CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Documentos relacionados
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIONES PÚBLICAS Y JUSTICIA

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

I. Disposiciones generales

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

A Vicesecretaría Xeral, dependente da Secretaría Xeral da Presidencia.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

VICEPRESIDENCIA Y CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIONES PÚBLICAS Y JUSTICIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia.

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4712

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

INFORME DE LEGALIDADE SOBRE O PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA OFICINA XUDICIAL EN GALICIA

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4500

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

ANÁLISE DAS CARGAS DE TRABALLO: ESTUDO PILOTO

DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx

DECRETO 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

Guía de procedementos e servizos

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

Consellería de Facenda

DOG Núm. 133 Xoves, 14 de xullo de 2016 Páx

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2011 Páx CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

N o 177 L Mércores, 13 de setembro de 2006 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx

6.978 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 84 L Mércores, 3 de maio de 2006

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2011 Páx

Orde do 17 de marzo de 2004 pola que se regulan os prezos privados dos productos de difusión do Instituto Galego de Estatística.

DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx CORRECCIÓN de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

PROPOSTA DO COMITÉ DE EMPRESA DE PONTEVEDRA DA CARREIRA PROFESIONAL PARA O PAS LABORAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Xerencia VERSIÓN A

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

Proxecto OS ORZAMENTOS DOS ORGANISMOS AUTÓNOMOS. Memoria I

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx

Este documento ha sido descargado de El portal de los profesionales de la seguridad.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Santiago de Compostela, nove de marzo de dous mil quince

DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

III.5.2. OE 2: Reforzo da capacidade institucional e financeira de Galicia

B o l e t í n M a r z o A P E G a l i c i a

AXENDA INSTITUCIONAL DE ALTOS CARGOS DA XUNTA DE GALICIA PARA O 25 DE OUTUBRO DE 2018 SAN CAETANO SANTIAGO DE COMPOSTELA

REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª,ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.

DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5494

H CONSELLERíA DE SANIDADE

DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1349

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de dous mil dezasete

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

RECOMPILACIÓN NORMATIVA 2015 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

REGULAMENTO DE COLABORACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS DESTA UNIVERSIDADE EN CURSOS E CONVENIOS DE INVESTIGACIÓN

NORMATIVA DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL CON CARGO A ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN (I+D+i)

ACORDAN Capítulo I Réxime de prestación de servizos

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce REUNIDOS

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O PARLAMENTO DE GALICIA E O INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA).

Asdo.: Lourdes Buxaderas Juega

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A SELECCIÓN, TRANSFERENCIA DA CUSTODIA E O ACCESO AOS DOCUMENTOS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387

Transcripción:

DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 45980 I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA DECRETO 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia. A optimización dos recursos públicos, a eficacia na xestión e o logro da máxima coordinación das distintas unidades administrativas son principios básicos que guían a actuación da Xunta de Galicia. En aplicación destes principios, no ano 2009 iniciouse un proceso gradual de racionalización, simplificación e redución das estruturas administrativas, tanto no que atinxe á Administración xeral como ao conxunto de entidades públicas instrumentais do sector público autonómico. Así, abordouse unha redución do 40 % no número de consellerías, impulsouse un novo deseño da administración periférica con cinco únicas delegacións territoriais, reduciuse á metade o número de altos cargos e executouse un completo plan para adelgazar a dimensión da Administración instrumental. Cos referidos axustes, a Administración autonómica adaptou a súa arquitectura organizativa ao actual contexto de crise e restrición do gasto público, ao tempo que promove unha acción pública máis eficaz e articulada, que mantén o nivel de calidade na prestación dos servizos públicos. Como corolario deste proceso de reforma e modernización administrativa, aprobouse a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Esta norma, ademais de clarificar, ordenar e sistematizar a estrutura do sector público autonómico, supón a introdución de medidas de racionalización e simplificación. Neste marco, procede agora aprobar a estrutura orgánica superior da Vicepresidencia e das respectivas consellerías. E é compromiso da Xunta de Galicia afondar no camiño xa iniciado en 2009 de redución do gasto burocrático e racionalización da dimensión das súas estruturas administrativas, consolidando pautas de mellora continua na procura dunha maior eficacia e eficiencia no seu funcionamento.

DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 45981 Entre as novidades máis importantes, o presente decreto aborda a supresión de cargos directivos, órganos de dirección e entes instrumentais. Por unha banda, elimínanse tres cargos directivos cuxas funcións pasan a ser asumidas por direccións xerais xa existentes. Nesta situación atópase o persoal directivo da Academia Galega de Seguridade Pública, do Instituto Enerxético de Galicia e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. En paralelo, procédese á supresión doutros tres cargos directivos, cuxas funcións pasan a ser asumidas por postos equivalentes ao de subdirector/a xeral. É o caso dos cargos directivos do Xurado de Expropiación de Galicia, do Instituto de Estudos do Territorio e do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral. Finalmente, o presente decreto contén previsións relativas á extinción ou fusión de varios entes instrumentais, que suporán a redución doutros catro cargos directivos ou asimilados. Neste sentido, os procesos de reestruturación previstos recollen a supresión e liquidación da Fundación Pública Illa de San Simón e da Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria; a refundición nun só ente do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) e do Instituto Galego de Estatística; e a fusión nun único órgano do Centro de Transfusións de Galicia, a Oficina de Coordinación de Transplantes ou os bancos de tecidos terapéuticos e biobancos. Así mesmo, o presente decreto incorpora determinadas previsións relativas a modificacións da estrutura orgánica de centros directivos, derivadas tamén da creación dunha Vicepresidencia da Xunta de Galicia, destacando a adscrición a esta da Asesoría Xurídica Xeral e da Secretaría Xeral de Igualdade, ata o momento dependentes da Presidencia da Xunta. Na Consellería de Facenda procédese a integrar na nova Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos as funcións de planificación económica, ata o de agora asumidas pola Dirección Xeral de Planificación e Fondos. Este último centro directivo pasa a denominarse Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos, centrando, por tanto, intensivamente a súa actividade na captación, canalización e xestión de recursos comunitarios. Por último, na Consellería de Traballo e Benestar, e co obxectivo de acadar unha mellor adaptación ás necesidades sociais e laborais derivadas do actual escenario económico, procédese á creación da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, da Dirección Xeral

DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 45982 de Emprego e Formación e da Dirección Xeral de Familia e Inclusión, en substitución das anteriores Dirección Xeral de Relacións Laborais, Dirección Xeral de Promoción do Emprego e Dirección Xeral de Formación e Colocación. Na súa virtude, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de acordo co artigo 25.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no exercicio da facultade outorgada polo artigo 4.15º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil doce, DISPOÑO: Artigo 1 a) A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección: 1. Vicepresidencia: 1.1. Secretaría Xeral da Igualdade. 1.2. Asesoría Xurídica Xeral, con nivel orgánico de dirección xeral. 2. Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: 2. Dirección Xeral de Xustiza. 3. Dirección Xeral de Administración Local. 4. Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias. 5. Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. 6. Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea. 7. Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.

DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 45983 b) Quedan adscritas organicamente á consellería as delegacións territoriais da Xunta de Galicia na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. As delegacións territoriais, configuradas como órganos de dirección, terán nivel orgánico de dirección xeral. c) Así mesmo, quedan adscritas a esta consellería as delegacións da Xunta de Galicia no exterior. d) Igualmente, quedan adscritos a esta consellería: 1. O organismo autónomo Escola Galega de Administración Pública. 2. O organismo autónomo Academia Galega de Seguridade Pública. 3. A Axencia Galega de Emerxencias. Artigo 2 a) A Consellería de Facenda estrutúrase nos seguintes órganos de dirección: 1. Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio. 2. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma. 3. Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos. 4. Dirección Xeral de Tributos. 5. Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro. 6. Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos. 7. Dirección Xeral da Función Pública. b) Quedan adscritos a esta consellería: 1. O organismo autónomo Instituto Galego de Estatística.

DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 45984 2. O organismo autónomo Consello Galego da Competencia. 3. O ente público Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable. 4. O Consello Económico e Social de Galicia, ente institucional de dereito público, órgano consultivo, creado pola Lei 6/1995, do 28 de xuño. Artigo 3 a) A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección: 2. Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. 3. Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. 4. Dirección Xeral de Mobilidade. 5. Dirección Xeral de Conservación da Natureza. b) Quedan adscritos a esta consellería: 1. O organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo. 2. O organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio. 3. A Axencia Galega de Infraestruturas. 4. A entidade pública empresarial Augas de Galicia. 5. O ente público de natureza consorcial Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. 6. O Xurado de Expropiación de Galicia, con nivel orgánico de subdirección xeral.

DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 45985 Artigo 4 a) A Consellería de Economía e Industria estrutúrase nos seguintes órganos de dirección: 2. Dirección Xeral de Comercio. 3. Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. b) Quedan adscritos a esta consellería: 1. A Axencia Galega de Innovación. 2. O organismo autónomo Instituto Galego de Consumo. 3. O ente público Instituto Galego de Promoción Económica. 4. O ente público Instituto Enerxético de Galicia. Artigo 5 a) A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección: 2. Secretaría Xeral de Cultura: 2.1. Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. 3. Secretaría Xeral de Política Lingüística. 4. Secretaría Xeral de Universidades. 5. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. 6. Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 45986 c) Quedan adscritos a esta consellería: 1. A Axencia Galega das Industrias Culturais. 2. O ente público Axencia para a Xestión Integrada, Calidade e Avaliación da Formación Profesional. Artigo 6 a) A Consellería de Sanidade estrutúrase nos seguintes órganos de dirección: 2. Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. b) Queda adscrito a esta consellería o organismo autónomo Servizo Galego de Saúde. Artigo 7 a) A Consellería de Traballo e Benestar estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección: 2. Dirección Xeral de Traballo e Economía Social. 3. Dirección Xeral de Emprego e Formación. 4. Secretaría Xeral de Política Social. 5. Dirección Xeral de Familia e Inclusión. 6. Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. b) Quedan adscritos a esta consellería: 1. O organismo autónomo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral. 2. O Consello Galego de Relacións Laborais, ente institucional de dereito público, consultivo, creado pola Lei 5/2008, do 23 de maio.

DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 45987 Artigo 8 a) A Consellería do Medio Rural e do Mar estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección: 2. Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes: 2.1. Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural. 2.2. Dirección Xeral de Produción Agropecuaria. 3. Secretaría Xeral do Mar: 3.1. Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. b) Quedan adscritos a esta consellería: 1. O organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria. 2. O ente público Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. 3. O ente público Instituto Galego de Calidade Alimentaria. 4. O ente público Portos de Galicia. 5. O ente público Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño. Disposición adicional primeira. Habilitación para levar a cabo propostas de modificacións lexislativas As persoas titulares das diferentes consellerías adoptarán as medidas necesarias tendentes a refundir, modificar ou extinguir aquelas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan adscritas, atendendo a criterios de racionalización, debendo garantir, en todo caso, a eficacia e eficiencia na prestación dos servizos públicos. As medidas a adoptar encamiñaranse á supresión de cargos directivos e comprenderán todos os trámites previos preceptivos para que o Consello da Xunta de Galicia aprobe os proxectos de modificacións lexislativas indispensables para eses efectos.

DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 45988 Os anteproxectos lexislativos deberán ser elevados ao Consello da Xunta de Galicia, para a súa aprobación, no prazo máximo de tres meses desde a entrada en vigor do presente decreto, en particular, o referente á supresión do cargo directivo do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, o relativo á refundición, nun só ente, do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) e do Instituto Galego de Estatística, así como o que afecta á reordenación do Centro de Transfusións de Galicia, á Oficina de Coordinación de Transplantes e os Bancos de Tecidos Terapéuticos e biobancos. Disposición adicional segunda. Unificación da titularidade de centros directivos 1. A persoa titular da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior será, pola súa vez, a titular da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública. 2. A persoa titular da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas será, pola súa vez, a titular da Dirección do Instituto Enerxético de Galicia. 3. A persoa titular da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural será, pola súa vez, a titular da dirección do ente publico Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Disposición adicional terceira. Adscrición do Instituto de Estudos do Territorio 1. O Instituto de Estudos do Territorio, organismo autónomo dos regulados na sección 2ª do capítulo II do título III da Lei de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, adscríbese directamente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. 2. O órgano executivo deste, responsable da súa dirección e xestión ordinaria, percibirá as retribucións correspondentes a unha subdirección xeral. Disposición adicional cuarta. Extinción da Fundación Illa de San Simón De conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, a Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria iniciará os trámites para levar a cabo a extinción e liquidación da Fundación Pública Illa de San Simón a partir da entrada en vigor do presente decreto, o que implicará a supresión do cargo de xerente.

DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 45989 Disposición adicional quinta. Extinción da Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria De conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, autorízase a Consellería de Sanidade para levar a cabo os trámites de extinción e liquidación da Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria coa finalidade de integrala nunha axencia pública autonómica que desenvolva todas as competencias da consellería en materia de xestión da formación e acreditación dos profesionais do Sistema Galego de Saúde, a investigación sanitaria e a avaliación de tecnoloxías sanitarias, cuxo órgano executivo terá rango de subdirector/a xeral, o que implicará a supresión dun cargo directivo. Disposición adicional sexta. Secretarías xerais As secretarías xerais previstas neste decreto son órganos superiores da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, directamente responsables da execución da acción de goberno no sector de actividade específica da consellería correspondente ás súas competencias, baixo a dirección da persoa titular desta, nos termos fixados pola Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e polo correspondente decreto de estrutura orgánica. As persoas titulares das secretarías xerais dirixen e coordinan as direccións xerais previstas neste decreto correspondentes ao seu ámbito de actividade. Disposición adicional sétima. Supresión da Dirección Xeral de Tributos A Dirección Xeral de Tributos quedará suprimida co inicio da actividade da Axencia Tributaria de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a dita Axencia e se aproba o seu estatuto. Disposición adicional oitava. Mantemento de nomeamentos Non será preciso un novo nomeamento e toma de posesión das persoas titulares dos órganos superiores e directivos cuxa adscrición orgánica ou rango varíe como consecuencia do disposto no presente decreto. Disposición adicional novena. Delegación de competencias As delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto, así como polo Decreto 234/2012, do 5 de decembro,

DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 45990 polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, continuarán vixentes, ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Cando as delegacións de competencias que manteñan os seus efectos se tivesen outorgado en favor de órganos suprimidos ou modificados na súa denominación polos decretos anteriormente citados, as devanditas delegacións entenderanse vixentes en favor dos órganos en cuxo ámbito de actuación se incardine a correspondente competencia. Disposición adicional décima. Referencia aos órganos suprimidos As referencias aos órganos suprimidos por este decreto, así como polo Decreto 234/2012, do 5 de decembro, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, entenderanse realizadas aos que os substitúen ou asumen as súas competencias. Disposición transitoria primeira. Adscrición de órganos das secretarías xerais e direccións xerais suprimidas Mediante as resolucións oportunas das persoas titulares das consellerías determinarase a adscrición dos órganos dependentes das secretarías xerais e direccións xerais suprimidas como consecuencia da estrutura orgánica que se fixa no presente decreto aos órganos superiores ou directivos correspondentes, mentres non se regule por decreto a nova estrutura orgánica da consellería. Disposición transitoria segunda. Subsistencia de estrutura e funcións dos órganos superiores e de dirección adscritos a unha nova consellería en virtude do previsto no presente decreto O órganos superiores e de dirección adscritos a unha nova consellería e os seus órganos dependentes manterán a súa estrutura e funcións, regulada nos correspondentes decretos de estrutura orgánica, ata que se proceda ao desenvolvemento da estrutura contida neste decreto. Disposición transitoria terceira. Aforro de custos no material impreso 1. As existencias de material impreso anteriores á entrada en vigor deste decreto nas que se faga referencia á anterior estrutura orgánica seguirán utilizándose ata que se es-

DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 45991 goten, sen prexuízo da correcta identificación nos actos administrativos da dependencia orgánica da autoridade de procedencia. 2. Con independencia do establecido no número anterior, cando se proceda á adquisición, reposición ou reedición de novo material, aplicaránselle as novas denominacións. Disposición derrogatoria Queda derrogado o Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia. Así mesmo, quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ao disposto neste decreto. Disposición derradeira única Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce Alberto Núñez Feijóo Presidente Alfonso Rueda Valenzuela Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza