PROTOCOLO PARA O DESENVOLVEMENTO DO TRABALLO FIN DE ESTUDOS CURSO 18/19

Documentos relacionados
GUÍA DOCENTE DO TRABALLO DE FIN DE ESTUDOS NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE GUITARRA CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE A CORUÑA

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

TRABALLO FIN DE ESTUDOS PEDAGOXÍA DA LINGUAXE MUSICAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

NORMATIVA SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE DO ALUMNADO NA FACULTADE DE DEREITO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

Bases do concurso. Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO:

PROCEDEMENTOS SELECTIVOS 2016

CONVOCATORIA DOS V PREMIOS BIOGA

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

Convocatoria ordinaria de 2012

FACULTADE DE MATEMÁTICAS CONVOCATORIA PRÁCTICAS CURSO

Guía docente Título superior de deseño

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Contornos virtuais como soporte ao proceso docente (Campus de Vigo)

Guía docente Título superior de deseño

Regulamento do Proxecto Fin de Carreira

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Normas para la asignación, desempeño y evaluación de las Prácticas Externas. Master de Salud Pública. Curso

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Para cada colectivo, os criterios de selección específicos son os seguintes:

2017/18 1. IDENTIFICACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DISCIPLINA: Hª DOS INSTRUMENTOS (CLARINETE) DEPARTAMENTO: VENTO MADEIRA XEFE DE DPTO.

MEMORIA PARA O PROGRAMA CONXUNTO DE ESTUDOS OFICIAIS DO GRAO EN TURISMO E O GRAO EN XEOGRAFÍA E HISTORIA (Campus de Ourense) Aprobado en:

Título superior de deseño

OPERACIÓNS ADMINISTRATIVAS E DOCUMENTACIÓN SANITARIA

Guía docente Título superior de deseño

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

REFERENCIAS NORMATIVAS AVALIACIÓNS: PROMOCIÓN, TITULACIÓN

Campacontos Campacontos Obxectivos Persoas destinatarias Campacontos Características dos campacontos 1 Compoñentes: 2 Extensión e temática:

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

INICIO DE ESTUDOS ESTUDOS CONVOCATORIA DATAS

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

CRITERIOS DE EVALUACIÓN

Guía docente Título superior de deseño

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

BASES DA CONVOCATORIA

Facultade de Fisioterapia REGULAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

PROXECTO DE REGULAMENTO DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA DE CAMBIO DE GRUPO

GUÍA DOCENTE TRABALLO FIN DE GRAO

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, BASEADAS NO COÑECEMENTO CIENTÍFICO

COLEGIO MIRALBA PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (PAU)

O curso ten unha duración de 150 horas teóricas e 120 horas prácticas. As horas teóricas e prácticas son obrigatorias.

PROCEDEMENTO P-PRL 17

Guía docente Título superior de deseño

O curso ten unha duración de 150 horas teóricas e 120 horas prácticas. As horas teóricas e prácticas son obrigatorias.

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

Convocatoria Premios Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2018.

PROTOCOLO DE CONCERTO FIN DE CARREIRA E TITORÍA.

Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) Axencia Galega de Innovación (GAIN) Premio Galicia de Xornalismo Científico 1ª.- Características da

Guía docente Título superior de deseño

ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2017/2018 ED. INFANTIL ED. PRIMARIA E.S.O.

CONVOCATORIA DE ACCESO AO VIVEIRO DE EMPRESAS INNOVADORAS DA UDC

PROCEDEMENTOS SELECTIVOS 2018

CAMBIOS DE GRUPO 2018/19

Guía docente Título superior de deseño

GUÍA DOCENTE TRABALLO FIN DE GRAO

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CRITERIOS ESPECÍFICOS DE SELECCIÓN E DISTRIBUCIÓN DE PRAZAS

DESFILE DE DISFRACES E CARROZAS MARTES 28 DE FEBREIRO ÁS 17:00 HS. VILAGARCÍA DE AROUSA

Guía docente Título superior de deseño

ACORDAN Capítulo I Réxime de prestación de servizos

Ao mesmo tempo, pretende valorar o esforzo demostrado polos centros públicos en potenciar accións que os dinamicen.

CALENDARIO ACADÉMICO CURSO (Aprobado polo Consello de Goberno o día 5 de marzo de 2018)

PROPOSTA DO COMITÉ DE EMPRESA DE PONTEVEDRA DA CARREIRA PROFESIONAL PARA O PAS LABORAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Gases fluorados: certificacións persoais

1. IDENTIFICACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DISCIPLINA: PIANO, INSTRUMENTO PRINCIPAL (PEDAGOXÍA) CUADRIMESTRES I-II

Bases do concurso. Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO:

BASES DO III PREMIO UNIVERSITARIO DE COMUNICACIÓN CIENTÍFICA

Guía docente do Traballo fin de Mestrado

Valorarase a puntuación obtida neste exercicio correspondente á última oposición da categoría.

Programa Anual de actividades culturais e de promoción das ensinanzas do CMUS Profesional de Música de Vigo

Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) Axencia Galega de Innovación (GAIN) Premio Galicia de Xornalismo Científico 1ª.- Características da

Regulamento do TFG do título de grao en Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

MEMORIA PARA O PROGRAMA CONXUNTO DE ESTUDOS OFICIAIS DO GRAO (PCEO) DO GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS E O GRAO EN INFORMÁTICA (Campus

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

1. Identificación da programación

MÁSTER EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA PLAN DE COORDINACIÓN DOCENTE INFORME DE ACCIÓNS ACADÉMICAS E DE COORDINACIÓN VERTICAL E HORIZONTAL EMPRENDIDAS

CURSO DE ADAPTACIÓN AO GRAO EN EDUCACIÓN INFANTIL FACULTADE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DE OURENSE

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións

NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

1. LICENZA PARA ASUNTOS PROPIOS 3. LICENZA EXTRAORDINARIA POR NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIO/A EN PRÁCTICAS 4. LICENZA PARA FORMACIÓN E PERFECCIONAMENTO

Acceso ao 1º curso de grao profesional

G U Í A D O A L U M N A D O

Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional

Firmante: Universidade da Coruña - Q J URL de validación: CSV: LNFKG78TC2K7CJUUNDNPDUQM

PARTE I PARTE II. Estas probas abranguerán os contidos comprendidos nos distintos apartados das programacións de todos os cursos de Linguaxe Musical.

CURSO DE ADAPTACIÓN AO GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA FACULTADE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DE OURENSE

CONVOCATORIA DE PROXECTOS DE PROGRAMAS DE RADIO OUTUBRO-DECEMBRO DE 2017 DE AMES RADIO

Transcripción:

PROTOCOLO PARA O DESENVOLVEMENTO DO TRABALLO FIN DE ESTUDOS CURSO 18/19 De acordo co disposto no Decreto 163/2015 e no Decreto 171/2016, ao finalizar o cuarto curso, o alumnado desenvolverá un traballo fin de estudos (TFE), cunha asignación de 10 créditos Ects. Cómpre precisar determinados aspectos do desenvolvemento do mesmo. CONVOCATORIAS: O número máximo de convocatorias para a superación do TFE é de dúas, unha ordinaria e outra extraordinaria. En aplicación da Orde do 21 de novembro de 2016, con carácter xeral, a avaliación e cualificación correspondente á convocatoria ordinaria realizarase ao remate do segundo cuadrimestre de cada ano académico, e a correspondente á convocatoria extraordinaria realizarase no mes de xullo. De ser o caso, o alumnado que non supere ou non presente o TFE no curso escolar en que finaliza os estudos, terá dereito a utilizar as convocatorias correspondentes durante o primeiro cuadrimestre do seguinte ano académico. A presentación ao TFE quedará condicionada a que o/a alumno/a supere todas as disciplinas que integran o plan de estudos correspondente á súa especialidade. En caso contrario a convocatoria do TFE será anulada de oficio polo centro. O/A alumno/a poderá solicitar a anulación de convocatoria, aportado a motivación e documentos acreditativos que considere, e a dirección do centro resolverá o que proceda en aplicación da normativa vixente. Os/As alumnos/as de todas as especialidades deberán presentar, como parte do TFE unha memoria xustificativa do traballo realizado, que deberá conter un resumo desta nun idioma estranxeiro. DATAS DE REALIZACIÓN DO TFE ALUMNOS QUE APROBAN TODO NA CONVOCATORIA ORDINARIA DO 2º CUADRIMESTRE ALUMNOS QUE APROBAN TODO NA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XUÑO-XULLO ALUMNOS QUE APROBAN TODO NO ADIANTO DE CONVOCATORIA DE DECEMBRO OU NA CONVOCATORIA ORDINARIA DO 1º CUADRIMESTRE Do 3 de xuño ao 5 de xullo ao longo do 1º cuadrimestre do seguinte curso, ata o remate do período lectivo do 1º cuadrimestre do 1 de outubro ao 2 de novembro do seguinte curso ata o 15 de marzo do 4 de febreiro ao 15 de marzo ou do 3 de xuño ao 5 de xullo - en caso de ter realizado a ordinaria entre o 4 de febreiro e o 15 de marzo, a extraordinaria será entre o 3 de xuño e o 5 de xullo - en caso de ter realizado a ordinaria entre o 3 de xuño e o 5 de xullo, a extraordinaria será ata o 17 de xaneiro do seguinte curso

ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN Proposta dun programa de concerto e interpretación pública deste, con elaboración dun traballo académico que poderá verar sobre diversos aspectos do repertorio elixido, do seu instrumento, ou calquera outra temática relacionada coa especialidade e aprobada polo departamento. Este concerto deberá ter unha duración entre 45 e 70 minutos, cun descanso opcional non computable que non supere os quince minutos. O traballo académico deberá ter unha extensión mínima de vinte páxinas. 1- Solicitude polo/a alumno/a dun/ha profesor/a titor para o TFE, que deberá ser ratificada pola xefatura de estudos (solicitarase na secretaría administrativa do centro). O prazo de solicitude estará aberto ata o 19 de outubro. Con carácter xeral, e salvo circunstancias especiais, os alumnos que xa o solicitaran o curso pasado non é necesario que o soliciten novamente. Os alumnos que xa teñan superados todos os cuadrimestres da disciplina Repertorio con piano acompañante ou Repertorio con instrumento de tecla acompañante, poderán solicitar entre o 15 e o 19 de outubro un pianista acompañante co que preparar o recital do TFE. 2- Proposta dirixida ao departamento da súa especialidade, do tema concreto que pretende desenvolver e do programa a interpretar. As propostas presentaranse na secretaría administrativa do centro cumprimentando o modelo correspondente, que deberá levar a aprobación inicial do titor asignado. A data límite será o 5 de novembro. A proposta do tema constará alomenos dos seguintes puntos: Título, Xustificación e Índice xeral. Esta solicitude cumprimentarase na web do centro (no apartado de secretaría), procedendo á súa posterior impresión e entrega na secretaría administrativa do centro. 3- Aceptación da proposta por parte do Departamento, que terá de prazo para resolver ata o 19 de novembro. De non considerarse idónea a proposta formulada, o/a alumno/a deberá aceptar os cambios propostos polo departamento ou formular unha nova proposta. Neste caso, o/a alumno/a disporá dun prazo de 10 días naturais en período lectivo, para reformular a súa proposta. Se ao longo do desenvolvemento do traballo xurdise a necesidade de modificar o programa do concerto de TFE, o/a alumno/a solicitarao mediante instancia dirixida ó departamento correspondente, e unha vez revisada a petición, resolverá o que proceda, informando directamento ó/á alumno/a a través do correo electrónico. O prazo para presentar a proposta de modificación será o que determine o departamento correspondente, reflectido na programación docente do TFE. 4- O/A alumno/a entregará o traballo na secretaría do centro nas datas que se determinen a tal efecto, que con carácter xeral ha de ser posterior á publicación das cualificacións e en calquera caso, con tres semanas de antelación sobre a data do exame. En caso de non presentalo no prazo establecido non se convocará o tribunal e o alumno non poderá realizar o exame. Presentarase no formato establecido na Circular 10/2014, apartado 3.2, e cumprimentando o formulario correspondente, que levará o visto bo do/a profesor/a titor/a. Entregarase unha copia en papel debidamente encuadernada, máis unha copia en formato dixital, que será enviada ó correo de vicedirección@csmcoruna.com xunto co programa a interpretar e toda canta información se queira aportar para a elaboración dos programas de man, que alomenos deberán conter: programa a interpretar (autor, obra, movemento, etc.), músicos participantes (de ser o caso), breve currículum do/a alumno/a, mais o que cada departamento especifique ó respecto na súa programación do TFE. Os programas de man e carteis serán elaborados polo centro. Ademais do traballo académico, os/as alumnos/as realizarán un concerto público.

ESPECIALIDADE DE PEDAGOXÍA DA LINGUAXE MUSICAL Elaboración e posterior defensa dun traballo académico relacionado coa especialidade e a súa aplicación, incidindo directamente no desenvolvemento profesional da Pedagoxía da Linguaxe. O traballo incluirá uhna proposta didáctica que trate de desenvolver ámbitos do ensino da linguaxe musical nas ensinanzas elementais e/ou profesionais da música, desenvolvendo materiais didácticos específicos para acadar obxectivos definidos. 1- Solicitude polo/a alumno/a dun/ha profesor/a titor/a para o TFE que deberá ser ratificada pola xefatura de estudos (solicitarase na secretaría do centro). O prazo de solicitude estará aberto ata o 19 de outubro. Con carácter xeral, e salvo circunstancias especiais, os/as alumnos/as que xa o solicitaran o curso pasado non é necesario que o soliciten novamente. 2- Proposta dirixida oa departamento de Pedagoxía, do tema concreto que pretende desenvolver. As propostas presentaranse na secretaría administrativa do centro cumprimentando o modelo correspondente, que deberá levar a aprobación inicial do/a titor/a asignado/a. A data límite será o 5 de novembro. Dita proposta constará alomenos dos seguintes puntos: Título, Xustificación, Índice Xeral e breve resumo da aportación pedagóxica. Esta solicitude cumprimentarase na web do centro (no apartado de secretaría), procedendo á súa posterior impresión e entrega na secretaría administrativa do centro. 3- Aceptación da proposta por parte do Departamento, que terá de prazo para resolver ata o 19 de novembro. De non considerarse idonea a proposta formulada o/a alumno/a deberá aceptar os cambios propostos polo departamento ou formular unha nova proposta. Neste caso, o/a alumno/a disporá dun prazo de 10 días naturáis en período lectivo, para reformular a súa proposta. 4- O/A alumno/a entregará o traballo na secretaría do centro nas datas que se determinen a tal efecto, que con carácter xeral ha de ser posterior á publicación das cualificacións e en calquera caso, con tres semanas de antelación sobre a data do exame. En caso de non presentalo no prazo establecido non se convocará o tribunal e o alumno non poderá realizar o exame. Presentarase no formato establecido na Circular 7/2014, apartado 3.2, e cumprimentando o formulario correspondente, que levará o visto bo do/a profesor/a titor/a. Entregarase unha copia en papel debidamente encuadernada, máis unha copia en formato dixital, que será enviada ó correo de vicedirección@csmcoruna.com xunto con toda a información que se queira aportar para a elaboración dos programas de man, que alomenos deberá conter o título do traballo e breve currículum do/a alumno/a, máis o que o departamento especifique ó respecto na súa programación do TFE. Os programas de man e carteis serán elaborados polo centro.

ESPECIALIDADE DE COMPOSICIÓN Elaboración e defensa dun traballo de composición constituído por dúas obras musicais, unha para orquestra ou banda, e outra para grupo de cámara, na cal se amose o grao de coñecemento abordado ao longo dos seus estudos así como a aplicación destes. As obras deberán ser interpretadas en concerto ou audiciión pública, posterior á defensa do dito traballo. A duración e as características desta estableceranse en función dos criterios establecidos polo departamento, e tendo en conta os medios dispoñibles no centro. 1- Solicitude polo/a alumno/a dun profesor titor para o TFE que deberá ser ratificada pola xefatura de estudos (solicitarase na secretaría administrativa do centro). O prazo de solicitude estará aberto ata o 19 de outubro. Con carácter xeral, e salvo circunstancias especiais, os/as alumnos/as que xa o solicitaran o curso pasado non é necesario que o soliciten novamente. 2- Proposta dirixida ao Departamento de Composición. As propostas presentaranse na secretaría do centro cumprimentando o modelo correspondente, que deberá levar a aprobación inicial do titor asignado. A data límite será o 5 de novembro. Dita proposta constará alomenos dos seguintes puntos: Plantilla a utilizar nas obras e Xustificación. Esta solicitude cumprimentarase na web do centro (no apartado de secretaría), procedendo á súa posterior impresión e entrega na secretaría administrativa do centro. 3- Aceptación da proposta por parte do Departamento, que terá de prazo para resolver ata o 19 de novembro. De non considerarse idónea a proposta formulada o/a alumno/a deberá aceptar os cambios propostos polo Departamento ou formular unha nova proposta. Nese caso, o/a alumno/a disporá dun prazo de 10 días naturais en período lectivo para reformular a súa proposta. 4- O prazo límite de entrega do traballo de Composición será de tres semanas antes da data de exame, e farase na secretaría do centro, cumprimentando o formulario correspondente, que levará o visto bo do profesor titor. En caso de non presentalo no prazo establecido non se convocará o tribunal e o alumno non poderá realizar o exame. Entregaranse 3 copias do mesmo debidamente encadernadas, máis unha copia en formato dixital. A data de entrega da partitura xeral e das particellas ás diferentes agrupacións (grupo de cámara e orquestra/banda) será a que se estableza por parte das mesmas, e será comunicada ós/ás alumnos/as o antes posible. 5- A entrega da memoria xustificativa do traballo de Composición entregarase na secretaría do centro nas datas que se determinen a tal efecto, que en calquera caso, será con tres semanas de antelación sobre a data do exame. En caso de non presentalo no prazo establecido non se convocará o tribunal e o alumno non poderá realizar o exame. Con carácter excepcional, os/as alumnos/as da especialidade de Composición poderán realizar o TFE con anterioridade ós exames da convocatoria ordinaria do 2º cuadrimestre, quedando condicionada a cualificación do mesmo á superación de todas as disciplinas que conforman o seu plan de estudos. A memoria xustificativa presentarase no formato establecido na circular 10/2014, apartado 3.2, e cumprimentando o formulario correspondente, que levará o visto bo do profesor titor. Entregarase unha copia en papel debidamente encuadernada, máis unha copia en formato dixital, que será enviada ó correo de vicedirección@csmcoruna.com xunto con toda a información que se queira aportar para a elaboración dos programas de man, que alomenos deberá conter as obras a interpretar e breve currículum do/a alumno/a, máis o que cada departamento especifique ó respecto na súa programación do TFE. Os programas de man e cartéis serán elaborados polo centro. As obras compostas polo/a alumno/a serán interpretadas en concerto ou audición pública pola/s agrupación/s do centro posteriormente á defensa do traballo. A realización do TFE desenvolverase dentro do período normal de actividade das agrupacións.

ESPECIALIDADE DE DIRECCIÓN Programación e interpretación dun concerto público para orquestra, banda ou coro. Elaboración e defensa dunha memoria xusticativa que deberá de atender polo menos, ás seguintes consideracións: razoamento estético e artístico do repertorio elixido, finalidade da súa recepción (público, estudantado, contorno sociocultural, etc.) e descrición técnica (ensaios, instrumentación, acústica, etc.). Dado que só hai un profesor da especialidade, non haberá que realizar solicitude de titor. 1- Proposta dirixida ao Departamento de Dirección. As propostas presentaranse na secretaría do centro cumprimentando o modelo correspondente, que deberá levar a aprobación inicial do titor. A data límite será o 5 de novembro. Dita proposta constará alomenos dos seguintes puntos: Título, Proposta do programa a interpretar, Xustificación e Plantilla a utilizar nas obras a interpretar. Esta solicitude cumprimentarase online na web do centro (no apartado de Secretaría), procedendo á súa posterior impresión e entrega na secretaría administrativa do centro. 3- Aceptación da proposta por parte do Departamento, que terá de prazo para resolver ata o 19 de novembro. De non considerarse idónea a proposta formulada o/a alumno/a deberá aceptar os cambios propostos polo Departamento ou formular unha nova proposta. Nese caso, o/a alumno/a disporá dun prazo de 10 días naturais en período lectivo para reformular a súa proposta. 4- A entrega da memoria xustificativa realizarase na secretaría do centro nas datas que se determinen a tal efecto, que en calquera caso, será con tres semanas de antelación sobre a data do exame. En caso de non presentalo no prazo establecido non se convocará o tribunal e o alumno non poderá realizar o exame. Con carácter excepcional, os/as alumnos/as da especialidade de Dirección poderán realizar o TFE con anterioridade ós exames da convocatoria ordinaria do 2º cuadrimestre, quedando condicionada a cualificación do mesmo á superación de todas as disciplinas que conforman o seu plan de estudos. A memoria xustificativa presentarase no formato que se estableza na programación do TFE, e cumprimentando o formulario correspondente, que levará o visto bo do profesor titor. Entregarase unha copia en papel debidamente encuadernada, máis unha copia en formato dixital, que será enviada ó correo de vicedirección@csmcoruna.com xunto con toda a información que se queira aportar para a elaboración dos programas de man, que alomenos deberá conter as obras a interpretar e breve currículum do/a alumno/a, máis o que cada departamento especifique ó respecto na súa programación do TFE. Os programas de man e cartéis serán elaborados polo centro. Deberá consultarse o Decreto 171/2016 e a Orde do 21 de novembro de 2016 (dispoñibles na web do centro no apartado de Lexislación) así como a Programación docente do TFE, onde se reflicten, entre outras especificacións, os Obxectivos, Contidos e