ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Poboación

Documentos relacionados
INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Informe Mensual do Paro Rexistrado:

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Informe Mensual do Paro Rexistrado:

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

MAPA DE RECURSOS: Oficinas de Emprego, Puntos de Información Multimedia e Entidades Colaboradoras en Captación de Ofertas

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Informe Mensual do Paro Rexistrado:

Informe sobre os fogares compostos por persoas maiores de 64 anos.

MAPA DE RECURSOS: Recursos para a Atención de Persoas con Discapacidade/Diversidade Funcional

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

Lixeiro crecemento da poboación no período , favorecido pola chegada de inmigrantes

Os maiores e as TIC ANO 2011

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

MAPA DE RECURSOS: Oficinas da Seguridade Social e da Axencia Tributaria

A densidade de poboación (hab./km2) é un indicador demográfico que serve para comparar o volume de poboación entre territorios.

A LONGO PRAZO, GALICIA SÓ PODERÁ MANTER O ACTUAL NÚMERO DE HABITANTES SE SE DAN SALDOS MIGRATORIOS DE GRAN MAGNITUDE

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

O ESTADO DA POBREZA SEGUIMENTO DO INDICADOR DE RISCO DE POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL EN GALICIA

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Axentes de Emprego e AEDLs

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE MEAÑO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. febreiro 2010

Elabora: Instituto Galego das Cualificacións Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Emprego e Formación

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE RIBADUMIA. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. febreiro 2010

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

Informe mensual do paro rexistrado. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xullo de 2009 PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO SALNÉS

MAPA DE RECURSOS: Emprendemento e Orientación

XORNADA TÉCNICA: IGUALDADE DE XÉNERO NO ÁMBITO LABORAL: PLANS DE IGUALDADE.

Informe mensual do paro rexistrado

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

Movementos naturais da poboación. Dinámicas demográficas actuais: movemento natural da poboación. - Movementos migratorios (1990 á actualidade)

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

Pacto Territorial de Emprego do Salnés [INFORME DE SINISTRALIDADE LABORAL]

Informe mensual do paro rexistrado

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE MEAÑO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

MAPA DE RECURSOS: Emprendemento e Orientación

Informe Sobre as Necesidades do Solo Empresarial en Barbanza-Noia ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA

DISTRIBUCIÓN POR SEXOS NOS ÓRGANOS DE GOBERNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO. Ano Unidade de Igualdade Ano

INFORME DE RESULTADOS Plan anual de avaliación 2010

A SINIESTRALIDADE NAS ESTRADAS.

Informe sobre o financiamento de ONGs

ESTADÍSTICAS PLAN LOCAL DE XESTIÓN RESIDUOS (2014)

E DAS PERSOAS RESIDENTES NO CONCELLO DA CORUÑA

MAPA DE RECURSOS: Rexistros e Notarías

Datos básicos sobre a evolución do galego

INFORME SOBRE AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Poboación e sociedade. Unión Europea, España e Galicia

economíasocial 2.4. As fontes estatísticas empregadas para a análise da economía social son, fundamentalmente,

Informe mensual do paro rexistrado. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. xaneiro 2010 PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO SALNÉS

Consumo de Drogas e Uso Problemático de Internet entre os adolescentes de SANTIAGO DE COMPOSTELA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE SANXENXO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. decembro 2009

Tema 14.- A poboación de España e de Galicia.

BARÓMETRO. das MIGRACIÓNS GALICIA 2012

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE VALGA. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. decembro 2009

Tema 10.- A poboación española.

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

A POBOACIÓN I. DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN

Viveiro de Empresas do Concello de Riveira.

Rúa Atalaia nº Porto do Son (A Coruña) CIF: P B Tlfno: Fax: ADHESIÓN REDE EUSUMO CONCELLO DE PORTO DO SON

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

INFORME SOBRE O NIEPI (NÚMERO DE INTERRUPCIÓNS EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011

INFORME SOBRE O TIEPI (TEMPO DE INTERRUPCIÓN EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011

OE 1.4. Atención ao benestar social

Curso Traballo Social e Demencias

- Exclusión da tributación de todas as herdanzas inferiores a

CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DA SAÚDE, BENESTAR E VIDA

A Responsabilidade Social Empresarial nas Empresas TIC de Galicia. Edición 2016

Enquisa igualdade para a población eumesa

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

PROBA B (ORAL) CADERNO DO PERSOAL EXAMINADOR

Resumo da elaboración I PLAN DE IGUALDADE DO CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO

A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DE ENERXÍA, MEDIOAMBIENTE E SERVIZOS

C.-OS ELEMENTOS HUMANOS

Memoria 2010 Plan de Inclusión Social. Concello de Santiago de Compostela Concellería de Benestar Social Equipo de inclusión

INSTRUCIÓNS COMPLEMENTARIAS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN DO PLAN CONCERTADO 2010

FICHAS DOS COLECTIVOS NO MERCADO LABORAL GALEGO

Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia

CUESTIONARIO PARA O SECTOR CIENCIA-COÑECEMENTO-CREATIVO DO SECTOR SAÚDE, BENESTAR E VIDA

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

Informe climatolóxico ano 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO ANO 2008

INFORME SOBRE O EPISODIO DE SECA

Estudo das necesidades das persoas maiores de 65 anos que viven soas

Informe Semestral do Número de Afiliados: ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA

COMPLEMENTO POR MATERNIDADE NAS PENSIÓNS CONTRIBUTIVAS DA SEGURIDADE SOCIAL

Programa I. Promoción do emprego autónomo (TR341J)

TEMA 8: OS ESPAZOS DO SECTOR PRIMARIO

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

GUÍA PARA FACER BUSCAS DE NORMATIVA MINERVA

Actuacións Municipais en Materia. de Envellecemento Activo: Galicia Norte de Portugal

INDUSTRIA 4.0. PROXECTO DE CAPACITACIÓN EN TECNOLOXÍAS, METODOLOXÍAS OU TÉCNICAS RELACIONADAS COA. Organiza:

PROGRAMAS DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA PARA O FOMENTO DA EDUCACIÓN AMBIENTAL NA ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA

As mulleres no Sector TIC. Ano 2017

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Marzo Nº Var. Int. 18/17

AS SECCIÓNS BILINGÜES A IMPLANTACIÓN DO PORTUGUÉS NO ENSINO REGRADO GALEGO

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Transcripción:

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO Poboación

- 1 -

POBOACIÓN -2-

- 3 -

4. Poboación 4.1 Introdución... 6 4.2 Poboación Absoluta... 6 4.3 Densidade de Poboación... 8 4.4 Estrutura da Poboación por Sexo e Idade... 10 4.5 Movementos Naturais... 14 4.5.1 Nacementos... 14 4.5.2 Defuncións... 15 4.6 Índices Demográficos... 16 4.6.1 Índice de Envellecemento... 16 4.6.2 Índice de Sobreenvellecemento... 16 4.6.3 Índices de Dependencia... 17 4.6.3.1 Índice de Dependencia Global... 17 4.6.3.2 Índice de Dependencia Xuvenil... 17 4.6.3.3 Índice de Dependencia Senil... 18 4.6.4 Índice de Recambio... 18 4.7 Movementos de Poboación... 19 4.7.1 Poboación Inmigrante... 19 4.7.2 Poboación Emigrante... 21 4.7.3 Saldos Migratorios... 24 4.7.4 Poboación Residente e Vinculada... 26 4.8 Nivel Académico... 27-4 -

4.9 Poboación Perceptora de Prestación Non Contributiva por Invalidez... 31 4.10 Poboación Estimada a Longo Prazo... 32 4.11 Conclusións... 33 4.12 DAFO... 35-5 -

4.1 Introdución Neste apartado exponse a análise realizada sobre a dinámica da poboación no territorio no período 2000-2008. Ao longo das páxinas que seguen abórdase a evolución e distribución da poboación, a densidade e índices de dispersión, para logo pasar á estrutura por idade e sexo, o saldo vexetativo e distintos índices; a continuación trátanse os movementos migratorios e o nivel de instrución do conxunto da poboación (datos 2001), para rematar cunha breve análise da poboación perceptora de prestación non contributiva de invalidez, co obxecto de obter unha aproximación ao número de persoas con discapacidade. 4.2 Poboación Absoluta: Evolución e Distribución Municipal A área territorial do Pacto ten unha poboación no ano 2008 de 103.641 habitantes. En Galicia só o 4,8% son concellos con menos de 1.000 habitantes, pero na provincia de A Coruña non hai ningún destas características. No Pacto só un concello está por baixo dos 5.000 habitantes (Lousame), mentres os demais están situados entre 5.000 e 20.000, agás Riveira que supera esas cifras. Como veremos máis adiante, son os municipios con maior poboación os que máis creceron no período 2000-2008. (Ver anexo 1). EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN 2000-2008 ÁREA 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Variac % 2000-08 GALICIA 2.731.900 2.732.926 2.737.370 2.751.094 2.750.985 2.762.198 2.767.524 2.772.533 2.784.169 1,91% CORUÑA 1.108.419 1.108.002 1.111.886 1.120.814 1.121.344 1.126.707 1.129.141 1.132.792 1.139.121 2,77% PACTO 103.888 103.615 103.069 103.389 102.981 103.202 103.130 103.349 103.641-0,24% Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE. Na táboa anterior apréciase como a poboación no territorio casen non varía, pero facendo unha análise a nivel de concellos vemos que 5 dos 8 perden poboación, perda especialmente importante en Outes e Lousame. Pola contra, temos 3 concellos que gañan poboación, entre os que destaca Boiro. (Ver Anexo 1). Para un mellor coñecemento da evolución e distribución da poboación faremos unha breve análise da súa dinámica por parroquias no período 2000-2008. - 6 -

Na táboa que aparece máis abaixo achéganse os datos de variación das parroquias do Pacto que gañaron poboación nos últimos nove anos. Podemos confirmar así a consolidación dunha tendencia iniciada na segunda metade do século pasado, xa apuntada por investigadores como Pedro García Vidal 1 para a comarca de Muros-Noia, e que é constatable en todo o Pacto: A progresiva concentración de poboación en parroquias costeiras e, de modo moi significativo, nas cabeceiras municipais, vinculada a un abandono das actividades agrogandeiras e á demanda de mellores servizos e maior accesibilidade ao emprego. PARROQUIAS CON AUMENTO DE POBOACIÓN ÁREA 2000 2008 Variac % 2000-08 AGUIÑO 2.903 2.941 1% ARGALO 892 952 7% BOIRO 7.342 8.711 19% GOIÁNS 1.390 1.461 5% NOIA 7.253 8.294 14% POBRA DO C. 4.241 4.530 7% RIANXO 4.241 4.590 8% RIVEIRA 12.900 14.402 12% Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do INE. 1 Entre as obras deste autor, cabe reseñar: GARCÍA VIDAL, P. (1989): Noia: Xeografía urbana e área de influencia. - 7 -

4.3 Densidade de Poboación Na seguinte táboa amósase a evolución da densidade de poboación do Pacto: DENSIDADE DE POBOACIÓN ÁREA 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 GALICIA 92 92 93 93 93 93 94 94 94 CORUÑA 139 139 140 141 141 142 142 143 143 PACTO 182 181 180 181 180 181 180 181 181 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE. Como podemos apreciar, a densidade de poboación está moi próxima a duplicar a de Galicia e supera nun 26% á da provincia de A Coruña, tendencia que se mantén de xeito histórico. A densidade mantense de xeito estable ao longo do período temporal estudado. O que se observa dentro da área do Pacto é unha gran diferenza en función do concello do que falemos, xa que temos 2 extremos moi marcados: por un lado Noia, cunha densidade de poboación de 399,9 hab/km 2 e, por outro, Lousame, cunha densidade de 39,6 hab/km 2. Isto pode deberse ás características do concello en cuestión: concello interior, de gran tamaño (concretamente 93,6 km 2, mentres que Noia ten 37,2 km 2 ) con grande dispersión xeográfica (7 parroquias, que se dividen en 82 entidades de poboación) e unha marcada orografía. O seguinte concello con menor densidade de poboación é Outes, con 75,7 hab/km 2. Para avanzar no coñecemento da distribución da poboación no territorio podemos observar na táboa seguinte a cantidade de núcleos de poboación de todo o ámbito do Pacto: ÁREA UNIDADES POBOACIONAIS PARROQUIAS UNIDADES POBOACIONAIS BOIRO 8 115 LOUSAME 7 74* NOIA 6 105 OUTES 10 153 POBRA DO C. 5 100 PORTO DO SON 10 145 RIANXO 6 90 RIVEIRA 9 81 PACTO 61 863 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Nomenclátor. INE. * No Nomenclátor figuran 74 pero na web do concello cítanse 82. - 8 -

Relacionado con isto estudamos tamén os índices de dispersión da poboación dos municipios que forman o Pacto: ÍNDICE DE DISPERSIÓN MUNICIPAL CONCELLO ÍNDICE BOIRO 66,26 NOIA 46,45 OUTES 129,91 POBRA DO C. 54,4 PORTO DO SON 113,48 RIANXO 62,56 RIVEIRA 44,82 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do INE. A dispersión mídese por rangos: entre 1 e 10 indica dispersión mínima, entre 10 e 100, dispersión media, e máis de 100, dispersión máxima. Polo tanto, á vista dos datos, teriamos 2 concellos con dispersión máxima, que serían Outes e Porto do Son, movéndose o resto dos concellos móvense no rango de dispersión media. Na táboa non se incluíu o concello de Lousame, xa que nel a poboación está asentada en 82 entidades e carece dun núcleo urbano de poboación como tal. Este sería realmente o concello con maior dispersión. - 9 -

4.4 Estrutura da Poboación por Sexo e Idade Dúas variables, sexo e idade, teñen manifestado unha importante transformación na estrutura da poboación no último século. Aquí só analizaremos o período 2000-2008. Atendendo á seguinte táboa, tanto a poboación como a súa composición por sexos permanece estable. POBOACIÓN DO PACTO SEXO 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Homes 50.390 50.236 49.972 50.257 50.034 50.129 50.124 50.274 50.479 Mulleres 53.498 53.379 53.097 53.132 52.947 53.073 53.006 53.075 53.162 Total 103.888 103.615 103.069 103.389 102.981 103.202 103.130 103.349 103.641 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE. 120.000 100.000 POBOACIÓN ÁREA PACTO Nº habitantes 80.000 60.000 40.000 20.000 0 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Total Homes Mulleres Anos A continuación presentamos os pesos relativos de poboación tamén desagregados por xénero: POBOACIÓN POR SEXO % SEXO 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Homes 48,50 48,48 48,48 48,61 48,59 48,57 48,60 48,64 48,71 Mulleres 51,50 51,52 51,52 51,39 51,41 51,43 51,40 51,36 51,29 Total 100 100 100 100 100 100 100 100 100 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE. Os resultados indican unha maior porcentaxe de mulleres. Na análise de idades dende unha visión de conxunto do Pacto atopamos que, en termos xerais, a idade media do Pacto é 1 ano inferior á da provincia, e, aproximadamente, 1 ano e medio inferior á de Galicia. Neste caso non se aprecian diferenzas significativas entre homes e mulleres, xa que se mantén a mesma tendencia que a nivel da Comunidade Autónoma e da provincia; as mulleres teñen unha idade media máis alta que a dos homes, xa que en xeral son máis lonxevas. (Ver anexo 7). - 10 -

IDADE MEDIA PERÍODO GALICIA PERÍODO CORUÑA PERÍODO PACTO Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres 2000 42,4 40,7 44 2000 41,9 40,2 43,5 2000 40,65 38,9 42,29 2001 42,8 41,1 44,4 2001 42,4 40,7 44 2001 41,09 39,39 42,73 2002 43,1 41,4 44,7 2002 42,7 41 44,3 2002 41,48 39,81 43,09 2003 43,3 41,6 44,9 2003 42,9 41,2 44,5 2003 41,78 40,09 43,36 2004 43,6 41,9 45,2 2004 43,2 41,5 44,8 2004 42,13 40,41 43,74 2005 43,9 42,2 45,5 2005 43,5 41,8 45,1 2005 42,39 40,71 43,96 2006 44,1 42,4 45,7 2006 43,8 42,1 45,3 2006 42,73 41,01 44,32 2007 44,4 42,7 46 2007 44 42,3 45,6 2007 43,02 41,34 44,59 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE. O que cabe subliñar á vista dos datos é que ano a ano vai aumentando a idade media da poboación en todos os ámbitos territoriais, pasando no Pacto dos 40,65 anos no 2000 aos 43,02 no 2007. Presentamos a continuación as pirámides de poboación para seguir avanzando na análise por sexo e idade: PIRÁMIDE DE POBOACIÓN GALICIA 2008 85 anos e mais 80-84 anos 75-79 anos 70-74 anos 65-69 anos 60-64 anos 55-59 anos 50-54 anos 45-49 anos 40-44 anos 35-39 anos 30-34 anos 25-29 anos 20-24 anos 15-19 anos 10-14 anos 05-09 anos 0-4 anos 6 4 2 0 2 4 6 Homes Mulleres - 11 -

PIRÁMIDE DE POBOACIÓN A CORUÑA 2008 85 anos e máis 80-84 anos 75-79 anos 70-74 anos 65-69 anos 60-64 anos 55-59 anos 50-54 anos 45-49 anos 40-44 anos 35-39 anos 30-34 anos 25-29 anos 20-24 anos 15-19 anos 10-14 anos 5-9 anos 0-4 anos 6 4 2 0 2 4 6 Homes Mulleres PIRÁMIDE DE POBOACIÓN PACTO 2008 85 anos e máis 80-84 anos 75-79 anos 70-74 anos 65-69 anos 60-64 anos 55-59 anos 50-54 anos 45-49 anos 40-44 anos 35-39 anos 30-34 anos 25-29 anos 20-24 anos 15-19 anos 10-14 anos 05-09 anos 0-4 anos 6 4 2 0 2 4 6 Homes Mulleres Á vista das pirámides, constatamos que as tres presentan unha forma de pirámide regresiva, propia dos países desenvolvidos, cunha poboación envellecida que non garante o relevo xeracional. Como se pode observar, no cumio das pirámides do ano 2008 a porcentaxe de mulleres é superior á de homes, mentres nas bases esa disparidade vese moi atenuada; mesmo hai maior número de nenos que de nenas. Nos tramos de poboación en idade laboral dos 16 aos 64 anos - apréciase unha maior paridade. A continuación presentamos as gráficas da evolución da poboación no Pacto no período 2000-2008 segundo tramos de idade e sexo a partir de valores absolutos: - 12 -

EVOLUCIÓN POR SEXO DA POBOACIÓN DE 0-15 ANOS NO PERÍODO 2000-2008 8.500 Nº PERSOAS 8.000 7.500 7.000 6.500 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 ANOS HOMES MULLERES Vemos que o total de poboación de 0 a 15 anos diminúe en termos absolutos; con todo, a fenda entre homes e mulleres ten tendencia a aumentar. EVOLUCIÓN POR SEXO DA POBOACIÓN DE 16 A 64 ANOS NO PERÍODO 2000-2008 Nº PERSOAS 35.000 34.500 34.000 33.500 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 ANOS HOMES MULLERES No caso da poboación en idade laboral obsérvase unha marcada simetría ao longo do período. Tanto a nivel provincial como autonómico, no tramo de idade que comprende ata os 16 anos o número de homes supera ao de mulleres; a partir desta idade as mulleres superan aos homes, polo que se constata que o Pacto ten unha tendencia de poboación a nivel de xénero, contraria ao resto do territorio. total: Imos ver o peso que ten a poboación masculina de ditos rangos de idade sobre a poboación PESO DOS HOMES MENORES DE 16 ANOS NA POBOACIÓN TOTAL (%) ÁREA 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 GALICIA 6,81 6,58 6,47 6,41 6,36 6,32 6,28 6,28 6,27 CORUÑA 6,74 6,46 6,4 6,34 6,28 6,24 6,21 6,23 6,24 PACTO 7,68 7,48 7,36 7,27 7,19 7,07 7 6,97 6,94 PESO DOS HOMES DE 16 A 64 ANOS NA POBOACIÓN TOTAL (%) ÁREA 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 GALICIA 32,92 32,96 32,91 32,95 33,01 33,1 33,04 33,02 33,03 CORUÑA 33,57 33,63 33,5 33,51 33,54 33,59 33,48 33,39 33,36 PACTO 33,6 33,47 33,32 33,4 33,41 33,5 33,44 33,34 33,34 Fonte: Elaboración propia. Sobre todo no tramo ata os 16 anos, a poboación masculina ten máis peso no Pacto que na provincia ou Galicia. - 13 -

4.5 Movementos Naturais Centrarémonos agora nos movementos naturais de poboación: nos nacementos e defuncións. Nun terceiro subapartado faremos referencia aos índices demográficos de envellecemento, sobreenvellecemento, dependencia e recambio. 4.5.1 Nacementos Na seguinte táboa reflíctese o total de nacementos por ano segundo ámbito territorial: PERÍODO NACEMENTOS TOTAL HOMES MULLERES GALICIA CORUÑA PACTO GALICIA CORUÑA PACTO GALICIA CORUÑA PACTO 2000 19.418 7.943 860 10.052 4.137 444 9.366 3.806 416 2001 19.361 7.956 802 9.955 4.047 404 9.406 3.909 398 2002 19.327 7.866 785.9987 4.053 403 9.340 3.813 382 2003 20.423 8.326 846 10.539 4.318 426 9.884 4.008 420 2004 20.621 8.546 892 10.652 4.451 458 9.969 4.095 434 2005 21.097 8.816 841 10.867 4.531 447 10.230 4.285 394 2006 21.392 8.985 832 11.075 4.645 418 10.317 4.340 414 2007 21.670 8.979 828 11.173 4.649 441 10.497 4.330 387 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE. Por número de nacementos atopamos que mentres en Galicia e na provincia prodúcese un aumento continuado da natalidade ano a ano, pasando de 19.418 e 7.943 nacementos no 2000 a 21.670 e 8.985 respectivamente no 2007 aínda que na provincia ten lugar un cambio de tendencia precisamente nese último ano - no ámbito do Pacto a natalidade diminuíu dende os 860 nacementos no 2000 a 828 no 2007. Só no 2004 superou a cifra do ano 2000, observándose un decrecemento continuado dende aquela data. Desagregando os nacementos por sexos: NACEMENTOS PERÍODO % HOMES % MULLERES GALICIA CORUÑA PACTO GALICIA CORUÑA PACTO 2000 51,77 52,08 51,63 48,23 47,92 48,37 2001 51,42 50,87 50,37 48,58 49,13 49,63 2002 51,67 51,53 51,34 48,33 48,47 48,66 2003 51,60 51,86 50,35 48,40 48,14 49,65 2004 51,66 52,08 51,35 48,34 47,92 48,65 2005 51,51 51,40 53,15 48,49 48,60 46,85 2006 51,77 51,70 50,24 48,23 48,30 49,76 2007 51,56 51,78 53,26 48,44 48,22 46,74 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE. No período que se está a estudar, sempre naceron máis homes que mulleres nos tres territorios, sendo no 2005 e 2007 cando a porcentaxe de neonatos varóns supera no Pacto o 53%, porcentaxe superior ao acadado en Galicia e na provincia en calquera ano do período. - 14 -

4.5.2 Defuncións En canto ás defuncións, o dato máis salientable é que estas superan todos os anos o número de nacementos nos tres ámbitos territoriais. PERÍODO DEFUNCIÓNS TOTAL HOMES MULLERES GALICIA CORUÑA PACTO GALICIA CORUÑA PACTO GALICIA CORUÑA PACTO 2000 28.858 11.028 960 14.716 5.602 483 14.142 5.426 477 2001 28.300 10.926 970 14.396 5.580 482 13.904 5.346 488 2002 28.353 10.818 1.032 14.503 5.492 500 13.850 5.326 532 2003 29.805 11.665 1.052 15.045 5.896 531 14.760 5.769 521 2004 28.540 11.292 1.055 14.668 5.798 529 13.872 5.494 526 2005 29.383 11.463 1.062 15.015 5.889 573 14.368 5.574 489 2006 29.389 11.403 1.057 14.939 5..751 529 14.450 5..652 528 2007 29.799 11.750 1.041 15.251 5.954 531 14.548 5.796 510 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE. O saldo indica que as defuncións superaron en 1.543 aos nacementos no Pacto no total do período 2000-2007. A continuación achegamos, a modo de resumo, a seguinte táboa con datos porcentuais referidos á poboación total de cada territorio: % SOBRE A POBOACIÓN TOTAL PERÍODO DEFUNCIÓNS NACEMENTOS GALICIA CORUÑA PACTO GALICIA CORUÑA PACTO 2000 1,06 0,99 0,92 0,71 0,72 0,83 2001 1,04 0,99 0,94 0,71 0,72 0,77 2002 1,04 0,97 1,00 0,71 0,71 0,76 2003 1,08 1,04 1,02 0,74 0,74 0,82 2004 1,04 1,00 1,02 0,75 0,76 0,87 2005 1,06 1,02 1,03 0,76 0,78 0,81 2006 1,06 1,01 1,02 0,77 0,79 0,81 2007 1,07 1,04 1,01 0,78 0,79 0,80 Fonte: Elaboración propia. Cabe comentar que a porcentaxe de nacementos no Pacto sobre o total da súa poboación é sempre lixeiramente superior á que se dá en Galicia ou na provincia, mentres que no caso das defuncións prodúcese a situación inversa respecto á Comunidade Autónoma. - 15 -

4.6 Índices Demográficos Neste apartado analizaremos unha serie de índices que achegan información sobre a situación do Pacto no que se refire ao envellecemento, dependencia e recambio da poboación. (Ver anexo 8). 4.6.1 Índice de Envellecemento O Índice de Envellecemento pode definirse como a relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos. ÍNDICE DE ENVELLECEMENTO ÁREA 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 GALICIA 108,70 116,30 121,90 125,60 128,30 130,40 133,50 135,20 CORUÑA 102,20 110,50 115,80 119,70 122,70 124,90 128,10 130,00 PACTO 88,97 95,43 101,50 105,60 108,00 110,60 115,30 117,70 Fonte: Elaboración propia. O ideal neste índice é que sexa máis baixo de 100, e canto menor sexa mellor, xa que indicaría un bo recambio xeracional. O que vemos é que este índice é superior a 100, o cal non é un bo dato, pero comparándoa con Galicia e coa provincia, a situación do Pacto é mellor. Se procedemos a unha análise por concellos teriamos que, historicamente, no período analizado hai 2 concellos que se manteñen por debaixo de 100: Boiro e Riveira. Como contrapunto estarían Lousame e Outes, onde a poboación de máis de 64 anos aproximadamente duplica a de menos de 20, un dato moi negativo para garantir o relevo xeracional. 4.6.2 Índice de Sobrenvellecemento O Índice de Sobreenvellecemento é a relación entre a poboación maior de 84 anos e a poboación maior de 64 anos. Ao igual que no caso anterior, a situación do Pacto, aínda que non é boa, é mellor que a do resto do territorio de comparación. ÍNDICE DE SOBREENVELLECEMENTO ÁREA 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 GALICIA 11,70 11,90 11,90 12,00 12,40 12,70 13,00 13,30 CORUÑA 11,00 11,20 11,20 11,30 11,60 11,80 12,30 12,50 PACTO 10,85 11,02 10,94 10,74 11,14 11,10 11,57 11,80 Fonte: Elaboración propia. - 16 -

4.6.3 Índice de Dependencia Para unha mellor análise deste índice imos ver primeiramente o Índice de Dependencia Global e a continuación o Índice de Dependencia Xuvenil e Senil. 4.6.3.1 Índice de Dependencia Global Definimos o Índice de Dependencia como a relación entre os grupos de poboación economicamente dependentes e o grupo de poboación potencialmente activa. ÍNDICE DE DEPENDENCIA GLOBAL ÁREA 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 GALICIA 64,00 63,20 62,70 62,00 61,10 60,20 60,20 60,10 CORUÑA 60,30 59,30 59,20 58,50 57,70 56,80 57,00 57,00 PACTO 65,23 64,47 63,92 63,01 62,24 61,02 61,16 61,56 Fonte: Elaboración propia. Neste caso ante unha primeira ollada aos datos, podemos interpretar que a nosa situación é peor. De todos os xeitos, se procedemos a analizar os dous compoñentes da dependencia, atopámonos cunha sorpresa: 4.6.3.2 Índice de Dependencia Xuvenil O Índice de Dependencia Xuvenil é a relación entre a poboación nova e a poboación potencialmente activa. ÍNDICE DE DEPENDENCIA XUVENIL ÁREA 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 GALICIA 30,70 29,20 28,30 27,50 26,80 26,10 25,80 25,50 CORUÑA 29,80 28,20 27,40 26,60 25,90 25,30 25,00 24,80 PACTO 34,78 33,29 32,05 31,00 30,31 29,39 28,94 28,82 Fonte: Elaboración propia. Neste caso o positivo é que o índice sexa alto, xa que implica unha maior poboación moza, co cal podemos dicir que a situación do Pacto é mellor que a da provincia e a da Comunidade Autónoma. Se facemos a análise por concellos, de novo atopariamos que a mellor situación é a de Riveira, seguida de Boiro,mentres que a peor sería a de Outes. - 17 -

4.6.3.3 Índice de Dependencia Senil A relación entre a poboación maior e a poboación potencialmente activa é o que coñecemos como Índice de Dependencia Senil. ÍNDICE DE DEPENDECIA SENIL ÁREA 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 GALICIA 33,30 34,00 34,50 34,50 34,30 34,00 34,40 34,50 CORUÑA 30,40 31,20 31,80 31,90 31,80 31,60 32,00 32,20 PACTO 30,43 31,17 25,20 32,04 31,96 31,62 32,25 32,75 Fonte: Elaboración propia. Neste caso, o que interesa é que o dato sexa baixo, polo que tamén nos atopamos nunha mellor situación relativa. En canto á análise por concellos volveriamos a ter que a mellor situación é a de Riveira, seguida de Boiro; no caso oposto estaría Lousame, cos índices máis elevados neste apartado. En conclusión, en contra do que poderiamos pensar, que o índice de dependencia global sexa superior ao de Galicia e ao de A Coruña, neste caso non é negativo, xa que se debe á influencia das novas xeración, o cal será positivo a medio prazo. 4.6.4 Índice de Recambio O Índice de Recambio é a relación entre a poboación entre 60 e 64 anos e a poboación entre 20 e 24 anos. Mide a capacidade dunha poboación para substituír os individuos que se van xubilando. O indicador é mellor canto máis afastado á baixa se atope de 100, xa que neste caso teríanse máis individuos para substituír aos que se van xubilar. ÍNDICE DE RECAMBIO DA POBOACIÓN ACTIVA ÁREA 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 GALICIA 66 66 65 67 76 85 93 102 109 CORUÑA 64 65 64 67 76 86 94 105 112 PACTO 58 60 61 62 72 82 89 98 101 Fonte: Elaboración propia. Así pois, o ideal para este índice é que sexa baixo, e sempre por debaixo de 100. Analizando a serie histórica atopámonos ante un dato preocupante: partindo dunha moi boa situación no 2000 (IR=58) chegamos en pouco tempo a estar por enriba de 100. Esta tónica é xeral, e comparativamente, o que podemos dicir é que a situación é mellor que a nivel da provincia e da Comunidade Autónoma. Se facemos a análise por sexos temos que no caso dos homes o índice mantense por debaixo de 100, mentres que na provincia e en Galicia xa se atopa por enriba. No caso das mulleres o IR é de 105. Estudando o índice por concellos atopamos a nivel global 3 concellos por debaixo de 100: Riveira (88), Boiro (93) e Pobra do Caramiñal (96). Por sexos, os homes mostran un IR de 80 en Riveira, 89 en Boiro e 91 na Pobra, e as mulleres baixan de 100 en Ribeira (95) e Boiro (98), mentres que neste caso Pobra mostra exactamente 100. Os datos críticos corresponderían a Outes e Lousame. - 18 -

4.7 Movementos de Poboación Comezaremos este apartado estudando a poboación inmigrante e emigrante para logo centrarnos nos saldos migratorios. 4.7.1 Poboación Inmigrante A poboación inmigrante medra en todos os concellos da área do Pacto, pero para unha mellor análise debemos estudar o peso da poboación inmigrante respecto á poboación total do territorio en cuestión. (Ver anexo 1). % DA POBOACIÓN INMIGRANTE SOBRE O TOTAL DA POBOACIÓN DO TERRITORIO % SOBRE O TOTAL POBOACIÓN POBOACIÓN INMIGRANTE PERÍODO PACTO TOTAL HOMES MULLERES % TOTAL % HOMES % MULLERES 2000 415 190 225 0,40% 0,38% 0,42% 2001 521 241 280 0,50% 0,48% 0,52% 2002 623 285 338 0,60% 0,57% 0,64% 2003 872 413 459 0,84% 0,82% 0,86% 2004 1.006 469 537 0,98% 0,94% 1,01% 2005 1.261 604 657 1,22% 1,20% 1,24% 2006 1.399 710 689 1,36% 1,42% 1,30% 2007 1.588 807 781 1,54% 1,61% 1,47% 2008 1.936 1.046 890 1,87% 2,07% 1,67% Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. Como podemos observar o peso da poboación foránea aumenta considerablemente no Pacto, xa que pasa dun 0,40% a un 1,87%. Se baixamos outro nivel e facemos a análise a nivel de concellos observamos, coma nos casos anteriores, grandes diferenzas; dende un peso da poboación foránea do 0,48% no caso de Lousame ata o 3,41% de Riveira. Neste caso Riveira despunta claramente sobre os outros concellos do Pacto, xa que o seguinte concello con grande peso da poboación foránea afástase bastante; Boiro cun 2%. (Para ver estes datos consultar o Anexo 1). Os datos da inmigración indícannos que o peso da poboación masculina estranxeira no noso territorio ten moita menos influencia que no resto de Galicia. - 19 -

Imos a analizar agora a distribución no territorio da poboación estranxeira: POBOACIÓN ESTRANXEIRA 2000-2008 2.000 1.800 1.600 1.400 2000 1.200 2001 1.000 2002 800 600 400 200 0 PACTO Boiro Lousame Noia Outes Pobra do Caramiñal Porto do Son Rianxo Riveira 2000 2002 2004 2008 2006 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Neste gráfico apréciase claramente o comentado con anterioridade; que a poboación inmigrante tende a aumentar, sendo o incremento especialmente importante no caso de Riveira. Os inmigrantes que chegan ao territorio do Pacto proceden fundamentalmente de América e Europa, máis concretamente de Chile (10,69% dos estranxeiros do Pacto), Perú (9,19%) e Portugal (11,62%). Destaca o feito de que, aínda non sendo un destino prioritario para a poboación africana, hai unha importante colonia de persoas procedentes de Marrocos (11,21%). Moi relevante é o feito de que o 68% de persoas destas nacionalidades aséntense nun único concello do Pacto: o concello de Riveira. - 20 -

4.7.2 Poboación Emigrante Vexamos agora o movemento da emigración por destino. Na seguinte táboa pode observarse a evolución da porcentaxe por destino respecto ao total de emigrantes segundo territorio. PERÍODO Emigración interna Á mesma provincia Á mesma comarca GALICIA A outra comarca da mesma provincia A outra provincia de Galicia Emigración externa A outra CCAA Ao estranxeiro 2000 72,41 59,27 32,23 27,05 13,13 27,59 27,59,,, 2001 72,70 58,98 31,38 27,60 13,71 27,30 27,30,,, 2002 69,54 57,11 30,70 26,41 12,43 30,46 24,88 5,58 2003 72,13 59,05 32,10 26,95 13,08 27,87 25,09 2,78 2004 71,68 58,66 32,44 26,22 13,02 28,32 25,27 3,05 2005 72,29 59,57 32,79 26,78 12,72 27,71 23,93 3,78 2006 71,52 58,51 32,19 26,32 13,01 28,48 24,08 4,40 2007 69,82 57,31 31,56 25,75 12,51 30,18 24,32 5,85 PERÍODO Emigración interna Á mesma provincia Á mesma comarca CORUÑA A outra comarca da mesma provincia A outra provincia de Galicia Emigración externa A outra CCAA Ao estranxeiro 2000 74,33 65,36 37,74 27,62 8,97 25,67 25,67,,, 2001 74,71 65,48 37,12 28,36 9,22 25,29 25,29,,, 2002 72,36 64,37 37,22 27,15 7,99 27,64 22,05 5,58 2003 74,47 65,74 37,99 27,75 8,73 25,53 22,65 2,88 2004 74,39 65,90 39,28 26,62 8,49 25,61 22,76 2,85 2005 74,62 65,90 39,44 26,46 8,72 25,38 21,47 3,91 2006 73,90 64,96 38,97 25,99 8,93 26,10 21,83 4,28 2007 72,94 64,47 37,92 26,54 8,47 27,06 22,01 5,05 PERÍODO Emigración Interna Á mesma provincia Á mesma comarca PACTO A outra comarca da mesma provincia A outra provincia de Galicia Emigración externa A outra CCAA Ao estranxeiro 2000 57,45 49,27 19,91 29,36 8,18 42,55 42,55,,, 2001 60,22 51,49 19,71 31,78 8,73 39,78 39,78,,, 2002 56,87 49,07 17,82 31,25 7,79 43,13 27,81 15,33 2003 60,65 49,72 18,09 31,63 10,93 39,35 28,42 10,93 2004 65,14 56,24 22,13 34,10 8,90 34,86 28,81 6,05 2005 67,40 56,97 21,93 35,04 10,43 32,60 24,95 7,65 2006 65,72 53,69 18,91 34,78 12,03 34,28 26,59 7,68 2007 65,52 55,73 23,58 32,15 9,79 34,48 26,46 8,02 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE. A emigración predominante no Pacto é a interna, ao igual que no resto do territorio estudado, pero presenta unha porcentaxe inferior á da provincia e á de Galicia. - 21 -

Dentro da emigración interna a poboación do Pacto móvese principalmente a outra comarca da mesma provincia, cando a tendencia global é que os movementos sexan dentro da mesma comarca. A emigración externa tiña ao principio do período de estudo moita máis importancia no Pacto que no resto do territorio, pero co paso dos anos esta fenda vaise reducindo. A equiparación prodúcese sobre todo nos movementos a outras comunidades autónomas, mentres que os movementos ao exterior teñen máis importancia no Pacto que no resto do territorio. Como se pode apreciar nas gráficas que seguen, o Pacto, respecto ao total da poboación, ten menos porcentaxe de emigración global que o resto do territorio no que nos englobamos. Isto acentúase sobre todo no que se refire á emigración interna, pero no tocante á emigración externa, comezamos o período cunha porcentaxe superior para ir reducíndose a diferenza, ata quedar ao final do estudo nuns niveis lixeiramente inferiores. Vexámolo graficamente: EVOLUCIÓN EMIGRACIÓN NO PERÍODO 2000-2007 4,00 3,50 3,00 2,50 2,00 1,50 1,00 0,50 0,00 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 Galicia A Coruña Pacto Anos EVOLUCIÓN EMIGRACIÓN INTERNA NO PERÍODO 2000-2007 3,00 2,00 1,00 0,00 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 Anos Galicia A Coruña Pacto EVOLUCIÓN EMIGRACIÓN EXTERNA NO PERÍODO 2000-2007 1,50 1,00 0,50 0,00 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 Anos Galicia A Coruña Pacto - 22 -

Os concellos que presentan unha maior porcentaxe de emigración sobre a poboación total son Porto do Son e Outes e, o que menos, Rianxo. EVOLUCIÓN DA EMIGRACIÓN POR CONCELLOS NO PERÍODO 2000-2007 3,50 3,30 3,10 2,90 2,70 2,50 2,30 2,10 1,90 1,70 1,50 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 Anos Boiro Lousame Noia Outes Pobra do Caramiñal Porto do Son Rianxo Riveira - 23 -

4.7.3 Saldos Migratorios O Pacto é receptor de persoas, pero ao mesmo tempo hainas que marchan da comarca cara outros territorios. Para velo graficamente representamos os saldos migratorios: 20.000 MIGRACIÓNS NO PERÍODO 2000-2008 Nº Persoas 15.000 10.000 5.000 0-5.000 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 Anos Pacto A Coruña Galicia Durante o período estudado, tanto Galicia como A Coruña presentan un saldo migratorio positivo, mentres que o Pacto perde poboación nos anos 2000, 2001 e 2003. Se collemos a comparativa de municipios comprobamos que isto débese fundamentalmente á influencia dos concellos de Outes, Porto de Son e Rianxo, xa que a incidencia do seu descenso poboacional é superior á do incremento que teñen os outros concellos con tendencia oposta (Boiro, Noia e Riveira). (Ver Anexos 5 e 6). SALDOS MIGRATORIOS POR CONCELLOS ÁREA 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 BOIRO 48-39 120 74 102 111 34 164 LOUSAME -56-25 -14 22 4 2-14 -9 NOIA -1-18 91 26 163 77 119 79 OUTES -48-66 -96-75 -88-46 -27-64 POBRA DO C. 14 1 28-44 -12 39-22 -10 PORTO DO SON -96-95 -27-130 -64 41-102 -60 RIANXO -113-8 -54 32-4 -194 32 79 RIVEIRA -34-69 65 57 265 162 167 167 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE. SALDO MIGRATORIO 300,00 200,00 Nº PERSOAS 100,00 0,00-100,00 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007-200,00-300,00 ANOS Boiro Lousame Noia Outes Pobra do Caramiñal Porto do Son Rianxo Riveira - 24 -

Así pois, durante o período estudado a poboación inmigrante medra de xeito moi significativo (o cal rexuvenece a poboación), como veremos a continuación. Se analizamos de maneira global a incidencia da poboación inmigrante en idade de traballar vemos que é maior en Galicia que no Pacto. SALDO MIGRATORIO NO ANO 2008 ÁREA TOTAL MENORES 65 ANOS GALICIA 19.583 18.747 95,73 CORUÑA 9.396 8.915 94,88 PACTO 378 356 94,18 % Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Atlas Socioeconómico de Galicia. Caixanova 2008. Con todo, se facemos a análise por tramos de idade, vemos que o peso da poboación de 0-14 anos ten maior importancia no Pacto que na provincia ou na Comunidade Autónoma. Ao suceder isto no tramo de menos idade contribúe a baixar a idade media. Este feito vantaxoso relativo á inmigración tamén sucede no tramo de 30-64 anos (que se relaciona con persoas que veñen con intención de traballar). ÁREA TOTAL SALDO MIGRATORIO NO ANO 2008 0-14 anos 15-29 anos 30-64 anos Nº % Nº % Nº % GALICIA 19.583 3.528 18,02 5.388 27,51 9.831 50,20 CORUÑA 9.396 1.609 17,12 2.698 28,71 4.608 49,04 PACTO 378 89 23,54 74 19,58 193 51,06 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Atlas Socioeconómico de Galicia. Caixanova 2008. - 25 -

4.7.4 Poboación Residente e Vinculada Pasamos agora a analizar a poboación residente e vinculada. Dentro dun concello, ademais da poboación de dereito (que é a que se extrae dos datos do censo) temos a poboación de feito, que estaría composta pola poboación de dereito máis a vinculada non residente. Esta poboación é importante, xa que a pesar de non estar censada está presente no territorio en cuestión. ÁREA POBOACIÓN RESIDENTE Total Homes Mulleres Españois Estranxeiros POBOACIÓN VINCULADA NON RESIDENTE (nun día medio do año) Por traballo, estudios, 2ª vivenda Por atracción comercial Por turismo Total dos 3 anteriores PACTO 103.130 50.124 53.006,00 101.731 1.399 8.015 0 1.991 10.007 Boiro 18.554 8.978 9.576 18.290 264 1.316 0 162 1.477 Lousame 3.798 1.805 1.993 3.785 13 149 0 62 212 Noia 14.702 7.027 7.675 14.542 160 1.420 0 199 1.619 Outes 7.751 3.697 4.054 7.713 38 299 0 68 367 Pobra do C. 10.001 4.807 5.194 9.909 92 820 0 137 957 Porto do Son 10.025 4.952 5.073 9.951 74 1.114 0 224 1.338 Rianxo 11.246 5.475 5.771 11.168 78 725 0 177 903 Riveira 27.053 13.383 13.670 26.373 680 2.172 0 962 3.134 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Atlas Socioeconómico de Galicia. Caixanova 2008. Estes datos corresponden ao ano 2007. Isto supón unha poboación presente na área Pacto de 111.145 persoas, polo que un 9% da poboación do mesmo é poboación vinculada non residente, da cal un 7,21% está vinculada por traballo, estudos ou 2ª vivenda, e un 1,79% por turismo. Cabe destacar a ausencia de poboación vinculada por atracción comercial. - 26 -

4.8 Nivel Académico DATOS SOBRE NIVEL DE ESTUDIOS A 2001 ÁREA TOTAL HOMES MULLERES % TOTAL % HOMES % MULLERES GALICIA 2.334.674 1.110.986 1.223.688 100 47,59 52,41 CORUÑA 952.816 452.591 500.225 100 47,5 52,5 PACTO 86.917 41.844 45.073 100 48,14 51,86 NON SABE LER OU ESCRIBIR GALICIA 47.912 11.495 36.417 2,05 0,49 1,56 CORUÑA 19.491 4.434 15.057 2,05 0,47 1,58 PACTO 1.876 439 1.437 2,16 0,51 1,65 MENOS DE 5 ANOS DE ESCOLARIZACIÓN GALICIA 621.097 296.036 325.061 16,33 6,83 9,5 CORUÑA 138.963 57.337 81.626 14,58 6,02 8,57 PACTO 13.886 5.535 8.351 15,98 6,37 9,61 SEN COMPLETAR BACHARELATO ELEMENTAL, ESO OU EXB GALICIA 381.258 159.492 221.766 26,6 12,68 13,92 CORUÑA 236.131 111.240 124.891 24,78 11,67 13,11 PACTO 26.672 12.851 13.821 30,69 14,79 15,9 BACHARELATO ELEMENTAL, ESO OU EXB COMPLETO GALICIA 585.711 305.869 279.842 25,09 13,1 11,99 CORUÑA 245.614 125.717 119.897 25,78 13,19 12,58 PACTO 24.555 12.775 11.780 28,25 14,7 13,55 BACHARELATO SUPERIOR, BUP/LOXSE, COU/PREU GALICIA 262.685 129.288 133.397 11,25 5,54 5,71 CORUÑA 112.757 55.803 56.954 11,83 5,86 5,98 PACTO 7.463 3.764 3.699 8,59 4,33 4,26 FPI, FP GRAO MEDIO, OFICIALIA INDUSTRIAL GALICIA 77.815 40.758 37.057 3,33 1,75 1,59 CORUÑA 34.713 18.940 15.773 3,64 1,99 1,66 PACTO 2.991 1.701 1.290 3,44 1,96 1,48 FPII, FP GRAO SUPERIOR, MESTRÍA INDUSTRIAL GALICIA 107.661 58.176 49.485 4,61 2,49 2,12 CORUÑA 49.345 27.326 22.019 5,18 2,87 2,31 PACTO 3.902 2.340 1.562 4,49 2,69 1,8 DIPLOMATURA, ARQUITECTURA, ENXEÑERÍA TÉCNICA GALICIA 125.844 48.207 77.637 5,39 2,06 3,33 CORUÑA 54.858 21.706 33.152 5,76 2,28 3,48 PACTO 3.046 1.207 1.839 3,5 1,39 2,12 LICENCIATURA, ARQUITECTURA, ENXEÑERÍA SUPERIOR GALICIA 116.841 56.886 59.955 5 2,44 2,57 CORUÑA 56.459 27.340 29.119 5,93 2,87 3,06 PACTO 2.452 1.185 1.267 2,82 1,36 1,46 DOUTORAMENTO GALICIA 7.850 4.779 3.071 0,34 0,2 0,13 CORUÑA 4.485 2.748 1.737 0,47 0,29 0,18 PACTO 74 47 27 0,09 0,05 0,03 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE. - 27 -

Segundo os datos que se achegan na táboa e comparando o Pacto coa provincia e Galicia temos maior porcentaxe de persoas con baixos niveis educativos, de persoas sen estudos, con menos de 5 anos de escolarización, sen completar o bacharelato elemental e con bacharelato elemental. Con todo, no tocante a estudos superiores as nosas porcentaxes son inferiores. Así teriamos un 77,08% da poboación sen estudos ou con estudos básicos fronte ao 67,19% da provincia; un 16,52% fronte ao 20,65% con ensino medio, e unha porcentaxe claramente inferior de poboación con estudos universitarios (6,41% fronte ao 12,16%). De modo máis gráfico: Porcentaxe 35 30 25 20 15 10 5 0 Non sabe ler ou escribir COMPARATIVA TERRITORIAL DO NIVEL DE ESTUDOS NO ANO 2001 Menos de 5 anos de escolarización Pacto A Coruña Galicia Sen completar Bacharelato elemental, Bacharelato elemental, ESO ou EXB Bacharelato superior BUP/LOXSE, FPI, FP grao medio, Oficialía FPII, FP grao Nivel de Estudos superior, Mestría Diplomatura, Arquitectura, Enxeñería Licenciatura, Arquitectura, Enxeñería Doutoramento Procedendo á análise por concellos apreciamos grandes diferenzas nos diferentes niveis educativos (Ver Anexo 4). A maior porcentaxe de poboación sen estudos está en Lousame (3,68%), seguido de Boiro (3,06%). Con menos de 5 anos de escolarización a maior porcentaxe preséntaa o concello de Outes (24,97%). O concello con maior porcentaxe de veciños sen bacharelato elemental é o de Lousame (45,5%). Con bacharelato elemental, os datos máis vantaxosos atopariámolos en Noia (36,16%), sendo o contrapunto Rianxo, cun 21,9%. O bacharelato superior ten os seus mellores datos en Noia (13,25%) e os peores en Lousame (4,09%). O FPI presenta como despunte da poboación do Pacto A Pobra do Caramiñal (4,58%), fronte a Lousame (1,87%). A maior porcentaxe de poboación con estudos de FPII está en Riveira (6,27%) e a menor en Lousame(1,81%). Nos estudos universitarios, nos 3 niveis (Diplomatura, Licenciatura e Doutoramento) destaca A Pobra do Caramiñal, mentres que a menor porcentaxe preséntaa Lousame. - 28 -

COMPARATIVA DO NIVEL DE ESTUDOS POR CONCELLOS NO ANO 2001 Porcentaxe 50 45 40 35 30 25 20 15 10 5 0 Non sabe ler ou escribir Menos de 5 anos de escolarización Sen completar Bacharelato elemental, ESO Bacharelato elemental, ESO ou EXB Bacharelato superior BUP/LOXSE, FPI, FP grao medio, Oficialía industrial FPII, FP grao superior, Mestría Diplomatura, Arquitectura, Enxeñería Licenciatura, Arquitectura, Enxeñería Doutoramento Nivel de Estudos Boiro Lousame Noia Outes Pobra do C. Porto do Son Rianxo Riveira Por sexos, tamén temos diferenzas, xa que os peores datos son os das mulleres, agás no caso das diplomaturas e licenciaturas. En ambos os dous casos a porcentaxe de mulleres supera á dos homes. - 29 -

COMPARATIVA DO NIVEL DE ESTUDOS POR SEXO NO PACTO NO ANO 2001 Porcentaxes 18 16 14 12 10 8 6 4 2 0 Non sabe ler ou escribir Menos de 5 anos de escolarización Sen completar Bacharelato elemental, Bacharelato elemental, ESO ou EXB Bacharelato superior BUP/LOXSE, FPI, FP grao medio, Oficialía FPII, FP grao superior, Mestría Diplomatura, Arquitectura, Enxeñería Licenciatura, Arquitectura, Enxeñería Doutoramento Nivel de estudos Homes Mulleres COMPARATIVA DO NIVEL DE ESTUDOS EN NÚMEROS ABSOLUTOS NO ANO 2001 100.000 Nº Persoas 80.000 60.000 40.000 20.000 0 Total Homes Mulleres Nivel de Estudos Ante a falta de datos da serie histórica que estamos estudando, e para poder facer unha comparación de como evoluciona a poboación a nivel educativo, vémonos obrigados a recorrer aos datos de 1991. (Ver táboas de datos do Anexo 4). Comparando a situación en 1991 e en 2001 vemos que a formación da poboación do Pacto mellora considerablemente. Como factor negativo temos que destacar que a desigualdade en función de xénero séguese mantendo. As mulleres, por norma xeral, presentan uns menores niveis educativos que os homes, o que xa ocorría en 1991; a única diferenza é que se mellorou no nivel de licenciatura ou equivalente. - 30 -

4.9 Poboación Perceptora de Prestación Non Contributiva por Invalidez Para facer un estudo a fondo da poboación do territorio gustaríanos contar cos datos de persoas con discapacidade, pero foi imposible conseguilos, xa que mesmo no IGE só se ofrecen a nivel provincial. Deste xeito, para contar cunha estimación optamos por analizar os datos de poboación perceptora de Pensión non contributiva por Invalidez, resaltando que estes non inclúen a todas aquelas persoas con discapacidade da comarca, xa que ademais de contar cunha discapacidade, para optar a estas prestacións é necesario cumprir unha serie de requisitos económicos. Ademais só dispoñemos de datos dos anos 2005 a 2007. PERCEPTORES PNC INVALIDEZ % BENEFICIARIOS PNC SOBRE A POBOACIÓN TOTAL TOTAL HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES GALICIA GALICIA 2005 20.671 9.149 11.522 2005 0,75 0,33 0,42 2006 20.090 9.055 11.035 2006 0,73 0,33 0,40 2007 19.514 8.823 10.691 2007 0,70 0,32 0,39 CORUÑA CORUÑA 2005 8.316 3.548 4.768 2005 0,74 0,31 0,42 2006 8.048 3.465 4.583 2006 0,71 0,31 0,41 2007 7.691 3.329 4.362 2007 0,68 0,29 0,39 PACTO PACTO 2005 748 314 434 2005 0,72 0,30 0,42 2006 741 305 436 2006 0,72 0,30 0,42 2007 714 295 419 2007 0,69 0,29 0,41 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do IGE. Vemos que a poboación perceptora de PNC Invalidez diminúe en todo o territorio, o que se debe fundamentalmente a que unha vez cumpridos os 65 anos cámbiase a PNC de xubilación. De todos os xeitos, estes datos non reflicten a realidade do colectivo, posto que hai moitas persoas con discapacidades non contabilizadas por diferentes motivos. Ademais, cabe destacar que sen datos axeitados sobre este colectivo é máis difícil implantar medidas acordes para resolver os problemas aos que se enfrontan. - 31 -

4.10 Poboación Estimada a L/P ÁREA 2008 2017 GALICIA 2.732.305 2.758.527 CORUÑA 1.122.041 1.144.780 PACTO 102.306 101.710 BARBANZA 66.439 66.683 NOIA 35.867 35.027 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Atlas Socioeconómico de Galicia. Caixanova 2008. Nesta proxección a curto prazo observamos unha pequena tendencia ao incremento de poboación a nivel de Galicia (1%) e A Coruña (2%), mentres que a nivel do Pacto apreciamos unha pequena diminución (0,37%) que vén dada polo descenso poboacional da comarca de Noia (2,34%), que contrarresta fortemente o pequeno incremento da comarca do Barbanza (0,37%). - 32 -

4.11 Conclusións A densidade de poboación é moi superior á do resto do territorio que nos rodea (provincia, Galicia), aínda que atopamos casos extremos que están dentro da mesma comarca (Noia: 399,9 hab/km 2 fronte a Lousame cunha densidade de poboación de 39,6 hab/km 2 ). O índice de dispersión indica dispersión media, aínda que os concellos de Outes e Porto do Son teñen unha elevada dispersión. Hai que indicar que este índice non reflicte a realidade de Lousame, que carece de núcleo. A poboación da área Pacto é máis ou menos estable, pero con diferenzas entre concellos, xa que 5 perden poboación mentres 3 gáñana. Segue a producirse unha progresiva concentración da poboación nas parroquias costeiras e, de modo máis pronunciado, nas cabeceiras dos concellos que contan con máis servizos. No Pacto os homes de menos de 65 anos superan ás mulleres, tendencia contraria á do resto do territorio. A pirámide de poboación do Pacto mostra a mesma tendencia que A Coruña ou Galicia, pero hai dous casos preocupantes: Lousame e Outes, que presentan o caso de pirámide invertida. A poboación estranxeira vai gañando peso no territorio, sobre todo no caso de Riveira que destaca como receptora de poboación dentro do Pacto, cunha gran diferenza sobre o seguinte concello receptor: Boiro. En canto ao nivel educativo necesítanse melloras para equipararnos co resto do territorio. Temos que resaltar que a situación vai mellorando (a comparativa que se pode facer cos datos dispoñible é 1991 vs. 2001), pero deberiamos reducir as diferenzas formativas a nivel de xénero. No referente á poboación con discapacidades, necesitariamos datos fiables para coñecer a súa realidade e propoñer accións máis axeitadas. No tocante aos movementos migratorios hai tres concellos que de xeito xeral gañan poboación: Boiro, Noia e Riveira. A tendencia contraria márcana os concellos de Porto do Son e Outes, cunha perda continuada por movementos migratorios. Estes movementos migratorios teñen máis importancia cara o interior que cara o exterior da nosa comunidade, aínda que ditos movementos cara o exterior teñen máis importancia no caso do Pacto que no caso da provincia ou a Comunidade Autónoma. Porcentualmente, sobre o total da poboación, a emigración ten menos relevancia que na provincia ou Galicia. En canto á poboación vinculada, ten gran importancia a vinculación por traballo, estudos ou segunda vivenda, pouca importancia a vinculación por turismo e é nula a motivada por atracción comercial. A idade media do Pacto é inferior á do resto do territorio de estudo. O índice de envellecemento presenta uns datos negativos pero mellores que os de Galicia e a provincia. Destacan os datos positivos de Boiro é Riveira, que están por debaixo de 100. - 33 -

Os datos de sobreenvellecemento tamén son negativos, pero mellores que os provinciais ou autonómicos. En canto á dependencia, atopámonos cunha dependencia global que presenta datos máis elevados que os do resto do territorio, o que podería parecer negativo. Con todo, se os separamos en dependencia xuvenil e dependencia senil, teriamos que a dependencia xuvenil é superior á do resto do territorio estudado, mentres que a senil é inferior, o cal é un dato positivo. Os datos do índice de recambio, sen ser bos, son mellores que os da provincia e os da Comunidade Autónoma, pero co preocupante dato dun empeoramento moi substancial dende o ano 2000. - 34 -

4.12 DAFO DEBILIDADES Significativa perda de poboación en concellos rurais. Nivel educativo inferior ao de Galicia e con diferenzas en función de xénero. Altos índices de envellecemento e sobreenvellecemento globais. Envellecemento dos traballadores do sector primario (agricultura, gandería e pesca). Índice de recambio con evolución moi negativa en pouco tempo. AMEAZAS Cinco dos oito concellos integrantes do Pacto perden poboación por motivos migratorios. Dificultades para manter no territorio a mozos con alta cualificación. Abandono dos núcleos rurais. - 35 -

FORTALEZAS O Pacto mantén un nivel de poboación estable ao longo do período estudado. Existe unha boa densidade de poboación, isto en termos xerais, pero hai que encamiñar accións para mellorar a situación de núcleos rurais. Núcleos de poboación urbanos favorecen a concentración da poboación. Pero sen esquecer que temos 3 concellos con un marcado carácter rural, o que leva consigo un maior grao de dispersión. Idade media inferior á do resto do territorio de estudo. OPORTUNIDADES Saldo migratorio positivo. A tendencia xeral en Galicia ao abandono das zonas interiores e progresivo poder de atracción dos núcleos urbanos costeiros. Pouca poboación vinculada por turismo. Nula atracción comercial, con posibilidades de mellora. Bos datos nos índices de dependencia xuvenil e senil. - 36 -

Este estudo foi posible grazas á colaboración das entidades integrantes do Pacto Territorial. Agradecer especialmente o apoio e a información achegada polos axentes de emprego e desenvolvemento local e os técnicos de distintos servizos dos concellos, dos axentes sociais e do servizo público de emprego, así como ás direccións e/ou xerencias dos centros de formación profesional regrada, ocupacional e continua e ás entidades supramunicipais que teñen o seu ámbito de actuación nas comarcas de Barbanza e Noia. Tamén a todas aquelas organizacións non gobernamentais que teñen realizado accións encamiñadas á promoción do emprego. Unidade de Promoción e Desenvolvemento Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego do Barbanza-Noia Equipo Técnico: Santiago Páramo Aller Director Beatriz Pérez Rey Técnica en Prospección e Análise do Mercado de Traballo Sandra Pérez González Técnica en Emprendemento e Promoción do Emprego Carolina Pampín Pérez Técnica en Orientación e Mellora da Empregabilidade Carmen Paz Brión Persoal de Apoio Novembro 2009-37 -

- 38 -

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA - 39 -