FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN OURENSE ACCESO E ADMISIÓN DE ESTUDANTES

Documentos relacionados
5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

Guía para a coordinación do Grao en Ciencias do Mar

Pequena guia de acollida na Facultade

MÁSTER EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA PLAN DE COORDINACIÓN DOCENTE INFORME DE ACCIÓNS ACADÉMICAS E DE COORDINACIÓN VERTICAL E HORIZONTAL EMPRENDIDAS

CURSO DE ADAPTACIÓN AO GRAO EN EDUCACIÓN INFANTIL FACULTADE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DE OURENSE

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

CURSO DE ADAPTACIÓN AO GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA FACULTADE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DE OURENSE

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

Para cada colectivo, os criterios de selección específicos son os seguintes:

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS

Programa de Educación Familiar I

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

NORMATIVA DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL CON CARGO A ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN (I+D+i)

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

CONVOCATORIA DE ACCESO AO VIVEIRO DE EMPRESAS INNOVADORAS DA UDC

Acollemento do persoal

Guía de procedementos e servizos

Instituto de Educación Secundaria Leixa. Bacharelatos Ciclos formativos de Artes Gráficas e Sanidade

Actividades formativas desenvolvidas polo CAFI

NORMATIVA SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE DO ALUMNADO NA FACULTADE DE DEREITO

MEMORIA PARA O PROGRAMA CONXUNTO DE ESTUDOS OFICIAIS DO GRAO (PCEO) DO GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS E O GRAO EN INFORMÁTICA (Campus

Guía de recursos dixitais da web da UDC

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

MEMORIA PARA O PROGRAMA CONXUNTO DE ESTUDOS OFICIAIS DO GRAO EN TURISMO E O GRAO EN XEOGRAFÍA E HISTORIA (Campus de Ourense) Aprobado en:

Rúa Atalaia nº Porto do Son (A Coruña) CIF: P B Tlfno: Fax: ADHESIÓN REDE EUSUMO CONCELLO DE PORTO DO SON

Educación, cultura e lecer

PROCEDEMENTO P-PRL 17

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

Contornos virtuais como soporte ao proceso docente (Campus de Vigo)

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

PROXECTO DE REGULAMENTO DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA DE CAMBIO DE GRUPO

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

En Santiago de Compostela, once de xaneiro de dous mil trece REUNIDOS

PROGRAMACIÓN PLURIANUAL Aprobada pola Xunta de Facultade o 14 de marzo de 2017

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

Servizo de información, asesoramento e orientación sobre recursos e servizos dispoñibles: Apoio na xestión e tramitación de recursos

Unidade de análises e programas INFORME 2016

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

FACULTADE DE MATEMÁTICAS CONVOCATORIA PRÁCTICAS CURSO

MÁSTER EN ECONOMÍA: ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL E MERCADOS FINANCEIROS

Normativa xeral Páxina 1

ADAPTACIÓN POR BLOQUE: CON 60 CRÉDITOS SUPERADOS Diplomatura en Ciencias Empresariais Campus de Lugo (971P01) Código. Carácter. Créditos.

O CAMIÑO DE DOWN GALICIA

Valorarase a puntuación obtida neste exercicio correspondente á última oposición da categoría.

CRITERIOS ESPECÍFICOS DE SELECCIÓN E DISTRIBUCIÓN DE PRAZAS

PROPOSTA DO COMITÉ DE EMPRESA DE PONTEVEDRA DA CARREIRA PROFESIONAL PARA O PAS LABORAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. Índice. PROCEDEMENTO Accesos e admisión. AC: xestión académica

COLEGIO MIRALBA PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (PAU)

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS DE ARTE E SUPERIORES DE DESEÑO (EART)

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de dous mil dezasete

Xestión do PAS PROCEDEMENTO CÓDIGO PE-01 P1 ÍNDICE 04 REDACCIÓN VALIDACIÓN APROBACIÓN. Data e sinatura Data e sinatura Data e sinatura

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Bases do concurso. Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO:

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Ambos os comparecentes se recoñecen mutuamente plena capacidade para formalizar o presente protocolo de colaboración e, en consecuencia,

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Convocatoria ordinaria de 2012

INFORME 2012 XUVENTUDE 2013: UNHA EXTRATEXIA PARA A MOCIDADE GALEGA III PLAN ESTRATÉXICO DE XUVENTUDE EIXES TRANSVERSAIS EIXO DE ACCIÓN 2 EMPREGO

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

A Área de Emprego e Emprendemento BOTÁMOSCHE UNHA MAN. Área de Emprego e Emprendemento

Xuntanza Seguimento Actuacións para o impulso ao Software libre en Galicia

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

e actuacións, introducindo a reflexión fundamentada e apoiada nos coñecementos teóricos.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Santiago de Compostela, nove de marzo de dous mil quince

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa

A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.

Facultade de Fisioterapia REGULAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

UNIDADE DE ATENCIÓN TEMPERÁ TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO E INTERVENCIÓN FAMILIAR MEMORIA 2014

Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

En Santiago de Compostela, seis de outubro de dous mil dezaseis REUNIDOS

Bases do concurso. Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO:

Descrición do programa

ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR TÍTULOS DE GRAO GRAO EN ENXEÑARÍA CIVIL

Prof. Dra. Marisa Castro Coordenadora P.U.M. - Vigo PROGRAMAS UNIVERSITARIOS PARA MAIORES

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

INTRODUCIÓN AOS ESTUDOS DE DEREITO CURSO CERO

Instrucións e procedemento para racionalizar os horarios dos estudos do Grao en Dereito

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

espazoabalar Guía abalarmóbil

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

PLAN ESTRATÉXICO DA FACULTADE DE PSICOLOXÍA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA,

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

QUINTO INFORME DE SEGUIMENTO DO GRAO EN DEREITO (COORDINADOR DE GRAO)

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA HABILIDADES E COMPETENCIAS NA DIRECCIÓN DE COCIÑA HOTR061PO

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

CRITERIOS DE EVALUACIÓN

Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón:

LABORATORIOS COOPERATIVOS. Subvencións

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce REUNIDOS

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

Transcripción:

ACCESO E ADMISIÓN DE ESTUDANTES Matrícula Os estudantes de novo acceso poden atopar na web (www.uvigo.es ou no enderezo http://ciug.cesga.es/index.html ) tódala información necesaria para preinscribirse no Grao do Título (Probas de acceso, admisión e atrícula, Grupos de traballo, titulación, así como o lugar de acceso para a entrega e recollida de información [LERD]). Tamén os estudantes preinscritos de novo acceso ou que xa tuveran cursado estudos universitarios do título conducente ao Grao en anos anteriores ou noutras universidades, poderán matricularse telematicamente no curso desexado accedendo a través do seguinte enderezo web que aparece na páxina da universidade de Vigo (www.uvigo.es ou a través do enderezo http://www.uvigo.es/uvigo_gl/administracion/alumnado/). Asemade, poderán atopar toda a información que precisen sobre os pasos e trámites que hai que facer para matricularse. Información previa á matriculación sobre acceso e admisión Criterios de acceso e admisión O acceso aos ensinos oficiais de Grao en Mestre de Educación Primaria pola Universidade de Vigo requerirá estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente e a superación da proba á que se refire o artigo 42 da Lei Orgánica 6/2001, de Universidades, modificada pola Lei 4/2007, de 12 de abril, sen prexuízo dos demais mecanismos de acceso previstos pola normativa vixente, tal e como indica o artigo 14 do RD 1393/2007 polo que se establece a ordenación de ensinos universitarios oficiais. Non existen criterios de acceso distintos dos derivados da limitación de prazas de novo ingreso e os establecidos pola lexislación vixente para os estudos de graduado. O número de prazas ofertadas é de 75 que serán asignadas tendo en conta a nota media obtida na súa etapa de formación precedente. En canto ao perfil de acceso, debemos sinalar que este é amplo, o que permite que independentemente do bacharelato cursado o estudante poida acceder a estes estudos. Páxina 1 de 7

Procedemento de acollida dos estudantes de novo ingreso 1) Actividades de acción titorial Ao comezo do curso académico lévase a cabo un Plan de Acollida e Información Continuada dirixido aos estudantes de novo ingreso, para facilitar a súa incorporación á titulación desta Universidade. Este Plan de Acollida está organizado e coordinado polo Equipo Decanal e nel participan tamén profesores que imparten docencia en primeiro curso, persoal de Administración e Servizos, e alumnos/as de Educación Infantil de cursos superiores. Nas actividades de que consta o Plan de Acollida, infórmase aos estudantes de novo ingreso sobre os seguintes aspectos: Estructura organizativa da Universidade de Vigo. Organización da Facultade de Ciencias da Educación. Sentido e estrutura dos estudos de Educación. Organización do Prácticum. Recursos e lugares nos que atopar información relevante para o alumnado, como a relativa a bolsas, horarios de clase ou titorías, calendario de exames, etc. Funcionamento e localización de diferentes servizos e infraestruturas, como biblioteca de Campus, aulas de informática, laboratorios, edificio administrativo ou polideportivo. Localización dos diferentes despachos de profesores, onde levan a cabo, no seu maior parte, as titorías. Asociacións de alumnos/as da titulación, con indicación das súas funcións básicas. Participación do alumnado nos órganos de goberno da titulación, a facultade e a universidade. Ao longo do curso lévanse a cabo diversas sesións formativas, como por exemplo sobre o uso das bases de datos, na Biblioteca de Campus. Tamén existen diferentes organismos e accións que ofrecen asesoramento sobre o acceso ao exercicio profesional dos estudantes futuros egresados: A Oficina de Orientación ao Emprego, dotada con persoal técnico en orientación, que proporciona orientación profesional para o emprego; xestiona e fomenta as prácticas de estudantes en empresas e institucións, baixo convenios de Cooperación Educativa; e xestiona ofertas de emprego de perfil universitario para egresados da Universidade de Vigo. Páxina 2 de 7

A Oficina de Iniciativas Empresariais, dotada con persoal técnico en creación de empresas, que proporciona aos universitarios información, asesoramento e formación naqueles aspectos necesarios para o exercicio profesional por conta propia ou para pór en marcha unha iniciativa empresarial. EURES (EUropean Employement Services). A Universidade de Vigo é a única de España que forma parte da rede EURES. Esta ten por obxecto facilitar a libre circulación de traballadores/as na Unión Europea. Os seus obxectivos son: informar e asesorar aos candidatos á mobilidade tanto sobre oportunidades de emprego como sobre condicións de vida e de traballo para o desenvolvemento da súa profesión; asesorar aos traballadores e empresarios das rexións transfronteirizas. Entre as actividades que organiza están: (a) Forumempleo Universitario (xornadas universitarias de emprego de Galicia e Norte de Portugal, en 2013, a 12ª edición), nas que se informa aos/as universitarios/as sobre posibles saídas profesionais, proporcionándolles ferramentas para a procura de emprego, achegándolles ás entidades empleadoras a este colectivo específico universitario; (b) Talleres de técnicas e procura activa de emprego na Eurorexión Galicia-Norte de Portugal; (c) Xornadas de Comunicación EUREST- Universidade con colexios e asociacións profesionais da Euro-rexión (en 2009, 2ª edición). A Universidade de Vigo conta co seu propio Gabinete Psicopedagóxico. Este Gabinete está a disposición dos/as estudantes para fortalecer a autonomía, a autoestima, a autoaprendizaxe e os valores fundamentais que propicien o equilibrio persoal e melloren a calidade de vida do alumnado. Ademais, a Universidade ten en marcha un programa de apoio á integración de alumnado con necesidades educativas especiais (PIUNE) para facilitar a correcta realización das súas actividades académicas e garantir o seu dereito ao estudo. Para potenciar e facilitar a mobilidade dos/as estudantes, organízanse en datas chave charlas informativas por parte da Oficina de Relacións Internacionais (ORI) e pola propia Facultade. Tamén existe unha persoa como Coordinadora dos Programas Erasmus, SICUE, para a titulación de Educación Infantil. Entre as súas funcións están a de orientar e aconsellar aos alumnos na súa elección de destino ou na selección das materias a cursar. Así mesmo, no Campus de Ourense unha traballadora coordina os labores propios da Oficina de Relacións Internacionais, no referente aos alumnos da titulación que se van a outros lugares (información xeral, comunicación,...). 2) Asesoramento Como a duración do Grao é de catro cursos académicos, a orientación dos/as estudantes e extensible a calquera curso académico. Por este Páxina 3 de 7

motivo, creáronse diferentes figuras de coordinación, que asesoran e atenden ás cuestións relacionadas coas súas competencias: - Coordinadora/a do título: atende a todas as consultas de tipo xeral, previamente ao proceso de matriculación e dentro xa do período do curso académico. - Coordinadora/a do Traballo Fin de Grao: elabora todos os materiais informativos relativos ao TFG, que son transmitidos ao alumnado a través da plataforma FAITIC, atendendo a calquera tipo de dúbida que podan presentar. - Titor/a do Traballo Fin de Grao: Durante o Prácticum, tanto para as actividades na institución, como para as que requiren actividade na aula, terá atención personalizada por parte do profesorado do Prácticum que terá un horario específico para a titorización do Prácticum compatible coa estadía do alumnado na institución. - Coordinadora/a do Prácticum: elabora todos os materiais informativos relativos ao Prácticum, que son transmitidos ao alumnado a través da plataforma FAITIC, atendendo a calquera tipo de dúbida que poidan presentar. - Coordinación coas institucións externas: asesora sobre o tipo de actividades que se realizan nas diferentes institucións e servizos nos que se poden realizar o Prácticum, e inicia o procedemento de creación de novos convenios, nalgúns casos propostos polos propios estudantes. - Coordinadores/as de materias: constitúen o punto de contacto para calquera cuestión que poida xurdir sobre cada materia en concreto. Condicións ou probas de acceso especiais. Non se establecen condición de acceso, requisitos ou probas especiais e adicionais para este Grao. Información sobre apoio e orientación aos/ás estudantes Ao longo de cada curso, lévanse a cabo diferentes actividades paralelas que complementan o proceso habitual de ensino aprendizaxe, emendando posibles deficiencias e ampliando perspectivas en coñecementos e áreas Páxina 4 de 7

que xa coñecen os estudantes. Neste sentido, organízanse xornadas, congresos, ciclos de conferencias, talleres, etc. En momentos puntuais, nos que se considera que o alumno necesita especial atención, prográmanse reunións sobre aspectos concretos: elección de optativas, de centro no que realizar as prácticas, etc. Existe unha Delegación de Alumnos/as que, aparte dos protocolos establecidos por o Sistema de Garantía de Calidade para a canalización de suxestións e reclamacións, serve de enlace entre os estudantes (individual ou colectivamente) e o Equipo Decanal. A Facultade pon á súa disposición os medios necesarios e unha partida orzamentaria para que poidan cumprir a súa tarefa de representación e outras, como facilitar a realización de propostas e iniciativas do alumnado. Ademais de todo o anterior, a Facultade de Ciencias da Educación de Ourense posúe un Plan de Acción Titorial. Os obxectivos deste Plan son os seguintes: - Informar e orientar ao novo alumnado sobre a estruturación e o funcionamento da Facultade de Ciencias da Educación para lograr, así, unha maior integración no contexto universitario. - Facilitar o proceso de adaptación do ensino secundario, dos ciclos formativos, ou doutras vías de acceso á Universidade. - Contribuír á integración do alumno no Campus Universitario e na cidade de Ourense. - Informar ao estudante sobre cuestións académicas e/ou profesionais. - Fomentar a participación do alumnado nos distintos ámbitos da vida universitaria. - Analizar o desenvolvemento do alumnado tanto no plano académico como no persoal. - Valorar a necesidade do apoio titorial como instrumento de coñecemento e reflexión no proceso de formación universitaria. - Axudar ao alumnado, na medida do posible, naqueles problemas ou situacións que lles provoquen inquietude e ansiedade. Páxina 5 de 7

O Plan de Acción Titorial estructúrase en catro niveis diferentes: 1º Nivel: Dirección do centro. Composto polo equipo decanal, que será o responsable da elaboración e estructuración do plan e que velará polo bo funcionamento do mesmo. As súas accións deberán ser aprobadas previamente pola Xunta de Facultade. 2º Nivel: Coordinador do Plan de Acción Tutorial. Encargado da implementación do mesmo, do seu seguimento e da avaliación continua e final. A súa actuación debe estar en consonancia co establecido polo equipo decanal. 3º Nivel: Profesores/as Titores/as do Grao. Serán os/as encargados/as de aplicar o Plan de Acción Tutorial desta Facultade. 4º Nivel: Suxeitos aos que vai dirixida a tutela. De forma específica, aos/as estudantes de primeiro curso e, de forma xeral, ao resto do alumnado do centro. Respecto deste Plan de Acción Tutorial, existe acordo de que: Deberíanse ofrecer a posibilidade ao alumnado (voluntario para eles/as); O profesorado tamén participará de forma voluntaria; Cando sexa necesario, o/a profesor/a titor/a deriva ao alumno/a cara a outro/as compañeiros/as máis especializados no ámbito no que soliciten información Ademais tamén se pode atopar outras cuestións relacionados co ingreso e estancia na Universidade de Vigo relacionados coa financiación de estudos, convalidacións, premios, deportes, cultura,..., no enlace web http://www.uvigo.es/uvigo_gl/vida/informacion/. Información sobre o curso ponte ou de adaptación Os cursos de adaptación planifícanse como un conxunto de materias extraídas do propio plano de estudos do Grao en Educación Primaria. Con independencia do título de Mestre de acceso, en todos os itinerarios faise necesario para a obtención do Título de Grao de Primaria a realización do Traballo de Fin de Grao. O resto das materias do curso de adaptación Páxina 6 de 7

están encamiñadas a subsanar as carencias da súa formación de acceso. Pódese consultar toda a información sobre estes cursos de adaptación no apartado 4.5 da nova memoria de grao. O Título de Grao obtido mediante estes cursos de adaptación non contempla a adquisición de ningunha mención. No caso de que se desexe obter unha mención específica, o alumnado deberá cursar un total de 24 créditos optativos da mención correspondente. Poderase solicitar recoñecemento de créditos no caso de que teñan superadas na titulación de acceso materias equivalentes. Páxina 7 de 7