Programa de Actividades

Documentos relacionados
Reserva da Biosfera MCeTM

CAMPAÑA DE PREVENCIÓN E CONTROL As especies exóticas invasoras nas Reservas de Biosfera de Galicia

O potencial das Reservas de Biosfera para a Educación Ambiental Diego López Pedreira Carmen Borobio Vázquez

MESAS TEMÁTICAS DE PARTICIPACIÓN PÚBLICA PROGRAMA LEADER GDR-23 MARIÑAS-BETANZOS

introdución ao estudo de carnívoros

introdución ao estudo de carnívoros

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

Xornadas de Capacitación para o fortalecemento de entidades galegas de Custodia do Territorio

Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Percorrido histórico dos Congresos de Educación Ambiental para os países lusófonos e Galicia


RETOS NA COMERCIALIZACIÓN E PROMOCIÓN DE PRODUTOS DO MAR

PERSPECTIVAS DE FUTURO PARA O TERRITORIO. Castelo de Santa Cruz 24 de novembro de 2015

(co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente)

OE 1.4. Atención ao benestar social

DOSSIER Rúa República Checa 52, oficina Santiago de Compostela

Oficina de Medio Ambiente Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental

Colectivo. Manifesto. Por unha nova política para o rural galego

XORNADAS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

PERSPECTIVAS DE FUTURO PARA O TERRITORIO. Castelo de Santa Cruz 23 de novembro de 2015

Xuntanza Seguimento Actuacións para o impulso ao Software libre en Galicia

CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DE ENERXÍA, MEDIOAMBIENTE E SERVIZOS

DECLARACIÓN MEDIOAMBIENTAL 2016

CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DA SAÚDE, BENESTAR E VIDA

PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL, COMUNICACIÓN E PARTICIPACIÓN PÚBLICA

(co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente)

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

PROGRAMA VOLUNTARIADO VOCES DE APOIO: ILLAS CÍES PATRIMONIO DA HUMANIDADE

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

ÍNDICE TALENTO FEMININO NA ECONOMÍA SOCIAL DE GALICIA TRABALLADORAS. MEDRANDO socias e traballadoras ESTRUTURA DO PROGRAMA CADRO DOCENTE

A absorción de CO 2. no marco da xestión forestal sustentable en Galicia Xornada inaugural do proxecto Troco 2, 6 de xuño de 2018

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

AUTISMO GALICIA celebra a súa primeira ASEMBLEA XERAL do 2018

Escola no río Os ollos do Loña

LIÑAS E RETOS DE TRABALLO ÁREA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL Concello de Santiago. Texto de Proba

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Fundación Refuxio de Animais

viaxes especializada que realice a súa actividade a través de internet.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

SENSIBILIZACIÓN - CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL Entidade de Custodia do territorio

Baremo para proxectos produtivos e non produtivos

Concello de Redondela GAC-7: Ría de Vigo-A Guarda

Xaneiro 2010 XORNADA DE TRABALLO. Persoal Técnico PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO SALNÉS UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO

Curso COTSG. Casos Prácticos nos Servizos Sociais Comunitarios: Por que cambian as persoas?

::111= UNIVERSIDADE DA CORUÑA

12,00 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitará as obras de mellora enerxética que se están a realizar en diversos edifi

introdución ao estudo de micromamíferos

MAPA DE RECURSOS: Oficinas de Emprego, Puntos de Información Multimedia e Entidades Colaboradoras en Captación de Ofertas

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

Anexo II: Participación pública

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, BASEADAS NO COÑECEMENTO CIENTÍFICO

AS SECCIÓNS BILINGÜES A IMPLANTACIÓN DO PORTUGUÉS NO ENSINO REGRADO GALEGO

Empresa Innovación Emprendemento. premiosconsellosocial.udc.es

BASES DA CONVOCATORIA

XESTIÓN INTEGRADA DAS ZONAS COSTEIRAS A PESCA ARTESANAL NA CONFERENCIA DAS NACIÓNS UNIDAS SOBRE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

introdución ao estudo de micromamíferos

Que é Tótem, xestión creativa do tempo?

EIXO 10. XUVENTUDE E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Emprego público. Artigo x. Modificación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

1. OBXECTIVOS DO PLAN

Memoria Erasmus+ Finlandia

16:00 Rexistro de participantes/entrega de documentación.

O curso ten unha duración de 150 horas teóricas e 120 horas prácticas. As horas teóricas e prácticas son obrigatorias.

PROGRAMAS DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA PARA O FOMENTO DA EDUCACIÓN AMBIENTAL NA ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Axudas a proxectos no litoral

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

C.-OS ELEMENTOS HUMANOS

Crecemento Azul: Maremasma, Multiaventura e Medioambiente. Cambados, 17 de xuño de 2017

III.5.2. OE 2: Reforzo da capacidade institucional e financeira de Galicia

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

FORESTAULA CURSOS ON LINE SOBRE SILVICULTURA E APROVEITAMENTOS FORESTAIS ACCIÓNS GRATUÍTAS COFINANCIADAS POLO FSE

s_profesionais_comarcais_2011.pdf

CONVOCATORIA DOS V PREMIOS BIOGA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Visitas didácticas. Gaiás Cidade da Cultura

EXTRACTO DOS ACORDOS ADOPTADOS NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 22 DE MAIO DE 2017.

O curso ten unha duración de 150 horas teóricas e 120 horas prácticas. As horas teóricas e prácticas son obrigatorias.

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

Proxectos de Alimentación na Comunidade Ias Xornadas Concellos Saudables

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

PLAN DE EMPREGO XUVENIL

SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL AGRUPACIÓN VILASANTAR, SOBRADO E CURTIS

INDUSTRIA 4.0. PROXECTO DE CAPACITACIÓN EN TECNOLOXÍAS, METODOLOXÍAS OU TÉCNICAS RELACIONADAS COA. Organiza:

Guía de propostas didácticas para docentes SECUNDARIA, BACHARELATO, FP DE GRADO MEDIO E ENSINAS ESPECIAIS

C.- OS FACTORES DE PRODUCIÓN (páx )

Seminario de Planificación Empresarial



Curso Traballo Social e Demencias

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Rúa Atalaia nº Porto do Son (A Coruña) CIF: P B Tlfno: Fax: ADHESIÓN REDE EUSUMO CONCELLO DE PORTO DO SON

PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES CULTURAIS

Transcripción:

Programa de Actividades IV ANIVERSARIO DECLARACIÓN RESERVA DE BIOSFERA Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo Concello de Curtis, maio de 2017

1.- ANTECEDENTES A candidatura da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo foi promovida pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, contando co apoio da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, así como dos dezasete concellos que conforman este territorio. A aprobación definitiva desta Reserva de Biosfera pola UNESCO, tivo lugar na XXV Reunión do Consello Internacional de Coordinación do Programa MaB, celebrada en París o día 28 de maio de 2013. Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo abrangue un total de 116.724 hectáreas, que representan o 14,33% da superficie da provincia da Coruña, repartidas en 17 concellos. Con esta superficie é a segunda Reserva de Biosfera galega por orde de superficie, sendo a única na provincia da Coruña. Os Concellos que conforman a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo son os seguintes: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza -Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado, cunha poboación de 190.708 habitantes (INE 2015).

2.- POR QUE UNHA RESERVA DE BIOSFERA? Porque cremos nun modelo territorial sostible, que contemple un desenvolvemento humano respectuoso co Medio Ambiente. Porque queremos fomentar un desenvolvemento económico e social, baseado no emprendemento, na economía verde e na mellora do sector agroforestal e do mar, así como favorecer a comercialización dos produtos e servizos turísticos. Porque estamos convencidos que é posible mellorar a calidade de vida das persoas que residen nos seus Concellos. Porque cremos na gobernanza como clave de éxito, implicando á sociedade nas decisións de futuro. Porque ademais cremos no coñecemento como pilar básico deste modelo, o cal atraerá investimentos e xerará novas oportunidades de emprego.

3.- ACTIVIDADES Para este ano 2017, os actos celebraranse no Concello de Curtis, a petición do seu representante na Xunta Directiva da Asociación Mariñas- Betanzos, celebrada o 23 de xaneiro de 2017. A continuación, resúmense unha serie de actividades para desenvolver na semana do 22 ao 28 de maio de 2017, con motivo do IV Aniversario do recoñecemento pola UNESCO deste territorio como Reserva Mundial da Biosfera. Trátase dun documento aberto a suxerencias e propostas: Xoves 25 de maio: Xornada no CEIDA sobre Reservas de Biosfera.

Xoves 25 de maio: Gala do Programa de Educación Ambiental da Reserva de Biosfera. Lugar: Casa da Cultura Pintor Llorens, Sada. Horario: 12.00 horas. Venres 26 de maio: Acto Institucional con motivo do IV Aniversario da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Lugar: Exterior do Centro de Formación e Interpretación dos Valores Etnográficos do Mandeo.

Programa do Acto Institucional: 12.00 horas: Benvida e recepción dos asistentes. 12.30 horas: Discursos institucionais con motivo do IV Aniversario da declaración pola UNESCO como Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. D. Javier Francisco Caínzos Vázquez. Alcalde de Curtis. Presentación do acto e benvida ás persoas asistentes. D. Xosé Lois Suárez Becerra. Concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente do Concello de Sada. D. Sergio Guevara Sada. Presidente da Rede de Comités Nacionais MaB e Reservas de Biosfera de Iberoamérica e Caribe (IberoMab, UNESCO). D. José A. Santiso Miramontes. Presidente do Consello de Dirección da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Dna. Beatriz Mato Otero. Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. 13.00 horas: Plantación simbólica de árbores autóctonas nas inmediacións do Centro Etnográfico.

13.30 horas: Inauguración de placa conmemorativa con motivo do IV Aniversario da Reserva de Biosfera, así como da exposición da Reserva de Biosfera no Centro Etnográfico de Teixeiro. 14.00 horas: Degustación de produtos locais do territorio da Reserva de Biosfera.

Domingo 28 de maio: Maratón Ornitolóxico da Reserva de Biosfera. A Maratón Ornitolóxica consiste nunha actividade lúdica na que se pretende, ao longo dunha xornada, ver, escoitar e identificar por equipos o maior número posible de especies de aves dentro dos límites da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. O obxectivo fundamental é achegar a ornitoloxía ao público en xeral, fornecendo o coñecemento das aves, aprendendo a respectalas e a gozar da súa presenza, así como poñer en valor os atractivos naturais desta Reserva de Biosfera, nunha iniciativa de divulgación ambiental. A iniciativa estará aberta ao público e a participación é de balde, estando as prazas limitadas e sendo de inscrición obrigatoria.

27 e 28 de maio: Lugar: Centro de Formación e Interpretación dos Valores Etnográficos do Mandeo. Exposición da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Exposición sobre a biodiversidade presente no territorio da Reserva de Biosfera e as especies invasoras.

Ciclo de Cine Medioambiental: Proxección da película 'El secreto del bosque'. Ecoguinea, Waka Films, 2015, 45 minutos. Data: sábado 27 de maio de 2017. Lugar: Centro Etnográfico de Teixeiro. Hora: 12.00 horas. Sinopse: o bosque tropical de Guinea Ecuatorial é unha das poucas zonas de selva virxe que aínda quedan no mundo. Descoñecido e inexplorado, garda moitos segredos baixo o seu denso manto de vida. Un pequeno paraíso de biodiversidade, un conto africano que lanza unha clara mensaxe de conservación da natureza. Ver tráiler.

Proxección da película Green. Patrick Rouxel, 2009, 48 minutos. Data: domingo 28 de maio de 2017. Lugar: Centro Etnográfico de Teixeiro. Hora: 12.00 horas. Sinopse: Green narra as consecuencias da deforestación en Indonesia a través dos ollos dunha femia de orangután que foi rescatada en condicións extremas. A deforestación nos países do Sur se debe fundamentalmente ao cultivo e uso de aceite de palma, un aceite vexetal que se atopa en infinidad de produtos que consumimos na nosa vida cotiá. Este problema, ademais de producir grandes danos ambientais, está a causar a acelerada perda dunha das especies de primate máis cercana a nós, o orangután, que cada día se atopa máis preto da extinción. Ver trailer.

Presentación do Proxecto No seu lugar á comunidade educativa do territorio: Campaña de prevención e control de especies exóticas invasoras na Rede Galega de Reservas de Biosfera. As especies exóticas invasoras están consideradas na actualidade a segunda causa de perda de biodiversidade a nivel mundial, tras a destrución e fragmentación dos hábitats. Froito do actual e crecente proceso de globalización, o elevado tráfico (naval e terrestre, fundamentalmente) entre distintos países e continentes ten contribuído a aumentar de maneira significativa o fluxo de flora e fauna ao longo do planeta. No ámbito das Reservas de Biosfera galegas tamén está presente esta problemática, ameazando en ocasións á conservación da biodiversidade existente nestas áreas e con especial importancia nos espazos naturais protexidos que configuran as súas zonas núcleo. Adquire especial relevancia a flora exótica invasora vinculada a ambientes costeiros, xeralmente de elevada fraxilidade e cuxas especiais características ambientais facilitan a presenza de hábitats e especies de elevado interese que se poden ver afectados pola propagación de flora especialista.

A Campaña de Prevención e Control das Especies Exóticas Invasoras nas Reservas de Biosfera de Galicia contempla a realización dun Seminario formativo sobre exemplos en prevención e erradicación de especies invasoras, un programa de voluntariado para a erradicación destas especies e un Programa de participación nos centros educativos.

Programa de Actividades IV ANIVERSARIO DECLARACIÓN RESERVA DE BIOSFERA Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo Concello de Curtis, maio de 2017