades vinculadas ás ensinanzas de Música Novas especialidades Antigas especialidades Acordeón. 001 Acordeón. Arpa. 003 Arpa. Canto. 006 Canto. 070 Técnicas de canto. Clarinete. 008 Clarinete. Clave. 009 Clave. Composición. 010 Composición e instrumentación. Concertación. 012 Concertación de ópera e oratorio. Contrabaixo. 014 Contrabaixo. Dirección de coro. 020 Dirección de coros. 021 Dirección de coros e conxunto coral. Dirección de orquestra. 023 Dirección de orquestra e conxunto instrumental. 013 Conxunto coral e instrumental. Escena lírica. 025 Escena lírica. Etnomusicoloxía. 033 Folclore musical. Fagot. 030 Fagot. Frauta de pico. 031 Frauta de pico. Frauta travesa. 032 Frauta travesa. Guitarra. 035 Guitarra. Guitarra flamenca. 036 Guitarra flamenca. Historia da música. 039 Historia da música. 028 Estética e historia da música, a cultura e a arte. Improvisación e acompañamento. 061 Repentización, transposición instrumental e acompañamento.

Suplemento en lingua galega ao núm. 143 Sábado 15 de xuño de 2013 Sec. I. Páx. 6 Novas especialidades Lingua alemá. 045 Lingua alemá. Lingua francesa. 046 Lingua francesa. Lingua inglesa. 047 Lingua inglesa. Lingua italiana. 048 Lingua italiana. Música de cámara. 050 Música de cámara. Musicoloxía. 034 051 065 Gregoriano. Musicoloxía. Rítmica e paleografía. Antigas especialidades Óboe. 052 Óboe. Órgano. 053 Órgano. 054 Órgano e clavecín. Pedagoxía. 057 Pedagoxía musical. 068 Solfexo e teoría da música. Percusión. 058 Percusión. Piano. 059 Piano. Repertorio con piano para voz. 063 Repertorio vocal. Saxofón. 066 Saxofón. Trombón. 072 Trombón. Trompa. 074 Trompa. Trompeta. 075 Trompeta. Tuba. 076 Tuba. Txistu. 080 Txistu. Viola. 077 Viola. Violín. 078 Violín. Violoncello. 079 Violoncello. b) Especialidades vinculadas ás ensinanzas de Danza Novas especialidades Antigas especialidades Baile flamenco. 018 Danza española (flamenco). Danza clásica. 005 Ballet clásico. Danza española. 017 Danza española. ANEXO III a) Materias que impartirá o corpo de catedráticos de música e artes escénicas nos estudos superiores de Música establecidos no artigo 54 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación Especialidades Acordeón. Arpa. Baixo eléctrico. Batería de jazz. Materias Instrumento/voz (acordeón). Instrumento/voz (arpa). Instrumento/voz (baixo eléctrico). Instrumento/voz (batería de jazz).

Suplemento en lingua galega ao núm. 143 Sábado 15 de xuño de 2013 Sec. I. Páx. 7 Especialidades Canto flamenco. Canto. Canto de jazz. Clarinete. Clave. Composición. Composición de jazz. Concertación. Contrabaixo. Contrabaixo de jazz. Dirección de coro. Dirección de orquestra. Dulzaina. Escena lírica. Etnomusicoloxía. Fagot. Flabiol i tamborí. Flamencoloxía. Frauta de pico. Frauta travesa. Gaita. Materias Instrumento/voz (canto flamenco). Instrumento/voz (canto). Instrumento/voz (canto de jazz). Instrumento/voz (clarinete). Instrumento/voz (clave). Linguaxes e técnica da música. Composición e instrumentación. Linguaxes e técnica da música. Composición e instrumentación. Instrumento/voz (contrabaixo). Instrumento/voz (contrabaixo de jazz). Técnica da dirección. Técnica da dirección. Instrumento/voz (dulzaina). Cultura, pensamento e historia. Métodos e fontes para a investigación. Notación, transcrición e interpretación de documentos musicais. Instrumento/voz (fagot). Instrumento/voz (flabiol i tamborí). Cultura, pensamento e historia. Métodos e fontes para a investigación. Notación, transcrición e interpretación de documentos musicais. Teoría musical do flamenco. Instrumento/voz (frauta de pico). Instrumento/voz (frauta travesa). Instrumento/voz (gaita).

Suplemento en lingua galega ao núm. 143 Sábado 15 de xuño de 2013 Sec. I. Páx. 8 Guitarra. Especialidades Guitarra eléctrica. Guitarra flamenca. Historia da música. Improvisación e acompañamento. Instrumentos de corda pulsada do Renacemento e do Barroco. Instrumentos de puga. Instrumentos de vento de jazz. Instrumentos históricos de corda fregada. Instrumentos históricos de tecla. Instrumentos históricos de vento. Materias Instrumento/voz (guitarra). Instrumento/voz (guitarra eléctrica). Instrumento/voz (guitarra flamenca). Cultura, pensamento e historia. Métodos e fontes para a investigación. Linguaxes e técnica da música. Instrumento/voz (instrumentos de corda pulsada do Renacemento e do Barroco). Instrumento/voz (instrumentos de puga). Instrumento/voz (instrumentos de vento de jazz). Instrumento/voz (instrumentos históricos de corda fregada). Instrumento/voz (instrumentos históricos de tecla). Instrumento/voz (instrumentos históricos de vento). Lingua alemá. * Lingua francesa. * Lingua inglesa. * Lingua italiana. * Música de cámara. Cultura, pensamento e historia. Métodos e fontes para a investigación. Musicoloxía. Notación, transcrición e interpretación de documentos musicais. Instrumento/voz (óboe). Óboe. Instrumento/voz (órgano). Órgano. Fundamentos de pedagoxía. Didáctica da educación musical. Pedagoxía. Linguaxes e técnica da música. Organización educativa. Instrumento/voz (percusión). Percusión. Instrumento/voz (piano). Piano.

Suplemento en lingua galega ao núm. 143 Sábado 15 de xuño de 2013 Sec. I. Páx. 9 Especialidades Produción e xestión de música e artes escénicas. Repertorio con piano para instrumentos. Repertorio con piano para voz. Saxofón. Teclados/piano jazz. Tecnoloxía musical. Tenora i tible. Trombón. Trompa. Trompeta. Tuba. Txistu. Viola. Viola da gamba. Violín. Violoncello. Materias Produción. Comunicación, promoción e representación. Lexislación. Xestión económica. Produción e xestión. Instrumento/voz. Instrumento/voz. Instrumento/voz (saxofón). Instrumento/voz (teclados/piano jazz). Tecnoloxía musical. Tecnoloxías aplicadas. Formación técnica específica. Linguaxes e técnicas da música. Acústica. Percepción crítica. Instrumento/voz (tenora i tible). Instrumento/voz (trombón). Instrumento/voz (trompa). Instrumento/voz (trompeta). Instrumento/voz (tuba). Instrumento/voz (txistu). Instrumento/voz (viola). Instrumento/voz (viola da gamba). Instrumento/voz (violín). Instrumento/voz (Violoncello). * Disciplinas e materias referidas aos plans de estudos das diferentes administracións educativas.

Suplemento en lingua galega ao núm. 143 Sábado 15 de xuño de 2013 Sec. I. Páx. 10 b) Materias que impartirá o corpo de catedráticos de música e artes escénicas nos estudos superiores de Danza establecidos no artigo 54 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación Especialidades Materias Análise e práctica do repertorio do Análise e práctica das obras coreográficas e do repertorio. baile flamenco. Análise e práctica do repertorio da Análise e práctica das obras coreográficas e do repertorio. danza clásica. Análise e práctica do repertorio da Análise e práctica das obras coreográficas e do repertorio. danza contemporánea. Análise e práctica do repertorio da Análise e práctica das obras coreográficas e do repertorio. danza española. Baile flamenco. Didáctica e metodoloxía para o ensino da danza. Ciencias da saúde aplicadas á Ciencias da saúde aplicadas á danza. danza. Ferramentas de creación. Técnicas de composición coreográfica e de improvisación. Composición coreográfica. Sistemas e ferramentas de creación. Danza clásica. Didáctica e metodoloxías para o ensino da danza. Danza contemporánea. Didáctica e metodoloxías para o ensino da danza. Didáctica e metodoloxías para o ensino da danza. Danza educativa. Danza española. Didáctica e metodoloxías para o ensino da danza. Escenificación e dramaturxia. Escenificación aplicada á danza. Historia da danza e humanidades. Historia da danza. Psicopedagoxía da danza. Psicopedagoxía e xestión Organización, xestión e elaboración de proxectos educativos. educativa. Produción e xestión de música e Organización, xestión e elaboración de proxectos artísticos. artes escénicas. Tecnoloxías aplicadas á danza. Tecnoloxías aplicadas á danza. ANEXO IV Materias dos estudos superiores de Música e de Danza establecidos no artigo 54 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que pode impartir o corpo de profesores de música e artes escénicas a) Materias vinculadas aos estudos de Música Especialidade Fundamentos de composición. Linguaxe musical. Materia Linguaxes e técnicas da música. Linguaxes e técnicas da música.

Suplemento en lingua galega ao núm. 143 Sábado 15 de xuño de 2013 Sec. I. Páx. 11 Especialidade Acordeón. Arpa. Baixo eléctrico. Canto flamenco. Canto. Clarinete. Clave. Contrabaixo. Dulzaina. Fagot. Flabiol i tamborí. Frauta travesa. Frauta de pico. Gaita. Guitarra. Guitarra eléctrica. Guitarra flamenca. Instrumentos de corda pulsada do Renacemento e do Barroco. Instrumentos de puga. Óboe. Órgano. Percusión. Piano. Saxofón. Tenora i tible. Trombón. Trompa. Trompeta. Tuba. Txistu. Viola. Viola da gamba. Violín. Violoncello. Materia b) Materias vinculadas aos estudos de danza Especialidade Materia Canto flamenco. * Danza española. Danza clásica. Danza contemporánea. Flamenco. Guitarra flamenca. * Linguaxe musical. Música e linguaxes sonoras aplicadas á danza. Piano. * Repertorio con piano para danza. * * Determinarana as administracións educativas. http://www.boe.es BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO D. L.: M-1/1958 - ISSN: 0212-033X