En Santiago de Compostela, catorce de setembro de dous mil doce REUNIDOS

Documentos relacionados
En Santiago de Compostela, trece de abril de dous mil dez REUNIDOS

Santiago de Compostela, dezanove de setembro de dous mil catorce

En Santiago de Compostela, once de xaneiro de dous mil trece REUNIDOS

En Santiago de Compostela, seis de outubro de dous mil dezaseis REUNIDOS

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de dous mil dezasete

En Ferrol, 28 de xuño de dous mil dezaseis

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce REUNIDOS

En Santiago de Compostela, a seis de outubro de dous mil dezasete REUNIDOS

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

Santiago de Compostela, 26 de maio de dous mil quince REUNIDOS

Santiago de Compostela, nove de marzo de dous mil quince

Santiago de Compostela, tres de febreiro de dous mil dezaseis

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO,E A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA REUNIDOS

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

Santiago de Compostela, 24 de maio de dous mil trece REUNIDOS

Vigo, vintetrés de marzo de dous mil quince REUNIDOS

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Santiago de Compostela, dous de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, once de setembro de dous mil dezaoito REUNIDOS

MODELO DE CONVENIO DE ADHESIÓN

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

En Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2017 REUNIDOS

Ambos os comparecentes se recoñecen mutuamente plena capacidade para formalizar o presente protocolo de colaboración e, en consecuencia,

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Santiago de Compostela, de 29 de xullo de dous mil quince REUNIDOS

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

Santiago de Compostela, 01 de xuño de de dous mil dezaoito REUNIDOS

ACORDAN Capítulo I Réxime de prestación de servizos

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

PROPOSTA DO COMITÉ DE EMPRESA DE PONTEVEDRA DA CARREIRA PROFESIONAL PARA O PAS LABORAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

En Santiago de Compostela, a 23 de maio de dous mil dezaseis REUNIDOS

Ribeira, 20 de maio de dous mil dezaseis REUNIDOS

A Axencia Galega de Innovación

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

Orixe: Dirección Xeral da División de Recursos Humanos do Sergas.

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O PARLAMENTO DE GALICIA E O INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA).

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

Guía de procedementos e servizos

Normativa xeral Páxina 1

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

PROCEDEMENTO P-PRL 17

Normas de convivencia no centro

DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2011 Páx CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Convenio específico para el desarrollo de la formación en centros de trabajo entre la Consellería de Educación y Ordenación Universitaria y Aena

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Santiago de Compostela,... de... de... REUNIDOS

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Valorarase a puntuación obtida neste exercicio correspondente á última oposición da categoría.

Praza de Europa, 5 A 4º Polígono de Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

B o l e t í n M a r z o A P E G a l i c i a

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

Educación, cultura e lecer

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

Santiago de Compostela, diecinueve de mayo de dos mil dieciséis REUNIDOS

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

INICIO DE ESTUDOS ESTUDOS CONVOCATORIA DATAS

Bases e procedemento para a selección do alumnado da acción formativa Asistente persoal Ferrol punto de emprego

Nº 127 Mércores, 1 de xullo de 2009 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

CONCELLO DE BEGONTE 1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

Programa I. Promoción do emprego autónomo (TR341J)

Por todo isto, esta consellería,

Gases fluorados: certificacións persoais

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

COMPARECEN. Ambas as entidades recoñécense respectivamente personalidade, capacidade e competencia para outorgar este convenio, polo que

FACULTADE DE MATEMÁTICAS CONVOCATORIA PRÁCTICAS CURSO

Convocatoria ordinaria de 2012

III CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

REGULAMENTO DE COLABORACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS DESTA UNIVERSIDADE EN CURSOS E CONVENIOS DE INVESTIGACIÓN

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS. Nº 157 Xoves, 14 de agosto de 2008 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

Actividades formativas desenvolvidas polo CAFI

Concello de Viveiro RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

Transcripción:

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Repsol Petróleo S.A. Complexo Industrial da Coruña sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional, especialmente nas da familia Química En Santiago de Compostela, catorce de setembro de dous mil doce REUNIDOS Dunha parte, don Jesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en representación da mesma, e de conformidade coas atribucións conferidas no artigo 34.1 da Lei do Parlamento de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente. Doutra, don Luís Felipe Llamas Gómez, en nome e representación da entidade Repsol Petróleo, S.A. domiciliada en Madrid, e intervén en calidade de Director do Complexo Industrial da Coruña. Interveñen en función dos seus respectivos cargos e en exercicio das facultades que para convir, en nome das entidades que representan, teñen conferidas.

EXPOÑEN 1. Que a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, determina no artigo 39 que a formación profesional, no sistema educativo, ten por finalidade preparar aos alumnos e as alumnas para a actividade nun campo profesional e facilitar a súa adaptación as modificacións laborais que poidan producirse ao longo da súa vida, así como contribuír ao seu desenvolvemento persoal e ao exercicio dunha cidadanía democrática. Igualmente, contempla no apartado 2 do artigo 42, que o currículo das ensinanzas de formación profesional incluirá unha fase de formación práctica nos centros de traballo, da que poderán quedar exentos os que acrediten unha experiencia laboral que se corresponda cos estudios profesionais cursados. 2. Que a Lei Orgánica 5/2002, de 19 de xuño, das Cualificacións e da Formación Profesional, ten por obxecto a ordenación dun sistema integral de formación profesional, cualificación e acreditación que responda con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das diversas modalidades formativas. Con este fin créase o Sistema Nacional das Cualificacións e da Formación Profesional, e no seu marco orientaranse as accións formativas programadas e desenvolvidas en coordinación coas políticas activas de emprego e de fomento da libre circulación de traballadores. 3. Que o Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, na súa disposición adicional segunda, contempla a relación coas empresas nos seguintes aspectos: a) A consellería con competencias en materia de educación promoverá a colaboración coas empresas e entidades empresarias e, en particular, coas máis implicadas en sectores clave da economía galega e as relacionadas cos sectores emerxentes. b) Esta colaboración ten a seguinte finalidade: - Realización do módulo de formación en centros de traballo. - Impartición de módulos profesionais incluídos en títulos de formación profesional ou módulos formativos incluídos en certificados de profesionalidade nas instalacións das empresas, co fin de garantir que a formación se realice cos equipamentos máis actuais.

- Uso polas empresas das instalacións e do equipamento dos centros, nas condicións que se determine, sempre que non interfiran no desenvolvemento das actividades docentes. - Actualización profesional dos traballadores e as traballadoras, así como do profesorado. Esta formación poderá incluír estadías temporais do profesorado nas empresas, tanto para a formación dos seus traballadores e das súas traballadoras como para a actualización do profesorado. - A validación das accións de formación desenvolvidas nas empresas, de acordo cos requisitos que se establezan, co fin de lles facilitar aos seus traballadores e ás súas traballadoras a obtención dun título de formación profesional. - Desenvolvemento conxunto de proxectos de innovación c) A colaboración formalizarase mediante convenio. 4. Que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Repsol Petróleo, S.A., Complexo Industrial da Coruña coinciden en considerar que a adecuación da formación profesional ás demandas e necesidades do mundo laboral require unha activa participación dos axentes sociais, especialmente naqueles sectores ou tipo de actividades, que non conseguen cubrir as necesidades mínimas de empregos cualificados. 5. Que é necesario manter a colaboración xurdida co convenio asinado no ano 2010 e continuar impartindo as ensinanzas de formación profesional do ciclo formativo Química industrial. En consecuencia, estes organismos acordan subscribir este convenio, en base ás seguintes CLÁUSULAS Primeira. Obxecto do convenio O obxecto do presente convenio é establecer a colaboración no eido da formación profesional entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Repsol Petróleo, S.A., Complexo Industrial da Coruña. A referida colaboración levarase a cabo nos seguintes campos de actuación:

a. Establecemento dun programa de formación en centros de traballo, para alumnado que curse formación profesional inicial e o desenvolvemento do mesmo nas instalacións da empresa Repsol Petróleo, S.A., Complexo Industrial da Coruña. b. Promoción de ensinanzas de formación profesional da familia química: ciclo formativo de grao superior Química Industrial. c. Orientación na formación e actualización do profesorado dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. d. Creación dun programa de bolsas de formación por parte da empresa Repsol Petróleo, S.A., Complexo Industrial da Coruña. e. Accións de orientación profesional dirixidas ao alumnado de formación profesional. f. Promoción e difusión destas ensinanzas, así como das súas saídas profesionais entre o alumnado de formación profesional. Programa de formación en centros de traballo Segunda. Os centros que impartan ensinanzas de formación profesional determinarán coa empresa Repsol Petróleo, S.A., Complexo Industrial da Coruña, por escrito e para cada curso escolar, os alumnos que vaian realizar o módulo de formación en centros de traballo, previsto nos ciclos formativos, nas súas instalacións. Neste documento, determinarase o seu calendario e o seu horario, que terá que axustarse ao previsto no correspondente módulo (FCT). O centro de traballo responsabilizarase da formación do alumnado, para o que designará aos titores responsables de cada área formativa. O centro educativo tamén designará un titor ou titores que colaborarán co titor do centro de traballo na elaboración do programa formativo e no apoio técnico aos alumnos. Cada alumno asistirá ao centro de traballo provisto da súa tarxeta de identificación ou D.N.I., e observará as normas da empresa no tocante á puntualidade, asistencia e comportamento. A empresa poderá desistir libremente de continuar a colaboración formativa, respecto de calquera alumno, por incumprimento das normas, abondando para iso unha comunicación escrita ao centro escolar, oído previamente o titor do mesmo. O alumno non terá en ningún caso vinculación laboral coa empresa, non podendo establecerse entre este e aquel ningunha relación contractual, nin sequera baixo as modalidades de contrato en prácticas ou para a formación, previstos nos artigos 11 e 12 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos

Traballadores, polo que os alumnos acollidos a este convenio quedan absolutamente excluídos da lexislación laboral. Durante o período de prácticas concertado non se poderá formalizar ningunha modalidade de contrato de traballo entre a empresa e o alumno, mentres non se revoque expresamente o concerto de colaboración formativa entre o centro educativo e a dirección da empresa, respecto dese alumno. Os riscos por accidentes de traballo derivados da realización das prácticas, tanto se afectan ás cousas ou a terceiros coma ao propio alumno, incluídos os constitutivos de invalidez ou determinantes de morte, quedan cubertos por unha póliza de seguro colectivo adicional de carácter civil que ten subscrita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Promoción de ensinanzas de formación profesional da familia química: ciclo formativo de grao superior Química Industrial Terceira. A empresa Repsol Petróleo, S.A., complexo industrial da Coruña colaborará na impartición das ensinanzas de formación profesional inicial do ciclo formativo de grao superior Química Industrial, que se imparte compartidamente nas instalacións do Instituto de Educación Secundaria A Sardiñeira da Coruña e nas instalacións da empresa. Cuarta. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aportará o persoal docente, necesario para o desenvolvemento das ensinanzas do ciclo formativo Química Industrial. A empresa Repsol Petróleo, S.A., complexo industrial da Coruña colaborará no proceso formativo do alumnado, naqueles módulos profesionais nos que se requiran unha formación específica que non poida ser impartida por funcionarios docentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, aportando o persoal necesario coa cualificación requirida. Quinta. A impartición das ensinanzas do ciclo formativo Química Industrial, nas instalacións da empresa Repsol Petróleo, S.A., complexo industrial da Coruña, refírese á parte de determinados módulos para a que se precisa de talleres ou instalacións especiais dos que dispón a referida empresa. Neste sentido o alumnado recibirá un total de 132 horas de prácticas na empresa, e que se repartirán en dous períodos:

- No primeiro curso, na primeira quincena do mes de marzo, dez días hábiles que implicarán 66 horas de prácticas, correspondentes aos módulos de Operacións básicas na industria química e Transportes sólidos e fluídos. - No segundo curso, na primeira quincena do mes de novembro, dez días hábiles que implicarán 66 horas de prácticas, correspondentes aos módulos de Regulación e control do proceso químico e Xeración e recuperación de enerxía. Adicionalmente, Repsol Petróleo, S.A., comprométese a recibir para a realización do correspondente módulo de formación en centros de traballo a un terzo do alumnado que estea en disposición de realizar o referido módulo. A selección deste alumnado realizarase conforme ao proceso selectivo habitual na empresa para o posto de Operador de planta química. Durante o período da FCT o alumnado realizará adestramento no réxime habitual do posto, é dicir, en quendas rotativas de luns a domingos; evitándose a quenda de noite durante este período de aprendizaxe. Como formación adicional en seguridade e loita contra incendios, o alumnado recibirá (tamén no período da FCT), un adestramento específico neste ámbito. Esta formación poderá ter lugar tanto nas instalacións de Repsol Petróleo, S.A., como nas empresas formativas especializadas da Comunidade Autónoma de Galicia (Cegalia, Seganosa). Rematada con avaliación satisfactoria a FCT, o alumnado incorporarase á bolsa de emprego de Repsol, considerándose a súa candidatura preferente fronte a outros para ser contratado de maneira interina segundo as necesidades da empresa, ata o seu pase definitivo a contratación indefinida de acordo coa planificación da empresa e as súas propias avaliacións do rendemento. Sexta. Estas ensinanzas da familia química formarán parte da oferta formativa do Instituto de Educación Secundaria A Sardiñeira da Coruña a todos os efectos académico-administrativos. Correspóndelle á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o establecemento, desenvolvemento e supervisión dos planos educativos propios da consellería, quedando o centro nos seus ciclos formativos específicos sometido a Inspección Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, segundo a normativa vixente para os centros públicos.

Programa de bolsas de formación de Repsol Sétima. A empresa Repsol Petróleo, S.A., Complexo Industrial da Coruña creará un programa de bolsas de formación para cada curso académico, para aquel alumnado especialmente sobresaínte, titulado en ciclos formativos de formación profesional e que realizara a formación en centros de traballo nas súas instalacións. A empresa fixará as bases de cada convocatoria na que se contemplará os criterios de selección, o importe da bolsa, a súa duración, que oscilará entre dous meses e un ano, a subscrición do seguro de accidentes e demais condicións do programa de bolsas de formación. Especificamente para o alumnado procedente do ciclo de química industrial, incluído na bolsa de emprego de Repsol, e co obxectivo de garantir a formación continua e a súa plena empregabilidade, a empresa poderá convocar bolsas de formación para cubrir os períodos nos que non exista previsión ou necesidade de contratación directa. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria procedería a preparar a documentación necesaria para o alumnado bolseiro. Formación e actualización do profesorado Oitava. A empresa Repsol Petróleo, S.A., Complexo Industrial da Coruña colaborará na formación e actualización do profesorado, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, naquelas técnicas e tecnoloxías que se consideren de interese, e especialmente colaborará na obtención do título de especialización didáctica previsto para o profesorado de formación profesional inicial conforme ao R.D. 118/2004, de 23 de xaneiro, (BOE 4/02/2004), modificado polo R.D. 1258/2005 de 21 de outubro (BOE 8/11/2005). Novena. A proposta dunha das partes implicadas poderanse organizar cursos, seminarios, estudos, etc., sobre temas referentes ás novas tecnoloxías de común interese, tanto para persoal específico da empresa Repsol Petróleo, S.A., Complexo Industrial da Coruña, dentro das súas posibilidades, como da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A tal fin, a empresa Repsol Petróleo, S.A., Complexo Industrial da Coruña colaborará, mediante o oportuno apoio técnico e loxístico, no programa de formación do profesorado e máis concretamente nas estancias en empresas por tempo definido, para o profesorado de formación profesional e segundo as necesidades de formación, previstas na convocatoria de estadías en

empresas que anualmente promove a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Comisión de seguimento Décima. Establecerase unha comisión de seguimento, control e supervisión, que se reunirá cando se considere oportuno por calquera das partes asinantes. Esta comisión estará constituída por: a. Tres representantes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. b. Tres representantes da empresa Repsol Petróleo, S.A., Complexo Industrial da Coruña. c. Un funcionario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que actuará como secretario. Décimo primeira. As funcións da comisión serán as seguintes: a. Seguimento das ensinanzas do ciclo formativo química industrial. b. Colaborar nas accións de formación en centros de traballo. c. Programar as actuacións relativas á formación e actualización do profesorado e demais actuacións previstas na cláusula primeira. d. Efectuar o seguimento e avaliación do convenio e propoñer as modificacións que se xulguen necesarias. Vixencia do convenio Décimo segunda. O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá unha vixencia de dous anos, podendo prorrogarse por acordo das partes mediante a addenda correspondente. Non obstante, o convenio poderá denunciarse por calquera das partes; a denuncia deberá realizarse por escrito e con dous meses de antelación, en calquera caso as actividades docentes iniciadas deberán finalizarse. Natureza e xurisdición competente Décimo terceira. Este convenio posúe carácter administrativo por razón do contido e materias sobre as que o mesmo versa, as cales ao abeiro do disposto no artigo 4.1 e 2, do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de

Contratos do Sector Público, o exclúe do seu ámbito de aplicación, sen prexuízo da aplicación dos principios desta para resolver as lagoas ou dúbidas que a súa aplicación suscite. Dada a natureza administrativa deste instrumento xurídico, as controversias ou cuestións litixiosas que puideran xurdir na súa aplicación e non puidesen ser solucionadas no seo da comisión de seguimento, serán resoltas pola xurisdición contencioso-administrativa. E, en proba de conformidade, asinan este convenio, por triplicado exemplar e a un só efecto, no lugar e data indicados no encabezamento. O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria O Director do Complexo Industrial da Coruña da Empresa Repsol Petróleo, S.A. Asdo.: Jesús Vázquez Abad Asdo.: Luís Felipe Llamas Gómez