4.4 CeS-LA3 - SERVIZOS DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA DA XUNTA DE GALICIA Motivación e obxectivos

Documentos relacionados
Xuntanza Seguimento Actuacións para o impulso ao Software libre en Galicia

CUESTIONARIO PARA O SECTOR CIENCIA-COÑECEMENTO-CREATIVO DO SECTOR SAÚDE, BENESTAR E VIDA

CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DE ENERXÍA, MEDIOAMBIENTE E SERVIZOS

CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DA SAÚDE, BENESTAR E VIDA

I. MEMORIA DOS ORZAMENTOS 2018 E PROGRAMA DE ACTUACIÓNSINVESTIMENTOS E FINANCIAMENTO

OE 1.4. Atención ao benestar social

Programa INTERREG V-A España Portugal (POCTEP) Xosé Lago Comunidade de Traballo Galicia Norte de Portugal

integración das TIC na práctica educativa en Galicia

A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.

O Software Libre as empresas informáticas de Galicia Resumo executivo

Plan Estratéxico de Galicia

INDUSTRIA 4.0. PROXECTO DE CAPACITACIÓN EN TECNOLOXÍAS, METODOLOXÍAS OU TÉCNICAS RELACIONADAS COA. Organiza:

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE BALANCE 2011 AMTEGA

OE 5.2. Reforzo da capacidade institucional e financeira de Galicia

A ESTRATEXIA DE ESPECIALIZACIÓN INTELIXENTE (RIS3) DE GALICIA E A SÚA INCIDENCIA NO AGRO GALEGO

Catálogo de servizos ÍNDICE DE CONTIDOS

Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS

::111= UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Memoria do ano

III.5.2. OE 2: Reforzo da capacidade institucional e financeira de Galicia

Punto de encontro entre a oferta do sector TIC e o resto dos sectores empresariais galegos que demandan produtos e servizos TIC para mellorar a súa

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

PROGRAMA FORMATIVO Módulo de creación de empresas

OE 3.2. Modernizar e promover a aplicación e emprego xeral das TIC nos ámbitos produtivos, social e dos servizos públicos

A Responsabilidade Social Empresarial nas Empresas TIC de Galicia. Edición 2016

Plan Banda Larga

IGAPE PLAN IMPULSA OURENSE 2012 (IG-100)

XORNADAS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Dos retos da Estratexia de Especialización Intelixente en Galicia(RIS3) a H2020


Retos, prioridades e obxectivos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3 Galicia)

Axencia Galega de Innovación Axudas e Servizos. Xullo 2014

CURSOS DO CONTRATO PROGRAMA AUTONÓMICO (PF 2013/000007) DE UGACOTA

Os maiores e as TIC ANO 2011

Xaneiro 2010 XORNADA DE TRABALLO. Persoal Técnico PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO SALNÉS UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO

Dos retos da Estratexia de Especialización Intelixente en Galicia (RIS3) a H2020

CERTIFICACIÓN EN GRUPO FSC

CONSORCIO DE BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS DE GALICIA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. Entidades públicas empresariais e consorcios

LABORATORIOS COOPERATIVOS. Subvencións

economíasocial 2.4. As fontes estatísticas empregadas para a análise da economía social son, fundamentalmente,

Guía para a coordinación do Grao en Ciencias do Mar

Plan de traballo para a elaboración do III Plan Director da Cooperación Galega ( ) Outubro-Decembro 2013

DOS RETOS DA ESTRATEXIA DE ESPECIALIZACIÓN INTELIXENTE DE GALICIA A HORIZON 2020: SAÚDE, BIOECONOMÍA E ENVELLECEMENTO ACTIVO

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Axentes de Emprego e AEDLs

Políticas de Igualdade. Xunta de. en Galicia

PRESENTACIÓN DE RESULTADOS Grupo de Traballo 5 Enerxía, Medio Ambiente, Servizos e Loxística

INFORME 2012 XUVENTUDE 2013: UNHA EXTRATEXIA PARA A MOCIDADE GALEGA III PLAN ESTRATÉXICO DE XUVENTUDE EIXES TRANSVERSAIS EIXO DE ACCIÓN 2 EMPREGO

MASTER UNIVERSITARIO EN MARKETING, CONSULTORÍA E COMUNICACIÓN POLÍTICA

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

PERSPECTIVAS DE FUTURO PARA O TERRITORIO. Castelo de Santa Cruz 23 de novembro de 2015

PRESENTACIÓN DE RESULTADOS Grupo de Traballo 7 Nanotecnoloxías, Materiais e Tecnoloxías da produción

A Axencia Galega de Innovación

Plan Banda Larga. Lugo, xaneiro de 2015

PROPOSTAS DE NOVA ESCOLA GALEGA PARA A ACCIÓN POLÍTICA MUNICIPAL NO ÁMBITO EDUCATIVO

A eadministración nos concellos galegos. Comparativo (Avance de resultados) 12 de marzo de Pax.1

DOSSIER Rúa República Checa 52, oficina Santiago de Compostela

MAPA DE RECURSOS: Oficinas de Emprego, Puntos de Información Multimedia e Entidades Colaboradoras en Captación de Ofertas

OE 1.2. Garantir unha prestación sanitaria pública e de calidade para todos os galegos e galegas

Axudas a proxectos no litoral

CLAUSULADO DA ENCOMENDA

O ESPAZO DA VIVENDA GALEGA LUGAR DE ENCONTRO E PARTICIPACIÓN DO SECTOR

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

Fundamentos de Administración e Xestión

A absorción de CO 2. no marco da xestión forestal sustentable en Galicia Xornada inaugural do proxecto Troco 2, 6 de xuño de 2018

PLAN DE EMPREGO XUVENIL

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

PROGRAMA VOLUNTARIADO VOCES DE APOIO: ILLAS CÍES PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Plan Director de Seguridade

2.4 EIXE 2: DINAMIZACIÓN ECONÓMICA, CRECEMENTO E EMPREGO


Seminario de Planificación Empresarial

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

GALICIARIS3: Manuel Varela Rey. 26 de xuño de Director da Axencia Galega de Innovación

PROGRAMA AGROBIOTECH INNOVACIÓN

En Santiago de Compostela, once de xaneiro de dous mil trece REUNIDOS

Apoios do IGAPE ao Emprendemento. Pontevedra, 24 de outubro de 2013

Actividades formativas desenvolvidas polo CAFI

NORMATIVA DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL CON CARGO A ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN (I+D+i)

SENSIBILIZACIÓN - CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL Entidade de Custodia do territorio

Colectivo. Manifesto. Por unha nova política para o rural galego

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

Estratexias Territoriais RIS3 Galicia e RIS3T Galicia-Norte

OE 2.2 Internacionalizar a economía galega, fomentando o investimento empresarial, o espírito emprendedor e a innovación nas empresas

2.5. EIXE 3: ECONOMÍA DO COÑECEMENTO

Resumo da elaboración I PLAN DE IGUALDADE DO CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO

AXUDAS PARA A REINDUSTRIALIZACIÓN

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

BASES DA CONVOCATORIA

PRESENTACIÓN DE RESULTADOS Grupo de Traballo 6 TIC

Servizo de información, asesoramento e orientación sobre recursos e servizos dispoñibles: Apoio na xestión e tramitación de recursos

DECLARACIÓN MEDIOAMBIENTAL 2016

Contornos virtuais como soporte ao proceso docente (Campus de Vigo)

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

LIÑAS E RETOS DE TRABALLO ÁREA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL Concello de Santiago. Texto de Proba

PRESENTACIÓN DAS ACCIONS A DESENVOLVER POLO CONCELLO DE LUGO DENTRO DO PROXECTO MURALLA DIGITAL

MÁSTER EN ECONOMÍA: ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL E MERCADOS FINANCEIROS

1. CATÁLOGO DE MEDIOS E RECURSOS ADSCRITOS AO PLAN CAMGAL

Transcripción:

4.4 CeS-LA3 - SERVIZOS DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA DA XUNTA DE GALICIA 4.4.1 Motivación e obxectivos 4.4.2 Iniciativas Os Sistemas de Información Xeográfica (SIX) están adquirindo especial relevancia nos últimos anos, como consecuencia do seu uso intensivo en distintas áreas da Administración pública e das actividades industriais e do mundo empresarial. É un dos sistemas de información que máis potencial económico e social ten pero que non está sendo aproveitado de todo. Especificamente, a dixitalización e dispoñibilidade da información recollida xeograficamente pode permitir, tanto ás empresas como aos distintos departamentos da Administración galega e á Administración local, desenvolver servizos e produtos de alto valor engadido baseados na explotación desa información. Neste contexto, o PEGSI asume como obxectivo a potenciación do tratamento da información xeográfica da Xunta de Galicia, tanto na faceta de mellora das capacidades de xestión interna e adecuada ás necesidades de información xeográfica de cada departamento, como na difusión da información resultante cara á sociedade galega. Ademais, mediante o impulso deste sistema de información a Administración galega disporá dunha potente plataforma para xestionar, consultar e empregar toda a súa información recollida xeograficamente, que sirva de base para construír servizos de información e consulta para a cidadanía co obxectivo de dar resposta ás liñas estratéxicas do PEGSI no eido da Administración electrónica. > CeS-LA3-I1 Creación do Instituto Cartográfico de Galiza > CeS-LA3-I2 Implantación dunha plataforma unificada de SIX 4.4.3 Orzamento da Xunta de Galicia Estimación orzamentaria da Xunta de Galicia 4.210.000 92

4.4.4 Indicadores Indicadores principais I-CES-16. Número de servizos desenvoltos no Instituto sobre a plataforma tecnolóxica Fonte. Enquisas. Observatorio Galego da SI I-CES-17. Número de demandas de información e servizos das Consellerías ao Instituto Fonte. Enquisas. Observatorio Galego da SI CeS-LA3-I1 Creación do Instituto Cartográfico de Galiza Motivacións e obxectivos específicos Descrición O tratamento da información pública vén caracterizada, xeralmente, pola dispersión, tanto das orixes de datos como dos recursos e das bases tecnolóxicas. Este escenario é particularmente certo cando, ademais, se engade a compoñente xeográfica. Por outra banda, as distintas unidades administrativas empregan a información xeográfica con fins moi diversos e diferentes, existindo moitos aspectos da xestión que serían enriquecidos, tanto a nivel de xestión interna como de servizo ao cidadán, se se lles puidera engadir a información xeográfica. Ata o de agora, cada organismo que quixo pór en marcha un SIX empregou, na maioría dos casos, os seus propios recursos e medios, non existindo nada parecido a unha recollida sistemática de datos, nin un aproveitamento común destes. Parece moi aconsellable entón, instrumentalizar unha estratexia de explotación de datos territoriais a través da creación do Instituto Cartográfico de Galiza que virá a poñer solución a esta situación, como organismo encargado de establecer a política de datos territoriais, de definir as prioridades, estándares e calendarios de xeración de información, de sistematizar a información cartográfica necesaria para cada función e organismo, de fornecer os mecanismos para o almacenamento, actualización e distribución da información, e de elaboración de mapas personalizados, aplicacións específicas e desenvolvemento de servizos de explotación de acordo coas necesidades dos distintos departamentos da Xunta de Galicia. As competencias que darían fundamento ao Instituto Cartográfica de Galiza estarían relacionadas cos obxectivos anteriormente mencionados: fixación dos obxectivos estratéxicos e elaboración dos planos de desenvolvemento e actuación; recollida, clasificación, depuración e administración da información cartográfica existente no conxunto das administracións públicas que operan en Galiza ou, se é posible, daquelas empresas que teñan desenvolvido servizos cartográficos para o seu uso interno ou externo; elaboración, reprodución e distribución dos traballos cartográficos de base, así como a publicación e difusión doutros traballos, sobre todo, aqueles que nacen de proxectos innovadores e de investigación en colaboración coas universidades e centros tecnolóxicos galegos; impulso aos sistemas de información cartográfica e xeográfica fundamentalmente, a través da aplicación de plataformas de sóftware libre; formación do persoal de calquera administración encargado de xestionar a información xeográfica no seu ámbito de competencia; vehicular a relación e coordinación con outros institutos do Estado ou europeos; e emisión de 93

Actuacións Axentes informes á Administración e ao goberno galego no que teña que ver coa materia cartográfica. > Estudo e definición do Instituto Cartográfico de Galiza > Modelo de negocio e plano estratéxico > Plano tecnolóxico de desenvolvemento > Creación do organismo e definición do decreto de constitución > Posta en marcha e análise de requirimentos > C. de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes; C. do Medio Rural > Consellerías da Xunta de Galicia CeS-LA3-I2 Implantación dunha plataforma unificada de Servizos de Información Xeográfica Motivacións e obxectivos específicos Descrición O obxectivo principal da implantación dunha plataforma unificada é satisfacer as necesidades de información de carácter xeográfico e xeorreferenciado de todas as áreas da Administración galega, orientada á xestión administrativa e á prestación de servizos de valor engadido ao cidadán. Acadando ese obxectivo poderase aumentar a eficiencia, precisión e produtividade das aplicacións, baseadas en SIX ou que desenvolver servizos que se apoian nel; incrementarase a dispoñibilidade, capacidade e seguridade dos sistemas actuais; permitirá construír, manter e difundir información xeográfica de alta calidade ao xuntar información hoxe en día dispersa; optimizará a xestión dos recursos da Administración galega; permitirá xerar servizos horizontais que sexan reutilizables por calquera das unidades organizativas que os necesiten; e, finalmente, poderanse automatizar tarefas repetitivas de mantemento da información que, actualmente, fanse tantas veces como plataformas existen. A plataforma unificada deberá contar cunha infraestrutura tecnolóxica e uns procedementos que permitan o acceso á información espacial, mellorando e 94

Actuacións Axentes ampliando a funcionalidade e eficiencia das plataformas existentes na actualidade, dispersas polos distintos departamentos da Xunta. A plataforma será flexible e poderá ser empregada por calquera unidade organizativa con independencia da súa situación e contorno tecnolóxico de traballo, debendo estaren desenvolvida en sóftware aberto e debendo ser capaz de intercambiar información calquera das plataformas tecnolóxicas de xestión existentes na actualidade. > Definición e construción dun sistema de información corporativo > Implantación e despregamento a todos os departamentos > Análise de requirimentos e deseño dos servizos de intercambio de información > Deseño e desenvolvemento de servizos horizontais > C. de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes; C. do Medio Rural > Consellerías da Xunta de Galicia 95

5 DESENVOLVEMENTO DO SECTOR EMPRESARIAL DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN 5.1 Fundamentos da estratexia operativa 5.1.1 Motivación e obxectivos Impulsar o desenvolvemento do sector empresarial asociado á Sociedade da Información 5 no seu sentido máis amplo, desde os servizos informáticos até a produción de contidos converxentes, pasando pola electrónica e a fabricación de dispositivos debe ser un elemento chave, xa non nunha estratexia de Sociedade da Información, senón no marco xeral de desenvolvemento económico do país. Os datos avalan e sustentan a anterior información. Como xa se apunta no marco estratéxico que abre o PEGSI, as TIC sitúanse no eixo da produtividade e do emprego no conxunto de Europa: o investimento e a innovación en TIC achegaron o 40% do crecemento da produtividade no período 2000-2005, o sector empresarial das TIC contribúe coa cuarta parte do crecemento do PIB da Unión e as súas vendas supuxeron o 8,5% das vendas empresariais en 2004. No Estado Español, o gasto en TIC sitúase nun 5,5% do PIB, arredor dun punto por debaixo dos parámetros europeos. Os servizos da Sociedade da Información en Galiza acadan un volume de negocio arredor do 3,4% do PIB, media sensiblemente inferior á estatal e afastada das Comunidades Autónomas máis desenvolvidas. Polo que se refire ao emprego, as estimacións feitas indican que os 8.000 postos de traballo que o sector xera en Galiza supoñen o 0,7% da poboación ocupada, fronte ao 1,1% do conxunto do Estado. Atópase, pois, coa obriga de realizar un percorrido ata os 4.000 empregos dun escenario obxectivo de converxencia. Máis aló das cifras, a realidade é que o impacto do sector TIC na produtividade e, polo tanto, no desenvolvemento económico, é moi importante, non só pola súa propia 5 Neste documento o sector empresarial das TIC está composto por un conxunto de subsectores, entre os que se atopan: a industria de compoñentes electrónicos, a electrónica de consumo e a profesional, os equipamentos das telecomunicacións, os operadores e provedores de servizos de telecomunicación e os propios dos servizos das tecnoloxías da información (hárdware e sóftware, consumibles ou servizos de valor engadido). 96

contribución á produtividade, senón porque a incorporación dos produtos innovadores que fornece incide directamente na eficiencia empresarial e competitividade dos restantes sectores económicos e de actividade. Polo tanto, no PEGSI maniféstase a firme vontade da Administración galega de impulsar decididamente o desenvolvemento do sector empresarial galego asociado ao desenvolvemento da Sociedade da Información, co obxectivo de perseguir, coa execución das diferentes iniciativas do Plano, a converxencia co resto do Estado e da media europea, para que sitúe a súa achega ao PIB ao redor do 7%. Para que este feito chegue a ser unha realidade é imprescindible considerar unha serie de factores. En primeiro lugar, a execución dun sistema eficiente de innovación no eido das TIC. A mesma Comisión Europea atopa que a menor eficiencia do sistema europeo en relación co estadounidense está na base dos diferenciais de produtividade 6. Cómpre artellar un sistema con lazos de relación e cooperación entre os axentes implicados, con financiamento axeitado para a xeración de coñecemento, que promova a cultura innovadora nas empresas e que, en definitiva, supoña un marco de condicións favorables para o desenvolvemento da acción innovadora. Neste eido, é obxectivo sacar proveito das sinerxías existentes entre o PEGSI e o PGIDIT 2006-2010, que contempla accións específicas de configuración do espazo galego de innovación, no que as novas tecnoloxías teñen un relevante papel. Por outra banda, o sector empresarial da Sociedade da Información en Galiza presenta unha serie de características que non favorecen o seu desenvolvemento: a atomización, entendida como a forte presenza de moi pequenas empresas con febles ligazóns de actividade; os insuficientes niveis de especialización e cooperación, feito que non é capaz de corrixir a cada vez maior corrente de asociacionismo; ou o carácter local dos mercados, cunha proxección internacional mínima. En consecuencia, esta liña de acción márcase como outro dos seus obxectivos, o artellamento do sector, promovendo a cooperación e a integración entre as empresas do sector en xeral e entre as de menor tamaño en particular, favorecendo a creación e o crecemento de polos de excelencia en actividades relacionadas coa Sociedade da Información, estimulando a creación de compañías locais e a atracción de novos proxectos empresariais. Ademais, será necesario explorar activamente novas solucións e modelos de negocio que amosen un interesante percorrido potencial, tratando de anticipar a reacción da industria para aproveitar as estreitas fiestras de oportunidade existentes no sector. En síntese, é preciso impulsar a mellora da oferta de servizos e aplicacións TIC por medio da investigación aplicada e a innovación, a creación de empresas de base tecnolóxica (co importante papel neste ámbito do spin-off universitario), a mellora das condicións de competitividade das empresas existentes e a ampliación dos seus mercados. 6 Comisión Europea. The Lisbon Strategy and the EU s structural productivity problem, European Economy Review, 2004. 97

Pero, antes de rematar, non se pode esquecer un terceiro factor primordial, que é tratado tamén nas restantes estratexias sectoriais pero que xorde especialmente determinante nesta: o coñecemento dos profesionais que desenvolven a súa actividade laboral no sector empresarial da Sociedade da Información. O futuro do sector TIC recae totalmente no capital humano, polo que é ineludible que o sistema educativo galego sexa quen de dar resposta ás demandas neste terreo do tecido empresarial, xerando os profesionais mellor cualificados. Tamén as estratexias de aprendizaxe ao longo da vida laboral (life-long learning) están chamadas a desempeñar un papel cada vez máis determinante para explotar con éxito as potencialidades desta industria xa básica. 5.1.2 Liñas de actuación > TIC-LA1 - Innovación e desenvolvemento tecnolóxico no sector empresarial da Sociedade da Información - TIC-LA1-I1 Artellamento do sistema de investigación e innovación en TIC - TIC-LA1-I2 As TIC como tecnoloxías críticas - TIC-LA1-I3 Rede de Centros de Excelencia Científica en TIC - TIC-LA1-I4 Apoio financeiro para a innovación e o emprendemento TIC > TIC-LA2 - Artellamento do sector empresarial da Sociedade da Información - TIC-LA2-I1 Fomento dos modelos de cooperación no sector TIC - TIC-LA2-I2 Fortalecemento do sector TIC - TIC-LA2-I3 Excelencia na xestión de empresas TIC - TIC-LA2-I4 Internacionalización da actividade empresarial - TIC-LA2-I5 Apoio á calidade mediante a certificación - TIC-LA2-I6 O sector da produción de contidos ante o reto da converxencia > TIC-LA3 Novas solucións e modelos de negocio - TIC-LA3-I1 Sóftware libre e estándares abertos - TIC-LA3-I2 Centros de Desenvolvemento de produtos sóftware - TIC-LA3-I3 As TIC na creación de contidos - TIC-LA3-I4 Outros nichos: ferramentas lingüísticas, mobilidade e posicionamento, intelixencia ambiental, domótica... > TIC-LA4 - Profesionais galegos da Sociedade da Información 98

5.1.3 Orzamento - TIC-LA4-I1 Programas de posgrao e especialización no ámbito da Sociedade da Información - TIC-LA4-I2 - Apoio á formación para profesionais da Sociedade da Información Estimación orzamentaria da Xunta de Galicia Estimación aporte doutras Administracións Total 139.980.000 36.115.000 176.095.000 5.1.4 Indicadores Engloban os indicadores de cada unha das liñas de actuación. 99

5.2 TIC-LA1 - INNOVACIÓN E DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO NO SECTOR EMPRESARIAL DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN 5.2.1 Motivación e obxectivos 5.2.2 Iniciativas Dispor dun sector TIC competitivo, entendendo por tal o que engloba as actividades empresariais relacionadas coas novas tecnoloxías, a electrónica e o audiovisual, que teña un peso importante na actividade económica galega, comparable ao de outros países da UE, pasa necesariamente porque a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico formen parte das súas aptitudes básicas. O Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (PGIDIT) 2006-2010 conforma as súas bases operativas cos conceptos necesarios para o artellamento do sistema galego de innovación, fomentando a cooperación entre os axentes do sistema, estimulando o desenvolvemento de servizos avanzados de apoio á innovación e favorecendo a creación de novos centros tecnolóxicos e de investigación. As TIC, definidas como tecnoloxías críticas transversais polo propio PGIDIT, desempeñan un papel primordial no armazón innovador, en tanto obxecto de investigación e desenvolvemento tecnolóxico pero tamén en tanto ferramenta indispensable para a actividade. Esta liña de actuación sitúase, xa que logo, na intersección entre os propósitos do PGIDIT relativos á innovación e ao desenvolvemento tecnolóxico e os do PEGSI, concernentes ao enxergamento do sector TIC neste marco innovador. Polo tanto, as iniciativas nela consideradas reflectirán as sinerxías derivadas dese obxectivo común, incorporando harmonicamente os conceptos que xorden desde ambas perspectivas. > TIC-LA1-I1 Artellamento do sistema de investigación e innovación en TIC > TIC-LA1-I2 As TIC como tecnoloxías críticas > TIC-LA1-I3 Rede de centros de excelencia científica en TIC > TIC-LA1-I4 Apoio financeiro para a innovación e o emprendemento TIC 5.2.3 Orzamento da Xunta de Galicia Estimación orzamentaria da Xunta de Galicia 87.492.000 100

5.2.4 Indicadores Indicadores principais I-TIC-1. Porcentaxe do mercado TIC no Estado correspondente a Galiza. Fonte. INE I-TIC-2. Gasto en servizos TIC por habitante en Galiza (euros). Fonte. Fundación Auna 3,0% 2,8% 4,0% 3,2% 5,0% 3,8% 6,5% 5,0% 3,8% 35 40 46 37 54 45 40 60 65 58 52 50 45 2,3% 2,5% 2,8% 3,1% 2006 2007 2008 2009 2010 Optimista Intermedio Pesimista 2006 2007 2008 2009 2010 Optimista Intermedio Pesimista I-TIC-3. Porcentaxe, do total de traballadores da empresa, implicados en proxectos de I+D+i. Fonte. Observatorio Galego da SI I-TIC-4. Porcentaxe de empresas que recibiron axudas para investir en I+D+i do sector TIC. Fonte. Observatorio Galego da SI 10% 19% 22% 8% 9% 16% 15% 18% 3% 4% 6% 5% 5% 7% 7% 7% 7% 9% 12% 8% 12% 10% 12% 14% 3% 2% 2007 2008 2009 2010 Optimista Intermedio Pesimista 2006 2007 2008 2009 2010 Optimista Intermedio Pesimista Indicadores secundarios I-TIC-5 Volume de facturación das empresas TIC do Estado correspondente a empresas galegas (Fonte. INE) I-TIC-7 Número de proxectos TIC desenvoltos no PGDIT (Fonte. Observatorio Galego da SI) I-TIC-9 Cantidade de produtos TIC desenvoltos en Galiza (Fonte. Observatorio Galego da SI) I-TIC-6 Investimento en Centros Tecnolóxicos do sector TIC (Fonte. Observatorio Galego da SI) I-TIC-8 Número de empresas do sector con proxectos de I+D+i (Fonte. Observatorio Galego da SI) I-TIC-10 Volume de orzamento que realizou o tecido empresarial TIC galego en I+D (Fonte. Observatorio Galego da SI) 101