DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8283

Documentos relacionados
DOG Núm. 40 Luns, 29 de febreiro de 2016 Páx. 7460

DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8450

DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx

DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx

DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6502

DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx

DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx

DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2015 pola que se aproba o Plan de xestión da centola e do boi

N o 177 L Mércores, 13 de setembro de 2006 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

DOG Núm. 160 Venres, 23 de agosto de 2013 Páx

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx CORRECCIÓN de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.

DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387

A actividade marisqueira en Galicia

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6322

DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5494

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de dous mil dezasete

DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA INSTALACION DE QUIOSCOS NA VIA PUBLICA

JAM JOSE ANTONIO MONTERO RODRÍGUEZ

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

O Real decreto 662/1997, do 12 de maio, polo que se establecen os requisitos mínimos para exerce-la

DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx

REGULAMENTO DE COLABORACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS DESTA UNIVERSIDADE EN CURSOS E CONVENIOS DE INVESTIGACIÓN

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1349

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

6.978 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 84 L Mércores, 3 de maio de 2006

PE627A - Autorización de venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeria venda en lonxa.

DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2011 Páx

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

Normas de convivencia no centro

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Praza de Europa, 5 A 4º Polígono de Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA

Ambos os comparecentes se recoñecen mutuamente plena capacidade para formalizar o presente protocolo de colaboración e, en consecuencia,

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

Exemplar para a Administración EUROS I. Modelo

DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5699

En Santiago de Compostela, once de xaneiro de dous mil trece REUNIDOS

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9198

DECRETO 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

Normativa xeral Páxina 1

ACORDAN Capítulo I Réxime de prestación de servizos

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4712

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

CONVOCATORIA DOS V PREMIOS BIOGA

B o l e t í n M a r z o A P E G a l i c i a

Ordenanzas fiscais Páxina 1

C.-OS ELEMENTOS HUMANOS

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

A Coruña 26/09/2017. POS Adicional por maior achega provincial ( )

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

ANEXO II PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME /RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-31/2010: Tarxeta de taxista.

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 221 L Venres, 12 de novembro de 2004

Guía de procedementos e servizos

Transcripción:

DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8283 III. Outras disposicións Consellería do Mar RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2017 pola que se autoriza o plan de pesca de anguía para as confrarías de pescadores da ría de Arousa. Feitos. O 1 de outubro de 2010, unha vez cumpridos os requisitos fixados do Regulamento (CE) nº 1100/2007, foi aprobado por Decisión da Comisión Europea o Plan nacional español de xestión da anguía e os doce plans específicos de xestión da anguía, entre eles o de Galicia. Fundamentos técnicos de dereito. 1. O Regulamento (CE) nº 1100/2007 do Consello, do 18 de setembro de 2007, polo que se establecen medidas para a recuperación da poboación da anguía europea, establece, no seu artigo 2.4, a obrigatoriedade de establecer plans de xestión para a recuperación da especie, cuxo obxectivo será reducir a mortalidade antropoxénica co fin de permitir, cunha elevada probabilidade, a fuga ao mar de polo menos o 40 % da biomasa de anguías europeas correspondente á mellor estimación do posible índice de fuga que se rexistrase no caso que ningunha influencia antropoxénica incidise na poboación. 2. O artigo 2.8 do Regulamento (CE) nº 1100/2007 establece que os plans de xestión da anguía poderán incluír entre outras determinadas medidas como: redución da actividade pesqueira comercial, restrición da pesca deportiva, medidas de repoboación, medidas ambientais, loita contra os depredadores, medidas relativas á acuicultura. 3. A Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, establece no artigo 6 que «a política da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia terá como obxectivos en relación coa conservación e a xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros, entre outros os de: 1. O establecemento e a regulación de medidas dirixidas á conservación, a xestión e a explotación responsable, racional e sustentable dos recursos mariños vivos (...)».

DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8284 No Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, a nasa voitirón vén regulada nos artigos 89 a 93 e a nasa anguía nos artigos 94 a 98. Segundo o establecido nos artigos 92 e 97, «o seu uso deberá facerse sempre mediante plans de xestión aprobados pola consellería competente en materia de pesca marítima». Da discusión das medidas técnicas co sector, acórdase trasladar as recomendacións mediante un plan de xestión para toda Galicia con medidas técnicas específicas para cada ría. Polo exposto, esta consellería, RESOLVE: Autorizar a citada pesquería baixo os seguintes termos e condicións: 1º. Participantes. Unicamente participarán no plan as embarcacións que teñan no seu permiso de explotación autorizada a arte de nasa voitirón ou a de nasa para anguía. Os tripulantes deberán estar debidamente enrolados e a bordo na embarcación en que desenvolven a actividade. 2º. Período. O período autorizado será desde o 1 de febreiro ata o 31 de outubro de 2017. 3º. Horario. Nasa para anguía: o uso de nasas para anguía será en horario exclusivamente diúrno. Nasa voitirón: a utilización de nasas voitirón será tanto diúrna como nocturna. As nasas non se poderán calar nin poderán permanecer no mar as fins de semana a partir das 12.00 horas do sábado, e non se poderán calar novamente ata as 12.00 horas do luns seguinte.

DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8285 4º. Arte. As artes que se van usar serán: I. A nasa anguía, segundo as seguintes características técnicas: 1. A nasa para anguía ten forma case cilíndrica, con dúas aberturas nas caras opostas, unha de entrada en forma de funil e outra provista de tapadeira, que serve para retirar as capturas. 2. A lonxitude máxima será de 670 milímetros. 3. A altura ou diámetro máximo será de 350 milímetros. II. A nasa voitirón, segundo as seguintes características técnicas: a) A nasa voitirón consta dunha parte central rectangular de rede, chamada parada, ao extremo da cal e perpendicularmente a ela se sitúan tres funís concéntricos de rede que desembocan nunha última cámara onde quedan atrapados os peixes. b) A lonxitude máxima será de 6 metros. c) A altura ou diámetro máximo será: 1. Primeiro aro: alto 500 milímetros, ancho 700 milímetros. 2. Segundo aro: diámetro máximo 400 milímetros. 3. Terceiro aro: diámetro máximo 350 milímetros. 4. Cuarto aro: diámetro máximo 340 milímetros. d) A dimensión de malla mínima será de 14 milímetros na parte dos funís e de 16 milímetros no da parada. 5º. Número de nasas. Con base ao establecido no Plan de xestión da anguía en Galicia, ningunha embarcación poderá empregar máis de 80 nasas de anguía ou nasas de voitirón ao día, independentemente da zona de pesca.

DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8286 6º. Zonas de pesca. A zona de traballo autorizada é a Ría de Arousa, segundo a carta mariña que acompaña esta resolución como anexo A. Para evitar a morte de capturas incidentais, prohíbese que os voitiróns queden en seco, polo que cómpre ter en consideración a influencia das mareas para adecuar á zona de traballo os puntos de calado das devanditas nasas. 7º. Balizamento da arte. As artes deberán estar convenientemente balizadas segundo a normativa vixente, cunha boia nos extremos na que irá pintado o folio e o nome do barco ao que pertencen, así como o tipo de arte neste caso coa letra N de tal xeito que permita a súa identificación. As boias de cada embarcación serán todas da mesma cor e tamaño. 8º. Especies. Anguía e acompañantes que deberán estar en época de extracción e superar a talla mínima. Evitarase a captura de anguías prateadas e tódalas que se capturen deberán ser devoltas ao mar para asegurar a súa reprodución. Procurarase baleirar as nasas o máis axiña posible, para evitar a mortalidade das capturas accidentais, quedando prohibido ter máis de unha cacea sen baleirar na cuberta da embarcación. 9º. Punto de control e venda. Zonas de pesca, lonxas e puntos de venda autorizados. 10º. Control e seguimento da actividade pesqueira. a) Despachos telemáticos. Deberán despachar as embarcacións no apartado de adhesión a plan de explotación: [ NASA ANGUÍA (30A); NASA VOITIRÓN (15F) PLAN ANGUÍA 2017 (RÍA DE AROUSA) ]. Polo tanto, as embarcacións que despachen a un plan de explotación só poderán faenar no mesmo día no ámbito do correspondente plan, e non poderán usar ningunha outra arte que teñan no seu permiso de explotación. Por outra banda, advírtese que, ao remate da vixencia deste plan, se non se realiza un novo rexistro de actividade pesqueira, a embarcación pasaría á situación de «pendente rexistro actividade». b) Remisión de datos de capturas. Con periodicidade mensual a confraría deberá remitir datos de extracción por especie, utilizando como modelo o que como anexo B se acompaña, ao Servizo de Pesca da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación

DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8287 Tecnolóxica, vía fax (981 54 47 40) preferentemente, ou correo electrónico á dirección serviciopesca@xunta.es. No caso da anguía, débese indicar a procedencia das capturas: (M) as capturadas na zona marítima, (F) as capturadas na zona fluvial. A non inclusión de datos dalgunha das embarcacións no período estipulado terá como consecuencia a súa baixa definitiva do plan. c) Mostraxes. Durante o período de vixencia do plan, técnicos da consellería poderán realizar en calquera das embarcacións autorizadas mostraxes para control, seguimento e avaliación do plan; os armadores deben colaborar de tal xeito que se permita acadar os obxectivos propostos. A falta de colaboración neste eido ocasionará a baixa definitiva do plan. 11º. Extracción e comercialización. O exercicio da actividade extractiva e comercial establecida neste plan está sometida ao estrito cumprimento da normativa vixente en materia de extracción e comercialización de produtos da pesca fresca. 12º. Infraccións e sancións. O incumprimento das condicións establecidas neste plan, poderá ser sancionado segundo o establecido na Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ante a conselleira do Mar, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2017 Rosa Mª Quintana Carballo Conselleira do Mar

DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8288 ANEXO A Cartografía das zonas autorizadas para o Plan de pesca de anguía coas nasas para anguía e voitirón (Ría de Arousa) Período 2017

ANEXO B Declaración de capturas de embarcacións Nome do plan: Ano: Mes: Horario: Nº CFPO Nome da embarcación Matrícula e folio T.R.B. Nasas (1) Nº tripulantes (1) A cubrir unicamente naqueles plans nos que se emprega esta arte. Nº días traballados (2) Cando unha embarcación capture varias especies no mesmo mes deberá cubrirse un recadro por cada especie. Zona extracción (3) Especie (2) kg (3) No caso da anguía débese indicar a procedencia das capturas: (M) as capturadas na zona marítima, (F) as capturadas na zona fluvial. DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8289