REXISTRO XERAL DE CONTRATISTAS DA XUNTA DE GALICIA (RXC) Manual de usuario 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 1 de 26
CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN Nome do documento: RXC2_Manual_Usuario_Externo.docx Versión: 3.6 Codificación do documento: Elaborado por: Data: 11/03/2015 Validado por: Aprobado por: Data: Data: Versión REXISTRO DE CAMBIOS Causa da nova versión Data de aprobación V1.0 Creación do documento 12/07/2012 V3.3 Correccións 12/6/2015 V3.4 Actualización de requisitos 16/9/2015 V3.5 Actualización de requisitos 09/10/2015 V3.6 Actualización de errores comunes 26/10/2015 LISTA DE DISTRIBUCIÓN (opcional) Nome Número de copia Área/Centro/Ubicación 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 2 de 26
ÍNDICE 1. INTRODUCCIÓN... 5 2. ACCESO Ó SISTEMA... 6 2.1. REQUISITOS... 6 2.1.1. Requisitos para a consulta de certificados... 6 2.1.2. Requisitos para a presentación telemática... 6 2.2. ACCESO Ó REXISTRO XERAL DE CONTRATISTAS... 6 3. COMPROBACIÓN QUE O CERTIFICADO DIXITAL ESTÁ CARGADO NO NAVEGADOR... 8 3.1. MICROSOFT INTERNET EXPLORER... 8 3.2. FIREFOX... 9 4. CONFIGURACIÓN DO NAVEGADOR PARA A PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN TELEMÁTICA... 10 4.1. MICROSOFT INTERNET EXPLORER... 10 4.2. FIREFOX... 12 5. ENTRADA Ó SISTEMA... 15 6. OPERACIÓNS NA APLICACIÓN... 16 6.1. OPERACIÓNS DOS USUARIOS EXTERNOS APODERADOS... 16 6.1.1. Descarga de certificado... 16 6.1.2. Presenta documentación... 17 6.1.3. Consulta documentación... 20 6.1.4. Saír... 20 7. ERRORES COMÚNS Ó PRESENTAR DOCUMENTACIÓN TELEMÁTICA... 21 7.1. JAVA INDICA QUE O APPLET ESTÁ BLOQUEADO POR MOTIVOS DE SEGURIDADE.... 21 7.1.1. Causa... 21 7.1.2. Solución... 21 7.2. PROBLEMA COA URL DE ACCESO... 21 7.2.1. Causa:... 21 7.2.2. Solución:... 21 7.3. ERROS CO INTERNET EXPLORER... 21 7.3.1. Causa 1:... 22 7.3.2. Solución 1 :... 22 7.3.3. Causa2:... 22 7.3.4. Solución2:... 22 7.3.5. Causa 3:... 22 7.3.6. Solución 3:... 22 7.3.7. Causa 4:... 22 7.3.8. Solución 4:... 22 7.4. APARECE UNHA MENSAXE DE QUE NON É APODERADO DE NINGUNHA EMPRESA... 23 7.4.1. Causa 1:... 23 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 3 de 26
7.4.2. Solución 1:... 23 7.4.3. Causa 2:... 23 7.4.4. Solución 2:... 23 7.4.5. Causa 3:... 23 7.4.6. Solución 3:... 23 7.5. PROBLEMAS CO DNI ELECTRÓNICO... 23 7.5.1. Solución:... 24 7.6. NOTAS FINALES... 25 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 4 de 26
1. INTRODUCCIÓN O presente documento é unha guía práctica da aplicación de Rexistro Xeral de Contratistas de Galicia para usuarios externos. Dende o punto de vista dos usuarios externos móstrase o proceso de presentación e consulta da documentación presentada polo contratista. 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 5 de 26
2. ACCESO Ó SISTEMA 2.1. REQUISITOS 2.1.1. Requisitos para a consulta de certificados Para poder consultar os documentos os usuarios deben: - Dispor dun dos seguintes Sistema Operativos: - Windows Vista - Windows 7 - Windows 8 - Dispor dun dos seguintes Navegadores: - Internet Explorer 10 de 32 bits (ou superior) - Firefox 32 (ou superior) - Chrome 37 (ou superior) - Ter instalado o programa Acrobat Reader. - Deshabilitar elementos emerxentes para o enderezo *.conselleriadefacenda.es - Dispor dun Certificado dixital recoñecido pola Consellería de Facenda de persoa física ou xurídica e accesible dende o navegador. No seguinte enderezo poden ser consultados: 2.1.2. Requisitos para a presentación telemática Para poder presentar telemáticamente documentación os usuarios deben: - Dispor dun dos seguintes Sistema Operativos: - Windows Vista - Windows 7 - Windows 8 - Dispor dun dos seguintes Navegadores: - Internet Explorer 10 de 32 bits (ou superior) - Firefox 32 (ou superior) - Ter instalado o programa Acrobat Reader. - Deshabilitar elementos emerxentes para o enderezo *.conselleriadefacenda.es - Dispor dun Certificado dixital recoñecido pola Consellería de Facenda de persoa física ou xurídica e accesible dende o navegador. No seguinte enderezo poden ser consultados: http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/servizos-e-tramites/ovperceptores/admision-autoridades-certificadoras http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/servizos-e-tramites/ov-perceptores/admision-autoridadescertificadoras - Ter instalado a versión 1.8 Java de 32 bits, coa súa última actualización. - Ter configurado os Sitios de Confianza co nivel medio-baixo co enderezo *.conselleriadefacenda.es (Para Internet Explorer). - No caso de usar Microsoft Internet Explorer, debe estar desactivado a Vista de compatibilidade. 2.2. ACCESO Ó REXISTRO XERAL DE CONTRATISTAS Os usuarios externos acceden á aplicación mediante a URL publicada no portal da Consellería de Facenda entre outros sitios. A URL é a seguinte: http://www.conselleriadefacenda.es/rxc O contratista pode acceder ó sistema para efectuar unha consulta de situación (certificados) ou efectuar unha presentación telemática. 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 6 de 26
Unha vez pulsado o enlace o acceso do usuario efectúase mediante certificado dixital de persoa física ou xurídica. Para acceder ó portal é requisito obrigatorio que o usuario sexa dado de alta previamente como apoderado dunha empresa se acede cun certificado dixital de persoa física. 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 7 de 26
3. COMPROBACIÓN QUE O CERTIFICADO DIXITAL ESTÁ CARGADO NO NAVEGADOR 3.1. MICROSOFT INTERNET EXPLORER Para comprobar se o certificado dixital está cargado no navegador deberá: 1. Dende a opción Opción de Internet do menú Ferramentas. 2. Pulsamos na pestana Contenido e o botón certificados. A continuación comprobamos que temos cargado o noso certificado dixital. 3. Facendo dobre click no certificado, podemos comprobar se é válido ou non (comprobando a data de validez e se ten a clave privada). 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 8 de 26
3.2. FIREFOX Para comprobar se o certificado dixital está cargado no navegador deberá: 1. Dende a opción Opciones do menú Abrir menú. 2. Pulsamos na pestana Avanzado e no botón Ver certificados e a continuación comprobamos que temos cargado o noso certificado dixital. 3. Facendo dobre click no certificado, podemos comprobar se é válido ou non (comprobando a data de validez). 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 9 de 26
4. CONFIGURACIÓN DO NAVEGADOR PARA A PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN TELEMÁTICA 4.1. MICROSOFT INTERNET EXPLORER Para poder presentar documentación telemática co Internet Explorer debemos: 1. Configurar os sitios de confianza. Para iso temos que: a. Ir o menú Herramientas e Opciones de Internet b. Na pestaña Seguridad engadir os sitios de confianza o enderezo: https://rxc.conselleriadefacenda.es 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 10 de 26
2. Permitir os elementos emerxentes. a. Na pestaña Privacidad permitir elementos emerxentes o enderezo: https://rxc.conselleriadefacenda.es 3. A Vista de compatibilidade debe estar desactivada. Dende o menú Herramientas (Accedemos pulsando a tecla ALT e a letra H ), imos a Vista de Compatibilidade e desactivamos as opcións. Finalmente, pulsamos Cerrar. 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 11 de 26
4.2. FIREFOX Para poder presentar documentación telemática co navegador firefox debemos: 1. Dende a opción Opciones do menú Abrir menú. 2. Vamos a pestana Seguridad, pulsamos en Excepciones e engadimos e permitimos o enderezo: https://rxc.conselleriadefacenda.es 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 12 de 26
3. Vamos a pestana Contenido, pulsamos en Excepciones, e engadimos e permitimos o enderezo: https://rxc.conselleriadefacenda.es 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 13 de 26
26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 14 de 26
5. ENTRADA Ó SISTEMA Unha vez pulsado o enlace Consulta de situación ou Presentación telemática o acceso do usuario pode efectuarse mediante certificado dixital de persoa física ou xurídica. Para acceder ó portal é requisito obrigatorio que o usuario se dea de alta previamente. 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 15 de 26
6. OPERACIÓNS NA APLICACIÓN 6.1. OPERACIÓNS DOS USUARIOS EXTERNOS APODERADOS Os contratistas que sexan apoderados acceden a parte da aplicación da presentación telemática. A pantalla de inicio móstrase a continuación: As opcións do menú dispoñibles descríbense a continuación: Descarga de certificado: Permite ó usuario descargar un certificado determinado. Presenta documentación: Permite ó usuario presentar a documentación asociada Consulta documentación: Permite ó usuario consultar a documentación. Saír: Permite ó usuario saír da aplicación. 6.1.1. Descarga de certificado A pantalla que se mostra ó usuario ó pulsar sobre a opción de menú Descarga de certificado é a seguinte: Os campos da pantalla desta pantalla son: - Seleccionar contratista: Permite seleccionar o contratista (empresa) do que se quere descargar o certificado. Nesta lista móstranse todos os contratistas que teñen como apoderado o usuario rexistrado. - Tipo certificado: Permite seleccionar o tipo de certificado a xerar para ó contratista anteriormente seleccionado. 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 16 de 26
Unha vez indicados os campos prémese no enlace Descargar certificado para xerar o certificado desexado. 6.1.2. Presenta documentación A pantalla que se mostra ó usuario ó pulsar sobre a opción de menú Presenta documentación é a seguinte: - Seleccionar contratista: Permite seleccionar o contratista (empresa) do que se quere presentar a documentación. Nesta lista móstranse todos os contratistas que teñen como apoderado o usuario rexistrado. Unha vez seleccionado o contratista premerase no enlace Consultar documentación e cargaranse no listado que aparece na parte inferior da pantalla os documentos a presentar para o contratista: Ó premer no enlace da declaración da vixencia da documentación actual ou da autorización verificación obrigas tributarias, se xa se presentou un documento desde tipo, móstrase a seguinte mensaxe: Se non se presentou previamente un documento, poderase firmar o documento seleccionado, premendo no botón Asinar/Presentar, mostrado na parte de arriba da pantalla. 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 17 de 26
Unha vez pulsado, mostrarase unha ventá onde se seleccionará o certificado para realizar a firma: Ó finalizar a firma do documento, aparecerán dispoñibles no listado varias accións asociadas ó documento firmado: visualizar documentación ou consultar xustificante. Ó premer no enlace da declaración de exención de IAE móstrase a seguinte pantalla: 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 18 de 26
Dende esa pantalla poderase modificar o exercicio e tipo de exención de cada un dos epígrafes, premendo o enlace : Para formalizar os cambios realizados sobre o exercicio e sobre o tipo de exención premerase no botón de gardar, móstranse no listado en verde os cambios realizados sobre o epígrafe: Pulse no enlace Previsualizar/Asinar-presentar para asinar e presentar a documentación do mesmo xeito ca presentación da documentación de declaración de vixencia. 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 19 de 26
6.1.3. Consulta documentación Ó seleccionar a opción Consulta de documentación móstrase a seguinte pantalla: - Seleccionar contratista: Permite seleccionar o contratista (empresa) do que se quere consultar a documentación. Nesta lista móstranse todos os contratistas que teñen como apoderado o usuario rexistrado. Unha vez seleccionado o contratista premerase no enlace Consultar documentación e cargaranse no listado que aparece na parte inferior da pantalla os documentos presentados para o contratista: Para cada documentación que aparece no listado poderase visualizar o documento seu xustificante. ou consultar o 6.1.4. Saír Mediante esta opción o usuario sae da aplicación. 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 20 de 26
7. ERRORES COMÚNS Ó PRESENTAR DOCUMENTACIÓN TELEMÁTICA 7.1. JAVA INDICA QUE O APPLET ESTÁ BLOQUEADO POR MOTIVOS DE SEGURIDADE. 7.1.1. Causa O entorno de execución de Java non está actualizado ou está mal configurado. 7.1.2. Solución Para solucionar o problema, podemos: 1. Rebaixar o nivel de seguridade de Java a alta dende o panel de control, icona Java, pestana Seguridad. 2. Instalar a última versión de Java 1.8 de 32 bits homologada. 7.2. PROBLEMA COA URL DE ACCESO 7.2.1. Causa: Os usuarios ten gardado nos seus favoritos o enlace de acceso e non actualizaron a URL do acceso de favoritos. 7.2.2. Solución: Acceder dende o seguinte enderezo ó Rexistro de contratistas: http://www.conselleriadefacenda.es/rxc 7.3. ERROS CO INTERNET EXPLORER Ó aceder á consulta de certificados ou presentación telemática, o navegador devolve o seguinte erro: 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 21 de 26
7.3.1. Causa 1: O certificado non está cargado no navegador. 7.3.2. Solución 1 : 1. Comprobar que ten certificado cargado no navegador. Consultar a seción 3 deste manual. 2. No caso de non estar cargado, realizar a importación do mesmo. 7.3.3. Causa2: O certificado do usuario está caducado ou non é válido. 7.3.4. Solución2: 1. Comprobar que o certificado non está caducado. 2. Se está caducado terá que proceder a renovalo e de novo cargalo no sistema. 7.3.5. Causa 3: O usuario ten o certificado cargado no sistema, non está caducado pero é un tipo de cerficado que non é admitido pola aplicación (ver requisitos). 7.3.6. Solución 3: 1. Comprobar que o certificado é un dos admitidos pola Consellería de Facenda: http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/servizos-e-tramites/ov-perceptores/admisionautoridades-certificadoras 2. No caso de que o usuario non dispoña dun certificado válido pódeselle solicitar á Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (http://www.fnmt.es/). 7.3.7. Causa 4: O certificado do usuario está cargado no navegador, pero sen a súa clave privada. 7.3.8. Solución 4: 1. Comprobar que o certificado está cargado no navegador coa clave privada. 2. No caso de non ter a clave privada é preciso: a. Comprobar se ten copia do certificado dixital. No caso de ter o arquivo, eliminar o certificado do navegador e volver a importarlo coa clave privada. 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 22 de 26
7.4. APARECE UNHA MENSAXE DE QUE NON É APODERADO DE NINGUNHA EMPRESA 7.4.1. Causa 1: O usuario está usando un certificado de empresa co CIF (persoa xurídica en vez de persoa física). 7.4.2. Solución 1: 1. Comprobar comprobar si o certificado é de empresa. En estos momentos a aplicación Non é compatible con certificadso dixitáis emitidos para persoas xurídicas. 2. Cargar o certificado de persona física de clase 2, válido para a Consellería de Facenda, que se corresponda con un apoderado da empresa (dado de alta no Rexistro de Contratistas). 7.4.3. Causa 2: O usuario está accediendo ó sistema cun certificado dixital, que non se corresponde cun apoderado da empresa. É decir, non consta como apoderado no Rexistro Xeral de Contratistas. 7.4.4. Solución 2: Que el acceso al sistema sea realizado con un certificado digital, de persona física que conste en el Rexistro Xeral de Contratistas como apoderado de una empresa. 7.4.5. Causa 3: O apoderado foi dado de alta incorrectamente na aplicación como apoderado. 7.4.6. Solución 3: O usuario deberá poñerse en contacto coa Xunta Consultiva de Contratación para que corrixan o erro, pódeselle indicar http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/guia-rexistro-contratistas 7.5. PROBLEMAS CO DNI ELECTRÓNICO Acedo, asino co DNI electrónico, pero non me deixa consultar a documentación. 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 23 de 26
7.5.1. Solución: Cerrar o navegador e volver entrar. 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 24 de 26
7.6. NOTAS FINALES Se segue con problemas coa presentación telemática pode (baixo a súa responsabilidade): 1. Eliminar os arquivos temporais de Internet de o contorno de execución de Java, dende o panel de control, icona Java, pestana General, botón configuración, pulsar Suprimir Archivos 2. Eliminar os datos de navegación. Para isto debe: a. Ir o menú Herramientas e Opciones de Internet, pestana General e pulsar Eliminar. 3. Restaurar a configuración inicial do navegador. Para isto debe: 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 25 de 26
a. Ir o menú Herramientas e Opciones de Internet, pestana Opciones avanzadas e pulsar Restablecer. Finalmente, no caso de seguir con problemas a hora de realizar unha presentación telemática pode contactar co noso Centro de Atención a Usuarios. http://www.conselleriadefacenda.es/web/cixtec/atendemos 26/10/2015 RXC2_Manual_Usuario_Externo_v9.docx Páxina 26 de 26