Informe de avaliación de datos turísticos. Verán 2018

Documentos relacionados
CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Marzo Nº Var. Int. 18/17

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Xullo Nº Var. Int. 17/16

TURISMO EN GALICIA. Informe avaliación datos estatísticos. Acum. Xullo 2016

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Agosto Nº Var. Int. 17/16

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

Balance do turismo en Galicia. Verán 2017

TURISMO RURAL EN GALICIA. Informe anual 2016

Turismo en Galicia. Balance anual 2017

INFORME SOBRE AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL

Estudo dos Aeroportos de Galicia Fonte: AENA. 1º Cuadrimestre 2014

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

Estudo dos Aeroportos de Galicia Fonte: AENA

economíasocial 2.4. As fontes estatísticas empregadas para a análise da economía social son, fundamentalmente,

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

Aumento dos viaxeiros e pernoitas en establecementos hoteleiros e casas de turismo rural no ano 2006

% -6,55% VARIACIÓN ANUAL OUTUBRO 2016 Absoluta Relativa Dato Absoluta Relativa Dato ,23% ,62% 77.

Os maiores e as TIC ANO 2011

INFORME SOBRE O TIEPI (TEMPO DE INTERRUPCIÓN EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011

INFORME SOBRE O NIEPI (NÚMERO DE INTERRUPCIÓNS EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011

Informe mensual do paro rexistrado. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xullo de 2009 PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO SALNÉS

Informe climatolóxico ano 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO ANO 2008

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

Informe sobre os fogares compostos por persoas maiores de 64 anos.

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

Lixeiro crecemento da poboación no período , favorecido pola chegada de inmigrantes

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE MEAÑO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE MEAÑO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. febreiro 2010

Informe climatolóxico Mes de maio 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO

INFORME CLIMATOLÓXICO

Informe climatolóxico Mes de xaneiro 2010 INFORME CLIMATOLÓXICO

Informe mensual do paro rexistrado

A Responsabilidade Social Empresarial nas Empresas TIC de Galicia. Edición 2016

Anuario de raios 2017 DATOS METEOROLÓXICOS 2017 RAIOS

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia

DOCUMENTOS DE TRABALLO

Poboación e sociedade. Unión Europea, España e Galicia

INFORME SOBRE O EPISODIO DE SECA

Plan Banda Larga. Lugo, xaneiro de 2015

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE RIBADUMIA. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. febreiro 2010

O ESTADO DA POBREZA SEGUIMENTO DO INDICADOR DE RISCO DE POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL EN GALICIA

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE VALGA. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. decembro 2009

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

A SINIESTRALIDADE NAS ESTRADAS.

E DAS PERSOAS RESIDENTES NO CONCELLO DA CORUÑA

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

ESTRATEXIA DO TURISMO DE GALICIA Documento de partida para a análise

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE SANXENXO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. decembro 2009

ESTUDO DAS DIFERENZAS SALARIAS DOS DOCENTES SEGUNDO COMUNIDADE AUTÓNOMA DE DESTINO

INFORME CLIMATOLÓXICO

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Pacto Territorial de Emprego do Salnés [INFORME DE SINISTRALIDADE LABORAL]

Informe mensual do paro rexistrado. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. xaneiro 2010 PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO SALNÉS

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

Informe mensual do paro rexistrado

INFORME CLIMATOLÓXICO

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Informe Mensual do Paro Rexistrado:

DINAMISMO DO TECIDO PRODUTIVO

Elabora: Instituto Galego das Cualificacións Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Emprego e Formación

Avance do informe climatolóxico outono 2014 AVANCE INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2014

O 93,1% dos galegos de 16 ou máis anos manifesta estar preocupado polo medio ambiente e un 19,1% participar en actividades relacionadas

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

3.3.construcción. galicia. segundo a metodoloxía empregada polo servicio de estudios Ardán.

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

A UDC só ten prazas de aloxamento na Residencia pública de Ferrol. Pero sí ten unha convocatoria XERAL de AXUDAS para aloxamento.

XORNADA TÉCNICA: IGUALDADE DE XÉNERO NO ÁMBITO LABORAL: PLANS DE IGUALDADE.

ES DE T A O T G Í LE 2009 S A T G AE405 IC N A A L P

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Informe Mensual do Paro Rexistrado:

Plan Banda Larga

ANÁLISIS DE LOS RESULTADOS DE LA TEMPORADA ESTIVAL JUNIO-AGOSTO 2016

REUNIÓN DO 23 DE MAIO DE

As empresas culturais en Galicia

BOLETÍN MENSUAL DE COYUNTURA TURÍSTICA Noviembre 2016 Área de Investigación e Inteligencia de Mercados

INFORME SOBRE O MERCADO LABORAL NO SECTOR DO TURISMO E A HOSTALARÍA EN GALICIA. 2011

BOLETÍN MENSUAL DE COYUNTURA TURÍSTICA Diciembre 2016 Área de Investigación e Inteligencia de Mercados

BALANCE TURÍSTICO COMUNITAT VALENCIANA ACUMULADO ABRIL 2018

Índice de Confianza do Consumidor METODOLOXÍA

1.1. Padrón Municipal de Habitantes. Avance o 1/01/07. Poboación estranxeira empadroada en Galicia, segundo nacionalidade. Ambos os sexos.

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

A LONGO PRAZO, GALICIA SÓ PODERÁ MANTER O ACTUAL NÚMERO DE HABITANTES SE SE DAN SALDOS MIGRATORIOS DE GRAN MAGNITUDE

Concello de Riveira ORZAMENTO MUNICIPAL

O libro e a edición en Galicia (2016)

Nota de prensa. La entrada de turistas extranjeros alcanza ya los 52,4 milllones FRONTUR ENERO-NOVIEMBRE 2005

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE AGOSTO DE 2018

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XUÑO DE 2018

Cámara de Comercio de Vigo

REUNIÓN DO 25 DE XULLO DE

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

BALANCE TURÍSTICO COMUNITAT VALENCIANA 2017 (ACUMULADO NOVIEMBRE Y PROYECCIONES ANUALES)

Movementos naturais da poboación. Dinámicas demográficas actuais: movemento natural da poboación. - Movementos migratorios (1990 á actualidade)

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XULLO DE 2018

Turismo de Cruceiros Galicia

Transcripción:

Informe de avaliación de datos turísticos Verán 2018

DEMANDA TURISTICA Comportamento negativo da demanda turística nos establecementos regrados de Galicia hoteis, pensións, apartamentos turísticos, cámpings e turismo rural- no primeiro mes do verán deste ano 2018. A cifra de viaxeiros aloxados descende un 14,1% e o volume de noites un 10,3% en relación ao mesmo período de 2017. Con estas caídas Galicia rompe unha serie de cinco anos consecutivos de crecemento da demanda turística no conxunto dos establecementos regrados. A estadía media mellora neste contexto de caída, superando nun 4,5% a cifra do mes de xullo de 2017. Evolución da demanda turística nos establecementos regrados. Xullo 2018/17 Viaxeiros Noites Estadía Media -14,1% -10,3% 4,5%

DEMANDA TURISTICA Noites nos establecementos regrados e variación interanual por CC.AA. Xullo 2018 NOITES ESPAÑA 62.174.281 Cataluña 13.253.028 Baleares 12.913.668 Canarias 9.214.822 Andalucía 8.941.966 C. Valenciana 6.513.126 Madrid 2.477.296 Galicia 1.575.160 Castela e León 1.281.778 Cantabria 1.043.505 Aragón 963.602 País Vasco 963.072 Asturias 934.648 Murcia 640.173 Castela A Mancha 498.204 Navarra 370.868 Estremadura 352.618 A Rioxa 205.497 Var. Int. NOITES ESPAÑA -2,8% Castela A Mancha 5,1% Madrid 3,2% País Vasco 3,2% Cantabria 2,9% Aragón 1,1% Andalucía 0,9% Murcia 0,1% Baleares -0,1% Estremadura -0,6% Castela e León -1,2% A Rioxa -3,8% C. Valenciana -4,2% Cataluña -5,7% Canarias -6,1% Asturias -10,1% Galicia -10,3% Navarra -13,0%

DEMANDA TURÍSTICA O descenso da demanda turística en Galicia prodúcese nun contexto de dinámicas contrapostas no conxunto de España. A nivel estatal obsérvase unha caída global do 2,8% no volume de pernoctacións como consecuencia dun descenso paralelo da cifra de viaxeiros aloxados do 2,2% neste caso-. Son seis os destinos que presentan un comportamento positivo da demanda neste mes de xullo, a taxas variables mais non moi elevadas. Destaca en intensidade Castela A Mancha, comunidade que supera nun 5,1% os niveis do pasado ano. Seguen en orde de importancia, con incrementos do contorno do 3% interanual, Madrid, o País Vasco e Cantabria destinos localizados no norte peninsular-. No lado contrario é Andalucía o destino de crecemento máis moderado, inferior ao 1% interanual. Murcia e Baleares mantéñense en cifras semellantes ás do pasado ano, sendo os únicos destinos que estabilizan os niveis de demanda. Finalmente son nove os destinos que, pola contra, amosan un comportamento negativo, con caídas no volume de pernoctacións no aloxamento regrado. Estremadura marca o descenso máis moderado do 0,6%- mentres que Navarra rexistra a caída de maior intensidade do 13,0% neste caso-. É a comunidade que presenta o peor comportamento neste período. Galicia ocupa o sétimo lugar no ranking das CC.AA. representando o 2,5% do total de España neste mes de xullo de 2018.

DEMANDA TURISTICA No conxunto dos primeiros sete meses do ano obsérvase igualmente un comportamento negativo da demanda turística en Galicia. Descende a cifra de viaxeiros aloxados, un 8,0%, así como o volume de noites, un 5,5% neste caso, en relación ao mesmo período do pasado ano. Rómpese desta maneira unha tendencia de crecementos consecutivos nos catro anos anteriores, colocando o nivel final en pouco máis de 5,1 millóns de noites. Mellora a estadía media neste contexto negativo un 2,7% e por terceiro ano consecutivo-, situándose en 2,05 noites no conxunto do aloxamento regrado. Evolución da demanda turística nos establecementos regrados. Acumulado a xullo 2018/17 Viaxeiros Noites Estadía Media -8,0% -5,5% 2,7%

DEMANDA TURISTICA En termos de viaxeiros aloxados a caída deste ano da continuidade a unha tendencia que se viña rexistrando xa desde o 2016 cando se comezou a ralentizar o ritmo de crecemento de anos anteriores. Xa no pasado ano se rexistrara certo estancamento do volume de viaxeiros en sentido estrito obsérvase unha caída do 0,4%- como precedente do descenso deste ano do 14%-. Esta dinámica coloca o volume final de xullo deste ano en algo máis de 621 mil viaxeiros no conxunto do aloxamento regrado, a cifra máis baixa dos últimos catro anos. Evolución viaxeiros aloxados nos establecementos regrados. Xullo 2013-18 1.000.000 800.000 600.000 400.000 200.000 0-200.000-400.000-600.000-800.000-1.000.000 680.063 726.323 723.493 621.301 520.576 563.216 20,7% 8,8% 8,2% 6,8% -0,4% -14,1% Xul 13 Xul 14 Xul 15 Xul 16 Xul 17 Xul 18 25,0% 2 15,0% 1 5,0% -5,0% -1-15,0% -2-25,0% Var. Int. Viaxeiros en Regrado Viaxeiros Estab. Regrados

DEMANDA TURISTICA Do lado das pernoctacións a caída deste ano rompe cunha tendencia de crecementos consecutivos no cinco anteriores, con subas acumuladas desde xullo de 2013 que permitiron acadar no pasado ano un máximo histórico con máis de 1,75 millóns de noites. A caída deste ano coloca o volume final en máis de 1,57 millóns no mes de xullo, o dato máis baixo dos últimos tres anos mais superior a toda a serie anterior-. En termos absolutos a caída deste ano supón a perda de case 181 mil noites en relación ao mes de xullo do pasado ano. Evolución das noites nos establecementos regrados. Xullo 2013-18 2.000.000 1.500.000 1.239.982 1.309.400 1.501.435 1.703.437 1.755.888 1.575.160 2 15,0% 1.000.000 1 500.000 0 2,9% 5,6% 14,7% 13,5% 3,1% 5,0% -500.000-10,3% -5,0% -1.000.000-1 -1.500.000-15,0% -2.000.000 Xul 13 Xul 14 Xul 15 Xul 16 Xul 17 Xul 18-2 Var. Int. Noites en Regrado Noites Estab. Regrados

DEMANDA TURÍSTICA No curto prazo, a caída da demanda no mes de xullo da continuidade a certa tendencia de comportamento negativo desde o mes de abril. Tendo en conta o conxunto do ano 2018 obsérvanse dous períodos diferenciados. Neste sentido, na primeira parte do ano no primeiro trimestre- a demanda presenta un comportamento positivo con taxas de crecemento interanual en xaneiro e marzo e estabilidade en febreiro. A partir de abril, coincidindo case coa Semana Santa, a dinámica cambia e sitúase en cifras negativas rexistrando caídas nese mes do 20%- e logo en xuño e xullo en maio os niveis mantéñense estables-. A nivel global, por tanto, obsérvase mellor comportamento en temporada baixa fronte á temporada media e alta neste caso considerando só o mes de xullo-. Evolución da demanda turística nos establecementos regrados. 2018/17, por meses 25,0% 2 21,4% 15,0% 1 5,0% -5,0% 4,3% 0,1% -0,1% -1-15,0% -6,2% -10,3% -2-25,0% -20,3% Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Var. Noites 18/17

MERCADOS TURÍSTICOS Neste mes de xullo o 82% da demanda turística regrada corresponde ao turismo de orixe estatal, cifra que engloba tanto ao mercado interno dos residentes en Galicia- como ao receptor nacional españois que proceden doutras comunidades autónomas-. Ambos segmentos xeraron preto de 1,3 millóns de pernoctacións neste ano. O turismo internacional supón, en cambio, o 18% do total da demanda regrada neste período con 287 mil pernoctacións neste caso. Peso dos principais mercados nos establecementos regrados. Xullo 2018 286.982 18% 1.288.178 82% ESPAÑOIS ESTRANXEIROS

MERCADOS TURÍSTICOS Obsérvase no inicio do verán un comportamento homoxéneo e negativo dos dous grandes segmentos de mercado, con caídas da demanda de notable intensidade. O turismo nacional descende un 8,6% como consecuencia esencialmente dunha caída da cifra de viaxeiros aloxados, do 13,0% neste caso nun contexto de leve mellora da estadía media-. O mercado internacional presenta tamén unha caída da demanda, do 17,2% en relación ao pasado ano, como consecuencia dun descenso paralelo en intensidade da cifra de viaxeiros estranxeiros do 17,3%-. A estadía media deste segmento mantense invariable. -2,0% -4,0% -6,0% -8,0% -1-12,0% -14,0% -16,0% -18,0% -2 Evolución dos principais mercados nos aloxamentos regrados. Xullo 2018/17-8,6% -13,0% -17,3% -17,2% ESPAÑOIS ESTRANXEIROS Var. Viaxeiros Regrado Var. Noites Regrado

MERCADOS TURÍSTICOS O descenso do turismo nacional neste inicio do verán contrasta cos incrementos rexistrados nos cinco anos anteriores do 2,0% en xullo de 2013, do 4,0% en 2014. do 13,5% en 2015, do 15,0% en 2016 e do 1,9% no pasado 2017-, rompendo por tanto a tendencia positiva e colocando o nivel final en preto de 1,3 millóns de noites a cifra máis baixa dos últimos tres anos mais superior a toda a serie anterior-. En termos absolutos este descenso supón a perda de 121 mil noites en relación ao mes de xullo de 2017. Evolución do mercado nacional nos aloxamentos regrados. Noites Xullo 2012-18 1.600.000 1.200.000 1.019.018 1.059.731 1.203.219 1.383.707 1.409.481 1.288.178 2 15,0% 800.000 400.000 13,5% 15,0% 1 5,0% 0 2,0% 4,0% 1,9% -400.000-800.000-1.200.000-1.600.000 Xul 13 Xul 14 Xul 15 Xul 16 Xul 17 Xul 18-8,6% -5,0% -1-15,0% -2 Var. Noites Españois Noites Españois

MERCADOS TURÍSTICOS No caso do mercado internacional a evolución é parella. Logo de rexistrar crecementos consecutivos nos últimos cinco anos, de xullo de 2013 a 2017, o turismo estranxeiro rompe agora en 2018 esa tendencia co descenso do 17% no volume de noites nos establecementos regrados. Esta caída que se traduce na perda de máis de 59 mil noites en termos absolutos- coloca o nivel final de xullo deste ano en 287 mil noites a cifra máis baixa dos últimos catro anos mais superior a toda a serie anterior-. A demanda internacional queda por debaixo das 300 mil noites por vez primeira nos últimos tres anos. Evolución do mercado internacional nos aloxamentos regrados. Noites Xullo 2013-18 400.000 300.000 200.000 100.000 0 220.963 7,0% 249.670 13,0% 298.217 19,4% 319.731 346.407 7,2% 8,3% 286.982 25,0% 2 15,0% 1 5,0% -100.000-200.000-300.000-17,2% -5,0% -1-15,0% -2-400.000 Xul 13 Xul 14 Xul 15 Xul 16 Xul 17 Xul 18-25,0% Var. Noites Estranx. Noites Estranxeiros

MERCADOS TURÍSTICOS No ámbito hoteleiro que representa preto do 72% do total da demanda regrada- é posible realizar unha análise máis segmentada por mercados. En particular, obsérvase que o 23% do total da demanda turística corresponde ao mercado interno, isto é, á demanda xerada polos residentes en Galicia con preto de 255 mil noites no mes de xullo-. O 57% provén das restantes comunidades autónomas representa por tanto ao mercado receptor nacional, con preto de 647 mil noites- e o 20% ao turismo internacional con máis de 226 mil neste caso-. Consolídase o forte peso do mercado nacional en Galicia no período estival. Peso dos principais mercados nos establecementos hoteleiros. Xullo 2018 226.497 20% 254.227 23% 646.991 57% GALICIA RESTO ESPAÑA ESTRANXEIRO

MERCADOS TURÍSTICOS Obsérvase neste período un comportamento algo diferente dos tres grandes segmentos de mercado no sector hoteleiro, con variacións de diversa intensidade. En sentido estrito o segmento de mellor comportamento relativo é o turismo interno, dos residentes en Galicia, que consegue manter as cifra de demanda en niveis case equivalentes aos do pasado ano. O turismo receptor, en cambio, amosa unha dinámica negativa con caídas importantes tanto do segmento que provén do conxunto do Estado o receptor nacional, que descende un 12,4%- coma do estranxeiro o internacional, que cae neste caso un 17,1%-, porcentaxes referidas ás pernoctacións no ámbito hoteleiro. -2,0% Evolución principais mercados nos aloxamentos hoteleiros. Xullo 2018/17-0,1% -4,0% -6,0% -8,0% -1-12,0% -12,4% -14,0% -16,0% -18,0% -17,1% GALICIA RESTO ESPAÑA ESTRANXEIRO

ESPAÑOIS 22,5% MERCADOS TURÍSTICOS GALICIA ESTRANX. 16,9% MADRID PORTUGAL 4,1% 8,0% CAST. LEÓN ITALIA 2,0% 6,4% ANDALUCIA EE.UU. 1,8% 5,5% ASTURIAS ALEMAÑA 1,8% 3,5% CATALUÑA REINO UNIDO 1,2%

MERCADOS TURÍSTICOS Tendo en conta o volume global da demanda turística no segmento hoteleiro, o mercado interno dos residentes en Galicia- representa neste mes de xullo o 22,5% do total das pernoctacións da comunidade cifra inferior á do primeiro semestre deste ano-. Dentro do ámbito nacional Madrid é o principal mercado emisor a nivel nacional. Con 191 mil noites representa o 16,9% do total da demanda turística hoteleira. Seguen en orde de importancia Castela e León co 8,0%-, Andalucía co 6,4%-, Asturias -co 5,5%- e Cataluña co 3,5% do total da demanda hoteleira neste caso-. Logo de Madrid, por tanto, os mercados máis importantes son, por unha banda, aqueles de maior poboación Cataluña e Andalucía- e, por outra banda, aqueles de proximidade -Castela e León, e Asturias-. País Vasco e Castela A Mancha sitúanse a continuación cun peso do contorno do 3%. No ámbito internacional mantense Portugal como o principal mercado emisor a Galicia. Neste primeiro mes do verán rexístranse algo máis de 46 mil pernoctacións procedentes do país veciño, o 4,1% do total da comunidade e o 20,5% do total internacional. A nivel internacional destacan tamén como principais mercados Italia co 2,0% das noites-, EE.UU. e Alemaña ambas co 1,8%- e Reino Unido e Francia co 1,2% neste caso-. EE.UU. sitúase, por tanto, en terceiro lugar conformando o primeiro mercado internacional non europeo. Tal circunstancia acontece por vez primeira no inicio do verán. Lonxe dos anteriores sitúanse, a continuación, Irlanda e Suiza con cuotas baixas, inferiores ao 1% do total da demanda-.

MERCADOS TURÍSTICOS O mal comportamento do mercado nacional vén como consecuencia das caídas rexistradas na maior parte dos principais mercados emisores. Así o manifesta en primeiro lugar o principal mercado Madrid- cun descenso do 9,3% no volume de noites hoteleiras. Neste contexto negativo sitúanse tamén mercados como Castela e León rexistra unha caída do 10%-, Andalucía cun descenso do 14%-, e Cataluña e o País Vasco ambas con caídas superiores ao 20% interanual-. No lado contrario destacan dous mercados por presentar cifras positivas e superar os niveis do pasado ano. Son Asturias e Castela A Mancha, que soben un 2,4% e 1,9% respectivamente en relación ao mes de xullo de 2017. Evolución dos principais mercados nacionais nos aloxamentos hoteleiros. Noites Xullo 2018/17 5,0% 2,4% 1,9% -5,0% -1-9,3% -9,7% -15,0% -12,4% -13,7% -2-25,0% -3 T. Nacional Madrid Castela e León Andalucía Asturias Cataluña País Vasco Castela A Mancha -23,2% -27,0%

MERCADOS TURÍSTICOS A nivel internacional obsérvase un comportamento homoxéneo dos principais mercados, con caídas xeneralizadas de diversa intensidade. Neste sentido destacan os descensos rexistrados polo mercado portugués do 9,4%, por ser o principal- e dos mercados italiano e francés de notable intensidasde, ambos rexistran caídas iguais ou superiores ao 30% interanual-. Os mercados anglosaxóns Reino Unido e Irlanda- presentan tamén descensos importantes, do 13% e 18% respectivamente. No lado contrario os mercados que mellor comportamento relativo presentan neste mes de xullo no sentido de presentar as caídas máis suaves, inferiores ao 5%- son Estados Unidos, Alemaña e Suíza. Evolución dos principais mercados internacionais nos aloxamentos hoteleiros. Noites Xullo 2018/17-5,0% -4,4% -4,6% -2,1% -1-9,4% -15,0% -13,3% -2-17,1% -17,6% -25,0% -3-35,0% T. Internacional -32,1% Portugal Italia Estados Unidos -29,7% Alemaña Reino Unido Francia Irlanda Suiza

ANÁLISE TERRITORIAL En liña coa distribución da oferta actual, o reparto territorial da demanda turística presenta un claro desequilibrio cara as provincias do litoral atlántico fronte o interior da comunidade. Neste primeiro mes do verán as provincias de A Coruña e Pontevedra absorben o 83% do total da demanda cun reparto algo dispar Pontevedra xera maior volume de pernoctacións con pouco máis de 573 mil neste mes, o 45% do total-. En A Coruña o nivel fica preto de 590 mil, o 38%. O 17% restante queda nas provincias de interior, cifra que se reparte de forma algo dispar entre Lugo que absorbe o 11% do total da demanda- e Ourense provincia que tradicionalmente ten un menor peso na estrutura global da comunidade, cun 6% neste caso-. Por vez primeira neste ano, e como característica propia da temporada alta, Pontevedra sitúase como a provincia de maior volume e peso no conxunto da comunidade. Demanda turística REGRADA por provincias. Xullo 2018 573.101 45% 488.540 38% 70.006 6% 140.727 11% A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

ANÁLISE TERRITORIAL O comportamento negativo da demanda a nivel da comunidade autónoma é unha característica que se observa, con diversa intensidade, no conxunto das catro provincias galegas. Neste sentido cae o volume de noites en todas as provincias, destacando en intensidade o descenso observado en Lugo do 21% en relación ao pasado ano-. No lado contrario é Ourense a provincia que rexistra o descenso menos acusado do 6,4% neste caso-. En A Coruña e Pontevedra as caídas sitúanse no 9,1% e 12,1% respectivamente. En todas as provincias o descenso da demanda provén esencialmente dunha caída da cifra de viaxeiros aloxados. Variación da demanda turística REGRADA por provincias. Xullo 2018/17-5,0% -1-9,1% -5,4% -6,4% -15,0% -12,8% -12,0% -12,1% -2-25,0% -21,0% -3-35,0% -29,5% A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Var. Int Viax. 18/17 Var. Int. Noites 18/17

ANÁLISE TERRITORIAL O 38% da demanda hoteleira de Galicia deste primeiro mes do verán corresponde aos destinos urbanos da comunidade. Esta porcentaxe, aínda que importante, é inferior á rexistrada noutros momentos do ano nos que o turismo urbano supera o 50% do total das noites hoteleiras. Neste sentido confírmase que no verán adquiren maior peso relativo os destinos de litoral e de interior fóra das áreas urbanas. Sirva de exemplo municipios como Sanxenxo que lidera neste mes o ranking a nivel municipal rexistrando 170 mil noites hoteleiras no mes de xullo. A cidade de Santiago lidera o ranking dos destinos urbanos de Galicia. Neste período rexistra algo máis de 134 mil noites nos establecementos hoteleiros, cifra que supón o 12% do total da comunidade. Seguen en orde de importancia as cidades de A Coruña con 114 mil noites- e Vigo con case 94 mil neste mes de xullo-. As restantes catro cidades distan en volume e peso das tres anteriores, destacando en todo caso Lugo e Pontevedra ambas por encimas das 24 mil noites-. 160.000 Demanda turística HOTELEIRA nos destinos urbanos de Galicia. Xullo 2018 140.000 120.000 134.511 100.000 114.019 80.000 93.889 60.000 40.000 20.000 24.228 17.108 14.504 26.040 A Coruña Santiago Vigo Lugo Ourense Ferrol Pontevedra Noites 18

ANÁLISE TERRITORIAL En liña co comportamento do sector a nivel global, obsérvase neste primeiro mes do verán unha caída xeneralizada da demanda hoteleira nos destinos urbanos de Galicia. Destacan en intensidade os descensos rexistrados en Santiago do 16%-, Lugo do 18%- e Ferrol do 15% neste caso-. No lado contrario é A Coruña a cidade de mellor comportamento relativo cunha caída do 3,2% en relación ao pasado ano. En todos os destinos a caída da demanda provén esencialmente dun descenso da cifra de viaxeiros aloxados agás en Pontevedra onde o motivo principal reside nun descenso da estadía media a cifra de viaxeiros neste destino sobe un 16% en relación a xullo de 2017-. Variación da demanda turística HOTELEIRA nos destinos urbanos de Galicia. Xullo 2018/17-2,0% -4,0% -6,0% -3,2% -4,5% -5,8% -8,0% -1-12,0% -14,0% -13,6% -14,9% -16,0% -18,0% -16,4% -18,0% -2 A Coruña Santiago Vigo Lugo Ourense Ferrol Pontevedra Var. Noites 18/17

DEMANDA TURISTICA - TIPOLOXÍAS O 71,6% da demanda turística regrada corresponde aos establecementos hoteleiros, porcentaxe que inclúe tanto aos hoteis que representan o 59,9%- como ás pensións co 11,6% neste caso-. O 28,4% restante, en cambio, sitúase no segmento extrahoteleiro, porcentaxe que neste caso reúne aos apartamentos turísticos que representan o 5,2% da demanda total-, aos cámpings co 19,2%- e aos establecementos de turismo rural que supoñen o 3,9% neste caso-. Esta distribución da demanda é moi propia e característica dun período de temporada alta, cun peso importante dos hoteis aínda que inferior ao que se rexistra noutros momentos do ano- e notable presenza dos cámpings modalidade que xorde basicamente no verán pois en temporada baixa apenas representa o 1% do total-. Reparto da demanda turística nas diferentes tipoloxías de aloxamento regrado. Noites Xullo 2018 3,9% 19,2% 5,2% 11,6% 59,9% HOTEIS PENSIÓNS APTOS. TURÍSTICOS CÁMPINGS TURISMO RURAL

DEMANDA TURISTICA TIPOLOXÍAS En relación coas tipoloxías de aloxamento obsérvase neste mes un comportamento negativo, con caídas da demanda en todas as modalidades consideradas. Neste contexto son tres as tipoloxías que marcan descensos de notable intensidade, superiores ao 20% interanual nas pensións e no contorno do 18% nos apartamentos turísticos e nos establecementos de turismo rural. Nos hoteis a caída sitúase no 8,2% quedando o descenso máis suave ou menos acusado- nos cámpings cun 3,4% neste caso-. Acontece en todas as modalidades que a caída da demanda provén esencialmente do descenso da cifra de viaxeiros aloxados, de forma case parella nalgunha delas. Evolución da demanda turística regrada por tipoloxías. Noites Xullo 2018/17-3,4% -5,0% -8,2% -1-15,0% -17,9% -18,4% -2-22,8% -25,0% HOTEIS PENSIÓNS APTOS. TURÍSTICOS CÁMPINGS TURISMO RURAL Var. Int. Noites

DEMANDA TURISTICA CATEGORÍAS Dentro do ámbito hoteleiro obsérvase igualmente un comportamento homoxéneo e negativo, con caídas de diversa intensidade en todos os segmentos. En termos xerais, as caídas son máis intensas a medida que baixa a categoría do establecemento. Deste xeito son as pensións, tanto de tres e dúas estrelas como as de unha estrela, as que rexistran os descensos máis acusados, superiores ao 20% interanual. No lado contrario é o segmento de maior peso hoteis de catro e cinco estrelas- o que presenta o mellor comportamento relativo no sentido de que presenta a caída máis suave do 2,0% neste caso-. En todas as categorías a caída da demanda provén dun descenso paralelo do volume de viaxeiros aloxados. Evolución da demanda turística hoteleira por categorías. Noites Xullo 2018/17-2,0% -5,0% -1-10,1% -8,1% -15,0% -18,8% -2-22,6% -23,2% -25,0% Hot. 5-4* Hot. 3* Hot. 2* Hot. 1* Pens. 3-2* Pens. 1* Var. Int. Noites 18/17

ESTADÍA MEDIA A estadía media nos establecementos regrados de Galicia increméntase neste primeiro mes do verán un 4,5% en particular-, ata situarse en 2,54 noites de media. É o terceiro ano consecutivo no que acontece tal circunstancia, con subas relativamente importantes que conseguiron superar en máis de tres décimas o valor da estadía media de xullo de 2015 cando ficaba en 2,2 noites-. Con esta mellora a cifra de 2018 sitúase ao mesmo nivel que en 2011 e 2012. Os cámpings son a modalidade que rexistra o valor máis alto con 4,1 noites neste mes de xullo. Nos apartamentos turísticos a cifra fica tamén nas catro noites, sendo estas dúas as tipoloxías cos valores máis elevados. Nos hoteis e nos establecementos de turismo rural o nivel sitúase por encima das dúas noites -2,4 nos hoteis e 2,2 en turismo rural- mentres que nas pensións a cifra queda en preto de 1,9 noites de media. 3,00 Estadía media nos establecementos regrados. Xullo 2012-18 2,50 2,52 2,38 2,32 2,21 2,35 2,43 2,54 2,00 1,50 1,00 0,50 0,00 Xul 12 Xul 13 Xul 14 Xul 15 Xul 16 Xul 17 Xul 18 Estadia Media Estab. Regrados

OCUPACIÓN O comportamento da demanda tradúcese en todas as tipoloxías consideradas nunha evolución parella dos niveis de ocupación en relación ao mesmo período do pasado ano 2017, de diversa intensidade. Neste sentido, obsérvase un descenso xeneralizado da ocupación en todas as tipoloxías sendo máis acusada nos apartamentos turísticos segmento no que se rexistra unha caída de dez puntos porcentuais-. No lado contrario as caídas menos notables fican nas pensións e nos cámpings de pouco máis de dous puntos en ambas-. Os hoteis son unha vez máis a modalidade que rexistra a cifra de ocupación máis elevada da oferta regrada, cun promedio do 55,7% neste mes de xullo. A porcentaxe fica no 42,8% nos apartamentos turísticos, no contorno do 33% nas pensións e nos cámpings e no 30% nos establecementos de turismo rural. % Ocupación nos establecementos regrados. Xullo 2018/17 60,00% 12,00 56,69% 40,00% 42,81% 8,00 20,00% 32,43% 33,25% 29,87% 4,00 0,00% 0,00-20,00% -2,60-2,21-4,00-40,00% -4,63-5,95-8,00-60,00% -10,09 HOTEIS PENSIÓNS APTOS. TURÍSTICOS CÁMPINGS TURISMO RURAL -12,00 % Ocupación Var. Int. Ocupac. 18/17

RENDIBILIDADE HOTELEIRA As tarifas hoteleiras en Galicia soben no mes de xullo un 2,5%- situándose en 63,2 euros de media. É o quinto ano consecutivo no que acontece tal circunstancia o que leva a que a tarifa deste ano sexa a máis elevada da década. Este incremento prodúcese nun contexto de caída dos niveis de demanda e ocupación, superior en intensidade en termos de ocupación por habitacións o descenso é do 5,6%- o que conleva un descenso paralelo dos niveis de rendibilidade o RevPAR hoteleiro cae un 3,3% para situarse en 33,5 euros de ingreso medio por habitación dispoñible-. 3,0% Variación da ocupación, ADR e RevPAR no sector hoteleiro. Xullo 2018 2,0% 2,5% 1,0% -1,0% -2,0% -3,0% -3,3% -4,0% -5,0% -6,0% -7,0% -5,6% Var. Ocupación Var. ADR Var. RevPAR

RENDIBILIDADE HOTELEIRA O descenso do RevPAR hoteleiro de xullo deste ano contraponse aos incrementos observados nos cinco anos anteriores grazas á combinación de dous factores: mellora dos niveis de ocupación nun contexto de crecemento das tarifas hoteleiras. A caída deste ano provén do lado da demanda, cuxo descenso provoca un empeoramento dos niveis de ocupación, a pesar de que as tarifas hoteleiras continúan a tendencia de crecemento de anos anteriores. Con 33,5 euros de ingreso medio por habitación dispoñible, o dato deste mes de xullo sitúase obviamente por debaixo do dato de 2017 pero por encima da serie anterior desta década en xullo de 2012 e 2013 a cifra quedaba en 22,5 euros-. 25,0% 2 15,0% 1 5,0% -5,0% -1-15,0% Variación da Ocupación, ADR e RevPAR Hoteleiro. Xullo 2012-18 -2 Xul 12 Xul 13 Xul 14 Xul 15 Xul 16 Xul 17 Xul 18 Var. ADR Var. RevPAR Var. Ocupac. Hab.

RENDIBILIDADE HOTELEIRA En termos absolutos, combinando o comportamento dos niveis de ocupación nun contexto de leve crecemento das tarifas hoteleiras, estímase que o sector hoteleiro rexistrou neste primeiro mes do verán algo máis de 38,3 millóns de euros de ingreso total por habitación ocupada, cifra que descende un 6,2% en relación ao mesmo período do pasado ano. A perda en termos absolutos sitúase por encima dos dous millóns de euros. O descenso deste ano contraponse aos incrementos observados nos últimos catro anos, conseguindo desta maneira superar os 40 millóns de euros de ingreso total en xullo do pasado ano. Ingreso total por habitacións ocupadas no segmento hoteleiro. Xullo 2013-18 50.000.000 40.000.000 30.000.000 26.503.958 28.503.200 33.630.339 18,0% 36.843.666 40.846.085 38.312.500 25,0% 2 15,0% 20.000.000 10.000.000 7,5% 9,6% 10,9% 1 5,0% 0-10.000.000-0,8% -6,2% -5,0% -20.000.000-1 -30.000.000-15,0% -40.000.000-2 -50.000.000 Xul 13 Xul 14 Xul 15 Xul 16 Xul 17 Xul 18-25,0% Var. Ingreso Total Ingreso Total

CAMIÑO DE SANTIAGO En relación co número de Compostelas que expide a Oficina do Peregrino obsérvase neste primeiro mes do verán un incremento do 7,2% en relación ao mesmo período de 2017 acadando unha cifra total próxima ás 51 mil. É o sétimo ano consecutivo no que se observa un crecemento do número de Compostelas situando a cifra deste 2018 mes de xullo- en máximo histórico supera nun 20% o dato do último Xacobeo 2010-. Como é propio dun mes de temporada alta, o volume de peregrinos españois supera ao dos estranxeiros. O volume dos primeiros sitúase levemente por encima dos 30 mil mentres que a cifra de peregrinos estranxeiros fica en case 21 mil. 60.000 Evolución peregrinos en Galicia. Nº Compostelas, xullo 2011-18 50.000 44.799 45.471 47.470 50.868 40.000 36.559 39.581 30.000 20.000 10.000 32.823 30.838 20.444 20.159 12.664 10.394 22.471 14.088 23.811 15.770 27.075 26.710 27.096 30.188 17.724 18.761 20.374 20.680 0 Xul 11 Xul 12 Xul 13 Xul 14 Xul 15 Xul 16 Xul 17 Xul 18 Nº Peregrinos Españois Estranxeiros

CAMIÑO DE SANTIAGO Obsérvase neste período un comportamento homoxéneo dos dous grandes segmentos segundo a procedencia. En relación ao pasado ano increméntase notablemente o volume de peregrinos españois un 11,4% en particular- así como a cifra de peregrinos estranxeiros un 1,5% neste caso- acadando estes últimos un máximo histórico con preto de 21 mil. Por rutas destaca o Camiño Francés co 56,9% do total-, que rexistra neste caso un suave crecemento do volume de peregrinos do 1,3%. Os restantes camiños amosan en global un maior dinamismo superando nun 14,9% as cifras do mesmo período do pasado ano neste grupo cabe sinalar o incremento do volume de peregrinos no Camiño Portugués, do 15% neste mes-. Evolución peregrinos, por procedencia. Xullo 2018/17 Evolución peregrinos, por rutas. Xullo 2018/17 12,0% 16,0% 1 11,4% 14,0% 14,9% 8,0% 6,0% 7,2% 12,0% 1 8,0% 4,0% 6,0% 7,2% 4,0% 2,0% 1,5% Var. Peregrinos 18/17 Españois Estranxeiros 2,0% 1,3% Var. Peregrinos 18/17 C. Francés Resto Camiños

EMPREGO NO SECTOR TURÍSTICO En termos de emprego no sector turístico en particular nas ramas de Hostalería e Axencias de Viaxe- obsérvase un incremento das afiliacións á Seguridade Social en relación ao pasado ano. Soben en concreto un 0,4% situándose a cifra de xullo en preto de 88 mil no conxunto da comunidade. Son cinco anos consecutivos de incremento das afiliacións á Seguridade Social nas ramas citadas pasando dun promedio do contorno das 76 mil en xullo de 2013 a case 88 mil agora en 2018. A nivel desagregado obsérvase que o incremento das afiliacións prodúcese en case todas as ramas consideradas. Soben nun 2,1% nos servizos de aloxamento e nun 8,3% nas actividades de axencias de viaxes, operadores turísticos e similares. Nos servizos de restauración o volume de afiliacións mantense estable. Evolución Afiliacións á Seguridade Social (Hostalería e Axencias de Viaxe). Xullo 2013-18 100.000 90.000 80.000 76.198 79.085 82.077 84.967 87.330 87.699 6,0% 5,0% 70.000 60.000 50.000 3,8% 3,8% 3,5% 4,0% 3,0% 40.000 30.000 2,8% 2,0% 20.000 10.000 0 Xul_13 Xul_14 Xul_15 Xul_16 Xul_17 Xul_18 0,4% 1,0% Var. Afiliacións Afiliacións

Informe de avaliación de datos turísticos Verán 2018