CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Documentos relacionados
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN Y ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx CORRECCIÓN de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

DOG Núm. 34 Viernes, 17 de febrero de 2012 Pág. 6172

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

INFORMACIÓN AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS

Guía de procedementos e servizos

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA FORMULARIO EXERCICIO DEREITOS ARCO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx

MR437A - Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5699

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

"OBRADOIROS DE INGLÉS PARA O TURISMO RURAL, TERMAL E HOSTALEIRO

DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx

Nº 127 Mércores, 1 de xullo de 2009 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Gases fluorados: certificacións persoais

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

XESTION DE SERVIZOS PARA O CONTROL DE ORGANISMOS NOCIVOS ( Nivel 3)

en Profesorado de Educación Secundaria, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas ou equivalente.

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO ANO 2018 PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS Á INVESTIGACIÓN

FACULTADE DE MATEMÁTICAS CONVOCATORIA PRÁCTICAS CURSO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2018 Páx

Praza de Europa, 5 A 4º Polígono de Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2017/2018 ED. INFANTIL ED. PRIMARIA E.S.O.

Asdo.: Lourdes Buxaderas Juega

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

CONVOCATORIA DE ACCESO AO VIVEIRO DE EMPRESAS INNOVADORAS DA UDC

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

REXISTRO DE CERTIFICADOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES.

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

ANEXO A BASES DA CONVOCATORIA. I.1. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de cinco (5) prazas de marisqueo a pé na confraría de Vilaxoán.

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DE AUXILIAR-ASESOR DE CORREDOR DE SEGUROS

BASES PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN/DUNHA MONITOR/A SOCIOCULTURAL E DE TURISMO

ANEXO II PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME /RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

Firmante: Universidade da Coruña - Q J URL de validación: CSV: LNFKG78TC2K7CJUUNDNPDUQM

DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DA FASE I DO PROCESO DE SELECCIÓN DO PERSOAL TÉCNICO DA ASOCIACIÓN COSTA DA MORTE-GDR (GDR26)

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5494

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4712

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

Orixe: Dirección Xeral da División de Recursos Humanos do Sergas.

DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2011 Páx

SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN DESTINADA AO FOMENTO DO DEPORTE FEDERADO. ANO 2017

CADP 2018/2019 COMO EFECTUAR A TÚA PETICIÓN?

PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á PROMOCIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE CAMBADOS 2018

COMUNICACIÓN DE MODIFICACIÓN DE DATOS REXISTRAIS INSTRUCCIÓNS

ACORDA. PRIMEIRO.- Características das vivendas Número de vivendas: 8 Localización das vivendas: Poboado Mineiro de Fontao, Concello VILA DE CRUCES

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

PE627A - Autorización de venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeria venda en lonxa.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.- FOLLAS PARA O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PÁX. 1 SUMARIO:

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

(...) Rematada a realización do exame e realizada a corrección, o tribunal avaliador, por unanimidade dos seus membros presentes, acorda:

DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1508

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Convocatoria do I PREMIO INTERNACIONAL DE INVESTIGACIÓN EN INNOVACIÓN E ECONOMÍA CIRCULAR

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA INSTALACION DE QUIOSCOS NA VIA PUBLICA

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx

programas de incentivos ao autoemprego colectivo garantía xuvenil SUBVENCIÓNS 2015 BASES E CONVOCATORIA

ACORDA. Vivendas de promoción pública cualificadas en núcleo rural. TERCEIRO.- Réxime de adxudicación das vivendas da promoción

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

Convocatoria ordinaria de 2012

EDITA: Xunta de Galicia Consellería de Política Social Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Exemplar para a Administración EUROS I. Modelo

COMUNICACIÓN SOBRE A PROXECTADA TRANSMISIÓN DE ACCIÓNS OU PARTICIPACIÓNS SIGNIFICATIVAS INSTRUCIÓNS

Valorarase a puntuación obtida neste exercicio correspondente á última oposición da categoría.

Transcripción:

DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2610 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2012 (ED114A). De acordo co previsto no artigo 7 da Orde do 16 de xullo de 2007, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), publicada no DOG número 146, do 30 de xullo, logo da proposta formulada pola Comisión Central de Avaliación, convócanse as probas para a obtención dos certificados de coñecemento de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4. 1. Obxecto. Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2012. 2. Destinatarios. As persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes de finais do ano 2012, nacionais ou estranxeiras. 3. Prazo de inscrición. Desde o día seguinte a publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 3 de abril de 2012 (inclusive). 4. Datas de realización das probas. Celga 4: 2 de xuño de 2012. Celga 2: 3 de xuño de 2012. Celga 3: 9 de xuño de 2012. Celga 1: 10 de xuño de 2012.

DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2611 Se o número de aspirantes non permitise rematar as probas orais no día sinalado nesta resolución, a comisión de avaliación continuará con elas no día seguinte. 5. Lugares e niveis onde se van realizar as probas. Galicia España Probas Celga Nivel Santiago de Compostela Celga 1 Celga 2 Celga 3 Celga 4 A Coruña ------- Celga 2 Celga 3 Celga 4 Lugo ------- Celga 2 Celga 3 Celga 4 Ourense ------- Celga 2 Celga 3 Celga 4 Vigo ------- Celga 2 Celga 3 Celga 4 Barcelona Celga 1 Celga 2 Celga 3 Celga 4 Madrid Celga 1 Celga 2 Celga 3 Celga 4 Ponferrada Celga 1 Celga 2 Celga 3 Celga 4 Os lugares concretos e o horario indicaranse cando se fagan públicas as listaxes definitivas de admitidos e admitidas para cada convocatoria. 6. Contía das taxas de exame. Segundo o previsto na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, o importe da taxa para inscribirse nas probas Celga será de 15,61 euros. 7. Sistema de liquidación das taxas de exame. As persoas solicitantes presentarán, xunto coa solicitude, o xustificante do pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame. 7.1. Por imperativo legal, de conformidade co disposto na vixente Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, deberase aboar previamente, en concepto de dereitos de exame, o importe vixente no momento da publicación desta convocatoria e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, para o que se utilizará o impreso de autoliquidación. Este impreso facilitaráselles ás persoas interesadas en calquera rexistro ou oficina de atención ao cidadán da Xunta de Galicia. Os datos para cubrir o impreso son os seguintes: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Código: 07. Delegación de Servizos Centrais. Código: 13.

DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2612 Servizo de Secretaría Xeral de Política Lingüística. Código: 05. Denominación: inscrición nas probas Celga, homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e mais certificación do nivel correspondente, de ser o caso, cando se superan as probas. Código: 30 44 01. Poderase facer efectivo, así mesmo, o pagamento da taxa por internet nas entidades financeiras actualmente autorizadas. Para isto, deberán acceder á Oficina Tributaria, a través da oficina virtual na páxina web da Consellería de Facenda (www.conselleriadefacenda.es), premer a opción Tributos e logo a ligazón Taxas e Prezos. Neste caso, unha vez efectuado o pagamento telemático, imprimirase o xustificante de aboar a taxa, que será o que se achegue xunto coa solicitude. En ningún caso, a presentación deste xustificante suporá a substitución da presentación, en tempo e forma, da solicitude. 7.2. O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo da solicitude correspondente, ás persoas aspirantes que figuren na listaxe de excluídos/as. 7.3. A non presentación do xustificante de pagamento, no que figurará o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión da persoa solicitante. En ningún caso, a presentación deste xustificante suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude. 8. Inscrición para a realización das probas. Poderase realizar mediante a presentación da solicitude que figura no anexo desta convocatoria. Enviaránselle á sede central da Secretaría Xeral de Política Lingüística se pretende presentarse ás probas en Santiago de Compostela (niveis Celga 1, 2, 3 e 4) ou aos gabinetes provinciais de Política Lingüística das provincias nas que pretenda realizar as probas (niveis Celga 2, 3 e 4). Pódense presentar directamente no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, nos das súas xefaturas territoriais ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Para os solicitantes de fóra de Galicia, admitirase a presentación nos centros de estudos das universidades nas que se pretenda presentar ao exame, e enviarase unha copia ao enderezo de correo seguinte: sxpl.probascelga@xunta.es

DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2613 Na páxina web www.xunta.es/linguagalega figura un formulario que permite cubrir e editar a solicitude e unha ligazón para efectuar o pagamento telemático da taxa. Estes documentos están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es No caso de que a persoa aspirante padeza algunha discapacidade, expresará na solicitude o tipo desta e o apoio que precisará para realizar as probas. 9. Publicación da listaxe provisional de admitidos/as. A listaxe provisional de admitidos/as para cada un dos niveis e localidades publicarase na páxina web www.xunta.es/linguagalega, 30 días naturais antes da data de realización das probas. 10. Publicación da listaxe definitiva de admitidos/as. A listaxe definitiva de admitidos/as para cada un dos niveis e localidades publicarase na páxina web www.xunta.es/linguagalega, 15 días naturais antes da realización de cada unha das probas. 11. Publicación dos resultados das probas. Os resultados provisionais das probas publicaranse na páxina web: www.xunta.es/linguagalega, no prazo de 2 meses desde a realización dos exames. Os resultados definitivos das probas publicaranse na web: www.xunta.es/linguagalega, no prazo de 4 meses desde a realización das probas. 12. Procedementos de reclamación ou de revisión das probas. 12.1. No momento da realización das probas, os aspirantes poderán solicitar a aclaración das dúbidas que lles poidan xurdir en relación co exame e, de ser o caso, presentar ante o presidente da comisión sectorial a reclamación que consideren oportuna. No prazo de 3 días, a comisión sectorial que recibiu a reclamación enviaralla á Comisión Central de Avaliación (CCA), xunto cun informe sobre o seu contido. A CCA resolverá o que considere oportuno e comunicarallo á persoa interesada, ao enderezo e polo medio que designase para os efectos de notificacións, e á comisión sectorial correspondente. 12.2. Logo da publicación dos resultados provisionais, as persoas interesadas, mediante escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou ao enderezo de co-

DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2614 rreo sxpl.probascelga@xunta.es, poderán, no prazo de 10 días naturais, solicitar a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución definitiva e lles comunicará ás persoas interesadas os criterios que determinaron a cualificación obtida. 12.3. Logo da publicación dos resultados definitivos, as persoas interesadas poderán interpoñer, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación, un recurso de alzada, segundo o previsto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 28 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE número 16, do 19 de xaneiro e BOE número 30, do 4 de febreiro). 13. Desenvolvemento das probas. As persoas interesadas presentaranse 15 minutos antes da hora de entrada, no lugar e na data para a realización das probas, provistos de DNI, pasaporte ou documento que acredite a súa personalidade e bolígrafo. Non se admitirá ningún tipo de material de apoio. 13.1. Probas para o Celga 1: a proba escrita terá unha duración de 2 horas. Ao remate desta, publicaranse os chamamentos para a proba oral, nos que se indicará o día e a hora aproximada para a súa realización. Esta proba terá unha duración máxima de 10 minutos 13.2. Probas para o Celga 2: a proba escrita terá unha duración de 2 horas. Ao remate desta, publicaranse os chamamentos para a proba oral, nos que se indicará o día e a hora aproximada para a súa realización. Esta proba terá unha duración máxima de 10 minutos 13.3. Probas para o Celga 3: a proba escrita terá unha duración de 2.30 horas. Ao remate desta, publicaranse os chamamentos para a proba oral, nos que se indicará o día e a hora aproximada para a súa realización. Esta proba terá unha duración máxima de 15 minutos 13.4. Probas para o Celga 4: a proba escrita terá unha duración de 3 horas. Ao remate desta, publicaranse os chamamentos para a proba oral, nos que se indicará o día e a hora aproximada para a súa realización. Esta proba terá unha duración máxima de 15 minutos

DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2615 As probas orais serán gravadas como garantía do proceso. No ano 2012, os chamamentos para as probas orais realizaranse por orde alfabética de apelidos (do A ao Z). 13.5. As probas realizadas fóra de Galicia poderán realizarse coa presenza dun só técnico avaliador. No caso da proba oral, gravarase para ser avaliada e cualificada posteriormente pola Comisión Central de Avaliación. 14. Expedición e rexistro dos certificados. A Secretaría Xeral de Política Lingüística expediralles os certificados ás persoas que superen as probas. Os certificados constarán nun rexistro oficial no que figurarán o nome e apelidos, número de DNI ou pasaporte, lugar, data e resultados das probas e identificación alfanumérica dos certificados. A solicitude para participar nas probas comporta a autorización para o tratamento telemático dos citados datos para este fin. 15. Recurso contra a resolución de convocatoria das probas. Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación, un recurso de alzada, segundo o previsto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 28 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE número 16, do 19 de xaneiro e BOE número 30, do 4 de febreiro). Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2012. Anxo M. Lorenzo Suárez Secretario xeral de Política Lingüística

DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2616 ANEXO PROCEDEMENTO PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA: NIVEIS CELGA 1, 2, 3 E 4 (ANO 2012) CÓDIGO DO PROCEDEMENTO ED114A DOCUMENTO SOLICITUDE SOLICITUDE NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO DNI/PASAPORTE ENDEREZO LOCALIDADE CÓDIGO POSTAL PROVINCIA CONCELLO FAX TELÉFONO MÓBIL ENDEREZO ELECTRÓNICO PROBAS ÁS QUE SOLICITA PRESENTARSE TIPO SANTIAGO DE COMPOSTELA A CORUÑA LUGO OURENSE VIGO LOCALIDADE (indicar, cando sexa fóra de Galicia) CELGA 4 CELGA 3 CELGA 2 CELGA 1 DOCUMENTACIÓN QUE TEÑEN QUE PRESENTAR Solicitude. Xustificante do pagamento das taxas por dereitos de exame. Se padece algún tipo de discapacidade, debe indicar o apoio que precisa para a realización das probas: En cumprimiento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude serán incorporados a un ficheiro que ten como única finalidade a xestión deste procedemento. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei poderán exercelos perante este organismo. LEXISLACIÓN APLICABLE - Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga). DOG n.º 146, do 30 de xullo. - Resolución do 3 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral de Política Lngüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2012 (ED114A). SINATURA DO SOLICITANTE OU PERSOA QUE O REPRESENTA NOTA: as persoas que se presenten ás probas deberán levar o DNI/pasaporte e bolígrafo. GABINETE DE NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA DE Secretaría Xeral de Política Lingüística, SANTIAGO DE COMPOSTELA, de de