DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx

Documentos relacionados
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx CORRECCIÓN de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

Guía de procedementos e servizos

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx

DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

Decreto 405/2001, do 29 de novembro, polo que se regula o Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia.

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

SOLICITUDES BOLSAS DE AXUDA DE COMEDOR CURSO ESCOLAR

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4712

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MR437A - Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA FORMULARIO EXERCICIO DEREITOS ARCO

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387

DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx

SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN DESTINADA AO FOMENTO DO DEPORTE FEDERADO. ANO 2017

ANEXO II PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME /RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2011 Páx

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á PROMOCIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE CAMBADOS 2018

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

B o l e t í n M a r z o A P E G a l i c i a

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

INSTRUCCIÓN DA SECRETARÍA XERAL 2/2004 SOBRE A DECLARACIÓN DE INTERESES DOS ALTOS CARGOS DA USC

Edificio Administrativo de San Caetano,s/n SANTIAGO DE COMPOSTELA

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA INSTALACION DE QUIOSCOS NA VIA PUBLICA

ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2017/2018 ED. INFANTIL ED. PRIMARIA E.S.O.

Normativa xeral Páxina 1

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

Nº 127 Mércores, 1 de xullo de 2009 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1508

PR460A - Subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil.

Ambos os comparecentes se recoñecen mutuamente plena capacidade para formalizar o presente protocolo de colaboración e, en consecuencia,

Os código do órgano responsable é o da Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

Asdo.: Lourdes Buxaderas Juega

V I C E P R E S I D E N C I A

Os novos desafíos do DLE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1349

DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx

DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

DOG Núm. 34 Viernes, 17 de febrero de 2012 Pág. 6172

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Programa I. Promoción do emprego autónomo (TR341J)

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 035/2018. Correo electrónico:

PROCEDEMENTO P-PRL 17

Orixe: Dirección Xeral da División de Recursos Humanos do Sergas.

en Profesorado de Educación Secundaria, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas ou equivalente.

COMUNICACIÓN DE MODIFICACIÓN DE DATOS REXISTRAIS INSTRUCCIÓNS

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Praza de Europa, 5 A 4º Polígono de Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 041/2018. Correo electrónico:

LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECIMIENTO.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

TR802O - Certame Cooperativismo no Ensino.

DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5494

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA A ORGANIZACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS PARA O ANO 2017 ELECTRÓNICO

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DE AUXILIAR-ASESOR DE CORREDOR DE SEGUROS

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de dous mil dezasete

DECRETO 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

Segundo apelido Segundo apellido Outros Otros. Número Número. Primeiro apelido Primer apellido Segundo apelido Segundo apellido NIE NIE

INFORMACIÓN AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

LABORATORIOS COOPERATIVOS. Subvencións

NORMAS XERAIS E CONVOCATORIA... 2 PROGRAMA I ASOCIACIÓNS DE COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS... 4

Transcripción:

DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11851 I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR ORDE do 14 de marzo de 2014 pola que se regula o Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. O artigo 148.1.20º da Constitución española permite ás comunidades autónomas asumir nos seus estatutos de autonomía competencias en materia de asistencia social. Non obstante, o dito artigo constitucional fala claramente de asistencia social, pero sen mencionar en absoluto a acción voluntaria. Mais é pacificamente aceptado que o termo constitucional de asistencia social abrangue, para os efectos competenciais, o concepto de voluntariado, tal e como se entende hoxe en día. A Comunidade Autónoma de Galicia asumiu a competencia en materia de asistencia social no artigo 27.23 do seu Estatuto de autonomía, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, que se completou coa transferencia de competencias á Comunidade Autónoma galega en materia de servizos sociais e acción social, a través do Real decreto 2411/1982, do 24 de xullo. Por outra banda, o Estatuto de autonomía de Galicia recolle no seu artigo 4.2, en termos análogos a como o fai o artigo 9.2 da Constitución española, a obriga dos poderes públicos de Galicia de promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os galegos na vida política, económica, cultural e social. Sobre a base destas premisas constitucionais e ao abeiro das competencias asumidas estatutariamente, o Parlamento de Galicia manifestou a súa vontade de establecer unha regulación legal propia en materia de acción voluntaria mediante a aprobación da Lei 3/2000, do 22 de decembro, de voluntariado de Galicia, modificada posteriormente pola Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo, que tivo por obxecto regular a actividade de voluntariado social no ámbito propio da Comunidade Autónoma galega. A dita lei creou no seu capítulo VIII o Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxas disposicións foron desenvolvidas regulamentariamente polo Decreto 405/2001, do 29 de novembro, polo que se regula o Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia.

DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11852 Co paso do tempo, a propia dinámica de transformación dos problemas nos últimos tempos obrigou a unha actualización e redeseño estratéxico das políticas públicas de acción voluntaria, a eficacia das cales vai depender necesariamente da súa coherencia e adecuación á cambiante realidade social. Neste contexto, a Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria, foi a encargada de levar a cabo a reforma legal do voluntariado en Galicia, que ten como obxectivos, entre outros, posibilitar a obtención por parte das persoas voluntarias de certificacións da súa participación en actividades de acción voluntaria, así como o seu depósito no Rexistro de Acción Voluntaria co fin de poder acreditar un historial de experiencias de voluntariado. O capítulo IV do título III da Lei 10/2011, do 28 de novembro, crea o Rexistro de Acción Voluntaria como un órgano único e público, que asume as funcións de cualificación e inscrición das persoas voluntarias e das entidades de acción voluntaria, así como de certificación das accións voluntarias que estas desenvolvan, e que está adscrito ao órgano a que veñan atribuídas as competencias en materia de acción voluntaria. O artigo 32 da Lei 10/2011, do 28 de novembro, establece que o Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia se estrutura en dúas seccións, unha relativa á inscrición das entidades de acción voluntaria e a outra, ao depósito das experiencias das persoas voluntarias. As entidades de acción voluntaria ven condicionada así a posibilidade de obter subvencións por parte das administracións públicas de Galicia ao feito de estaren inscritas na sección correspondente do Rexistro e de desenvolveren programas de acción voluntaria en Galicia, sempre que ademais os ditos programas se adecúen ás previsións da planificación establecida. As persoas voluntarias poderán solicitar ao Rexistro a certificación das súas experiencias voluntarias na sección de experiencias das persoas voluntarias, que terá depositada a documentación remitida polas entidades en relación coas certificacións que expidan dos seus voluntarios. De acordo co número 4 do artigo 32 da referida norma legal, mediante orde da consellería competente en materia de acción voluntaria establecerase a organización e o procedemento de inscrición e baixa no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. A Consellería de Traballo e Benestar, a través do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, asume o exercicio das competencias, entre outras, de dirección e xestión das actuacións

DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11853 en materia de voluntariado, a elaboración e o seguimento dos instrumentos de planificación, de rexistro, da xestión dos órganos colexiados e todas aquelas actuacións en aplicación da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria. Na súa virtude, unha vez emitido informe preceptivo polo Consello Galego de Acción Voluntaria, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia, DISPOÑO: Artigo 1. Obxecto Esta disposición ten por obxecto regular a organización e o procedemento de inscrición e baixa no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia en desenvolvemento da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria. Artigo 2. Natureza 1. O Rexistro de Acción Voluntaria configúrase como un órgano único e público que asumirá as funcións de cualificación e inscrición das entidades de acción voluntaria, o depósito das experiencias das persoas voluntarias e a certificación das accións voluntarias desenvolvidas por estas. 2. O Rexistro estará adscrito ao órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia a que veñan atribuídas as competencias en materia de acción voluntaria. 3. O Rexistro funcionará de xeito coordinado co Rexistro de Entidades de Voluntariado de Protección Civil e Emerxencias previsto no artigo 48 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia. Artigo 3. Estrutura 1. O Rexistro estrutúrase en dúas seccións: Sección I: Entidades de acción voluntaria. Sección II: Experiencias das persoas voluntarias.

DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11854 2. O Rexistro de Acción Voluntaria operará en soporte informático. Artigo 4. Características 1. A inscrición no Rexistro das entidades de acción voluntaria, así como o depósito de experiencias das persoas voluntarias é voluntaria e declarativa. Non obstante, no caso de entidades de acción voluntaria, a inscrición será condición indispensable para acceder ás axudas e subvencións, así como para subscribir convenios coas administracións públicas de Galicia en materia de voluntariado. 2. O acceso aos datos que figuren no Rexistro efectuarase consonte as normas que regulan o acceso aos arquivos e rexistros segundo o artigo 37 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade coa lexislación reguladora de protección de datos de carácter persoal. Artigo 5. Encargado do Rexistro O encargado do Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia será o director xeral competente en materia de acción voluntaria, e as xestións e a tramitación corresponden ao órgano da dirección xeral con atribucións en materia de acción voluntaria. Artigo 6. Clasificación das entidades de acción voluntaria 1. A sección de entidades de acción voluntaria organizarase en tres categorías xerais de entidades de voluntariado, as dependentes da Administración autonómica, das entidades locais e as entidades privadas sen ánimo de lucro. 2. As entidades deberán marcar no anexo I de solicitude de inscrición unha ou varias das seguintes áreas de actuación: a) Acción social, entendendo que nesta epígrafe se inclúen as entidades dirixidas a colectivos especialmente sensibles ou en risco de exclusión como a infancia, as persoas con discapacidade, a igualdade das mulleres, a protección de persoas consumidoras e usuarias, a loita contra a pobreza e a exclusión social, as minorías étnicas e tamén as de natureza sociosanitaria, de protección civil, de prevención de situacións de emerxencia e de defensa dos dereitos humanos. b) Cultura, onde se poden entender incluídas as entidades educativas e culturais, de defensa do patrimonio cultural, científicas, de fomento do uso das novas tecnoloxías, deportivas, de lecer e tempo libre, de defensa dos dereitos lingüísticos, de dinamización do

DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11855 mundo rural, de defensa da economía ou da investigación, de defensa da vida asociativa, de fomento da acción voluntaria, así como os grupos de persoas asociadas con intereses comúns de carácter xeral. c) Ambiente, que comprenderá a todas aquelas entidades relacionadas coa prevención de situacións de emerxencia e a defensa ecolóxica e a protección do ambiente. d) Cooperación ao desenvolvemento, que inclúe todas aquelas iniciativas solidarias en materia de cooperación ao desenvolvemento cuxo principal ámbito de actuación sexan os proxectos no exterior do Estado español, pero con actividades que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia. e) Outras accións voluntarias que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de conformidade co disposto na Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria. Artigo 7. Actos suxeitos a inscrición na sección de entidades de acción voluntaria do Rexistro As entidades de acción voluntaria poderán inscribir no Rexistro os seguintes actos: a) A constitución da entidade de acción voluntaria. b) As modificacións estatutarias. Artigo 8. no Rexistro Datos que deben constar para a inscrición das entidades de acción voluntaria No Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia faranse constar os seguintes datos das entidades de acción voluntaria inscritas: a) Datos identificativos da entidade: denominación, número de identificación fiscal e enderezo social, así como ámbito xeográfico de actuación e forma xurídica da entidade. b) Datos identificativos do/s representante/s legal/legais. c) A área de actuación en que opera a entidade de acción voluntaria, de acordo coa clasificación establecida no artigo 6. d) O número de voluntarios/as con que conta a entidade de acción voluntaria.

DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11856 Artigo 9. Procedemento de inscrición das entidades de acción voluntaria no Rexistro 1. A solicitude de inscrición no Rexistro presentarase ante o órgano competente en materia de acción voluntaria, segundo o modelo normalizado que figura como anexo I a esta orde ou sempre que en todo caso se deixe constancia dos datos a que se refire o artigo anterior, asinado polo representante legal da entidade, xunto coa seguinte documentación: a) Copia do acordo de creación da entidade e dos seus estatutos se se trata da primeira inscrición, ou a referencia ao rexistro da Administración autonómica en que foron presentados, coa expresión do número de inscrición e data. b) Número de inscrición noutros rexistros en que por razón da súa natureza estea inscrita a entidade de acción voluntaria. c) Declaración responsable da subscrición da póliza de seguro a que se refire o artigo 11.i) da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria. d) Declaración responsable do representante legal da entidade, en que se acredite o cumprimento das demais obrigas das entidades coas persoas voluntarias. e) A presentación do programa de actividades da entidade en materia de voluntariado. f) Fotocopia compulsada do DNI do representante legal da entidade no caso de que este non autorice a verificación dos seus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. g) Xustificante de pagamento da correspondente taxa. 2. A documentación poderase achegar por procedementos electrónicos utilizando calquera procedemento de copia dixital do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitais presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica achegada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. 3. As entidades de acción voluntaria dependentes da Administración autonómica e as entidades locais estarán exentas de acreditar a súa personalidade xurídica segundo a clasificación das entidade de acción voluntaria recollidas no artigo 6.1.

DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11857 4. O órgano con atribucións en materia de acción voluntaria, unha vez recibida a solicitude, requirirá, se é o caso, a documentación precisa dos rexistros da Administración autonómica en que apareza inscrita a entidade. Así mesmo, poderá solicitar informe sobre as actividades da entidade solicitante ao concello en que teña o seu domicilio social. 5. A persoa titular da dirección xeral competente en materia de acción voluntaria ditará e notificará resolución motivada, estimando ou denegando a inscrición solicitada no prazo de tres meses. Acordada a inscrición no Rexistro, asignaráselle á entidade o número de rexistro correspondente, que lle será notificado. Transcorridos os prazos citados sen notificación da resolución, entenderase estimada de conformidade co disposto no artigo 43 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 6. En todo o non previsto pola presente norma observarase o disposto no título VI da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Artigo 10. Eficacia da inscrición das entidades de acción voluntaria no Rexistro A inscrición dunha entidade no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia ten eficacia limitada ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e realizarase por tempo indefinido. Artigo 11. Modificación de datos das entidades de acción voluntaria inscritos no Rexistro 1. As entidades inscritas no Rexistro deberán comunicar a este calquera alteración respecto dos documentos rexistrados, no prazo dun mes desde que se produza, e segundo o procedemento previsto para a inscrición rexistral. 2. Unha vez recibida a solicitude de modificación de datos prevista no parágrafo anterior, procederá á súa constancia rexistral, sempre e cando a entidade manteña o cumprimento dos requisitos establecidos nesta orde para a súa inscrición rexistral. Artigo 12. Cancelación da inscrición das entidades de acción voluntaria no Rexistro 1. A dirección xeral competente acordará a cancelación definitiva da inscrición da entidade sempre que nela se dea algunha das causas previstas no artigo 33.2 da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria, de oficio ou por instancia da entidade interesada, e segundo o procedemento previsto para a inscrición da entidade no Rexistro en todo o

DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11858 que proceda, no que se lle dará audiencia á entidade, agás no caso de que a cancelación rexistral sexa solicitada por aquela. 2. A cancelación da inscrición da entidade non impedirá que se inste de novo a súa inscrición no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. Artigo 13. Solicitudes As solicitudes de inscrición, modificación e baixa, conforme o anexo I, deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e no 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola Xunta de Galicia. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado co selo de Correos na primeira folla do formulario. Artigo 14. Réxime de recursos As resolucións do órgano directivo competente non esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso de alzada ante o titular da consellería competente e de acordo cos prazos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Artigo 15. Catálogo de entidades de acción voluntaria 1. O órgano competente en materia de acción voluntaria publicará e actualizará anualmente un catálogo con todas as entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria.

DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11859 2. O catálogo de entidades de acción voluntaria especificará as actividades que realiza cada entidade, o seu ámbito e colectivo/s de actuación e o territorio a que circunscribe a súa actuación; así como todas as axudas públicas percibidas polas entidades e os convenios de colaboración asinados coa Xunta de Galicia, ademais de calquera outra actuación que se fixese en colaboración coa Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Artigo 16. Sección de experiencias das persoas voluntarias 1. A sección de experiencias das persoas voluntarias do Rexistro de Acción Voluntaria terá depositada a documentación remitida polas entidades de acción voluntaria en relación coas certificacións que expidan ás persoas voluntarias relativas ás accións voluntarias desenvolvidas por estas. 2. As entidades de acción voluntaria remitirán ao Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, por petición das persoas voluntarias nelas integradas e logo da autorización da cesión dos seus datos persoais, as certificacións que acrediten as accións voluntarias desenvolvidas por estas, conforme ao anexo III desta orde. Estas certificacións, que deberán estar asinadas pola persoa solicitante ou representante legal da entidade, servirán para poder proceder ao seu depósito na sección correspondente do Rexistro, conforme o anexo II desta orde. 3. Nas certificacións que remitan dos/as seus/súas voluntarios/as, as entidades de acción voluntaria deberán facer constar os seguintes datos: a) Nome e apelidos da persoa voluntaria. b) Programa ou proxecto de voluntariado en que exerceu a súa colaboración: obxectivos xerais do programa ou proxecto en que se enmarca a acción voluntaria e colectivo a que vai dirixido este. c) Natureza das funcións realizadas pola persoa voluntaria e lugar onde se executaron estas. d) Datas da colaboración e número total de horas da prestación efectuada pola persoa voluntaria. e) Competencias adquiridas pola persoa voluntaria coa acción voluntaria desenvolvida.

DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11860 4. Para a emisión das certificacións de acción voluntaria, tanto a entidade como as persoas voluntarias nelas integradas deberán presentar unha declaración responsable de ter subscrito, nos termos do artigo 13 da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria, o correspondente compromiso de colaboración, en que estean reflectidos os dereitos, deberes e compromisos adquiridos por ambas as partes. 5. No caso de que a experiencia voluntaria fose realizada nun programa da Administración autonómica, a certificación farase de oficio sen necesidade de presentación por parte do interesado de solicitude ningunha. Así mesmo, unha copia desta certificación remitirase ao Rexistro de Acción Voluntaria, a non ser que o interesado manifeste expresamente a súa negativa ao depósito dos seus datos no Rexistro. Artigo 17. Certificación de experiencias voluntarias Por petición das persoas voluntarias interesadas, o encargado do Rexistro expedirá certificados de experiencias voluntarias que reflectirán as accións voluntarias desenvolvidas por estas con carácter global, en todas as entidades de acción voluntaria en que colaborasen e en todos os programas de voluntariado desenvolvidos pola Administración autonómica en que participaran. Artigo 18. Baixa na sección de experiencias das persoas voluntarias En calquera momento, as persoas voluntarias cuxas experiencias fosen depositadas no Rexistro, poderán solicitar a baixa neste, e a conseguinte eliminación de todos os datos referidos á súa persoa que consten na correspondente sección do Rexistro. Disposición adicional única. Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia As entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia inscribiranse de oficio na sección de entidades de acción voluntaria do Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. Disposición derradeira. Entrada en vigor A presente norma entrará en vigor o día 1 de abril de 2014. Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2014 Beatriz Mato Otero Conselleira de Traballo e Benestar

DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11861 ANEXO I PROCEDEMENTO REXISTRO DE ACCIÓN VOLUNTARIA DE GALICIA. SECCIÓN DE ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA CÓDIGO DO PROCEDEMENTO BS505A DOCUMENTO SOLICITUDE ALTA BAIXA OU CANCELACIÓN MODIFICACIÓN DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE RAZÓN SOCIAL SIGLAS (SE AS TIVER) NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO Nº INSCRICIÓN REXISTRO ACCIÓN VOLUNTARIA NÚMERO DE VOLUNTARIOS CON QUE CONTA A ENTIDADE E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito) NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF ENDEREZO PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior) TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO ÁREAS DE ACTUACIÓN ACCIÓN SOCIAL Infancia Persoas con discapacidade Igualdade das mulleres Protección de persoas consumidoras e usuarias Loita contra a pobreza e a exclusión social CULTURA Educativas e culturais Defensa do patrimonio cultural Científicas Fomento do uso das novas tecnoloxías Deportivas De lecer e tempo libre AMBIENTE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Minorías étnicas De natureza sociosanitaria Proteccion civil Defensa dos dereitos humanos Defensa dos dereitos lingüísticos Dinamización do mundo rural Defensa da economía ou da investigación Defensa da vida asociativa Fomento da acción voluntaria Grupos de persoas asociadas con intereses comúns de carácter xeral OUTRAS ACCIÓNS VOLUNTARIAS QUE SE DESENVOLVAN NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE CONFORMIDADE CO DISPOSTO NA LEI 10/2011, DO 28 DE NOVEMBRO, DE ACCIÓN VOLUNTARIA. DECLARACIÓNS RESPONSABLES: TER SUBSCRITA UNHA PÓLIZA DE SEGURO CONFORME O ARTIGO 11.I) DA LEI 10/2011, DO 28 DE NOVEMBRO, DE ACCIÓN VOLUNTARIA. QUE A ENTIDADE CUMPRE TODAS AS OBRIGAS ESTABLECIDAS POLA LEI 10/2011, DO 28 DE NOVEMBRO, DE ACCIÓN VOLUNTARIA, CON RESPECTO ÁS SÚAS PERSOAS VOLUNTARIAS.

DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11862 ANEXO I (continuación) DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA: Copia do acordo da creación da entidade e dos seus estatutos, se se trata da primeira inscrición, ou a referencia ao rexistro da Administración autonómica en que foron presentados, coa expresión do número de inscrición e data. Número de inscrición noutros rexistros en que por razón da súa natureza estea inscrita a entidade de acción voluntaria. Programa de actividades da entidade en materia de voluntariado. Xustificante do pagamento das taxas no caso da inscrición ou da modificación da 1ª inscrición. Copia do DNI da persoa representante, no caso de non autorizar a consulta no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administración Pública. Autorizo a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e coa Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos datos de identidade da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente) En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar como responsable do ficheiro. LEXISLACIÓN APLICABLE Orde do 14 de marzo de 2014 pola que se regula o Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE Lugar e data, de de Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11863 ANEXO II PROCEDEMENTO REXISTRO DE ACCIÓN VOLUNTARIA DE GALICIA. SECCIÓN DE EXPERIENCIAS DAS PERSOAS VOLUNTARIAS CÓDIGO DO PROCEDEMENTO BS505B DOCUMENTO SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE RAZÓN SOCIAL SIGLAS (SE AS TIVER) NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito) NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF ENDEREZO PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior) TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA: Certificado de acción voluntaria conforme o anexo III. Copia do DNI da persoa representante, no caso de non autorizar a consulta no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administración Pública. Autorizo a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e coa Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos datos de identidade da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente) SOLICITO: O DEPÓSITO DE EXPERIENCIAS VOLUNTARIAS. A BAIXA OU CANCELACIÓN DE EXPERIENCIAS VOLUNTARIAS. En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar como responsable do ficheiro. LEXISLACIÓN APLICABLE Orde do 14 de marzo de 2014 pola que se regula o Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE Lugar e data Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, de de

DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11864 ANEXO III Dª/D NIF PERSOA SECRETARIA DA ENTIDADE CON ENDEREZO SOCIAL EN NIF CERTIFICO: QUE Dª/D NIF REALIZOU A ACCIÓN VOLUNTARIA QUE SE ESPECIFICA DENOMINACIÓN DO PROGRAMA OU PROXECTO EN QUE COLABOROU: OBXECTIVOS DO PROGRAMA: POBOACIÓN BENEFICIARIA DA ACTUACIÓN: DATAS DE COLABORACIÓN Nº TOTAL DE HORAS DE COLABORACIÓN: LUGAR DE REALIZACIÓN DA COLABORACIÓN PERSOA RESPONSABLE DO PROGRAMA DE VOLUNTARIADO: FORMACIÓN ESPECÍFICA PARA A EXPERIENCIA OBXECTO DE INSCRICIÓN: SI NON FUNCIÓNS E TAREFAS QUE DESENVOLVEU A PERSOA VOLUNTARIA: COMPETENCIAS ADQUIRIDAS: Comunicación lingüística Matemática Coñecemento e interacción co mundo físico Tratamento da información e competencia dixital SINATURA DA/O SECRETARIA/O Lugar e data Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado Social e cidadá, de de Cultural e artística Aprender a aprender Iniciativa persoal