ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS. CMAGA04 Aproveitamento e conservación do medio natural Ciclos formativos de grao medio

Documentos relacionados
ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS. 1. Identificación da programación EMPRESA E INICIATIVA EMPRENDEDORA

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

CICLO SUPERIOR DE EDUCACIÓN INFANTIL P R O G R A M A C I Ó N. Módulo: EMPRESA E INCIATIVA EMPRENDEDORA

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS. CMAGA04 Aproveitamento e conservación do medio natural Ciclos formativos de grao medio

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

PROGRAMA FORMATIVO Módulo de creación de empresas

OPERACIÓNS ADMINISTRATIVAS E DOCUMENTACIÓN SANITARIA

Actividades formativas desenvolvidas polo CAFI

PROCEDEMENTO P-PRL 17

Fundamentos de Administración e Xestión

Contornos virtuais como soporte ao proceso docente (Campus de Vigo)

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Guía docente Título superior de deseño

LIÑA INNOVA MODELO DE PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL

CRITERIOS DE EVALUACIÓN

LIÑA ACTIVA MODELO DE PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Servizo de información, asesoramento e orientación sobre recursos e servizos dispoñibles: Apoio na xestión e tramitación de recursos

Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial

MÁSTER EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA PLAN DE COORDINACIÓN DOCENTE INFORME DE ACCIÓNS ACADÉMICAS E DE COORDINACIÓN VERTICAL E HORIZONTAL EMPRENDIDAS

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS. 1. Identificación da programación FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL

Curso Traballo Social e Demencias

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

FORESTAULA CURSOS ON LINE SOBRE SILVICULTURA E APROVEITAMENTOS FORESTAIS ACCIÓNS GRATUÍTAS COFINANCIADAS POLO FSE

Guía docente Título superior de deseño


Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

BASES DA CONVOCATORIA

Formación PAS: Resultados Decembro 2009

CONVOCATORIA DE ACCESO AO VIVEIRO DE EMPRESAS INNOVADORAS DA UDC

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Xuntanza Seguimento Actuacións para o impulso ao Software libre en Galicia

Guía docente Título superior de deseño

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

ADAPTACIÓN POR BLOQUE: CON 60 CRÉDITOS SUPERADOS Diplomatura en Ciencias Empresariais Campus de Lugo (971P01) Código. Carácter. Créditos.

Resumo da elaboración I PLAN DE IGUALDADE DO CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Guía docente Título superior de deseño

Guía docente Título superior de deseño

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de. bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

INDUSTRIA 4.0. PROXECTO DE CAPACITACIÓN EN TECNOLOXÍAS, METODOLOXÍAS OU TÉCNICAS RELACIONADAS COA. Organiza:

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ACTIVIDADES MÓDULO II

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

Seminario de Planificación Empresarial

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A SELECCIÓN, TRANSFERENCIA DA CUSTODIA E O ACCESO AOS DOCUMENTOS

2.1. Escalas e cuestionarios empregados

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

Estrada vella de Madrid 160. Tel: Fax:

OE 1.4. Atención ao benestar social

Guía para a coordinación do Grao en Ciencias do Mar

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

CURSOS DO CONTRATO PROGRAMA AUTONÓMICO (PF 2013/000007) DE UGACOTA

AS SECCIÓNS BILINGÜES A IMPLANTACIÓN DO PORTUGUÉS NO ENSINO REGRADO GALEGO

Rúa Atalaia nº Porto do Son (A Coruña) CIF: P B Tlfno: Fax: ADHESIÓN REDE EUSUMO CONCELLO DE PORTO DO SON

NORMATIVA DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL CON CARGO A ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN (I+D+i)

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

En Santiago de Compostela, once de xaneiro de dous mil trece REUNIDOS

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

Instituto de Educación Secundaria Leixa. Bacharelatos Ciclos formativos de Artes Gráficas e Sanidade

ACTUACIÓNS DO ISSGA SOBRE OS FACTORES DE RISCO PSICOSOCIAL. María Jesús Copa Arias 10 de novembro de 2017 Santiago de Compostela 1

Normas para la asignación, desempeño y evaluación de las Prácticas Externas. Master de Salud Pública. Curso

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

RESUMO DA PROGRAMACIÓN PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES 1º ESO. CURSO 2015/16

LABORATORIOS COOPERATIVOS. Subvencións

B o l e t í n M a r z o A P E G a l i c i a

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

PROPOSTA DO COMITÉ DE EMPRESA DE PONTEVEDRA DA CARREIRA PROFESIONAL PARA O PAS LABORAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

P R O G R A M A C I Ó N

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN E ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS CUESTIONARIO DE AUTOAVALIACIÓN PARA AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

Guía docente Título superior de deseño

PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á PROMOCIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE CAMBADOS 2018

AS COMPETENCIAS PROFESIONAIS DOCENTES. Modelo competencial da Rede de Formación

Os estados financeiros da empresa

PROXECTO DE REGULAMENTO DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA DE CAMBIO DE GRUPO

O CAMIÑO DE DOWN GALICIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Axudas a proxectos no litoral

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

PERSPECTIVAS DE FUTURO PARA O TERRITORIO. Castelo de Santa Cruz 23 de novembro de 2015

Transcripción:

1. Identificación da programación Centro educativo Código Centro Concello Ano académico 36019751 de Tomiño Tomiño 2014/2015 Ciclo formativo Código da familia profesional Familia profesional Código do ciclo formativo Ciclo formativo Grao Réxime AGA Agraria CMAGA04 Aproveitamento e conservación do medio natural Ciclos formativos de grao medio Réxime xeralordinario Módulo profesional e unidades formativas de menor duración (*) Código MP/UF Nome Curso Sesións semanais Horas anuais MP0840 Empresa e iniciativa emprendedora 2014/2015 3 53 63 (*) No caso de que o módulo profesional estea organizado en unidades formativas de menor duración Sesións anuais Profesorado responsable Elaboración Impartición FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, MARÍA JESÚS FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, MARÍA JESÚS Estado: Pendente de supervisión departamento - 1 -

2. Concreción do currículo en relación coa súa adecuación ás características do ámbito produtivo A presente Programación Didáctica, dentro das directrices xerais do Regulamento Orgánico dos Institutos de Educación Secundaria no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, fai referencia ao módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora do Ciclo Formativo de Grao Medio Aproveitamento e Conservación do Medio Natural. O Decreto que establece o seu título, os ensinos mínimos e o seu currículo é o: Decreto 192/2013, do 27 de decembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural. O módulo profesional de Empresa e Iniciativa Emprendedora, que se imparte durante tres sesións semanais de cincuenta minutos ao longo dos dous primeiros trimestres do curso. CARACTERÍSTICAS DO ALUMNADO E DO CENTRO O alumnado ten unha procedencia variada, fundamentalmente dos concellos que conforman o espazo do Baixo Miño (Tomiño, O Rosal, A Guarda, Tui,...). Algúns deles completaron a E.S.O. para acceder ao ciclo, e outros fixérono sen titular a través da proba de acceso a ciclos de grao medio. Incluso hai alumnos que cursaron outros ciclos antes de acceder ao ciclo. O grupo de alumnos non presenta por tanto dificultades significativas de aprendizaxe. O IES de Tomiño atópase enclavado no concello do mesmo nome e na Comarca do Baixo Miño. Atópase a unha distancia de 15 kilómetros do concello da Garda, a 12 kilómetros do concello de Tui (e polo tanto de Portugal) e a tan só 40 kilómetros da cidade de Vigo. Dado o seu clima temperado e húmido, unido ás condicións xeolóxicas e edafolóxicas que orixinan solos de gran fertilidade, é un lugar óptimo para o cultivo agrícola e forestal, o que da lugar a moitas empresas relacionadas con este sector (sobre todo viveiros e viveiros forestais). CONTORNO PROFESIONAL As persoas que obteñan o título de técnico en aproveitamento e conservación do medio natural han exercer a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, tanto públicas como privadas, dedicadas aos traballos de repoboación forestal, de restauración e ordenación hidrolóxico-forestal e de aproveitamento forestal, así como de control e vixilancia do medio natural. Trátase de persoas que poidan exercer a súa actividade por conta allea ou por conta propia, que se integran en equipos de traballo con outras do mesmo ou de inferior nivel de cualificación, dependendo organicamente dun mando intermedio. En certos casos de empresas pequenas, poden ter baixo a súa responsabilidade persoal operario, pero coa supervisión da persoa responsable de produción. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes: - Traballador/ora cualificado/a en actividades forestais. - Traballador/ora especialista en aproveitamentos de madeiras, cortiza e leñas. - Maquinista de procesadora forestal. - Tractorista. - Motoserrista, abatedor/ora e cortador/ora de toradas. - Corticeiro/a. - Traballador/ora especialista en traballos de altura nas árbores. - Traballador/ora especialista de empresas de repoboación. - Traballador/ora especialista de empresas que realicen traballos de corrección hidrolóxico-forestal. - Traballador/ora especialista de empresas que realicen tratamentos silvícolas. - Traballador/ora especialista de empresas que realicen traballos de construción e mantemento de camiños. - Traballador/ora especialista por conta propia en traballos de repoboación e tratamentos silvícolas. - Viveirista. - Traballador/ora en viveiros, en xeral. - Traballador/ora cualificado/a por conta propia en hortas, viveiros e xardíns. - 2 -

- Traballador/ora cualificado/a por conta allea en hortas, viveiros e xardíns. - Traballador/ora cualificado/a en propagación de plantas en viveiro. - Traballador/ora cualificado/a en cultivo de plantas en viveiro. - Traballador/ora especialista en colleita de sementes e froitos en altura. - Traballador/ora cualificado/a en produción de sementes. - Aplicador de produtos fitosanitarios. - Enxertador/ora. - Traballador/ora especializado/a en inventario, seguimento e adecuación do hábitat natural e de especies acuícolas continentais e cinexéticas. - Traballador/ora especializado/a en repoboacións de especies cinexéticas, piscícolas e astacícolas. - Traballador/ora cualificado/a por conta propia ou allea en actividades forestais e similares. - Auxiliar en traballos de control legal de depredadores ou especies invasoras. - Guía de actividades de turismo cinexético-piscícola. PROSPECTIVA DO TÍTULO NO SECTOR Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da flora e fauna silvestre e a degradación dos espazos naturais de interese danlle maior protagonismo á protección dos espazos naturais, configurándoa como unha das ferramentas básicas para a conservación, o uso sustentable e a mellora do patrimonio natural e da biodiversidade. No ámbito forestal, Galicia ocupa un lugar esencial e sitúase, sen lugar a dúbidas, como a maior potencia forestal de España e unha das máis importantes de Europa. Destacan os soutos, as carballeiras, e os bosques mixtos e de ribeira, onde se compaxina a actividade humana coa conservación do medio natural e, xa que logo, o desenvolvemento sustentable. Este importante número de espazos naturais garante a biodiversidade e o endemismo. O investimento en bosques significa investimento en calidade de vida: a plantación de novas masas forestais, a restauración, a conservación e o mantemento das masas xa existentes representan un ben intanxible para a sociedade, dun valor incalculable xa que estas almacenan unha porcentaxe importante das emisións anuais de CO2, contribuíndo así á loita contra o cambio climático. Favorécese tamén o mantemento do ciclo hidrolóxico, a diminución da erosión e do proceso de desertificación, e o enriquecemento do solo. Ademais, o sector forestal é unha vea de emprego rural que axuda a evitar o despoboamento e o abandono do campo, e contribúe á xeración de riqueza, revitalizando o medio natural. Nesta liña, a actividade cinexética e piscícola, a educación ambiental e a concienciación no respecto polo medio natural e polos problemas ambientais son novas fontes de emprego, que xeran tamén bens económicos e sociais. As actividades de lecer, tempo libre e turismo activo que xurdiron en torno aos espazos naturais, protexidos ou non, precisan persoal cualificado, do mesmo xeito que cómpre para a defensa contra incendios forestais, outro dos subsectores que xeran emprego hoxe en día. Este persoal debe presentar un perfil polivalente, capaz de se adaptar aos cambios, cun alto grao de autonomía, pero con capacidade para traballar en equipo, de xeito coordinado, e para tomar de decisións. As innovacións neste sector diríxense á produción de biomasa como combustible, á mellora tecnolóxica de máquinas, ferramentas e equipamentos, e ao uso das novas tecnoloxías da información, respectando e aplicando a normativa de prevención de riscos laborais, a específica dos traballos forestais e a de protección ambiental. ADECUACIÓN DA PROGRAMACIÓN A ESTAS CARACTERÍSTICAS Por iso é fundamental cara ao futuro profesional do alumno ter en conta na programación este contexto socio-económico e as diferentes áreas profesionais nas que poden desenvolver o seu traballo, para que o alumno teña un maior campo de xestión no momento de incorporarse á vida laboral. Co módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora perséguese precisamente animar ós estudantes e facilitarlles as habilidades e coñecementos necesarios que lles permitan constituír as súas propias empresas, que sexan a base da creación de riqueza colectiva para a sociedade en que vivimos. Préstase especial atención á diversidade, xa que a aplicación eminentemente práctica dos contidos permite satisfacer as diferentes demandas do alumnado ao que vai dirixido, xa sexan relacionadas co autoemprego, coas cuestións fiscais, laborais ou mercantís da actividade empresarial ou coa situación da economía xeral e do sector de actividade. - 3 -

- 4 -

3. Relación de unidades didácticas que a integran, que contribuirán ao desenvolvemento do módulo profesional, xunto coa secuencia e o tempo asignado para o desenvolvemento de cada unha U.D. Título Descrición Duración (sesións) 1 Emprendemento A iniciativa emprendedora. Ideas de negocio. Proxecto empresarial. 7 empresarial 2 A empresa e o Contorno xeral e específico. Responsabilidade social corporativa. Localización. Plan de produción. 18 contorno empresarial 3 Creación de empresas Constitución da empresa. Elección da forma xurídica: responsabilidade legal e fiscalidade 18 4 Xestión administrativa Fundamentos de contabilidade. Obrifas fiscais e contables. Documentación administrativa, comercial e fiscal. e financeira da PeME 20-5 -

4. Por cada unidade didáctica 4.1.a) Identificación da unidade didáctica N.º Título da UD Duración 1 Emprendemento empresarial 7 4.1.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan Resultado de aprendizaxe do currículo RA1 - Desenvolve o seu espírito emprendedor identificando as capacidades asociadas a el e definindo ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación e a creatividade. Completo SI 4.1.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado Criterios de avaliación CA1.1 Identificouse o concepto de innovación e a súa relación co progreso da sociedade e o aumento no benestar dos individuos. CA1.2 Analizouse o concepto de cultura emprendedora e a súa importancia como dinamizador do mercado laboral e fonte de benestar social. CA1.3 Valorouse a importancia da iniciativa individual, a creatividade, a formación, a responsabilidade e a colaboración como requisitos indispensables para ter éxito na actividade emprendedora. CA1.4 Analizáronse as características das actividades emprendedoras no sector forestal. CA1.5 Valorouse o concepto de risco como elemento inevitable de toda actividade emprendedora. CA1.6 Valoráronse ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación, pola creatividade e pola súa factibilidade. CA1.7 Decidiuse a partir das ideas emprendedoras unha determinada idea de negocio do ámbito forestal, que ha servir de punto de partida para a elaboración do proxecto empresarial. CA1.8 Analizouse a estrutura dun proxecto empresarial e valorouse a súa importancia como paso previo á creación dunha pequena empresa. 4.1.e) Contidos Contidos Innovación e desenvolvemento económico. Principais características da innovación na actividade que se inicie no sector forestal (materiais, tecnoloxía, organización da produción, etc.). A cultura emprendedora na Unión Europea, en España e en Galicia. Factores clave das persoas emprendedoras: iniciativa, creatividade, formación, responsabilidade e colaboración. A actuación das persoas emprendedoras no sector forestal. O risco como factor inherente á actividade emprendedora. Valoración do traballo por conta propia como fonte de realización persoal e social. Ideas emprendedoras: fontes de ideas, maduración e avaliación destas. Proxecto empresarial: importancia e utilidade, estrutura e aplicación no ámbito forestal. - 6 -

4.2.a) Identificación da unidade didáctica N.º Título da UD Duración 2 A empresa e o contorno empresarial 18 4.2.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan Resultado de aprendizaxe do currículo RA2 - Decide a oportunidade de creación dunha pequena empresa para o desenvolvemento da idea emprendedora, tras a análise da relación entre a empresa e o contorno, do proceso produtivo, da organización dos recursos humanos e dos valores culturais e éticos. Completo SI 4.2.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado Criterios de avaliación CA2.1 Valorouse a importancia das pequenas e medianas empresas no tecido empresarial galego. CA2.2 Analizouse o impacto ambiental da actividade empresarial e a necesidade de introducir criterios de sustentabilidade nos principios de actuación das empresas. CA2.3 Identificáronse os principais compoñentes do contorno xeral que rodea a empresa e, en especial, nos aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural. CA2.4 Apreciouse a influencia na actividade empresarial das relacións coa clientela, con provedores, coas administracións públicas, coas entidades financeiras e coa competencia como principais integrantes do contorno específico. CA2.5 Determináronse os elementos do contorno xeral e específico dunha pequena ou mediana empresa relacionada coa explotación forestal en función da súa posible localización. CA2.6 Analizouse o fenómeno da responsabilidade social das empresas e a súa importancia como un elemento da estratexia empresarial. CA2.7 Valorouse a importancia do balance social dunha empresa relacionada coa explotación forestal e describíronse os principais custos sociais en que incorren estas empresas, así como os beneficios sociais que producen. CA2.8 Identificáronse, en empresas forestais, prácticas que incorporen valores éticos e sociais. CA2.9 Definíronse os obxectivos empresariais incorporando valores éticos e sociais. CA2.10 Analizáronse os conceptos de cultura empresarial, e de comunicación e imaxe corporativas, así como a súa relación cos obxectivos empresariais. CA2.11 Describíronse as actividades e os procesos básicos que se realizan nunha empresa relacionada coa explotación forestal, e delimitáronse as relacións de coordinación e dependencia dentro do sistema empresarial. CA2.12 Elaborouse un plan de empresa que inclúa a idea de negocio, a localización, a organización do proceso produtivo e dos recursos necesarios, a responsabilidade social e o plan de márketing. 4.2.e) Contidos A empresa como sistema: concepto, funcións e clasificacións. Contidos Análise do contorno xeral dunha pequena ou mediana empresa de relacionada coa explotación forestal: aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural. Análise do contorno específico dunha pequena ou mediana empresa relacionada coa explotación forestal: clientes, provedores, administracións públicas, entidades financeiras e competencia. Localización da empresa. A persoa empresaria. Requisitos para o exercicio da actividade empresarial. Responsabilidade social da empresa e compromiso co desenvolvemento sustentable. Cultura empresarial, e comunicación e imaxe corporativas. - 7 -

Contidos Actividades e procesos básicos na empresa. Organización dos recursos dispoñibles. Externalización de actividades da empresa. Descrición dos elementos e estratexias do plan de produción e do plan de márketing. - 8 -

4.3.a) Identificación da unidade didáctica N.º Título da UD Duración 3 Creación de empresas 18 4.3.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan Resultado de aprendizaxe do currículo RA3 - Selecciona a forma xurídica tendo en conta as implicacións legais asociadas e o proceso para a súa constitución e posta en marcha. Completo SI 4.3.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado Criterios de avaliación CA3.1 Analizouse o concepto de persoa empresaria, así como os requisitos que cómpren para desenvolver a actividade empresarial. CA3.2 Analizáronse as formas xurídicas da empresa e determinándose as vantaxes e as desvantaxes de cada unha en relación coa súa idea de negocio. CA3.3 Valorouse a importancia das empresas de economía social no sector forestal. CA3.4 Especificouse o grao de responsabilidade legal das persoas propietarias da empresa en función da forma xurídica elixida. CA3.5 Diferenciouse o tratamento fiscal establecido para cada forma xurídica de empresa. CA3.6 Identificáronse os trámites exixidos pola lexislación para a constitución dunha pequena ou mediana empresa en función da súa forma xurídica. CA3.7 Identificáronse as vías de asesoramento e xestión administrativa externas á hora de pór en marcha unha pequena ou mediana empresa. CA3.8 Analizáronse as axudas e subvencións para a creación e posta en marcha de empresas forestais tendo en conta a súa localización. CA3.9 Incluíuse no plan de empresa información relativa á elección da forma xurídica, os trámites administrativos, as axudas e as subvencións. 4.3.e) Contidos Formas xurídicas das empresas. Contidos Responsabilidade legal do empresariado. A fiscalidade da empresa como variable para a elección da forma xurídica. Proceso administrativo de constitución e posta en marcha dunha empresa. Vías de asesoramento para a elaboración dun proxecto empresarial e para a posta en marcha da empresa. Axudas e subvencións para a creación dunha empresa de relacionada coa explotación forestal. Plan de empresa: elección da forma xurídica, trámites administrativos, e xestión de axudas e subvencións. - 9 -

4.4.a) Identificación da unidade didáctica N.º Título da UD Duración 4 Xestión administrativa e financeira da PeME 20 4.4.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan Resultado de aprendizaxe do currículo RA4 - Realiza actividades de xestión administrativa e financeira básica dunha pequena ou mediana empresa, identifica as principais obrigas contables e fiscais, e formaliza a documentación. Completo SI 4.4.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado Criterios de avaliación CA4.1 Analizáronse os conceptos básicos de contabilidade, así como as técnicas de rexistro da información contable: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais. CA4.2 Describíronse as técnicas básicas de análise da información contable, en especial no referente ao equilibrio da estrutura financeira e á solvencia, á liquidez e á rendibilidade da empresa. CA4.3 Definíronse as obrigas fiscais (declaración censual, IAE, liquidacións trimestrais, resumes anuais, etc.) dunha pequena e dunha mediana empresa relacionada coa explotación forestal, e diferenciáronse os tipos de impostos no calendario fiscal (liquidacións CA4.4 Formalizouse con corrección, mediante procesos informáticos, a documentación básica de carácter comercial e contable (notas de pedido, albarás, facturas, recibos, cheques, obrigas de pagamento e letras de cambio) para unha pequena e unha mediana empresa f CA4.5 Elaborouse o plan financeiro e analizouse a viabilidade económica e financeira do proxecto empresarial. 4.4.e) Contidos Contidos Análise das necesidades de investimento e das fontes de financiamento dunha pequena e dunha mediana empresa no sector forestal. Concepto e nocións básicas de contabilidade: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais. Análise da información contable: equilibrio da estrutura financeira e ratios financeiras de solvencia, liquidez e rendibilidade da empresa. Plan financeiro: estudo da viabilidade económica e financeira. Obrigas fiscais dunha pequena e dunha mediana empresa. Ciclo de xestión administrativa nunha empresa relacionada coa explotación forestal: documentos administrativos e documentos de pagamento. Coidado na elaboración da documentación administrativo-financeira. - 10 -

5. Mínimos exixibles para alcanzar a avaliación positiva e os criterios de cualificación MÍNIMOS ESIXIBLES Os mínimos esixibles serán os indicados como tales para cada unidade no apartado 4.c. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN Consideramos que o alumnado debe acadar as seguintes capacidades terminais: - Identificar as funcións básicas dunha empresa e os elementos do seu contorno - Distinguir os distintos tipos de mercado e a súa segmentación - Diferenciar os distintos tipos de formas xurídicas e a responsabilidade dos socios - Levar a cabo un estudo de viabilidade económica e financeira dunha peme do sector - Definir as obrigas fiscais e diferenciar os tipos de impostos aplicables no calendario fiscal - Identificar a documentación básica de carácter comercial e contable para unha peme do sector, e describir os circuítos que percorre na empresa. - Elaborar un plan de empresa Os elementos a considerar para a avaliación positiva dos alumnos son o seguintes: - Actitude e asistencia do alumno na clase (valor de 10%). Neste apartado valórase a asistencia e puntualidade, a participación, a iniciativa, o interese pola materia e o comportamento xeral do alumno en relación coa clase, cos compañeiros e co profesorado - Traballo diario realizado no aula (valor de 20%). Valorarase neste apartado a claridade e a orde, o dominio dos contidos, a calidade, o esforzo, etc, dos traballos e exercicios individuais, dos foros de discusión/debate e do traballo en grupo - Exame de cada parte da materia (valor de 70%). Esta proba consistirá nun cuestionario con afirmacións para identificar se son verdadeiras ou falsas ou con preguntas test con elección da alternativa correcta, preguntas breves e, de ser o caso, casos prácticos similares aos realizados na clase. Superarán o exame todos aqueles alumnos que superen a proba cun 5. Entre todas as probas escritas feitas no trimestre, calcularase a media aritmética das mesmas, sempre que se obteña un mínimo de 4 puntos nos distintos exames escritos. Para poder considerarse a materia superada o alumnado deberá obter un mínimo de cinco puntos como nota final, aplicando os tres elementos de avaliación mencionados, en cada unha das avaliacións do curso. 6. Procedemento para a recuperación das partes non superadas 6.a) Procedemento para definir as actividades de recuperación * Os alumnos que non logren superar positivamente unha avaliación serán orientados, en función dos mínimos esixibles, para realizar tarefas, exercicios ou traballos e superar unha proba ou control obxectivo. Serán unha prioridade na atención recuperadora aqueles alumnos dos que podamos intuír que non lograrán cumprir os obxectivos do módulo. A avaliación correspondente á observación directa e á revisión de tarefas recuperarase amosando unha evolución positiva ó longo do curso e/ou repetindo aquelas actividades nas que non se acade avaliación positiva. Ademais, o profesor proporá, como actividades preparatorias, outros supostos prácticos e aclarará as dúbidas que se lle presenten ao alumno. * Nos casos dos alumnos que non acaden cualificación positiva durante o período de avaliación ordinaria, o profesor emitirá un informe individualizado sobre as deficiencias polas que a cualificación é negativa. Nunha primeira fase da avaliación extraordinaria, o profesor proporá as actividades a desenvolver durante o período extraordinario. Estas actividades propostas serán avaliadas cos mesmos criterios indicados para a - 11 -

avaliación ordinaria. O profesor responsable orientará, nos días fixados de mutuo acordo con cada alumno, sobre a forma de realizar o traballo proposto e resolverán as dúbidas expostas. Nunha segunda fase da avaliación extraordinaria, o alumno realizará unha ou varias probas escritas, nas datas fixadas segundo acordo entre este e o profesor. Para superar o módulo será necesario superar positivamente ambas as fases. 6.b) Procedemento para definir a proba de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda de dereito a avaliación continua Neste caso, ao ser este un módulo de 53 horas e como as sesións de clase diarias son de 50 minutos, correspóndelle un máximo de 7 faltas. Para o alumnado que perda o dereito á avaliación continua está prevista a realización dunha proba final extraordinaria que terá lugar antes da sesión de avaliación final do módulo. A proba final constará de cuestións teóricas e supostos prácticos que permitan a comprobación da consecución dos mínimos esixibles que se expoñen nesta programación. En todo caso, o alumnado que teña perdido o dereito á avaliación continua pode recabar o asesoramento do profesor para a preparación da devandita proba final extraordinaria. 7. Procedemento sobre o seguimento da programación e a avaliación da propia práctica docente Para promover a mellora do proceso de ensino e da práctica docente, someterase a un proceso de avaliación no que se examinarán os seguintes aspectos: a. Cumprimento dos obxectivos polo grupo de alumnos. b. Organización e planificación das clases. c. Planificación das tarefas. d. Distribución de medios e tempos. e. Implicación do grupo de alumnos. f. Relación entre os alumnos e entre os alumnos e os profesores. g. Adecuada progresión dos contidos. h. Idoneidade dos materiais empregados. i. Capacidade motivadora das actividades. j. Cumprimento da secuenciación da Programación Didáctica. k. Adecuación de obxectivos e contidos coas necesidades reais. l. Adecuación de medios e metodoloxía coas necesidades reais. Para levar a cabo esta avaliación da práctica docente, poderanse empregar os seguintes instrumentos: - Autoevaluación por parte do profesor - Cuestionarios aos alumnos, anónimos ou persoais - Entrevistas cos alumnos - Resultados do proceso de aprendizaxe dos alumnos - 12 -

8. Medidas de atención á diversidade 8.a) Procedemento para a realización da avaliación inicial Empregaranse distintos procedementos para coñecer e valorar a situación de partida dos alumnos e empezar desde o principio cunha intervención axustada ás necesidades, intereses e posibilidades dos mesmos. Neste sentido, realizarase unha recollida de datos persoais e familiares de cada alumno e dos relativos ao historial escolar. Durante o primeiro mes de clase, realizarase un seguimento dos alumnos, empregando os distintos instrumentos e técnicas de avaliación habituais que se recollen nesta programación, para analizar as capacidades e posibilidades de cada alumno e os coñecementos previos, así como para detectar as posibles dificultades que xurdan nos alumnos e orientalos nas medidas que deben tomar para seguir o curso coas garantías necesarias. 8.b) Medidas de reforzo educativo para o alumnado que non responda globalmente aos obxectivos programados De conformidade co establecido nos artigos 71 e ss da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, daremos resposta á atención dos alumnos con necesidade específica de apoio educativo baseándonos nos principios de normalización e inclusión. Tratarase de ofrecer unha docencia integradora, sabendo das diferentes capacidades e niveis do alumnado e da súa interacción particular coa formación específica. En función das circunstancias particulares, e sempre en coordinación co Departamento de Orientación, poderán adoptarse diversas medidas, entre as que cabe destacar: - Reforzos educativos individualizados na aula. - Adaptacións (non significativas) na secuencia de contidos, na metodoloxía, nos instrumentos de avaliación,... para aqueles alumnos/as que o precisasen. - Levar adiante actividades diferentes para un mesmo contido, en diferentes niveis de dificultade. - Combinar agrupamentos homoxéneos e heteroxéneos, actuando intencionalmente na súa constitución, para que esta flexibilidade permita unha mellor aprendizaxe en grupo. - Organizar e distribuír espazos e tempos respectando as n.e.a.e. 9. Aspectos transversais 9.a) Programación da educación en valores O módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora ten unha función de promoción das habilidades e actitudes emprendedoras, de tal xeito que resulta crucial desenvolver, ó longo das distintas unidades didácticas e especialmente na súa vertente actitudinal, determinados contidos transversais: - Respecto e promoción da igualdade efectiva entre home e muller: tanto no ámbito profesional da electrónica como no grupo concreto de clase se constata un predominio numérico dos homes; é importante neste sentido concienciar ós alumnos da importancia do respecto mutuo entre ambos xéneros e do principio de igualdade retributiva por traballo de igual valor. - Dentro da educación para a saúde, farase especial fincapé na seguridade e hixiene no traballo: trátase de concienciar ós alumnos de que as técnicas de prevención de riscos son de vital importancia tanto no desenvolvemento dos restantes módulos como no desempeño da súa futura actividade profesional. Tratarase por tanto de traballar conxuntamente cos restantes docentes para promover esta consciencia. - 13 -

9.b) Actividades complementarias e extraescolares Para a mellor consecución dos obxectivos do módulo ou para ampliar e afondar nos contidos do mesmo, prevese a realización de determinadas actividades, en coordinación co resto dos profesores que imparten docencia no ciclo. Recurrirase por exemplo ao visionado de cine de temática socioeconómica e empresarial: ao longo do curso proxectaranse longametraxes con perspectivas alternativas sobre a actividade empresarial. A elección realizarase entre os seguintes títulos: "Obsolescencia programada", "Roger y yo", "Sicko", "Inside Job", "Capitalismo: una historia de amor", "Wall Street", "Michael Clayton"... 10.Outros apartados 10.1) Libro de texto O libro a empregar é o manual "Empresa e iniciativa emprendedora" da editorial "Tu libro de FP". - 14 -