MENTIRA PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL

Tamaño: px
Comenzar la demostración a partir de la página:

Download "MENTIRA PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL"

Transcripción

1

2 CARE SANTOS MENTIRA PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL rodeira

3 Obra gañadora do Premio EDEBÉ de Literatura Xuvenil segundo a resolución do Xurado formado por: Sr. Javier Brines, Sra. Victoria Fernández, Sra. Anna Gasol, Sra. Rosa Navarro Durán e Sr. Robert Saladrigas. Care Santos, Ed. Gal.: rodeira, 2015 Rúa Rafael Alberti, n.º 11, baixo A Coruña Atención ao cliente: contacta@edebe.net Directora da colección: Reina Duarte Editora: Elena Valencia Fotografía da cuberta: Shutterstock Tradución: Ricardo Fernández Sabín Primeira edición, setembro 2015 ISBN Depósito Legal: B Impreso en España Printed in Spain EGS - Rosario 2 - Barcelona Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada con autorización dos seus titulares, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) se necesita fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra ( / ).

4 A vida é un xogo, rapaz. A vida é un xogo que un xoga de acordo coas regras. Si, señor, xa sei que si. Xa o sei. O vixía no centeo, J. D. Salinger

5 Segundo as estatísticas, en 12 meses houbo máis de delitos cometidos por menores de idade. Os máis frecuentes foron os roubos: de coches, de cartos, de aparellos electrónicos (especialmente, teléfonos móbiles). En todo tipo de sitios: coches, supermercados, no medio da rúa, dentro das casas... En total, roubos. Entre estes ladróns adolescentes, os máis habituais son os de 17 anos. Os 17 deben ser unha idade complicada. Ao mellor é que, entre os 16 e os 18, a xente se aburre. O caso é que nun só ano a policía detivo máis de ladróns de 17 anos. De 14, en cambio, só a metade: Despois dos roubos, as estatísticas falan de delitos de lesións: menores acabaron no cárcere por ese motivo. «Lesións» son danos corporais causados por ferida ou golpe; por exemplo, cando nunha pelexa lle arreas a un tipo unha patada con toda a túa alma e lle fas dano de verdade. Despois veñen as violacións: 5

6 267. Ben, a lei chámalles «delitos contra a liberdade e a identidade sexual». E así chegamos ao máis alto da lista. Aquí temos os asasinatos. «Homicidio e as súas formas», di a lei. Total: 44 condenas. Pouca xente, en resumo. Dos 44, 43 son rapaces. A única rapaza asasina dese ano tiña 16. Os de 17 gañan de novo por goleada. Son 20. Asasinos de 16 anos tamén hai algún, pero moitos menos: os datos oficiais falan de 13. Incluso así, custa traballo imaxinalos, verdade? No tarot, a carta número 13 é a Morte; que simpático. Tamén temos oito asasinos de 15 e tres de 14. Só tres de 14. Tres son moi poucos. Os xuíces de menores non queren nin oír falar dos que aínda non cumpriron os 14. Antes dos 14 es un neno, un inocente, un «inimputable». Significa que, fagas o que fagas, non tes a culpa. Es alguén que non sabe de que vai o mundo. Alguén que non probou aínda o sabor amargo da vida. Un privilexiado. Non existes. Reparemos nisto: tres asasinos de 14 anos. Tres raros entre os raros. Dirávolo calquera experto: o asasinato é un delito pouco habitual entre os mozos criminais, é demasiado grave, 6

7 implica un grande esforzo, a xente non morre así como así. Aínda que, de cando en cando, ocorre. Todo acaba por ocorrer, tarde ou cedo. Somos unha raza de chalados. Calquera de nós é capaz de calquera cousa, sempre que se dean as circunstancias adecuadas. Na sociedade deben existir as froitas prohibidas para que as outras, as boas, as sas, poidan rexeitalas, afastarse, non deixarse contaminar. Respirade tranquilos. Os asasinos de catorce anos non son a norma. Eu son unha excepción. Unha rareza das estatísticas. Ás veces pregúntome que fixeron os outros dous. 7

8 I SALINGER

9 1 Os meus pais son unha lata. Cada noite, despois de cear, enguedéllanse en todo tipo de debates sobre temas complicadísimos: os banqueiros, a crise, os Estados Unidos, a seguridade mundial, a delincuencia, a pobreza... Recórdanme algúns programas da tele que duran unha eternidade e que son máis aburridos ca un concerto de zambomba. En serio, que non os entendo. Das súas cousas, non discuten nunca, ou case nunca, pero son capaces de botar horas e horas falando do que pasa no mundo. Fai falta ser rariño. Do seu último debate non hai tanto tempo. No telexornal acababan de emitir unhas imaxes onde se vía, nun vagón do metro, como un mozo louro e alto lle propinada puñadas na 11

10 cara a un pobre rapaz. Un ataque racista sen ningún motivo, dixeron. A vítima era oriental, nacido en Mongolia. A policía non tardou en deter o agresor, e o xuíz enviouno a un centro de menores. Nas imaxes non se lle distinguía a cara porque a levaba cuberta por unha especie de veo semitransparente. Iso faise porque a lei protexe os delincuentes mentres son menores de idade, explicoume a miña nai. O meu pai fixo un aceno de desaprobación. Non está de acordo con que as cousas sucedan así. Mamá pensa que os menores merecen outra oportunidade, que aos 17 anos non hai nada que non teña remedio. O meu pai preguntoulle de que bando estaba, xa que defendía os delincuentes. Dese pobre mozo seguramente nunca se ocupou ninguén. Se o fixeran, sabería distinguir entre o que se debe facer e o que non, e non se comportaría dese modo dixo ela. Era boa! Un mozo de 17 anos sabe perfectamente o que está ben e o que non, e tamén sabe o que fai. E quen defende o pobre rapaz que levou a malleira, eh? saltou o meu pai. Todo o mundo, está claro dixo mamá. A vítima sempre a defende todo o mundo. Na 12

11 nosa sociedade, o que sae mellor parado é o que sabe ir de vítima. Bla, bla, bla. Coma sempre. Unha lata. Para mamá «ocuparse de min» que son filla única significa un montón de cousas horribles: non me deixar ir xamais ao colexio coa roupa que me apetece; marearme con mil preguntas cada vez que saio; quitarme o móbil ás dez da noite coa escusa de poñelo a cargar; non deixar que me conecte nunca desde a cama (nin sequera as fins de semana!) ou peor aínda non permitir que teña o ordenador no meu cuarto. Si, si, iso é o peor: ter que facer os deberes na cociña só porque ela quere «controlar o que fago» cando me conecto á Internet; e ter que soportar que, de cando en vez, se poña detrás de min e mire a pantalla por encima do meu ombreiro só para saber se fago algo que non lle gusta. E iso ponme moi nerviosa! Que queres que faga coa cantidade de traballos que me poñen os profes? pregúntolle, a ver se transixe. Ademais, xa son maior, mamá, sei moi ben cales son os perigos da Internet. Pero nada, a miña nai non é das que se deixan 13

12 convencer facilmente. É coma se non se fiase de min. Nin sequera me deixa ter a Internet no móbil! É incrible! Papá mírame apertando os dentes e como dándome a razón, pero el tampouco sabe que facer para convencer a mamá. Ningún dos dous o sabemos. Nunha ocasión o meu pai dixo: Non é que mamá non se fíe de ti, Xenia. É que na Internet existen perigos que agora non podes entender e que nos dan moito medo. Aos dous. Sei perfectamente que perigos hai na Internet, papá. Xa non son unha nena pequena. Papá sacudía a cabeza. Hoxe non, pero dentro duns anos entenderás o noso modo de actuar engadiu. Creo que non vos entenderei nunca rosmei eu, e papá botouse a rir. Con papá é moi fácil rir. Iso é o que máis me gusta del. Podo falarlle de todo, porque nunca se pon nervioso coma mamá e porque nunca me trata coma se tivese dez anos. Non me importa facerlle confidencias ao meu pai. Aquela noite, por exemplo, case lle conto o de Marcelo. Morría de ganas de facelo, de dicirlle 14

13 que todo estaba cambiando de repente e como me sentía. Feliz, estraña, distinta. Había días en que non pensaba noutra cousa. Se llo dixese, seguro que non me botaría ningún discursiño deses típicos de pais e nais. Pero, contaríallo a mamá, e iso si que era un problema. Entre papá e mamá non hai segredos, sempre se contan todo. Por sorte, souben calar a tempo. Por sorte? 15

Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación. Pontevedra

Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación. Pontevedra Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación Pontevedra 2008 http://www.recursosmatematicos.com/galego 1 Crear un blog en Blogger Se queres empezar nisto dos blogs, o mellor é crear un en Blogger,

Más detalles

CABULLERÍA: CORDAS E NÓS

CABULLERÍA: CORDAS E NÓS CABULLERÍA: CORDAS E NÓS Dende sempre se teñen utilizado as cordas para diversos usos: amarrar, empaquetar, tirar, trenzar Nas casas podemos atopar cordas de distintas medidas para cometidos diferentes.

Más detalles

A CARTA DE PRESENTACIÓN

A CARTA DE PRESENTACIÓN A CARTA DE PRESENTACIÓN 1. QUE É UNHA CARTA DE PRESENTACIÓN? É unha carta que acompaña ao Currículum vitae e que serve como tarxeta de visita, nela dámonos a coñecer á empresa e solicitamos unha entrevista

Más detalles

Test 1. Solucións. Test 2. Solucións

Test 1. Solucións. Test 2. Solucións Tests unidade 8 Test 1 Pode utilizar o test 1 como repaso global de todo o explicado ao longo da primeira metade do curso ou, se se incorpora algún alumno novo ao grupo, como proba de nivel. Solucións

Más detalles

COMO ENSINAR A MEU FILLO A SER RESPONSABLE NO FOGAR (de 2 a 12 anos)

COMO ENSINAR A MEU FILLO A SER RESPONSABLE NO FOGAR (de 2 a 12 anos) COMO ENSINAR A MEU FILLO A SER RESPONSABLE NO FOGAR (de 2 a 12 anos) É moi frecuente oír nais e pais cousas como: "Na casa non fai nada", Esquece todo". "Se non estou enriba, non estuda". "Ten o seu cuarto

Más detalles

a nova tele de R é un pouco diferente

a nova tele de R é un pouco diferente a nova tele de R é un pouco diferente novateler.gal novo desco R benvido á nova televisión R 4k, calidade de imaxe máis real, con 4 veces máis resolución que o HD accede a internet dende a tele coma se

Más detalles

A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTIL

A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTIL A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTIL 1. COÑECEMENTOS PREVIOS Como paso previo para o uso e manexo da calculadora nos diferentes niveis da etapa infantil, fixemos una presentación previa en cada aula. Presentamos

Más detalles

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia 2015-2016 Programa de Vacacións IMSERSO FADEMGA Plena inclusión Galicia 2015-2016 IMSERSO: é unha entidade do estado, que fai programas,

Más detalles

Certificados de profesionalidade nivel II. Competencias clave. Competencia lingüística: lingua galega

Certificados de profesionalidade nivel II. Competencias clave. Competencia lingüística: lingua galega CLG-N2-06 Certificados de profesionalidade nivel II. Competencias clave Proba escrita Competencia lingüística: lingua galega Duración: sesenta minutos 1º apelido 2º apelido Nome Lugar do exame Data Obxectivo

Más detalles

coñecer a tuberculose

coñecer a tuberculose coñecer a tuberculose que é a tuberculose? A tuberculose é unha enfermidade infecciosa e contaxiosa causada por unha micobacteria, tamén chamada bacilo de Koch. A maioría das veces a enfermidade afecta

Más detalles

Manual de Imaxe Corporativa. Rede do Patrimonio Cultural

Manual de Imaxe Corporativa. Rede do Patrimonio Cultural Manual de Imaxe Corporativa. Rede do Patrimonio Cultural 1 Rede do Patrimonio Cultural Manual de Imaxe Corporativa Presentación Para identificar as accións e campañas da Rede do Patrimonio Cultural (RPC)

Más detalles

Enquisa igualdade para a población eumesa

Enquisa igualdade para a población eumesa Enquisa igualdade para a población eumesa Este cuestionario ten por obxecto recoller a maior cantidade de información posible da poboación eumesa tanto do núcleo urbano como das parroquias, para asi poder

Más detalles

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos:

O dispositivo que uses para acceder á plataforma ten que cumprir cos seguintes requisitos técnicos mínimos: QUE É? Telea é a plataforma de teleasistencia domiciliaria que o Sergas pon a disposición dos pacientes crónicos a través da web, para mellorar o seguimento das súas patoloxías. QUE NECESITAS PARA USAR

Más detalles

COMO FALAR PARA QUE NOS ESCOITEN COMO ESCOITAR PARA QUE NOS FALEN. Silvia Folgueira Puente

COMO FALAR PARA QUE NOS ESCOITEN COMO ESCOITAR PARA QUE NOS FALEN. Silvia Folgueira Puente COMO FALAR PARA QUE NOS ESCOITEN COMO ESCOITAR PARA QUE NOS FALEN Silvia Folgueira Puente 25-01-2016 Ponencia realizada tomando como base o desenvolvido no libro : Como hablar para que los adolescentes

Más detalles

ÍNDICE 1 MANUAL BÁSICO 2 TONS DE CHAMADA 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION INTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION EXTERNA?

ÍNDICE 1 MANUAL BÁSICO 2 TONS DE CHAMADA 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION INTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION EXTERNA? ÍNDICE ÍNDICE 1 MANUAL BÁSICO 2 TONS DE CHAMADA 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION INTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION EXTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACIÓN COA OPERADORA? 3 PRESTACIÓNS

Más detalles

Xeoloxía da man de Isidro Parga Pondal

Xeoloxía da man de Isidro Parga Pondal 2013 Xeoloxía da man de Isidro Parga Pondal Nivel educativo 3º EP ConCIENCIA do noso pasado: Proxecto Titania 10/02/2013 ISIDRO PARGA PONDAL Que é a xeoloxía? A xeoloxía é a ciencia que estuda sobre todo

Más detalles

Ensínelle ao seu fillo a regra de Kiko

Ensínelle ao seu fillo a regra de Kiko 1. Ensínelle ao seu fillo a regra de Kiko Estímase que un de cada cinco nenos é vítima de violencia sexual, incluído o abuso sexual. Vostede pode axudar a impedir que isto lles suceda aos seus fillos e

Más detalles

RECOMENDACIÓNS XERAIS

RECOMENDACIÓNS XERAIS O comedor escolar do Colexio Divino Salvador comenzou a funcionar de xeito ininterrumpido fai 20 anos, aproximadamente. Dispón dunha cociña propia onde se elabora a comida diariamente por persoal especializado.

Más detalles

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

Dereitos e deberes. Co financiamento de: Dereitos e deberes Co financiamento de: Dereitos e deberes do empresario Calquera empresario ou autónomo que contrate a traballadores por conta allea terá con eles obrigacións en materia de prevención

Más detalles

Información e instrucións para realizar solicitudes web

Información e instrucións para realizar solicitudes web Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Admisión a ciclos de Formación Profesional 2013-2014 Información e instrucións para realizar solicitudes web Páxina 1 de 9 Índice

Más detalles

PUBLICAR CONTIDOS NA WEB DO CENTRO

PUBLICAR CONTIDOS NA WEB DO CENTRO PUBLICAR CONTIDOS NA WEB DO CENTRO Para poder publicar contidos na páxina web do centro debemos ter unha conta en Drupal, con nome de usuario e contrasinal. Se non temos conta ou esquecimos a contrasinal

Más detalles

Audio e vídeo en Ardora 7

Audio e vídeo en Ardora 7 Nos distintos tipos de contidos que crea Ardora se poden incluír arquivos multimedia, tanto de audio como de video. AUDIO: Por exemplo, nas actividades interactivas, xunto coas mensaxes de "felicitación"

Más detalles

A memoria nos teléfonos android

A memoria nos teléfonos android A memoria nos teléfonos android En ocasións, non temos moi claro que iso da memoria nos móbiles, porque vemos mensaxes como que non hai espazo, incluso despois de mercar unha tarxeta de memoria. Velaquí

Más detalles

GUÍA RÁPIDA PARA REUNIÓNS VIRTUAIS (VIA WEB) Para participar nunha reunión virtual só é necesario unha conexión a internet de

GUÍA RÁPIDA PARA REUNIÓNS VIRTUAIS (VIA WEB) Para participar nunha reunión virtual só é necesario unha conexión a internet de GUÍA RÁPIDA PARA REUNIÓNS VIRTUAIS (VIA WEB) Para participar nunha reunión virtual só é necesario unha conexión a internet de ancho de banda: 256 Kbps (512 Kbps recomendado) Conexión ADSL/cable (recoméndase

Más detalles

COÑEZAMOS O PLAN DE EVACUACIÓN DO IES SÁNCHEZ CANTÓN

COÑEZAMOS O PLAN DE EVACUACIÓN DO IES SÁNCHEZ CANTÓN COÑEZAMOS O PLAN DE EVACUACIÓN DO IES SÁNCHEZ CANTÓN OBXECTIVO Capacitar a todos os estudantes e docentes sobre os aspectos máis relevantes do plan de evacuación: Coñecelo Aplicalo no momento dunha emerxencia

Más detalles

INFORMACIÓN SOBRE A UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS

INFORMACIÓN SOBRE A UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS INFORMACIÓN SOBRE A UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos comezou a funcionar no ano 1.987 dependendo orgánicamente do Concello de Monforte

Más detalles

Manual para recibir notificacións do twitter da Axencia Local de Colocación no teu móbil.

Manual para recibir notificacións do twitter da Axencia Local de Colocación no teu móbil. Manual para recibir notificacións do twitter da Axencia Local de Colocación no teu móbil. Pasos para recibir notificacións do twitter da Axencia Local de Colocación no teu móbil. Neste manual, daremos

Más detalles

Educación Física 2º ESO IES Miraflores curso TEMA 6. BÁDMINTON

Educación Física 2º ESO IES Miraflores curso TEMA 6. BÁDMINTON TEMA 6. BÁDMINTON O bádminton é un deporte xogado con raquetas que consiste en intentar enviar o volante por enriba da rede para que caia no campo contrario. As modalidades de xogo son individuais, dobres

Más detalles

Adverbios DE LUGAR DE TEMPO DE MODO DE AFIRMACIÓN DE NEGACIÓN DE CANTIDADE

Adverbios DE LUGAR DE TEMPO DE MODO DE AFIRMACIÓN DE NEGACIÓN DE CANTIDADE Adverbios DE LUGAR DE TEMPO DE MODO DE AFIRMACIÓN DE NEGACIÓN DE CANTIDADE DE LUGAR Onde donde U donde presentativos Velaquí Velaí aquí tiene aquí está absolutos Aquí Aí Alí Acá Alá Acó Aló Acolá aquí

Más detalles

CONTROVERSIA ENTRE AS CORES

CONTROVERSIA ENTRE AS CORES CONTROVERSIA ENTRE AS CORES Adiante hai sentados medio circulo de FLORES de diferentes cores. As CORES entran un por un con moito orgullo e miran ás demais cores con desprezo. No medio esta parado o XUÍZ,

Más detalles

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA Ocupación en establecementos regrados Novembro - 2012 Este breve informe recolle unha síntese provisional da conxuntura turística de Galicia correspondente ao mes de Novembro

Más detalles

Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana Sánchez Moreno Fotografía: Miguel Sánchez Ortiz

Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana Sánchez Moreno Fotografía: Miguel Sánchez Ortiz XUNTA DE GALICIA Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana Sánchez Moreno Fotografía: Miguel Sánchez Ortiz Edita: XUNTA DE GALICIA Consellería de Pesca e Asuntos

Más detalles

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA Seguimento do indicador de risco de pobreza e exclusión social en Galicia 2009-2014 REDE GALEGA CONTRA A POBREZA (EAPN-Galicia) Outubro 2015 GALICIA TAXA AROPE (TAXA

Más detalles

OS ENCONTROS DE VOLUNTARIOS

OS ENCONTROS DE VOLUNTARIOS G-26g OS ENCONTROS DE VOLUNTARIOS Organizar un encontro é unha das grandes responsabilidades dos dirixentes. Por iso non poden expoñerse a que supoña unha perda de tempo, a que resulte caótico ou a que

Más detalles

1. TEXTO NARRATIVO acontecementos personaxes espazo tempo historia argumento relato trama discurso tema

1. TEXTO NARRATIVO acontecementos personaxes espazo tempo historia argumento relato trama discurso tema 1. TEXTO NARRATIVO Narrar é contar uns acontecementos, reais ou ficticios, que lles suceden a uns personaxes nun espazo e nun tempo. Son textos narrativos un conto, unha novela, unha biografía... Os acontecementos

Más detalles

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia 2016-2017 Programa de Vacacións IMSERSO 2016-17 en lectura fácil Adaptación a lectura fácil: FADEMGA Plena inclusión Galicia Revisión de

Más detalles

Pérez 2. Unidade didáctica. Unha lección de cine. Festival de cinema en galego 2010

Pérez 2. Unidade didáctica. Unha lección de cine. Festival de cinema en galego 2010 Pérez 2 Unidade didáctica Festival de cinema en galego 2010 Unha lección de cine Pérez 2 Páx. Presentación 3 Antes de ver a película 4 O alumnado debe coñecer 4 Argumento 5 Personaxes 6 Temas para o debate

Más detalles

Asistente web para a solicitude

Asistente web para a solicitude Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional 2017-2018 Asistente web para a solicitude Páxina 1

Más detalles

BIBLIOTECA DE GALICIA. Del 5 de diciembre 2015 al 24 de enero Lino. González Rubido: un dibujante olvidado en la prensa compostelana

BIBLIOTECA DE GALICIA. Del 5 de diciembre 2015 al 24 de enero Lino. González Rubido: un dibujante olvidado en la prensa compostelana BIBLIOTECA DE GALICIA Del 5 de diciembre 2015 al 24 de enero 2016 Lino González Rubido: un dibujante olvidado en la prensa compostelana Se sabe muy poco de la vida y la obra de este dibujante. Nació en

Más detalles

BALONCESTO. ÓNDE SE XOGA? O baloncesto xogase nun campo rectangular de 28 x15 coas seguintes características: A TÉCNICA

BALONCESTO. ÓNDE SE XOGA? O baloncesto xogase nun campo rectangular de 28 x15 coas seguintes características: A TÉCNICA BALONCESTO ÓNDE SE XOGA? O baloncesto xogase nun campo rectangular de 28 x15 coas seguintes características: A TÉCNICA O bote: utilízase para desprazarse polo campo, desfacerse dun opoñente, encontrar

Más detalles

copulativas (e, mais, nin, e mais): relación de adición (suma) o mais ten valor copulativo cando equivale a e pero non cando equivale

copulativas (e, mais, nin, e mais): relación de adición (suma) o mais ten valor copulativo cando equivale a e pero non cando equivale ORACIÓNS COMPOSTAS. As oracións simples poden unirse formando outro tipo de oracións establecéndose dous tipos de relación: a coordinación e a subordinación. Algúns autores mencionan outro tipo de relación:

Más detalles

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC 2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC ESPACIO RESERVADO PARA A ETIQUETA CO CÓDIGO DE BARRAS 1. Tráennos un ordenador con problemas. Non acende dinnos. Conectámolo correctamente

Más detalles

TEMA: O VOLEIBOL OBXECTIVO.CAMPO DE XOGO. BALÓN QUE CRUZA A REDE.

TEMA: O VOLEIBOL OBXECTIVO.CAMPO DE XOGO. BALÓN QUE CRUZA A REDE. TEMA: O VOLEIBOL HISTORIA O voleibol xurde cando Wiliam G. Morgan (1895) profesor de educación física na cidade de Holyote (Massachussets, EE.UU), intentaba buscar un xogo máis sinxelo co baloncesto, xa

Más detalles

Comisión Galega de Bioética

Comisión Galega de Bioética O presente documento foi aprobado pola Comisión Galega de Bioética, na sesión realizada o 17 de setembro de 2014, e formaban parte dela os seguintes membros: Presidente: Félix Rubial Bernárdez Vicepresidente:

Más detalles

ACTA DA XUNTANZA EXTRAORDINARIA DO CONSELLO PARROQUIAL DE SANTO ESTEVO DE NEGROS 23 DE SETEMBRO DE 2013

ACTA DA XUNTANZA EXTRAORDINARIA DO CONSELLO PARROQUIAL DE SANTO ESTEVO DE NEGROS 23 DE SETEMBRO DE 2013 ACTA DA XUNTANZA EXTRAORDINARIA DO CONSELLO PARROQUIAL DE SANTO ESTEVO DE NEGROS 23 DE SETEMBRO DE 2013 ORDE DO DÍA 1.- Orzamentos participativos No Centro Cultural de Santo Estevo de Negros, sendo as

Más detalles

AFORRO ENERXÉTICO NOS FOGARES MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS

AFORRO ENERXÉTICO NOS FOGARES MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS AFORRO ENERXÉTICO NOS FOGARES MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS INTRODUCIÓN Das familias galegas depende o 30% do consumo final de enerxía na nosa comunidade, sendo a enerxía a principal causante das emisións de

Más detalles

UN AMOR POR DESCUBRIR

UN AMOR POR DESCUBRIR Un amor por descubrir 1 de 5 UN AMOR POR DESCUBRIR Esta é a unidade didáctica sobre a película Un amor por descubrir. Está realizada co obxectivo de que o profesorado despois de ver a película poida traballar

Más detalles

ACTIVIDAD 1: O ARCO DA VELLA

ACTIVIDAD 1: O ARCO DA VELLA ACTIVIDAD 1: O ARCO DA VELLA Contidos que podes traballar con esta actividade: Área 2 Coñecemento do contorno: Bloques 1 e 2. Área 3 Linguaxes. Comunicación e representación: Bloques 1 e 2. Necesitaremos:

Más detalles

CODIFICADORES CIRCUÍTOS COMBINACIONAIS

CODIFICADORES CIRCUÍTOS COMBINACIONAIS 1 CIRCUÍTOS COMBINACIONAIS Nos circuítos combinacionais, as saídas dependen directamente dos valor das entradas, non poden almacenar ningunha información, só realizan transformacións nas entradas mediante

Más detalles

ORGANIZAN PARTICIPANTES

ORGANIZAN PARTICIPANTES ORGANIZAN Club Atletismo Sada e Concello de Sada coa colaboración da Federación Galega de Atletismo Proba incluida no II Circuito Galego de Campo a Traves PARTICIPANTES Categorías Xuvenil, Junior, Promesa,

Más detalles

Que é Tótem, xestión creativa do tempo?

Que é Tótem, xestión creativa do tempo? Que é Tótem, xestión creativa do tempo? Tótem, xestión creativa do tempo, é un equipo multidisciplinar que ofrece servizos de xestión sociocultural e organización de eventos. Os seus trazos característicos

Más detalles

Benvidos! Que vas a atopar nesta guía?

Benvidos! Que vas a atopar nesta guía? Benvidos! Que vas a atopar nesta guía? Nesta guía atoparemos pautas sinxelas para axudar os nosos fillos/as a ser más autónomos e eficaces na realización das tarefas escolares. Para iso, a guía está dividida

Más detalles

Súmate á boa xente. 2ª fase Campaña de doazón de sangue nas universidades galegas. Curso

Súmate á boa xente. 2ª fase Campaña de doazón de sangue nas universidades galegas. Curso Súmate á boa xente 2ª fase Campaña de doazón de sangue nas universidades galegas Curso 2015-2016 Centro de Transfusión de Galicia. Avda. Monte da Condesa s/n. 15706 Santiago de Compostela Tfno. 881 546900

Más detalles

Unidade didáctica. Doraemon e o Imperio Maia. Unha lección de cine. Festival de cinema en galego 2010

Unidade didáctica. Doraemon e o Imperio Maia. Unha lección de cine. Festival de cinema en galego 2010 Unidade didáctica Festival de cinema en galego 2010 Unha lección de cine Doraemon e o Imperio Maia Doraemon e o Imperio Maia Páx. Presentación 3 Antes de ver a película 4 Argumento 4 Personaxes 5 Preguntas

Más detalles

MANUAL da PÁXINA WEB DE CONSULTA DE COBERTURA Versión Móbil

MANUAL da PÁXINA WEB DE CONSULTA DE COBERTURA Versión Móbil MANUAL da PÁXINA WEB DE CONSULTA DE COBERTURA Versión Móbil Decembro 2015 v.1.0. INDICE 1. INTRODUCIÓN... 3 2. INSTALACIÓN E ACCESO Á CONSULTA DE COBERTURA... 3 3. DESCRICIÓN DE PANTALLAS... 4 4. USO DA

Más detalles

Múltiplos e divisores

Múltiplos e divisores Múltiplos e divisores Contidos 1. Múltiplos e divisores Múltiplos dun número A división exacta Divisores dun número Criterios de divisibilidade Números primos Números primos e compostos Obtención de números

Más detalles

I PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

I PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN I PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN I PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN: Convocado por Galix (Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil) en colaboración co Concello de Pontevedra A finalidade

Más detalles

TEMA: O VOLEIBOL OBXECTIVO.CAMPO DE XOGO. BALÓN QUE CRUZA A REDE.

TEMA: O VOLEIBOL OBXECTIVO.CAMPO DE XOGO. BALÓN QUE CRUZA A REDE. TEMA: O VOLEIBOL HISTORIA O voleibol xurde cando Wiliam G. Morgan (1895) profesor de educación física na cidade de Holyote (Massachussets, EE.UU), intentaba buscar un xogo máis sinxelo co baloncesto, xa

Más detalles

Actividades: RUTAS MATEMÁTICAS POR COMPOSTELA: TEORÍA E PRÁCTICA. Escaleiras San Domingos de Bonaval

Actividades: RUTAS MATEMÁTICAS POR COMPOSTELA: TEORÍA E PRÁCTICA. Escaleiras San Domingos de Bonaval RUTAS MATEMÁTICAS POR COMPOSTELA: TEORÍA E PRÁCTICA Pero, que é un paseo matemático? É necesario saber moito de matemáticas para poder seguir un percorrido polas rúas e prazas de Compostela? Non é iso,

Más detalles

SAMAÍN 2008 A FESTA DAS CABAZAS MATERIAIS

SAMAÍN 2008 A FESTA DAS CABAZAS MATERIAIS SAMAÍN 2008 A FESTA DAS CABAZAS MATERIAIS EQUIPOS DE NORMALIZA ORMALIZACIÓN E DINAMIZA AMIZACIÓN LINGÜÍS GÜÍSTIC TICA CEIP CANOSA - RUS, de CORISTANCO CEIP FELIPE DE CASTRO, de NOIA CEIP GALÁN, de OSEIRO-ARTEIXO

Más detalles

ACOLLEMENTO FAMILIAR En familia, por dereito. Dossier Informativo 2015

ACOLLEMENTO FAMILIAR En familia, por dereito. Dossier Informativo 2015 En familia, por dereito Dossier Informativo 2015 QUE É O ACOLLEMENTO? O acollemento familiar é unha forma de coidado alternativo que prevé o sistema de protección á infancia, baseado na solidariedade da

Más detalles

Datos básicos sobre a evolución do galego

Datos básicos sobre a evolución do galego Datos básicos sobre a evolución do galego www.consellodacultura.org/observatorio Datos básicos sobre a evolución do galego Os datos que se presentan a continuación pretenden ofrecer unha panorámica básica

Más detalles

Piratincho, a la defensa!

Piratincho, a la defensa! Piratincho, a la defensa! GABRIELA KESELMAN Piratincho, a la defensa! Ilustraciones: Esther Burgueño Gabriela Keselman, 2017 Ilustraciones: Esther Burgueño, 2017 Ed. Cast.: Edebé, 2017 Paseo de San Juan

Más detalles

A activación deste servizo leva moi pouco tempo e ofrece unha serie de vantaxes:

A activación deste servizo leva moi pouco tempo e ofrece unha serie de vantaxes: A recepción do certificado da nómina por correo electrónico é unha funcionalidade da Oficina Virtual para Empregados Públicos que ten a nosa disposición a Consellería de Economía e Facenda a través da

Más detalles

EmpregoUDC ELABORACIÓN DO CURRÍCULUM VITAE. Para elaborar un bo currículo debes reflexionar sobre dúas variables:

EmpregoUDC ELABORACIÓN DO CURRÍCULUM VITAE. Para elaborar un bo currículo debes reflexionar sobre dúas variables: ELABORACIÓN DO CURRÍCULUM VITAE Para elaborar un bo currículo debes reflexionar sobre dúas variables: Como organizo e ordeo os meus datos? Como o deseño? O SEU CONTIDO A SÚA FORMA CURRÍCULO 10: COIDA A

Más detalles

Un teatriño de rúa

Un teatriño de rúa Documento distribuído por 8-3-1984. Un teatriño de rúa Asociación Galega da Muller- Compostela Data de publicación: 27-04-2011 Comisión de Igualdade Pazo de Raxoi, 2º andar. 15705 Santiago de Compostela

Más detalles

BASES XERAIS PARA AUTORIZACIÓN DE REPRODUCCIÓNS DE IMAXES DO ARQUIVO FOTOGRÁFICO PACHECO DO CONCELLO DE VIGO.

BASES XERAIS PARA AUTORIZACIÓN DE REPRODUCCIÓNS DE IMAXES DO ARQUIVO FOTOGRÁFICO PACHECO DO CONCELLO DE VIGO. BASES XERAIS PARA AUTORIZACIÓN DE REPRODUCCIÓNS DE IMAXES DO ARQUIVO FOTOGRÁFICO PACHECO DO CONCELLO DE VIGO. (Aprobadas pola Xunta de Goberno Local do 24 de febreiro de 2012) PROCEDEMENTO.- 1.- As persoas,

Más detalles

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte Afiliación 1º Trimestre 21 ÍNDICE Evolución afiliacións 28 29 21 Composición das afiliacións Variación interanual afiliacións 29 21 Variación intermensual afiliacións

Más detalles

COMO CREAR UNHA BASE DE DATOS EN BASE DE LIBREOFFICE

COMO CREAR UNHA BASE DE DATOS EN BASE DE LIBREOFFICE COMO CREAR UNHA BASE DE DATOS EN BASE DE LIBREOFFICE Imos crear unha Base de Datos Centro de Estudios para aprender a utilizar BASE O Primeiro paso é abri Base e nas ventás que saen daslle Siguiente_Siguiente_Finalizar.

Más detalles

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde Este rexistro realízase a través da páxina

Más detalles

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN 1 P á g i n a FERROLTERRA NON PODE EMPRENDER SEN TI Un ano máis,

Más detalles

A SEGURIDADE NA REDE. Tema 5

A SEGURIDADE NA REDE. Tema 5 A SEGURIDADE NA REDE Tema 5 A protección da nosa intimidade na rede Internet ten moitas vantaxes, pero tamén ten moitos inconvintes e perigos O ordenador apunta todo o que facemos Garda tódalas webs que

Más detalles

A sociedade da información. Tema 1

A sociedade da información. Tema 1 A sociedade da información Tema 1 As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) Denomínanse Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) ó conxunto de tecnoloxías que permiten a adquisición,

Más detalles

AULA DE CONVIVENCIA INCLUSIVA

AULA DE CONVIVENCIA INCLUSIVA AULA DE CONVIVENCIA INCLUSIVA 1 Introdución: A LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, no artigo 19 sinala que os centros crearán aulas de convivencia inclusiva,

Más detalles

SOLICITUDE DE ACEPTACIÓN DE MATRÍCULA

SOLICITUDE DE ACEPTACIÓN DE MATRÍCULA SOLICITUDE DE ACEPTACIÓN DE MATRÍCULA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE Data de nacemento Enderezo., con DNI, como representante legal do/a neno/a arriba indicado, sendo informado de que se lle ofreceu unha

Más detalles

MEMORIA ACTIVIDADE DO CLUB ESTUDIANTES LUGO PARA

MEMORIA ACTIVIDADE DO CLUB ESTUDIANTES LUGO PARA MEMORIA ACTIVIDADE DO CLUB ESTUDIANTES LUGO PARA TEMPADA 2009/2010 1 MEMORIA DESCRIPTIVA: 1. ESPÍRITO DA ENTIDADE E DO PROXECTO 2. ESTRUCTURA 3. LIÑAS MESTRAS PARA CONSOLIDAR A ESTRUCTURA 4. RELACION DE

Más detalles

Fundación Refuxio de Animais

Fundación Refuxio de Animais Fundación Refuxio de Animais A Fundación inicia a súa traxectoria en decembro do 2006 trátase dunha entidade sen ánimo de lucro está presidida polo alcalde do concello de Santiago de Compostela está financiada

Más detalles

As escrituras antigas da Igrexa de Parderribias expresan a

As escrituras antigas da Igrexa de Parderribias expresan a 163 PARDERRUBIAS As escrituras antigas da Igrexa de Parderribias expresan a esta parroquia co nome de Pena Rubias e Peras Rubias, e así o menciona tamén o Señor Sandoval, que é o mesmo que Pedra ou Pedras

Más detalles

TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS: BÁDMINTON E PÁDEL

TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS: BÁDMINTON E PÁDEL TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS: BÁDMINTON E PÁDEL PISTA DE BÁDMINTON. OBXECTIVO DO BÁDMINTON O obxectivo do bádminton é conseguir golpear o volante ca raqueta por encima da rede para que caia no campo contrario

Más detalles

Conexión á rede Wifi edu.xunta.es: Instrucións

Conexión á rede Wifi edu.xunta.es: Instrucións Conexión á rede Wifi edu.xunta.es: Instrucións Índice 1.Introdución: 5 2.Configuración: 6 3.Equipos Abalar. 6 4.Maqueta corporativa Abalar Libre. 6 5.Ubuntu (Linux) 7 6.Windows 7 8 7.Windows 8/10 9 8.Teléfono

Más detalles

E I A E. o r XUÑO CON ORGULLO. UN MES CONTRA A lgtbfobia: l e de x. FICHAS PARA TRABALLAR EN PRIMARIA SOBRE DIVERSIDADE SEXUAL e de xénero

E I A E. o r XUÑO CON ORGULLO. UN MES CONTRA A lgtbfobia: l e de x. FICHAS PARA TRABALLAR EN PRIMARIA SOBRE DIVERSIDADE SEXUAL e de xénero E I S R A E V I se xua l e de x o r éne UN MES CONTRA A lgtbfobia: XUÑO CON ORGULLO FICHAS PARA TRABALLAR EN PRIMARIA SOBRE IVERSIAE SEXUAL e de xénero UNIAE IÁCTICA INFANTIL: AMORES E CORES Recursos:

Más detalles

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS O DÍA 20 DE OUTUBRO DE 2014 ENTROU EN VIGOR O DECRETO POLO QUE SE REGULAN EN GALICIA AS CONDICIÓNS DE VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS DESDE AS EXPLOTACIÓNS

Más detalles

TEMA: O VOLEIBOL OBXECTIVO.CAMPO DE XOGO. BALÓN QUE CRUZA A REDE.

TEMA: O VOLEIBOL OBXECTIVO.CAMPO DE XOGO. BALÓN QUE CRUZA A REDE. TEMA: O VOLEIBOL HISTORIA O voleibol xurde cando Wiliam G. Morgan (1895) profesor de educación física na cidade de Holyote (Massachussets, EE.UU), intentaba buscar un xogo máis sinxelo co baloncesto, xa

Más detalles

Cada conta persoal ten como máximo unha caixa de correo de 300MB (150MB no caso de alumnos).

Cada conta persoal ten como máximo unha caixa de correo de 300MB (150MB no caso de alumnos). O correo SEM - 1 - O correo SEM (Servicios Educativos Multimedia) ofrece á comunidade educativa galega a posibilidade de comunicarse, de gardar e clasificar información, e de acceso a diferentes servicios

Más detalles

PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA PARA EDUCACIÓN ESPECIAL

PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA PARA EDUCACIÓN ESPECIAL PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA 2015-2016 PARA EDUCACIÓN ESPECIAL Con base no convencemento de que a educación é unha clave fundamental para promover unha seguridade viaria, o motor do programa proposto é

Más detalles

RAM son as siglas de random access memory, un tipo de memoria de

RAM son as siglas de random access memory, un tipo de memoria de RAM son as siglas de random access memory, un tipo de memoria de computador á que se pode acceder aleatoriamente; é dicir, pódese acceder a calquera byte de memoria sen acceder aos bytes precedentes. A

Más detalles

Tipos e bases de cotización da Seguridade Social

Tipos e bases de cotización da Seguridade Social Tipos e bases de cotización da Seguridade Social 2017 Revisado ao 17 de marzo de 2017 TIPOS DE COTIZACIÓN (%) CONTINXENCIAS EMPRESA TRABALLADORES TOTAL Comúns 23,60 4,70 28,30 Horas Extraordinarias Forza

Más detalles

Selectividade: Exercicio teórico: Setembro 2014-Opción A diversidade é un dos trazos que identifica as condicións naturais de España

Selectividade: Exercicio teórico: Setembro 2014-Opción A diversidade é un dos trazos que identifica as condicións naturais de España Selectividade: Exercicio teórico: Setembro 2014-Opción A Factores da diversidade bioxeográfica. - Situación xeográfica e procesos naturais. - Acción antrópica. A diversidade é un dos trazos que identifica

Más detalles

Guía rápida de consulta do Recadro da declaración da Renda do ano anterior

Guía rápida de consulta do Recadro da declaración da Renda do ano anterior Guía rápida de consulta do Recadro da declaración da Renda do ano anterior 1. ACCESO DENDE A OFICINA VIRTUAL O acceso a aplicación pódese realizar dende a Oficina Virtual do Empregado Público (OVEP) no

Más detalles

A densidade de poboación (hab./km2) é un indicador demográfico que serve para comparar o volume de poboación entre territorios.

A densidade de poboación (hab./km2) é un indicador demográfico que serve para comparar o volume de poboación entre territorios. 1. A poboación mundial e a súa distribución A densidade de poboación (hab./km2) é un indicador demográfico que serve para comparar o volume de poboación entre territorios. A poboación mundial distribúese

Más detalles

TECIDO NERVIOSO. neurona dendritas. axón

TECIDO NERVIOSO. neurona dendritas. axón TECIDO NERVIOSO núcleo É moi facil de diferenciar polas súas especialísimas s. Con prolongacións de 2 tipos: as dendritas numerosas e ramificadas. e o axón que é un só e lineal. axón neurona dendritas

Más detalles

CURSO DE GALEGO Libro do profesor. Nivel. Marco europeo común de referencia para as linguas. Galego

CURSO DE GALEGO Libro do profesor. Nivel. Marco europeo común de referencia para as linguas. Galego Nivel B2 Marco europeo común de referencia para as linguas CURSO DE GALEGO Libro do profesor Aula 3 Galego de Aula de 3 Galego Aula de Galego 3 Edita Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación

Más detalles

Cerco na luna, seca a laguna. Lúa nova ASTRONOMÍA AGRICULTURA BIBLIOTECA CPI LUÍS DÍAZ MORENO BARALLA. GT A ASTRONOMÍA

Cerco na luna, seca a laguna. Lúa nova ASTRONOMÍA AGRICULTURA BIBLIOTECA CPI LUÍS DÍAZ MORENO BARALLA. GT A ASTRONOMÍA ASTRONOMÍA E AGRICULTURA BIBLIOTECA CPI LUÍS DÍAZ MORENO BARALLA. GT A ASTRONOMÍA Cerco na luna, seca a laguna Rubiallos por oriente, auga de repente Lúa nova Cerco no sol, molla o pastor Lúa pos- ta,

Más detalles

c o n m i c r o c h i p s

c o n m i c r o c h i p s 1 Identif i cación c o n m i c r o c h i p s 2 INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES Ter unha mascota supón unha gran responsabilidade. Ademais de mantela sa e feliz, debemos garantir a súa seguridade e a

Más detalles

Oficina de Medio Ambiente Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental

Oficina de Medio Ambiente Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental Oficina de Medio Ambiente Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental A PEGADA ECOLÓXICA NA UDC En novembro de 2010, o persoal bolseiro da OMA participamos nas actividades propostas pola Sociedade

Más detalles

Manual de usuario Plug-in Word. Versión en galego Equipo de desenvolvemento

Manual de usuario Plug-in Word. Versión en galego Equipo de desenvolvemento MU Manual de usuario Plug-in Word Versión en galego Equipo de desenvolvemento CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN NOME DO DOCUMENTO: Manual plug-in MS Word VERSIÓN: 1.0 COD. DO DOCUMENTO: ELABORADO POR:

Más detalles

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de Resolución do 18 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual

Más detalles

Potencias e raíces de números enteiros

Potencias e raíces de números enteiros 1 Potencias e raíces de números enteiros Obxectivos Nesta quincena aprenderás a: Expresar multiplicacións dun mesmo número en forma de potencia. Realizar operacións con potencias. Traballar con potencias

Más detalles