O CRUCEIRO DE BAGUEIXOS. UNHA EXCEPCIONAL OBRA NO CONCELLO DE LUGO

Tamaño: px
Comenzar la demostración a partir de la página:

Download "O CRUCEIRO DE BAGUEIXOS. UNHA EXCEPCIONAL OBRA NO CONCELLO DE LUGO"

Transcripción

1 O CRUCEIRO DE BAGUEIXOS. UNHA EXCEPCIONAL OBRA NO CONCELLO DE LUGO Fernando Arribas Arias De entre os cruceiros máis antigos e datados 1 do concello de Lugo, este de Bagueixos é sen dúbida o máis senlleiro. Destaca este cruceiro, ademais da súa antigüidade, pola particularidade formal e estilística dalgúns dos seus elementos, que podemos cualificar de únicos ao carecer de paralelismos entre o resto dos monumentos deste tipo existentes neste concello. Está situado a carón dunha pista que, dende a N-VI, á altura do Km. 506, nos leva á igrexa de San Xoán de Tirimol, parroquia á que pertence, non sendo a actual localización 2 o lugar máis axeitado para garantir a integridade e conservación deste monumento, que xa presenta unha ameazante inclinación, así como tamén para a súa posta en valor. A contorna do cruceiro de Bagueixos 1 O cruceiro de Rubiás, actualmente desaparecido, data de 1887, o de Marcoi é de 1898 e o de Bocamaos é de As súas coordenadas UTM son: X= , Y= , presentando unha orientación SE-NW. Levántase sobre unha plataforma, formada por un chanzo de xisto, que se atopa en moi mal estado, o que lle resta estabilidade ao resto do conxunto. Destaca neste cruceiro a forma peculiar da súa base, monolítica, que comeza sendo circular para transformarse en troncopiramidal, cun listel no extremo superior. Esta base conserva aínda as cuñas de ferro que permiten asegurar a estabilidade do fuste, sistema este moi típico das terras lucenses, pois noutras zonas de Galicia empréganse outros métodos. Tamén no fuste, oitavado no tramo central, atopamos diversas particularidades como, por exemplo, a mediacana que circunda a parte central do seu extremo inferior, de sección cuadrangular. Nos lados SE e NW deste extremo inferior, podemos ver dous buratos dos que descoñecemos a súa función, se ben por corresponderse cos lados das imaxes coidamos que ben puideran estar relacionados con algún sistema de suxeición dalgún tipo de ofrenda. Outra singularidade deste varal son as volutas e unhas formas prominentes que podemos ver nos remates superiores dos chafráns. Unha peza cúbica, moldurada na parte central cunha mediacana, prolonga o fuste e serve de base ao capitel, peza que resulta estraña nos cruceiros galegos nos que, na maioría dos casos, o capitel arrinca directamente do fuste. Na nosa opinión, este engadido non deixa de ser un remendo que, ademais de darlle ao cruceiro unha maior altura e facelo máis esvelto, permite que o capitel non tape as volutas que adornan o extremo superior dos chafráns. 98 Boletín do Museo do Castro de Viladonga

2 O CRUCEIRO DE BAGUEIXOS. UNHA EXCEPCIONAL OBRA NO CONCELLO DE LUGO Anverso Reverso Boletín do Museo do Castro de Viladonga 99

3 O capitel do cruceiro de Bagueixos presenta algunha que outra particularidade. Coroado por un listel, consta de dous tramos separados por un bocel. O primeiro, de forma cuadrangular, está ornamentado con volutas nas arestas laterais e querubíns nas caras; mentres que o segundo, moldurado en nacela recta e rematado na súa parte inferior nun astrágalo de bocel, ofrece a seguinte inscrición repartida polas catro caras: SIMÓN REBOLO LO HIZO EN EL AÑO D 1848 que non ten paralelismos no concello de Lugo e que só nos trae á mente o cruceiro de Caboi, en Outeiro de Rei. A presenza deste epígrafe no capitel non deixa de ser unha rareza, pois non son os capiteis os lugares máis axeitados para poñer unha inscrición que, na maioría dos casos, se sitúan na base, por ser este o elemento, por regra xeral, que ofrece unha maior superficie. Tamén podemos atopar cruceiros con inscricións no fuste que, normalmente fan referencia ao ano de construción. Convén deixar claro que este texto fai referencia á persoa que mandou facer este cruceiro e non ao seu autor material. Este tipo de expresión é moi frecuente nos cruceiros galegos e nelas, por regra xeral, só se alude á persoa que custeou a obra, pero non ao artista que a labrou, pois o anonimato é unha das características da arte popular, á que non se lle daba a importancia que ten hoxe. Lamentablemente, a pesar dos nosos esforzos, non puidemos pescudar o nome do canteiro que fixo este cruceiro. É moi probable que non exista documentación, ou polo menos nós non chegamos a atopala de momento, que nos permita saber o seu nome, xa que ao tratarse dunha obra menor, o normal era que non se fixeran contratos escritos, xa que bastaba cun apertón de mans. Coroa este cruceiro unha cruz latina, de sección circular e aparencia leñosa pola presenza de nós. No seu anverso, baixo a cartela do INRI, hoxe xa ilexible, podemos ver a efixie de Cristo cun vulto moi acusado. Presenta coroa de espiñas, inclina a testa á dereita, ten as mans abertas deixando ver a cabeza dos cravos, anoa o perizoma á dereita e amosa as pernas flexionadas, co pé dereito sobre o esquerdo, trazos todos eles habituais nos cruceiros galegos. Non obstante, chama a atención a postura de Xesús, que aparece colgado da cruz, pois os seus brazos non están estendidos ao longo do madeiro, que é a representación máis común, senón que aparecen flexionados. Trátase dunha peculiaridade moi orixinal Detalle do anverso Ocupa o reverso da cruz unha imaxe da Virxe da Soidade, vestida cun longo manto que lle cubre a cabeza e cunha túnica que deixa ver os seus pés, representada coas mans cruzadas sobre o ventre, en actitude de resignación. Chaman a atención os tres anxos que lle serven de peaña e que conforman un conxunto escultórico sen paralelismos nos cruceiros da provincia de Lugo. Ben puidera pensar alguén que non se trata de anxos, senón de tres almiñas entre as lapas do Purgatorio, xa que o esquematismo das súas ás pode levar a facer esta suposición. Coidamos que non, pois a Virxe da Soidade non aparece, normalmente, rescatando almas do Purgatorio, representación reservada a outro tipo de advocacións como, por exemplo, a Virxe do Carme. 100 Boletín do Museo do Castro de Viladonga

4 O CRUCEIRO DE BAGUEIXOS. UNHA EXCEPCIONAL OBRA NO CONCELLO DE LUGO Libro de Bautismos Cando contaba con vinte anos, Simón Rebolo apadriña un neno, ao que tamén se lle puxo Simón, fillo de Lucas González e María Picado. O día 10 de decembro de 1837, aos trinta e dous anos de idade, Simón Rebolo casa con María Juana da Pena (noutra documentación figura co apelido Alonso), filla de Manuel da Pena e Josefa Alonso, veciños de Constante, lugar da parroquia de Silvarrei, no actual concello de Outeiro de Rei. Foron testemuñas do acto, entre outros, Vicente Meilán, de San Xoán de Tirimol, e Pascual de Castro, de Santalla de Mazoi. Detalle do reverso SIMÓN REBOLO Despois do que levamos visto, a primeira pregunta que nos asalta é saber quén era Simón Rebolo. Comprobamos os libros parroquiais 3 e atopamos que Simón Narciso Rebolo Pradeda nace o 27 de outubro de 1805 en Bagueixos, lugar da parroquia de San Xoán de Tirimol. Era fillo de Vicente Rebolo e Rosa de Pradeda, sendo os seus avós paternos Fernando Rebolo e Dominga López, mentres que os maternos foron Andrés de Castro e Dominga de Pradeda, todos eles labregos de profesión, pois como tal figuran así nos libros parroquiais. 3 Queremos expresar o noso agradecemento a Eliseo Fernández Bamio, do Arquivo Diocesano, e a Dositeo Pérez Arias, crego de San Xoán de Tirimol, polas facilidades dadas á hora de consultar estes libros parroquiais e pola súa amabilidade. Libro de Matrimonios Que nós saibamos, este matrimonio tivo seis fillos: Vicente, Antonio, Juan e María Carmen (que foron os que sobreviviron a Simón), ademais de José María e Simón Segundo, este último morto aos dez días de nacer a causa das lombrices. Boletín do Museo do Castro de Viladonga 101

5 O día 7 de xaneiro de 1887 falece Simón Rebolo. Segundo o libro de defuncións de San Xoán de Tirimol tiña, naquel intre, 84 anos, idade incorrecta xa que en realidade contaba con 82 anos. O seu enterro foi toda unha mostra de ostentación, pois nas súas honras fúnebres participaron diez señores sacerdotes, un salmista y un fagot, dispoñendo o seu fillo Vicente 4 que se lle fixeran otras dos funciones y un cabo de año 5, que se le cante un responso Qui Lazarum y que se apliquen por su alma ciento veinte misas inclusas las de las funciones y octavario. de comentar non se facían en casa probe. Isto é unha proba máis dunha das hipóteses que defendíamos na nosa tese doutoral: a vinculación dos cruceiros á crases acomodadas ou a confrarías con importantes recursos económicos, xa que non todas as persoas, por moi devotos que foran, podían pagar o importe dun cruceiro, importe que variaba dependendo do traballo que levara aparellado, pois non era o mesmo un que tivera imaxes, decoración no fuste, etc. que outro máis sinxelo. Nesta liña, convén insistir en que os cruceiros, ademais de ser unha mostra da devoción dos sectores máis privilexiados, funcionaban tamén como un símbolo de ostentación social, quedando para a xente de menos recursos monumentos máis sinxelos como, por exemplo, as cruces (o cruceiro dos probes) realizadas en materiais tan diferentes como a madeira, o ferro ou a pedra. A pesar do que levamos dito, este cruceiro continúa suscitando algún que outro interrogante. Así, por exemplo, gustaríanos saber cal foi o motivo que levou a Simón Rebolo a mandar facer esta obra. Temos varias hipóteses se extrapolamos o que sabemos doutros casos análogos. A primeira é que o fixera por temor ás penas do Purgatorio, no que hai que purificarse trala morte con axuda dos sufraxios para acadar o ceo. Na nosa opinión, esta non foi a causa, pois o lóxico sería que se fixesen constar as indulxencias que conseguirían as persoas que rezaran diante do cruceiro e, neste aspecto, resulta moi significativa a ausencia dunha inscrición ao respecto. Libro de Falecidos Se ben na diferente documentación consultada Simón Rebolo figura como labrador, podemos concluír polo anteriormente dito que non se trataba dun labrego corrente, senón dun labrego moi acomodado, cunha boa propiedade, pois enterros como o que acabamos 4 Como correspondía ao maior, Vicente, casado con María Dolores Varela, foi o fillo que se quedou na casa. 5 Neste cabodano participaron seis sacerdotes. Outra posibilidade é que se tratase dunha obra de agradecemento por un favor recibido, ou ben, simplemente, por devoción, opción esta última pola que nos inclinamos, sobre todo tratándose, segundo as nosas referencias, dunha familia moi piadosa. Pero unha devoción non exenta, como xa dixemos, de ostentación, actitude posta de manifesto na inscrición, na que só se alude, ademais do ano de construción, á persoa que o mandou facer, sen que se especifique ningún motivo. Nin tan sequera cita a súa dona ou a calquera outro membro da familia, práctica habitual nos epígrafes doutros cruceiros. A cuestión da capela Diante deste cruceiro, pero ao outro lado da pista, podemos ver unha pequena capela con cuberta de 102 Boletín do Museo do Castro de Viladonga

6 O CRUCEIRO DE BAGUEIXOS. UNHA EXCEPCIONAL OBRA NO CONCELLO DE LUGO lousa a tres augas que presenta unha espadana dun só vano na que, ata hai moi pouco tempo, había unha campá. Conta esta capela cunha portada con arco rebaixado no que aparece a seguinte inscrición: AÑO DE SIMÓN REBOLO obxecto de previr posibles accidentes, afastalo dos postes e cables do tendido eléctrico que afean a súa contorna e favorecer a súa contemplación sen risco para as persoas ao atoparse a carón dunha pista con bastante tráfico. A data e o nome que aparecen neste epígrafe, a tenor do que levamos visto, nos leva a preguntarnos que Simón Rebolo a mandou facer porque, segundo a data indicada, cando se construíu, o Simón Rebolo que xa coñecemos levaba trinta e cinco anos morto. Caben, ao noso xuízo, dúas posibilidades. A primeira sería que Simón Rebolo manifestara en vida (xa sabemos que non fixo testamento) o seu desexo de levantar unha capela, vontade realizada anos máis tarde polo seu fillo Vicente, casado con María Dolores Varela como xa dixemos, que foi o que quedou na casa. A segunda posibilidade é que un neto de Simón Rebolo, de igual nome, levara a cabo esta obra, de xeito que, ao coincidir os nomes, esteamos agora diante deste pequeno interrogante. Con certas reservas, nós inclinámonos máis pola primeira, en tanto que non temos, de momento, constancia da existencia de ningún neto de Simón Rebolo de igual nome. Conclusións Estamos, en definitiva, diante dun interesante e orixinal cruceiro, que destaca polo seu valor histórico, artístico e etnográfico, e que constitúe un dos monumentos da arte popular máis singulares do concello de Lugo. Sería desexable, xa que logo, que as autoridade municipais levaran a cabo un proxecto de restauración, pois o seu estado de conservación é deplorable, xa que, entre outros aspectos, presenta unha inclinación ameazante debido, en parte, ao mal estado da plataforma de xisto na que se asenta. Ademais, o capitel, polo seu lado SE, ten unha fenda moi acusada, ao igual que a perna dereita de Cristo. Sería desexable tamén a posta en valor deste cruceiro, proxecto que, ao noso entender e coas autorizacións pertinentes, debía contemplar a posibilidade dun cambio de situación (bastaría con retranquealo uns metros do lugar no que se atopa actualmente) co Boletín do Museo do Castro de Viladonga 103

ÍNDICE 1 MANUAL BÁSICO 2 TONS DE CHAMADA 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION INTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION EXTERNA?

ÍNDICE 1 MANUAL BÁSICO 2 TONS DE CHAMADA 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION INTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION EXTERNA? ÍNDICE ÍNDICE 1 MANUAL BÁSICO 2 TONS DE CHAMADA 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION INTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION EXTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACIÓN COA OPERADORA? 3 PRESTACIÓNS

Más detalles

UN AMOR POR DESCUBRIR

UN AMOR POR DESCUBRIR Un amor por descubrir 1 de 5 UN AMOR POR DESCUBRIR Esta é a unidade didáctica sobre a película Un amor por descubrir. Está realizada co obxectivo de que o profesorado despois de ver a película poida traballar

Más detalles

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA Seguimento do indicador de risco de pobreza e exclusión social en Galicia 2009-2014 REDE GALEGA CONTRA A POBREZA (EAPN-Galicia) Outubro 2015 GALICIA TAXA AROPE (TAXA

Más detalles

ACTA DA XUNTANZA EXTRAORDINARIA DO CONSELLO PARROQUIAL DE SANTO ESTEVO DE NEGROS 23 DE SETEMBRO DE 2013

ACTA DA XUNTANZA EXTRAORDINARIA DO CONSELLO PARROQUIAL DE SANTO ESTEVO DE NEGROS 23 DE SETEMBRO DE 2013 ACTA DA XUNTANZA EXTRAORDINARIA DO CONSELLO PARROQUIAL DE SANTO ESTEVO DE NEGROS 23 DE SETEMBRO DE 2013 ORDE DO DÍA 1.- Orzamentos participativos No Centro Cultural de Santo Estevo de Negros, sendo as

Más detalles

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015 MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015 Páxina 1 Índice 1. Obxecto da aplicación... 3 2. Acceso á aplicación... 3 2. Introdución

Más detalles

O CEMITERIO MUNICIPAL DE SAN FROILÁN

O CEMITERIO MUNICIPAL DE SAN FROILÁN O CEMITERIO MUNICIPAL DE SAN FROILÁN O Cemiterio Municipal de San Froilán do Concello de Lugo, relativamente moderno, data do ano 1948, se ben conserva construcións procedentes do anterior Cemiterio municipal

Más detalles

RECOMENDACIÓNS XERAIS

RECOMENDACIÓNS XERAIS O comedor escolar do Colexio Divino Salvador comenzou a funcionar de xeito ininterrumpido fai 20 anos, aproximadamente. Dispón dunha cociña propia onde se elabora a comida diariamente por persoal especializado.

Más detalles

Comisión Galega de Bioética

Comisión Galega de Bioética O presente documento foi aprobado pola Comisión Galega de Bioética, na sesión realizada o 17 de setembro de 2014, e formaban parte dela os seguintes membros: Presidente: Félix Rubial Bernárdez Vicepresidente:

Más detalles

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015 PROGRAMA DE VISITAS ÁS INSTALACIÓNS DE SOGAMA PROGRAMA DE VISITAS A LAS INSTALACIONES DE SOGAMA MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015 CONTIDOS / CONTENIDOS 2 1. Introdución / Introducción 3 Obxecto / Objeto

Más detalles

Cuestionario de Convivencia Preguntas frecuentes

Cuestionario de Convivencia Preguntas frecuentes Cuestionario de Convivencia 2015 - Preguntas frecuentes Que é e para que serve este cuestionario? No marco do Decreto 8/2015, de 8 de xaneiro, e da Lei 4/2011 que desenvolve, prevese a redacción e execución

Más detalles

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017 Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos das escolas municipais de musica e artes escénicas. Ano 2017 Ensinanzas Especiais Páx 1 ARTIGO 1.- CONCEPTO Consideraranse Servizos abranguidos no ámbito de aplicación

Más detalles

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC 2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC ESPACIO RESERVADO PARA A ETIQUETA CO CÓDIGO DE BARRAS 1. Tráennos un ordenador con problemas. Non acende dinnos. Conectámolo correctamente

Más detalles

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes 0. Contido Contido Neste documento descríbese a solución a algúns problemas frecuentes á hora de visualizar arquivos PDF xerados dende o programa e tamén ao realizar o proceso de pago telemático das taxas

Más detalles

ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO NO PARQUE NATURAL DE PONGA, ASTURIAS.

ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO NO PARQUE NATURAL DE PONGA, ASTURIAS. ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO NO PARQUE NATURAL DE PONGA, ASTURIAS. Ímos coñecer nesta ocasión o parque natural de Ponga, en Asturias, situado entre o parque natural de Redes e o parque nacional de Picos de

Más detalles

Unidade 4: Pneumática

Unidade 4: Pneumática Unidade 4: Pneumática Sistemas pneumáticos Elementos dun circuíto pneumático Xeradores e accesorios De transporte Receptores: cilindros (efecto simple e dobre efecto) De distribución: válvulas (distribuidoras

Más detalles

O RELEVO DE GALICI C A I

O RELEVO DE GALICI C A I O RELEVO DE GALICIA ÍNDICE Introdución. Galicia : situación xeográfica Formas do relevo: conceptos O relevo de Galicia : características xerais. Serras, chairas e depresións INTRODUCCIÓN. Galicia: situación

Más detalles

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN ANEXO (Portada) Lei 32/2006, do 18 de outubro Ley 32/2006, de 18 de octubre (Contraportada) NORMATIVA LEGAL Y REGLAMENTARIA RELACIONADA CON EL A) Ley 32/2006, de 18 de octubre, reguladora de la subcontratación

Más detalles

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes: PROXECTO RUNAS 2012 O Concello de Ortigueira, a través do Festival Internacional do Mundo Celta, convoca o proxecto musical denominado RUNAS novos valores da música celta e do folk internacional, de acordo

Más detalles

Convocatoria ordinaria de 2012

Convocatoria ordinaria de 2012 Preguntas frecuentes Probas de acceso a ciclos de grao medio Convocatoria ordinaria de 2012 Nota informativa Probas de acceso a ciclos de grao medio Convocatoria ordinaria de 2012 Consellería de Cultura,

Más detalles

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS O DÍA 20 DE OUTUBRO DE 2014 ENTROU EN VIGOR O DECRETO POLO QUE SE REGULAN EN GALICIA AS CONDICIÓNS DE VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS DESDE AS EXPLOTACIÓNS

Más detalles

DUBIDO SE O MEU FILLO/A TEN ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS

DUBIDO SE O MEU FILLO/A TEN ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS DUBIDO SE O MEU FILLO/A TEN ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS PASOS A DAR NO CENTRO ESCOLAR Baseado no artigo de Belén Ros Protocolo de actuación rápida para padres con niños de altas capacidades intelectuales

Más detalles

Conmemórase este ano 2015 o 120 aniversario da primeira exposición realizada por un novísimo

Conmemórase este ano 2015 o 120 aniversario da primeira exposición realizada por un novísimo Isidoro Brocos: Academia (detalle), lapis sobre papel, 1881. Conmemórase este ano 2015 o 120 aniversario da primeira exposición realizada por un novísimo Pablo Picasso (1881-1973), que tivo lugar no número

Más detalles

BALONCESTO. ÓNDE SE XOGA? O baloncesto xogase nun campo rectangular de 28 x15 coas seguintes características: A TÉCNICA

BALONCESTO. ÓNDE SE XOGA? O baloncesto xogase nun campo rectangular de 28 x15 coas seguintes características: A TÉCNICA BALONCESTO ÓNDE SE XOGA? O baloncesto xogase nun campo rectangular de 28 x15 coas seguintes características: A TÉCNICA O bote: utilízase para desprazarse polo campo, desfacerse dun opoñente, encontrar

Más detalles

Manga de Viento LABORATORIO. Obxectivos. Materias. Destrezas. Información. Os alumnos aprenderán a:

Manga de Viento LABORATORIO. Obxectivos. Materias. Destrezas. Información. Os alumnos aprenderán a: Manga de Viento Obxectivos Os alumnos aprenderán a: Construír unha manga de vento. Medir a dirección e velocidade do vento coa manga. Materias Tecnoloxía Física Matemáticas Destrezas Capacidade de observación

Más detalles

Este lugar de Camposancos co seu agregado o coto de Saa

Este lugar de Camposancos co seu agregado o coto de Saa 044 Camposancos Este lugar de Camposancos co seu agregado o coto de Saa eran antes unha porción da parroquia de Sn. Lourenzo de Salcidos, e o Sor. Bispo Dn. Domingo Fernández Angulo erixiunos en anexo

Más detalles

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL 1. DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN Distribución espacial da poboación. ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL a) Observa e analiza os mapas. Elabora dous pequenos esquemas da distribución

Más detalles

ACLARACIONS DEPORTE BASE GALICIA

ACLARACIONS DEPORTE BASE GALICIA . ACLARACIONS DEPORTE BASE GALICIA 2012-2013 2013 CAMBIOS DE XOGADORES EN CATEGORÍA CADETE E INFANTIL Non se permitirán os cambios de xogadores/as, de xeito continuado, especialistas só en ataquedefensa.

Más detalles

Expediente: D.3.Q/14584/15. Santiago de Compostela, 22 de outubro de Sr. Reitor:

Expediente: D.3.Q/14584/15. Santiago de Compostela, 22 de outubro de Sr. Reitor: Recomendación dirixida á Universidade de Santiago de Compostela, para que que en diante, no suposto excepcional de que se inicie a impartición de estudos oficiais sen que concluísen os trámites legalmente

Más detalles

2. A codia oceánica e a codia continental A plataforma continental galega

2. A codia oceánica e a codia continental A plataforma continental galega O INTERIOR DA TERRA 1. Aproximación descriptiva ao modelo en capas e dinámico do interior da terra. As capas: Codia. Manto. Núcleo. A Dinámica da terra. As Placas tectónicas. 2. A codia oceánica e a codia

Más detalles

II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple

II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple REGULAMENTO XERAL Art.1) A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.), organiza a II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple,

Más detalles

As escrituras antigas da Igrexa de Parderribias expresan a

As escrituras antigas da Igrexa de Parderribias expresan a 163 PARDERRUBIAS As escrituras antigas da Igrexa de Parderribias expresan a esta parroquia co nome de Pena Rubias e Peras Rubias, e así o menciona tamén o Señor Sandoval, que é o mesmo que Pedra ou Pedras

Más detalles

LA POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN COMPITE POR VEZ PRIMERA EN LOS 'VI JUEGOS EUROPEOS DE POLICÍAS Y BOMBEROS' QUE ARRANCAN MAÑANA EN HUELVA

LA POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN COMPITE POR VEZ PRIMERA EN LOS 'VI JUEGOS EUROPEOS DE POLICÍAS Y BOMBEROS' QUE ARRANCAN MAÑANA EN HUELVA LA POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN COMPITE POR VEZ PRIMERA EN LOS 'VI JUEGOS EUROPEOS DE POLICÍAS Y BOMBEROS' QUE ARRANCAN MAÑANA EN HUELVA Serán los únicos representantes del Val Miñor en un evento deportivo

Más detalles

CMUS Profesional de Viveiro

CMUS Profesional de Viveiro CMUS Profesional de Viveiro CONCELLO DE VIVEIRO PROBAS DE ACCESO LINGUAXE MUSICAL ÍNDICE PROBAS DE ACCESO... 3 Proba de acceso a 1º de grao elemental L.O.E.... 3 Proba de acceso a 2º de grao elemental

Más detalles

Que é Tótem, xestión creativa do tempo?

Que é Tótem, xestión creativa do tempo? Que é Tótem, xestión creativa do tempo? Tótem, xestión creativa do tempo, é un equipo multidisciplinar que ofrece servizos de xestión sociocultural e organización de eventos. Os seus trazos característicos

Más detalles

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME Limiar A Lei 3/1986, do 18 de decembro, dos consellos escolares de Galicia establece no seu artigo 15.2, que: Os municipios que

Más detalles

PAU XUÑO 2011 LITERATURA UNIVERSAL OPCIÓN A

PAU XUÑO 2011 LITERATURA UNIVERSAL OPCIÓN A PAU XUÑO 2011 Código: 35 1º PARTE LITERATURA UNIVERSAL 1.- Describe as características principais da literatura grega e sinala en que medida esta influíu posteriormente no conxunto da produción literaria

Más detalles

Cidade da Ciencia e a Innovación 2012 IX CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

Cidade da Ciencia e a Innovación 2012 IX CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO IX CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO MARZO 2014 HOMENAJE A RITA SUÁREZ AMADO IX CONCURSO LITERARIO DE RELATO CORTO Y POESÍA BASES 1. Pueden participar todos los alumnos que lo deseen. 2. Se establecen

Más detalles

INSTRUCCIÓNS para as EAV CON CASETA PROPIA, ESPAZO na ZONA de EXPOSICIÓN COMÚN ou SALA MULTIMEDIA do CONGRESO GALEGO DE ACCIÓN VOLUNTARIA 2009

INSTRUCCIÓNS para as EAV CON CASETA PROPIA, ESPAZO na ZONA de EXPOSICIÓN COMÚN ou SALA MULTIMEDIA do CONGRESO GALEGO DE ACCIÓN VOLUNTARIA 2009 INSTRUCCIÓNS para as EAV CON CASETA PROPIA, ESPAZO na ZONA de EXPOSICIÓN COMÚN ou SALA MULTIMEDIA do CONGRESO GALEGO DE ACCIÓN VOLUNTARIA 2009 A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade agradece ás

Más detalles

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR A Lei 3/1986, do 18 de decembro, dos Consellos Escolares de Galicia establece no seu artigo 15.2 que: Os Municipios que dispoñan polo menos dun Colexio

Más detalles

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46008 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DECRETO 247/2012, do 22 de novembro, polo que se aproba a delimitación

Más detalles

Concello de Lugo. Elementos de identidade Elementos de identidad

Concello de Lugo. Elementos de identidade Elementos de identidad A Manual de do Elementos de identidade Elementos de identidad e 02_ O símbolo 02_ El símbolo A_02 02_1 SÍMBOLO O símbolo representa graficamente o. O símbolo amosa a parte máis emblemática da Muralla de

Más detalles

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de Resolución do 18 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual

Más detalles

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO 6 MARZO 2015 HOMENAJE A RITA SUÁREZ AMADO X CONCURSO LITERARIO DE RELATO CORTO Y POESÍA BASES 1ª - Podrán participar todas las personas que lo deseen. 2ª - Se establecerán

Más detalles

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais Lei 2/2007 de 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia Decreto 181/2008, do 24 de xullo Órganos

Más detalles

Nº 46 AXENDA CULTURAL E DEPORTIVA

Nº 46 AXENDA CULTURAL E DEPORTIVA X A N E L A Nº 46 AXENDA CULTURAL E DEPORTIVA Outono 2016 ESCOLAS CULTURAIS E DEPORTIVAS BASES Inscricións: - As inscricións realizaranse no departamento de cultura (cultura@boqueixon.com) presentando,

Más detalles

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: 12 B o l e t í n O f i c i a l P r o v i n c i a d e O u r e n s e n. º 2 6 3 M é r c o r e s, 1 6 n o v e m b r o 2 0 1 6 ANEXO I (SOLICITUDE) SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE PARA O FOMENTO

Más detalles

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos. CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE O CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS E A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, PARA A ORGANIZACIÓN DE PRÁCTICAS DE ESTUDANTES DOS GRAOS EN CIENCIA POLÍTICA E DA ADMINISTRACIÓN,

Más detalles

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB01. Código. Proba de. Debuxo técnico. Páxina 1 de 10

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB01. Código. Proba de. Debuxo técnico. Páxina 1 de 10 Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior Proba de Debuxo técnico Código CSPEB01 Páxina 1 de 10 1. Formato da proba Formato A proba constará de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo

Más detalles

NORMATIVA DE ACEPTACIÓN DE DOAZÓNS BIBLIOGRÁFICAS

NORMATIVA DE ACEPTACIÓN DE DOAZÓNS BIBLIOGRÁFICAS NORMATIVA DE ACEPTACIÓN DE DOAZÓNS BIBLIOGRÁFICAS A doazón ou cesión a título gratuíto de coleccións ou de materiais bibliográficos por parte de persoas físicas ou xurídicas representa unha forma importante

Más detalles

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA BOP www.dacoruna.gal BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA MIÉRCOLES, 30 DE NOVIEMBRE DE 2016 BOP NÚMERO 227 Administración Local Municipal Ferrol Convocatoria

Más detalles

A R U R T U A D E D A ESMO M R O G R A A A RU R TA T A DE A ESMO M RG R A G

A R U R T U A D E D A ESMO M R O G R A A A RU R TA T A DE A ESMO M RG R A G A RUTA DE A ES MORGA OURENSE Habitantes de Ourense a comenzos do século XIX: 3.000 En 1849: 4.849 Había un porto en Ourense (PORTOVELLO) onde un barqueiro pasaba xente e mercancía ao outro lado do río.

Más detalles

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009) NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009) Motivación A Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro de Universidades,

Más detalles

NORMAS PARA A INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA

NORMAS PARA A INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA O Concello de Monforte de Lemos, un ano máis levou a cabo o Programa Deportivo de Verán, organizado de maneira conxunta polas concellerías de Deportes e Benestar Social, fixéronse unha gran variedade de

Más detalles

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA 1. OBXECTIVO... 2 2. PROPÓSITO... 2 3. ALCANCE... 2 4. RESPONSABLES... 2 5. DESENVOLVEMENTO... 2 5.1. Planificación... 2 5.2. Realización...

Más detalles

AFORRO ENERXÉTICO NOS FOGARES MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS

AFORRO ENERXÉTICO NOS FOGARES MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS AFORRO ENERXÉTICO NOS FOGARES MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS INTRODUCIÓN Das familias galegas depende o 30% do consumo final de enerxía na nosa comunidade, sendo a enerxía a principal causante das emisións de

Más detalles

Xornada Mundial da Xuventude

Xornada Mundial da Xuventude Delegación de Medios - Diocese de Lugo Boletín Electrónico de Información Diocesana Ano 6 nº 295 CONTIDOS Xornada Mundial da Xuventude Mons. Alfonso Carrasco Rouco recibe a medalla da Orde da Alquitara

Más detalles

TEMA 1: A POBOACIÓN NO MUNDO

TEMA 1: A POBOACIÓN NO MUNDO TEMA 1: A POBOACIÓN NO MUNDO A.-INTRODUCIÓN: ACLARANDO CONCEPTOS A.1.- Concepto de Demografía É a ciencia que estuda a poboación. Interésase por coñecer o número de habitantes dun determinado territorio,

Más detalles

QUE É A DISLEXIA? (1) Outón, P. (2009). Dislexia. Una visión interdisciplinar. Barcelona: Lebón.

QUE É A DISLEXIA? (1) Outón, P. (2009). Dislexia. Una visión interdisciplinar. Barcelona: Lebón. Dende a Asociación Galega de Dislexia somos conscientes da escasa información práctica que existe sobre a dislexia en todos os ámbitos, polo que queremos facer chegar aos profesores e profesoras que acollen

Más detalles

A FINDE.U ABRE PORTAS AO TEU FUTURO

A FINDE.U ABRE PORTAS AO TEU FUTURO A FINDE.U ABRE PORTAS AO TEU FUTURO A Área de Emprego e Emprendemento en colaboración coas universidades de Oporto e UTAD celebrará o vindeiro mes de novembro a Finde.U, un foro universidadeempresa que

Más detalles

XUNTANZA ORDINARIA DO CONSELLO PARROQUIAL DE SANTO ESTEVO DE NEGROS

XUNTANZA ORDINARIA DO CONSELLO PARROQUIAL DE SANTO ESTEVO DE NEGROS XUNTANZA ORDINARIA DO CONSELLO PARROQUIAL DE SANTO ESTEVO DE NEGROS DÍA 22 DE XULLO DE 2014 No Centro Cultural de Santo Estevo de Negros, sendo as 20 horas e 40 minutos do día 22 de xullo de 2014, previa

Más detalles

Ofértanse un total de 603 prazas na modalidades de: Balnearios (opción todo incluído ) e a súa adxudicación efectúase nas xefaturas territoriais.

Ofértanse un total de 603 prazas na modalidades de: Balnearios (opción todo incluído ) e a súa adxudicación efectúase nas xefaturas territoriais. benestar en balnearios A Consellería de Traballo e Benestar, dando cumprimento ao Plan Galego de Persoas maiores 2010-2013, convoca para o ano 2013, a través da Secretaría Xeral de Política Social, unha

Más detalles

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PISTA AIRE LIBRE. Ferrol, 4 de Xuño do 2016

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PISTA AIRE LIBRE. Ferrol, 4 de Xuño do 2016 Avda. de Glasgow, 13. Complexo Deportivo de Elviña. Teléfono: 981291683 Páxina Web: http://www.atletismogalego.org e http://www.carreirasgalegas.com CIRCULAR 43-2016 (modificada a 2/05/2016 inclúe horario

Más detalles

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10 Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior Proba de Economía da empresa Código CSPEA01 Páxina 1 de 10 1. Formato da proba Formato A proba constará de 20 cuestións tipo test. As cuestións tipo

Más detalles

Curso COTSG. Casos Prácticos nos Servizos Sociais Comunitarios: Por que cambian as persoas?

Curso COTSG. Casos Prácticos nos Servizos Sociais Comunitarios: Por que cambian as persoas? Curso COTSG Casos Prácticos nos Servizos Sociais Comunitarios: Por que cambian as persoas? Data: 11/01/2017 Índice 1.- Datos da acción formativa...2 2.- Descrición e fundamentación...2 3.- Obxectivos...3

Más detalles

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia http://funcionpublica.xunta.es/?q=node/92 En que consisten? A Xunta de Galicia ten listas de

Más detalles

A proba constará de 20 cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

A proba constará de 20 cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta. Páxina 1 de 9 1. Formato da proba Formato A proba constará de 20 cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta. Puntuación Puntuación: 0.50

Más detalles

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD COMPROMISO DEL CONTRA LA MOROSIDAD La Ley 3/2004, de 29 de diciembre (conocida como Ley Antimorosidad), estableciķ una serie de medidas sustantivas contra la morosidad en las operaciones comerciales, que

Más detalles

formativos de de grao grao superior CSPC003 Código Proba de Matemáticas Páxina 1 de 12

formativos de de grao grao superior CSPC003 Código Proba de Matemáticas Páxina 1 de 12 Probas Probas de de acceso acceso a ciclos a ciclos formativos de de grao grao superior Proba de Matemáticas Código CSPC00 Páina de . Formato da proba Formato A proba consta de vinte cuestións distribuídas

Más detalles

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC Aprobado no Consello Escolar do 3 de febreiro de 2017. (Claustro do 2 de febreiro de 2017). PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC I.E.S. de Ponteceso Documento básico que recolle a planificación de como se incorporan

Más detalles

A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA NA NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL

A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA NA NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL Nº 3, 2009, pp. 97-101 Issn: 1998-2513 A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA NA NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL BLANCA-ANA ROIG RECHOU, PEDRO LUCAS DOMÍNGUEZ E ISABEL SOTO LÓPEZ (COORDS.) 1 RESEÑA A CARGO DE UNIVERSIDADE

Más detalles

REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR XXXI MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA

REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR XXXI MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR XXXI MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA O próximo día 4 de decembro de 2016, ás 10:00 horas, terá lugar a saída da XXXI edición do MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA, que se celebrará

Más detalles

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Secretaría Xeral de Política Social 2014

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Secretaría Xeral de Política Social 2014 Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Secretaría Xeral de Política Social 2014 BENESTAR EN BALNEARIOS A Consellería de Traballo e Benestar, convoca para o ano 2014, a través da Secretaría

Más detalles

GLÍCIDOS. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

GLÍCIDOS. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía. GLÍCIDOS Carmen Cid Manzano I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía. CONCEPTO DE GLÍCIDOS Antigamente chamóuselle Hidratos de Carbono, xa que a súa fórmula empírica: C n ( H 2 O

Más detalles

FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO Rúa Fotógrafo Luis Ksado 17, of. 10 Teléf Fax VIGO - CIF G

FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO Rúa Fotógrafo Luis Ksado 17, of. 10 Teléf Fax VIGO - CIF G ACTIVIDADES DIRIXIDAS Á NEN@S ANO 2016 Durante os días 10 a 15 de xullo levarase a cabo o II Campamento de Actividades de Montaña dirixido aos nen@s montañeiros galeg@s. O campamento farase de novo fora

Más detalles

Servizo de Prevención de Riscos Laborais

Servizo de Prevención de Riscos Laborais Páx. 1 de 4 DESCRICIÓN Durante a realización dos traballos de mantemento nas vías públicas, en ocasións debemos realizar unha gran repetición de movementos, así como a manipulación ou manexo manual de

Más detalles

CONDICIÓNS DO SERVIZO INTERNET MÓVIL

CONDICIÓNS DO SERVIZO INTERNET MÓVIL CONDICIÓNS DO SERVIZO INTERNET MÓVIL As presentes condicións de uso regulan o servizo de datos Internet y Conectividad Móvil (en diante o Servizo ) en calquera das súas modalidades, incluíndo as modalidades

Más detalles

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS 61 MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS O alumno debe resolver só un exercicio de cada un dos tres bloques temáticos. BLOQUE DE ÁLXEBRA (Puntuación máxima 3 puntos) Determinar a matriz X na seguinte

Más detalles

Os sistemas operativos (S. O.)

Os sistemas operativos (S. O.) Os sistemas operativos (S. O.) Calquera ordenador conta cunha parte física (hardware) e cunha serie de programas que permiten que, como usuarios, poidamos empregalo (software) Cando encendemos un ordenador

Más detalles

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA ARTIGO I. OBXECTO O presente regulamento ten por obxecto establecer as condicións de uso

Más detalles

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10 Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior Proba de Economía da empresa Código CSPEA01 Páxina 1 de 10 1. Formato da proba Formato A proba constará de 20 cuestións tipo test. As cuestións tipo

Más detalles

Volume dos corpos xeométricos

Volume dos corpos xeométricos Volume dos corpos xeométricos Contidos 1. Volume e capacidade Unidades de volume Capacidade e volume 2. Volume dun prisma Cubo Ortoedro Resto de prismas 3. Volume dunha pirámide Relación entre prisma e

Más detalles

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45871 IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ANUNCIO do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros

Más detalles

BASES PARA A SELECCIÓN DE DOUS AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL

BASES PARA A SELECCIÓN DE DOUS AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL BASES PARA A SELECCIÓN DE DOUS AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL PRIMEIRA: OBXECTO. O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal de dous Auxiliares da Policía Local.

Más detalles

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPC003. Código. Proba de. Matemáticas. Páxina 1 de 11

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPC003. Código. Proba de. Matemáticas. Páxina 1 de 11 Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior Proba de Matemáticas Código CSPC003 Páxina 1 de 11 1. Formato da proba Formato A proba consta de vinte cuestións distribuídas en catro problemas, do

Más detalles

Múltiplos e divisores. Múltiplos e divisores. Obxectivos. Antes de comezar

Múltiplos e divisores. Múltiplos e divisores. Obxectivos. Antes de comezar 2 Múltiplos e divisores Múltiplos e divisores Obxectivos Nesta quincena aprenderás a: Saber se un número é múltiplo doutro. Recoñecer as divisións exactas. Achar todos os divisores dun número. Recoñecer

Más detalles

Resolución R2/2016 Seguro obrigatorio de responsabilidade civil do mar

Resolución R2/2016 Seguro obrigatorio de responsabilidade civil do mar Resolución R2/2016 Seguro obrigatorio de responsabilidade civil do mar Pleno: D. Francisco Hernández Rodríguez, presidente D. Fernando Cachafeiro García, vocal En Santiago de Compostela, a 10 de maio de

Más detalles

VOTO POR CORREO - ELECCIÓNS SINDICAIS 2015

VOTO POR CORREO - ELECCIÓNS SINDICAIS 2015 VOTO POR - ELECCIÓNS SINDICAIS 2015 Normativa Artigo 19 do Real Decreto 1.846/1994, do 9 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de eleccións a órganos de representación do persoal ao servizo da

Más detalles

CONTASOL. Datos xerais

CONTASOL. Datos xerais CONTASOL Datos xerais NAVALMAR SL C/ Pantalán 23-Baixo 36160-Pontevedra CNAE: 5246 Comercio al por menor de ferretería, pinturas... Ano 2011. Mes de inicio Xaneiro. Nº máximo de dixitos 8 C/C: 0049-5270-88-2590001925

Más detalles

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS ARTIGO 1. OBXECTO O obxecto deste regulamento é a ordenación da utilización das instalacións dos campos de fútbol municipais de SALGUEIRÓN

Más detalles

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx. 12061 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS UNIVERSIDADE DE VIGO RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2013 pola que se publica a normativa de permanencia e progreso do alumnado

Más detalles

Anexo II. DECLARACIÓN DE BENS E DEREITOS i

Anexo II. DECLARACIÓN DE BENS E DEREITOS i Anexo II DECLARACIÓN DE BENS E DEREITOS i PRIMEIRO APELIDO: CAMINO SEGUNDO APELIDO: COPA NOME: ANGEL ESTADO CIVIL: CASADO DATA DE PROCLAMACIÓN: 27/12/2012 (Indíquese a data na que foi proclamado/a deputado/a

Más detalles

Unha manchea de bicos

Unha manchea de bicos Unha manchea de bicos Título: Unha manchea de bicos Autora: Antonia Rodenas Ilustradora: Carme Solé Vendrell Editorial: Xerais Colección: Sopa de libros Nº páxinas: 36 ISBN: 84-8302-681-3 Idade: De 4 anos

Más detalles

ECOLINGÜISMO. Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL)

ECOLINGÜISMO. Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) ECOLINGÜISMO Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) Área de Normalización Lingüística Universidade de Vigo ECOLINGÜISMO As linguas están vivas: cambian influenciadas

Más detalles

RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS NO LABO- RATORIO DE BIOLOXÍA

RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS NO LABO- RATORIO DE BIOLOXÍA XII Congreso de Enciga 39 BIOLOXÍA E XEOLOXÍA RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS NO LABO- RATORIO DE BIOLOXÍA DÍAZ DE BUSTAMANTE, Joaquín JIMÉNEZ ALEIXANDRE, María Pilar Dpto. Didáctica das Ciencias Experimentais

Más detalles

CURSO CONVOCATORIA XERAL ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

CURSO CONVOCATORIA XERAL ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO DE VIGO. Convocatoria xeral curso 2016-2017 CURSO 2016-2017 CONVOCATORIA XERAL DE VIGO 0. NORMATIVA XERAL DE APLICACIÓN A presente convocatoria realízase ao abeiro da Normativa do Plan de Estudos 20 (PEEMAO20),

Más detalles

SANTA EULALIA DE BÓVEDA

SANTA EULALIA DE BÓVEDA SANTA EULALIA DE BÓVEDA Enrique Jorge MONTENEGRO RÚA Rebeca BLANCO-ROTEA Rosa BENAVIDES César PORTELA SANTA EULALIA DE BÓVEDA ı 3 Deseño grá co e maquetación Eloy Lozano Publicidad Documentación Enrique

Más detalles

Fernando Cabeza Quiles

Fernando Cabeza Quiles O topónimo Baloira Malia a que no seu día dubidamos (Cabeza, 1992: 323), no esvaradío tema da toponimia poucas veces un nome de lugar ofrece a súa etimoloxía e o seu significado de maneira tan clara como

Más detalles

BASES QUE REXERÁN NO XVII FESTIVAL DO ENTROIDO 2017 NO CONCELLO DE VALDOVIÑO

BASES QUE REXERÁN NO XVII FESTIVAL DO ENTROIDO 2017 NO CONCELLO DE VALDOVIÑO CONCELLO DE VALDOVIÑO. XVII FESTIVAL DE ENTROIDO O Concello de Valdoviño promove o XVII Festival de Entroido que se celebrará o sábado 4 de marzo no Concello de Valdoviño. BASES QUE REXERÁN NO XVII FESTIVAL

Más detalles