VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Documentos relacionados
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx CORRECCIÓN de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.

VICEPRESIDENCIA Y CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIONES PÚBLICAS Y JUSTICIA

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

DOG Núm. 131 Martes, 12 de julio de 2016 Pág

VICEPRESIDENCIA Y CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIONES PÚBLICAS Y JUSTICIA

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

Guía de procedementos e servizos

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

INFORMACIÓN AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx

DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx

DOG Núm. 85 Jueves, 3 de mayo de 2018 Pág

VICEPRESIDENCIA Y CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIONES PÚBLICAS Y JUSTICIA

DOG Núm. 131 Martes, 12 de julio de 2016 Pág

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

Edificio Administrativo de San Caetano,s/n SANTIAGO DE COMPOSTELA

DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2587

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

Consellería de Economía, Emprego e Industria

DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx

RESOLVO: Artigo 1. Obxecto

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

SOLICITUDES BOLSAS DE AXUDA DE COMEDOR CURSO ESCOLAR

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN DESTINADA AO FOMENTO DO DEPORTE FEDERADO. ANO 2017

Gases fluorados: certificacións persoais

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

ANEXO II PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME /RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN DE BONO TAXI - ANO DATOS DO/A SOLICITANTE. 1º Apelido 2º Apelido Nome

ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2017/2018 ED. INFANTIL ED. PRIMARIA E.S.O.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DE AUXILIAR-ASESOR DE CORREDOR DE SEGUROS

DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1508

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4712

DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2011 Páx

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA FORMULARIO EXERCICIO DEREITOS ARCO

DOG Núm. 85 Jueves, 3 de mayo de 2018 Pág

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2016 Páx

XESTION DE SERVIZOS PARA O CONTROL DE ORGANISMOS NOCIVOS ( Nivel 3)

COMUNICACIÓN DE MODIFICACIÓN DE DATOS REXISTRAIS INSTRUCCIÓNS

Concello da Pobra do Caramiñal I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro Rúa Gasset, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7159

DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx

DOG Núm. 34 Viernes, 17 de febrero de 2012 Pág. 6172

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Exemplar para a Administración EUROS I. Modelo

PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á PROMOCIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE CAMBADOS 2018

MR437A - Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Nº 127 Mércores, 1 de xullo de 2009 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

DIRECCIÓN PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide coa anterior) TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

AXENCIA PARA A CALIDADE DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

IV CERTAME DE RELATO CURTO

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

"OBRADOIROS DE INGLÉS PARA O TURISMO RURAL, TERMAL E HOSTALEIRO

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

REXISTRO DE CERTIFICADOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES.

en Profesorado de Educación Secundaria, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas ou equivalente.

DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4670

Asdo.: Lourdes Buxaderas Juega

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Praza de Europa, 5 A 4º Polígono de Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

CURSO ACADÉMICO 2018/2019 SOLICITUDE PARA A CONVOCATORIA DE AXUDAS AO ESTUDO CUARTO CICLO UNIVERSITARIO

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx

Ed.01 16/07/2015 Páx. 1 de 8 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx

NORMAS PARA A TRAMITACIÓN DA INCORPORACIÓN DE PERSOAL CON CARGO A PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN - PROGRAMAS - SUBVENCIÓNS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Segundo apelido Segundo apellido Outros Otros. Número Número. Primeiro apelido Primer apellido Segundo apelido Segundo apellido NIE NIE

B o l e t í n M a r z o A P E G a l i c i a

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387

PE627A - Autorización de venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeria venda en lonxa.

Transcripción:

DOG Núm. 170 Luns, 8 de setembro de 2014 Páx. 37274 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA ORDE do 1 de setembro de 2014 pola que se convocan probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas. De conformidade co establecido no artigo 6.1 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), para desenvolver a función de control de acceso deberá contarse coa habilitación da dirección xeral con competencia na materia, tras a obtención do certificado acreditativo de ter superado as probas previstas no artigo 5 da norma mencionada, expedido pola Academia Galega de Seguridade Pública. Na súa virtude, no uso das facultades que teño atribuídas, DISPOÑO: Primeiro. Obxecto O obxecto desta orde é a convocatoria das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas. As probas rexeranse polo establecido nesta orde e nas bases xerais recollidas na Orde do 21 de abril de 2010 (DOG núm. 78, do 27 de abril). Segundo. Documentación Todos/as os/as aspirantes que desexen realizar as probas deberán presentar solicitude debidamente cuberta axustada ao modelo oficial que se publica no anexo desta orde. Xunto coa solicitude remitirase a seguinte documentación: Fotocopia compulsada do DNI ou NIE do/a solicitante, no caso de que o interesado/a non autorice expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao

DOG Núm. 170 Luns, 8 de setembro de 2014 Páx. 37275 Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Certificado de antecedentes penais, expedido polo Ministerio de Xustiza. Fotocopia compulsada do curso de iniciación, perfeccionamento ou equivalentes de coñecemento básico da lingua galega. Os aspirantes que acrediten documentalmente este coñecemento quedarán exentos da realización da proba consistente na tradución dun texto do galego para o castelán, que se realizará xuntamente coa proba de coñecemento. Xustificante do ingreso da taxa co selo da entidade bancaria con indicación da data. Dúas fotografías tamaño carné de identidade. A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Terceiro. Taxa Conforme dispón a Lei 6/2003, do 9 de setembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo a modificación introducida pola Lei de orzamentos para o ano 2011, a taxa por participación nas probas para obter a certifi-

DOG Núm. 170 Luns, 8 de setembro de 2014 Páx. 37276 cación acreditativa da habilitación será de 49,90 euros, que serán ingresados mediante o modelo xeral de autoliquidación de taxas. Poden acceder a el desde a páxina web da Axencia Tributaria de Galicia (www.atriga.es), a través da cal poderá pagar, no caso de non ter certificado dixital, de forma presencial (presentándose na entidade colaboradora, das cales existe unha listaxe pública nesa mesma páxina web, ou telematicamente con tarxeta bancaria. No caso de ter certificado dixital, poderá pagar accedendo á oficina virtual, de forma presencial, telematicamente mediante cargo en conta ou con tarxeta. As/os aspirantes deberán cubrir, nas partes habilitadas para o efecto no referido modelo de autoliquidación de taxas, tanto se o pagamento se fai de xeito presencial na entidade colaboradora coma telematicamente a través da oficina virtual da Axencia Tributaria de Galicia, os seguintes códigos: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Código: 04 Delegación de Pontevedra Código: 40 Servizo de Academia Galega de Seguridade Pública Código: 19 Taxa: Denominación: participación nas probas para obter certificación acreditativa da habilitación Código: 30.48.01 Total: 49,90 euros Ademais as/os aspirantes consignarán os seus datos persoais nas partes reservadas a tal fin no devandito modelo. Están exentos do pagamento desta taxa: 1. As/os aspirantes que figuren inscritas/os como desempregadas/os no Instituto Nacional de Emprego, que poderán autorizar a comprobación desta situación pola Administración, ou presentar o certificado acreditativo dela. 2. As/os aspirantes que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, acreditando documentalmente tal situación, agás no caso de que a situación de discapacidade

DOG Núm. 170 Luns, 8 de setembro de 2014 Páx. 37277 fose expedida pola Xunta de Galicia; en tal suposto pode autorizar a súa consulta ou ben presentar a certificación. A falta de xustificación do pagamento íntegro da taxa por dereitos de exame, dentro do prazo de presentación de solicitudes, determinará a exclusión da/do aspirante do proceso, sen que sexa posible emendar tal deficiencia nun momento posterior. Cuarto. Lugar e prazo de presentación de solicitudes As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia. Alternativamente tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

DOG Núm. 170 Luns, 8 de setembro de 2014 Páx. 37278 Quinto. Consentimentos e autorizacións A tramitación deste procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Por tanto, o modelo de solicitude que figura como anexo desta orde inclúe autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos nesta orde. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estean en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución. Sexto. Admisión A admisión dos aspirantes realizarase nos prazos e na forma prevista no artigo 5 das bases xerais. Sétimo. Data, tribunal cualificador e lugar de realización A data e composición do tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria coñeceranse na resolución que faga pública a relación definitiva de aspirantes admitidas/os á súa realización. As probas realizaranse na sede da Agasp (avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra).

DOG Núm. 170 Luns, 8 de setembro de 2014 Páx. 37279 Oitavo. Información aos/as interesados/as Sobre esta convocatoria poderase obter información adicional, na Academia Galega de Seguridade Pública, a través dos seguintes medios: a) Páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (http://agasp.xunta.es/es). b) No enderezo electrónico formacion.agasp@xunta.es c) No telefono da Agasp 886 20 61 10. d) No Servizo de Formación en Seguridade Pública na Agasp (avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra). Noveno. Datos de carácter persoal De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta orde, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Persoal de control de acceso cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Academia Galega de Seguridade Pública. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Agasp mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra, ou a través dun correo electrónico a agasp@xunta.es Disposición derradeira primeira Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde. Disposición derradeira segunda Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación. Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2014 Alfonso Rueda Valenzuela Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DOG Núm. 170 Luns, 8 de setembro de 2014 Páx. 37280 ANEXO PROCEDEMENTO ADMISIÓN AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DA HABILITACIÓN DO PERSOAL DE CONTROL DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS CÓDIGO DO PROCEDEMENTO PR471A DOCUMENTO SOLICITUDE DATOS DA PERSOA SOLICITANTE NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito) NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF ENDEREZO PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior) TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA OU SE DECLARA ESTAR EN PODER DA ADMINISTRACIÓN ACTUANTE Copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade. Certificado de antecedentes penais, expedido polo Ministerio de Xustiza. Xustificante bancario de ter aboada a taxa necesaria para participar nas probas (Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Código 30.48.01). Copia do xustificante da situación actual de desemprego, no caso de non autorizar a súa consulta no Servizo Público de Emprego Estatal. Copia do xustificante de ter unha discapacidade igual ou superior ao 33 %. No suposto de que fose expedido pola Xunta de Galicia, soamente se non autoriza a súa consulta. PRESENTADO CÓD. PROC. EXPTE. ANO Copia do título/diploma do curso de iniciación ou perfeccionamento de coñecementos básicos da lingua galega (os aspirantes que acrediten documentalmente este coñecemento estarán exentos de realizar a proba de galego). Dúas fotografías tamaño carné de identidade, no nome e apelidos escritos no dorso. Autorizo a Academia Galega de Seguridade Pública, de conformidade co artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 4 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia, para consultar a documentación indicada anteriormente. Así mesmo, declaro que a devandita documentación está vixente e que non transcorreron máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que corresponde. Autorizo a Academia Galega de Seguridade Pública para consultar os datos de identidade da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009. SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente) Autorizo a Academia Galega de Seguridade Pública para consultar os datos da situación actual de desemprego que están en poder do Servizo Público de Emprego Estatal, de conformidade co artigo 6.2.b) da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente) Este formulario tamén pode presentarse electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

DOG Núm. 170 Luns, 8 de setembro de 2014 Páx. 37281 ANEXO (continuación) No suposto que a situación de discapacidade igual ou superior ao 33% fose declarada pola Xunta de Galicia, autorizo a Academia Galega de Seguridade Pública para consultar os datos da referida situación, de conformidade co artigo 4 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente) En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmase de que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Academia Galega de Seguridade Pública, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a agasp@xunta.es LEXISLACIÓN APLICABLE Orde do 1 de setembro de 2014 pola que se convocan probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas. SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE E REPRESENTANTE Lugar e data, de de Academia Galega de Seguridade Pública Este formulario tamén pode presentarse electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es