Francisco Martín Micó

Documentos relacionados
O ex-alumno do IES Otero Pedrayo de Ourense Mauro González Romero ven de ser nomeado "Míster Ourense"

XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL

INFORME SOBRE AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

XOGAJUDO 2018: Deporte Fácil e Divertido:

TORNEO DE NADAL CONCELLO DE VIGO 2016

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

ESTUDO DAS DIFERENZAS SALARIAS DOS DOCENTES SEGUNDO COMUNIDADE AUTÓNOMA DE DESTINO

Memoria Erasmus+ Finlandia

TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS:BÁDMINTON

Pasamos polo mercadillo para deixar o noso kilo de comida e o xoguete/libro no espazo de troco.

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores C3-B-04

MEMORIA ACTIVIDADE DO CLUB ESTUDIANTES LUGO PARA

INFORME SOBRE O NIEPI (NÚMERO DE INTERRUPCIÓNS EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011

INFORME SOBRE O TIEPI (TEMPO DE INTERRUPCIÓN EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON SPRINT

MES DE SETEMBRO - OUTUBRO. Resumo deportivo CP PENEDO. Club de Piragüismo Penedo

AUTISMO GALICIA celebra a súa primeira ASEMBLEA XERAL do 2018

TEMA: O VOLEIBOL OBXECTIVO.CAMPO DE XOGO. BALÓN QUE CRUZA A REDE.

VIII TORNEO FUTBOL BAS

O VOLUNTARIADO E A INMIGRACIÓN Inmigración, xuventude e Voluntariado

Informe climatolóxico ano 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO ANO 2008

A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Informe climatolóxico Mes de xaneiro 2010 INFORME CLIMATOLÓXICO

A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.

XI REBUMBIO MATEMÁTICO GALEGO FASE DE ZONA 29 abril 2011

MEMORIA DO PROXECTO. Data de realización da memoria: Xuño de

INFORME CLIMATOLÓXICO

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

O CAMIÑO DE DOWN GALICIA

Edita: Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

XII TORNEO DE FÚTBOL BASE AFAC

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS CIRCUITO PRAIA CABÍO A POBRA DO CARAMIÑAL 17/02/2018 REGULAMENTO COMPETICIÓN CAMPO A TRAVÉS

INFORME CLIMATOLÓXICO

28/03/18-01/04/18 QUE É MICBASKETBALL? FICHA TÉCNICA

Educación Física 2º ESO IES Miraflores curso TEMA 6. BÁDMINTON

PREBENXAMÍN E BENXAMÍN SÁBADO 27 DE AGOSTO

NOVAS DO I. E. S. OTERO PEDRAYO DE OURENSE - DECEMBRO DE

Campacontos Campacontos Obxectivos Persoas destinatarias Campacontos Características dos campacontos 1 Compoñentes: 2 Extensión e temática:

TEMA 3: BADMINTON II REGULAMENTO DE BÁDMINTON

INFÓRMATE E COMPARTE O QUE SABES SOBRE O VIH Coñece a súa historia neste cómic DETER O VIH É UNHA RESPONSABILIDADE DE TODOS

Bases do concurso. Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO:

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

Apelidos e nome do aspirante Álvarez López Fernán 7,5 Fernández Castro Rubén 5 García Domínguez José 6 Pérez Insua Ander 6

economíasocial 2.4. As fontes estatísticas empregadas para a análise da economía social son, fundamentalmente,

Fase Final Copa Fair Play 2016

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

Área de Benestar, Saúde e Deporte. XX Campionato Galego Universitario COLECTIVOS

CIRCULAR LXXXV CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO MASCULINO L CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO FEMININO

Que é MICBasketball? As cifras. As categorías. Sedes. Timing do torneo. Participación. Inscríbete! Como autofinanciarse? Contacto

propostade colaboración

!!! 22 XUÑO_20 XULLO_2018!!!!! Máis alá da paisaxe

SISTEMA DE COMPETICIÓNCAMPIONATO PROVINCIAL INDIVIDUAL

Guía de recursos dixitais da web da UDC

ITINERARIOS SMART CORUÑA SMART CITY

Programa Anual de actividades culturais e de promoción das ensinanzas do CMUS Profesional de Música de Vigo

MEMORIA DE ACTIVIDADE

REGULAMENTO BAREMO DE ACTIVIDADES

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

MEMORIA DE ACTIVIDADE

CIRCULAR CRITERIOS DE SELECCIÓN PARA FORMAR PARTE DA SELECCIÓN GALEGA DE ATLETISMO 2018/2019

CONVOCATORIA DOS V PREMIOS BIOGA

REGULAMENTO. A competición estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e formará parte do seu calendario oficial.

PROGRAMAS DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA PARA O FOMENTO DA EDUCACIÓN AMBIENTAL NA ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA

En definitiva, SON INVISIBLES.

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE E XUVENIL DE PISTA AIRE LIBRE Ferrol, 4 de Xuño do 2017

INFORME ACTIVIDADES BLOQUE 1

reclamamos Tarefa final: escribir unha carta para a Administración de xeito correcto

ATRACTIVO TURÍSTICO DAS NOSAS FESTAS

A CIENCIA NA ESCOLA OBRADOIRO DE XEOS E FACEMOS UN VOLCÁN

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

TEMA: O VOLEIBOL OBXECTIVO.CAMPO DE XOGO. BALÓN QUE CRUZA A REDE.

EU SON COMA TI. Unidade didáctica sobre igualdade de xénero. 8 de marzo Día da Muller Traballadora. Cristina Corral Soilán. Cristina Corral Soilán

Fundación Refuxio de Animais

Área de Benestar, Saúde e Deporte. XX Campionato Galego Universitario COLECTIVOS

BASES DO III PREMIO UNIVERSITARIO DE COMUNICACIÓN CIENTÍFICA

Que horario ten o servizo de comedores e de madrugadores de Santiago?

UN AMOR POR DESCUBRIR

NORMATIVA XERAL DA MODALIDADE DE ATLETISMO PISTA INDIVIDUAL DAS SEIS XORNADAS PROGRAMADAS CURSO 2017/2018 ZONAS: CORUÑA - FERROL

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

Edita: Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

2015] memoria de actividades

Visitas didácticas. Gaiás Cidade da Cultura

Volve o Boxeo Volve a Velada Cidade de Narón 5/5/2018

ÓRGANOS FEGAN. Composición da Xunta Directiva. Composición da Asemblea. Delegados DEPORTISTAS. A Coruña. Pontevedra

ORGANIGRAMA DO CPR. LUIS VIVES CURSO 2017/18

que poderán empregar nas sesións.

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PISTA AIRE LIBRE. Ferrol, 4 de Xuño do 2016

MAPA DE RECURSOS: Oficinas de Emprego, Puntos de Información Multimedia e Entidades Colaboradoras en Captación de Ofertas

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

ORGANIZACIÓN DE COMPETICIÓNS DE NATACIÓN POLOS CLUBES E CAMPIONATOS GALEGOS

Guía didáctica de Poetízate realizada polo escritor e profesor Carlos Negro ( A poesía non morde

II TORNEO FÚTBOL 8 SD GUITIRIZ ALEVÍN 30 setembro de 2017

Oficina de Medio Ambiente Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental

(Campus de Vigo) Actividade física e saúde: Ximnasia de mantemento. Programa de Formación Permanente do Profesorado. Universidade de Vigo

Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

Exercicio de Galego número 1. Só hai 1 resposta correcta. Debes elixir unha resposta e marcar un X no seu cadro.

BASES DA CONCESIÓN DE PREMIOS A DEPORTISTAS E CLUBS MÁIS DESTACADOS DO CONCELLO DE MONFORTE NO ANO 2017

Transcripción:

CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS MINIBASKET E INFANTIL 2014 boletín informativo

Por segunda ocasión nesta temporada 2013 2014, e esta vez por partida dobre, volvemos a gozar do espectáculo das nosas Seleccións Autonómicas de Base, un dos nosos principais alicerces e unha parcela da que, realmente, estamos especialmente satisfeitos. Neste caso, as categorías Minibaket e Infantil recolleron a testemuña deixada en xaneiro pola categoría cadete, e volveron a representar neste mes de abril a esencia do baloncesto máis puro, o baloncesto de formación. A nosa atención e ánimos viaxaron de San Fernando (Cádiz) a Zaragoza, orgullosos en ambos os casos da imaxe amosada polos nosos xogadores, xogadoras, cadros técnicos e afección. A principal alegría chegou da man das nosas minis femininas, que cunha sensacional actuación aportaron a cor galega a unha rolda de semifinais que, definitivamente, as deixou nun máis que meritorio cuarto posto. Pero non podemos desmerecer a traxectoria das nosas tres restantes Seleccións, competindo todas a un alto nivel e, acompañadas ou non polos resultados, sempre dispostas a superar os seus obxectivos. O bo ambiente en ambas as expedicións galegas, tanto dentro como fora da pista, volveu tamén a dar conta do vivo que está o noso baloncesto e das gañas que os nosos representantes máis novos teñen de levalo o máis lonxe posible. Unha tarefa esta a conquerir entre todos. Por isto, non podo rematar, sen volver a agradecer o papel que xogan os clubs galegos e os seus integrantes, tanto técnicos como persoal directivo. Todos debemos ser conscientes de que o Baloncesto Base Galego, materializado nesta ocasión polas Seleccións, crece grazas ao seu traballo diario nos Pavillóns de toda Galicia. Francisco Martín Micó PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO 2

SELECCIÓN MINIBASKET FEMININA A Selección Galega Minibasket Feminina puxo o seu toque especial a un Campionato que non contaba cun equipo galego en semifinais do grupo feminino especial dende o ano 2002. O actual combinado dirixido por Nacho Silva imprimiu o seu carácter gañador a cada encontro disputado en San Fernando, espremendo os seus folgos ata o máximo e brindándonos para o recordo un magnífico e definitivo cuarto posto. SELECCIÓN GALEGA MINIBASKET FEMININA CAMPIONATO DE ESPAÑA SELECCIÓNS AUTONÓMICAS SAN FERNANDO (CÁDIZ), 12-16/04/14 DELEGACIÓN CLUB XOGADORA Ferrol C.B. Pontumio Clara Gil Guntin Santiago ADM. Peleteiro Paula Lamas Rodríguez Santiago C.B. Cluny Marta Blanco Morros Lugo Estudiantes Lugo María Corredoira López Arousa CB Arxil Alba Souto Ayo Arousa CB Arxil Carla Pazos Castro Arousa CB Arxil Iria Seoane Chan Vigo Salesianos Adriana Miranda Iglesias Vigo CD Bosco Cristina Fernández Fernández Vigo CD Bosco Rut Ulrich Ogando Vigo CB Seis do Nadal Lucia Fontela Cabaleiro Vigo Compañía de María Vigo Raquel Philippot Fernández CORPO TÉCNICO Adestrador Axudante Delegada Ignacio Silva Fernández Fernán Varela Faílde Irma Landeira Caamaño 3

SELECCIÓN MINIBASKET FEMININA GRUPO ESPECIAL A: GALICIA, ARAGÓN, NAVARRA, CATALUÑA E CANARIAS FASE PREVIA: 12/04/2014-1º XORNADA GALICIA - ARAGÓN (61-50) FASE PREVIA: 12/04/2014-2º XORNADA CANARIAS - GALICIA (45-49) FASE PREVIA: 14/04/2014-4º XORNADA GALICIA NAVARRA (77-33) FASE PREVIA: 14/04/2014 5º XORNADA CATALUÑA - GALICIA (54-44) SEMIFINAIS: 15/04/2014 GALICIA ANDALUCÍA (47-66) 3º E 4º POSTO: 16/04/2014 MADRID - GALICIA (69-34) Nacho Silva, Seleccionador Galicia Minibasket Feminina En primeiro lugar darlle as grazas á Federación Galega por confiar en min para levar a selección. Agradecer tamén ao meu corpo técnico o seu traballo realizado durante a preparación e o campionato, ás nenas (tanto ás seleccionadas como as que nos axudaron durante a preparación) polo seu esforzo, traballo, ilusión e saber estar tanto dentro como fóra da pista. Non podo esquecerme tampouco dos pais por levar ás nenas, recollelas e facernos fácil o traballo de cada fin de semana. O obxectivo que nos marcabamos antes do campionato era manter a Galicia na categoría especial e darlle á xeración do ano que vén a posibilidade de volver competir contra as mellores seleccións a nivel nacional. Non só cumprimos o obxectivo principal, senón que ademais, logo dunha fase de grupos excelente (3 vitorias e 1 derrota) puidemos competir na loita polas medallas. Non puido ser e logo dunha semifinal moi esixente para as nosas contra Andalucía e un terceiro e cuarto posto sen gasolina contra Madrid quedamos en meritorio cuarto lugar. Deixamos Cádiz cunha alegría tremenda e coa satisfacción de realizar un gran traballo, competindo sempre ao máximo contra todos os equipos aos que nos enfrontamos. Para rematar agradecer a todos os clubs e adestradores que traballan a diario coas nenas, sen o voso traballo e dedicación diarias isto sería imposible. Un éxito de todos. 4

SELECCIÓN MINIBASKET MASCULINA Unha experiencia inesquecible a do Campionato de España de Seleccións Minibasket a que levarán sempre consigo cadro técnico e xogadores do noso combinado masculino. O equipo de Fernando Buendía implicouse de cheo na competición e os seus xogadores apostaron ao máximo por desfrutar xogando ao baloncesto. O premio do ascenso a Grupo Especial non puido materializarse pero a súa busca por parte dos galegos foi encomiable. SELECCIÓN GALEGA MINIBASKET MASCULINA CAMPIONATO DE ESPAÑA SELECCIÓNS AUTONÓMICAS SAN FERNANDO (CADIZ), 12-16/04/14 DELEGACIÓN CLUB XOGADOR A Coruña Básquet Coruña Antón Comesaña Seoane A Coruña Básquet Coruña Daniel Mata Sehovic A Coruña CB Culleredo Ángel Gómez Feás Santiago Fedesa Pio XII Miguel Souto Parrado Lugo Estudiantes Lugo Lucas Álvarez Cigarrán Arousa Estudiantes Pontevedra Pablo Castro Lombos Arousa Marín PeixeGalego Noh Pereira Fariña Ourense Blanco Amor Ángel Pascual Rodríguez Ourense AD Bosco Martín Pereira Nieto Vigo CB Seis do Nadal Coia Jorge Lampón Sousa Vigo Novobasket Vigo Pablo González Sendra Vigo CB Tui Raul Pereira Pinto Abeledo Adestrador Axudante Delegada CORPO TÉCNICO Fernando Buendía García Alberto Pérez Vidal Raquel Salgado Vilachá 5

SELECCIÓN MINIBASKET MASCULINA GRUPO PREFERENTE C: GALICIA, CEUTA, ARAGÓN, MELILLA E REGIÓN DE MURCIA FASE PREVIA: 13/04/2014 2º XORNADA GALICIA - MELILLA (68-17) FASE PREVIA: 13/04/2014 3º XORNADA CEUTA - GALICIA (53-3) FASE PREVIA: 14/04/2014 4º XORNADA GALICIA ARAGÓN (96-97) FASE PREVIA: 14/04/2014 5º XORNADA REGIÓN DE MURCIA GALICIA (52-97) CRUCES ASCENSO A GRUPO ESPECIAL: 15/04/2014 GALICIA CASTILLA LEÓN (65-69) Fernando Buendía, Seleccionador Galicia Minibasket Masculina O noso equipo amosou durante a preparación e o campionato unha cara moi competitiva. Fomos quen de propor un baloncesto agresivo en toda pista e, por momentos, con bo xogo colectivo. Ao corpo técnico quédanos a espiña de que os resultados non acompañaran e non lograr o ascenso, pero estamos moi satisfeitos cos rapaces xa que se baleiraron, e a quen dá todo o que ten non se lle pode pedir máis. Parabéns para eles. Agradecer dende estas liñas á Federación Galega por darme esta oportunidade, así como a todos os clubs pola colaboración, e por suposto aos pais polas súas mostras de ánimo e cariño. 6

SELECCIÓN INFANTIL FEMININA Galicia infantil Feminina mantivo a tensión competitiva ata o último minuto de xogo deste Campionato, intre no que rubricou, ante Extremadura, o seu obxectivo inicial: a permanencia no Grupo Especial. As xogadoras que dirixe Armando Otero foron de menos a máis e pasaron por diferentes fases de xogo ante uns rivais de auténtico nivel competitivo. No cómputo xeral, regresaron a casa cun oitavo posto final para o seu haber particular. SELECCIÓN GALEGA INFANTIL FEMININA CAMPIONATO DE ESPAÑA SELECCIÓNS AUTONÓMICAS ZARAGOZA, 15-19/04/14 DELEGACIÓN CLUB XOGADOR Ferrol Universitario Ferrol Paula García López Ferrol CB Mercedarias Andrea Rey Gutiérrez Ferrol CB Mercedarias Paula Rey Gutierrez Arousa CB Arxil Clara Domínguez González Arousa CB Arxil Ana Fernández Escudero Arousa CB Vilagarcía Yesica del Santorum Gutiérrez Ourense Pabellón Ourense Raquel Carrera Quintana Ourense Carmelitas Ourense Marta González Pereira Lugo Estudiantes Lugo Esther Castedo Potente Vigo CB Seis do Nadal Nerea Arambarri Fernández Vigo CD Bosco Carla García de Castro Vigo CD Bosco Berta Rodríguez Carrera ADESTRADOR AXUDANTE DELEGADA CORPO TÉCNICO Armando Otero Roberes Sandra Prieto Sánchez Carmen Piñeiro Ramos 7

SELECCIÓN INFANTIL FEMININA GRUPO ESPECIAL B: GALICIA, CANTABRIA, CATALUÑA, ANDALUCÍA E CANARIAS FASE PREVIA: 16/04/2014 2º XORNADA GALICIA ANDALUCÍA (46-73) FASE PREVIA: 17/04/2014 3º XORNADA CANTABRIA - GALICIA (34-54) FASE PREVIA: 17/04/2014 4º XORNADA GALICIA CATALUÑA (25-71) FASE PREVIA: 18/04/2014 5º XORNADA CANARIAS - GALICIA (59-33) 18/04/2014 - CRUCES CLASIFICATORIAS (17:30) GALICIA - EXTREMADURA (41-40) Armando Otero, Seleccionador Galicia Infantil Feminina Logo dos resultados colleitados nos torneos previos, creo que esperabamos un pouco máis a nivel anímico e de esforzo. Quizais o momento físico non foi bo e restounos confianza no que estabamos facendo ben: defender, correr e compartir o balón en 5x5. Malia iso, e sabendo a priori que non eramos fortes no físico, o acadar o obxectivo (a permanencia en Grupo Especial) déixanos un bo sabor de boca e a sensación de que, sen medos, podemos competir ao máximo nivel. Agradecer o traballo e compromiso de todas as xogadoras, tanto as que participaron no Campionato como as compañeiras que estiveron con elas durante toda a preparación, así como dos seus clubs de procedencia, pais e titores. 8

SELECCIÓN INFANTIL MASCULINA Os pupilos de Miguel Ángel Hoyo evolucionaron como equipo ao longo dun Campionato de España que se lles presentou exixente e que, finalmente, non os gratificou coa posibilidade de loitar polo ascenso. A súa foi unha participación rubricada, sobre o papel, cun quinto posto no Grupo Preferente, e na pista coa constante de dar sempre a cara ante calquera rival. SELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINA CAMPIONATO DE ESPAÑA SELECCIÓNS AUTONÓMICAS ZARAGOZA, 15-19/04/14 DELEGACIÓN CLUB XOGADOR Coruña Carballo Basket Enrique Melini Pose Lugo Estudiantes Lugo Andrés Onega Miranda Lugo Estudiantes Lugo Miguel Traseira Lopez Coruña Carballo Basket Anxo Estany Gómez Coruña Carballo Basket Martín Vidal Otero Santiago Fedesa Miguel Rodríguez Pouso Santiago Fedesa Eloy Poza Dacosta Ferrol C.B. Mercedarias Alejandro Rivas Díaz Santiago Fedesa Sergio Furelos Filgueira Santiago Fedesa Miguel Orejas Serramo Ourense E. Blanco Amor Brais Gerpe Vila Vigo Novobasket Vigo Luis Torres Serrano Adestrador Axudante Delegado CORPO TÉCNICO Miguel Ángel Hoyo Ramos Jose González Couto Rubén Vázquez López 9

SELECCIÓN INFANTIL MASCULINA GRUPO PREFERENTE C: GALICIA, CEUTA, MELILLA, CASTILLA LA MANCHA E CANTABRIA FASE PREVIA: 16/04/2014 1º XORNADA MELILLA GALICIA (25-92) FASE PREVIA: 17/04/2014 3º XORNADA GALICIA CASTILLA LA MANCHA (51-48) FASE PREVIA: 17/04/2014 4º XORNADA CANTABRIA - GALICIA (62-52) FASE PREVIA: 18/04/2014 5º XORNADA GALICIA CEUTA (77-20) CRUCES CLASIFICATORIAS (3º PM "C" - 3º PM "D"): 19/04/2014 GALICIA - ASTURIAS (67-50) Miguel Ángel Hoyo, Seleccionador Galicia infantil Masculina "Desde o inicio das concentracións intentamos que o obxectivo principal fora conseguir que os xogadores sexan mellores cada día, co traballo técnico e táctico. Creo que finalizado o campionato isto conseguímolo, especialmente en comprensión do xogo e en recoñecemento de espazos. Outro factor importante era crernos capaces de competir contra calquera rival, e tamén o fixemos. Só nos quedou a espiña cravada de non poder pelexar polo ascenso, como pretendiamos, por un triplo empate que nos deixou fóra desa pelexa, e que axudaría a que esa experiencia de xogar partidos de gañar e pasar ou perder e quedar fóra danche este tipo de campionatos e que tan importantes son na formación dos xogadores. Si me gustaría agradecer o excelente traballo de todo o meu corpo técnico, desde a Dirección Deportiva da FGB ata os meus axudantes e Fisio, así como persoal de Eventos e Prensa da FGB que, do mesmo xeito que os xogadores, todos traballamos unidos nun mesmo obxectivo, e coa maior ilusión por facer ben as cousas." 10

ÁRBITROS O apartado arbitral volveu a ter tamén marcado acento galego nos Campionatos de España de Seleccións. En ambos os casos, infantil e minibasket, o CGAB estivo representado por colexiados de garantías que gozaron da oportunidade de seguir aprendendo e de coñecer, máis polo miúdo, cuestións a corrixir. Diego Collazo (minibasket), Julián Feijoo (minibasket), Adrián López (infantil), Roi Rilo (infantil) e Guillermo Ríos (infantil) foron os designados para participar na Competición, a cal lles ofreceu a posibilidade de sumar experiencias deportivas e persoais. A súa presenza estivo tamén ligada á dirección de encontros de importancia para o desenlace final dos Campionatos. Coñezamos, en palabras dalgún deles, a valoración da súa vivencia: Roi Rilo: "Para min supuxo, como toda participación nun Campionato de España, unha grandísima experiencia. Puiden ver de novo a moitos compañeiros, coñecer a outros novos, traballar cos técnicos, e desfrutar do baloncesto en estado puro, xa que a ilusión que teñen os rapaces nestes campionatos é contaxiosa. Son poucos días, pero dá tempo a vivir moitas experiencias moi positivas, que resultan de poder convivir e arbitrar con compañeiros de toda España. Nesta ocasión volvín a Galicia especialmente contento, e moi agradecido, pola oportunidade que me deron de arbitrar a final masculina deste Campionato. Para min, este último, foi un momento inesquecible, que comezou cando nos comunicaron as designacións do último día; indescritible o que se sinte nese instante". Guillermo Ríos: Sen dúbida ir a un campionato de España de seleccións é unha experiencia moi gratificante e didáctica. Son poucos días pero moi intensos nos que a túa cabeza está 24 horas ao día respirando o aire deste deporte que nos une a todos. Podes compartir e ver como os pícaros adestradores e pais o viven, gozan e sofren do primeiro día ao último, e formar parte diso dalgún xeito. Arbitralmente son días para atoparse con amigos doutras partes de España que só ves en campionatos como este, gozar con eles e sobre todo aprender, xa que en pouco tempo o traballo cos técnicos da FEB é intenso, de xeito conxunto, e neses días dáche para aprender moito, analizar e atopar os teus erros e intentar melloralos o que resta de tempada Adrián López Folgueiras: Respecto ao torneo hei de dicir que foi moi positivo en todos os sentidos, tanto arbitral como humano, xa que este tipo de campionatos permítenos arbitrar con xente doutras Comunidades cos que xa coincidimos anteriormente noutros campionatos e é especial reencontrarse con estes compañeiros, sen deixar de coñecer a novos árbitros. Arbitralmente apréndese moito xa que en todos os partidos síguenos algún técnico da FEB que posteriormente nos comenta os nosos erros para poder corrixilos xa no seguinte encontro, e nalgunhas ocasións proporciónanos un CD con xogadas interesantes para analizar polo que estamos en constante aprendizaxe 11