ADDENDA DO PROXECTO LINGÜÍSTICO Atendendo ao artigo 14 do apartado 4 do Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia (DOG de 25 de maio) elaboramos a addenda do proxecto lingüístico atendendo a dous dos seus apartados: 1. Aos resultados obtidos sobre lingua materna predominante entre o alumnado na educación infantil. Atendendo aos resultados obtidos da enquisa enviada ás familias sobre cal era a lingua materna do neno ou nena, o resultado obtido foi maioritariamente o castelán. Polo tanto, a lingua vehicular da aula de tres anos será o castelán pero fomentarase o galego en igual de condicións para que adquiran as competencias básicas en ambas as dúas linguas. Só en 6º de educación infantil a lingua vehícular é o galego. 2. Información e valoración dos programas e actividades para o fomento e dinamización da lingua galega realizados polo centro educativo no curso anterior e información do que se vai desenvolver no curso seguinte. Teremos en conta as propostas de mellora do curso pasado entre as que se atopan a proposta de actividades que permitan una maior participación por parte das familias como os faladoiros, polo que este ano seguimos co blog do EDLG, pretendendo o fomento dunha maior participación nel por parte de toda a comunidade educativa. Así mesmo, preveremos a duración das actividades coa finalidade de que non se superpoñan (na medida do posible) En resumo, as actividades propostas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega para este curso escolar detállanse no seguinte apartado desta programación. PLAN DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA BASES LEGAIS: A principal lexislación, actualmente en vigor, que serve de base para esta programación é a seguinte: Lei de Normalización Lingüística Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio de Educación. Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. 1
Ademais do decreto 374/1996 onde se describe a composición do ENL (denominación substituída pola de EDL polo decreto 79/2010) así como as súas funcións. A partir da avaliación do curso anterior, constátase (ao igual que en cursos anteriores) que aínda que a competencia lingüística en lingua galega da maioría do alumnado é aceptable a nivel escrito, a nivel oral é deficiente, polo que se presenta a necesidade de favorecer situacións que provoquen e favorezan o uso da lingua galega de xeito oral. OBXETIVOS XERAIS: Partindo destas premisas, e como continuación ao traballo de cursos anteriores, propoñemos os seguintes obxectivos, O obxectivo xeral deste equipo é colaborar para que o Centro lle garanta unha boa competencia lingüística en galego a todo o alumnado, e que repercuta de forma positiva no seu uso, axudando así a superar o desequilibrio social no que se atopan o galego e o castelán. A continuación explicítanse obxectivos máis concretos, adecuados a cada un dos sectores da comunidade educativa. En relación co contorno sociolingüístico do centro: Aproveitar as posibilidades que este nos ofrece en relación co uso da lingua galega para seguir valorándoa e utilizándoa como ata o momento. Colaborar co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo asistindo ás reunións convocadas polo mesmo, e participando nas actividades programadas. Colaborar con outros centros educativos e organismos en prol da Lingua Galega. En relación ao profesorado: Promover a conciencia do profesorado para que trate de descubrir e eliminar no alumnado calquera tipo de prexuízo lingüístico. Implicar a todo o profesorado do centro no proceso de normalización e dinamización lingüística. Potenciar no centro actividades en relación con Galicia e o galego así como informar das actividades de formación relacionadas coa lingua 2
para mellorar a nosa competencia lingüística. Facilitar ao profesorado o material e a información que este demande. Colaborar con outros grupos docentes do centro ( Comisión de Coordinación Pedagóxica, Ciclos, Equipo de dinamización de Biblioteca, Equipo de dinamización das Tics, Actividades Complementarias...) co fin de que se teña en conta a Cultura e a Lingua Galega para levar a cabo actividades colectivas, así como para recoller todo tipo de propostas e iniciativas tanto a nivel individual como procedentes dos distintos grupos. En relación ao alumnado Crear no alumnado actitudes positivas cara a propia lingua, eliminando calquera tipo de prexuízo lingüístico que poida traer do seu entorno familiar ou social. Fomentar e valorar o uso do galego nas actividades escolares, tanto oralmente como por escrito dunha forma dinamizadora e atractiva para que poidan participar cunha actitude positiva nelas, e así, acadar progresivamente unha maior competencia neste campo. Promover o uso do galego entre alumnos e alumnas, dos alumnos cos profesores/as nos recreos, nas actividades extraescolares. Fomentar e facilitar a lectura de libros en galego en colaboración co Equipo de dinamización da biblioteca. Incentivar á composición escrita en lingua galega a través dos contos, cómics, redaccións... En relación aos pais, nais/titores: Impulsar a participación de todos os membros da comunidade educativa nas actividades de dinamización da lingua galega. En definitiva, dende o EDLG queremos dinamizar a lingua galega no centro e fóra do mesmo para que toda a comunidade educativa valore o uso dela levándoa a práctica dunha forma cada vez máis normalizada así como difundir a cultura galega mediante actividades nas que poida participar o maior número de persoas do centro e relacionadas co mesmo, partindo sempre do noso entorno máis próximo. 3
ACTIVIDADES: Para o curso 20132014, o Equipo de Dinamización da Lingua galega elaborou un programa de actividades para o noso centro escolar, aínda que é posible que haxa modificacións ao longo do curso. Si fóra así quedará reflectido na memoria deste proxecto. As actividades propostas desde o EDLG para acadar os obxectivos propostos, e que podemos dividir en dous grupos, son as seguintes: Actividades consolidadas: Son aqueles proxectos ou actividades desenvolvidas en cursos anteriores aos que se lles quere dar continuidade: Celebración do Samaín Celebración do Magosto Celebración do Entroido Elaboración do conto viaxeiro Celebración das Letras Galegas Revista escolar Blog lareando.blogspot.com Novos proxectos Neste apartado incluímos aqueles proxectos que non foron traballados e se desenvolverán ao longo do curso: Colaboración co Equipo da Biblioteca Escolar no proxecto do "Ano internacional da agricultura familiar. Coordinación da decoración da corticeira de entrada ao longo do curso, e de acordo cos coordinadores dos ciclos. A decoración da corticeira renovaríase con motivo das seguintes festas: SamaínMagosto Paz Entroido Letras Galegas vixente. Colaborar na elaboración do Proxecto lingüístico, de acordo coa normativa 4
Realización de videos, montaxes,..., co fin de fomentar o emprego do galego nas Tics (ordenadores das aulas, PDI, Blogs do centro), aproveitando a valoración positiva e prestixio destes medios nas familias e no alumnado. Temporalización das actividades 1 Trimestre Elaboración de carteis relacionados co samaín, magosto e co outono en xeral para decorar a entrada do centro. Elaboración de videos, montaxes, sobre o tema e publicación dos mesmos no blog lareando.blogspot.com Celebración do Samaín Os alumnos traerán cabazas decoradas da casa e expoñeranse na entrada do colexio. Celebración do Magosto. Colaboraremos co resto do centro nesta celebración.todo o colexio participará degustando castañas. Actividade de contacontos do alumnado do 3 ciclo para o alumnado de Ed. Infantil e/ou primeiro ciclo de Primaria. Posibilidade de facer algunha representación de teatro (sen determinar a data). Comenzo da elaboración do conto viaxeiro. Comezará polas aulas de 3 anos ata chegar ás de 6º de primaria. Cada grupoaula disporá dunha semana para a súa elaboración. Presentar a redacción definitiva do Proxecto lingüístico, para a súa aprobación polo Consello Escolar, de acordo coa lexislación vixente. Elaboración dun boletín informativo, symbaloo, ou similar onde se facilitará información sobre as tradicións do outono, e publicación do mesmo no blog. 2 Trimestre Elaboración de carteis relacionados co día da Paz, e posteriormente co Entroido, para decorar a entrada do centro. Elaboración de videos, montaxes, sobre tema e publicación dos memos no blog lareando.blogspot.com Celebración do Entroido. Continúa a elaboración do conto viaxeiro. 5
Elaboración dun boletín informativo, symbaloo, ou similar onde se facilitará información sobre o día da paz e sobre a tradición do entroido, e publicación do mesmo no blog. Publicación en lareando.blogspot.com de producións escritas, feitas polo alumnado. 3 Trimestre Celebración das Letras Galegas Elaboración e edición da revista escolar Medremos en versión impresa. A revista ten a pretensión de expor as vivencias e actividades dos verdadeiros protagonistas do centro: os alumnos e alumnas. Remate do conto viaxeiro e entrega deste, á biblioteca. Publicación do conto viaxeiro no blog do EDL. AVALIACIÓN: A avaliación será feita polo Equipo de Dinamización da Lingua galega de xeito continuado e en coordinación cos distintos profesores/as. Centrarémonos na observación das dificultades que se presenten no programa proposto anteriormente para poder levar a cabo as modificacións oportunas; así como nos resultados positivos que academos. Rexistrando todos estes aspectos co fin de que sirvan como base para a planificación dos obxectivos e actividades do vindeiro curso. 6