PLAN DE CALIDADE DOCENTE UNIVERSIDADE DE VIGO

Documentos relacionados
PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

DATOS IDENTIFICATIVOS 2015/16. Asignatura Técnicas de Comunicación e de Promoción Turísticas Código 662G01005

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

Xestión da mobilidade

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

Información pública e rendemento de contas

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

NORMATIVA DE CENTROS DE APOIO Á INVESTIGACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO VICERREITORÍA DE INVESTIGACIÓN

DUBIDO SE O MEU FILLO/A TEN ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

Curso COTSG. Casos Prácticos nos Servizos Sociais Comunitarios: Por que cambian as persoas?

Proxecto ORZAMENTO EN TERMOS DE CONTABILIDADE NACIONAL. Memoria I

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR

Expediente: D.3.Q/14584/15. Santiago de Compostela, 22 de outubro de Sr. Reitor:

Fundamentos de Administración e Xestión

3ª ESCOLA DE PRIMAVERA Educación Social e cidadanía. Intervención na escola e na comunidade

PROGRAMA DE BOLSAS HIGH SCHOOL UN ANO ACADÉMICO NOS ESTADOS UNIDOS

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

Servizo de Guía Laboral

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

laboral. de seguridae e saude

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

ÍNDICE 1 MANUAL BÁSICO 2 TONS DE CHAMADA 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION INTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION EXTERNA?

Información e instrucións para realizar solicitudes web

O servidor do centro

Por todo isto, esta consellería,

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

CURSOS DO CONTRATO PROGRAMA AUTONÓMICO (PF 2013/000007) DE UGACOTA

viaxes especializada que realice a súa actividade a través de internet.

REGULAMENTO PARA A ADMISIÓN E PERMANENCIA DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS NO VIVEIRO DE EMPRESAS INNOVADORAS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

O PEC. Aspectos lexislativos e organizativos

VIII OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA La Caixa Bases

4 Programas europeos

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas

PREMIOS JULES VERNE ( ) DE ENSINO

Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación. Pontevedra

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

Comisión Galega de Bioética

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL PARA GALICIA

PLAN OPERATIVO DE INFORMACIÓN PÚBLICA E RENDEMENTO DE CONTAS do C E N T R O

MANUAL DE FUNCIÓNS 1

Convocatoria ordinaria de 2012

NORMATIVA DE ACEPTACIÓN DE DOAZÓNS BIBLIOGRÁFICAS

NORMATIVA SOCIAL MEDIA

ESTADO DE TRAMITACIÓN HUMANIZACIÓNS 2012

DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2011 Páx. 8548

Cuestionario de Convivencia Preguntas frecuentes

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

30 junio - 2 julio de xuno - 2 xullo IV MONOGRÁFICO FORESTAL INTERNACIONAL PARA EL SUR DE EUROPA

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015

REXISTRO DE CERTIFICADOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA OBRADOIRO DE INICIATIVA EMPRENDEDORA 3ºESO CURSO

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2008/2009

O SALARIO. O salario ou remuneración salarial é o pago que recibe en forma periódica un

A FINDE.U ABRE PORTAS AO TEU FUTURO

REGULAMENTO PARA A DEFENSA DO TRABALLO FIN DE MÁSTER EN XESTIÓN DO PATRIMONIO ARTÍSTICO E ARQUITECTÓNICO, MUSEOS E MERCADO DA ARTE

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CODIFICADORES CIRCUÍTOS COMBINACIONAIS

Programa docente en créditos ECTS

CONVENIO EUROPEO DA PAISAXE

CIRCULAR A todas as Delegacións (*) - Aos clubes e adestradores (*) Para a súa distribución entre todos os estamentos da súa demarcación

A CARTA DE PRESENTACIÓN

Prototipo: Como construír a miña proposta? Módulo 5

PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DO SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

EmpregoUDC TESTS DE PERSONALIDADE QUE SON, TIPOS, QUE AVALÍAN E CONSELLOS QUE SON?

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

CONDICIÓNS DO SERVIZO INTERNET MÓVIL

1/14. Ditame. sobre o anteproxecto de Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia APROBADO POLO PLENO O 4 DE SETEMBRO

TEMA 4. O coñecemento científico

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Sesión 4: Metodoloxía didáctica na Aula Abalar

Debuxo Artístico. Bloque de materias específicas. Introdución

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

JOSÉ RIESGO BOLUDA, SECRETARIO XERAL DO PLENO DO CONCELLO DE VIGO,

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

As retribucións percibidas polos traballadores/as contratados/as estarán axustadas á disponibilidade orzamentaria.

COMISIÓN ACADÉMICA DO GRAO EN QUÍMICA ACTA DA SESIÓN DO 15 DE OUTUBRO DE 2015

INSTRUCIÓNS DE PUBLICIDADE

VIAXAR POLO UNIVERSO Un programa de Astronía en Galego

(...) I. NORMAS XERAIS

Audio e vídeo en Ardora 7

Concello de Redondela GAC-7: Ría de Vigo-A Guarda

INFORMACIÓN SOBRE A UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS

Future JObs. Como ter oportunidades laborais nun entorno dixital. 11 Expertos 2 Sesións

REGULAMENTO DE PRÁCTICAS ACADÉMICAS EXTERNAS DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.

PROCESO PARTICIPATIVO PARA UN NOVO CONVENIO CTAG (PNC CTAG)

Transcripción:

PLAN DE CALIDADE DOCENTE UNIVERSIDADE DE VIGO PRESENTACIÓN Consello de Goberno Decembro 2004 1

Motivación: PRESENTACIÓN Consello de Goberno Decembro 2004 PLAN DE CALIDADE DOCENTE DA UNIVERSIDADE DE VIGO A educación, e en especial a superior, pode ser considerada como un dos principais axentes dinamizadores do crecemento económico da sociedade. Nesta liña, pódese afirmar que desenvolver unha docencia e investigación de excelencia permite dispoñer de recursos humanos cun nivel adecuado para conquirir maiores cotas de crecemento económico e competitividade, o que se traduce nun aumento do benestar social. Estes obxectivos de excelencia na docencia e na investigación, básicos nas Universidades públicas, están relacionados directamente coa Calidade. De tal modo, que en ocasións os termos calidade e excelencia semellan equivalentes, aínda que a calidade é o vehículo para conquirir a excelencia. En calquera caso, nunha sociedade coma a actual, consciente da relación entre crecemento económico e educación, a calidade coa que se presta un servizo está sendo unha compoñente cada vez máis esixida. O sistema universitario, como calquera outro sistema produtivo, require a existencia dun financiamento que faga viable a súa sostibilidade e que impulse a calidade. Agora ben, os recursos que se dispoñan para a procura da calidade docente e de investigación deben establecerse sobre principios de competencia e eficiencia; doutro modo, poderase incorrer nun crecemento do gasto inaceptable. A xestión dos recursos públicos debe ter como principios básicos a satisfacción das demandas da cidadanía, cada vez máis esixente e sofisticada, e o mantemento de certa disciplina orzamentaria. Estes dous principios, como se demostrou extensamente nos sectores educativos, poden ser acadados a través de mecanismos que combinen incentivos económicos e competencia aberta. Unha condición necesaria para a introducción de competencia e incentivos para a mellora da eficiencia e a calidade é dispoñer unha información homologable sobre os procesos de produción do servizo. Nun contexto universitario, a imposibilidade de definir a eficiencia en termos da maximización dun beneficio leva a tratar de cuantificar a eficiencia a partir de indicadores específicos. Isto constitúe un reto para as institucións públicas se estas pretenden coñecer o seu nivel de calidade ou aplicar técnicas de xestión na procura da súa mellora. Dito doutra forma, a procura dos obxectivos de calidade debe axustarse necesariamente a unha avaliación dos rendementos na docencia e na investigación, de tal modo, que permita identificar a relación entre recursos dispoñibles e a producción obtida - servizo prestados. Noutro contexto, a implantación dunha política de calidade en calquera sistema require a complicidade de tódolos axentes implicados, sen distinción nin excusas. A calidade debe entenderse nun sentido global e, polo tanto, común a todo o sistema. Isto é especialmente importante nos sistemas, coma o universitario, onde as actuacións dos membros poden dispoñer de certa autonomía, que debe respectarse, permitirse e incluso fomentarse. A calidade non se corresponde directamente coa busca da uniformidade e da unicidade, se non coa coordinación e organización da pluralidade, indispensable para a dinamización da creatividade na Universidade. Para unha efectiva implantación e viabilidade dunha política e cultura da calidade é necesario que o plan de calidade considere os seguintes principios xerais e básicos: i) Participación de tódolos axentes: O sentido global que presente o plan de calidade fai necesario a participación e implicación de toda a comunidade universitaria; cada sector e unidade debe asumir as súas tarefas e obxectivos logo de ser definidos dentro do plan xeral. ii) Corresponsabilidade entre tódalas unidades e órganos persoais: Para a implantación eficaz do plan de calidade é básico que a participación da comunidade universitaria se concrete na asunción de responsabilidades para o seguimento das actuacións. Deste modo, poderase programar máis eficientemente as actuacións para a mellora e avaliar os posibles puntos críticos nos procesos de implantación. iii) Difusión do plan e das actuacións programadas, así como da publicidade das convocatorias públicas e resultados de avaliación: A participación e corresponsabilidade han de establecerse a partir dun programa de difusión estendido a toda a Universidade, e incluso ó entorno social. O programa de difusión presentará varias fases, desde a presentación do plan ata a publicidade de resultados, pasando polas convocatorias de reunións para concretar actuacións e convocatorias abertas para presentar solicitudes. iv) Harmonización das actuacións para impedir desequilibrios excesivos entre as distintas unidades: Os programas e actuacións do plan de calidade han de implantarse na busca da mellora equilibrada de tódalas unidades. Isto 2

pódese reflectir na definición de programas piloto representativos para despois facer unha implantación progresiva, ou ben a través de actuacións universais. v) Eficiencia: No artigo 31.2 da Constitución do Estado Español do 1978 disponse O gasto público realizará unha dotación equitativa dos recursos públicos e a súa programación e execución respostarán ós criterios de eficiencia e economía. Estes principios sobre a eficiencia e economía veñen motivados no contexto social actual nas seguintes razóns: Nas implicacións que a ineficacia ten sobre o déficit público, a esixencia da sociedade sobre as utilizacións dos seus recursos e a necesidade dunha correspondencia entre gasto público e incremento do benestar e prestación social. Polo tanto, a Universidade pública como depositaría de recursos públicos deberá ter en conta a eficiencia e rendibilidade das súas programacións e propostas de dotación. A Universidade de Vigo está participando activamente en sucesivos plans estatais e autonómicos de avaliación da calidade das universidades, o que lle outorga unha experiencia e un compromiso para profundizar e impulsar medidas para a mellora das actividades da Universidade. O plan de Calidade representa unha política institucional da Universidade de Vigo na procura de mellorar a súa actividade docente, que é un fin esencial como se dispón nos seus Estatutos e na Lei Orgánica de Universidades. Correspóndelle ó Vicerreitorado de Innovación e Calidade a proposta, coordinación, seguimento e avaliación do plan de calidade, así como doutros vicerreitorados e dos responsables dos órganos de xestión das distintas unidades e servizos da comunidade universitaria. Para a implantación dunha política de calidade no sistema universitario pódense considerar distintos modelos organizativos; básicamente atendendo ós fins da institución ou ós axentes implicados nos procesos. Deste modo, os plans de calidade, que substentan a política xeral da calidade, pódense concretar en: Docencia, Investigación e Transferencia, Alumnado, Profesorado, Servizos, Centros, Departamentos,. Para a Universidade de Vigo considérase adecuado utilizar un modelo de calidade baseado fundamentalmente nos fins da institución e complementado con outros plans que atendan ós axentes. Deste modo formúlase o modelo de calidade da Universidade de Vigo cun esquema matricial onde os elementos principais son os fins da institución: Docencia, Investigación e Transferencia. Como iniciación do plan xeral de calidade, neste documento preséntase o plan de calidade docente, onde se disporán os programas e accións encamiñadas á identificación e mellora dos distintos procesos e axentes que interveñenen no ensino universitario. Presentación do plan de calidade docente: O plan de calidade docente que se describe está baseado nos principios xerais anteriormente citados e presenta ó alumno coma o elemento central e principal do ensino universitario. Deste xeito, os programas e accións do plan de calidade atenden ós obxectivos de mellorar os procesos de transmisión, asimilación e avaliación do coñecemento. Esta orientación do plan de calidade docente, establece a necesidade de analizar os axentes e recursos do sistema universitario coma medios para a mellora do ensino. En consecuencia, as liñas xerais, programas e actuacións preséntanse cun enfoque da identificación e busca da mellora dos procesos de aprendizaxe. O plan de calidade docente proponse levar a cabo ó longo do bienio 2005-2006, e os seus obxectivos desenvólvense en tres liñas xerais que agruparán tódalas actuacións institucionais en política docente. a) Identificación e Análise do estado actual das unidades e actividades docentes: Este é a fase inicial de cada un dos programas ou actuacións, que permitirá identificar a situación actual das unidades e axentes que interveñen no ámbito docente. A actividade de identificación engloba dous bloques básicos diferenciados: Identificación de recursos para impartir a docencia, Identificación da organización do ensino e análise dos resultados docentes. Evidentemente, esta liña de actuación ten como antecedente de partida a información disposta nos distintos servizos, virreitorados, centros e departamentos da Universidade. Así mesmo, esta liña agrupará todas aquelas actuacións que estanse a facer no contexto docente e coinciden cos obxectivos do plan de calidade b) Definición de Indicadores para a Avaliación da calidade docente: Antes de avaliar a actividade docente é necesario definir os criterios e unidades de medida que serán utilizadas; isto concretarase a partir dos Indicadores da calidade docente, que se procurará que sexan homologables cos establecidos noutras universidades e axencias para a calidade universitaria. Unha iniciativa nesta liña será a definición de criterios e indicadores para avaliar a actividade docente do profesorado e os rendementos académicos dos alumnos. Estes dous procesos de avaliación, pola súa importancia dentro do contexto universitario, están considerados dentro do plan de calidade; a avaliación 3

do profesorado será indicativo do nivel de servizo docente que presta a universidade e o rendemento académico do alumno polo nivel de resultados docentes obtidos. c) Planificación de programas e actuacións de melloras da actividade docente: Esta iniciativa ten como finalidade o establecemento de accións de mellora da actividade docente no relativo ás condicións básicas, o estímulo á innovación e a relación co entorno social. Todo iso baixo as consideracións expostas nos principios xerais da presentación. A planificación das melloras estará estructurada en tres actuacións globais: i) básica de mellora, que atenderá as accións de mellora dos recursos e da organización das unidades e axentes da actividade docente, ii) de innovación docente, que se presenta coma a implantación de novas tecnoloxías e métodos no ámbito do ensino e iii) de relacións co entorno social, que se concretará en accións encamiñadas á proxección da universidade na sociedade e ó establecemento de mecanismos de implicación da sociedade nas actividades docentes da universidade. Estructura do plan de calidade docente O plan de calidade docente que se presenta estructurase a partir de programas e actuacións que terán unha programación plurianual e coordinada con outros programas de calidade internacionais, nacionais e autonómicos. Os distintos programas da Universidade entenderanse como ferramentas adecuadas para promover a participación e corresponsabilidade de tódolos membros da comunidade universitaria, na procura de obter a docencia de calidade que a sociedade demanda. O plan de calidade docente preséntase con dous agrupamentos diferenciados: Programas propios da Universidade de Vigo e Programas coordinados coas axencias de calidade estatal e autonómica. Cada un dos agrupamentos terá unha metodoloxía e procedementos específicos, de acordo coa finalidade que se procura. Deste modo, os programas coordinados coas axencias atenderán ós criterios e métodos que se establecen nas convocatorias, mentres que os programas propios atenderán a criterios específicos da nosa Universidade. Neste sentido, os Programas Propios que se consideran no plan de calidade atenden básicamente ós recursos docentes, planificación da actividade docente, avaliación do rendemento escolar, avaliación da actividade docente do profesorado, avaliación docente do alumnado, innovación docente e relacións co entorno social. A continuación descríbense cada un dos programas propios. Programa de Recursos Docentes: Este programa parte da existencia do POD (Plano de Organización Docente) executado de acordo co plan de estudos que deben desenvolverse en cada centro e para cada titulación. O programa céntrase fundamentalmente na identificación dos recursos existentes máis directamente relacionados co ensino nas aulas e laboratorios. O programa iníciase co Sub-programa de Identificación dos recursos docentes: A compilación de datos sobre a situación dos espazos docentes para prácticas estase a facer desde Setembro do ano 2003, e espérase rematar no 2004. O programa de Recursos docentes completarase coa análise da situación dos espazos docentes e, posteriormente, coa definición de criterios cualitativos para o seu recoñecemento e dotación, que se reflectirán mediante indicadores no Sub-programa de Indicadores de RD tales como condicións e seguridade das instalacións e equipamentos e nivel de utilización. Da resulta da análise realízanse propostas de mellora, que se disporán no Sub-programa de Melloras de RD, e que atenderán ós principios de eficiencia e equilibrio entre os distintos centros e titulacións da Universidade. O Sub-programa de Melloras de RD, ademais de considerar a docencia regrada das aulas e prácticas, atenderá ás necesidades comúns da docencia universitaria de salas de traballo para o alumnado. Programa de Planificación da Actividade Docente: Este programa comprenderá a análise da actual situación dos procesos que están a considerar os centros e departamentos no relativo a: Aprobación e difusión dos programas docentes das materias, organización e seguimento do cumprimento dos horarios de aulas, prácticas e titorias, seguimento de cumprimento da execución dos programas das materias, seguimento do cumprimento da execución das probas, publicación de resultados, períodos de reclamacións e entrega de actas e procedementos considerados no caso de reclamacións e solicitudes de avaliación. Este sub-programa de Identificación da PAD, implantarase a través de consultas ós decanatos e direccións dos centros e departamentos, que se farán por parte da área de calidade da Universidade. Como no caso anterior, este programa parte da existencia do POD e da dispoñibilidade de unidades de xestión académica en cada un dos centros docentes, cunha organización e procedementos administrativos suxeitos ás normativas habituais nas institucións universitarias: matriculación, información, tramitacións de expedientes e recepción de actas e documentos. 4

O programa de PAD completarase coa avaliación da situación da organización docente nos centros, que se reflectirá mediante indicadores no Sub-programa de Indicadores de PAD. Da resulta da análise realízanse propostas de mellora, que se reflectirán no Sub-programa de Melloras de PAD, onde se prestará especial atención á implantación de tecnoloxías da información para aumentar a eficiencia dos procedementos administrativos e da execución das actividades docentes. Programa de Avaliación do Rendemento Escolar: O programa de ARE ten por finalidade a análise dos resultados académicos obtidos polo alumnado nas distintas materias das titulacións da Universidade. Deste modo, o programa divídese en dous sub-programas: Sub-programa para a definición de indicadores da taxa de rendemento escolar e Sub-programa de avaliación de materias/titulacións. O sub-programa sobre indicadores considerará a posibilidade de utilizar indicadores recoñecidos, mentres que o sub-programa de avaliación ten por obxectivo a definición dos criterios que permitan clasificar as materias/titulacións en situacións normais e extremas, desde o punto de vista do rendemento escolar. Programa de Avaliación da Actividade Docente do Profesorado: Como responsable e garante do proceso de transmisión e avaliación do coñecemento do estudante, o profesorado é o axente básico para implantar unha política tendente a conseguir o obxectivo dunha docencia de calidade. Por iso, é imprencindible establecer os criterios e indicadores que poidan recoñecer, identificar e analizar as actividades docentes do profesorado para alcanzar unhas maiores cotas de calidade. O Programa de AADP dividirase en varios sub-programas: Sub-programa de Identificación da actividade docente do profesorado, Sub-programa de opinión do alumnado e Sub-programa de avaliación docente do profesor. O primeiro sub-programa IADP compleméntase co anterior sub-programa PAD e, ten por finalidade, a definición dos indicadores que se considerarán para avaliar a actividade docente do profesorado, atendendo ó cumprimento docente, colaboración na xestión docente e participación na mellora e innovación docente. Desde o punto de vista da recollida de información, este sub-programa IADP descomponse en actividades nos centros, departamentos e outras unidades. O Sub-programa de opinión do alumnado concrétase na execución de enquisas ós/ás alumnos/as, que pola súa vez engloba: as preguntas, o proceso de execución e o tratamento dos datos. Por último, o Sub-programa da avaliación docente do profesor comprende o estudo da utilización dos indicadores e datos das enquisas para establecer informes e avaliacións globais do profesorado. Ademais este sub-programa conterá a aplicación dos resultados no relativo a recoñecementos, reprobacións, mencións especiais e proposta de mellora. Programa da Avaliación Docente do Alumnado: A avaliación dos coñecementos correspóndelle ó profesorado, e é posiblemente, dentro do sistema de aprendizaxe, o proceso con maior grao de dificultade na aplicación. Neste contexto, a Universidade como responsable da certificación da aprendizaxe do seu alumnado debe dispoñer de mecanismos para ofrecer as máximas garantías de transparencia e valoración obxectiva nos procesos de avaliación. Por isto, o Programa de avaliación docente do alumnado ten por finalidade o estudo do sistema de avaliación completo considerando: as probas, os órganos avaliadores, os procedementos e a proposta de mellora. O Programa, como nos casos anteriores, divídese en sub-programas: Sub-programa das probas ordinarias e extraordinarias e Sub-programa de accións especias e complementarias. O Sub-programa das probas atenderá á existencia de criterios, á obxectividade, á transparencia e ás garantías legais nos procesos de avaliación do alumnado. Ademais, considérase a conveniencia de adicar especial atención ós procesos de avaliación cando concorran situacións repetidas cun elevado índice de fracasos. Na analise distinguiranse probas: Ordinarias, que comprenden a execución e avaliación realizada polo profesorado da materia onde se consideran as reclamacións ó profesor e ó departamento e Extraordinarias, que comprenden as probas e avaliacións feitas a través dun tribunal elixido para o efecto. Dentro das avaliacións extra-ordinarias pódese agrupar o sistema de avaliación que considera o historial ou curriculum académico do/a alumno/a, sen que exista unha proba adicional, e que o teñen implantado algunhas universidades españolas coma na de Vigo. O Sub-programa de accións especiais e complementarias ten por finalidade a implantación de iniciativas para axudar ó alumnado na mellora da súa aprendizaxe e superación das probas de avaliación. Programa de Innovación Docente: A innovación no ámbito docente universitario preséntase coma un programa que atenda a dous aspectos diferenciados pero non excluíntes: a tecnoloxía e os métodos. Por innovación tecnolóxica para a docencia pódese entender a implantación de ferramentas baseadas nas tecnoloxías da información, para a axuda nos procesos da aprendizaxe (transmisión, asimilación e avaliación dos coñecementos), ademais do apoio á xestión. Neste sentido, estas ferramentas son de utilidade xeral para tódalas materias e poden 5

representar un cambio nos métodos da aprendizaxe no relativo a axuda ó entendemento de conceptos a partir da súa capacidade de representación visual, busca de referencias bibliográficas a través de internet, simulación de exemplos, realización de probas do tipo test con avaliación automática, execución de programas comerciais de interese, comunicación para avisos, propostas de traballo, titorias,... A Universidade está a facer un considerable esforzo na creación de aulas informáticas para cubrir a denominada docencia de prácticas. Non obstante, no futuro inmediato debe considerarse a implantación das tecnoloxías da información en todo o proceso educativo: aulas, prácticas e estudo. Para iso, considérase adecuado poñer en marcha medidas para fomentar a adquisición polo alumnado de equipos informáticos persoais portátiles, facilitar estes equipos ó seu profesorado, dispoñer nos centros os sistemas auxiliares que activen a utilización dos sistemas da información e xestionar a adquisición de aplicacións informáticas para o uso eficiente dos sistemas. Evidentemente, todo isto debe facerse de xeito progresivo e sobre unha planificación orzamentaria coordinada entre centros, departamentos e servizos centrais. Como complemento á docencia regrada vinculada directamente co plan de estudo que se dispensa nos centros, é conveniente que a Universidade impulse outras medidas para a axuda ó estudo do alumnado. Nesta liña de actuación estarían os programas relacionados coa titorización e axuda dirixidos ós alumnos que se matriculan por primeira vez na Universidade. Estes programas de axuda á docencia deberían presentarse como un compromiso entre os centros, departamentos e servizos centrais no relativo á dotación, recursos humanos e garantías de éxito. Dentro das iniciativas de innovación da Universidade, tamén son considerados os programas para o fomento de asistencia do profesorado a cursos, seminarios, conferencias e congresos sobre metodoloxía didáctica, participación en programas na converxencia no espazo europeo de ensino superior e participación nas actividades que se enmarcan dentro da política lingüística da universidade. Programa de Relacións co entorno social: A Universidade Pública como parte da sociedade é responsable ante ela da utilización dos seus recursos, debendo atender especialmente as súas relacións. Estas relacións deben formularse no dobre sentido e estar presentes en tódalas actividades da Universidade: docencia, investigación e xestión. No caso docente esta relación no só ten interese institucional, tamén é de interese como complemento á formación do alumnado, posto que lle permitirá coñecer as actividades profesionais e poñer en práctica os coñecementos e habilidades adquiridos nas clases. Co obxectivo de profundizar nesta relación Universidade-Sociedade, a Universidade trata de levar a cabo dous programas de ámbito docente: programa da Universidade en empresas e programa de empresas na Universidade. O programa da Universidade en Empresas, UNE, é unha universalización dos convenios de prácticas dos alumnos nas empresas e institucións; de tal modo, que estas iniciativas sexan un obxectivo da Universidade. O programa inverso da Empresa na Universidade, EMU, ten como obxectivo a introdución dos coñecementos das empresas e institucións na Universidade. Isto xa se está a dar a través dos profesores asociados incorporados na docencia regrada, pero o novo programa EMU trata de incorporar estes coñecementos e habilidades do entorno social sobre materias non regradas e, polo tanto, non suxeitas a un plan de estudo definido. Os programas destas materias ou conferencias, que se establecerán equivalentes a materias de libre elección, poderían ser elaborados e impartidos en coordinación coas empresas. Proceso que deberá seguirse para súa aprobación e aplicación: Presentación no Consello de Goberno. Información e difusión para presentar alegacións Tramitación ó Consello de Goberno para a súa aprobación 6

7