CONCELLO DE OUTEIRO DE REI (Lugo)

Documentos relacionados
CONCELLO DE OUTEIRO DE REI (Lugo)

CONCELLO DE BEGONTE 1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

BASES PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN/DUNHA MONITOR/A SOCIOCULTURAL E DE TURISMO

A duración da interinidade será desde o nomeamento ata o 31 de outubro do 2017.

Concello de Oza-Cesuras

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

Decreto 364/1995, de 10 de marzo, que aproba o regulamento xeral de ingreso na administración.

BASES QUE REXERÁN O PROCESO DE CONTRATACIÓN DE 1 AUXILIAR ADMINISTRATI VO.

b) Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

Concello de Oza-Cesuras

Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local.

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

Proceso selectivo para a contratación de 2 peós de servizos múltiples e 1 Auxiliar Administrativo

3.1.- DENOMINACIÓN DAS PRAZAS/POSTOS/EMPREGOS: TRABALLADOR/A SOCIAL GRUPO DE ENCADRAMENTO: (Grupo 2 Seguridade Social)

As retribucións percibidas polos traballadores/as contratados/as estarán axustadas á disponibilidade orzamentaria.

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

SOLICITUDES BOLSAS DE AXUDA DE COMEDOR CURSO ESCOLAR

BAREMO PARA A SELECCIÓN DUN/HA TRABALLADOR/A, PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E BUSCA

(...) I. NORMAS XERAIS

DECRETO NÚMERO DO 25/04/2014

BASES SELECCIÓN PERSOAL DUNHA PRAZA DE CONDUTOR DE TRACTOR CON ROZADORA E OUTRA MAQUINARIA SIMILAR POR CONCURSO OPOSICIÓN

CONCELLO DE BARBADÁS. RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Barbadás, 9 de marzo de 2016

Pza. de España, CHANTADA Tel Fax

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

ANUNCIO Por resolución da Alcaldía de 30 de maio de 2012, procedeuse a aprobación das seguintes Bases:

Valorarase a puntuación obtida neste exercicio correspondente á última oposición da categoría.

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

1ª.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

CONCELLO A LAMA. Avda. do Concello Pontevedra. Tfno Fax:

A presente convocatoria ten por obxecto a cobertura do posto de directora do Centro

SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN DESTINADA AO FOMENTO DO DEPORTE FEDERADO. ANO 2017

NORMATIVA SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE DO ALUMNADO NA FACULTADE DE DEREITO

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

RESOLUCIÓN DE ALCALDIA

2. RELACIÓN XURÍDICA DOS TRABALLADORES CO CONCELLO DE CALDAS DE REIS.

CONCELLO DE PORTOMARÍN

Concello de Viveiro RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

BASES DA CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL POR CONCURSO DUNHA PRAZA DE SOCORRISTA MUNICIPAL

1.1. Nacionalidade. Cúmprese este requisito nos seguintes casos:

Os requisitos necesarios para poder participar no proceso de selección son:

Primeira: Obxecto da convocatoria Segunda: Normativa aplicable. Terceira: Modalidade e duración do contrato. Cuarta: Requisitos dos aspirantes.

Praza de Europa, 5 A 4º Polígono de Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

2ª.- Número de Prazas: unha.

DECRETO NÚMERO DO 15/12/2017

PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á PROMOCIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE CAMBADOS 2018

1. LICENZA PARA ASUNTOS PROPIOS 3. LICENZA EXTRAORDINARIA POR NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIO/A EN PRÁCTICAS 4. LICENZA PARA FORMACIÓN E PERFECCIONAMENTO

Programa I. Promoción do emprego autónomo (TR341J)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROCEDEMENTO PARA A SELECCIÓN TEMPORAL PERSOAL FACULTATIVO ESPECIALISTA DE ÁREA BASES

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

PROXECTO: IMPLANTACIÓN DO SISTEMA DE XESTIÓN DA METROLOXÍA LEGAL NO LOMG

1.- OBXECTO 2.- REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES

REGULAMENTO DAS FIGURAS HONORÍFICAS DE PROFESOR E INVESTIGADOR AD HONOREM DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

O contratao será a xornada completa e polo tempo que dure o permiso e as retribucións son as establecidas para o posto, 1.174,28 brutos mensuais.

FACULTADE DE MATEMÁTICAS CONVOCATORIA PRÁCTICAS CURSO

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

Concello de Foz (Lugo)

BASES PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL: 1 POSTO DE TRABALLADOR/A SOCIAL

DECRETO DE ALCALDIA-PRESIDENCIA Nº 212/2015

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Praza da Constitución

DECRETO NÚMERO DO 02/08/2013. Excmo. Sr. Don LUIS MANUEL ÁLVAREZ MARTÍNEZ.- Alcalde Presidente en funcións do Excmo. Concello.

ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA A ORGANIZACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS PARA O ANO 2017 ELECTRÓNICO

DECRETO NÚMERO DO 20/04/2016

BASES DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL TEMPORAL INTERINO PARA A FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA DE MEDICINA XENÓMICA

Segundo.- Publicar a presente resolución no taboleiro municipal ANEXO

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

BASES PARA A CONTRATACIÓN CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO DE TURISMO:

BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL PARA A XXIV EDICIÓN DA FEIRA DO VIÑO DO ROSAL

TERCEIRA. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

(...) Rematada a realización do exame e realizada a corrección, o tribunal avaliador, por unanimidade dos seus membros presentes, acorda:

"OBRADOIROS DE INGLÉS PARA O TURISMO RURAL, TERMAL E HOSTALEIRO

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA FORMULARIO EXERCICIO DEREITOS ARCO

INFORMACIÓN AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DE A OPE 2008/2009

C O N C E L L O D E C E R D E D O - C O T O B A D E BASES PARA CONTRATAR POR CONCURSO CATRO POSTOS COMO PERSOAL LABORAL DE DURACIÓN DETERMINADA

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE MONITORES PARA OS OBRADOIROS CULTURAIS DO CONCELLO DE MUROS

1. Titulación e outros requisitos formativos/habilitantes: - Sen esixencia de titulación - Carné de conducir B - CELGA 1

CONVOCATORIA DOS PROGRAMAS DE TECNIFICACIÓN E RENDEMENTO DEPORTIVO NO CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA CURSO 2012/13

DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx CORRECCIÓN de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.

DECRETO NÚMERO do 09/06/2015

BAREMO APLICABLE PARA AS LISTAS ABERTAS DE INTERINIDADES/SUBSTITUCIÓNS. Baremo para a valoración de méritos: sistema xeral de ingreso

NORMAS PARA A TRAMITACIÓN DA INCORPORACIÓN DE PERSOAL CON CARGO A PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN - PROGRAMAS - SUBVENCIÓNS

en Profesorado de Educación Secundaria, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas ou equivalente.

BASES REGULADORAS DA BOLSA DE EMPREGO PARA SUBSTITUCIÓNS DE PERSOAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Transcripción:

INICIO DO PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO José Pardo Lombao, Alcalde-Presidente do Concello de Outeiro de Rei, no exercicio das competencias que me atribúe o artigo 21.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, EXPOÑO: Dado o convenio de colaboración asinado o 23 de setembro de 2016 entre a Excma. Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Outeiro de Rei para a execución de obras, servizos e creación de emprego ao abeiro do Programa DEPUEMPREGO. Dado que o Concello de Outeiro de Rei en virtude do citado convenio, ten aprobada unha achega de 49.064,17 destinada a financiar os custos laborais derivados da contratación de traballadores cos que reforzar as prestacións públicas municipais e que no proxecto presentado á Deputación se recolle a necesidade de realizar a contratación laboral temporal de seis operarios de servizos múltiples que traballaran dentro do servizo de obras deste concello, procedese a ofertar os seguintes postos de traballo: Categoría laboral OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES Titulación mínima SEN ESTUDIOS Duración 4 contratos de cinco meses de duración do 15/05/2017 ao 14/10/2017. 2 contratos de catro meses de duración, do 01/05/2017 ao 31/08/2017. Características Contrato de duración determinada a xornada completa e retribución bruta mensual de 900 pagas extraordinarias incluídas. Labores a desenrolar Asfaltado e rexeneración de vías e camiños municipais; acondicionamento e limpeza de espazos públicos; labores preventivas de desbroce de pistas, de montes e de espazos públicos, e calquera actividade relacionada co posto ofertado. Por todo elo, RESOLVO: 1. Iníciese expediente de selección de 6 traballadores/as. Os/as interesados/as en concorrer ao presente proceso de selección deberán presentar as súas solicitudes do 30/03/2017 ao 12/04/2017, ambas datas incluídas. 2. Nomear como membros integrantes do tribunal de selección: 1

- Mª Soledad Picón Acal, en calidade de presidenta - José Luis Pardo Ferro, en calidade de vogal. - José María Vázquez Pita, en calidade de vogal e secretario do tribunal. O tribunal poderá dispoñer a incorporación de asesores para algunha das probas que colaborarán co órgano de selección no exercicio das súas especialidades técnicas. 3. Expóñase o presente acordo no taboleiro de edictos do Concello ata o día seguinte ao da finalización das probas selectivas. 4. Fixar as seguintes bases que rexerán o procedemento de selección: 4.1 REQUISITOS DOS ASPIRANTES a) Nacionalidade: Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto a continuación. Os nacionais dos Estados membros da Unión Europea poderán acceder, como persoal funcionario, en igualdade de condicións que os españois aos empregos públicos, con excepción de aqueles que directamente ou indirectamente impliquen unha participación no exercicio do poder público ou nas funcións que ten por obxecto a salvagarda dos intereses do Estado ou das Administracións Públicas. Estas previsións serán aplicables, calquera que sexa a súa nacionalidade, ao cónxuxe dos españois ou dos nacionais de outros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito e aos seus descendentes e aos do seu cónxuxe que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de dita idade dependentes. Estenderase igualmente ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Os estranxeiros aos que se refire o apartado anterior e con residencia legal en España poderán acceder como persoal laboral, en igualdade de condicións que os españois. b) Capacidade funcional: Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas. c) Idade: Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa prevista na normativa vixente. d) Habilitación: Non estar separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitado/a para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionarios, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. e) Titulación: Non se esixe para estes postos (sen estudos). f) Situación laboral: Ter a condición de persoa desempregada. Todos os requisitos anteriores deberán cumprirse no momento de finalizar o prazo de presentación de solicitudes. 4.2 FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes para participar neste proceso selectivo formalizaranse no modelo de solicitude que acompaña estas bases (ANEXO I), presentándose no rexistro xeral do 2

Concello de Outeiro de Rei de luns a venres en horario de 9:00 h a 15:00 h e os sábados en horario de 10:00 h a 13:00 h. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do día 30/03/2017 ao 12/04/2017, ambas datas incluídas. A non presentación da solicitude en tempo e forma suporá a exclusión do aspirante do proceso de selección. 4.3 SISTEMA DE SELECCIÓN O sistema de selección constará das seguintes partes: 1º FASE DE CONCURSO: Consistirá na valoración dos méritos alegados segundo o seguinte baremo: MÉRITOS RELACIONADOS COA PERTENZA A COLECTIVOS CON ESPECIAIS DIFICULTADES DE INSERCIÓN LABORAL: ata 2 puntos segundo o seguinte baremo, - Non ser perceptor de prestacións ou subsidios por desemprego: 0,50 puntos - Persoas con cargas familiares: 0,50 puntos - Persoas paradas de longa duración (con 24 meses ou máis nesta situación): 1 punto - Persoas desempregadas maiores de 45 anos: 1 punto FORMACIÓN Cursos relacionados coa natureza das labores a desenvolver: ata 1 puntos segundo o seguinte baremo, - Por cada curso de duración igual ou superior a 10 h.: 0,10 puntos - Por cada curso de duración igual ou superior a 50 h.: 0,25 puntos - Por cada curso de duración igual ou superior a 100 h.: 0,50 puntos - Por cada curso de duración igual ou superior a 300 h: 1,00 puntos EXPERIENCIA PROFESIONAL Experiencia profesional, por cada mes de servizo prestado desempeñando funcións similares ao posto de traballo ao que se opta: ata 1 punto segundo o seguinte baremo, - Por servizos prestados na administración pública: 0,20 puntos por mes traballado. - Por servizos prestados na empresa privada: 0,05 puntos por mes traballado. 2º ENTREVISTA E PROBA PRÁCTICA Coñecemento dos rasgos estruturais do termo municipal (infraestruturas, xeografía ): ata 2 puntos. Suposto práctico oral sobre as funcións a desenvolver, ata 2 puntos. Proba práctica relacionada coas funcións a desenvolver: ata 2 puntos. A data, lugar e hora de selección será publicada no taboleiro de anuncios do Concello de Outeiro de Rei tanto físico como virtual (sito este último na sede electrónica da web municipal), cun prazo mínimo de 48 horas á celebración da selección. 3

4.4 DOCUMENTACIÓN A documentación acreditativa da titulación necesaria para concorrer ao proceso selectivo así como dos méritos alegados deberá achegarse en orixinal ou copia cotexada xunto coa solicitude ou como moi tarde, no acto de entrevista. Forma de acreditar os méritos alegados e a documentación requirida: Non ser perceptor de prestacións ou subsidios por desemprego: certificado da Oficina de Emprego de data marzo de 2017 (ou posterior). Ter cargas familiares: Libro de familia, certificado do Concello dos membros da unidade familiar que conviven no domicilio e informe de vida laboral con data marzo de 2017 (ou posterior), das persoas de entre 16 e 30 anos a cargo do interesado. Ser parado de longa duración: Informe de períodos de inscrición emitido pola Oficina de Emprego de data marzo de 2017 (ou posterior). Ser maior de 45 anos: fotocopia cotexada do DNI Cursos de formación: diplomas acreditativos da formación recibida. Experiencia profesional: contratos de traballo e informe actualizado da vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social de data marzo de 2017 (ou posterior). Situación de desemprego: informe actualizado da vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social con data marzo de 2017 (ou posterior). No caso de resultar seleccionado/a, a documentación que a continuación se enumera deberá achegarse no prazo máximo de dous días hábiles a contar desde a data de comunicación da resolución pola que se traslada a condición de seleccionado/a. - Copia compulsada do DNI. - Tarxeta da seguridade social, si se posúe. - Informe médico acreditativo de non padecer enfermidade ou limitación física ou psíquica que impida o normal desempeño do posto de traballo. - 1 fotografía tamaño carné. - Certificado expedido polo Concello de Outeiro de Rei de estar ao día nas obrigas tributarias co Concello. - Declaración xurada de non atoparse ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade sinaladas na lexislación vixente. - Número de conta bancaria co código IBAN (24 caracteres) da que sexa titular a persoa seleccionada para o ingreso das correspondentes nóminas. De non achegarse a documentación indicada no devandito prazo, agás causa de forza maior, decaerá o dereito do aspirante ao contrato de traballo, podendo formalizarse o mesmo co seguinte candidato/a de maior puntuación. A provisión das prazas ofertadas realizarase atendendo a criterios de puntuación sendo imprescindible acadar unha puntuación mínima de 3 puntos. Ás 4 puntuacións máis altas asignaránselles os catro contratos de 5 meses de duración e á 5ª e 6ª mellor puntuación os dous contratos de catro meses de duración. En caso de empate de puntuacións, este se resolverá a favor da persoa que acade maior puntuación no suposto práctico; de persistir o empate resolverase a favor da persoa coa maior puntuación obtida no apartado de coñecemento do termo municipal. 4

Unha vez realizada a entrevista persoal aos/ás aspirantes presentados, o secretario do tribunal levantará acta do actuado, incluíndo proposta de selección dirixida ao Alcalde do Concello. Dita acta se exporá no taboleiro de edictos do Concello durante un prazo de cinco días naturais. Finalizado o prazo de exposición, a acta de avaliación conxuntamente coas alegacións presentadas polos interesados (se as houbese), e copia dos documentos acreditativos dos méritos alegados polos aspirantes seleccionados, se remitirán ao Alcalde- Presidente para que dicte Decreto de nomeamento. O contrato formalizarase por escrito coa persoa seleccionada. Mentres non se formalice o contrato, o aspirante proposto non terá dereito a percepción de cantidade económica algunha. No non previsto nas presentes bases, será de aplicación o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores e demais lexislación complementaria que resulte de aplicación. 4.5 LISTA DE RESERVA A totalidade dos aspirantes que acadaran unha puntuación igual ou superior aos 3 puntos, integraranse nunha lista de reserva cuxa vixencia se estenderá ata 15 días antes á finalización dos contratos de traballo ofertados nesta convocatoria. Dita lista de reserva se crea aos únicos efectos de cubrir posibles vacantes que se poidan producir durante a duración dalgún destes contratos por renuncia ao posto da persoa seleccionada. A asignación do contrato efectuarase entre os integrantes da lista de reserva en atención á puntuación acadada, efectuándose a chamada para o desempeño do posto de traballo mediante aviso ao correo electrónico que, a tal fin, aporten os/as aspirantes así como mediante anuncio no taboleiro de edictos da web municipal cunha antelación mínima de tres días naturais á incorporación ao posto de traballo. 4.6 PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL De acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos de carácter persoal que se faciliten para a participación no presente proceso de selección de persoal, incorporaranse nun ou varios ficheiros, cuxo responsable é o Concello de Outeiro de Rei, con sede na Praza do Concello, n.º 1 (Outeiro de Rei), onde poderá exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, e no seu caso, o de oposición, dirixindo á Secretaría solicitude asinada por escrito xunto cunha fotocopia do DNI. BOLETÍN Mediante a participación no referido proceso, os titulares consenten o tratamento dos seus datos persoais coa finalidade de levar a cabo a selección de persoal, o rexistro de solicitudes de candidatos, a cualificación de probas e avaliación dos candidatos, así como a provisión de postos e confección dunha lista de reserva. Igualmente, as persoas participantes neste procedemento prestan o seu consentimento para que os seus datos persoais sexan comunicados mediante a súa exposición no taboleiro de edictos deste concello e na web municipal (outeiroderei.org) aos efectos de dar a publicidade esixida ao procedemento de contratación así como aquelas cesións autorizadas nunha norma con rango de Lei. 5

4.7 NORMATIVA APLICABLE - No non sinalado nas presentes bases de selección estarase ao previsto na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local e demais normas que resulten de aplicación. - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. - Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 19 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local. - Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. - Lei 2/2015, de 29 de abril do empregado público de Galicia. - Lei 53/1984, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas. - Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos Traballadores. - Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 4.8 RECURSOS As presentes bases e demais actos administrativos que se deriven do proceso selectivo a que se refiren as presentes bases poderán ser impugnadas polos interesados/as nos casos, termos e formas previstas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas así como no seu caso, na Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-administrativa. Asdo. Dixitalmente: O alcalde Asdo. Dixitalmente: O secretario DILIXENCIA: O presente acto foi exposto no taboleiro de edictos do Concello do día... ao día... de 2017. O secretario, 6

ANEXO I SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NA SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DATOS DO/A SOLICITANTE Apelidos e nome: DNI nº: Enderezo: Localidade: Provincia: C.P.: Teléfonos: Enderezo electrónico: SOLICITA Participar no proceso de selección para cubrir seis prazas de OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES segundo convocatoria realizada polo Concello de Outeiro de Rei o --/03/2017, achegando a tal efecto a documentación que se cita: - Copia cotexada do DNI - Outros documentos: Outeiro de Rei, de de 2017 O/a solicitante, Asdo.: SR. ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI 7