I.E.S. Xulián Magariños PLAN DE CONVIVENCIA I.E.S XULIÁN MAGARIÑOS NEGREIRA

Documentos relacionados
A CONVIVENCIA POSITIVA: MEDIACIÓN ESCOLAR E A EDUCACIÓN EMOCIONAL IES XULIÁN MAGARIÑOS DE NEGREIRA ADELINO POSE REINO BEGOÑA CORTÉS FERRO

PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN N E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA. Santiago de Compostela, 31 de xaneirode 2014

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

Instituto de Educación Secundaria Leixa. Bacharelatos Ciclos formativos de Artes Gráficas e Sanidade

ACTIVIDADES MÓDULO II

PROCEDEMENTO P-PRL 17

Resumo da elaboración I PLAN DE IGUALDADE DO CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Programa de Educación Familiar I

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

novas leis, novas demandas PARA EDUCAR EN IGUALDADE A mulleres E homes

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

AS SECCIÓNS BILINGÜES A IMPLANTACIÓN DO PORTUGUÉS NO ENSINO REGRADO GALEGO

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

De acordo co anteriormente exposto, esta dirección xeral, DISPÓN:

ADDENDA DO PROXECTO LINGÜÍSTICO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

Guía para a coordinación do Grao en Ciencias do Mar

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

En Santiago de Compostela, once de xaneiro de dous mil trece REUNIDOS

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

III.5.2. OE 2: Reforzo da capacidade institucional e financeira de Galicia

Descrición do programa

PLAN LECTOR DE CENTRO

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO

Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de. bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Acollemento do persoal

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

LABORATORIOS COOPERATIVOS. Subvencións

ANEXO III: PLAN ANUAL DE LECTURA.

ORGANIGRAMA DO CPR. LUIS VIVES CURSO 2017/18

PLAN PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA LABORAL NO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

CEIP MANUEL SUEIRO. Este documento foi presentado ao Claustro e ao Consello Escolar o día 10/10/2017.

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS DE ARTE E SUPERIORES DE DESEÑO (EART)

- -& - -# - ) -3 ;<3

Regulamento de Constitución e Funcionamento do Consello Municipal da Muller

2.1. Escalas e cuestionarios empregados

Xuntanza Seguimento Actuacións para o impulso ao Software libre en Galicia

PROGRAMA VOLUNTARIADO VOCES DE APOIO: ILLAS CÍES PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Normas de convivencia no centro

REGULAMENTO DAS FIGURAS HONORÍFICAS DE PROFESOR E INVESTIGADOR AD HONOREM DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Programa de Cidadanía Activa: Promoción de Vida Independente

AUTISMO GALICIA celebra a súa primeira ASEMBLEA XERAL do 2018

MASTER UNIVERSITARIO EN MARKETING, CONSULTORÍA E COMUNICACIÓN POLÍTICA

O CAMIÑO DE DOWN GALICIA

Ambos os comparecentes se recoñecen mutuamente plena capacidade para formalizar o presente protocolo de colaboración e, en consecuencia,

Normativa xeral Páxina 1

Programa Anual de actividades culturais e de promoción das ensinanzas do CMUS Profesional de Música de Vigo

PROGRAMACIÓN DE CICLO DO EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL

MÁSTER EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA PLAN DE COORDINACIÓN DOCENTE INFORME DE ACCIÓNS ACADÉMICAS E DE COORDINACIÓN VERTICAL E HORIZONTAL EMPRENDIDAS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A SELECCIÓN, TRANSFERENCIA DA CUSTODIA E O ACCESO AOS DOCUMENTOS

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA. X lexislatura Número de decembro de 2018

Protocolo de Prevención e Resolución de Procesos de Acoso Psicolóxico nas Relacións Laborais

Actividades formativas desenvolvidas polo CAFI

PROGRAMACIÓN DO ÁMBITO SOCIAL: EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS

Curso de prevención e intervención ante o acoso e ciberacoso escolar

ACTIVIDADES MÓDULO II

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

OE 1.4. Atención ao benestar social

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

MEMORIA DA ACTIVIDADE

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONVOCATORIA DOS PROGRAMAS DE TECNIFICACIÓN E RENDEMENTO DEPORTIVO NO CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA CURSO 2012/13

Impulsando a empresa galega saudable

O VOLUNTARIADO E A INMIGRACIÓN Inmigración, xuventude e Voluntariado

PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN E ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS CUESTIONARIO DE AUTOAVALIACIÓN PARA AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

Curso COTSG. Casos Prácticos nos Servizos Sociais Comunitarios: Por que cambian as persoas?

SOLICITUDE ALTA/BAIXA DE ESPECIALIDADE EN e-interconsulta

e actuacións, introducindo a reflexión fundamentada e apoiada nos coñecementos teóricos.

AS COMPETENCIAS PROFESIONAIS DOCENTES. Modelo competencial da Rede de Formación

PROXECTO DE REGULAMENTO DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA DE CAMBIO DE GRUPO

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

PLAN ESTRATÉXICO DA FACULTADE DE PSICOLOXÍA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA,

Contornos virtuais como soporte ao proceso docente (Campus de Vigo)

Instrucións e procedemento para racionalizar os horarios dos estudos do Grao en Dereito

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

Ao mesmo tempo, pretende valorar o esforzo demostrado polos centros públicos en potenciar accións que os dinamicen.

Transcripción:

I.E.S. Xulián Magariños PLAN DE CONVIVENCIA I.E.S XULIÁN MAGARIÑOS NEGREIRA 2013-14

INDICE: 1. INTRODUCCIÓN 2. FUNDAMENTACIÓN DO PLAN DE CONVIVENCIA 3. OBXECTIVOS PARA LOGRAR IMPLICAR AOS DISTINTOS SECTORES DA COMUNIDADE EDUCATIVA 4. FUNCIÓNS DOS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA 5. CRITERIOS DE ACTUACIÓN RESPECTO AO ALUMNADO QUE PRESENTA ALTERACIÓNS CONDUCTUAIS QUE DIFICULTAN A CONVIVENCIA ESCOLAR. 6. NORMAS E PROCEDEMENTOS DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS 7. AVALIACIÓN E SEGUEMENTO DO PLAN. 8. ANEXOS.

1. INTRODUCCIÓN PLAN DE CONVIVENCIA No proceso de elaboración deste plan podemos sinalar as seguintes fases: Curso 2007-08: Instrucións recibidas pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa sobre a constitución do Observatorio de Convivencia nos centros educativos e para a elaboración do Plan de Convivencia (17/10/2007). Información ao Claustro sobre estas instrucións o día 22/10/2007 e creación do Observatorio de convivencia (Consello Escolar do 22/10/07). Elaboración dunha enquisa sobre a convivencia no centro. Curso 2008-09: Renovación do observatorio de Convivencia (Consello Escolar 9/10/2008). Curso 2009-10: Informe sobre os cambios no Regulamento de Réxime interior ao Consello Escolar (20/10/09). Curso 2010-11: Formación do alumnado mediador no centro nos cursos de 1º e 3º da ESO, coa colaboración da ANPA e impartido polo Instituto Psicolóxico para o cambio. Creación dun grupo de traballo entre o profesorado sobre a Formación en mediación de conflitos. Colaboración co Concello de Negreira nun protocolo sobre Violencia de Xénero no que participaban diferentes institucións: Servizos Sociais, Policía Local, Garda Civil, Centro de Información da Muller, Centro de Saúde, Colexio de Primaria, Instituto e Xulgado. Elaboración dos impresos e as instrucións para poñer en marcha a Aula de Convivencia. Curso 2011-12:

Completar a formación do alumnado mediador, durante o primeiro trimestre deste curso. Creación do Servizo de Mediación do centro co alumnado formado e coa elección dunha coordinadora responsable do proxecto (Información no Claustro o 17/10/12). Formación dun grupo de traballo do profesorado denominado Os grupos: a súa formación e dinámica. Presentación das novas normas de convivencia 23/1/2012. 2. FUNDAMENTACIÓN DO PLAN A Asemblea das Nacións Unidas proclama no ano 1999 a Declaración sobre unha Cultura de Paz co fin de que os gobernos, as organizacións internacionais e as sociedades civís poidan orientar as súas actividades promovendo e fortalecendo unha cultura da paz no novo milenio. No artigo nº 4 establece que a educación, a todos os niveis, é un dos medios fundamentais para edificar unha cultura da paz. En España, apróbase a Lei 27/2005, do 30 de decembro, do Fomento da Educación e da Cultura da Paz. Nela se recomendan unha serie de medidas concretas destinadas ao eido educativo e da investigación co obxecto de establecer a cultura da paz e da non violencia na nosa sociedade. Na LOE, Lei 2/2006 do 3 de maio, de educación, recóllese o seguinte principio A educación para a prevención dos conflitos e para a súa resolución pacífica así como a non-violencia en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social. Esta lei tamén pretende que o sistema educativo se oriente a consecución dunha serie de fins entre os que destacan: A Educación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade. A Educación no exercicio da tolerancia e da liberdade dentro dos principios democráticos da convivencia, así como na prevención de conflitos e a súa resolución pacífica. A formación para a paz, o respecto aos dereitos humanos, a vida en común, a cohesión social, a cooperación e

solidariedade entre os pobos así como a adquisición de valores que propicien o respecto cara os seres vivos e o medio ambiente, en particular ó valor dos espazos forestais e o desenvolvemento sustentable. A Lei Orgánica de Educación establece, en cada etapa educativa, unha serie de obxectivos relacionados coa Cultura de Paz : Na Educación Secundaria Obrigatoria: Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións cos demais, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo, os comportamentos sexistas e resolver pacificamente os conflitos. No Bacharelato: Consolidar unha madurez persoal e social que lles permita actuar de xeito responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais. Na Formación Profesional: Aprender por si mesmos e traballar en equipo, así como formarse na prevención de conflitos e na súa resolución pacífica en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social. Fomentar a igualdade efectiva de oportunidade entre os homes e mulleres para acceder a unha formación que permita todo tipo de opcións profesionais e o exercicio destas. En Galicia o Decreto 85/2007, do 12 de abril, do Observatorio Galego da Convivencia Escolar (DOG 8 de maio de 2007), ten como obxecto crear e regular dito observatorio como instrumento destinado a aplicar as medidas que para o ámbito educativo establece a Lei 27/2005 mencionada con anterioridade. En Outubro de 2007 dítanse instrucións sobre a constitución do Observatorio de convivencia nos centros educativos e para a elaboración do plan.

O observatorio da convivencia é un órgano colexiado para reflexionar e investigar en relación co estado da convivencia no centro e deseñar estratexias que se deberán adoptar para o fomento da cultura de paz e para mellorar o clima da convivencia escolar. A súa composición é: director/a, xefe/a de estudos, de un a catro representantes do profesorado (incluído a persoa coordinadora da mediación), o orientador/a, unha representante do alumnado, un representante das familias, unha persoa encargada da coeducación, un representante do persoal non docente, titores/as relacionados co tema a tratar en cada sesión e profesionais do Concello ( Educación, Sanidade, Servizos sociais.). As funcións do Observatorio da Convivencia son: - Dinamizar o plan de convivencia. - Elaborar un informe anual da análise da convivencia. - Informar trimestralmente ao Consello Escolar. - Coordinar as actuacións conxuntas dos ámbitos implicados e relacionados coa mellora do clima escolar. - Propoñerlle á Administración educativa as medidas oportunas para a mellora da convivencia. A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), fala dun Proxecto Educativo de centro (PEC) que ten que incluír o Plan de Acción Titorial (PAT) e o Plan de convivencia. Aínda que non se cita o Regulamento de Réxime interior (RRI) é obvio que este regulamento debe incluírse no PEC. Enténdese o Regulamento de Réxime Interior (RRI) como o documento que establece a forma democrática de organización que adopta cada centro tomando como base os dereitos e obrigas que lle corresponden a cada integrante da comunidade educativa. (Anexo RRI). Dende o Plan de convivencia recolleranse propostas para realizar dende o Plan de acción titorial como, por exemplo, actuacións promotoras de valores democráticos de convivencia, de cultura de negociación e diálogo. En dito plan, no bloque de obxectivos deberá figurar: a necesidade de coñecer e valorar as características do grupo de alumnos/as, integrar ao novo alumnado, contribuír a unha formación integral e promover a participación das familias. No bloque de actuacións: revisión do expediente persoal do alumnado,

planificación das titorías a desenvolver en cada curso, coordinación cos titores/as, atención á diversidade, asesoramento á comunidade educativa (Anexo Plan de Acción Titorial). 3. OBXECTIVOS PARA LOGRAR IMPLICAR AOS DISTINTOS SECTORES DA COMUNIDADE EDUCATIVA. Obxectivos xerais: - Mellorar a convivencia do noso centro construíndo unha estrutura de centro coordinada, informada e organizada. - Establecer relacións baseadas na corresponsabilidade, o traballo en equipo, tendo en conta aos diferentes membros da comunidade educativa. - Favorecer unha cultura de centro onde se intente acadar o benestar de todas as persoas. - Promover un clima escolar que favoreza positivamente os procesos de ensino e aprendizaxe. Obxectivos específicos: - Tratar en todos as CCP, Claustros e Consellos Escolares como punto na orde do día a convivencia do centro, favorecendo a súa reflexión e implicando en este aspecto a toda a comunidade educativa. - Fomentar a resolución pacífica dos conflitos, promovendo a mediación do alumnado dentro do instituto: favorecendo o seu coñecemento, formación e intercambio de experiencias con outros centros (Anexo Programa Mediación). - Recoller no Plan de Acción Titorial (PAT) diferentes accións para levar a cabo na hora de titoría que favorezan a cultura de respecto e diálogo entre o alumnado e profesorado. - Favorecer a formación, reflexión e implicación de grupos de traballo do profesorado que reflexionen en diferentes aspectos do centro relacionados coa convivencia e que propoñan iniciativas que promovan a resolución pacífica dos conflitos. Algunas propostas de traballo para implicar á Comunidade: - Liñas de colaboración con outras entidades: Concello, Garda Civil, Sanidade, Xustiza, ONGs. (Por exemplo o Protocolo de

actuación contra a violencia de Xénero feito en colaboración diferentes entidades do Concello). (Anexo Protocolo Violencia de Xénero) - Recoller no RRI as accións e propostas de actuación para a mellora da convivencia dende a perspectiva dos diferentes membros da comunidade educativa. - Elaboración consensuada con todos os membros da comunidade educativa das normas de convivencia do centro. - Elaboración de protocolos de actuación ante as alteracións da convivencia. - Mellora da comunicación e da relación dos diferentes membros da comunidade educativa a través da súa participación en actividades do centro nun ambiente distendido e cordial (Por exemplo a celebración de 30 anos de ensino en Negreira na que estaban implicados os diferentes membros da comunidade). - Con respecto as familias: facilitarlles información, unha atención individualizada, promover reunións pais/nais, colaborar coa ANPA facilitando recursos e espazos para as reunións. Neste centro levamos dous anos colaborando coa ANPA na Escola de Pais e Nais que se realiza no instituto e en diferentes parroquias do entorno. 4. FUNCIÓNS DOS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA. Comunidade Educativa Consello Escolar Equipo Directivo Claustro Alumnado Funcións A súa participación na convivencia será a través do Observatorio de Convivencia. Coordinar e elaborar propostas en relación a o Regulamento de Réxime Interior (RRI) e as normas, así como de xestión do centro: organización, coordinación, recoñecemento e información. Coñecer e respectar o plan. Participar na elaboración de propostas. Coñecer e respectar o plan.

Persoal non docente Pais/nais/ Titores legais Participar na elaboración de propostas. Coñecer e respectar o plan. Participar na elaboración de propostas. Coñecer e respectar o plan. Participar na elaboración de propostas. 5. CRITERIOS DE ACTUACIÓN ANTES POSIBLES SITUACIÓNS DE ACOSO ESCOLAR. É imprescindible diferenciar outro tipo de manifestacións violentas (sen continuidade no tempo, sen inferioridade dalgunha das persoas participantes) dos casos de verdadeiro acoso escolar. As situacións de acoso veñen definidas pola coincidencia simultánea de: - Evidente intención de facer dano. - Condutas agresivas reiteradas. - Desequilibrio de forzas entre persoas acosadoras e vítima. Non debemos esquecer que calquera membro da comunidade educativa ten a obriga de poñer en coñecemento do equipo directivo a existencia de indicios razoables dunha situación desta índole. A partir desta detección hai que realizar unha recollida de información e contraste da mesma, que permita tomar a decisión máis axeitada en cada caso. Segundo a Lei 4/2011, do 3o de Xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, no artigo 28, defínese acoso escolar como calquera forma de vexación ou malos tratos continuados no tempo dun alumno/a por outro ou outros/as, xa sexa de carácter verbal, físico ou psicolóxico, incluído o illamento ou baleiro social, con independencia do lugar onde se produza. Unha vez constatado que realmente se está ante un caso de acoso escolar, os pasos recomendados pola Consellería son os seguintes :

- A dirección do centro redactará un informe no que se reflictan os datos significativos recollidos e se remitirá á Inspección Educativa. - O Centro informará da situación á Delegación Provincial da Consellería de Educación. Estas institucións débense poñer en contacto cos Servizos Sociais do Concello. Convén que exista unha coordinación entre as diferentes institucións. - A dirección do centro manterá informado de todo o proceso ao Consello Escolar. - O instituto arbitrará medidas de actuacións, complementarias e correctivas que permitan paliar os efectos negativos da situación de acoso e eviten que se repitan. Estas actuacións levaranse a cabo coa vítima, coa persoa ou persoas agresoras, coas persoas observadoras en particular, e, dun xeito máis global, coa comunidade educativa. Cando as actuacións realizadas para a prevención de convivencia escolar non funcionaron e existe un caso de acoso escolar no centro, cómpre establecer unha serie de protocolos comúns de actuación cando a situación de acoso está documentada e probada. - Anexo sobre información sobre un posible caso de acoso escolar. - Anexo sobre indicadores escolares sobre un posible caso de acoso escolar. - Anexo sobre indicadores familiares sobre un posible caso de acoso escolar. - Modelo de informe de acoso escolar. 6. NORMAS E PROCEDEMENTOS DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS. As normas de convivencia concretan os dereitos e deberes dos membros da comunidade educativa e establecen as condutas contrarias á convivencia e as correccións que correspondan ao seu incumplimento. 7. AVALIACIÓN E SEGUEMENTO DO PLAN.

AVALIACIÓN INICIAL: PLAN DE CONVIVENCIA - O punto de partida será a aclaración de conceptos, de tal xeito que se eviten confusións provocadas polo uso dun termo sen que realmente signifique para todos/as o mesmo. A través dunha enquisa preguntarase que se entende por algúns conceptos e nunha reunión poderase aclarar os termos confusos. - Valoración das actuacións desenvoltas no centro ata o momento: actuacións individuais, do equipo directivo, departamento orientación, titores/as. Esta análise permitirá unha sistematización do que funciona ben e substitución e busca de novas medidas non contempladas ata o momento. - Na avaliación das necesidades recóllese información dos distintos puntos de vista da comunidade educativa, integrando a información recollida a través dun cuestionario de convivencia (anexo), técnicas cualitativas e análise de documentos do centro (actas e expedientes disciplinarios). QUEN QUE CANDO Observatorio de - Informar ao Convivencia Consello Escolar sobre o Plan. - Elaboración dun Informe Anual sobre o Plan. Dinamización - Coordinar os diferentes grupos de traballo ou comisións para dinamizar o plan. - Redactar o protocolo de acoso e mediación. - Realizar un informe trimestral para o observatorio. - Revisar e adecuar o Plan de Acción - Unha reunión trimestral informativa sobre a convivencia. -Reunión mensual da dinamización.

Titorial (PAT) cada ano. AVALIACIÓN FINAL: - Para avaliar o Plan de Convivencia utilizaremos todos os recursos que nos podan ser útiles (documentos, rexistros, informes, recursos humanos ) que nos permitan analizar o grao de consecución e satisfacción de dito plan.