O CEMITERIO MUNICIPAL DE SAN FROILÁN

Documentos relacionados
EL CEMENTERIO MUNICIPAL DE S. FROILÁN. El Cementerio Municipal de

Concello de Redondela GAC-7: Ría de Vigo-A Guarda

UN AMOR POR DESCUBRIR

A R U R T U A D E D A ESMO M R O G R A A A RU R TA T A DE A ESMO M RG R A G

BIBLIOTECA DE GALICIA. Del 5 de diciembre 2015 al 24 de enero Lino. González Rubido: un dibujante olvidado en la prensa compostelana

Que é Tótem, xestión creativa do tempo?

NORMATIVA SOCIAL MEDIA

A CARTA DE PRESENTACIÓN

INFORME CLIMATOLÓXICO

Menos es más Menos é máis. Obtener el máximo resultado y prestaciones con el mínimo de medios y recursos.

1º exame, 3ª avaliación

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

Tema 14.- A poboación de España e de Galicia.

O servidor do centro

XESTUR PLATAFORMAS LOXÍSTICAS

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

O RELEVO DE GALICI C A I

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

As escrituras antigas da Igrexa de Parderribias expresan a

INFORMACIÓN SOBRE A UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS

6.1. Sinalización. Normas xerais

Audio e vídeo en Ardora 7

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

RENDAS PERCIBIDAS POLO PARLAMENTARIO/PARLAMENTARIA 2

AULA DA NATUREZA DE CABO UDRA

MEMORIA DESCRITIVA DAS INSTALACIÓNS E DAS ACTIVIDADES

VIAXAR POLO UNIVERSO Un programa de Astronía en Galego

Anexo II. DECLARACIÓN DE BENS E DEREITOS i

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

CAMILO JOSÉ CELA O CENTENARIO DUN NOBEL

TEMA 1: A POBOACIÓN NO MUNDO

ÍNDICE 1 MANUAL BÁSICO 2 TONS DE CHAMADA 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION INTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION EXTERNA?

2. A codia oceánica e a codia continental A plataforma continental galega

Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Comisión Galega de Bioética

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CODIFICADORES CIRCUÍTOS COMBINACIONAIS

Conmemórase este ano 2015 o 120 aniversario da primeira exposición realizada por un novísimo

3ª ESCOLA DE PRIMAVERA Educación Social e cidadanía. Intervención na escola e na comunidade

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

PROGRAMA DE BOLSAS HIGH SCHOOL UN ANO ACADÉMICO NOS ESTADOS UNIDOS

Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación. Pontevedra

Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia

EmpregoUDC ELABORACIÓN DO CURRÍCULUM VITAE. Para elaborar un bo currículo debes reflexionar sobre dúas variables:

La Voz de Galicia (Pontevedra) Pontevedra

30 junio - 2 julio de xuno - 2 xullo IV MONOGRÁFICO FORESTAL INTERNACIONAL PARA EL SUR DE EUROPA

Ruth Matilda Anderson

Curso COTSG. Casos Prácticos nos Servizos Sociais Comunitarios: Por que cambian as persoas?

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL PARA GALICIA

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

Cidade da Ciencia e a Innovación 2012 IX CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO NO PARQUE NATURAL DE PONGA, ASTURIAS.

Prototipo: Como construír a miña proposta? Módulo 5

Información e instrucións para realizar solicitudes web

ACTA DA XUNTANZA EXTRAORDINARIA DO CONSELLO PARROQUIAL DE SANTO ESTEVO DE NEGROS 23 DE SETEMBRO DE 2013

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

Os sistemas operativos (S. O.)

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

viaxes especializada que realice a súa actividade a través de internet.

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015

Proxecto ORZAMENTO EN TERMOS DE CONTABILIDADE NACIONAL. Memoria I

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

Concello de Lugo. Elementos de identidade Elementos de identidad

DATOS IDENTIFICATIVOS 2015/16. Asignatura Técnicas de Comunicación e de Promoción Turísticas Código 662G01005

SITUACIÓN. Zona de Sar. Situada ao leste a carón do río Sar. Zona de Sar. Situada hacia el este a las orillas del río Sar.

FUNDAMENTOS DO DESEÑO

ACTIVIDADES CURSO 2015/2016

A PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS EN GRANDES INFRAESTRUTURAS E NÚCLEOS RURAIS

VIII OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA La Caixa Bases

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Manual de Identidade Corporativa

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

NORMATIVA DE ACEPTACIÓN DE DOAZÓNS BIBLIOGRÁFICAS

Una empresa con vocación de servicio

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

Servizo de Guía Laboral

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

Instalación Imaxe Abalar Libre v1.5

Crónica de la Jornada: J.C. Nóvoa Muñoz y M. Arias Estévez Fotografías: J.C. Nóvoa Muñoz y Rosa Tedín (DUVI)

BALONCESTO. ÓNDE SE XOGA? O baloncesto xogase nun campo rectangular de 28 x15 coas seguintes características: A TÉCNICA

O SALARIO. O salario ou remuneración salarial é o pago que recibe en forma periódica un

USO DA MADEIRA ESTRUCTURAL DE CASTIÑEIRO NA REHABILITACIÓN E VIVENDA NOVA I XORNADAS INTERNACIONAIS SOBRE O CASTIÑEIRO

Manual de Instalación Impresora de Etiquetas AIRES. Aplicación Informática do Rexistro de Entrada e Saída da Xunta de Galicia. Elaborado por AMTEGA

Ordenanzas fiscais Páxina 1

NORMAS PARA A INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 5 de xullo de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

Unidade 4: Pneumática

PAU XUÑO 2010 XEOGRAFÍA

Seminarios de Formación Continua

Transcripción:

O CEMITERIO MUNICIPAL DE SAN FROILÁN O Cemiterio Municipal de San Froilán do Concello de Lugo, relativamente moderno, data do ano 1948, se ben conserva construcións procedentes do anterior Cemiterio municipal que, tras o seu peche, foi trasladado a este. Aínda que nin a súa magnitude nin o seu patrimonio histórico artístico o sitúan ao mesmo nivel que as grandes necrópoles europeas, con todo, tampouco é posíbel catalogalo como un cemiterio vulgar: a súa harmoniosa distribución, o seu enclave único e estratéxico, a beleza das súas tumbas, panteóns e monumentos funerarios que, en gran parte, foron trasladados dende o antigo Cemiterio municipal, fan que o noso camposanto adquira un grande interese, tanto para a cidade coma para os seus visitantes.

Como dato curioso podemos indicar que está construído sobre unha necrópole megalítica, e nas súas inmediacións consérvanse tres túmulos ou mámoas, aínda sen escavar. Foi construído polo arquitecto Eloy Maquieira, un dos principais representantes da arquitectura racionalista en Galicia, deixando rastro deste estilo na racionalidade esencial da súa distribución. Conta cunha superficie de 61.000 m 2, cercada por 1 km de muro de pedra, á que hoxe habería que engadir a correspondente á zona ampliada cun total de 55.730 m 2 máis as zonas de servizos. Son as súas construcións funerarias as que lle confiren o seu carácter singular. Moitas delas, procedentes do antigo Cemiterio municipal dende o cal foron trasladadas, datan de mediados do S. XIX, tales coma, o Panteón de García Abad, cóengo da Catedral de Lugo, posteriormente beatificado, que fora sufragado mediante unha colecta popular. Trátase dunha construción arquitectónica que responde ao exemplo de arquitectura funeraria francesa tendo o seu homólogo no Cemiterio de Bordeos. No seu conxunto predomina a proporción, o bo gusto e o acertado da combinación de elementos decorativos orixinarios de distintos estilos e épocas.

Tamén do ano 1863 data un dos Panteóns máis emblemáticos do noso Cemiterio de estilo neogótico, construído a finais do reinado de Isabel II por unha familia emigrante que ó seu regreso, investiu deste modo os seus aforros procedentes do novo mundo. Outro dos monumentos de importancia cos que conta é a denominada Cruz dos Soldados Repatriados (1898), erixido en homenaxe aos soldados españois que participaron na Guerra de Cuba e que regresaron maltreitos para finar en España. Esta construción garda un paralelismo evidente con outras construcións funerarias similares, como é o monumento aos Mártires de Carral (A Coruña) ou a Cruz Funeraria do Cemiterio de Dullins (Rhone-Francia). E tampouco podemos deixar de falar dos múltiples elementos arquitectónicos que, instalados nas tumbas, salpican o camposanto de numerosos puntos de interese e confírenlle a súa riqueza cultural e o seu carácter singular, destacando nalgúns casos a minuciosidade do traballo en detalles significativos como un rosario, unha coroa de flores, a candidez da infancia, en outros a grandiosidade, en

outros a antigüidade ou a creatividade de escultores e canteiros. Neste sentido, destaca tamén a abundancia en todo o recinto de anxos, nas súas diversas manifestacións, pedindo silencio, anunciando coa súa trompeta o xuízo final ou expresando desolación e dor, infundindo de paz e de esperanza á aflicción que acompaña á morte.

Tampouco podemos esquecer o aspecto máis atual do Cemiterio municipal de San Froilán, reflectido na zona nova, ampliada no ano 1998 e que veu dar a nota de modernidade. Nela, deuse acollida ás tendencias atuais orientadas cara a incineración, habilitando un espazo específico para o depósito das cinzas, nun contorno aconfesional que chama ao recollemento e á meditación. É o denominado Xardín das Lembranzas ou xardín do recordo presidido polo Memorando, pirámide que representa unha vela ao vento na cal se reflicte o transcorrer da vida. Á parte da riqueza cultural e arquitectónica que encerra este Cemiterio, está o encanto e a intimidade que se respira nel. En efecto, non foron en vano os esforzos realizados nos últimos anos que se dirixiron a salpicar o recinto de pequenos detalles íntimos, encamiñados a captar a sensibilidade das súas persoas visitantes a fin de lograr un cambio na súa conceptualización, incrementando a súa aceptación e integración na vida social e converténdoo nun lugar de paz e reencontro, de recordó, de memoria histórica, de historias infinitas colectivas e individuais,

alimentadas polas emocións, pola dor, pola esperanza, e pola resignación que acompañan a cada unha delas e que alí se atesouran. A instalación de poemas, de frases de esperanza, que se sortean entre as flores e os arbustos, constitúen os denominados puntos de paz, onde as persoas visitantes conseguen harmonizar os seus sentimentos e lograr a calma interior necesaria para superar a perda dos seus seres queridos e reencontrarse coa súa historia inmediata. A iso contribúe, tamén, a celebración de concertos de música clásica e de recitais de poesía de tan boa acollida entre a poboación. As visitas históricas guiadas que, dende o ano 2010 se veñen realizando no recinto e que foron postas en marcha no último ano, tamén contribuíron a espallar e a introducir un novo concepto de cemiterio, mais integrado na sociedade, en plena competencia coa imaxe tráxica e tenebrosa de que historicamente o connotaron. Sección Cemiterio Concello de Lugo