Anexo: Riscos sanitarios Área das piscinas e a súa prevención

Documentos relacionados
Dereitos e deberes. Co financiamento de:

PLAN DE AUTOCONTROL SANITARIO DOS ALBERGUES AO LONGO DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO XACOBEO 2010

A PREVENCIÓN DE RISCOS NOS LUGARES COMÚNS DE ACTIVIDADE PESQUEIRA. A OBLIGACIÓN DE USO E CONTROL DOS EPIS

MEMORIA DESCRITIVA DAS INSTALACIÓNS E DAS ACTIVIDADES

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA MANIPULADOR DE ALIMENTOS FCOM01

coñecer a tuberculose

HIPOCLORITO SODICO: CRITERIOS DE CONTROL SANITARIO

ORGANIZACIÓN DE COMPETICIÓNS DE NATACIÓN POLOS CLUBES E CAMPIONATOS GALEGOS

REGULAMENTO DO SERVICIO DE TANATORIO MUNICIPAL DE BUEU.

MEDIDAS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL PARA AS PERSOAS QUE ENTREN EN CONTACTO CON CASOS POSIBLES OU CONFIRMADOS DE ÉBOLA

AXENTES CANCERÍXENOS : PROTECCIÓN DOS TRABALLADORES EXPOSTOS DURANTE O TRABALLO (R.D. 665/1997 e R.D. 349/2003)

MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE. EETs

PROCEDEMENTO P-PRL 17

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

O 93,1% dos galegos de 16 ou máis anos manifesta estar preocupado polo medio ambiente e un 19,1% participar en actividades relacionadas

N o 177 L Mércores, 13 de setembro de 2006 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS

CONVOCATORIA DE PROXECTOS DE PROGRAMAS DE RADIO OUTUBRO-DECEMBRO DE 2017 DE AMES RADIO

BASES XIV CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS INNOVADORES DA USC

1.- REGULAMENTO DA VI SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE PONTEAREAS e da IV SAN SILVESTRE SOLIDARIA INFANTIL 2017 PREVIO Á CARREIRA

Viveiro de Empresas do Concello de Riveira.

Protocolos e orientacións Casos

INSTRUCIÓNS XERAIS PARA A FERRAMENTA DE AXUDA A CUMPRIMENTACIÓN DE SOLICITUDES.

Educación, cultura e lecer

A. Obxecto. B. Alcance. Sinatura. Elaborado por. Revisado por. Aprobado por. Servizo de Prevención de Riscos Laborais

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

TALLER DE PRESENTACIÓN. necesidades innovadoras

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

C.- OS FACTORES DE PRODUCIÓN (páx )

DESFILE DE DISFRACES E CARROZAS MARTES 28 DE FEBREIRO ÁS 17:00 HS. VILAGARCÍA DE AROUSA

PROXECTO DE LECER NO VERAN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE. Xullo e Agosto 2012

NORMA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS ÍNDICE ACTUACIÓN EN CASO DE ACCIDENTE

A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS SISTEMA DE XESTIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL OHSAS 18001

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Recomendacións sanitarias nas piscinas. Piscinas de conxuntos inmobiliarios, comunidades de veciños e de vivendas unifamiliares

INSTRUCIÓN DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS. DESINFECCIÓN, DESINSECTACIÓN E DESRATIZACIÓN Edición: 2 Data: 25/06/08 ÍNDICE. 1.

XESTIÓN DOS RISCOS PSICOSOCIAIS.

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

USUARIOS/AS Os/as usuarios/as da Biblioteca clasifícanse en dous grupos: de pleno dereito e autorizados/as Son usuarios/as de pleno dereito:

Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE A INCORPORACIÓN AO PROGRAMA ACTIVIDADES DE CAMPAMENTOS MODALIDADE "VERDE E AZUL"

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

ACORDAN Capítulo I Réxime de prestación de servizos

SICRI-2014 nunha ollada

LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECIMIENTO.

Riscos laborais. en cociñas hospitalarias MANUAL DE SEGURIDADE E SAÚDE

PROGRAMA DE PRÁCTICAS EN FARMACIA DE HOSPITAL

A Coruña 26/09/2017. POS Adicional por maior achega provincial ( )

ASOCIACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE ARTEIXO SERVICIO DE SALVAMENTO 2013

Co financiamento de:

VIVENDAS DE USO TURÍSTICO. Abril 2016

ORDENADORES DE PANTALLA

PREGO DE CONDICIÓNS TÉCNICAS PARA A EXECUCIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS E DE BENESTAR SOCIAL

Campacontos Campacontos Obxectivos Persoas destinatarias Campacontos Características dos campacontos 1 Compoñentes: 2 Extensión e temática:

O servidor do centro

As empresas culturais en Galicia

MANTEMENTO SEGURO NAS PEMES: Recompilación de fichas técnicas das revisións periódicas

MOVEMENTOS MANUAIS DE CARGA

PLAN DE AUTOPROTECCIÓN

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE INTERCENTROS XUNTA DE GALICIA DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA

Os código do órgano responsable é o da Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social:

MÁSTER EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA PLAN DE COORDINACIÓN DOCENTE INFORME DE ACCIÓNS ACADÉMICAS E DE COORDINACIÓN VERTICAL E HORIZONTAL EMPRENDIDAS

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa a mellor axuda. Boletín para nais e pais

Guía de propostas didácticas para docentes SECUNDARIA, BACHARELATO, FP DE GRADO MEDIO E ENSINAS ESPECIAIS

Bases do concurso. Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO:

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

Guía rápida para aforrar na factura eléctrica

Valorarase a puntuación obtida neste exercicio correspondente á última oposición da categoría.

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, BASEADAS NO COÑECEMENTO CIENTÍFICO

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

REGULAMENTO DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGOA DE COMPOSTELA

DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx

PROGRAMA VOLUNTARIADO VOCES DE APOIO: ILLAS CÍES PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Contornos virtuais como soporte ao proceso docente (Campus de Vigo)

Guía de procedementos e servizos

C.- As fontes de enerxía

ANEXO II AUTOAVALIACIÓN REQUISITOS OBRIGATORIOS E PUNTUACIÓN MÍNIMA ESIXIDA

Folla de información de saúde pública. O radon

GUÍA PARA A PLANIFICACIÓN E REALIZACIÓN DAS ENQUISAS DE AVALIACIÓN DOCENTE DO PROFESORADO DA UNIVERSIDADE DE VIGO

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

INSTRUCIÓNS COMPLEMENTARIAS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN DO PLAN CONCERTADO 2010

1. LICENZA PARA ASUNTOS PROPIOS 3. LICENZA EXTRAORDINARIA POR NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIO/A EN PRÁCTICAS 4. LICENZA PARA FORMACIÓN E PERFECCIONAMENTO

Actividade empresarial

ORDENANZA NÚM Pola utilización de Salas e outros espazos comúns do CEI-NODUS: 3.- Polos servizos de reprografía e fax:

NORMAS INTERNAS DE USO E FUNCIONAMENTO DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS.

CONVOCATORIA DOS PROGRAMAS DE TECNIFICACIÓN E RENDEMENTO DEPORTIVO NO CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA CURSO 2012/13

PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA PARA EDUCACIÓN ESPECIAL

"OBRADOIROS DE INGLÉS PARA O TURISMO RURAL, TERMAL E HOSTALEIRO

Transcripción:

Anexo: Riscos sanitarios Área das piscinas e a súa prevención MEDIDAS PREVENTIVAS 1. CONDICIÓNS PARA O BO ESTADO SANITARIO O obxectivo destas normas sanitarias é protexer a saúde dos usuarios de piscinas e evitar o risco de accidentes. O estado sanitario da piscina vai unido ao seu deseño, funcionamento e vixilancia sanitaria. Deseño das piscinas Todas as piscinas deben dispor de instalacións que permitan: Limitar a achega de contaminantes mediante Equipamentos sanitarios axeitados. Accesos á piscina que permitan eliminar ao máximo a contaminación achegada polos bañistas (duchas, túnel de duchas e pediluvios). Eliminar a contaminación residual Chan e paredes que permitan unha limpeza e desinfección frecuentes. Recirculación da agua superficial por sumidoiros e skimmers. Recirculación continua e renovación da auga do vaso, evitando zonas estancadas. Tratamento correcto da auga (filtración e desinfección). Condicións de funcionamento Aspectos que se deben ter en conta: Mantemento axeitado dos equipos e recubrimentos (vaso, sumidoiros, praia, pediluvios, duchas, servizos sanitarios, etc.) Calidade do tratamento da auga (parámetros de control do ph e cloro residual). Perfecto funcionamento dos equipos de tratamento (filtros, bombas, etc.) Recirculación continua da auga superficial. Auga en condicións correctas e con capacidade desinfectante nas duchas e os sanitarios. Desinfección periódica de todas as superficies. Páx.1

Vixilancia sanitaria Existen dous niveis de responsabilidade: a. O titular do establecemento deberá velar pola eficiente formación do seu persoal, ser consciente das súas funcións específicas e velar pola hixiene xeral. b. As autoridades sanitarias visitarán e controlarán, sempre que o consideren necesario, a piscina e as instalacións. 2. INFORMACIÓN PARA OS USUARIOS Os usuarios e o persoal da piscina deben de: Ser conscientes das normas elementais de hixiene. Ser coñecedores dos resultados dos controis sanitarios Por isto se deben seguir obrigatoriamente estas actuacións: Vixilancia permanente do responsable das instalacións. Exposición nun lugar visible de: a. As normas de réxime interno. b. Os resultados da análise e informes do Departamento de Sanidade e Seguridade Social. c. Recomendacións e avisos diversos. Normas de réxime interno de : Estas normas, expostas á entrada do establecemento, deberán advertir da obrigación Utilizar as duchas antes do baño. Non entrar con roupa ou calzado da rúa na zona da praia. Non comer nin fumar na zona da praia. Os espectadores e acompañantes só poderán acceder aos espazos que teñan específicamente asignados. Non se poderá guindar lixo polo recinto, senón que se botará nas papeleiras. As persoas con enfermidades contaxiosas non poderán acceder á zona reservada aos bañistas. O usuario non se poderá bañar se ten: Arrefriado ou anxinas. Infeccións na pel. Feridas superficiais. Páx.2

Verrugas nos pés. Outras recomendacións sanitarias: Prohibido cuspir. Prohibido a entrada de animais. Prohibido correr pola zona de praia ou saltar á auga, agás nos espazos especialmente reservados para isto A SEGURIDADE NAS PISCINAS O número de accidentes nas piscinas foi aumentando ano tras ano como consecuencia da maior afluencia de público. Os accidentes máis graves corresponden coa concentración máis grande de bañistas. É importante salientar que, cando non se vexa o fondo da piscina, non se poderá utilizar para o baño ata que se restablezan as condicións idóneas de transparencia da auga. SOCORRISTAS Nas piscinas de uso colectivo, asegurarase a vixilancia durante as horas de apertura mediante socorristas titulados, nun número que estará en función da lámina de auga: De 200 a 500 m 2 de lámina de auga, 1 socorrista. De 500 a 1000 m 2 de lámina de auga, 2 socorristas. Máis de 1000 m 2 de lámina de auga, o número de socorristas fixarao o Departamento de Sanidade e Seguridade Social. Cando a separación entre vasos non perimita unha vixilancia eficaz, será obrigatorio para cada vaso. Ademais, o número de persoas dedicadas á seguridade e á vixilancia dependerá do tempo de apertura, da afluencia de persoas e dos riscos específicos (tobogáns, trampolíns,etc.). Este persoal non poderá ensinar a nadar mentres os vasos estean abertos ao público, se o seu lugar non o ocupa outro socorrista. FORMACIÓN DO PERSOAL DE MANTEMENTO O persoal de vixilancia e mantemento das instalacións de baño terá que demostrar que ten coñecementos suficientes para facer funcionar a piscina e realizar a análise dalgúns parámetros de control de calidade da auga. Así mesmo, deberá ter uns coñecementos básicos sobre os produtos para a depuración correcta, a súa manipulación e o seu almacenamento. Dúas veces ao día, como mínimo, medirá os parámetros de nivel de desinfectante e de ph. Nos vasos climatizados tamén deberá medir, ademais, a temperatura da auga, a ambiental e a humidade relativa. Estes valores anotaranse nun libro- rexistro de cada vaso. Páx.3

MANIPULACIÓN E ALMACENAMENTO DE PRODUTOS QUÍMICOS PARA O TRATAMENTO DA AUGA Estes produtos nos se poderán almacenar no mesmo local que os aparellos da calefacción, senón en lugares que estean de acordo co Regulamento e en ningún caso serán accesibles aos usuarios. O almacenamento incorrecto destes produtos pode provocar emanacións corrosivas para o material eléctrico e metálico. PRODUTOS DESINFECTANTES Os máis usuais permanecen estables durante o seu almacenamento, agás as solucións de hipoclorito, que se descompoñen coa calor e a luz. Polo tanto, é aconsellable almacenar o hipoclorito e os produtos clorados en po en locais que estean á sombra, frescos, ventilados e adecuados á normativa vixente; para as solucións de hipoclorito aconséllase non almacenar cantidades superiores ás necesarias para un mes. O cloro gas almacenarase nun local aberto e ventilado, para evitar consecuencias graves en caso de fuga. Para evitar o risco que comporta a proximidade de persoas a produtos químicos, estes conservaranse cerrados dentro da súa embalaxe e nun lugar fresco, seco e ben ventilado, cunha cubeta para o lavado e outra de retención de líquidos. A súa manipulación farase sempre cun equipo de protección, luvas, lentes, etc., e se se trata de cloro gas, cunha máscara e un filtro axeitados. Estes produtos, que son irritantes para o aparato respiratorio, delatan a súa presenza cando a súa concentración aínda non é tóxica, pero poden provocar xa daquela náuseas e tos. ÁCIDOS E ALCALINOS En forma líquida (ácido clorhídrico) ou en forma sólida (bisulfito sódico, carbonato sódico), estes produtos atacan a pel e os ollos e provocan queimaduras graves por simple contacto. Polo tanto, é obrigatorio usar un equipo de protección (lentes, luvas, etc.). O diluír estes produtos nos colectores para a mestura, débese evitar botar a auga sobre o ácido. Débese botar o ácido, con precaución, sobre moita auga. NOTA: ACCIÓN DO CLORO SOBRE AS MATERIAS ORGÁNICAS Os bañistas introducen na auga suor e urina que, ao mesturarse co cloro, producen cloro combinado orgánico. As descomposicións sucesivas, oxidacións e combinacións químicas chegan a producir a tricloroamina, que é un pouco irritante e lacrimóxena. Ao engadir cloro á auga da piscina ocorren unha serie de reaccións que se poden describir en tres fases: Páx.4

a. Reaccións de cloro con compostos minerais e coa materia orgánica. Prodúcense cloraminas, de baixo poder desinfectante (cloro residual combinado). b. Reaccións do cloro coas cloraminas. c. A partir deste momento, o cloro engadido permanece en forma libre: sobrepásase o que se chama punto de ruptura (break point). A auga da piscina será desinfectante (cloro residual libre). Na auga da piscina é moi complexa a natureza dos compostos orgánicos que proceden das secrecións fisiolóxicas (suor, urina, etc., as reaccións antes mencionadas son moi lentas e non se producen concentracións estables de cloro residual, ás veces, ata ao cabo dunhas horas. O aumento de cloro combinado orgánico e a súa descomposición en cloraminas son os causantes da irritación dos ollos e as mucosas, así como do característico olor do cloro de moitas piscinas cubertas. Na auga das piscinas non se pode diminuír a concentración de cloro combinado, mediante unha achega importante de cloro. Para limitar a concentración débense seguir os puntos indicados con anterioridade. Páx.5